ATOPO
Registros actuales: 1.624.798
Objetos digitales disponibles: 504.759

Josefina Arruti-Bibiano Osorio-Tafall

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.1.7

  • Título Josefina Arruti-Bibiano Osorio-Tafall

  • Data(s) 1900-1930 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental; 356 fotografías

Área de contexto

  • Nome do produtor Bibiano Fernández Osorio-Tafall(1902-1990) Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico, diplomático e político galego. Cursou o bacharelato na súa cidade natal e o doutorado en Ciencias Naturais en Madrid (1919-1925). Tamén obtido o título de Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1925-1929), e en 1927 logrou a Cátedra de Agricultura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, que a partir de 1931 pasou a dirixir. Desde 1927 colaborou na Misión Biolóxica de Galicia, do que foi Secretario con Cruz Gallástegui, impulsando a mellora de plantas cultivadas. Con este obxectivo ampliou os seus estudo de xenética no Biologische Anstalt de Berlín (1930-1931), asistindo tamén a varios seminarios en Inglaterra e Francia. Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), foi alcalde de Pontevedra en dúas ocasións ( entre 18-04-1931 e 08-10-1934 e do 20-02-1936 ao 20-07-1936), presidente da Deputación (25-04-1931 ao 25-05-1931) e deputado nacional en dúas lexislaturas durante o período republicano. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu parón durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934. Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana, logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, pouco antes da guerra sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira a súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana. En 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española. Coa derrota militar e política da República e a vitoria dos fascistas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall exíliase primeiro a Francia e logo a México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU e en 1955, foi nomeado director da Oficina de Agricultura en Chile, cargo que repetirá en Indonesia e Exipto. Máis tarde, en 1964, estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, como representante especial plenipotenciario do Secretario Xeral da ONU. Xubílase como Subsecretario Xeral da ONU. Durante a Transición española, o presidente do goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Forma do ingreso María del Carmen Fernández Arruti cedeu os seus fondos fotográficos organizados en 3 albumes (128 fotografías), 4 números da publicación Folk, dos Irmáns Barreiro; e 304 fotografías soltas Dixitalizaronse e catalogaronse 358 imaxes. A totalidade dos fondos gráficos están relacionados coa vida dos seus país, Josefina Arruti e Bibiano Fernández Osorio-Tafall e abranguen as tres primeiras décadas dos século XX.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os fondos cedidos están formados por un conxunto de 468 positivos fotográficos en diferentes soportes e estados de conservación. Logo da revisión do material, catalogáronse e dixitalizáronse 358 imaxes que corresponden a un período temporal comprendido entre 1920 e 1960 e que permitirán a persoas investigadoras e cidadanía percorrer a traxectoria vital de Josefina Arruti e o seu home, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, protagonistas da vida pontevedresa na primeiro terzo do século XX e vítimas da represión tras o golpe de Estado do 36 e a posterior ditadura. As imaxes agrúpanse en diferentes bloques temáticos: • Imaxes da vida de Josefina Arruti, dende os seus anos de moza ata os acontecementos do 36: en Ponte Caldelas onde o seu pai exercía como médico, coas súas amigas nos lugares emblemáticos da Pontevedra da época, nas praias de Marín e posteriormente durante o noivado con Bibiano, e logo da voda, imaxes coa descendencia e en Madrid antes da separación forzada polo golpe de Estado. • Imaxes da mocidade de Bibiano como estudante en Pontevedra ou en viaxes de estudos por España, como noivo de Josefina e practicando diferentes deportes como membro da Sociedade Ximnástica. • Imaxes de Bibiano Fernández Osorio-Tafall no desempeño da súa actividade profesional e académica: viaxes de estudos, en laboratorios da Misión Biolóxica, como profesor e posteriormente director do Instituto de Segundo Ensino de Pontevedra, como membro do Seminario de Estudos Galegos e, logo de ser represaliado e obrigado ó exilio, en diferentes organismos internacionais. • Imaxes da traxectoria política de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, como alcalde da cidade de Pontevedra, presidente da Deputación, nas asembleas para a elaboración do Estatuto e finalmente en Madrid como Subsecretario e Deputado nas Cortes Xerais. Ademais destes fondos estritamente familiares, o conxunto fotográfico permite facerse unha idea da Pontevedra dos primeiros anos do século XX, con imaxes de espazos e lugares da cidade, coa referencia ó tranvía no que traballou o pai de Bibiano, José Tafall, con imaxes das festividades relixiosas ou de paisaxes (Armenteira, Lourizán, Carballedo, Ponte Caldelas...) moi frecuentados pola veciñanza pontevedresa daqueles tempos. Tamén consideramos salientable que entre os fondos familiares de Carmiña Arruti se atopan catro números da publicación publicitaria Folk Cine-revista mensual gallega, con 9 fotografías cadanseu, que son fotogramas dos noticieros ou documentais rodados pola casa Folk, propiedade dos irmáns Barreiro, pioneiros do cine en Galicia.

Área de documentación

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Bibiano Fernández Osorio-Tafall (Tema) (Creador)

Área de control da descrición