Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2017-03-17_Ordinaria. Acta de sesión 2017/03/17_Ordinaria
Acta de sesión 2017/03/17_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.841/1.2017-03-17_Ordinaria
Título Acta de sesión 2017/03/17_Ordinaria
Data(s) 2017-03-17 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día dezasete de marzo do ano dous mil dezasete, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asisten os seguintes deputados: D. Carlos López Font e D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.25273.- ACTA ANTERIOR A Xunta acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 3 e 10 de marzo de 2017, respectivamente 2.25274.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA APOIAR O DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017 A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura e Lingua, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra – ano 2017, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría, así como informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións dirixidas a entidades para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra –ano 2017. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA APOIAR O DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA-ANO 2017 A Deputación de Pontevedra, dentro do seu obxectivo xenérico para promover e fomentar a cultura galega nas múltiples e variadas expresións artísticas, co fin de impulsar os sectores das artes escénicas e musicais na provincia de Pontevedra, establece as bases reguladoras de concesión de subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e difundir as actividades teatrais e musicais que se levan a cabo no seu ámbito territorial, por considerar que se trata de elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa provincia co fin de contribuír á promoción, protección e difusión do patrimonio cultural do teatro e a música. En consecuencia, a Deputación de Pontevedra aproba a convocatoria de concesión de axudas para apoiar o desenvolvemento e organización de festivais e certames de artes escénicas e de música na provincia de Pontevedra–Ano do Patrimonio 2017, que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, de acordo coas seguintes bases: Primeira. Obxecto e procedemento de concesión: 1. Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música e do teatro galego, ademais das outras variantes artísticas e que se levasen a cabo, como mínimo, en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos. Deste xeito, establécense dúas modalidades de actuación dentro da presente convocatoria: 1.1. Modalidade Festivais de música. 1.2. Modalidade Festivais de artes escénicas. 2. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios: 2.1. Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia e igualdade. 2.2. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados por esta administración. 2.3. Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos. 3. A concesión das axudas, de acordo co establecido no punto anterior, efectuarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 22.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). 4. Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades: • As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación como festivais e certames organizados por bandas de música, asociacións e grupos folclóricos, rondallas, agrupacións e masas corais. • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realizan ao longo de todo o ano. • Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento. Segunda. Dotación e imputación orzamentaria: A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, convocándose con cargo á aplicación 17/330.3340.489.05 do Orzamento da Deputación para o ano 2017 por un importe total de cento vinte mil euros (120.000 €). Terceira. Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos: • Carecer de fins de lucro (acreditándoo cunha declaración responsable da persoa representante). • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas. • Non estar incurso nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei. • Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra. Cuarta. Requisitos dos festivais: A. Para a modalidade Festivais de Música teñen que cumprir os requisitos seguintes: a) Que se leve a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2017. b) Ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar cun mínimo de oito grupos. c) Que participen un mínimo de catro grupos galegos ou que teñan a presenza de máis de 15 compoñentes galegos e que se interpreten obras de autoría galega. d) Ter realizado un mínimo de dúas edicións consecutivas anteriores á convocatoria destas bases. e) Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector musical galego e/ou de formación musical. f) Empregar a lingua galega na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas, sen prexuízo do uso doutras linguas oficiais. B. Para a modalidade Festivais de Artes Escénicas, teñen que cumprir os seguintes requisitos: a) Que se leve a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2017. b) Ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar cun mínimo de oito compañías. c) Que participen un mínimo de tres compañías galegas ou que se poñan en escena obras de autoría galega e que empreguen a lingua galega nas súas representacións. d) Ter realizado un mínimo de dúas edicións consecutivas anteriores á convocatoria destas bases. e) Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector teatral galego e/ou formativas. f) Empregar a lingua galega na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas, sen prexuízo do uso doutras linguas oficiais. Quinta. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle traslade ao BOPPO o seu extracto, sen prexuízo da súa inserción na web www.depo.gal e no taboleiro de anuncios. O prazo para presentar as solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o 17 de abril de 2017. Entregaranse no Rexistro da institución provincial: o Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres). o Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). o Ou de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP. A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo establecido non serán admitidas nesta convocatoria. Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da LPACAP requiriráselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 68 da citada lei, para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicándolle que, no caso de non o facer, terase por desistido da súa solicitude, que se arquivará sen máis trámites. Naqueles casos nos que, despois de lle requirir a documentación, sigan sen completala, arquivarase a solicitude sen máis trámites. Sexta. Solicitudes e documentación: As entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria, que se formalizará nos modelos normalizados que se facilitan no Rexistro xeral do organismo provincial, no da súa sede de Vigo, no Servizo de Cultura e Lingua ou na páxina www.depo.gal, á que se achegará ademais a seguinte documentación mediante orixinal ou fotocopia compulsada ou debidamente autenticada: a) Se a que solicita é unha persoa xurídica: • Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade, actualizada (coa sinatura dixital), só no caso que se denegue expresamente a súa consulta. • Fotocopia cotexada do DNI da persoa representante legal da entidade, só no caso que se denegue expresamente a súa consulta. b) Se a que solicita é unha persoa física, copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. c) Documentación específica requirida: • Memoria completa e detallada do proxecto para o que se solicita a subvención, achegando os datos solicitados para este e que se axustarán aos criterios de valoración especificados na letra b) da base oitava, asinada pola persoa representante. • No caso de acreditar a presenza de máis de 15 compoñentes galegos, fotocopias cotexadas dos seus DNI ou certificados de empadroamento. • Orzamento detallado e totalizado da actividade obxecto da subvención (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios,o IVE detallado), no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo segunda, xunto coa previsión de ingresos, asinado pola persoa representante. • Memoria da última edición do festival, na cal se detallen a súa antigüidade e as especificacións axustadas aos criterios de valoración que aparecen na letra a) da base oitava, asinada pola persoa representante. A esta memoria achegarase unha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Deputación de Pontevedra poderá comprobar en calquera momento. • Dossier de prensa da última edición do festival. • Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade para a que se solicita a subvención. Sétima. Autorizacións e consentimentos: A presentación da solicitude de subvención por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para consultar automaticamente datos en poder das administracións públicas (CIF da Entidade e DNI da persoa representante) e para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 23.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar a documentación necesaria e as certificacións nos termos previstos regulamentariamente. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a súa presentación. Oitava. Valoración e concesión: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das subvencións os seguintes criterios: A. Criterios de valoración con respecto aos datos da edición 2016 (ata 50 puntos): 1. Número de grupos-compañías ou integrantes (contabilizar só un apartado): máximo 20 puntos: 1.1. Grupos-compañías ou con integrantes galegos: 1,5 puntos por grupo/compañía ou 0,5 puntos por integrante. Máximo 6 puntos. 1.2. Grupos-compañías ou con integrantes do resto do Estado: 1 punto por grupo ou 0,5 puntos por integrante. Máximo 4 puntos. 1.3. Grupos- compañías ou con integrantes internacionais: 2,5 puntos por grupo ou 0,5 puntos por integrante. Máximo 10 puntos. 2. Asistencia ao festival. Achegarase documentación que o acredite: máximo 5 puntos: 2.1. Entre 500 e 1.000 espectadores: 1,5 puntos. 2.2. Entre 1.001 e 5.000 espectadores: 2,5 puntos. 2.3. Máis de 5.000 espectadores: 5 puntos. 3. Actividades e/ou accións paralelas desenvoltas. Cada acción só poderá puntuar en cada un dos apartados onde se insira: máximo 10 puntos: 3.1. Destinadas ao sector musical ou escénico: charlas, publicacións, apertura canles de distribución ou outras acción: 1 punto por acción. Máximo 5 puntos. 3.2. Destinadas a novos públicos, específicos e/ou en risco de exclusión: 1 punto por actividade ou acción. Máximo 5 puntos. 3.3. Destinadas a proxectar o festival agás os días en que este teña lugar: 1 punto por actividade ou acción. Máximo 5 puntos. 3.4. Destinadas ao fomento da lingua galega: 1 punto por grupo que teña no seu repertorio cando menos cinco temas en galego ou composicións de artistas galegos. No caso das compañías teatrais computarán as que se desenvolvan en galego. Máximo 5 puntos. 4. Aportacións propias ó proxecto. Terase en conta a solidez financeira do festival, para o que se valorarán as achegas de fondos propios da entidade organizadora e os patrocinios de entidades privadas con respecto ao orzamento subvencionable (con IVE), admitindo como fondos propios as achegas de financiamento doutras administracións públicas, das cales se obtivese algún tipo de axuda. Valoraranse as aportacións propias realizadas ó proxecto de acordo coas seguintes porcentaxes máximo 15 puntos: 4.1. Entre o 15 e o 30% do orzamento: 7 puntos. 4.2. Entre o 30,01 e o 50 % do orzamento: 10 puntos. 4.3. Máis do 50 % do orzamento: 15 puntos. B. Criterios de valoración da proposta para o ano 2017 (ata 50 puntos): 1. Antigüidade do festival: máximo 20 puntos: 1.1. De 3 a 5 edición: 5 puntos. 1.2. De 6 a 8 edicións: 10 puntos. 1.3. Máis de 8 edicións: 20 puntos. 2. Actividades paralelas que se vaian levar a cabo: máximo 10 puntos: 2.1. Destinadas ao sector musical ou teatral profesional: Charlas, publicacións, apertura de canles de distribución ou outras accións: 1 punto por acción. Máximo 5 puntos. 2.2. Destinadas a novos públicos específicos e/ou en risco de exclusión: 1 punto por actividade ou acción. Máximo 5 puntos. 2.3. Destinadas a proxectar o festival excepto os días en que este teña lugar: 1 punto por actividade ou acción. Máximo 5 puntos. 2.4. Destinadas ao fomento da lingua galega: 1 punto por grupo que teña no seu repertorio cando menos cinco temas en galego ou composicións de artistas galegos. No caso das compañías teatrais computarán as que se desenvolvan en galego. Máximo 5 puntos. 3. Viabilidade do proxecto. Valorarase a porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento global (con IVE) do proxecto: máximo 20 puntos: 3.1. 70 % do orzamento: 5 puntos. 3.2. Entre o 50 % e o 69,99 % do orzamento: 10 puntos. 3.3. Menos do 50 % do orzamento: 20 puntos. Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos no total dos criterios de valoración. Novena. Instrución do procedemento: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do Servizo de Cultura e Lingua, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales elaborará un informe-proposta no que figura a valoración das solicitudes segundo os criterios sinalados na base oictava, explicando o sistema seguido, de conformidade co previsto no artigo 19 da ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra e no artigo 24 da LXS. Posteriormente realizarase un estudo do informe-proposta do xefe do Servizo pola Comisión de valoración das solicitudes de subvención, órgano colexiado composto por: Presidencia: - O deputado de Cultura e Normalización Lingüística. Vogalía: - Dous membros do equipo técnico do Servizo de Cultura e Lingua. - Un membro do equipo técnico do Servizo de Intervención. Secretaría: - Un membro do funcionariado do Servizo de Cultura e Lingua, que actuará como secretario sen voto. A Comisión de valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir un informe respecto das solicitudes de subvención. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme ao previsto no artigo 40 da LPACAP. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte en que finalice o prazo de presentación da solicitude sen lles notificar a resolución ás persoas interesadas estarán lexitimadas para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. Décima. Modificación da resolución: O beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación da resolución de concesión, sempre que non se varie o contido ou a finalidade da axuda e non se danen dereitos de terceiros, axustándose ó establecido no artigo 64 do Regulamento da LXS (R.d. 887/2006, de 21 de xullo) e no artigo 16 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra. A solicitude de modificación deberá estar suficientemente xustificada e presentarase no prazo dun mes desde a notificación da concesión da axuda. Décimo primeira. Xustificación: As persoas beneficiarias da subvención, logo de concedida, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal se concederon, de acordo co proxecto achegado na solicitude. Unha vez notificada a aprobación das subvencións concedidas e realizado o festival as persoas beneficiarias deberán xustificalas antes do 30 de marzo de 2018. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, debidamente asinada, na que se indique a programación realizada e os resultados obtidos. b) Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade. c) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran na antedita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8.2.c das de execución do vixente Orzamento provincial. d) Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos incluídos no orzamento inicial, sen que se aboe máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida, establecéndose unha porcentaxe de desviación máxima no custo dos diferentes conceptos da actividade subvencionada con respecto ao orzamento inicial pormenorizado (que non debe superar o 20%). e) Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da institución provincial do investimento subvencionado, mediante soportes publicitarios, físicos ou telemáticos, incluíndo o logo de Deputación de Pontevedra-Ano do Patrimonio. f) Declaración de que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e a declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g) Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación, situación que determinará de oficio a propia institución. Décimo segunda. Gastos subvencionables: Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 23 do Regulamento xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes: a. Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte, no cal se fará constar o logotipo da Deputación de Pontevedra, seguindo as súas normas de identidade corporativa. b. Alugamento de espazos e equipamentos técnicos. c. Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais. d. Xestión de películas: dereitos de exhibición e transporte de copias. e. Premios consistentes en cantidades dinerarias e/ou galardóns oficiais, en cuxa convocatoria e publicidade constará a colaboración desta institución provincial: fabricación de estatuíñas, galardóns ou similares que se entreguen como premios do festival. f. Gastos de viaxes, de aloxamento e manutención das persoas participantes nas actividades propostas. Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado. En ningún caso serán subvencionables: • Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade. • Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival. • Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante. • Gastos protocolarios. • Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural. • Os gastos excluídos no artigo 23 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra. Décimo terceira. Obrigas das e dos beneficiarios: A realización dos festivais será de exclusiva responsabilidade das entidades, así como as obrigas fiscais e de seguridade social que delas se deriven. As persoas beneficiarias da subvención teñen que cumprir as obrigas seguintes: a) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención. b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado. c) Notificarlle á Deputación de Pontevedra as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, con posterioridade á presentación da solicitude da convocatoria correspondente. d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Intervención da Deputación de Pontevedra, segundo a súa normativa. e) Facer constar os logotipos da Deputación de Pontevedra, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada. f) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións. Décimo cuarta. Pagamento: Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: • No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención. • No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 % aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada pola persoa perceptora. Décimo quinta. Incumprimento: Logo de vencido o prazo de xustificación sinalado na base décimo primeira sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa o Servizo de Cultura e Lingua requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. De non presentar a documentación neste prazo perderase a subvención coas demais responsabilidades previstas na LXS. Décimo sexta. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos: • Por obtelas falseando as condicións requiridas. • Por non aplicalas aos fins para os que foron concedidas. • Por incumprir as persoas beneficiarias as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. Décimo sétima. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do Orzamento para o ano 2017 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. Décimo oitava. Recursos: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o órgano que as ditou no prazo dun mes, entendéndose como desestimado se transcorre este período de tempo sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Igualmente, contra esta resolución tamén poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. Décimo novena. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido na Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra nas bases de execución do Orzamento xeral da Deputación do exercicio 2017, na LXS e na demais lexislación de desenvolvemento. Con carácter supletorio, rexerá a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).” 3.25275.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN AS SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS, SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E REXIONAL PREFERENTE (MODALIDADE FÚTBOL) PARA O ANO 2017 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases reguladoras para a concesión de subvención a entidades e clubs deportivos para o apoio ao deporte de competición federada para o ano 2017 na que se convoca o programa A/17 “Clubs deportivos en competición federada de ámbito inferior a nacional no deporte base e rexional preferente (modalidade fútbol)” e unha vez fiscalizadas favorablemente ditas bases polo servizo de Intervención con data 21 de febreiro de 2017, así como o informe favorable de Secretaría de 9 de febreiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competición federada de ámbito inferior a nacional no deporte base e rexional preferente (modalidade fútbol) para o ano 2017. Ditas bases son como seguen: “BASES DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E EN REXIONAL PREFERENTENA MODALIDADE DE FÚTBOL, PARA O ANO 2017 Entre as competencias atribuídas pola lexislación de réxime local ás deputacións atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social do territorio provincial. O deporte constitúe unha actividade que incrementa a cohesión social, motivo polo cal se considera que o impulso provincial á oferta deportiva e o fomento do tecido asociativo deportivo potencian a práctica do deporte e tamén o desenvolvemento local. Primeira. Obxecto: Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro, para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra. A través destas Bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados do deporte base e de rexional preferente (na modalidade de fútbol) na temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2017. Neste ámbito de actuación preténdese colaborar cos axentes sociais comprometidos co obxectivo de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia de deportes, con independencia das condicións persoais de cada cidadá ou cidadán e do lugar da provincia onde resida. Segunda. Dotación e imputación orzamentaria: A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria, convocándose con cargo á aplicación 17/340.3410.489.23 do Orzamento da Deputación para o ano 2017 por un importe total de seiscentos mil euros (600.000,00 €), sendo cincocentos mil euros (500.000,00€) para o deporte base e cen mil euros (100.000,00 €) para rexional preferente (na modalidade de fútbol). Terceira. Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos: Carecer de fins de lucro. Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación. A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte. Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei. Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2016 para o mesmo programa. Cuarta. Solicitudes e documentación: Cada club só poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta. Esta realizarase nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral do organismo provincial, no da oficina periférica de Vigo, no Servizo de Deportes ou na páxina www.depo.es. Xunto con cada solicitude presentarase a seguinte documentación, mediante os orixinais ou fotocopias cotexadas: 4.1. Fotocopia actualizada do CIF do club deportivo (coa sinatura dixital). 4.2. Fotocopia do DNI da persoa representante legal. 4.3. Certificación orixinal da conta bancaria a nome do club. 4.4. Orzamento estimativo de gastos asinado e referido á modalidade deportiva correspondente á temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, á temporada 2017. 4.5. Modelo de declaración responsable debidamente cuberta (modelo 100.024). 4.6. Certificación da federación galega ou española correspondente, na que se especifique: 4.6.1. A participación do equipo en competición na temporada 2016-2017. 4.6.2. O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 4.6.3. Número de licenzas que participan en competición na temporada 2016-2017 por categoría e sexo. Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2017. A documentación que se entregue fotocopiada deberá estar debidamente cotexada. Os clubs deberán autorizar o organismo provincial a solicitar as certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega e coa Seguridade Social. Quinta. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras serán publicadas no BOPPO e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción en www.depo.es e no taboleiro de anuncios. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO. Entregaranse no Rexistro xeral do organismo provincial: → Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres). → Oficina periférica de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres). → A través de calquera das formas previstas no artigo. 16.4 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria. Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da LPACAP, requiriráselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 68 da citada lei, que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicándoselle que, no caso de non o facer, terase por desistida a súa solicitude, polo que se arquivará sen máis trámites. Sexta. Procedemento de concesión e criterios de valoración: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das subvencións os seguintes criterios: Criterios de valoración específicos Puntuación máxima Ponderación Ámbito de competición do club: local, provincial, autonómico 0-25 25 % Número de licenzas federativas 0-25 25 % Número de equipos participantes por categoría na actual temporada 0-25 25 % Clubs que compitan con licenzas masculinas e femininas 0-10 10 % Clubs que compitan con licenzas de deporte adaptado 0-10 10 % Nivel de competición do equipo ou equipos seniors 0-5 5 % A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente o club. Sétima. Instrución do procedemento: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do servizo de Deportes, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales fará un informe-proposta no que figure a valoración das solicitudes segundo os criterios sinalados na base 6ª, explicando o sistema seguido, de conformidade co previsto no artigo 19 da ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra e no artigo 24 da LXS. Posteriormente realizarase un estudo do informe-proposta do xefe de servizo pola Comisión de Valoración das solicitudes de subvención, órgano colexiado composto por: Presidencia: a deputada delegada da área de Deportes. Vogalía: dous membros do persoal técnico do servizo de Deportes e un membro do persoal técnico do servizo de Intervención. Secretaria: un membro do funcionariado do servizo de Deportes, que actuará sen voto. A Comisión de valoración poderá: - Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. - Emitir un informe a respecto das solicitudes de subvención. A concesión das subvencións levarase a cabo a través do procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 21.1 da Lei 38/2006, de 17 de novembro, xeral de subvencións. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme o previsto no art. 40 da LPACAP. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificar a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. Oitava. Xustificación e pagamento: Unha vez notificadas as subvencións concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas da seguinte maneira: - Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2016/2017, xustificarase dentro dos 3 meses seguintes dende que remate a temporada, e en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017. - Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2017 (ano natural), xustificarase ata o 30 de marzo de 2018. A xustificación deberá conter a seguinte documentación: a) Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos de gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, máis as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas, tal como se establece no art. 24.1.B.f., da Ordenanza xeral de subvencións. b) Toma de razón na contabilidade do club deportivo (modelo 340.005). c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como acreditar debidamente o financiamento da Deputación. d) Aos clubs que se lle outorguen subvencións por importe superior a 1.500,00 € deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...). e) Facturas orixinais ou copias cotexadas destas polo importe da subvención concedida. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase mediante unha transferencia bancaria á conta sinalada polo club. No caso de clubs que non conten cunha contabilidade, os gastos que non se paguen mediante unha entidade financeira non se considerarán subvencionables. Para cobrar a subvención, os clubs deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación. Novena. Obrigas dos beneficiarios: Os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento provincial teñen as seguintes obrigas: a. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións. b. Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. O prazo para a realización da actividade subvencionada será, para a temporada 2016/2017, ata o final desta, e no caso da temporada 2017, ata o 31 de decembro de 2017. c. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedinte, así como a calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. d. Dispoñer dos libros contables, os rexistros dilixenciados e os demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos esixan as bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control. e. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. Os logotipos oficiais que se deben inserir están dispoñibles na web www.depo.es (área de descargas/imaxe corporativa). Décima. Incumprimento: Unha vez vencido o prazo de xustificación sinalado nestas Bases ou, de ser o caso, o establecido na prórroga, sen que o club beneficiario presentase a documentación xustificativa, o servizo de Deportes requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. O feito de non presentar a documentación neste prazo suporá a perda da subvención e as demais responsabilidades previstas na LXS. Décimo primeira. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas, entre outras, polos seguintes motivos: Obtelas falseando as condicións requiridas. Non aplicalas aos fins para as que foron concedidas. Incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas Bases. Décimo segunda. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das Bases de execución do Orzamento para o ano 2017 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno. Décimo terceira. Normativa aplicable: As subvencións que outorgue a Deputación réxense pola seguinte normativa: - LXS, nos artigos de carácter básico e na súa normativa tamén básica de desenvolvemento. - Lei de subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento. - Artigos non básicos da LXS e normativa básica de desenvolvemento. - Lexislación de réxime local, estatal e autonómica. - Ordenanza xeral de subvencións da Deputación. - Bases de execución do orzamento. - Actos administrativos ditados polos distintos órganos da Deputación. Décimo cuarta. Recursos: Contra estas Bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, no prazo dun mes, un recurso de reposición perante o órgano que as ditou, que se entenderá como desestimado se transcorre este período sen recibir contestación. Neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Contra esta resolución tamén se poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda como desestimado.” 4.25276.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN AS SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL PARA O ANO 2017 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases reguladoras para a concesión de subvención a clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2017 na que se convoca o programa B/17 “Clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito nacional” e unha vez fiscalizadas favorablemente ditas bases polo servizo de Intervención con data 14 de marzo de 2017, así como o informe favorable de Secretaría de 10 de marzo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2017 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL PARA O ANO 2017 Entre as competencias atribuídas pola lexislación de réxime local ás deputacións atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social do territorio provincial. O deporte constitúe unha actividade que incrementa a cohesión social, motivo polo cal se considera que o impulso provincial á oferta deportiva e o fomento do tecido asociativo deportivo potencian a práctica do deporte e tamén o desenvolvemento local. Primeira. Obxecto: Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional con a lo menos un equipo participante na categoría Senior, así como aos clubs que participen na 3ª división de fútbol, e ten como obxectivo específico apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas/españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra. A través destas Bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados do deporte nacional na temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2017. Neste ámbito de actuación preténdese colaborar cos axentes sociais comprometidos co obxectivo de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia de deportes, con independencia das condicións persoais de cada cidadá ou cidadán e do lugar da provincia onde resida. Segunda. Dotación e imputación orzamentaria: A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria, convocándose con cargo á aplicación 17/340.3410.489.20 do Orzamento da Deputación para o ano 2017 por un importe total de setecentos cincuenta mil euros(750.000,00 €), repartidos da seguinte maneira: - Atletismo: 24.500,00 € - Bádminton: 13.000,00 € - Baloncesto: 125.000 € - Balonmán: 205.500 € - Béisbol: 7.000 € - Ciclismo: 80.000 € - Fútbol: 136.000 € - Fútbol sala: 26.000 € - Rugby: 16.500 € - Tenis de mesa: 17.500 € - Voleibol: 33.000 € - Outras modalidades: 66.000 € Non obstante, a Comisión de valoración poderá, segundo o número de solicitudes, non repartir o total da cantidade asignada a “Outras modalidades”, debendo motivar a súa decisión. En todo caso, ningunha entidade poderá recibir máis de 18.000,00 € neste apartado. Terceira. Gastos subvencionables: Os gastos subvencionables serán unicamente os de carácter corrente e os de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización de actividades deportivas. Non serán obxecto de subvención os seguintes: - Eventos deportivos singulares que poidan ser obxecto de subvención a través doutras convocatorias. - Adquisición de bens inventariables. - Gastos derivados das atencións protocolarias ou de viaxes de ocio. - Gastos financeiros. Cuarta. Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados nacionais que cumpran cos seguintes requisitos: Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable da persoa solicitante). Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación. A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte. Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei. Con respecto a “Outras modalidades: 66.000 €”, as entidades solicitantes deberán acreditar, para poder solicitar subvención, desprazamentos a competicións oficiais federadas fóra da comunidade autónoma e dentro do ámbito estatal, cun mínimo de 7.500 km, de acordo có anexo I. Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2016 para o mesmo programa. Quinta. Solicitudes e documentación: Cada club só poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta. Esta realizarase nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral do organismo provincial, no da oficina periférica de Vigo, no Servizo de Deportes ou na páxina www.depo.es. Xunto con cada solicitude presentarase a seguinte documentación, mediante os orixinais ou fotocopias cotexadas: 4.1. Fotocopia actualizada do CIF do club deportivo (coa sinatura dixital). 4.2. Fotocopia do DNI da persoa representante legal. 4.3. Certificación orixinal da conta bancaria a nome do club. 4.4. Orzamento estimativo de gastos e ingresos asinado e referido á modalidade deportiva correspondente á temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, á temporada 2017. 4.5. Modelo de declaración responsable debidamente cuberta (modelo 100.024). 4.6. Certificación da federación galega ou española correspondente, segundo modelo que figura como anexo II, na que se especifique: 4.6.1. A participación do equipo en competición na temporada 2016-2017. 4.6.2. O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 4.6.3. Número de licenzas que participan en competición na temporada 2016-2017 por categoría e sexo. Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2017. A documentación que se entregue fotocopiada deberá estar debidamente cotexada. Os clubs deberán autorizar ó organismo provincial a solicitar as certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega e coa Seguridade Social. Sexta. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras serán publicadas no BOPPO e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción en www.depo.es e no taboleiro de anuncios. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO. Entregaranse no Rexistro xeral do organismo provincial: → Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres). → Oficina periférica de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). → A través de calquera das formas previstas no artigo. 16.4 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria. Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, de PACAP, requiriráselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 68 da citada lei, que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicándoselle que, no caso de non o facer, terase por desistida a súa solicitude, polo que se arquivará sen máis trámites. Sétima. Procedemento de concesión e criterios de valoración: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das subvencións os seguintes criterios: Criterios de valoración específicos Puntuación máxima Ponderación Nivel de competición da entidade debidamente especificado e acreditado 0-35 35 % Número de licenzas federativas 0-20 20 % Número de equipos participantes por categoría na actual temporada 0-20 20 % Número de equipos en categoría base 0-15 15 % Clubs que compitan con licenzas masculinas e femininas ou con diversidade funcional 0-5 5 % Orzamento 0-5 5 % TOTAL 0-100 100 % En “Outras modalidades”, ademais serán tidos en conta o número de quilómetros realizados, así como o número de desprazados a cada campionato, segundo o seguinte baremo: De 7.500 a 10.000 km Ata 3 puntos De 10.001 a 15.000 km Ata 5 puntos De 15.001 a 20.000 km Ata 8 puntos Máis de 20.000 km Ata 10 puntos Nº de desprazados que compitan, de 1 a 5 Ata 3 puntos Nº de desprazados que compitan, de 6 a 10 Ata 5 puntos Nº de desprazados que compitan, de 11 en adiante Ata 10 puntos A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente o club. Oitava. Instrución do procedemento: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do servizo de Deportes, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales fará un informe-proposta no que figure a valoración das solicitudes segundo os criterios sinalados na base 6ª, explicando o sistema seguido, de conformidade co previsto no artigo 19 da ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra e no artigo 24 da LXS. Posteriormente realizarase un estudo do informe-proposta do xefe de servizo pola Comisión de Valoración das solicitudes de subvención, órgano colexiado composto por: Presidencia: a deputada delegada da área de Deportes. Vogalía: dous membros do persoal técnico do servizo de Deportes e un membro do persoal técnico do servizo de Intervención. Secretaria: un membro do funcionariado do servizo de Deportes, que actuará sen voto. A Comisión de valoración poderá: - Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. - Emitir un informe a respecto das solicitudes de subvención. A concesión das subvencións levarase a cabo a través do procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 21.1 da Lei 38/2006, de 17 de novembro, xeral de subvencións. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme o previsto no art. 40 da LPACAP. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificar a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. Novena. Xustificación e pagamento: Unha vez notificadas as subvencións concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas da seguinte maneira: - Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2016/2017, xustificarase 3 meses despois de que remate a temporada, e en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017. - Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2017 (ano natural), xustificarase ata o 30 de marzo de 2018. A xustificación deberá conter a seguinte documentación: f) Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos de gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, máis as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas, tal como se establece no art. 24.1.B.f., da Ordenanza xeral de subvencións. g) Toma de razón na contabilidade do club deportivo (modelo 340.005). h) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a acreditación do financiamento da Deputación. i) Aos clubs que se lle outorguen subvencións por importe superior a 1.500,00 € deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...). j) Facturas orixinais ou copias cotexadas destas polo importe da subvención concedida. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase mediante unha transferencia bancaria á conta sinalada polo club. No caso de clubs que non conten cunha contabilidade, os gastos que non se paguen mediante unha entidade financeira non se considerarán subvencionables. Para poder cobrar a subvención concedida, os clubs deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación. Décima. Obrigas dos beneficiarios: Os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento provincial teñen as seguintes obrigas: a. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións. b. Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. O prazo para a realización da actividade subvencionada será, para a temporada 2016/2017, ata o final desta, e no caso da temporada 2017, ata o 31 de decembro de 2017. c. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedinte, así como a calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. d. Dispoñer dos libros contables, os rexistros dilixenciados e os demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos esixan as bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control. e. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. Os logotipos oficiais que se deben inserir están dispoñibles na web www.depo.es (área de descargas/imaxe corporativa). Décimo primeira. Incumprimento: Unha vez vencido o prazo de xustificación sinalado nestas Bases ou, de ser o caso, o establecido na prórroga, sen que o club beneficiario presentase a documentación xustificativa, o servizo de Deportes requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. O feito de non presentar a documentación neste prazo suporá a perda da subvención e as demais responsabilidades previstas na LXS. Décimo segunda. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas, entre outras, polos seguintes motivos: Obtelas falseando as condicións requiridas. Non aplicalas aos fins para as que foron concedidas. Incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas Bases. Décimo terceira. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das Bases de execución do Orzamento para o ano 2017 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno. Décimo cuarta. Normativa aplicable: As subvencións que outorgue a Deputación réxense pola seguinte normativa: - LXS, nos artigos de carácter básico e na súa normativa tamén básica de desenvolvemento. - Lei de subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento. - Artigos non básicos da LXS e normativa básica de desenvolvemento. - Lexislación de réxime local, estatal e autonómica. - Ordenanza xeral de subvencións da Deputación. - Bases de execución do orzamento. - Actos administrativos ditados polos distintos órganos da Deputación. Décimo quinta. Recursos: Contra estas Bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, no prazo dun mes, un recurso de reposición perante o órgano que as ditou, que se entenderá como desestimado se transcorre este período sen recibir contestación. Neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Contra esta resolución tamén se poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda como desestimado.” 5.25277.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO PARQUE DE LAS CIENCIAS E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CESIÓN DA EXPOSICIÓN “IMAGINAR LA EDUCACIÓN, 50 AÑOS CON FRATO” Primeiro.- Os convenios constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 47 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Segundo.- O Parque de las Ciencias é un Museo Interactivo de Ciencias, cuxos principais obxectivos son promover a divulgación das ciencias, as novas tecnoloxías e a protección do medio ambiente entre o público en xeral, fomentar a cultura científica e ambiental potenciando as aptitudes críticas e participativas e estimular o interese xeral polas mesmas. Terceiro.- A Deputación de Pontevedra é unha administración local que ten atribuídas, como unha das súas competencias, segundo establecido nos artigos 36 da Lei 7/85 de Bases do Réxime Local “... a cooperación no fomento do desenvolvemento social” e 118 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia “... a Organización de concursos e exposicións e de calquera outra actividade cuxa finalidade sexa o fomento en materia de cultura, educación e deporte”. Cuarto.- Que o Parque de las Ciencias ven de producir “Imaginar la educación. 50 años con FRATO”, unha exposición sobre a traxectoria pedagóxica e vital de Francesco Tonucci e que reivindica o poder da imaxinación desde a infancia, ó tempo que profundiza nun concepto de educación baseado no respecto e a escoita ós nenos e no valor da participación para fomentar o aprendizaxe e promover a curiosidade. Quinto.- A Deputación de Pontevedra quere mostrar dita exposición para ampliar a súa oferta cultural e educativa. Sexto.- Polo Sr. Secretario emítese informe favorable con data 28 de febreiro de 2017. Polo Servizo de Intervención emítese informe favorable, con data 10 de marzo de 2017, no que se indica que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto nas aplicacións 17/456.1510.226.99.2016 e 17/456.1510.224.03.2016, efectuándose a correspondente retención de crédito. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións dos informes de Secretaría e Intervención, e sendo a Xunta de Goberno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación das bases aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Consorcio Parque de las Ciencias de Granada co seguinte contido: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE EL CONSORCIO PARQUE DE LAS CIENCIASY LA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PARA LA CESIÓN DE LA EXPOSICIÓN “IMAGINAR LA EDUCACIÓN. 50 AÑOS CON FRATO” En la ciudad de Granada, a 20 de marzo de 2017 REUNIDOS De una parte, D. Ernesto Páramo Sureda, Director del Consorcio “Parque de las Ciencias”, en adelante el Parque de las Ciencias, con domicilio en Avenida de la Ciencia, s/n, 18006 Granada y CIF P-6890002F; actuando en virtud de las atribuciones que para la firma de este documento le confiere la Resolución de la Presidencia de la Entidad de 30 de septiembre de 2016. Y, de otra, Mª del Carmen Silva Rego, en calidad de Presidenta de la Diputación de Pontevedra, actuando en nombre y representación de esta Institución en virtud de las facultades conferidas por e artículo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local. Ambos comparecientes se reconocen capacidad legal y legitimación suficiente para concluir este Acuerdo Específico de Colaboración, a cuyo efecto EXPONEN Que el Parque de las Ciencias es un Museo Interactivo de Ciencias, cuyos principales objetivos son promover la divulgación de las ciencias, las nuevas tecnologías y la protección del medio ambiente entre el público en general, fomentar la cultura científica y ambiental potenciando las aptitudes críticas y participativas y estimular el interés general por las mismas. Que la Diputación de Pontevedra es una administración local que tiene atribuidas, como una de sus competencias, según lo establecido en los artículos 36 de Ley 7/85 de Bases del Régimen Local, “…la cooperación en el fomento del desarrollo social” y 118 de Ley 5/1997, de 22 de julio de Administración Local de Galicia “…la Organización de concursos y exposiciones y de cualquier otra actividad cuya finalidad sea el fomento en materia de cultura, educación y deporte”. Que el Parque de las Ciencias ha producido “Imaginar la educación. 50 años con FRATO”, una exposición sobre la trayectoria pedagógica y vital de Francesco Tonucci y que reivindica el poder de la imaginación desde la infancia, al tiempo que profundiza en un concepto de educación basado en el respeto y la escucha a los niños y en el valor de la participación para fomentar el aprendizaje y promover la curiosidad. Que la Diputación de Pontevedra tiene interés en mostrar dicha exposición en sus instalaciones para ampliar su oferta cultural y educativa. Que al existir un interés común, ambas Entidades acuerdan regular su colaboración de conformidad con las siguientes CLÁUSULAS Primera. Objeto del Convenio: Este acuerdo tiene por objeto establecer el marco de colaboración entre ambas entidades para regular la cesión temporal por parte del Consorcio Parque de las Ciencias de la exposición “Imaginar la educación. 50 años con FRATO” para su exhibición en la Sala de Exposiciones Pazo de Cultura en Pontevedra. Las características técnicas de la exposición, los elementos que la componen y su valoración a efectos de seguro se detallan en el Anexo I de este acuerdo. Segunda.- Duración de la cesión: La cesión de la exposición se extenderá desde el 28 de Abril de 2017 al 11 de Junio de 2017, al que se adicionará el período previo para su montaje y posterior desmontaje y devolución, quedando así del 7 de abril al 21 de junio de 2017. No obstante, el acuerdo de cesión podrá prorrogarse, por mutuo acuerdo de las partes, en caso de que se amplíe el periodo de estancia de la exposición. Tercera.- Obligaciones de las partes: En el marco de este acuerdo corresponderá a la Diputación de Pontevedra: • Gestionar y contratar un seguro de “clavo a clavo”, por importe de 318,00 euros ( 17/456.1510.224.03.2016), para todos los elementos que conformen la exposición y cuya valoración se estima en ciento siete mil trescientos ochenta euros (107.380€). La Diputación de Pontevedra entregará al Parque de las Ciencias un original de la póliza con anterioridad a la retirada del material. • Proporcionar personal de apoyo para la carga y descarga de la exposición, almacenamiento de embalajes y realizar el montaje y desmontaje con personal cualificado. • Como contraprestación por los gastos de gestión y coordinación, la Diputación de Pontevedra abonará al Parque de las Ciencias un total de 24.000,00 € (17/456.1510.226.99.2016). El pago se realizará de una sola vez, previa presentación de la factura correspondiente, mediante transferencia bancaria a la cuenta de la que es titular el Parque de las Ciencias en ESO8 2031 0000 04 0101666723. Aquella cantidad se verá incrementada con la repercusión del Impuesto sobre el Valor Añadido -IVA- vigente en la fecha de emisión de la factura. • Asumir los gastos de viajes, alojamientos y dietas de 60€ diarios/20 días, por un total de 1.200,00 euros (17/456.1510.226.99.2016) del coordinador de proyecto designado por el Parque de las Ciencias, durante el tiempo de montaje y desmontaje en Pontevedra. Por su parte, corresponderá al Parque de las Ciencias: • Poner a disposición de Diputación de Pontevedra la exposición en los términos acordados. • Realizar una nuevo proyecto de implantación de los elementos de la exposición en la sala de exposiciones designada. • Coordinar in situ el montaje y desmontaje de las obras originales y demás elementos que conformen la exposición, asumiendo los costes necesarios. • Facilitar las características generales de la exposición, el guion expositivo y el inventario de los elementos y objetos que la componen junto con su valoración a efectos de seguro. • Realizar un curso de formación de 4 días por personal cualificado en las propias instalaciones de la exposición para capacitar al personal destinado por Diputación de Pontevedra para el desarrollo de talleres didácticos. • Suministrar e instalar la estructura de cajas para dos espacios expositivos (asamblea infantil y espacio juguetes). • El Parque de las Ciencias conserva el dominio y todas las facultades de disposición sobre las citadas piezas durante la vigencia de la cesión, y se reserva el derecho a inspeccionar las condiciones de instalación y conservación de las mismas, pudiendo proceder en cualquier momento a su inmediata retirada si a su juicio no se estuvieran siguiendo las condiciones establecidas, bastando para ello la mera comunicación formal y por escrito en tal sentido. Cuarta.- Difusión de la colaboración: En los créditos de la exposición y en los materiales de difusión en que éstos se incluyan se hará constar al Parque de las Ciencias como entidad colaboradora. La Diputación de Pontevedra podrá utilizar imágenes de los elementos citados para los materiales de difusión y educativos de la exposición. En todo caso, las partes firmantes se comprometen a destacar en cuentas actividades se realicen en desarrollo del presente Acuerdo la colaboración prestada entre ellas, así como a incorporar sus respectivos logotipos en cuantos materiales se reproduzcan y utilicen para la publicidad de las actuaciones desarrolladas. En todo caso, en los elementos expuestos al público se hará constar su procedencia. Las iniciativas de difusión en los medios de comunicación se planificarán y ejecutarán de común acuerdo entre los Departamentos de Comunicación de ambas Entidades. Quinta.- Naturaleza jurídica: Este acuerdo es de naturaleza jurídico administrativa de acuerdo con lo previsto en la letra d) del núm. 1 del artículo 4 del Texto Refundido de la Ley de Contratos del Sector Público, por lo que queda fuera del ámbito de regulación de esta norma, cuyos principios no obstante se aplicarán en la resolución de las cuestiones que puedan surgir como consecuencia de su ejecución. Sexta. Extinción del acuerdo: Este acuerdo se extinguirá por el cumplimiento de las actuaciones que constituyen su objeto o por incurrir en causa de resolución. Son causas de resolución: a) El transcurso del plazo de vigencia del acuerdo sin haberse acordado su prórroga. b) El mutuo acuerdo de las partes. c) El incumplimiento de las obligaciones y compromisos asumidos por parte de alguno de los firmantes. d) Por decisión judicial que declare la invalidez del acuerdo. e) Por cualquier otra causa distinta de las anteriores prevista en el acuerdo o en la legislación general que resulte de aplicación. En caso de resolución del convenio, las partes quedan obligadas al cumplimiento de sus respectivos compromisos hasta la fecha en que esta se produzca. Séptima.- Resolución de controversias: Las partes se comprometen a resolver de común acuerdo cualquier diferencia que sobre este acuerdo pueda surgir. De no ser posible una solución amigable, las partes se someterán para todas las cuestiones que puedan surgir en relación con la interpretación y aplicaciones del presente Acuerdo a la jurisdicción ordinaria de los Juzgados y Tribunales de la ciudad de Granada. Conforme ambas partes con los contenidos de este acuerdo, lo firman por duplicado a un sólo efecto, en el lugar y fecha indicados en su encabezamiento. Por el Parque de las Ciencias Por la Diputación de Pontevedra Ernesto Páramo Sureda Director Mª del Carmen Silva Rego,” Segundo.- Facultar á Presidenta para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. 6.25278.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA” ORGANIZADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017 (Expte. nº2017003450) Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da nosa provincia, a Deputación de Pontevedra propón, dentro do ámbito dos programas de participación social cuxa finalidade é fortalecer o envellecemento activo, a posta en marcha do programa “Depo en Marcha 2017”. Trátase dun programa con que ten como obxectivo contribuír ó establecemento de relacións sociais entre as persoas maiores ó tempo que toman parte en actividades que eleven o seu estado anímico. Obradoiros de actividades que actúen como espazos de encontro e intercambios de experiencias que lles sirvan para fomentar a súa independencia evitando o illamento e as situacións de soidade dos nosos maiores. Tendo en conta o anteriormente exposto, mediante informe emitido con data 12 de xaneiro de 2017, a xefa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, co Vº e Prace da Deputada Delegada, propón a contratación dunha empresa especializada que leve a cabo a “Xestión, desenvolvemento e execución do programa Depo en Marcha 2017”. O programa, terá vixencia ata o 31 de decembro de 2017 e será ofertado ás asociacións, entidades e federacións que xustifiquen a súa labor no eido dos maiores en forma de obradoiros enmarcados dentro de un dos catro catálogos de actividades englobadas nos seguintes bloques temáticos: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Dálle marcha”, “Enredando” e “En rede”. Dada a falta de persoal especializado e os medios propios necesarios para dar cobertura a esta necesidade, a xefa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, solicita a incoación do expediente oportuno para levar a cabo a contratación dunha empresa especializada que se encargue da “Xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en Marcha” organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2017”. Asemade, no seu informe de procedemento, o xefe do Servizo de Contratación de data 10 de febreiro de 2017 no que xustifica que o réxime xurídico do contrato é o de administrativo especial de servizos así como a elección do procedemento de adxudicación aberto atendendo a diferentes criterios de valoración (obxectivos e subxectivos), e indica que, tal e como prevé o artigo 109 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), desde o Servizo de Contratación se elabore un proxecto do prego de condicións económico - administrativas. Polo secretario infórmase favorable o proxecto de prego de cláusulas económico administrativas con data 2 de febreiro de 2017. Posteriormente trasládase o expediente ó Servizo de Intervención para que sexa fiscalizado nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Resultando que polo Servizo de Intervención emitiuse documento RC con número de operación 201700009314 por importe de 120.000,00 € mediante o cal se certifica a existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas que se deriven deste contrato con cargo á aplicación orzamentaria 17/231.2311.227.07 do vixente Orzamento provincial. Visto o informe de fiscalización emitido polo Sr. Interventor con data 8 de marzo de 2017 no que se pon de manifesto unha observación respecto dos criterios de valoración referidos ó Equipo Humano recollidos do apartado 3 do Anexo I do prego de cláusulas económico administrativas así como a aclaración da mesma que desde o Servizo de Contratación se achega ó expediente. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto dunha empresa especializada que se encargue da “Xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en Marcha” organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2017”, de acordo ao seguinte detalle: Orzamento estimado por actividade: Orzamento unitario por actividade (sen IVE): 991,74 € IVE (21%): 208,26 € Importe total (IVE incluído): 1.200,00 € *A Deputación de Pontevedra non se compromete a levar a cabo un número mínimo de obradoiros xa que este dependerá do número de solicitudes presentadas polas entidades da provincia de Pontevedra. 2.- O prazo de execución do contrato será ata o 31 de decembro de 2017 a contar desde a súa data de formalización e poderá ser ampliado por mutuo acordo das partes antes da súa finalización por motivos xustificados de interese público e sempre que non exista culpa por parte da empresa adxudicataria. Dita ampliación do prazo non poderá ser superior a metade do prazo establecido inicialmente. 3.- Autorizar o gasto por un importe máximo de 120.000,00€ que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 17/231.2311.227.07 do vixente Orzamento provincial e tendo en conta que: O contrato será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes no programa de acordo coa seguinte distribución: Cada persoa beneficiaria do programa aboará unha cantidade fixa de 6,00€ por cada unha das accións formativas nas que participen. A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade resultante de descontar do prezo final os importe abonados polas persoas beneficiarias. 4.- Designar como responsable do contrato á xefa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude ou a persoa en quen delegue. 5.- Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. 6.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación, concedendo un prazo de 15 días naturais (artigo 159.2 do RDL 3/2011), contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA” PARA O ANO 2017. Nº exp. 2017003450 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato o que se refire o presente prego ten a cualificación de contrato administrativo especial segundo o disposto no artigo 19.1.b) do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entre outros, no informe 47/99, de 21 de decembro de 1999, toda vez que a prestación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración senón o usuario. Por tanto, rexerase polo establecido no presente Prego e no de Prescricións Técnicas, polas normas contidas no TRLCSP, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP, no Real decreto 773/2015, de 28 de agosto polo que se modifican determinados preceptos do RDL 817/2009 e, no que sexa aplicable, no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto atendendo ao disposto nos artigos 138.2 e 157 a 161 do TRLCSP e se levará a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos neste texto legal. O procedemento será obxecto da tramitación ordinaria, de conformidade cos artigos 109 e seguintes do TRLCSP. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa os seus procedementos de contratación no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). 6. XESTIÓN DE PREGUNTAS E RESPOSTAS DOS LICITADORES As preguntas que poidan xurdir aos licitadores respecto dos pregos que rexen na contratación deberan ser formuladas a través do Perfil do Contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) na Plataforma de Contratación do Sector Público para o que deberán estar rexistrados como usuarios na mesma. Para formular as consultas, os licitadores deberán: seleccionar o expediente e formular a súa consulta na sección denominada “Solicitar información” (para mais información poden consultar a Guía de xestión de Preguntas e Respostas dos Licitadores publicada en la Plataforma de Contratación del Sector Público). As respostas ás cuestións plantexadas ou ás posibles modificacións ou actualizacións de respostas serán publicadas na mesma sección polo Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. 7. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, ademais de asumir o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se concrete a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 8. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 9. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 10. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE, por tratarse dun contrato no que a súa contía ven determinada en función de prezos unitarios (art. 95.3 do TRLCSP). Esta poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 11. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 11.1. Lugar e prazo de presentación: - Presentación no Rexistro Xeral ou auxiliares da Deputación de Pontevedra: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 159.2 do TRLCSP), a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). - Presentación mediante correo: Cando a documentación se envíe por correo o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre antes da terminación do prazo sinalado no anuncio. Sen o cumprimento deste tramite a documentación non será admitida se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da finalización do prazo. No caso de ter presentada a documentación na oficina de correos e anunciado o envío ao órgano de contratación nos termos indicados e transcorridos dez días desde a data de finalización do prazo para presentación de proposicións, esta non tivese entrada no Rexistro Xeral da Deputación, non será admitida. - Presentación por calquera dos restantes procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O depósito do envío deberá ser anunciado ao órgano de contratación da mesma maneira sinalada no parágrafo anterior. Se non fose anunciado o envío, non se admitirá ningunha proposición que teña entrada no Rexistro Xeral da Deputación con posterioridade ao acto de apertura indicado no anuncio de licitación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en sábado, domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. 11.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C) Poñer a letra en función do sobre correspondente - Núm. de expediente No caso de que se coñeza - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Dirección, correo-e e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 12. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada polos seguintes membros: Presidente: - Deputado delegado pola Presidencia Vogais: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG - O Deputado do Grupo Mixto - O secretario xeral - O interventor - O/A xefe/a do servizo xestor Secretario: - O xefe do Servizo de Contratación 13. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non haxan transcorrido eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. A devandita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 14.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1.- Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. Sen prexuízo de acreditar a alta no imposto, no suposto de atoparse nalgunha das exencións previstas no artigo 82 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, deberá acreditarse, ben mediante certificación da exención outorgada polo órgano competente, ou ben mediante declaración responsable de atoparse exento segundo o establecido no artigo 82.1.c) da citada Lei. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado no anexo I ao presente prego. Polo que respecta ós medios persoais, deberase concretar as persoas que se correspondan co número e perfiles dos integrantes do grupo de traballo ofertado, achegando o seu currículo, titulación e experiencia. Se forman parte do persoal da empresa, achegaranse os documentos TC2; noutro caso, achegarase un compromiso asinado polas partes de que, de resultar adxudicataria a empresa, se incorporarán ó equipo de traballo. 5.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 15. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicarlle o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto si se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contando desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 16. NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS Con base ó disposto no art. 41 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e no artigo 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas aos procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no sobre A, unha Declaración Responsable (Anexo III do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando un órgano de contratación lle envíe unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que lle proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. De conformidade co artigo 43 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ó seu contido. Nembargante, transcorridos dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda o seu contido, entenderase rexeitada, agás que, de oficio ou a instancia da persoa destinataria, poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 17. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se preveu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser máis desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo se computará desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ao subministrador, con indicación da súa data e o período que corresponda. A aprobación ou conformidade ou no seu caso os motivos de desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago ao subcontratista o subministrador terá dereito ao cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas os prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da Lei 3/2001 de 29 de decembro polo que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto e negociación sexan por conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán ao ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfecciones a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación da subministración de cada un deles que garde relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Asemade, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante do cumprimento dos pagos aos subministradores ou subcontratistas, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004 do 29 de decembro, e que non sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efectos conteñan os pregos. 18. REGRAS ESPECIAIS CON RESPECTO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. Os licitadores ou licitadoras poderán ser requiridos para indicar o convenio colectivo que lle é de aplicación aos traballadores e traballadoras que desenvolvan a actividade obxecto do contrato antes da adxudicación do mesmo ou en calquera momento durante a súa execución. No caso de resultar adxudicatarios terán a obriga de aboar, durante toda a execución do mesmo, o salario recollido no convenio colectivo de aplicación segundo a categoría profesional que lle corresponda ás persoas traballadoras, sen que en ningún caso os salarios a aboar poidan ser inferiores a aquel. 4.A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 5. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordade, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 6. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a. Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b. Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c. Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d. Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e. Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 19. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 20. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións legais, regulamentarias e convencionais vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais e Seguridade Social. 21. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación neste contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto e sen que estes gastos superen os dous mil euros (2.000,00 €). 22. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 23. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ó contratista o órgano de contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizo sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que non lle fose imputable ó contratista e este ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora con respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesario para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á cal a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO O órgano de contratación, aos efectos establecidos nos artigos 219.1 e 306 do TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento de exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. No contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión da posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desa potestade, o seu alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como máximo pode afectar a modificación, e no procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato se poderá modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ao efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación, experimente variación o prezo do mesmo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 25. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción ou inicio do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a. Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e das sinaladas nos pregos que rexen a contratación. b. Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c. Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Así mesmo, se durante o prazo de garantía se acreditase a vixencia de vicios ou defectos dos bens fornecidos, a Administración terá dereito a lle reclamar ó contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a súa reparación fose suficiente. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 308 do TRLCSP. 27. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en Marcha” organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2017. Así mesmo, con este programa, preténdese fomentar a contratación de persoas menores de trinta anos e persoas con diversidade funcional. O programa, ao que poderán adherirse asociacións, entidades e federacións que xustifiquen o seu labor no eido do maior, ten como finalidade favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, a participación e a seguridade á fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. Con este tipo de actividades búscase establecer relacións sociais e favorecer a súa participación en actividades que eleven o seu estado anímico, que potencien o intercambio de experiencias así como a súa independencia buscando evitar o illamento e as situacións de soidade. O programa “Depo en marcha” consistirá na impartición dun obradoiro por entidade solicitante. Cada un terá unha duración de 30 horas lectivas que se distribuirán en xornadas de 1/3 horas á semana durante o ano 2017. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de actividades xa que este dependerá do número de solicitudes presentadas, sempre e cando non se supere o orzamento máximo previsto para o programa. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: servizos especial CPV: 92000000 (Servizos de esparcemento, culturais e deportivos) Categoría: 27 Anexo II do TRLCSP Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.1 do R.d.l. 3/2011), a contar desde o día seguinte a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: Prezos unitarios por actividade: Prezo unitario por actividade (sen IVE): 991,74 € IVE (21%): 208,26 € Prezo unitario por actividade (con IVE): 1.200,00 € B) ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO Orzamento máximo estimado do contrato (sen IVE): 99.173,55€ IVE (21%): 20.826,45€ Orzamento máximo estimado do contrato (con IVE): 120.000,00€ A Deputación de Pontevedra non se compromete a levar a cabo un número mínimo de obradoiros xa que este dependerá do número de solicitudes presentadas polas entidades da provincia de Pontevedra. En todo caso non poderá superarse o orzamento máximo previsto para o programa. A efectos informativos, establécese como valor estimado do contrato o importe de 99.173,55€ C) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2017 231.2311.227.07 120.000,00€ O contrato será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes no programa de acordo coa seguinte distribución: Cada persoa beneficiaria do programa abonará unha cantidade fixa de 6,00€ por cada unha das accións formativas nas que participen. A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade resultante de descontar do prezo final os importe abonados polas persoas beneficiarias . Revisión de prezos: Non procede en base a aplicación do novo réxime xurídico de revisión de prezos creado como consecuencia da disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. En aplicación do novo réxime xurídico, tamén se estará ao o disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato establécese desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2017. O prazo de execución poderá ser ampliado por mutuo acordo das partes antes da súa finalización por motivos xustificados de interese público e sempre que non exista culpa por parte da empresa adxudicataria. Dita ampliación do prazo non poderá ser superior a metade do prazo establecido inicialmente. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: os pagamentos á empresa adxudicataria realizarase contra a presentación das correspondentes facturas mensuais unha vez rematados os obradoiros do programa “Depo en Marcha”, expedidas segundo a normativa vixente e tras a conformidade do responsable do contrato. Previamente á presentación das facturas, a empresa adxudicataria deberá presentar a seguinte documentación no Servizo de Cohesión Social e Xuventude: 1.- Borrador da factura a presentar 2.- Relación individual dos obradoiros que se facturan na que se inclúan os seguintes datos: • Concello • Entidade • Obradoiro • Data de inicio • Data de finalización • Nº de participantes • Memoria individual que permitirá avaliar o traballo realizado durante cada obradoiro correctamente identificada nunha carpeta co nº/código elixido pola empresa, así como o concello e a asociación á que fai referencia: o Un informe/resumo estruturado do transcurso do obradoiro e as valoracións que este mereza. o Relación de participantes na que haxa constancia das altas e baixas se fose o caso. o Fotografías do obradoiro. o Copia do cv da persoa docente. o Copia do contrato da persoa docente (recollendo a cantidade bruta que percibirá). o Relación de participantes na que haxa constancia das altas e das baixas se fose o caso (deberá recoller nome, apelidos, DNI e firma dos mesmos). o Documento escollido pola empresa para a entrega de material. o Documento escollido pola empresa para a cesión dos dereitos de imaxe. o Orixinais dos partes de asistencia. o Gráficos que reflictan o recollido nas avaliacións ou enquisas. o Orixinais das enquisas de satisfacción e control de calidade de cada obradoiro (entidade, docente e participantes). o Informe da realización da visita inicial ás instalacións nas que se realizará o obradoiro. Unha vez validada esta documentación pola Xefa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, a empresa adxudicataria presentará a factura correspondente. Nota importante: No prazo máximo dun mes e medio trala presentación de cada factura dun/varios obradoiro/s, a empresa adxudicataria presentará no Rexistro Xeral da Deputación o xustificante de pago ao/s docente/s para completar o expediente correspondente e ter constancia así do correcto funcionamento do programa. No caso de incumprimento desta obriga poderán impoñerse as penalizacións establecidas no presente prego. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán presentarse polo adxudicatario en formato electrónico a través do Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas de la Administración General del Estado FACE, ó que pode accederse dende a Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es), no tempo e forma, a efectos de que o órgano administrativo ó que corresponde proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Nas facturas deberase indicar os código DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e nº de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H) Órgano xestor: LA0008004; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006135 Nº Expediente: 2017003450 Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍA Provisional: non se esixe Definitiva: 4.958,68€ Prazo da garantía: a duración do contrato e en todo caso dous meses desde a finalización da última acción formativa. 1.7. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO A Institución Provincial establece na convocatoria do presente programa unha oferta inicial de 100 obradoiros destinados a tódalas entidades de maiores, pensionistas e xubilados da provincia de Pontevedra, así como a aquelas que sen estar rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no eido do maior. De quedar crédito dispoñible unha vez perfeccionado o contrato para 100 obradoiros, o órgano de contratación poderá incrementar o número inicial de obradoiros por razóns de interese público, limitándose ás estritamente indispensables para acadar a satisfacción pretendida co obxecto do mesmo. As posibles modificacións non representarán alteracións nas condicións esencias da licitación nin da adxudicación do contrato, unicamente introducirían variacións no número de obradoiros ofrecidos inicialmente, tendo en conta que os obradoiros que se poidan levar a cabo a maiores terán o mesmo valor económico que o ofertado para os 100 iniciais. 1.8. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron nos pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, así como as condicións ofertadas polo contratista, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no nos pregos ou no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento, e a súa contía non poderá ser superior ao 10% do orzamento do contrato. Considéranse obrigas esenciais do contrato as seguintes: 1.- Pagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección de emprego, as condicións de traballo e prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo. 2.- A subministración ás persoas participantes en cada obradoiro da totalidade dos materiais precisos para o seu óptimo desenvolvemento de acordo co establecido nos pregos e co proposto en cada ficha técnica da oferta técnica. 3.- A asignación a cada actividade das propostas, das persoas docentes que contan coa titulación regulamentaria e/ou experiencia mínima de 2 anos de docencia de acordo cos cv, vida laboral e compromisos de adscrición concreta ó desenvolvemento de cada actividade proposta, presentados pola empresa na fase de requirimento. As persoas docentes unicamente poderán ser substituídas en caso de forza maior e/ou previamente autorizada por escrito polo Servizo de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra. 4.- A alta no réxime da Seguridade Social do persoal docente como mínimo coa categoría laboral de profesor de taller (Segundo o convenio colectivo de ensinanza e formación non regrada), ou no caso de ser autónomo, a disposición por parte da empresa dos certificados de alta individualizados de cada un dos docentes. 5.- A entrega á Deputación de Pontevedra por parte da empresa adxudicataria do xustificante de pago aos docentes dentro do prazo máximo de un mes e medio desde a data de presentación da factura do programa. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. As infraccións clasificaranse en leves e graves, atendendo ás circunstancias concorrentes ao maior ou menor prexuízo que cause á administración. Para os incumprimentos do adxudicatario tipificaranse como faltas leves, ou faltas graves e impoñeranse as seguintes sancións: a) Faltas leves: Calquera circunstancia relacionada co incumprimento das condicións establecidas nos pregos ou na oferta do adxudicatario que despois do requirimento da administración non sexa atendida polo adxudicatario. A penalidade imposta determinarase a proposta do responsable do contrato e será do 10% do importe da factura correspondente. Para os incumprimentos das obrigas esenciais do contrato ou faltas graves a administración poderá optar entre a resolución do contrato ou a imposicións das penalidades previstas a continuación: b) Faltas graves: - Un incumprimento das condicións esenciais do contrato establecidas nos pregos: Pagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección de emprego, as condicións de traballo e prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo. Da subministración ás persoas participantes en cada obradoiro da totalidade dos materiais precisos para o seu óptimo desenvolvemento de acordo co establecido nos pregos e co proposto en cada ficha técnica da oferta técnica. A asignación a cada actividade das propostas, das persoas docentes que contan coa titulación regulamentaria e/ou experiencia mínima de 2 anos de docencia de acordo cos cv, vida laboral e compromisos de adscrición concreta ó desenvolvemento de cada actividade proposta, presentados pola empresa na fase de requirimento. As persoas docentes unicamente poderán ser substituídas en caso de forza maior e/ou previa autorización do Servizo de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra. A alta no réxime da Seguridade Social do persoal docente como mínimo coa categoría laboral de profesor de taller (Segundo o convenio colectivo de ensinanza e formación non regrada), ou no caso de ser autónomo, a disposición por parte da empresa dos certificados de alta individualizados de cada un dos docentes. A entrega á Deputación de Pontevedra por parte da empresa adxudicataria do xustificante de pago aos docentes dentro do prazo máximo de un mes e medio desde a data de presentación da factura do programa. A cesión en todo ou en parte do contrato baixo calquera modalidade ou título, sen previa autorización expresa do órgano de contratación. A modificación do contrato sen a previa autorización da administración. A penalidade imposta determinarase a proposta do responsable do contrato e será do 30% do importe da factura correspondente, podendo resolver o contrato. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCIERIA E TÉCNICA (documentación que se debe presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: 1.- Relación dos principais servizos no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V do presente prego). Os servizos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. 2.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais suficientes e necesarios que a empresa se comprometeu a adscribir á axeitada execución do presente contrato: - Equipo humano proposto para a execución total do contrato: Persoa proposta para ocupar o porto de Responsable/Coordinadora do programa que será a encargada de levar a cabo as tarefas de xestión e coordinación do mesmo. Persoal de apoio preciso para o axeitado desenvolvemento do programa. Persoal docente: 1 persoa docente para a impartición de cada un dos obradoiros propostos (mínimo de 27 docentes). Profesionais que contarán coa titulación regulamentaria e/ou experiencia mínima de 2 anos de docencia relativa aos contidos obxecto da actividade para a que sexan propostos. Este persoal docente figurará dado de alta no réxime da Seguridade Social como mínimo coa categoría laboral de profesor de taller (Segundo o convenio colectivo de ensinanza e formación non regrada) e no caso de ser autónomos, a empresa deberá dispoñer dos certificados de alta individualizados de cada un dos docentes. As persoas docentes unicamente poderán ser substituídas en caso de forza maior e/ou previa autorización do Servizo de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra. Notas importantes respecto da acreditación dos medios humanos: o No caso de que sexan persoal pertencente á empresa proposta para adxudicar o contrato, acreditarase aportando o CV, os TC´s dos tres últimos meses e a Vida Laboral das persoas propostas. o No caso de que non sexa persoal pertencente á empresa, acreditarase a experiencia aportando un compromiso persoal asinado por ambas partes (empresa e persoa traballadora) na que ambas partes se comprometan a colaborar na execución do contrato “Depo en Marcha 2017” desempeñando o posto de XX, un CV e a súa vida laboral. o No caso de terse ofertado a inclusión de persoas con discapacidade dentro do seu Equipo Humano, a empresa deberá aportar os correspondentes certificados de discapacidade. 3.- Acreditación do pago da póliza (e presentación da orixinal ou dunha copia compulsada) dun seguro de Responsabilidade Civil por importe mínimo de 300.000,00€ adscrita á execución do contrato. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. As persoas que participen nas actividades deben considerarse terceiros. 4.- Acreditación do pago da póliza (e presentación da orixinal ou dunha copia compulsada) dun Seguro de Accidentes, que cubra como mínimo, a asistencia sanitaria da totalidade das persoas que participen nos obradoiros. Requisito que debe cumprir todo o equipo humano que se adscriba á execución do contrato: 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): Os criterios non avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade co seguinte: - Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 21 puntos. - Equipo humano, ata un máximo de 23 puntos. - Protocolos de seguimento de actividades, ata un máximo de 5 puntos. 3.1.1. Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 21 puntos: -Valoraranse a adecuación das propostas de programación e de contidos ofertadas para cada un dos obradoiros do Catálogo de Obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017” (Anexo I do Prego Técnico) ós obxectivos propostos para cada un deles. -Terase en conta para valorar a proposta metodolóxica que os licitadores propoñan para levar a cabo cada tipo de obradoiro que estea adaptada, que sexa a mais axeitada e que teña en conta ás características específicas de cada un deles así como o perfil do alumnado ó que van dirixidos. -Valoraranse neste apartado aquelas melloras ofrecidas polo licitador respecto dos “materiais achegados pola empresa” establecidos no Catálogo de Obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017” (Anexo I do Prego Técnico) que se entregarán a cada persoa participante, a maiores dos mínimos esixidos. 3.1.2. Equipo humano, ata un máximo de 23 puntos: - Valorarase respecto do Equipo humano proposto para a xestión do programa (1 Persoa responsable–coordinador/a e Persoal de apoio necesario para o correcto desenvolvemento do programa), que conte con experiencia na xestión, coordinación e organización de programas de carácter social, lúdico, culturais e de esparcemento con persoas de idade adulta e coa terceira idade cun máximo de 3 puntos. - Valoraranse os perfís profesionais propostos para cada un dos docentes (27) precisos para a impartición de cada un dos Obradoiros establecidos no Catálogo do programa “Depo en Marcha 2017” (Anexo I do Prego Técnico) con ata 10 puntos. - Valorarase a aportación dun/dunha docente de apoio ó titular por parte da empresa adxudicataria naqueles obradoiros nos que haxa polo menos unha persoa con discapacidade e/ou mobilidade reducida con 5 puntos. - Valorarase con 5 puntos que dentro do seu Equipo Humano, a empresa oferte a inclusión de: - Persoas novas, menores de 30 anos, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral. - Persoas con discapacidade. NOTA ACLARATORIA: Respecto do Equipo Humano que se propoña no Sobre B, indícase que NON é preciso achegar CVs, SÍ unha descrición polo miúdo, detallada e completa de cada un dos perfís profesionais. A información presentada no Sobre B, contrastarase cos CVs que a empresa proposta para a adxudicación do contrato aporte na fase de Requirimento previa á adxudicación do mesmo. 3.1.3. Protocolos de seguimento de actividades, ata un máximo de 5 puntos: Valoraranse os protocolos de seguimento e avaliación do programa propostos que supoñan unha mellora na eficiencia e axilidade da xestión como por exemplo: - Establecemento dun protocolo de recollida, selección e colaboración coa sección de contidos web da Deputación de Pontevedra para a correcta subida de imaxes á plataforma de fotografías, 2 puntos. - Prazo de presentación no Rexistro da Deputación de Pontevedra do xustificante de pago aos docentes trala presentación da factura do obradoiro correspondente, 3 puntos. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia relacionada cos criterios de avaliación mediante fórmulas presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto traerá consigo a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C): Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e de valoración técnica do sobre B. Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obteñan unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 15 puntos. Menor prezo ofertado, ata un máximo de 51 puntos. Valorarase o menor prezo unitario ofertado por actividade, cun máximo de 51 puntos. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá achegar unha declaración responsable, así como un documento indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3. Compromisos do licitador: 3.1. De dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais e materiais suficientes e necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. No compromiso deberá detallarse que como mínimo a empresa contará co seguinte equipo humano: 1 Persoa proposta para ocupar o porto de Responsable/Coordinadora do programa que será a encargada de levar a cabo as tarefas de xestión e coordinación do mesmo. Persoal de apoio preciso para o axeitado desenvolvemento do programa. Persoal docente: 1 persoa docente para a impartición de cada un dos obradoiros propostos (mínimo de 27 docentes). Profesionais que contarán coa titulación regulamentaria e/ou experiencia mínima de 2 anos de docencia relativa aos contidos obxecto da actividade para a que sexan propostos. Este persoal docente figurará dado de alta no réxime da Seguridade Social como mínimo coa categoría laboral de profesor de taller (Segundo o convenio colectivo de ensinanza e formación non regrada) e no caso de ser autónomos, a empresa deberá dispoñer dos certificados de alta individualizados de cada un dos docentes. As persoas docentes unicamente poderán ser substituídas en caso de forza maior e/ou previa autorización do Servizo de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra. Nota importante: Sen prexuízo de que a acreditación dos referidos medios humanos e materiais deberán achegarse antes da adxudicación do contrato. 3.2. Adscribir a execución do contrato un seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 300.000,00€. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. As persoas que participan nas actividades deben considerarse terceiros. Nota importante: Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 3.3. Adscribir a execución do contrato un seguro de accidentes, que cubra como mínimo, a asistencia sanitaria da totalidade das persoas que participen nos obradoiros. Nota importante: Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. 5.- Os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal de empresas, deberán presentar unha Declaración Responsable (Anexo III) por cada unha das empresas, así como indicar por escrito os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un deles, así como o compromiso de constituír formalmente a unión temporal no caso de resultar adxudicatarios. 6.- Declaración Xurada do licitador conforme se compromete a que a oferta que presenta en formato papel se corresponde exactamente coa que presenta en formato dixital. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS As ofertas deberán presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. A oferta deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA
NOME DOS FICHEIROS Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión en dixital entregarase nun único ficheiro cun arquivo en versión .pdf e outro en formato .doc. O tipo de letra utilizado será Arial 12, excepto para os títulos, que será Arial 14 e Arial 16. Utilizarase interlineado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá superar as 50 páxinas (enténdese por páxina cada unha das caras dun folio). Non serán valorados os documentos que se aporten unha vez superadas as 50 páxinas. (A portada e a contraportada non computarán como follas). No caso daqueles licitadores que liciten a mais dun lote, nas súas propostas as follas computarán de xeito independente para cada lote. Durante o proceso de valoración de ofertas non se terá en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, aos apartados que se detallan a continuación: 1.- Índice: Débese incluír un índice no que se enumeren os contidos da proposta técnica. 2.- Deseño e implantación do programa: Neste apartado as empresas deberán presentar a súa proposta para o Deseño e Implantación do Programa “Depo en Marcha 2017”. Nela incluirán unha ficha por cada un dos obradoiros incluídos no Catálogo de Obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017” (Anexo I do Prego Técnico) na que se detallarán os seguintes puntos: - Guión cos contidos e programación para cada obradoiro. - Descrición da metodoloxía a empregar no desenvolvemento dos mesmos. - Enumeración de todos os materiais precisos para a realización das actividades. - Perfil profesional do docente que impartiría o obradoiro. - Melloras ofrecidas polo licitador respecto dos “materiais achegados pola empresa” establecidos no Catálogo de Obradoiros do programa “Depo en Marcha 2017” (Anexo I do Prego Técnico), que se entregarán a cada persoa participante, a maiores do mínimo esixido. 3.- Respecto do equipo humano responsable da execución do programa: Deberase detallar o perfil profesional e do equipo de traballo asignado á execución do programa que como mínimo deberá estar composto por: 1 persoa Responsable/Coordinadora do programa que será a encargada de levar a cabo as tarefas de xestión e coordinación do mesmo. Persoal de apoio preciso para o axeitado desenvolvemento do programa. Persoal docente cuxo perfil profesional deberá ser especificado dentro do apartado 2. Deseño e implantación do programa (fichas dos obradoiros aportados). 4.- Protocolos de seguimento de actividades: Deberán indicarse especificamente a proposta de protocolo de seguimento de actividades. 5.- Información adicional: Calquera outra documentación relacionada co contrato que desexe a portar o licitador. 6. Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta presentada nos criterios avaliables de forma automática (sobre C). O incumprimento deste requisito implicará a exclusión do procedemento. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición determinado no Anexo II. Modelo de proposición deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese o orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición ou se existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) (Nome e apelidos) .............................., maior de idade, veciño de ........................., con domicilio en .............................., titular do DNI número ......................., expedido en data ........................, actuando en nome propio ou en representación da empresa ...................... (CIF número ..................................) e con domicilio en ....................., teléfono …….............., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto a contratación dunha “Xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en Marcha” organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2017”. Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán coas disposicións legais, regulamentarias e convencionais vixentes e que resulten de aplicación en materia laboral, seguridade social, seguridade e saúde no traballo, de protección do emprego e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome á prestación do servizo, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: - Prezo unitario ofertado por actividade: Importe sen IVE: ……………………………..€ IVE (21%): ……………………………..€ Importe total (IVE incluído): ……………………………..€ ……………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN AUTOMÁTICA (SOBRE C) Entenderanse por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e de valoración técnica do sobre B. Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obteñan unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 15 puntos. A) Menor prezo unitario ofertado por actividade, ata un máximo de 51 puntos: Para o cálculo da puntuación do prezo a fórmula a utilizar será a seguinte: • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S: Se : , Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n: Se entón: , Se entón: 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Comprobarase o cumprimento das disposicións relativas a protección do emprego e as condicións de traballo do persoal proposto, especialmente que a categoría profesional se corresponda coas funcións a levar a cabo neste contrato en función dos convenios colectivos de ámbito territorial e demais lexislación vixente aplicable. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DOS SERVIZOS REALIZADOS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DOS SERVIZOS REALIZADOS POR LA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO AÑOS TÍTULO DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª /D.……, con DNI núm. …….., en nome propio ou en representación da empresa …………, con NIF/CIF núm. …… DECLARA que a relación dos servizos obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na seguinte táboa: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe do ano 2016 Importe total dos últimos 5 años Destinatario Inicio Fin TOTAIS ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 7.25279.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (Expte. nº2016033006) A Deputación de Pontevedra, ten entre as súas funcións, ofrecer servizos directos aos cidadáns e empresas. Estes servizos ofrécense a través dos diferentes centros que conforman a Institución Provincial, e entre os mesmos atópanse os seguintes: - Escola de Canteiros de Pontevedra. - Centro Príncipe Felipe. - Museo de Pontevedra, composto polos seguintes edificos: Sexto Edificio. Edificio Sarmiento. Edificio Fernández López e ampliación. Edificio Castro Monteagudo. Edificio García Flórez. Ruinas de Santo Domingo. - Viveiro de Empresas situado no Polígono de Barro-Meis. - Viveiro de Empresas situado no Polígono de Lalín 2000. Co obxecto de velar pola seguridade e correcto funcionamento nos centros referidos, así como, en caso de que necesidade, nos restantes centros da Institución Provincial, a Xunta de Goberno, na sesión do día 28 de novembro de 2014 adxudicou á empresa Eulen Seguridad, S.A. o contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia nos centros da Deputación de Pontevedra. A dita contratación resulta imprescindible debido a que a Deputación de Pontevedra non conta cos medios necesarios para prestalo por si mesma. A especialidade do servizo require a contratación dunha empresa especializada en materia de seguridade e vixilancia de locais, efectos e persoas, dotada de persoal altamente cualificado para o desempeño de tales funcións. O contrato coa empresa Eulen Seguridad,S.A. entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2015 cunha duración de dous anos, podendo prorrogarse por dous anos máis. No obstante, tendo en conta as condicións actuais relativas aos incrementos do Convenio Colectivo Estatal de Empresas de Seguridade, resulta imprescindible convocar unha nova contratación, polo que o xefe do Servizo de Contratación, co visto e prace do Deputado Delegado, e mediante informe emitido con data 7 de novembro de 2016, solicita que se inicien os trámites para a contratación do servizo de seguridade e vixilancia nos centros da Deputación de Pontevedra. Realizados os trámites correspondentes, a Xunta de Goberno, na sesión de data 13 de xaneiro de 2017, adoptou o acordo de aprobar o expediente para a contratación, medinte procedemento aberto, do servizo de seguridade e vixilancia nos Centros da Deputación de Pontevedra. Resultando que o anuncio de licitación para a presente contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 17 de data 25 de xaneiro de 2017 e na mesma data no Perfil do contratante da Deputación de Pontevedra, integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público. Resultando que, o día 15 de febreiro de 2017, se reuniu a Mesa de Contratación, sendo a única empresa que presenta oferta para tomar parte no devandito procedemento, dentro do prazo establecido, e que foi admitida despois do exame da documentación presentada no sobre A, a empresa Eulen Seguridad S.A. (CIF: A-28.369.395). Resultando que na mesma sesión, este mesmo órgano, efectuou a apertura do Sobre B da dita empresa que foi rubricado polo Sr. Secretario Xeral e polo Secretario da Mesa de Contratación no índice de documentos achegados. Resultando que os membros da Mesa acordaron trasladar a documentación do sobre “B” para a súa valoración ao Servizo de Contratación ao obxecto de que a proposta recibida fose avaliada e ponderada seguindo os criterios establecidos nos pregos que rexen neste procedemento. Resultando que en data 20 de febreiro de 2017, o xefe de Servizo de Contratación emitiu informe de valoración do sobre B da empresa presentada correspondente aos criterios de valoración non avaliables mediante fórmulas. Reunida novamente a Mesa de Contratación en data 24 de febreiro de 2017, aproba a valoración efectuada polo xefe do Servizo de Contratación correspondente aos criterios de valoración non automática (sobre B) da única empresa que presenta oferta para tomar parte no citado procedemento, Eulen Seguridad S.A. (CIF: A-28.369.395), que obtivo un total de 16 puntos. Resultando que no mesmo acto procedeuse á apertura do sobre C da empresa presente no procedemento, Eulen Seguridad S.A. (CIF: A-28.369.395), sendo os valores ofertados no sobre C os seguintes: 1- Prezo ofertado (2 anos de contrato): Importe sen IVE: 1.333.320,00€ IVE (21%): 279.997,20 € Importe IVE incluído: 1.613.317,20 € A efectos informativos, a empresa deberá indicar: * Importe anual para cada centro: Centro Importe anual (sen IVE) IVE (21%) Importe anual (IVE incluído) Museo de Pontevedra 520.620,00 € 109.330,20 € 629.950,20 € Centro Príncipe Felipe 67.008,00 € 14.071,68 € 81.079,68 € Escola de Canteiros 64.200,00 € 13.482,00 € 77.682,00 € Viveiro empresas do Polígono de Barro-Meis 9.900,00 € 2.079,00 € 11.979,00 € Viveiro empresas do Polígono de Lalín 2000 4.932,00 € 1.035,72 € 5.967,72 € * Importe mensual para cada centro: Centro Importe anual (sen IVE) IVE (21%) Importe anual (IVE incluído) Museo de Pontevedra 43.385,00 € 9.110,85 € 52.495,85 € Centro Príncipe Felipe 5.584,00 € 1.172,64 € 6.756,64 € Escola de Canteiros 5.350,00 € 1.123,50 € 6.473,50 € Viveiro empresas do Polígono de Barro-Meis 825,00 € 173,25 € 998,25 € Viveiro empresas do Polígono de Lalín 2000 411,00 € 86,31 € 497,31 € 2.- Bolsa de horas ofertada polo licitador sen custo para a Deputación de Pontevedra. Número de horas ofertadas a maiores das 500 horas mínimas esixidas nos pregos “0” h. o que supón unha bolsa total de horas ofertadas de 500 h. (máximo 1000 horas). Nota importante: En caso de prórroga se aportará a mesma bolsa de horas ou a parte proporcional, se a prórroga non fose polo total do contrato executado. 3.- Achega de medios técnicos e humanos: CONCEPTO SI NON Capacidade de resposta ante continxencias de como máximo 24 horas (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X Servizo gratuíto de custodia de chaves X 4.- Implantación de sistemas informáticos: CONCEPTO SI NON Implantación dun sistema informatizado (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X 5.- Programa de formación: CONCEPTO SI NON Programa de formación (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X Unha vez efectuada a valoración de conformidade cos criterios establecidos nos pregos, as puntuacións totais son as seguintes: CRITERIOS DE VALORACIÓN EMPRESA EULEN Seguridad S.A. Criterios non avaliables mediante fórmulas (máx. 20 puntos) Plan de Seguridade e Vixilancia 16 PUNTUACIÓN TOTAL SOBRE B 16 Criterios avaliables mediante fórmulas (máx. 80 puntos) Oferta económica Ata un máximo de 40 puntos. 0,056 Incremento na bolsa de horas Ata un máximo de 15 puntos. 0 Achega de medios técnicos e humanos Ata un máximo de 10 puntos. 10 Capacidade de resposta ante continxencias Ata un máximo de 7 puntos 7 Servizo gratuíto de custodia de chaves Ata un máximo de 3 puntos 3 Implantación de sistemas informáticos Ata un máximo de 10 puntos 10 Programa de formación Ata un máximo de 5 puntos. 5 PUNTUACIÓN TOTAL SOBRE C 25,056 PUNTUACIÓN TOTAL SOBRE B+C 41,056 Reunida novamente a Mesa de Contratación, con data 28 de febreiro de 2017, e en base ás puntuacións totais acadadas, propón adxudicar á empresa EULEN Seguridad S.A. (CIF:A-28.369.395) polos prezos e valores ofertados a contratación do servizo de seguridade e vixilancia nos centros da Deputación de Pontevedra, elevando a proposta ao órgano de contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2017003688 de data 28 de febreiro de 2017, á vista da puntuación total obtida, requiriuse á empresa EULEN Seguridad,S.A. (CIF: A-28.369.395), para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel no que lle fose notificado, presente a documentación indicada de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que, en data 10 de marzo de 2017, a devandita empresa presentou a documentación acreditativa do pago do anuncio e da constitución da garantía definitiva por importe de 66.666,00 euros (Carta de Pago nº 201700036327) polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do RDL 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días. Considerando que a disposición adicional segunda do referido RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato relativo ó “Servizo de Seguridade e Vixilancia nos Centros da Deputación de Pontevedra” á empresa EULEN Seguridad S.A. (CIF: A-28.369.395) polos seguintes prezos e valores ofertados de acordo ao seguinte detalle: - Prezo ofertado (2 anos de contrato): Importe sen IVE: 1.333.320,00€ IVE (21%): 279.997,20 € Importe IVE incluído: 1.613.317,20 € A efectos informativos, a empresa deberá indicar: * Importe anual para cada centro: Centro Importe anual (sen IVE) IVE (21%) Importe anual (IVE incluído) Museo de Pontevedra 520.620,00 € 109.330,20 € 629.950,20 € Centro Príncipe Felipe 67.008,00 € 14.071,68 € 81.079,68 € Escola de Canteiros 64.200,00 € 13.482,00 € 77.682,00 € Viveiro empresas do Polígono de Barro-Meis 9.900,00 € 2.079,00 € 11.979,00 € Viveiro empresas do Polígono de Lalín 2000 4.932,00 € 1.035,72 € 5.967,72 € * Importe mensual para cada centro: Centro Importe anual (sen IVE) IVE (21%) Importe anual (IVE incluído) Museo de Pontevedra 43.385,00 € 9.110,85 € 52.495,85 € Centro Príncipe Felipe 5.584,00 € 1.172,64 € 6.756,64 € Escola de Canteiros 5.350,00 € 1.123,50 € 6.473,50 € Viveiro empresas do Polígono de Barro-Meis 825,00 € 173,25 € 998,25 € Viveiro empresas do Polígono de Lalín 2000 411,00 € 86,31 € 497,31 € - Bolsa de horas ofertada polo licitador sen custo para a Deputación de Pontevedra. Número de horas ofertadas a maiores das 500 horas mínimas esixidas nos pregos “0” h. o que supón unha bolsa total de horas ofertadas de 500 h. (máximo 1000 horas). Nota importante: En caso de prórroga se aportará a mesma bolsa de horas ou a parte proporcional, se a prórroga non fose polo total do contrato executado. - Achega de medios técnicos e humanos: CONCEPTO SI NON Capacidade de resposta ante continxencias de como máximo 24 horas (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X Servizo gratuíto de custodia de chaves X - Implantación de sistemas informáticos: CONCEPTO SI NON Implantación dun sistema informatizado (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X - Programa de formación: CONCEPTO SI NON Programa de formación (nos mesmos termos que o establecido no apartado 3, Anexo I do presente prego) X 2.- As obrigas derivadas do presente contrato financiaranse con cargo as seguintes aplicacións orzamentarias para os anos 2017 e 2018: Anualidade Instalacións Aplicacións orzamentarias 2017 Centro Príncipe Felipe 232.2312.227.01 2018 2017 Escola de Canteiros 324.3243.227.01 2018 2017 Museo de Pontevedra 333.3330.227.01 2018 2017 Viveiro do Polígono de Barro-Meis 942.4330.227.01 2018 2017 Viveiro do Polígono de Lalín 2000 2018 Os importes correspondentes ao exercicio 2018 así como 2019 e 2020, en caso de prórroga, quedarán condicionados a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria. 3.- O período de vixencia do contrato será de 2 anos que poderán prorrogase por mutuo acordo das partes antes da finalización daquel, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de 4 anos. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte da formalización do contrato. 4.- O pagamento a empresa adxudicataria realizarase contra a presentación das correspondentes facturas mensuais (por mes vencido), e unha vez conformadas polos responsables dos centros xestores do contrato. A este respecto, a empresa adxudicataria deberá presentar, mensualmente, unha factura independente por cada centro xestor. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Nas facturas deberase indicar os código DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e nº de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H). Órgano xestor: LA0006113 (Escola de Canteiros). Órgano xestor: LA006112 (Centro Príncipe Felipe). Órgano xestor: LA006116 (Museo Provincial). Órgano xestor: LA0006138 (Cooperación cos municipios). Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006135. Nº Expediente: 2016033006. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 8.25280.- VALIDACIÓN DE CONTRATOS DERIVADOS DO ACORDO MARCO QUE REXE A PRESTACIÓN DO SERVIZO “IMPLANTACIÓN, USO E SOPORTE DUNHA SOLUCIÓN DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA OS CONCELLOS” (Expte. nº2016008622) Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 27/05/2016 acordou aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto dun acordo marco relativo á prestación do servizo de implantación, uso e soporte dunha solución administrativa electrónica para Concellos, por un importe de 847.000,00 € IVE incluído. Resultando.- Que no mesmo acordo aprobouse o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexeron en dito procedemento aberto, establecendo o procedemento de licitación e adxudicación do acordo marco “Implantación, uso e soporte dunha solución administrativa electrónica para Concellos”. No citado prego non se estableceu procedemento algún para a adxudicación e formalización dos contratos derivados do contrato marco. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 14/10/2016 acordou adxudicar á empresa Auloce, S.A. (CIF A50878842) o contrato relativo a un acordo marco que rexerá na prestación do servizo para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos, por importe de 847.000,00 €, e unha duración de 2 anos. Resultando.- Que con data 09/11/2016 formalizouse entre a Deputación e a empresa Auloce,S.A., o contrato administrativo, establecéndose a duración do acordo marco de dous anos, con efectos dende o 9 de novembro de 2016 ao 8 de novembro de 2018, podendo prorrogarse dous anos mais. Resultando.- Que a Lei non recolle un desenvolvemento ordenado por clases dos acordos marco, polo que na súa consecuencia na data 14/12/2016 o Servizo de Contratación en consenso coa Intervención, aprobou unha guía para a tramitación de procedementos de contratación no que se inclúen os acordos marco. Nesta guía establecéronse diferentes tipoloxías e en función das mesmas este acordo marco podería incluírse no denominado “Acordo marco tipo 3” sendo aquel no que todas as condicións se atopan perfectamente determinadas coa formalización do mesmo e non precisa mais que efectuar os correspondentes pedidos. Neste tipo de contratos non se procederá a unha fase competitiva pero si a adxudicación do correspondente contrato derivado relativo a cada petición que se realice ao provedor adxudicatario. Resultando.- Que os concellos relacionados a continuación, asinaron convenio de colaboración coa Deputación para a implantación do proxecto “Servizo de Administración electrónica para Concellos”, formalizándose para estes Concellos contrato derivado do acordo marco adxudicado á empresa Auloce, S.A., solicitando o xefe de Servizo de Novas Tecnoloxías, mediante escrito de data 20/02/2017, a validación dos citados contratos derivados conforme ó establecido na guía aprobada para a tramitación dos procedementos de contratación: Os Concellos e as cantidades adxudicadas para o contrato derivado son as seguintes: CONCELLO CANTIDADE SEN IVE DURACIÓN Agolada 1.666,67 € 11/12/16 ó 08/11/18 Cerdedo-Cotobade 4.648,00 € 27/12/16 ó 08/11/18 Cambados 7.285,00 € 03/01/17 ó 08/11/18 Cangas 11.946,00 € 04/01/17 ó 08/11/18 Mondariz 1.666,67 € 11/01/17 ó 08/11/18 Fornelos de montes 1.666,67 € 12/01/17 ó 08/11/18 Barro 1.666,67 € 16/01/17 ó 08/11/18 Resultando.- Que solicitado informe á Intervención esta emitiu o mesmo na data 10/03/2017 co seguinte contido: “... dado que xa se realizaron algunhas actuacións con varios Concellos que van a tramitarse de acordo coa citada guía, entendemos procede, para unificar os criterios respecto deste acordo marco, que se validen as actuacións xa realizadas en ditos Concellos (relacionadas na proposta de acordo), polo órgano que aprobou no seu día o expediente, neste caso a Xunta de Goberno. Asemade entendemos que os novos contratos derivados que se adxudiquen deberían seguir o procedemento recollido na mencionada guía. Para a validación e realización dos contratos derivados existe crédito suficiente xa que trala aprobación do acordo marco procedeuse a contabilizar a autorización do gasto. Polo exposto infórmase favorablemente o expediente...” Considerando.- Que o artigo 52 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común e das Administracións Públicas establece que: “...1. La Administración podrá convalidar los actos anulables, subsanando los vicios de que adolezcan. 2. El acto de convalidación producirá efecto desde su fecha, salvo lo dispuesto en el artículo 39.3 para la retroactividad de los actos administrativos...” Considerando.- Que o artigo 39.3 do mesmo texto legal recolle que: “...podrá otorgarse eficacia retroactiva a los actos cuando se dicten en sustitución de actos anulados, así como cuando produzcan efectos favorables al interesado, siempre que los supuestos de hecho necesarios existieran ya en la fecha a que se retrotraiga la eficacia del acto y ésta no lesione derechos o intereses legítimos de otras personas...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Validar os seguintes contratos derivados do acordo marco que rexe a “Prestación do servizo para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para Concellos”, de acordo coa guía de tramitación que con data 14/12/2016 o Servizo de Contratación en consenso coa Intervención aprobaron para os procedementos de contratación no que se inclúen os acordos marco: CONCELLO CANTIDADE SEN IVE DURACIÓN Agolada 1.666,67 € 11/12/16 ó 08/11/18 Cerdedo-Cotobade 4.648,00 € 27/12/16 ó 08/11/18 Cambados 7.285,00 € 03/01/17 ó 08/11/18 Cangas 11.946,00 € 04/01/17 ó 08/11/18 Mondariz 1.666,67 € 11/01/17 ó 08/11/18 Fornelos de Montes 1.666,67 € 12/01/17 ó 08/11/18 Barro 1.666,67 € 16/01/17 ó 08/11/18 9.25281.- INICIO DO PROCEDEMENTO DE RESOLUCIÓN DO CONTRATO DE OBRAS “MELLORA DE VIEIROS NOS NÚCLEOS DA BANDEIRA, SACHOCOS, SILLEDA, O BARRAL E PONTE (SILLEDA)” (N/REF:PID/12/00714/2012000504) Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 30 de outubro de 2010, acordou adxudicar á empresa Construcción Pública Galega, S.L., o contrato para a execución da obra “Mellora de viais nos núcleos de Bandeira, Sachocos, Silleda, Barral e Ponte (Silleda)”, pertencente ó Plan de Investimentos da Deputación 2012 (PID/12), relación 5, obra 10, por un importe de 80.967,60 €, IVE incluído, e un prazo de execución de 3 semanas. Resultando.- Que previamente e para facer fronte á execución desta obra, o contratista constituíu garantía definitiva mediante aval bancario do Banco Popular de Ourense, por importe de 3.345,76 € segundo consta en carta de pagamento con número de operación 201300140770 de data 25/10/2013. Resultando.- Que Con data 20/12/2013 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose como data para finalizar a obra o 10/01/2014. Resultando.- Que con data 08/01/2014 asinouse acta de paralización temporal das obras debido a que a climatoloxía imperante asegurase a calidade requirida na execución da obra. Resultando.- Que con data 17/03/2014, o director de obra e o contratista comunican o reinicio das obras, solicitando unha ampliación do prazo de execución de 10 días. Resultando.- Que con data 09/09/2014 recíbese nesta Deputación escrito do Concello de Silleda co que xunta informe técnico sobre a existencia de graves deficiencias na execución da citada obra. Resultando.- Que da execución desta obra emitíronse dúas certificacións por unha contía global de 75.982,12 € o que supón o 93,84 % das unidades, quedando pendentes unidades por importe de 4.985,48 €. Resultando.- Que solicitado informe o director de obra, este remite o mesmo na data 24/10/2014 poñendo de manifesto a existencia da mala execución das obras por parte da empresa e a súa intención de non seguir executando a obra, pois esta lles estaba a supor un custe excesivo. Resultando.- Que reiterada en varias ocasións a solicitude de informe complementario ó director de obra, este é remitido na data 09/10/2015 recollendo entre outras cousas o seguinte: - Nun momento dado, as obras executadas empezaron a mostrar defectos e foi por elo polo que se plantesaron propostas á contrata que incluían en determinadas zonas levantamento do executado, e incluso realizouse unha visita de obra con presenza do responsable das obras da Deputación que verbalmente deu o visto bo a algún dos defectos que asomaban na execución. Foi por elo que se lle deron as ordes verbais á empresa, incluso por parte do enxeñeiro do organismo contratante que non foron acatadas pola contrata. - Na última conversa mantida cos responsables da empresa, e ante a petición do director de obra para que refixeran aquelas zonas que non se axustaban á calidade e acabados debidos, a resposta foi “non faremos todo iso, preferimos perder o aval”. - Os defectos que se produciron na unidade de triple tratamento superficial, polo que en algunhas zonas apareceron defectos a subsanar. A encomenda que se lle transmitiu á empresa é que era necesaria unha revisión completa e en aquelas zonas que o requirían buscar unha solución que garantizase a calidade exixible que podería chegar incluso a unha nova execución. - En canto ás unidades no totalmente executadas 01.01 m2 triple tratamento superficial e selado con 34l7m2 de áridos A12/18, A6/12 e A3/6, co nunha triple dotación de emulsión asfáltica ECR-2 de 5Kg/m2, totalmente acabado, i/materiais e execución e p.p. de gravillón en bacheados e limpeza previa. - Polo que se refire ás obras executadas defectuosamente sería necesaria unha revisión no momento de proceder á corrección dos defectos actuais. En todo caso a nivel de estimación aproximada sitúase na orde do 20-25 % do executado. Resultando.- Que mediante escrito de data 20/10/2015 requiriuse ó contratista para que subsanara as deficiencias sinaladas polo director de obra, sen que ata a data de hoxe foran arranxadas. Resultando.- Que con data 31/01/2017 o xefe de Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “... - O prazo de execución do contrato está cumprido. - O contratista non executou o contrato á satisfacción da Administración. - O contratista non executou o contrato nos termos establecidos no mesmo. - O contratista incorreu en demora o incumprir o prazo de execución do contrato. - Existe actitude culpable do contratista na execución do contrato. - A contía das unidades de obra executadas ascende a 75.982,12 € e as non executadas a 4.985,48€. Polo dito anteriormente, e debido á actitude culpable do contratista, abandonando a obra, que queda mais que acreditado nos distintos informes emitidos polo director de obra, producíronse maiores gastos para a Administración ó non cumprirse o ritmo de inversión proxectado, debendo indemnizar á Deputación polos danos e prexuízos causados. A contía desta indemnización se corresponde co importe das unidades executadas defectuosamente, que son o 25% da totalidade de unidades executadas. Esta contía ascende a 15.698,78 €. Polo dito anteriormente, debe iniciarse un procedemento de resolución do contrato, debendo de dar audiencia ó contratista, e incautar a totalidade da garantía, procedendo, ó non ser bastante a garantía para cubrir toda a responsabilidade, ó cobro da diferencia mediante o procedemento administrativo de apremio, con arranxo ó establecido nas normas de recadación...” Resultando.- Que con data 13/02/2017 o Servizo de Cooperación da Deputación emitiu informe co seguinte contido: “...En la comprobación realizada por el técnico provincial en visita del 9 de febrero (ver ANEXO), se pudieron corroborar las deficiencias detectadas en los informes incluidos en la documentación recibida, además de constatar un empeoramiento tras el tiempo transcurrido. Por otro lado, queda reflejado por el estado en que se encuentran actualmente los ámbitos afectados de la obra, que las reclamaciones realizadas a la contrata por parte del Ayuntamiento de Silleda no fueron atendidas, ni tampoco subsanados los inconvenientes denunciados por el Director de obra en su oportunidad, aunque sí reconocidos por la adjudicataria según se deduce del informe de este. En virtud de lo expuesto se concluye que no procede realizar el pago de la última certificación emitida con una ejecución del 93,84 % y el aval debe ser incautado...” Considerando.- Que o artigo 220 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos acordar a súa resolución e determinar os efectos desta. Considerando.- Que o artigo 222.1 do RDL 3/2011 establece que o contrato entenderase cumprido polo contratista cando este realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración, a totalidade da prestación. Considerando.- Que o contrato formalizouse con data 22/11/2013, quedando vinculado ó adxudicatario ó contido contractual, debendo de cumprir a execución do contrato a tenor do disposto nas súas cláusulas e o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas xerais e particulares, tal e como se dispón nos artigos 208 e 209 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público e a cláusula 21 do prego de condicións económico administrativas que rexeron esta contratación. Considerando.- Que a celebración de contratos por parte das Administracións Públicas requirirá a previa tramitación do correspondente expediente, tal e como recolle o artigo 109.3 do TRLCSP, debendo incorporarse o mesmo diversos documentos, entre eles o prego de cláusulas administrativas, sendo este un documento esencial xa que nel incluiranse os pactos e condicións definidores dos dereitos e obrigacións das partes do contrato, e as normas que regulan o procedemento de adxudicación do contrato. Considerando.- Que en virtude do artigo 150.2 TRLCSP os criterios que han de servir de base para a adxudicación do contrato determinaranse polo órgano de contratación e detallaranse no anuncio, nos pregos de cláusulas administrativas particulares. Considerando.- Que na cláusula 21 do prego de cláusulas económico-administrativas, no referente á responsabilidade do contratista sinálase que: “As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e segundo as instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou director facultativo e, se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP)”. Considerando.- Que o contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Considerando.- Que o apartado 1.7 do anexo I do prego establecese que no caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais da execución do contrato ofertados polo contratista, aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. Considerando.- Que o artigo 212.7 establece que: “Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incumprira a execución parcial das prestacións definidas no contrato, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución ou imposición de penalidades que, para tales supostos, se determinen no prego de cláusulas administrativas particulares.” Considerando.- Que a cláusula quinta do contrato administrativo establece que o contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP. Considerando.- Que o artigo 223 do TRLCSP establece que son causas de resolución do contrato: “d) A demora no cumprimento dos prazos por parte do contratista. f) O incumprimento das obrigas contractuais esenciais, cualificadas como tales nos pregos ou no contrato.” Considerando.- Que o artigo 225.3 do TRLCSP recolle que: “....Cando o contrato se resolva por incumprimento culpable do contratista, este deberá indemnizar á Administración dos danos e prexuízos ocasionados. A indemnización farase efectiva, en primeiro termo, sobre a garantía que, no seu caso, se constituirá, sen prexuízo da subsistencia da responsabilidade do contratista no que se refire ó importe que exceda da garantía incautada. Considerando.- Que o artigo 100.b) do TRLCSP establece que a garantía responderá da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas e dos danos e prexuízos ocasionados na mesma con motivo da execución do contrato. Considerando.- Que o artigo 101.2 do mesmo texto legal establece que: “...Cando a garantía non sexa bastante para cubrir as responsabilidades ás que esta afecta, a Administratición procederá ó cobro da diferencia mediante o procedemento administrativo de apremio, con arranxo o establecido nas normas de recaudación...” Considerando.- Que o artigo 109.1, establece no que ó procedemento de resolución dos contratos, que debe darse audiencia ó contratista no prazo de dez naturais é o avalista ou asegurador se se propón a incautación da garantía. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Iniciar un procedemento de resolución do contrato “Mellora de viais nos núcleos de Bandeira, Sachocos, Silleda, Barral e Ponte (Silleda)”. 2.- Iniciar procedemento de incautación da totalidade da garantía constituída polo contratista para facer fronte á adxudicación deste obra. A responsabilidade do contratista foi cuantificada en 15.698,78 €, polo que ó non ser bastante a garantía para cubrila, debe procederse ó cobro da diferencia mediante o procedemento administrativo de apremio, con arranxo ó establecido nas normas de recadación. 3.- Dar audiencia a Construcción Pública Galega, S.L. E ó Banco Popular de Ourense, para que no prazo de dez días naturais fagan as alegacións que consideren oportunas, e concretamente se mostran a súa conformidade ou oposición á resolución do contrato. 10.25282.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa Uniprex, S.A.U. A empresa Uniprex, S.A.U. (CIF A 28.782.936), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil trescentos oitenta e nove euros con setenta e cinco céntimos (3.389,75 €), para responder do contrato relativo a “Servizos de publicidade na emisora de radio ”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/06/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200040556, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil euros (3.000,00 €), para responder do contrato relativo a “Servizos de publicidade do programa e da execución de diversas actuacións publicitarias nas emisoras e ”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/08/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300102103, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Fraterprevención, S.L.U. A empresa Fraterprevención, S.L.U. (CIF B 84.454.172), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cento noventa e nove euros con sesenta céntimos (1.199,60 €), para responder do contrato relativo a “Servizos de vixilancia da saúde do persoal da Deputación Provincial de Pontevedra durante o ano 2007”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129469. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de douscentos corenta euros (240,00 €), para responder do contrato relativo a “Ampliación do contrato relativo a ”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129492. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil euros (2.000,00 €), para responder do contrato relativo a “Servizos de vixilancia da saúde e recoñecementos médicos do persoal da Deputación durante o ano 2008”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129499. c)Devolución de garantías definitivas á empresa O3, Servicios y Contratas, S.L. A empresa O3, Servicios y Contratas, S.L. (CIF B 15.867.435) “Denominada no momento da contratación ANTALSIS, S.L.”, mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Campo de fútbol e edificación anexa (Concello de A Estrada)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de AFIGAL, por importe de corenta e catro mil trescentos cincuenta e oito euros con oitenta e catro céntimos (44.358,84 €), para responder do contrato relativo á obra “Campo de fútbol e edificación anexa (Concello de A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/01/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300003262. d)Devolución de garantías definitivas á empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefria,S.L. A empresa Obras, Transportes u Construcciones Fontefría, S.L. (CIF B 36.371.227), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Pavimentación da Rúa da Igrexa de Cuntis (Concello de Cuntis)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de seis mil cincocentos noventa euros (6.590,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Pavimentación da Rúa da Igrexa de Cuntis (Concello de Cuntis)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/08/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400103562. e)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.L. (COVSA) A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- COVSA (CIF A 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Limpeza e desbroce en varias estradas provinciais da zona sur (Lote 3)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de oito mil catrocentos corenta e nove euros con noventa e catro céntimos (8.449,94 €), para responder do contrato relativo á obra “Limpeza e desbroce en varias estradas provinciais da zona sur (Lote3)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/07/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500111095. f)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Orega, S.L. A empresa Construcciones Orega, S.L. (CIF B 32.184.558), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Rehabilitación e ampliación do Club de Piragüismo de Catoira (Concello de Catoira)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de TARGOBANK, S.A., por importe de trece mil cento vinte e dous euros con vinte e cinco céntimos (13.122,25 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación e ampliación do Club de Piragüismo de Catoira (Concello de Catoira)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300087390. g)Devolución de garantías definitivas á empresa Meldosa- Montajes Eléctricos do Salnés, S.L. A empresa Meldosa- Montajes Eléctricos do Salnés, S.L. (CIF B 36.417.863), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Subministro e melloras en alumeados públicos en Ribadumia, dentro do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID 2012)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de mil noventa e un euros con trinta e tres céntimos (1.091,33 €), para responder do contrato relativo ao “Subministro e melloras en alumeados públicos en Ribadumia, dentro do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID 2012)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/01/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400013847. h)Devolución de garantías definitivas á empresa Forox Innovación, S.L.U. A empresa Forox Innovación, S.L.U. (CIF B 27.742.014), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Organización, desenvolvemento e execución do programa TECENDO LAZOS, organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2016”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos setenta e nove euros con trinta e tres céntimos (2.479,33 €), para responder do contrato relativo ao “Organización, desenvolvemento e execución do programa TECENDO LAZOS, organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2016”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/12/2016, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201600184455, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.25283.- INCLUSIÓN DE GRUPOS NO PONTEGAL 2017 A Deputación de Pontevedra aprobou as bases do Pontegal-2017 na Xunta de Goberno que tivo lugar o día 23 de decembro de 2016, que se publicaron no BOPPO núm. 1 de 02/01/2017, co que se inicia o prazo para a presentación de solicitudes das agrupacións interesadas ata o 1 de febreiro de 2017. Rematado dito prazo e unha vez estudada e revisada a documentación presentada polas mesmas de acordo coas bases establecidas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a inclusión no Pontegal 2017 das agrupacións que se achegan na seguinte relación, excluíndo do mesmo as que se indican en relación aparte por non cumprir coas bases establecidas. Ditos grupos son como seguen: Relación de grupos excluídos de Pontegal por non cumprir coas bases aprobadas para o ano 2017: Concello Grupo CIF Motivo da exclusión Vilagarcía de Arousa De aquí para alá (Teatro C) J94117678 Non presenta a documentación en prazo (requirida por correo certificado con data 21/02/2017 Vilagarcía de Arousa Canta Contos (Teatro C) J94117678 Non presenta a documentación en prazo (requirida por correo certificado con data 21/02/2017 12.25284.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 2: AMORTIZACIÓN, PAGAMENTO DE DÉBEDAS E GASTO CORRENTE-4ª RELACIÓN O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28/12/2016, acordou a aprobación das bases reguladoras e a convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2017, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30/12/2016, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2017, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 12/01/2017 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2017. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% con cargo á liña 2 de subvención (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, así como os gastos derivados da realización de actividades culturais, deportivas, sociais). Ó abeiro desta Liña 2 presentáronse varias solicitudes de subvención, que se relacionan a continuación por importe total de 78.111,17 €. Relación nº 4 (liña 2) Concello CIF Obxecto Orzamento € Subvención solicitada € Agolada P3602000f Gasto corrente novo 45.905,87 € 45.905,87 € Agolada P3602000f Acredores de investimentos (climatización Velatorio municipal) 2.577,30 € 2.577,30 € Agolada P3602000f Acredores de investimentos (subministro atriles e sillas auditorio) 5.195,00 € 5.195,00 € Agolada P3602000f Campamento musical 2.000,00 € 2.000,00 € Agolada P3602000f Campionato Quas Cross e Moto Cross 2.000,00 € 2.000,00 € Agolada P3602000f Campus infatil e liguilla fútbol 7 4.000,00 € 4.000,00 € Agolada P3602000f XXI mostra de artesanía e romaría medieval 14.333,00 € 14.333,00 € Fornelos de Montes P3601900h II festival presencia e son 2.100,00 € 2.100,00 € Importe total 78.111,17 € Ditas solicitudes presentáronse dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2017; achegan a documentación requirida para a válida concesión de subvención e o obxecto proposto adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª - Liña 2- Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, incluídos ós derivados da organización de eventos culturais, deportivos e sociais. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan de Concellos 2017). Bases de execución do vixente orzamento da Deputación. Ordenanza Xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2017, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 79 e 80 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 88.6 de Lei 39/2015, de 1 de outubro, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial 2017, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2017, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Artigos 14 e 15 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación que regulan os procedementos de concesión de subvencións por parte do ente provincial e as normas comúns a todos estes procedementos. Base de execución 25ª do Orzamento provincial para o exercicio 2017 que recolle as normas xerais reguladoras das subvencións. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2017 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2017 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias recollidas no artigo 35 da LRBRL, no artigo 63 do ROFRJEL e nas bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e visto o informe da xefa do Servizo de Cooperación, de data 7 de marzo de 2017 , que conclúe favorablemente a concesión de subvención polos importes solicitados e o da Intervención Provincial, de data 9 de marzo de 2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A Concesión de subvencións ós concellos que se detallan na táboa que se inxire a continuación (Relación nº 4 – Liña 2) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 78.111,17 €. Estas axudas económicas concédense ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2017, dentro da súa Liña 2, (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, así como os gastos derivados da realización de actividades culturais, deportivas, sociais). Relación nº 4 (liña 2) Concello CIF Obxecto Orzamento € Subvención solicitada € Agolada P3602000f Gasto corrente novo 45.905,87 € 45.905,87 € Agolada P3602000f Acredores de investimentos (climatización Velatorio municipal) 2.577,30 € 2.577,30 € Agolada P3602000f Acredores de investimentos (subministro atriles e sillas auditorio) 5.195,00 € 5.195,00 € Agolada P3602000f Campamento musical 2.000,00 € 2.000,00 € Agolada P3602000f Campionato Quas Cross e Moto Cross 2.000,00 € 2.000,00 € Agolada P3602000f Campus infantil e liguilla fútbol 7 4.000,00 € 4.000,00 € Agolada P3602000f XXI mostra de artesanía e romaría medieval 14.333,00 € 14.333,00 € Fornelos de Montes P3601900h II festival presencia e son 2.100,00 € 2.100,00 € Importe total 78.111,17 € As subvencións imputaranse nas aplicacións orzamentarias 17/942.9425.462.45 e 17/942.9425.762.45 do Orzamento provincial, nas que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas, salvo que formal e motivadamente, se concorre algunha das causas excepcionais que se recollen na base décimo cuarta do Plan Concellos 2017, se solicite un cambio de finalidade antes de que conclúa o prazo de realización da actividade obxecto de subvención. O pago das subvencións farase despois de que os beneficiarios acheguen a pertinente xustificación e a correspondente aprobación do gasto polo órgano competente, agás no caso dos acredores de investimentos nos que o pagamento realizarase anticipadamente unha vez aprobada a concesión da subvención. A xustificación realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2017, aprobadas en acordo plenario o 28 de decembro de 2016 e publicadas no BOPPO núm. 249 do 30 de decembro de 2016 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de subvencións, debendo achegarse a documentación xustificativa: • No caso das axudas concedidas para o pagamento de acredores de investimentos no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e, en todo caso, antes do mes de decembro de 2017. • No caso da axuda concedida para o financiamento do gasto corrente novo antes do 31 de marzo de 2018. • E nos demais casos, no prazo de tres meses dende a finalización da actividade, e , en todo caso , antes do 31 de marzo de 2018. Asemade, de acordo co disposto na base décima do Plan Concellos 2017, xunto coa documentación xustificativa o concello deberá acreditar a dación en conta ó pleno das solicitudes de subvención aprobadas polo concello e presentadas nesta Deputación. O incumprimento das obrigas que se recollen nos parágrafos anteriores determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro ou a perda do dereito ó cobro ás axudas económicas concedidas de acordo co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e na ordenanza xeral de subvencións da Deputación. Darlle traslado da presente resolución ós concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 13.25285.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 9ª RELACIÓN O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión extraordinaria do día 28/12/2016, aprobou as Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017 que recollen os procedementos para conceder subvencións a 59 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 249 de 30/12/2016 e o extracto da convocatoria publicouse no BOPPO nº 1, do 02/01/2017. Este plan aprobado baixo o procedemento de concorrencia non competitiva, está dotado con 41,2 millóns de euros, que se reparten entre os concellos beneficiarios en función de tres criterios básicos: a poboación de cada concello, a súa superficie e os seus núcleos de poboación, segundo as porcentaxes indicadas nas Bases para cada grupo de concellos. Mediante Resolución Presidencial de 12/01/2017, núm. 2017000367 aprobáronse as cantidades asignadas a cada concello, se ben, unha vez comunicadas as débedas pendentes coa Deputación, poderase proceder de oficio á súa detracción polo que neses casos o importe definitivo será calculado tendo en conta a detracción que se efectúe. De conformidade coa base 5ª, as axudas e subvencións concedidas poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª: liña 1 (Investimentos) ata un importe mínimo que resulte de aplicar a porcentaxe do 62,50% á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 2 (Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) ata un importe máximo do 15 % á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 3 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ata un importe máximo do 22,50 % á cantidade total que lle corresponde ó concello. As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2 e 3, poderanas empregar para facer investimentos (liña 1), non obstante, o excedente nesta liña 1 non se pode aplicar ás restantes liñas. A liña 3 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ten por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Comprobado dende o Servizo de Cooperación que todas as solicitudes desta relación compren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras e achegan a documentación requirida, emítese informe da Xefa do Servizo en relación a súa tramitación. As solicitudes dos concellos referenciados no anexo aparte respectan en todo caso o importe máximo de 22,50 % da cantidade que lle corresponde a cada concello (detraídas no seu caso as débedas contraídas coa Deputación). Na aplicación 2017/942.9425.462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_17. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos) do vixente Orzamento provincial existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. Xúntase a relación valorada das solicitudes en anexo aparte que comeza no Concello de Bueu e remata no Concello de Ribadumia (total de: 3 concellos), calculándose o importe das axudas segundo a petición do beneficiario en base ao custo das contratacións e tendo en conta o número de traballadores, a duración das contratacións e o tipo de xornada a realizar (completa ou parcial). As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregadas (calquera que sexa a categoría profesional), respectando o Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas), complementando o concello, no seu caso, a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Fundamentos xurídicos: Primeiro.- Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas (LPACAP). Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRXEL). Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017. Bases de execución do orzamento da Deputación. Ordenanza xeral de subvencións, publicada no BOPPO do 30/12/2016 (Ordenanza xeral). Segundo.- Consideracións xurídicas: I.- Instrución do expediente: Base novena do Plan Concellos 2017, relativa ao procedemento que dispón que será o de concorrencia non competitiva; e asemade segundo o disposto na Base décimo terceira indícase que é o Servizo de Cooperación o encargado da tramitación dos expedientes, revisión das solicitudes e comprobación da documentación. II.- Petición e evacuación de informes: Artigos 79 e 80 da LPACAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 88.6 da LPACAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. III.- Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ao órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial que regulan o procedemento de concesión e o contido das solicitudes de subvención. Base de execución 16ª.2ª do orzamento que sinala que o órgano competente para a autorización e disposición deste gasto é a Xunta de Goberno. Base oitava e décima dentro da liña 3 do Plan Concellos 2017 que relaciona os requisitos dos servizos para os que se van contratar aos traballadores, así como a cantidade subvencionables (custo salarial e cotización á Seguridade social), co límite mínimo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas), que poderá ser superior se así o sinala o propio concello, e a necesaria documentación para a concesión da subvención. Base quinta do Plan Concellos 2017 que consigna o crédito orzamentario, a porcentaxe e o límite máximo por liña. Conclusións: Primeiro.- A solicitude recollida no anexo aparte (IX Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais), foi presentada en prazo, e achega a documentación precisa para a súa valoración. Segundo.- En canto ás funcións para as que se contratarán ós traballadores, de acordo coa memoria achegada, consisten, en servizos de interese xeral e social. O importe da subvención solicitada non excede do importe máximo de financiamento do plan nin a porcentaxe máxima da liña 3 segundo o disposto na base quinta (22,50 % da cantidade total correspondente a cada concello, incluídas neste importe, no seu caso, as detraccións notificadas das débedas contraídas coa Deputación por parte das entidades solicitantes). Terceiro.- As cantidades que resultan subvencionables calcúlanse en base ás solicitudes realizadas polos concellos, tendo en conta que os salarios deberán respectar o Salario Mínimo Interprofesional por traballador e tomando como referencia unha xornada completa de 37,5 horas semanais. No caso de que as contratacións de desempregados se efectúen por un importe inferior de horas das estipuladas para un contrato a xornada completa, o importe subvencionable mínimo reducirase proporcionalmente en función das horas traballadas. En consecuencia, son os interesados os que sinalan o importe a subvencionar na súa solicitude, que poderá exceder o SMI en razón das obrigas legais ou por convenio existentes. Os beneficiarios asumen o compromiso de afrontar a cantidade complementaria non subvencionada. Cuarto.- Unha vez concedida a subvención, os concellos poderán solicitar o pago anticipado segundo o establecido na base vixésima. Asemade, deberanse xustificar as axudas concedidas de conformidade ó establecido na base vixésima e tendo en conta o disposto na base décimo quinta en relación ás obrigas do beneficiario, especialmente en canto á publicidade. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, a xefa do Servizo de Cooperación informa favorablemente os expedientes de subvención relacionados no anexo aparte (IX Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) e a concesión da subvención solicitada segundo os importes que figuran en dito anexo, por un importe total de cincocentos oitenta e nove mil oitocentos seis euros con corenta e nove céntimos (589.806,49 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2017/942.9425.462.03. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2ª c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto, á vista da documentación que obra no expediente, do informe da xefa do Servizo de Cooperación e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. A concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia non competitiva, aos concellos que figuran en anexo aparte (IX Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3:) Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) para a contratación dos traballadores e categorías laborais que se relacionan no mesmo, por un importe total de cincocentos oitenta e nove mil oitocentos seis euros con corenta e nove céntimos (589.806,49 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2017/942.9425.462.03. As subvencións concédense con suxeición ás bases reguladoras do plan, e, en particular, ás condicións seguintes: a) A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre persoas desempregadas e que reúnan os requisitos establecidos na Base oitava correspondente á liña 3. b) Todos os contratos poderán estar iniciados dende o 01/01/2017 sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 31/12/2017. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante. A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador non vinculará á Deputación de Pontevedra. c) O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: - 50% ó inicio da actividade (ou servizo), que se xustificará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data e deberán identificarse as persoas traballadoras, as datas de inicio dos seus contratos, a categoría profesional e a duración dos seus contratos - 50% restante ó finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega de documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade no que se faga constar o número de contratos, a súa categoría profesional, a identificación das persoas traballadoras e as datas de inicio e fin do contrato. d) En canto a xustificación, no prazo máximo de dous meses a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificación de fin de servizo e do cumprimento dos requisitos e criterios sinalados nestas bases. - Certificación expedida polo funcionario público competente de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal das traballadoras e traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo Concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. - Acreditación da publicidade do financiamento pola Deputación de Pontevedra do obxecto da subvención. e) A non xustificación ou a xustificación insuficiente dará lugar o reintegro da subvención percibida con correspondentes xuros de demora nos termos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2. Darlle traslado da presente resolución ós interesados, ó Servizo de Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. IX RELACION PLAN CONCELLOS 2017 (LIÑA 3): PLAN DE CONSERVACION E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS Concello Nº traballadores Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) Importe concedido Bueu 30 1 peón electricista en xornada de 32,5 h/semanais durante 8 meses; 1 peón carpinteiro, 2 peóns de xardinería e 4 auxiliares administrativos en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; 1 monitor deportivo en xornada de 32,5 h/semanais durante 5 meses; 6 peóns de limpeza en xornada de 30 h/semanais durante 4,5 meses; e 15 peóns para o servizo de limpeza e medio ambiente en xornada de 24 h/semanais durante 4,5 meses 180.774,98 € A Estrada 30 2 conserxes, 9 axudantes albaneis, 9 peóns forestais, 2 axudantes pintores/as, 2 axudantes fontaneiros/as, 4 varredores/as e 2 limpadores/as a xornada completa durante 9 meses 306.439,38 € Ribadumia 12 1 arquitecto a xornada completa durante 9 meses; 10 peóns para o servizo de conservación en xornada de 35 h/semanais durante 9 meses; e 1 animador sociocultural en xornada de 25 h/semanais durante 9 meses 102.592,13 € TOTAL 589.806,49 € 14.25286.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 1: “MELLORA DE DRENAXES E PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO FONDO DA VILA” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de decembro de 2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30 de decembro de 2016, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 6ª do Plan Concellos 2017, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 07/03/2017 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan Concellos 2017, petición do Concello de Fornelos de Montes na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 77.980,78 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora de drenaxes e pavimentación en camiño Fondo da Vila”, cun orzamento polo mesmo importe. A subvención financia a execución de obra por importe de 73.068,60 € e os honorarios de redacción, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde que importan 4.912,18 €; honorarios que son subvencionables se se motivan e solicitan formal e expresamente, conforme o disposto na base 8ª do Plan Concellos 2017. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan Concellos 2017. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017). Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra (Ordenanza Xeral). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2017. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2017, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Artigos 17 e ss. da Ordenanza Xeral que regulan os procedementos de concesión de subvencións. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan Concellos 2017 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan Concellos 2017, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan Concellos 2017 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 13 de marzo de 2017 e da xefa do Servizo de Cooperación, da mesma data, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 13 de marzo de 2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Fornelos de Montes, CIF: P3601900H, a cantidade de 77.980,78 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora de drenaxes e pavimentación en camiño Fondo da Vila” (exp.: 2017006388), cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 77.980,78 €. A subvención financia a execución de obra por importe de 73.068,60 € e honorarios de redacción proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde por importe de 4.912,18 €, polos traballos que serán desenvolvidos por persoal alleo ó concello. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 17/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), aprobadas por acordo plenario de 28 de decembro de 2016 e publicadas no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2016 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Así mesmo, de acordo co disposto na base décima do Plan Concellos 2017, xunto coa documentación xustificativa o concello deberá acreditar a dación en conta ao pleno das solicitudes de subvención aprobadas polo concello e presentadas nesta Deputación. Asemade, ó abeiro da base vixésima do Plan Concellos 2017, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31 de decembro de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Fornelos de Montes, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete da Presidencia. 15.25287.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 1: “ADQUISICIÓN DE TERREOS PARA PRAZA PÚBLICA E APARCAMENTO EN DENA-MEAÑO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de decembro de 2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30 de decembro de 2016, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 6ª do Plan Concellos 2017, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 27/02/2017 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan Concellos 2017, petición do Concello de Meaño na que solicita, con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto, unha subvención por importe de 120.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Adquisición de terreos para praza pública e aparcamento en Dena-Meaño”, cun orzamento por importe de 122.750,00 €. completándose o cofinanciamento mediante unha achega do concello. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan Concellos 2017. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017). Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra (Ordenanza Xeral). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2017. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2017, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Artigos 17 e ss. da Ordenanza Xeral que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan Concellos 2017 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan Concellos 2017, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan Concellos 2017 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de Cooperación e da xefa do Servizo de Cooperación, ambos de data 8 de marzo de 2017, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 9 de marzo de 2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Meaño, CIF: P3602700A, a cantidade de 120.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Adquisición de terreos para praza pública e aparcamento en Dena-Meaño” (exp.: 2017005538), cun orzamento por importe de 122.750,00 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 17/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), aprobadas por acordo plenario de 28 de decembro de 2016 e publicadas no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2016 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. De acordo co disposto na base décima do Plan Concellos 2017, xunto coa documentación xustificativa, o concello deberá acreditar, a dación en conta ao pleno das solicitudes de subvención aprobadas polo concello, e presentadas nesta Deputación. Asemade, ó abeiro da base vixésima do Plan Concellos 2017, a merca do terreo deberá estar executada e xustificada, na súa totalidade a 31 de decembro de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Meaño, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete da Presidencia. 16.25288.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 1: “REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DE SILLEDA. OUTEIRIÑO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de decembro de 2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30 de decembro de 2016, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 6ª do Plan Concellos 2017, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 22/02/2017 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan Concellos 2017, petición do Concello de Silleda na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 214.107,38 € con destino ó financiamento do investimento “Reforma do campo de futbol de Silleda. Outeiriño”, cun orzamento por importe de 214.107,38 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan Concellos 2017. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017). Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra (Ordenanza Xeral). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2017. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2017, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan Concellos 2017, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Artigos 17 e ss. da Ordenanza Xeral que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan Concellos 2017 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan Concellos 2017, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan Concellos 2017 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 08/03/2017 e da xefa do Servizo de Cooperación, de data 08/03/2017, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 09/03/2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Silleda, CIF:P3605200I, a cantidade de 214.107,38 € con destino ó financiamento do investimento “Reforma do campo de Futbol de Silleda. Outeiriño” (exp.: 2017006051), cun orzamento por importe de 214.107,38 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 17/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), aprobadas por acordo plenario de 28 de decembro de 2016 e publicadas no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2016 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. De acordo co disposto na base décima do Plan Concellos 2017, xunto coa documentación xustificativa o concello deberá acreditar a dación en conta ao pleno das solicitudes de subvención aprobadas polo concello e presentadas nesta Deputación. Asemade, ó abeiro da base vixésima do Plan Concellos 2017, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31 de decembro de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Silleda, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete da Presidencia. 17.25289.- INICIO DO PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DO ROSAL AO ABEIRO DO PLAN DE CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 29/01/2016, punto número 9.24062, acordouse a concesión de subvencións ó abeiro do “Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación”, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante aprobación do Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- No dito acordo da Xunta de Goberno concedéuselle ó Concello do Rosal, con CIF número P3604800G, unha subvención de 115.731,17 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial ao abeiro do seguinte número de contratos, tipo de xornada e duración: 2 peóns a xornada completa durante 9 meses, 4 oficiais, 2 peóns, 1 auxiliar de axuda no fogar e 1 conserxe ou ordenanza a xornada completa durante 8 meses; 3 oficiais e 1 peón a xornada completa durante 4 meses e 2 condutores a xornada completa durante 6 meses (expediente número 2016002388). A concesión desta subvención publicouse no BOPPO núm. 47 do 09/03/2016. Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 16/05/2016, núm. 2016009911, do 20/06/2016, núm. 2016012493, e do 08/08/2016, núm. 2016014989, aprobáronse os libramentos de sendos anticipos por un importe total de 115.731,17 €, dunha subvención concedida polo mesmo importe. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 14/02/2017 con núm. de rexistro 2017012980, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final correspondente á subvención da liña 4- Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2016, no marco do Plan de Concellos 2016. Na xustificación presentada certifícase un custo real da actuación de 111.731,17 €. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LXSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLFL). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROF). - Bases de execución do Orzamento Provincial. - Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra (publicada no BOPPO do 30/12/2016). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 aprobadas no Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27 de novembro de 2015 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Consideracións xurídicas: 1.- Instrución do expediente: - Na base Décimo terceira das Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016 a tramitación dos expedientes, revisión das solicitudes e comprobación da documentación correspóndelle ó Servizo de Cooperación. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 78 e 79 da LPACAP, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPACAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Artigo 172 do ROF, que dispón que o xefe da Dependencia á que corresponda tramitar o expediente deberá emitir un informe, expoñendo os antecedentes e as disposicións legais ou regulamentarias en que funde o seu criterio. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. 3.- Procedencia do reintegro: - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - En materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS. - Artigos 29 e 30 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra sobre os supostos do reintegro e o seu procedemento. - Na base Décimo oitava das Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, no referente á liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, regúlase o pagamento e xustificación da subvención. - Na base Décimo novena das Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, sinálase que se procederá ó reintegro das subvencións outorgadas de conformidade con estas bases nos termos fixados na normativa de subvencións e, de modo particular nos artigos 32 e seguintes da LXS. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación. A subvención librada ascendeu a 115.731,17 € sobre unha subvención concedida de 115.731,17 €, mentres que o custo real da actuación segundo se desprende da certificación achegada polo concello foi de 111.165,51 €. Resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, estímase procedente iniciar o procedemento para esixir o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 4.565,66 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 22/02/2017, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª das Bases de execución do orzamento provincial, no artigo 30.2 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. En consecuencia, e á vista a documentación xustificativa achegada polo Concello do Rosal, CIF. P3604800G, relativa á contratación de catorce traballadores ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais, por un importe total de 111.165,51 €, sobre unha subvención concedida de 115.731,17 €. Vistos o informe-proposta da Xefe do Servizo de Cooperación e o informe da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 4.565,66 € que non se aplicou á actividade subvencionada. Considerando que, en consonancia co disposto nos artigos 29 e 30 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación, o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. Por conseguinte, de conformidade ás competencias que lle confire a normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello do Rosal, CIF P3604800G, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de catro mil cincocentos sesenta e cinco euros con sesenta e seis céntimos (4.565,66 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 3. Darlle traslado da presente resolución ó Concello do Rosal, ó Servizo de Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 18.25290.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D.MANUEL IGLESIAS PICALLO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 7101 NO CONCELLO DE CERDEDO Dada conta que con data de rexistro de 20/04/2016 (rex. núm. 2016042127) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por D. Manuel Iglesias Picallo, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Espedrigada nº 74 de Vigo, por danos en vehículo producidos a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 7101 Cerdedo-A Portela, no Concello de Cerdedo, o día 17/01/2016 e que cuantificou economicamente en 868,68 €. Resultando.- Que con data 28/07/2016 comparecen na sede da Deputación en Vigo, D.Manuel Iglesias Picallo e D. Santiago Alonso Montenegro ós efectos de que o primeiro outorgue apoderamento apud acta ó segundo para a tramitación da reclamación de responsabilidade patrimonial perante esta Deputación polos danos padecidos por mor do citado sinistro. Resultando.- Que con data 22/08/2016 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Mobilidade da Deputación, que o emitiu na data 25/08/2016 co seguinte contido: “Primeiro. A estrada E.P. 7101 CERDEDO-A PORTELA pertence á rede provincial de estradas (…) Segundo. Non se tivo coñecemento nesa data de ningún incidente na nosa estrada. Por outra banda, hai un parte do 112 SOS GALICIA polo que o día 18/01/16 ás 11.57 horas fomos advertidos dun “bache grande na estrada” e a brigada responsable da súa conservación acude inmediatamente a sinalizar e bachear a focha en canto fomos requiridos (achegamos copia do parte de vías e obras). Terceiro. Segundo o capataz responsable da conservación da estrada provincial, as dimensións aproximadas do mesmo eran de 50 cm de diámetro, de corte suave e profundidade estimada 4 cm. Cuarto. Non temos constancia de que se estivera a realizar ningunha actuación na data sinalada nesa estrada provincial. Quinto. Antes do rexistro do parte non tiñamos coñecemento de perigo nese punto e non había, por tanto, sinalización do mesmo. Pontevedra, 25 de agosto de 2016 A Enxeñeira de Mobilidade Belén Pampín Camino-------------------------------------------------------------------------------------------- Resultando.- Que con data 16/11/2016 solicitouse informe complementario ó Servizo de Mobilidade para que informasen á maior brevidade posible do tempo aproximado que tardou a brigada de garda en chegar ó lugar do sinistro tras a chamada ou aviso, contestando na data 23/01/2017 o seguinte: “Non se tivo coñecemento de sinistro algún na nosa estrada por ese motivo. Aínda que non se reflexa correctamente o nome da estrada se atoparon dous partes que fan referencia ao lugar sinalado. Existe un primeiro parte do 112 SOS GALICIA o día 17/01/16 ás 19.30 horas comunicando “un bache profundo” (non se fala de accidente nin sinistro no lugar). Inmediatamente a brigada que estaba de garda ese fin de semana sae a comprobar o estado da vía para garantir a seguridade viaria do tramo. Esa saída de emerxencia ten unha duración de 3 horas e 30 minutos no que sinaliza e repara provisionalmente o punto quilométrico. Hai un segundo parte de 112 SOS GALICIA o día 18/01/16 ás 11.27 horas advertindo dun “bache grande na estrada” pero tampouco non de accidente nin sinistro no lugar. Comunicamos que xa está sinalizado pola brigada de garda de fin de semana e que pasaríamos a repoñelo inmediatamente. Aproveitando que tiñamos unha empresa cos medios necesarios para a actuación traballando noutra obra preto do punto conflitivo procedemos á súa reparación inmediata ao día seguinte do aviso. Non temos por tanto “tempo de resposta” para o accidente xa que non fomos reclamados en ningún momento para atendelo. Pontevedra, 23 de xaneiro de 2017 A Enxeñeira de Mobilidade Belén Pampín Camino-------------------------------------------------------------------------------------------- Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, toda vez que segundo o informe do Servizo de Mobilidade de data 25/08/2016, non se tivo coñecemento de ningún incidente nesa estrada, polo que no momento de seren advertidos polo 112 SOS GALICIA, o día 18/01/2016 (ao día seguinte ó que tivo lugar o sinistro que nos ocupa) ás 11.57 horas, a brigada responsable da súa conservación acudiu inmediatamente a sinalizar e bachear o socavo. Considerando.- Que segundo o relatado polo reclamante na súa instancia “consta que con anterioridade a presentarse a Garda Civil de Tráfico de Lalín, pasou previamente un vehículo do posto de Cerdedo da Garda Civil, que necesariamente tiveron que coñecer a deficiente/inexistente sinalización de perigo”, polo que de ser certo este relato, e de existir perigo para a circulación de vehículos, a Garda Civil de Cerdedo tería sinalizado o mesmo. Considerando.- Que existía no lugar sinalización vertical de estreitamento da calzada e de perigo indefinido, establecéndose no artigo 149.1 do Regulamento Xeral de Circulación (R.d. 1428/2003, de 21 de novembro) o obxecto de tales sinais de advertencia de perigo: “Indicar a los usuarios de la vía la proximidad y la naturaleza de un peligro difícil de ser percibido a tiempo, con objeto de que se cumplan las normas de comportamiento que, en cada caso, sean procedentes”. O punto nº 5 do citado artigo refírese, en concreto, ó sinal P-50 Outros perigos: “Indica la proximidad de un peligro distinto de los advertidos por otras señales”. Considerando.- Que polo sinalado no anterior Considerando, e visto o Informe Estadístico do Destacamento de Lalín achegado polo reclamante coa instancia, no que se sinala que era de noite, que o firme se atopaba mollado, sen luz natural nin artificial e que o lugar estaba sinalizado por sinal vertical de estreitamento, limitación de velocidade e perigo indefinido, argumentos todos eles que fan descansar a responsabilidade no condutor do vehículo, pois de ter adecuado a velocidade ás circunstancias da vía o accidente non se tería producido, proba disto é que non se produciron outros accidentes pola mesma causa. O artigo 45 do R.d. 1428/03, de 2 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, establece que “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, A FIN DE ADECUAR LA VELOCIDAD DE SU VEHÍCULO A LAS MISMAS, DE MANERA QUE SIEMPRE PUEDA DETENERLO DENTRO DE LOS LÍMITES DE SU CAMPO DE VISIÓN Y ANTE CUALQUIER OBSTÁCULO QUE PUEDA PRESENTARSE”. Así mesmo, o artigo 46 do citado Regulamento sinala que: “1. Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: g) Al circular por pavimento deslizante o cuando pueda salpicarse o proyectarse agua, gravilla u otras materias a los demás usuarios de la vía. k) En los casos de niebla densa, lluvia (…)” Pola súa banda, a Lei 18/1989, de 25 de xullo, de Bases sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, no artigo 3.3 da base cuarta recolle o seguinte: “…Los conductores quedarán especialmente obligados a circular de manera diligente…” En idénticos termos se expresa o xa meritado R.d. 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, que no seu articulado recolle: Artigo 3.1 “…Se deberá conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor…” Artigo 18.1: “…El conductor de un vehículo está obligado a mantener su propia libertad de movimientos, el campo necesario de visión y la atención permanente a la conducción, que garanticen su propia seguridad…” Artigo 132.1: “…Todos los usuarios de las vías objeto de la Ley están obligados a obedecer las señales de la circulación que establezcan una obligación o una prohibición y a adaptar su comportamiento al mensaje del resto de señales reglamentarias que se encuentren en las vías por las que circulan…” Considerando.- Que a xurisprudencia sentada polo T.S. fai descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración -entre outros motivos-, na inoperancia, inacción, renuncia ou retardo na reposición da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para a súa reposición, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que non houbo chamada por causa do accidente (senón aviso do 112 ao día seguinte por mor dun “bache grande na estrada”, acudindo a brigada inmediatamente a bachear) polo que de nada se pode responsabilizar a esta Deputación, podendo neste sentido invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do T.S. Sala 3ª de 11/02/87; sentenza do T.S. Sala 3ª de 07/10/97; sentenza do T.S. Sala 6ª de 03/12/02; sentenza do T.S. Sala 3ª de 24/02/03 F.X.1º; sentenza do T.S. Sala 3ª de 11/12/07 F.X.2º; sentenza do TSXG de 24/12/03 F.X.5º; sentenza do TSXG do 27/12/07; sentenza do TSXG de 04/10/07; ditame do Consello de Estado de 26/04/07; Sentenza da sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98; do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04; 20/07; 140/08; 114/09; 123/11; 77/12; 68/13 e 185/13; do Xulgado do contencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04; 2/05; 183/06; 74/09; 112/14 e 264/14; e do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04; 74/08; 250/13 e 112/14; abundancia de precedentes que, de interpoñerse recurso contencioso, facultaría á Deputación á solicitude de imposición de costas pola temeridade e mala fe na interposición da acción, considerando a pluralidade de precedentes e a identidade de razón entre eles e a “causa petendi” da presente reclamación. Considerando.- Que non houbo outros accidentes pola mesma causa. Considerando.- Que en diferentes precedentes sentados polos Xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, un socavo debe superar os 5 cms de fondura e ser cortante para converterse en susceptible e idóneo na causación dun dano, o que non concorre no presente suposto, xa que, segundo o relatado no informe do Servizo de Mobilidade de data 25/08/2016 as dimensións aproximadas do mesmo eran de 50 cm de diámetro, de corte suave e profundidade estimada 4 cm. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93 (normativa aplicable no momento de presentarse a reclamación e que agora procede invocar con fundamento na Disposición Transitoria Terceira da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas). Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 19.25291.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA DESPRAZAMENTOS E ASISTENCIA A CURSOS Mediante escrito de entrada no Servizo de Recursos Humanos e Formación de data 23 de febreiro de 2017, a xefa dos Servizos Administrativos de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Dna. Sonia Mateos Escudero, expón que o Deputado Delegado do Servizo de Mobilidade D. Uxío Benítez Fernández ten que desprazarse a Madrid o 23 e 24 de febreiro de 2017, con carácter urxente, para asistir a unha Xuntanza na Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda. Por todo o exposto, solicita autorización para asistir así como o aboo dos gastos correspondentes a locomoción e dietas. A saída realizarase o 23 de febreiro as 08:45 h. e o regreso o 24 de febreiro ás 10:15 h. O custo total ascende a un total de 538,87 € en concepto de desprazamentos e dietas con cargo ás aplicacións orzamentarias 17/900.9120.231.00 (locomoción) e 17/900.9120.230.00 (dietas), conforme ó seguinte detalle: Concepto Desprazamento Aplicación Orzamentaria Importe Desprazamentos (Taxi, metro…) 17/900.9120.231.00 100,00 € Avión 17/900.9120.231.00 282,97 € Total Locomoción ……… 382,97 € Concepto Dietas Aplicación Orzamentaria Importe 1 dieta enteira - día 23/02/2017 Grupo I 17/900.9120.230.00 155,90 € Total Dietas ……… 155,90 € A solicitude non se realizou con antelación suficiente polo que procede a súa validación. A tales efectos remítese o expediente a Intervención para informar sobre a existencia de consignación orzamentaria e proceder á validación do referido custo. Normativa Aplicable: • R.D. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. • Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. • Artigo 52 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. • Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. • Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base aos feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ao amparo do previsto no artigo 52 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, validar o expediente e autorizar o desprazamento, en Comisión de Servizos, do Deputado Provincial D. Uxío Benítez Fernández, así como o aboo dos custos ocasionados, por razón de servizo, que ascenden a un importe total de 538,87 € que se imputará ás aplicacións orzamentarias correspondentes. 20.25292.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL GALICIA HISTÓRICA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “EXPOSICIÓN ARQUEOLÓXICA E ANTROPOLÓXICA EN POIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 12/08/2016 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 12/08/2016 unha subvención a favor de Asoc. Cultural Galicia Histórica con CIF: G-94.095.965, do Concello de Pontevedra, por un importe de 2.450,00 €, para a “Exposición arqueolóxica e antropolóxica en Poio” con cargo á aplicación 16/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro xeral con data 08/03/2017 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 21.25293.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO DO CONCELLO DA ESTRADA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “EXPOSICIÓN CASTELAO E A TERRA DE MONTES”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 12/08/2016 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 12/08/2016 unha subvención a favor de Asoc. Rapa das Bestas de Sabucedo con CIF: G-36.164.689, do Concello da Estrada, por un importe de 2.364,00 €, para a “Exposición Castelao e a Terra de Montes” con cargo á aplicación 16/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro xeral con data 08/03/2017 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 22.25294.- DAR CONTA DAS RENUNCIAS ÁS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS A TRAVÉS DA CONVOCATORIA DE BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA ACTUACIÓN NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS, SOCIOSANITARIOS E DA XUVENTUDE 1.º- A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 26 de febreiro de 2016, aprobou as bases reguladoras das subvencións dirixidas as entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude para o ano 2016. 2.º- Resultando que as bases reguladoras destas subvencións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 44 de data 4 de marzo de 2016, e as entidades interesadas nestas subvencións dispuxeron de un prazo para presentación de solicitudes ata o día 11 de abril de 2016. 3º.- A Xunta de Goberno do 12/08/2016 aproba a concesión de 152 subvencións por un total de 699.941,60 €. 4º.- Unha vez realizado o trámite de notificación da concesión da contía da subvención correspondente a cada entidade recíbense no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial as seguintes renuncias das que se xunta copia: • Asociación Galega de Linfedema (AGL) escrito con número de rexistro 2016128265, onde manifestan a súa renuncia para a realización do proxecto “Campaña de sensibilización – Información da Enfermidade do Linfedema” para o que lle fora concedida unha contía de 1.050,00 €. • Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga Alborada, escrito con número de rexistro 2017006486, onde manifestan a súa renuncia para a realización do proxecto “Verdear” para o que lle fora concedida unha contía de 5.487,00 €. • Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, escrito con número de rexistro 2017013211, onde manifestan a súa renuncia para a realización do proxecto “Programa de dinamización infantil o cuco de Coruxo” para o que lle fora concedida unha contía de 5.000,00 €. • AVCD Lavadores, escrito con número de rexistro 2017014839, onde manifestan a súa renuncia para a realización do proxecto “Espazo de ocio lecer e crecer” para o que lle fora concedida unha contía de 3.219,00 €. Polo exposto, e de conformidade co establecido na normativa que regula esta convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aceptar a renuncia das citadas entidades á contía das subvencións que lle foron concedidas na Xunta de Goberno do 12 de agosto de 2016 por imposibilidade de levar a cabo en forma e prazo as actividades subvencionables. 23.25295.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS A) Vista a relación de facturas con número 2017006413, que contén tres facturas e por un importe de 34.657,57 €, correspondendo a primeira á empresa Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 6.498,76 €, e a derradeira a Miguel Ángel Ventin Portasany, por importe de 6.983,81 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de marzo de 2017, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 34.657,57 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 34.657,57 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. B) Vista a relación de facturas con número 2017006414, que contén catro facturas e por un importe de 6.248,05 €, correspondendo a primeira á empresa Compañía Española de Petroleos, S.A.U., por importe de 5.677,80 €, e a derradeira a Cartografia e Medicions, S.L., por importe de 283,92 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de marzo de 2017, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a anulabilidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 6.248,05 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 6.248,05 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. C)Vista a relación de facturas con número2017006415, que contén unha factura e por un importe de 3.007,94 €, correspondendo a Compañía Española de Petroleos, S.A.U. e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de marzo de 2017, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 3.007,94 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 3.007,94 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 24.25296.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO NÚM. 4.25197 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 17 DE FEBREIRO DE 2017 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2017 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 5ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28/12/2016, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017” que recollen os procedementos para conceder subvencións a 59 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 249 de 30/12/2016 e o extracto da convocatoria publicouse no BOPPO nº1 do 02/01/2017. Segundo.- O Concello de Ponteareas presentou a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención por importe de 257.614,41 €, sobre un orzamento total de 307.000,58 €, para a contratación de 34 traballadores: 1 técnico superior en xestión forestal e medio natural, 3 auxiliares administrativos e 1 animador sociocultural en xornada de 32,5 h/semanais durante 10 meses; 1 técnico deportes (TAFAD), 1 ciclo superior proxectos, 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de puericultura, 1 técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos, 3 oficiais de servizos varios en xornada de 32,5 h/semanais durante 9 meses; 2 peóns de obras públicas en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 4 oficiais albaneis en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 4 peóns de medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 7 meses; 1 técnico/a de turismo e 6 peóns medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; e 4 auxiliares de policía local en xornada de 37,5 h/semanais durante 4 meses. Terceiro.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 17 de febreiro de 2017, punto número 4.25197, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2017 correspondente á liña 3: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-5ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2017/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Cuarto.- No caso do Concello de Ponteareas concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: CONCELLO PONTEAREAS Núm. de traballadores 34 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 técnico superior en xestión forestal e medio natural, 3 auxiliares administrativos e 1 animador sociocultural en xornada de 32,5 h/semanais durante 10 meses; 1 técnico deportes (TAFAD), 1 ciclo superior proxectos, 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de puericultura, 1 técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos, 3 oficiais de servizos varios en xornada de 32,5 h/semanais durante 9 meses; 2 peóns de obras públicas en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 4 oficiais albaneis en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 4 peóns de medio ambiente en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 1 técnico/a de turismo e 6 peóns medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; e 4 auxiliares de policía local en xornada de 37,5 h/semanais durante 4 meses Importe concedido 257.614,41 € Quinto.- Mediante escrito con número de rexistro de entrada na Deputación 2017019823, do 07/03/2017, o Concello de Ponteareas informa que existe un erro material no acordo polo que se lle concede a subvención ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2017, xa que se lle aprobou unha subvención para contratar 4 peóns de medio ambiente en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses en vez de en xornada de 32,5 h/semanais, tal e como consta na documentación de solicitude. Fundamentos xurídicos: - O artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas dispón que as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Conclusións: Comprobouse que efectivamente se produciu un erro material na transcrición da solicitude do Concello de Ponteareas, de xeito que se debe corrixir o acordo para adaptalo á petición do Concello. Polo tanto procédese a tramitar a corrección do acordo de concesión da subvención para contratar, entre outros, a 4 peóns de medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 7 meses (en vez de 37,5 h/semanais). Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente a corrección de erros do acordo da Xunta de Goberno núm. 4.25197 do día 17 de febreiro de 2017 no referente á axuda concedida ó Concello de Ponteareas, de maneira que: Onde di: CONCELLO PONTEAREAS Núm.de traballadores 34 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 técnico superior en xestión forestal e medio natural, 3 auxiliares administrativos e 1 animador sociocultural en xornada de 32,5 h/semanais durante 10 meses; 1 técnico deportes (TAFAD), 1 ciclo superior proxectos, 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de puericultura, 1 técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos, 3 oficiais de servizos varios en xornada de 32,5 h/semanais durante 9 meses; 2 peóns de obras públicas en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 4 oficiais albaneis en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 4 peóns de medio ambiente en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 1 técnico/a de turismo e 6 peóns medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; e 4 auxiliares de policía local en xornada de 37,5 h/semanais durante 4 meses Importe concedido 257.614,41 € Debe dicir: CONCELLO PONTEAREAS Núm.de traballadores 34 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 técnico superior en xestión forestal e medio natural, 3 auxiliares administrativos e 1 animador sociocultural en xornada de 32,5 h/semanais durante 10 meses; 1 técnico deportes (TAFAD), 1 ciclo superior proxectos, 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de puericultura, 1 técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos, 3 oficiais de servizos varios en xornada de 32,5 h/semanais durante 9 meses; 2 peóns de obras públicas en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 4 oficiais albaneis en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 4 peóns de medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 7 meses; 1 técnico/a de turismo e 6 peóns medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; e 4 auxiliares de policía local en xornada de 37,5 h/semanais durante 4 meses Importe concedido 257.614,41 € O resto do texto permanecerá invariable. Non obstante, o presente informe-proposta non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Corrixir o erro padecido no acordo da Xunta de Goberno número 4.25197 do día 17 de febreiro de 2017, no referente á subvención concedida ao Concello de Ponteareas, que queda como segue: CONCELLO PONTEAREAS Núm. de traballadores 34 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 técnico superior en xestión forestal e medio natural, 3 auxiliares administrativos e 1 animador sociocultural en xornada de 32,5 h/semanais durante 10 meses; 1 técnico deportes (TAFAD), 1 ciclo superior proxectos, 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de puericultura, 1 técnico superior en son para audiovisuais e espectáculos, 3 oficiais de servizos varios en xornada de 32,5 h/semanais durante 9 meses; 2 peóns de obras públicas en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 4 oficiais albaneis en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 4 peóns de medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 7 meses; 1 técnico/a de turismo e 6 peóns medio ambiente en xornada de 32,5 h/semanais durante 6 meses; e 4 auxiliares de policía local en xornada de 37,5 h/semanais durante 4 meses Importe concedido 257.614,41 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Ponteareas, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 25.25297.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Escrito da Alcaldesa do Concello de Mos de data 09/03/2017 (Rex. entrada núm. 2017022386 de 15 de marzo de 2017), dando conta da moción aprobada en sesión plenaria de 27/02/2017 do Concello, solicitando á Deputación un Protocolo de actuación especial para facer fronte ós danos producidos polos temporais. 26.25298.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta minutos horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota