Fondos
1990-02-02_Extraordinaria. Acta de sesión 1990/02/02_Extraordinaria
Acta de sesión 1990/02/02_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.713/1.1990-02-02_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1990/02/02_Extraordinaria
Data(s) 1990-02-02 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 81,85 Da sesión extrordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 02 de febreiro de 1990. No Salón de Sesións da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, sendo as vinte horas do día dous de febreiro de mil novecentos noventa, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Presidente en funcións, D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Álvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Xosé Cuiña Crespo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Justo José González Ballesta, D. Emilio González Iglesias, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados, D. Fernando Garrido Valenzuela e D. Modesto Valverde Soto. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.2627.- NOMEAMENTO DE NOVO PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a sesión de elección de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Eu como Presidente en funcións vou abrir este acto. Prego ó Sr. Secretario que proceda á lectura das disposicións legais. Sr. Secretario.- O artigo 60 do Real Decreto 2568 do ano 86 di o seguinte: Vacante la Presidencia por renuncia de su titular, fallecimiento o sentencia firme la sesión extraordinaria para la elección de nuevo Presidente se celebrará con los requisitos establecidos en la legislación electoral dentro de los diez días siguientes a la aceptación de la renuncia por el Pleno. O artigo 102 di tamén o seguinte: El sistema formal de votación será la votación ordinaria, la votación nominal requerirá la solicitud de un grupo municipal aprobada por el Pleno por una mayoría simple en votación ordinaria, la votación secreta sólo podrá utilizarse para elección o destitución de personas. A súa vez na Norma do Réxime Electoral Xeral, maniféstase no artigo 207 o seguinte: La Diputación Provincial se reúne en sesión constitutiva presidida por una Mesa de Edad integrada por los Diputados de mayor y menor edad presentes en el acto y actuando como Secretario el que lo sea de la Corporación para elegir al Presidente, de entre sus miembros. Para la elección de Presidente el candidato debe obtener mayoría absoluta en la primera votación y simple en la segunda, puede ser candidato al cargo de Presidente cualquiera de los Diputados Provinciales. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Prego ós Sres. Deputados de máis e menos idade, D. Ramón Abal Varela e D. Emilio González Iglesias que formen a Mesa de Idade, por favor que se acerquen á Mesa. Sr. Abal Varela.- Esta Mesa pregunta ó Pleno da Corporación se quere que a votación sexa secreta, nese caso procederase ó reparto das papeletas e relación de Deputados, coa finalidade de que cada Deputado escriba nela o nome e apelidos do candidato e meta nun sobre e introduza na urna por orde de chamamento que fará o Secretario. Sr. Secretario.- D. José Ramón Abal Varela, ¡ah!, perdón vota ó final. D. Adolfo Abalo Ríos, D. José Manuel Barros González, D. José Castro Álvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Castas Abreu, D. Xosé Cuiña Crespo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. Xosé Manuel Gallego Lomba, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Justo José González Ballesta, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. Xosé Manuel Losada Millán, Do. César Xosé Mera Rodríguez, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, Do Xosé Manuel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto, D. Gilberto Benito vila Salgueiro, D. José Ramón Abal Varela e D. Emilio González Iglesias. Sr. Abal Varela.- César Mera Rodríguez, Xosé Mera Rodríguez, José Mera Rodríguez, César Mera Rodríguez, Adolfo Abalo Ríos, César Mera Rodríguez, César José Mera Rodríguez, Adolfo Abalo Ríos, César José Mera Rodríguez, Adolfo Abalo Ríos, Adolfo Abalo Ríos, César Mera Rodríguez, Adolfo Abalo Ríos, Adolfo Abalo Ríos, César Mera Rodríguez, César Mera Rodríguez, César José Mera Rodríguez, Jesús Costas Abreu, César Xosé Mera Rodríguez, César Mera Rodríguez, César José Mera Rodríguez, Adolfo Abalo Ríos, César José Mera Rodríguez, César Mera Rodríguez, uno nulo. En el recuento de votos da el siguiente resultado: César José Mera Rodríguez, 16 votos; Adolfo Abalo Ríos, 7 votos; Jesús Costas Abreu, 1 voto; y uno nulo. Queda proclamado Presidente de la Excma. Diputación de Pontevedra D. César José Mera Rodríguez. Prégolle ó Sr. Mera para que se acerque á Mesa para o xuramento e entrega dos atributos do poder. ¿Xurades ou prometedes pola vosa conciencia e honra cumprir fielmente as obrigas do cargo de Presidente da Deputación?. Sr. Mera Rodríguez.- Si xuro. Sr. Presidente.- Señora e Señores Deputados, autoridades e representacións, señoras, señores, amigos todos, pola democrática vontade corporativa accedo ó cargo de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e fágome consciente da tarefa que me agarda. Este acto da toma de posesión lévame, ineludiblemente, por elemental cortesía, a dirixir unhas palabras ós compañeiros de Corporación, ás autoridades que nos honran coa súa presencia e cantos quixeron acompañarnos nesta hora, desexaría orienta-la miña disertación facendo referencia a dúas cuestións que me parecen obrigadas. Dunha banda a miña traxectoria política nos dous planos nos que diversifiquei a miña actitude pública, a que atangue a miña condición de Alcalde de A Cañiza e a que se refire á miña presencia como Deputado desta Institución, da outra a razón de ser competencia e orientación funcional que haberá de seguir ó meu xuízo a Deputación no que resta de mandato. A miña andadura política comeza o primeiro de febreiro de mil novecentos setenta e seis, data na que fun elixido Alcalde de A Cañiza, e dous meses despois Deputado Provincial. Durante a miña permanencia nesta Casa por espacio de catorce anos colaborei nas tarefas de goberno baixo a presidencia de Xosé Luis Peláez, Federico Cifuentes, Mariano Rajoy, Fernando García del Valle e Xosé Cuiña, de todos eles debo dicir que recibín ensinanzas moi proveitosas. A miña chegada á Alcaldía e á Deputación permitiron que me asomara a un novo horizonte político, era daquela o Deputado máis novo da Corporación, a miña inexperiencia e miña xuventude, lonxe de supoñer un atranco incentivaron a miña preocupación pola problemática da vida local e provincial, co fin de cumprir axeitadamente a misión política para que fora elixido. Pode dicirse que esta foi, en definitiva, a etapa da miña aprendizaxe. As distintas consultas electorais habidas ata a data, 1979, 1983, 1987, constituíron outras tantas probas da miña vida política, en todas elas tiven a sorte dun masivo referendo popular que fixo que en todas elas a miña candidatura acadase a cifra de doce Concelleiros, dos doce que conforman aquela Corporación Municipal. As miñas sucesivas eleccións á Alcaldía levaron emparellada a miña designación como Deputado Provincial. Neste largo acontecer coincidín na miña segunda etapa coa Presidencia de Federico Cifuentes, do cal gardo moi gratos recordos, como tamén os gardo de dous compañeiros entrañables, hoxe lamentablemente desaparecidos, Xesús Durán e Xulián Troncoso. En 1983, intégrome na Deputación sendo Presidente Mariano Rajoy, home do cal admirei sempre a súa intelixencia, a súa nunca cuestionada honestidade, e o seu alto senso de... política. Teño que dicir ademais que gracias á confianza que el depositou na miña persoa me foron encomendadas altas responsabilidades en diversas áreas de actuación política provincial, por circunstancias de todos coñecidas rematou este mandato Fernando García del Valle, a pesar da súa brevidade deixou en min a estela da súa xentileza. Estamos xa na altura de 1987, accede á Presidencia o meu predecesor, Xosé Cuiña Crespo co que comparto importantes tarefas de goberno, na miña condición de Vicepresidente, cargo que ostentei ata o día de hoxe. Podo afirmar que a miña identificación con Cuiña Crespo foi plena, a iso contribuíu sen dúbida unha vella amizade e circunstancia da nosa procedencia como Alcaldes de Municipios rurais, pero sobre todo, o comparti-la mesma filosofía en canto á preferente atención que as Deputacións han de adicar ós Municipios máis necesitados. Conforme a esta idea podo dicir que a Deputación Provincial ó longo destes máis de dous anos vén dando mostra desta inclinación municipalista dos máis variados sectores da súa plural competencia. Chegado este punto permitídeme que faga un obrigado inciso, levado dun profundo sentimento afectivo cara un compañeiro desta Corporación que deixou en min unha profunda pegada, estoume referindo ó gran amigo Manuel Díaz González, Lixeiro, para todos nós, co que eu compartín esas horas de amizade política e persoal, ó lado de Xosé Manuel Barros, hoxe aquí e a esta hora quero patentiza-lo meu sentimento de amizade e respecto a ese gran compañeiro finado. Aínda lembro, non sen emoción, as súas palabras cando Cuiña decidiu encabeza-la lista do PP nas Autonómicas, amigo Mera, a miña ilusión é que se Cuiña se vai para Santiago e ti es o próximo Presidente, quixera entregarche o Bastón de Mando, na honra da súa lembranza, permitídeme que dun xeito simbólico sexa el desde a eternidade quen cumpra a súa promesa. En fin, durante estes catorce anos sucedéronse múltiples acontecementos como acabo de redactar, fun Presidente da maior parte das Comisións Informativas, Deputado Delegado en Centros e Vicepresidente, toda esa experiencia acumulada vanme facer moita falta para que coa axuda de tódolos Corporativos leva-la nave da Deputación a bo porto. No segundo aspecto da miña intervención e ó abeiro do disposto na nosa Carta Constitucional, artigo 141, paréceme obrigado afirma-la institucionalización das Deputacións como Entidades Locais con personalidade xurídica propia determinadas pola agrupación de Municipios, engadindo que o Goberno e a Administración Autónoma das Provincias corresponde ás Deputacións, valga a cita constitucional para deixar patente que as Deputacións teñen a súa razón de ser na nosa Carta Magna, nunha hora na que se segue cuestionando a necesidade da súa existencia, sen afáns polémicos eu debo afirmar que hoxe, en 1990, a Deputación ten aparte do seu apoio constitucional, a razón da súa existencia na imprescindible colaboración que debe prestar ós pequenos Concellos, sendo a súa precariedade de recursos que os incapacita para o cumprimento das súas competencias e de nós todo coñecido, esta circunstancia reflíctese no Texto da Lei de Bases de 1985 que superando á súa predecesora de 1950 establece como fins propios e específicos da Provincia os de garanti-los principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais no marco da política económico e social e ademais o de asegura-la prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial, dos servicios de competencia municipal. Por prescrición legal, é, pois precisamente nese marco no que se debe move-la actividade da Deputación Provincial, é sabido que actualmente e como consecuencia da lexislación anterior, a Deputación aínda se vén facendo cargo de dous importantes Centros Sanitarios, o Hospital Provincial e o Psiquiátrico "O Rebullón", e hai que dicir que a vixente Lei Xeral de Sanidade crea unha rede pública de servicios sanitarios que dependerán do Estado ou das Comunidades Autónomas, e son precisamente eses dous grandes Centros os que durante os últimos anos viñeron desequilibrando notablemente o Presuposto Provincial, en prexuízo doutros sectores de atención en que obrigada e preceptivamente se debe actuar. Sen embargo é notorio que a nosa Provincia é un ha das máis deficitarias en canto ó número de camas por habitante se refire, por iso, paréceme obrigado dicir que mercé ó esforzo puntual desta Corporación no pasado 1989, chegouse a asignar un Convenio de Sectorización co INSALUD e realizáronse cuantiosos investimentos para mellora-la calidade asistencial na provincia, suplindo así as obrigas doutras Administracións, e aínda máis, nestes tempos, estamos asistindo a un notable incremento de consultas ambulatorias, intervencións cirúrxicas que levan a un progresivo e sistemático aumento do gasto e ó fin de desterrar calquera tipo de dúbidas ó respecto, debo dicir que na medida en que os ingresos do Hospital se incrementen a Deputación seguirá dando resposta cumprida ás necesidades de material e medios persoais, pero debo retellalo para aclara-lo tema. As competencias sanitarias corresponden por Lei á Administración Central e non parece xusto que sexa a Deputación exclusivamente aquel teña que facer fronte a nova demanda sanitaria mentres esta competencia non sexa transferida á Comunidade Autónoma, a fin de que se poida facer unha política de investimentos, creo que resulta obrigado promover por tódolos medios unha verdadeira coordinación con tódalas Administracións Públicas, resulta lamentable a dispersión de investimentos públicos. Poda dicir que durante os dous últimos anos o meu predecesor na !Presidencia intentou realizar Convenios coa Xunta de Galicia en varios aspectos sectoriais de actuación investidora, a única resposta recibida foi o silencio, eu espero, e di so estou convencido, que durante esta nova etapa de goberno da Xunta de Galicia haberemos de chegar pola vía do Convenio a plena colaboración en tantos campos de actividade como sexa posible,i como espero tamén que ó abeiro do determinado no artigo 37 ida Lei de Bases de Réxime Local, se fagan realidade as posibilidades de delegación de competencias das Comunidades Autónomas nas Deputacións provinciais, para xestión por esta de servicios propios nos termos previstos no Estatuto, nese senso, esta Presidencia apurará ó máximo as xestións para que esta modalidade de colaboración se leve a cabo en plenitude. Pero independentemente destas actuacións que se citan non debemos esquecer que esta Corporación pasou o ecuador do seu mandato, de que por outra parte ó principio do mesmo se fixou un programa de obxectivos elaborado polo equipo de goberno e no cal obviamente tiven a miña cota de participación activa, por iso debo de deixar claro que na medida en que sexa posible e se os recursos o permiten, intentaremos levar a feliz termo as actuacións recollidas no mesmo. Antes de rematar debo facer unha puntualización moi especial, a de expresar ó meu amigo e compañeiro, Xosé Cuiña, tantos éxitos na súa nova responsabilidade política como os conseguidos ó fronte desta Institución. Dicirlle que aquí, nesta Corporación, deixa grandes amigos e facer votos para que desde a Consellería de Ordenación do Territorio traballe sen folgos por Galicia, ó facelo así estará loitando pola nosa terra e por esta Provincia de Pontevedra, amigo Pepe, sinceramente, de corazón, deséxoche toda sorte e tódolos éxitos que mereces. Non podo rematar sen esgota-lo capítulo de gratitudes, fago desde a emoción que me embarga, en primeiro termo a todos aqueles que dun ou doutro xeito fixeron posible o meu acceso a esta nova responsabilidade provincial, ós meus paisanos de A Cañiza, que sistematicamente me viñeron demostrando a súa confianza no Goberno Municipal e con ese apoio tan masivo propiciaron o meu primeiro paso cara este cargo. Moitas gracias pola vosa confianza e pola vosa presencia neste acto. En segundo lugar, ós órganos do meu partido que me propuxeron como candidato a esta Presidencia, moitas gracias. Os meus compañeiros de Corporación, ós que me outorgáche-lo voto e os que non o fixeches, gracias. Os funcionarios desta Institución que colaboráchedes lealmente comigo nunha multitude de tarefas e sei que seguiredes colaborando, moitas gracias. Os medios informativos, prensa, radio, televisión, que coa súa presencia na vida cotiá desta casa, coa vosa obxectiva crítica estades dando fe do actuar desta Institución. Gracias a tódolos que nos acompañades, e prométovos poñer toda a miña capacidade e experiencia no empeño e no reto desta responsabilidade e non regatear esforzos na tarefa de conseguir entre todos, Goberno e Oposición, co diálogo permanente e a crítica rigorosa que a nosa Provincia acade as cotas de benestar económico e social que se merece. A todos, repito, moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Cuiña como ex-Presidente desta Deputación e compañeiro noso. Sr. Cuiña Crespo.- Sr. Presidente, perdón non pretendo sacarlle o sitio xa ó Sr. Presidente. Sr. Presidente, dignísimas Autoridades, Señora Deputada, Señores e queridos amigos e compañeiros Deputados, señoras e señores, non sen unha lóxica emoción vou a intentar dicir unhas verbas que o son de despedida e ó mesmo tempo o son tamén de agradecemento a tódalas persoas que ó longo destes dous anos e medio fixeron que a Presidencia desta Institución que me tocou a min, fora cando menos, penso que, cunha dignidade que sempre tratei de levar como bandeira. Teño que agradecer en primeiro lugar as palabras de César Mera, vello compañeiro na loita política democrática do ano 79, home coñecedor da realidade de Galicia como lle corresponde a un Alcalde dun pequeno Concello como é o meu, e en definitiva persoa que ó meu lado demostrou a súa capacidade de traballo, a súa honradez, en definitiva a súa lealdade e polo tanto a súa categoría de persoa, esa é sen dúbida xunto con outros moitos merecementos a razón pola que hoxe el me substitúe e da que eu me sinto moi honrado, a mesma que me sentín ó anterior Presidente a min, Fernando García del Valle, pois ben, aínda que outro día dixen no Pleno que aceptou a miña Candidatura, a miña dimisión quero dicir, que faría un pequeno balance da xestión destes anos, penso que non teño nada que dicir nese sentido porque é sempre o pobo, os medios informativos, e en definitiva as persoas que están cerca de nós, e ás veces non tanto, as que teñen que xulgar, eu diría que tentei de que esta fora unha Institución como foi ó longo dos anos de trato cordial entre os semellantes, de diálogo aberto entre tódalas persoas que compoñemos a Corporación e nese senso aproveito para dicir que de todos eles, dos compañeiros de partido, do Grupo de Goberno, dos que formaban a leal Oposición, só podo dicir que levo o mellor recordo. Con todos eles tratei de cumprir na medida en que me foi posible, e é ben certo que aínda algunhas cousas me quedan pendentes, non puiden cumprir en todo o que quixen, intentei desde os primeiros días entender cal é a razón da existencia destas Institucións, creo que xa o explicou moi ben César Mera, esta Institución creada xa polas Cortes de Cádiz hai máis de cento cincuenta anos, foi pensada no seu momento como órgano descentralizador fronte ó centralismo exacerbado que viña mantendo o Estado, durante moitos anos fixo unha gran labor, pero eu entendín sempre, porque penso que é así, que a auténtica filosofía e a dimensión que había que darlle era a de poñe-la Institución ó servicio basicamente dos Concellos para tratar, dos Concellos pequenos estou dicindo, de facer xustiza social e xustiza distributiva, esa filosofía que eu defendía que non pretende, como é lóxico, ser unha doutrina nin converte-lo ruralismo nunha bandeira, está perfectamente reflectida nese frontispicio que está aí na subida das escaleiras representado polos escudos heráldicos de tódolos Concellos da Provincia, é dicir, tentei de que se vira claramente que é unha Institución con nítida e absoluta representación de ámbito provincial. Pois ben, Galicia neste momento, como vostedes saben, comeza unha nova etapa, certamente xa comezou desde o ano 1981, eu non vou facer ningunha descalificación cara ningún Goberno dos anteriores, nin moitísimo menos, todos el es me merecen todo o respecto incluído por suposto o que acaba de precedernos, pero si teño que dicir que un gran pais como o noso xa non se defende só mantendo e loitando polas nosos sinales de identidade, non se defende só, aínda que é importante a nosa lingua, a nosa cultura, e ata o noso teatro. Deféndese tamén intentando mellora-la calidade de vida dos galegos e poñéndonos á altura doutras Comunidades Autonómicas Históricas como pode se-la catalana ou a vasca e en definitiva coa media de todo o pobo español. Pois ben, teña Sr. Presidente, e respondendo ás súas palabras, a seguridade de que en Santiago farei todo o posible para que iso sexa así, para que os recursos cos que contan as Administracións sexan coordenados, complementados e en definitiva, poñamos a Galicia e ás Institucións por enriba dos intereses de partido, sempre o defendín desde aquí, agora vou a te-la oportunidade probablemente de podelo demostrar, se así o fago que Deus me premie e senón que o pobo me castigue nas próximas eleccións. Pero en todo caso, consciente desa responsabilidade teño que dicirlle ó Sr. Presidente que os próximos anos para min van a ser de especial atención neste esquema e neste compromiso de lealdade e de amor para esta Institución e para esta terra, non podía por menos antes de marcharme darlle as gracias a tódolos funcionarios que colaboraron lealmente comigo polos que fixen o que puiden, probablemente non o suficiente, pero en todo caso, que saiban vostedes, Pontevedra, os Alcaldes da Provincia, ós que tanto lle debo, que a miña man queda aberta, a miña man queda tendida e o meu corazón queda aberto. Gracias. Sr. Presidente.- Se levanta la sesión. O novo Presidente titular, Ilmo. Sr. D. César Xosé Mera Rodríguez, levanta a sesión sendo as oito horas e trinta minutos do expresado día, do que, como Secretario da Corporación dou fe. Cúmprase o precedente acordo. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota