ATOPO
Registros actuales: 1.635.633
Objetos digitales disponibles: 505.404

Fondos

Solicitude de redención de cargas pías da Capela de San Pedro Mártir (1926-1993)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..2.1.44.416/22

  • Título Solicitude de redención de cargas pías da Capela de San Pedro Mártir (1926-1993)

  • Data(s) 1926-1993 (Creación)

  • Volume e soporte 16 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A familia Gándara solicita ao Arzobispado de Santiago de Compostela a redención das cargas pías consignadas na escritura da Fundación da Capela de San Pedro Mártir.

    Inclúe:
    1 - Borrador escrito a man dunha carta dirixida ao Vicario Capitular por parte de Joaquina Quintáns, Andrés Méndez e Juan Gándara solicitando a redución ou conmutación das cargas pías (s.d).
    2 - Carta do párroco de Lantaño, Manuel Pazo Picallo, dirixida a Juan Gándara, coa confirmación dende o Arzobispado da posibilidade de realizar a redención das cargas pías (19/05/1926). Acompaña resposta de Juan Gándara do 24/05/1926.
    3 - Borrador de solicitude de redención das cargas. Mecanografado (01/06/1989).
    4 - Borrador da solicitude redactado por Luis Gándara (01/10/1990).
    5 - Solicitude de Manuel Gándara para a redención das cargas pías (17/03/1993).
    6 - Decreto do Arzobispado polo cal se declaran reducidas e cumpridas todas as cargas pías da Fundación ata xullo de 1993 inclusive. Orixinal máis dúas copias compulsadas e sobre (18/08/1993).
    7 - Anotacións mecanografadas sobre os terreos pertencentes ao vínculo da capela e a descrición das obligacións expostas na súa fundación e a intención de solicitar ao Arzobispado a redención de cargas (s.d.).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición