ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

Fondos

Outros documentos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.27.1.6

  • Título Outros documentos

  • Data(s) 1948-00-00 - 2021-00-00 (Produción) 1948-2021 (Creación)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 30 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico(1836-) O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura. O Arquivo da Deputación é, loxicamente, un Servizo que nace parellamente á propia Institución Provincial, polo que, case sempre, se tivo un especial coidado, como ben o amasaba a Corporación na sesión de 19 de xullo de 1836, poucos meses despois da súa instalación, na que se pide ao Secretario que " ... alugue por canto da Deputación, un galeón preparado para poñer a salvo de calquera continxencia os papeis da secretaría.. . " . A continxencia á que se alude refírese, naturalmente, ao perigo das gavillas carlistas. Son innumerables as referencias ao Arquivo de que dispoñemos, referíndose á súa organización, fondos, materiais, locais e ao persoal profesional que o atendeu ininterrumpidamente, desde a primeira aparición no cadro de persoal da praza de Arquiveiro en 1853 até o cese de Enrique Villamil no ano 1955, a partir do cal, a praza, permanecería sen cubrir, até o ano 1977 en que comenzou os seus traballos o Arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. Instalado ata 1890 nos locais do exconvento dos Padres Franciscanos, e trasladándose nese mesmo ano, conxuntamente coa Deputación, ao actual Palacio da Alameda, onde permanecería ata o ano 1983, no que o Arquivo se dividiu en dúas seccións diferenciadas, ocupando, cada unha delas, un local distante entre si. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsouse o traballo de instrumentos descriptivos, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Entre estes, cabe salientar un obituario de Velo publicado na prensa brasileira, unha transcrición dun texto de Urbano Rodrigues titulado Requiem por un revolucionario, unha tese de doutoramento de Paz Noya na que se adica un capítulo á obra poética de Xosé Velo e varias entrevistas e artigos sobre Velo en relación ó secuestro do Santa María.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Tema) (Creador)

Área de control da descrición