Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-11-18_Ordinaria. Acta de sesión 2011/11/18_Ordinaria
Acta de sesión 2011/11/18_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-11-18_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/11/18_Ordinaria
Data(s) 2011-11-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día dezaoito de novembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dna. María Pilar Ramallo Vázquez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19619.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de novembro de 2011. 2.19620.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 29 DE XULLO DE 2011, A FAVOR DA ASOCIACIÓN “HOY POR MAÑANA” DE VIGO Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do 29/07/2011, una subvención de 4.000,00 € a favor da asociación “Hoy por Mañana” de Vigo para o seu programa “ADICO” de aprendizaxe adaptado a nenos/as con parálise cerebral; solicitada pola citada asociación unha prórroga ata o 15 e xaneiro de 2012 para a xustificación da mesma, a fin de garantir o desenvolvemento das actividades ata o 30 de decembro de 2011 e, á vista do informe emitido o 14 dos correntes pola Xefa do Servizo de Acción Social, e de conformidade co artigo 70 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real decreto 887/2006, de 21 de xullo), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de xaneiro de 2012 para a xustificación da subvención outorgada pola Xunta de Goberno de 29/07/2011 a favor da Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral “Hoy por Mañana” de Vigo, para o seu programa “ADICO”. 3.19621.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. Á empresa Construcciones Abal, S.A. con CIF A- 36.115.459, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil novecentos cincuenta euros (9.950,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento de zonas comúns en planta baixa da antiga sede de educación de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000074888, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de corenta e cinco mil douscentos noventa e seis euros con vinte e nove céntimos (45.296,29 €), para responder do contrato relativo á obra: Centro Cultural no núcleo de Cerdedo e modificado adicional, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900010986, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de vinte e seis mil cincocentos oitenta e cinco euros con sesenta céntimos (26.585,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Centro Cultural no núcleo de Cerdedo e modificado adicional, que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000076443, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa M.G. Metalgal, S.L. Á empresa M.G. Metalgal, S.L. con CIF B- 36.343.127, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil oitocentos sesenta e tres euros con cincuenta céntimos (2.863,50 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de cuberta para bancadas no campo de deportes de As Cercas (Gondomar), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900100795, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de catro mil oitocentos trece euros con noventa e nove céntimos (4.813,99 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación das bancadas, dotación de servizos e valla protección no campo de fútbol de As Gaiandas (Gondomar), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900100796, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Caldevergazo, S.L. Á empresa Construcciones Caldevergazo, S.L. con CIF B- 36.133.916, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de nove mil setecentos dezanove euros con trinta e oito céntimos (9.719,38 €), para responder do contrato relativo á obra: Cesión das obras comprendidas no proxecto de E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo-Meaño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 6/09/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400064411, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos corenta e sete euros con un céntimo (247,01 €), para responder do contrato relativo á obra: Cesión das obras comprendidas no proxecto de E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo-Meaño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/11/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400077233, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. A empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. con CIF A- 36.319.622, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincuenta e catro mil oitenta e oito euros con oitenta e oito céntimos (54.088,88 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificación núm. 1 de urbanización Rúa Sanxenxo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700084333, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Dago, S.A. A empresa Construcciones Dago, S.A. con CIF A- 36.007.847, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de oito mil catrocentos oitenta euros con sesenta céntimos (8.480,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora E.P. 6410 Bodaño-Merza (Vila de Cruces), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900068444, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construccións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construccións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) con CIF A- 36.008.886, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de cinco mil cento cincuenta e seis euros con oitenta e cinco céntimos (5.156,85 €), para responder do contrato relativo á obra: Capa de rodamento e terminación 9407 Goulla-Porrans (Barro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800074446, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. con CIF B- 36.239.861, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil douscentos setenta e sete euros con doce céntimos (4.277,12 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento e ampliación de sumidoiros en Corbillón (Cambados), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057895, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Vence Vázquez, S.L. A empresa Construcciones Vence Vázquez, S.L. con CIF B- 36.201.770, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil cincocentos trinta e un euros con sesenta e catro céntimos (2.531,64 €), para responder do contrato relativo á obra: Capa de rodamento en Basadre (Agolada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000060180, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19622.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés CIF: G-36362440, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 155.420,96 €, para os gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2011, e á vista do informe de intervención de data 09 de novembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 155.420,96 €, para o 3º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios da Comarca do Salnés. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 155.420,96 € con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100094736. 5.19623.- INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR Dª. MARÍA JOSÉ GARRIDO MONTEAGUDO POR DANOS E LESIÓNS NA ESTRADA PO-211 CALDAS DE REIS (N-640)- CAMPO LAMEIRO NO CONCELLO DE CALDAS DE REIS Dada conta que con data de rexistro de entrada 04/11/11 (Rex. nº 037576) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dª. Mª. José Garrido Monteagudo, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Penagrande, 12, San Martín de Lage no Concello de Moraña, por lesións e danos en vehículo coma consecuencia dunha sustancia deslizante na estrada PO-221 Caldas de Reis (N- 640)- Campo Lameiro (PO-223), á altura do p.q. 1,00, no Concello de Caldas de Reis, o día 03/11/10 e que cuantifica economicamente en 11.023,14 €. Resultando.- Que con data 10/11/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 10/11/11 co seguinte contido: “… Poño no seu coñecemento que dito vial NON pertence á Deputación Provincial de Pontevedra sendo de titularidade autonómica…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 6.19624.- INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MARCOS JAVIER GÓMEZ FERNÁNDEZ POR LESIÓNS NA AVDA. DE LUGO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro de entrada 26/09/11 (Rex. nº 033556) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Marcos Javier Gómez Fernández, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, 15-6ºA no Concello de Pontevedra, por lesións producidas coma consecuencia do paso cun vehículo sobre un badén na Avda. de Lugo, no Concello de Pontevedra, o día 29/07/10 e que cuantifica economicamente en 7.380,00 €. Resultando.- Que con data 28/10/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 10/11/11 co seguinte contido: “… Poño no seu coñecemento que dito vial NON pertence á Deputación Provincial de Pontevedra…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 7.19625.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.19626.- RENUNCIA QUE FORMULA A COMUNIDADE DE USUARIOS DE MOUREIRA (A CAÑIZA) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2011 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA A OBRA NÚM. 335 “AMPLIACIÓN MANANTIAL USUARIOS DA MOUREIRA” Dada conta da renuncia presentada pola Comunidade de Usuarios de Moureira (CIF: G-94.031.200) (A Cañiza), á subvención de 1.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 4.19405 de 5 de agosto dos presentes, para o investimento núm. 335, denominado “Ampliación manantial usuarios da Moureira”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2011, partida 942.459.789.07, motivada pola imposibilidade de executar a totalidade da obra dada a precariedade de medios económicos cos que conta esta Asociación, a Xunta de Goberno queda enterada de: - Renuncia presentada pola Comunidade de Usuarios de Moureira, (CIF: G-94.031.200) (A Cañiza), á subvención de 1.000,00 € concedida no ano 2011 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 335, “Ampliación manantial usuarios da Moureira”. 9.19627.- ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA-2011 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado seleccionador dos Premios Provinciais á Cultura despois da reunión mantida o pasado 10 de novembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA-2011 PARA PROPOSTA DE CONCESIÓN DOS CATRO PREMIOS Reunido o Xurado dos “Premios Provinciais á Cultura-2011”, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o día 10 de novembro de 2011, ás 10,00 horas e composto por: Presidenta: Dª Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura, Vogais: D. Carlos García Suárez Otero, en representación da Fundación Laxeiro, D. José Carlos Valle Pérez, en representación da Fundación Valle InclánD. Rafael Fontoira Suris, Director da Escola de Canteiros, D. Jose Enrique Perez Arda Criado, Xefe do Servizo de Arquitectura, Dª Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, Secretario; D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Disculpan a súa ausencia D.José María Bello Maneiro, deputado e presidente da Comisión de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, e D. Juan Laguarta Badia, Profesor de Música. Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os catro premios por importe de seis mil euros (6.000,00€) cada un, previsto na base terceira da convocatoria. Despois dun detallado estudo e deliberación dos dossier presentados e das propostas do xurado, este acorda por unanimidade conceder os seguintes premios: 1.-Premio ó Proxecto Cultural máis Innovador e Vangardista: 6.000,00€ Asociación Cultural Arela Pola posta en marcha do Festival de Cans dende o ano 2003, un festival audiovisual que achega as curtametraxes ó eido rural, ampliando a súa oferta a actuacións musicais e actividades culturais de diversa índole. Conta coa participación activa e efectiva de todos os veciños e veciñas da parroquia de Cans. Este festival é un trampolín para os novos creadores galegos ó mesmo tempo que é una festa cun carácter popular. O Festival de Cans esta a conseguir a dinamización da parroquia de Cans pertencente ó concello do Porriño. 2.- Premio á Traxectoria Cultural: 6.000,00€ D. Leopoldo Novoa García Pola súa traxectoria no eido das artes plásticas, que comeza sendo un neno, debuxando, pintando e facendo modelaxe ala polo 1926. A partires do ano 1953 expón as súas obras nos países máis punteiros, destacando: Nova York, París, Italia, Bélxica entre outros. O artista nunca esqueceu a súa terra natal Galicia volvendo cada pouco as súas raíces, na provincia de Pontevedra. Este insigne pontevedrés está representado nos Museos da Arte contemporáneos de todo o mundo e grandes institucións, levando o nome de Pontevedra arredor do mundo. Na actualidade vive entre París e a Armenteira. 3.-Premio César Dios “Diosiño”: 6.000,00€ D. Wenceslao Cabezas del Toro Pola súa inestimable achega á música tradicional galega. Comeza a súa andaina á temprana idade dos 14 anos, tocando a pandeireta e bailando danzas tradicionais da nosa terra, esta faceta como bailarín non lle gustaba moito o seu pai, hoxe estaría moi orgulloso do traballo do seu fillo. A partires do ano 1960 comeza a impartir clases de música e baile que continúan no día de hoxe. Polas súas mans, neste tempo, pasaron máis de 30.000 alumnos que descubriron a cultura galega e aprenderon a querela. Este profesor de profesores, é o impulsor de moitísimas das manifestacións folclóricas , que hoxe teñen o seu propio lugar na nosa comunidade e que traspasan fronteiras. 4.- Premio á Protección ou Recuperación do Patrimonio Público: 6.000,00€ Concello de Cangas de Morrazo Pola súa aposta na recuperación do Monte do Facho, na parroquia de Donón. Este traballo de recuperación comeza no ano 2003, co apoio unánime do Concello de Cangas. O concello achega a maior parte do custo dos traballos de escavacións. No Monte Facho atopamos unha calzada centenaria que ascende ata o poboado castrexo, no que se atopan columnas que testemuñan a existencia dun templo de peregrinación, na cima existe unha garita de vixilancia, de forma circular e bóveda de pedra, as súas bases forman parte dun antigo faro romano ou prerromano. E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as 12,30 horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, como Secretario, dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á aplicación 11/330.334.481.01 do orzamento provincial. 10.19628.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN VETERINARIA CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 17.18743, en sesión celebrada o 17 de novembro de 2010, adxudicouse unha bolsa de Licenciado en Veterinaria, con destino ó Laboratorio da Finca Mouriscade, a favor de D. Roberto Alejandro Benavides Sanz, con efectos 1 de decembro de 2010 e por un período dun ano, finalizando o 30 de novembro de 2011. As Bases da Convocatoria publicadas no B.O.P. nº 202 de data 20 de outubro de 2010, establecen que “a bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen a facer uso das mesmas e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de dous anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. Mediante escrito de data 2 de novembro de 2011 a Xefa de Servizo da Finca Mouriscade solicita dita prórroga, informando que leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de Intervención de data16 de novembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a D. Roberto Alejandro Benavides Sanz, licenciado en Veterinaria, por un período dun ano, dende o 1 de decembro de 2011 ó 30 de novembro de 2012. A dotación económica da bolsa ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón para este exercicio económico un total de 1.200,00 € respecto ó período comprendido entre o 1 ó 31 de decembro de 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01 do orzamento provincial, quedando retido crédito para tal fin por medio de documento Rc número de operación 201100097288. 11.19629.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 5.19253, en sesión celebrada o 18 de maio de 2011, adxudicouse unha Bolsa de Licenciado en Ciencias Biolóxicas, con destino ó Laboratorio da Finca Mouriscade, a favor de D. Jose Antonio Rodríguez Gutiérrez, con efectos 1 de xuño de 2011 e por un período de seis meses, finalizando o 30 de novembro de 2011. As Bases da Convocatoria publicadas no B.O.P. nº 76 de data 19 de abril de 2011, establecen que “a Bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen a facer uso das mesmas e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. Mediante escrito de data 2 de novembro de 2011 a Xefa de Servizo da Finca Mouriscade solicita dita prórroga, informando que leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de Intervención de data 16 de novembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa concedida a D. Jose Antonio Rodríguez Gutiérrez, licenciado en Ciencias Biolóxicas, por un período de seis meses, desde o 1 de decembro de 2011 ó 31 de maio de 2012. A dotación económica da bolsa ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón para este exercicio económico un total de 1.200,00 € respecto ó período comprendido do 1 ó 31 de decembro de 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01 do orzamento provincial, quedando retido crédito para tal fin por medio de documento Rc número de operación 201100097287. 12.19630.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON LEONARDO MICHEL CELADA EN REPRESENTACIÓN DO SEU FILLO, POR LESIÓNS PRODUCIDAS DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DA CAMPAÑA MERCA NA RÚA NO CONCELLO DE POIO Dada conta que con data de rexistro de 10/08/11 (Rex. núm. 028534) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Leonardo Michel Celada en representación do seu fillo D. Emiliano Celada Mesones, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Cobián Areal, oficina 108 de Pontevedra, por lesións producidas a consecuencia do impacto cunha bombona nunha zona destinada a menores, durante a celebración dun festival con motivo da campaña “Merca na Rúa” levada a cabo no peirao de Combarro, no Concello de Poio, o día 27/11/10 e que individualiza economicamente en 1.998,24 €. Resultando.- Que con data 17/08/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, que o emitiu en data 23/08/11 co seguinte contido: “Que entre o 15 e o 27 de novembro de 2011 a Oficina Provincial de Comercio REDIC da Deputación de Pontevedra desenvolveu no concello de Poio a campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Que o xoves 25 de novembro instalouse na praza da Chousa de Combarro unha carpa de 20mx10m na que o sábado 27 de novembro se desenvolveu a festa de peche de campaña composta por actividades para nenos (hinchables, globofexia, video consolas e zona de gardería para os mais cativos) e sorteo de 3.000 € en vales de compra para os clientes do comercio local. Que a empresa encargada de desenvolver esta actividade foi ICE Imagen, Comunicación y Eventos, única empresa presentada ó procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a actividade de dinamización comercial “merca na rúa” (expte aprobado pola Xunta de Goberno provincial o 18 de agosto de 2010). Que a empresa adxudicataria conta cunha póliza de seguro de responsabilidade civil para cubrir os posibles danos a terceiro (achégase copia da mesma). Outros extremos a ter en conta: - Que o luns 29 de novembro D. Leonardo Michel Celada estableceu contacto telefónico coa coordinadora da Oficina Provincial de Comercio da Deputación de Pontevedra informándolle do suceso, de que ía denunciar o acontecido e solicitando unha indemnización xa que estaba perdendo días de traballo por ter que acudir co seu fillo ás consultas médicas. - Que desde a Oficina Provincial de Comercio se estableceu contacto coa empresa ICE Imagen, Comunicación y Eventos que nos informan da versión dos feitos que se achega no informe anexo. - Que a empresa ICE Imagen, Comunicación y Eventos facilita á Oficina Provincial de Comercio da Deputación o contacto da corredoría de seguros coa que teñen contratada a póliza RC así como o teléfono da persoa de contacto (Paula Lorente). - Que tras conversa mantida con Paula Lorente, a coordinadora da Oficina Provincial de Comercio establece novamente contacto con D. Leonardo Michel Celada facilitándolle persoalmente o teléfono da correduría de seguros e da persoa de contacto para que pódese levar a cabo os trámites e negociacións oportunas. - Que con data 09 de agosto de 2011 a Subdirectora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia informa á coordinadora da Oficina Provincial de Comercio da Deputación da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada contra a Xunta de Galicia por este mesmo asunto. - Que con data 22 de agosto de 2011 desde a correduría de seguros coa que está asegurada a empresa ICE Imagen, Comunicación y Eventos envíase á Oficina Provincial de Comercio da Deputación un correo electrónico cuxo teor literal é o seguinte: El pasado sábado 27 de noviembre de 2010, en el evento organizado por nuestro cliente “Merca na Rúa”, en la plaza de Chousa de Combarro, sin saber las causas, cae una botella de helio golpeando la cabeza del niño de tres años, Emiliano Celada Mesones, hijo de D. Leonardo Celada. Desde el primer momento, D. Bernardo Acevedo estuvo pendiente del estado de pequeño, llamando en reiteradas ocasiones al padre. Le informó de su póliza de Responsabilidad Civil, contratada en Mapfre, a través de nuestra Correduría. El mismo día de los hechos, aun no siendo día laboral, se me llamó a comunicar el suceso, y yo misma me puse en contacto telefónicamente con el padre del niño para interesarme por el estado del menor e informarle de la existencia de la póliza y que se tramitaría a primera hora del lunes. A pesar del susto, al pequeño solo le dieron unos puntos de sutura en la cabeza y por lo que nos dijeron sus padres, se encontraba bien. En esa semana, nos sorprendió la actitud de D. Leonardo Celada, manifestando que nadie le había llamado ni hecho caso del estado del menor, y nos amenazó con demandarnos. Nuestro cliente ha tenido que ir al cuartel de la Guardia Civil, para hacer declaración por una denuncia interpuesta por esta persona, en la que nos calumnia a todos de que no se le ha hecho ninguna llamada, teniendo que mostrar D. Bernardo, su registro de llamadas para confirmar que le llamó en reiteradas ocasiones. El día 30 de noviembre, un martes, Mapfre envía escrito solicitando documentación para seguir con la tramitación del expediente. Se hizo con la mayor rapidez posible, y lógicamente, siguiendo la formalidad que un tema de lesiones lo merece. El día 30 de noviembre, un martes, Mapfre envía escrito solicitando documentación para seguir con la tramitación del expediente. Se hizo con la mayor rapidez posible, y lógicamente, siguiendo la formalidad que un tema de lesiones merece. Se solicita reclamación por escrito del padre del niño, puesto que es la forma que exige en todos los siniestros de Responsabilidad Civil de todas las Compañías. Las veces que se habló con D. Leonardo, se le explicó el procedimiento que se sigue para estos sucesos, pero él insistía en que enviáramos a un médico para que viera a su hijo, pero el fin de una póliza RC, es indemnizar por daños, no asistencia médica. A día 25 de marzo de 2011, ni Mapfre ni nosotros, hemos recibido escrito formal haciendo la reclamación que se solicitó a los dos días del suceso, ni por parte del padre del lesionado, ni por parte de ningún abogado. Con fecha 14 de julio, se firman escritos de reclamación a la Xunta y a la Excelentísima Deputación de Pontevedra. Nos volvemos a poner en comunicación con Mapfre, quien nos informa que tienen un abogado que está en contacto con la abogada de D. Leonardo Celada, desde hace tiempo y que con fecha 3 de agosto le han hecho una oferta…” Resultando.- Que con data 07/10/10 e co fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” da Lei 30/92, e o 198 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, déuselle traslado da reclamación a ICE Imagen, S.L. para que puidera comparecer coma interesada, facendo no escrito de data 19/10/11 as seguintes alegacións: “…El pasado 27 de noviembre de 2010 se celebra el evento Merca na Rúa no peirao de Combarro. En dicho evento cae una bombona de helio, golpeando la cabeza del niño Emiliano Celada Mesones, al que trasladan al Hospital de Pontevedra. Puestos en contacto con los padres, la Correduría de Seguros les comunica la existencia de la Póliza de Responsabilidad Civil y de la aceptación de los daños que le pudiéramos ocasionar conforme a la cobertura de la póliza. Se apertura expediente en Mapfre con número de referencia 40110085965 y tramitadora Dª. Rosa Cagiao Lavandeira. Tras varias gestiones entre la Compañía y el padre del niño lesionado, D. Leonardo Michel Celada, ésta decide hacer reclamación a través de un abogado particular. Mapfre le hace una oferta el pasado 8 de julio de 2011, de la cual no están conformes, puesto que reclaman un factor de corrección del 10% el cual no es aceptado por Mapfre puesto que al no trabajar el menor no le corresponde. La oferta final que hace la Compañía el pasado 13 de septiembre del corriente es de 1.516,58 e, deduciendo la franquicia de la póliza que asciende a 300 €, de la cual nos hacemos cargo. Resultando.- Que con data 07/10/11 e co fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” da Lei 30/92 e o 79.1 da mesma Lei, déuselle traslado da reclamación á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, para que puidera comparecer como interesada, facendo en escrito de data 10/11/11 as seguintes alegacións que aquí se extractan no que interesa, obrando o total do devandito informe no expediente como documento número 5: “…I) O 10 de agosto de 2011, a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra subscribiron un convenio de colaboración para o financiamento de actuacións encadradas nun proxecto de información e dinamización comercial na provincia de Pontevedra, financiado polo FEDER no marco do programa operativo 2007-2013. Nas cláusulas do dito convenio de colaboración establécese canto segue: Primeira.- Obxecto Este convenio ten por obxecto regular o marco de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, e a Deputación Provincial de Pontevedra para financiar a realización de diversas actuacións da Deputación Provincial encadradas nun proxecto de información e dinamización comercial na provincia de Pontevedra. (…) 2.- Accións de dinamización do comercio na provincia de Pontevedra. A Deputación realiza anualmente unha campaña de dinamización denominada “Merca na Rúa” destinada a incentivar o consumo no pequeno comercio, dar difusión ó seu valor, promover o asociacionismo comercial e fomentar a colaboración entre as asociación de comerciantes locais e as administración públicas, en diferentes puntos da provincia de Pontevedra, que se considera de grande interesa polos excelentes resultados obtidos en anteriores edicións. (…) II) Do exposto no referido convenio de colaboración infírese que: 1º) A campaña de dinamización “Merca na Rúa” realizase mediante unha empresa de consultoría e asistencia técnica que a Deputación Provincial de Pontevedra contratou para o efecto observando o establecido na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. 2º) A subscrición do convenio non comporta relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que desenvolven as actividades e a Consellería de Economía e Industria, de tal xeito que non se lle pode esixir responsabilidade ningunha, nin directa ou subsidiaria, polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. III) O artigo 198 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público establece que: Artículo 198. Indemnización de daños y perjuicios. 1. Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la execución del contrato. 2. Cuando tales daños y perjuicios hayan sido ocasionados como consecuencia inmediata y directa de una orden de la Administración, será ésta responsable dentro de los límites señalados en las Leyes. También será la Administración responsable de los daños que se causen a terceros como consecuencia de los vicios del proyecto elaborado por ella misma en el contrato de obras o den el suministro de fabricación. (…) Polo tanto como queira que existe un contratista que se encarga da realización da campaña “Merca na Rúa”, consideramos que será obriga del indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia das operación que requira a execución do contrato, xa que tales danos e perdas non foron ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo ó externalizarse obxectivamente nos antecedentes expedientáis que a Compañía Aseguradora de empresa organizadora do evento ofreceulle unha cantidade indemnizatoria respecto da cal discrepa o reclamante prexudicado o que constitúe a proba máis evidente de que se trata dunha relación xurídica “inter privatos” á que a Deputación non pode máis que permanecer allea cumprimentando, iso si, a obriga legal de respostar á reclamación do interesado. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 13.19631.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA, A COMUNIDADE DE MONTES DE MARCÓN E O CLUB DE FÚTBOL MARCÓN ATLÉTICO PARA A “INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE MARCÓN (PONTEVEDRA)” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, a Comunidade de Montes en man común de Marcón e o Club de fútbol Marcón Atlético para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Marcón (Pontevedra). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. O custe total do convenio ascende á cantidade de catrocentos noventa e oito mil seiscentos setenta e oito euros con corenta e oito céntimos (498.678,48 €). Á Deputación correspóndelle o financiamento dun 75% aproximado do orzamento do proxecto, por importe de 374.678,48 €, ademais da dirección das obras e instalacións contempladas no proxecto. Por Intervención emítese informe no que se participa que este convenio será financiado, con cargo a aplicación 11/922.342.658.00 do vixente orzamento provincial, na que existe crédito para tal fin. A achega do concello, por importe de 124.000,00 €, financiarase en dúas anualidades, 62.000,00 € no ano 2011, e outros 62.000,00 € no 2012. Por todo o exposto, e solventadas as observacións e recomendacións do informe de intervención, e sendo a Xunta de Goberno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento do ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de Pontevedra, a comunidade de montes en man común de Marcón e o club de fútbol Marcón Atlético para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Marcón (Pontevedra). Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL, O CONCELLO DE PONTEVEDRA, A COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMÚN DE MARCÓN E O CLUB DE FÚTBOL MARCÓN ATLÉTICO PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE MARCÓN (PONTEVEDRA) No Pazo Provincial, a ……… de marzo de 2011 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 124.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. D. Óscar Coto Pernas, con DNI 44.086.730P, Presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Marcón, Pontevedra, en nome e representación de dita Comunidade, titular propietaria das instalacións do campo de fútbol de Marcón e en virtude das competencias que lle outorgan os estatutos correspondentes. D. Juan Carlos González Martínez, con DNI 35.316.071P, Presidente do Club de Fútbol Marcón Atlético, en nome e representación de dito Club. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. III.- Coa evolución de novas técnicas son moitas as Entidades que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. IV.- No Concello de Pontevedra e concretamente na Parroquia de Marcón, nos últimos anos, se ven facendo un gran esforzo por todas as partes (Comunidade de Montes, Clubs deportivos e Administracións públicas) para o fomento do deporte. Esforzo que se materializou na construción, por parte do Concello de Pontevedra, do Pavillón Municipal de Marcón e se pretenden materializar coa mellora do Campo de Fútbol do Monte Carrasco, en virtude o presente convenio. Co pretendido financiamento da obra para a instalación de herba sintética no Campo de Fútbol de Marcón, polas Administracións locais (Deputación e Concello de Pontevedra) preténdese dotar á parroquia pontevedresa de Marcón dunha óptima instalación deportiva coa instalación dun pavimento deportivo de última xeración que posibilite a práctica deportiva do fútbol nas mellores condicións. Con esta acción as Administracións locais e a Comunidade de Montes pretenden: • Mellorar as instalacións deportivas básicas da Parroquia pontevedresa de Marcón, e concretamente o Campo de Fútbol de Monte Carrasco, coa instalación dun pavimento deportivo de herba sintética de última xeración. • Promover a práctica de actividade físico-deportiva entre a poboación. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Marcón, no concello de Pontevedra. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. Segunda.- O importe do proxecto ascende a contía de 498.678,48 € que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/922.342.658.00 do vixente orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle, ademais do financiamento dun 75% aproximado do orzamento do proxecto, a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Tamén lle corresponde á Deputación a remisión ó Concello da documentación acreditativa da licitación ou adxudicación do contrato con anterioridade ó 31 de decembro do 2011 e a rendición da conta xustificativa da inversión realizada diante do Concello, con anterioridade ó 31 de decembro do 2012, mediante certificacións da intervención do gasto realizado, ou calquera documento administrativo de valor probatorio ou eficacia administrativa equivalente admitidos na lexislación vixente, ademais remitirase copia da acta de recepción da obra. Cuarta.- Obrigas do concello. O Concello de Pontevedra comprométese a achegar aproximadamente o 25% do orzamento previsto para a realización das obras comprendidas neste proxecto cunha cantidade inicial, sen prexuízo do indicado na cláusula 6ª, de 124.000,00 €, financiándose dita cantidade en dúas anualidades, 62.000,00 € no ano 2011, con cargo á aplicación 09.3421-761.01, RC 2011-22535, e outros 62.000,00 € no ano 2012, previa acreditación. O concello obrígase a ingresar na Deputación, a cantidade correspondente á anualidade de 2011, unha vez aprobado o convenio polos órganos correspondentes de cada Administración e antes do comezo das obras. A restante cantidade correspondente á anualidade de 2012, será ingresada nas arcas provinciais no primeiro trimestre do correspondente ano. Quinta.- Obrigas da Comunidade de Montes e do Club de Fútbol Marcón Atlético. 1- Obríganse a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, as instalacións e terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 2- Así mesmo, comprométense a que as instalacións se destinen a campo de fútbol, como instalación pública destinada á realización de actividades deportivas e de lecer para os veciños de Pontevedra, xestionadas baixo tutela das Administracións convenientes, que garanta o libre acceso público e particularmente o uso da instalación polo Club de Fútbol Marcón Atlético e as Escolas Deportivas integradas na programación do Concello. As instalacións poderán ser utilizadas pola Deputación Provincial e polo Concello de Pontevedra, para a celebración de calquera evento deportivo que poidan organizar, sen interferir nin nos calendarios deportivos aprobados nin na programación e horarios de uso das instalacións por parte do Marcón e das Escolas deportivas municipais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial e/ou polo Concello, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 3.- A Comunidade de Montes garantirá o uso público das instalacións polas asociacións deportivas da parroquia de Marcón, que conten con actividade no deporte de base. O campo de fútbol destinarase principalmente pola Comunidade de Montes á promoción do deporte de base e en especial, á promoción do fútbol base durante un prazo mínimo de 15 anos. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en tódolos ámbitos de actuación deste convenio. 5.- Obríganse tamén á conservación e mantemento da infraestrutura deportiva e a garantir o cumprimento das estipulacións do presente convenio, particularmente das referidas ó destino do ben, debendo reintegrar as cantidades investidas no suposto de se incumprir o pactado. Sexta.- Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiada por ambas Institucións na mesma proporción. En caso de que supoñan un aumento da cantidade estipulada no convenio, haberá que contar coa autorización previa do Concello. Sétima.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega á Comunidade de Montes, mediante a formalización dunha acta de entrega. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula oitava, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Pontevedra Rafael Louzán Abal Miguel A. Fernández Lores Pola Comunidade de Montes en Man Común de Marcón Polo Club de Fútbol Marcón Atlético Oscar Coto Pernas Juan Carlos González Martínez” 14.19632.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE CONSERVACIÓN, MANTENEMENTO E REPOSICIÓN DE CÉSPEDE EN 36 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte base desenvolveu un amplo plan de dotación de campos de fútbol con herba artificial de última xeración en diversos concellos da provincia de Pontevedra. A utilización intensiva dos mesmos implica unha execución de programas que garantan de forma adecuada o mantemento do pavimento do céspede artificial, e que permitan alargar a vida útil do mesmo. Para iso, o Director de Infraestruturas co conforme do Presidente expón a necesidade de realizar unha serie de actuacións concretas de mantemento para trinta e seis campos de fútbol instalados, sendo o custo estimado de dita actuación de 224.200,00 €. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento Rc de data 16 de novembro, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 224.200,00 € para facer fronte ás obrigacións derivadas deste contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 11/922.342.211.01 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto de acordo ás consideracións que figuran no informe do técnico adxunto do Servizo de Contratación de data 16/11/2011. Resultando que con data 16 de novembro de 2011, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, e polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como de servizos ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da sinalada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da realización de traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial. O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascendo á cantidade de cento noventa mil euros, sen IVE (190.000,00 €), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de 34.200,00 €, o que fai un importe total de 224.200,00 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 224.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/922.342.211.01 do vixente Orzamento Provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E REPOSICIÓN DO CÉSPEDE EN 36 CAMPOS DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL 1.- OBXECTO.- Os traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede de 36 campos de fútbol de herba artificial, de conformidade co establecido no prego de prescricións técnicas así como no proxecto que se unen ó expediente. A relación de campos de fútbol é a establecida no anexo I do prego de condicións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/922.342.211.01 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo será satisfeito ó adxudicatario contra a presentación da correspondente factura, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O prazo máximo para a execución dos traballos será de 2 meses. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento noventa mil euros, sen IVE (190.000,00 €), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de 34.200,00 €, o que fai un importe total de 224.200,00 €. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lcsp. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se haxa formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación dos traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación dos traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Proxecto das actuacións a realizar. 3.- Características dos recursos humanos e técnicos adscritos á realización dos traballos. 4.- Características do material a utilizar nas actuacións proxectadas. 5.- Melloras ofertadas: Valoraranse entre outras as seguintes melloras: actuacións relacionadas co rego, canles de pluviais, anclaxes de equipamentos deportivos, etc. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación dos traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: - Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: -O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: -O Técnico Achego do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: a) Valoración do proxecto de actuacións a realizar, ata un máximo de 30 puntos. b) Melloras ofertadas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse entre outras as seguintes melloras: actuacións relacionadas co rego, canles de pluviais, anclaxes de equipamentos deportivos, etc. c) Características dos recursos humanos e técnicos adscritos á realización dos traballos, ata un máximo de 5 puntos. d) Características do material a utilizar nas actuacións proxectadas, ata un máximo de 5 puntos. 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 35 puntos. Prazo de execución dos traballos, ata un máximo de 15 puntos. A valoración destes criterios realizarase seguindo a fórmula establecida no anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, si o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUERIMENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente mais vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles , a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ...............titular do DNI................, expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .................con domicilio en ................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ós traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de: Prezo base______________ IVE___________________ Prezo total______________ Prazo de execución” “ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. I 15.19633.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE ENSANCHE E MELLORA E.P. 8506 BAÑO (VALGA)”. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20/05/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”, por importe de 571.353,48 €, IVE incluído. Resultando que polo mesmo Órgano adxudicouse definitivamente a referida obra a Construcións, Obras e Viais, S.A. na cantidade de 432.571,72 €, IVE incluído. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas redáctase un proxecto modificado de dita obra como consecuencia de que, durante o desenvolvemento das obras constatouse a necesidade modificar a canalización de abastecemento, moi antiga, que se atopa ó bordo da calzada, así como un tramo da rede de fecais, e a modificación de muros de pedra vella, bloques e formigón previstos no proxecto xa que existen muros con outra tipoloxía, non supoñendo incremento sobre o proxecto primitivo excepto no que se refire ó IVE como consecuencia do cambio do tipo impositivo ó 18 %. Resultando que por Intervención se emite informe no que se pon de manifesto a existencia de saldo de crédito dispoñible nas aplicacións 11/456.453-612.02.2009, 11/456.453-612.02.2010 e 11/456.453-612.02 do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado de “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., excepto no que se refire ó IVE como consecuencia do cambio do tipo impositivo ó 18 %. 16.19634.- AUTORIZACIÓN PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚMERO 1 DO CONTRATO DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO I PO-223 AVDA. BOS AIRES PONTE DE MONTEPORREIRO” A Xunta de Goberno, en sesión de 4 de xuño de 2008, acordou adxudicar o contrato de redacción do proxecto e execución da obra de “Acceso Oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra)” á UTE Sercoysa-Traima na suma de 4.639.493,03 €, IVE incluído, e unhas melloras valoradas en 1.045.454,32 € e o 2 % do orzamento de execución material para o control de calidade. O 9 de xullo de 2008 formalizouse o pertinente contrato administrativo. A cláusula cuarta do prego de condicións económico administrativas establecía que o contratista debería presentar o proxecto construtivo á Deputación, para a súa supervisión, aprobación e replanteo, no prazo de corenta e cinco días dende a data de notificación da adxudicación. Trala redacción do proxecto construtivo pola empresa adxudicataria, preséntase o 24 de xullo de 2008 na Deputación xunto co anexo de avaliación medioambiental. Apróbase o proxecto o 22 de setembro de 2008, e sométese a información pública o estudo de impacto medioambiental mediante o correspondente anuncio no DOGA, que foi publicado o 23 de setembro de 2008, nº 184. A empresa adxudicataria asina a acta de comprobación de replanteo o 24 de novembro de 2009. O Director do servizo de Infraestruturas solicita, o 26 de outubro de 2011, ó órgano de contratación a redacción dun proxecto modificado polas seguintes circunstancias: • Necesidade de incorporar ensaios xeotécnicos complementarios. • Necesidade de implantación novas tipoloxías estruturais e situación das pilas da ponte. • Necesidade de incorporar as estipulacións descritas dentro da Declaración de impacto medioambiental, aprobada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. • Por causas imprevistas de tipo estrutural e para o mantemento de servizos, é necesario ampliar o ancho de vial correspondente ó taboleiro que ha de sustentar a ponte. Considerando que este expediente iniciouse antes da entrada en vigor da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e xa que logo rexerase pola normativa anterior, en canto ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas. Considerando que esta normativa permite a modificación dos contratos por razóns de interese público, como consecuencia de causas imprevistas e necesidades novas, e que de conformidade co artigo 146.3 Trlcap, cando o director da obra considere necesaria unha modificación do proxecto solicitará do órgano de contratación autorización para iniciar o correspondente expediente. Considerando as bases de execución do orzamento 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar a redacción do proxecto modificado nº 1 do contrato de obra “Acceso oeste a Montecelo tramo I PO-223 Avda. Bos Aires ponte de Monteporreiro”. Unha vez redactado o proxecto deberase proceder á súa supervisión e aprobación. 17.19635.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Pola empresa Darzal Consultoria y Prevención S.L., se presentan unha seria de facturas, que se relacionan posteriormente, correspondentes a actuacións do Plan de Investimentos da Deputación que quedan fóra da adxudicación efectuada no seu día, pero que se considera lóxico que esta empresa os continúe realizando durante a execución das obras. Vistos os informes emitidos por Intervención, e de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0855-02/2011 04/10/2011 “Mellora trazado pavimentación Cambeses, Borralleiro PK0+00 a PK 1+120 (A Lama)” (PID/09/01041/2009002282) 181,84 0873/2011 14/10/2011 “Mellora seguridade viaria E.P. 6005 Prado-Bodaño, Lalín” (P09/0079) 930,38 0222-08/2011 23/03/2011 “Renovación de rodaxe P.K. 0+000 a P.K. 1+905 (glorieta) E.P. 2908 Arcade-Amoedo (Soutomaior)” (D09/0075) 611,97 0505-15/2011 20/06/2011 “Proxecto de área recreativa infantil no lugar de Igrexa, Baldráns (Tui)” (PID/09/00610/2009002568) 213,53 0615-03/2011 27/07/2011 “Proxecto de área recreativa infantil no lugar de Igrexa, Baldráns (Tui)” (PID/09/00610/2009002568) 308,61 0875/2011 14/10/2011 “Reforma interior do centro cultural de Casteláns” (PID/09/00976/2009002787) 263,13 0874/2011 14/10/2011 “Acondicionamento fonte do Cholro. A Salgosa” (PID/09/00611/2009002395) 204,74 0615-16/2011 27/07/2011 “Construción pavillón deportivo no lugar de Castro (Mos)” (D09/0119) 1.729,45 0210-27/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos E.P. 0506 Curro-Portela (Barro)” (D07/0104) 196,61 0210-28/2011 18/03/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos E.P. 0506 Curro-Portela (Barro)” (D07/0104) 384,54 TOTAL 5.024,80 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 18.19636.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota