Fondos
1990-10-26_Ordinaria. Acta de sesión 1990/10/26_Ordinaria
Acta de sesión 1990/10/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.713/2.1990-10-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 1990/10/26_Ordinaria
Data(s) 1990-10-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 167 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de outubro de 1990 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e dez minutos do día vinteséis de outubro de mil novecentos noventa, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Alvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. Justo José González Ballesta, D. Emilio González Iglesias, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Antonio M. Nodar Martínez, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Saturno Luis Valdés González, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Vicesecretario Interino, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Viceinterventor en funcións, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os Sres. Deputados, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Diego Murillo Carrasco e D. Antonio Pillado Montero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2806.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da Acta da anterior sesión ordinaria do día 28 de setembro de 1990. ------ Folla: 167 2.2807.- RENUNCIA O SEU CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL DE D. DIEGO MURILLO CARRASCO Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. Acéptase, por unanimidade, a renuncia formulada por escrito ó cargo de Deputado Provincial por D. Diego Murillo Carrasco, do Partido Popular, a quen por boca do Ilmo. Sr. Presidente se lle agradecen os servicios prestados ó longo de tres lexislaturas, dando conta á Xunta Electoral Central para a designación de quen deba sustituilo. ------ Folla: 167 3.2808.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE CAMBADOS. INTERESANDO A APLICACION DOS REMANENTES POR BAIXAS DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS DO POS/90 Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade, aproba-la solicitude do Concello de Cambados, pola que interesa a aplicación dos remanentes por baixas de contratación das obras do POS/90, que ascenden a SEIS MILLONS TRINTA E CATRO MIL VINTECATRO PESETAS (6.034.024), na ampliación das mesmas, que quedan como segue: Aportación Aportac. Aportac. Aportación Concello Deputación Estado (F. P.) (F. P.) Presuposto Ampliación Pavimento camiño Granxa do Conde e Alcant. Refoxos 143.757 185.325 195.621 524.703 Ampliación Urbanización camiño Sta. Margarita S. Roque, fase 1 262.200 338.016 356.795 957.011 Ampliación Urbanización Rúa Albariño, fase 1 233.771 301.367 318.110 853.248 Ampliación Urbanización Rúa Os Olmos, fase 1 264.759 341.314 360.277 966.350 Ampliacións alumeados no rural, fase 2 748.704 965.191 1.018.817 2.732.712 Condiciónase este acordo a súa aprobación pola Dirección Xeral de Análise Económico Territorial, do Ministerio para as Administracións Públicas. ------ Folla: 167,168 4.2809.- SOLICITUDES DOS CONCELLOS DE VILANOVA DE AROUSA, SALVATERRA DE MIÑO E A CAÑIZA, INTERESANDO REALIZAR POR ADMINISTRACION OBRAS DOS PLANS POS E CAE/1990 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade, aproba-la solicitude do Concello de Vilanova de Arousa, pola que interesa realizar por administración as obras do POS/90, seguintes: - Nº 235 "Instalación ilumminación pública en Tremoedo". - Nº 236 "Instalación ilumminación pública en András". - Nº 237 "Instalación ilumminación pública en Caleiro". - Nº 238 "Instalación ilumminación pública en Vilanova". debendo cumprirse o disposto na Lei de Contratos do Estado e no seu Regulamento, en canto a súa xustificación. De conformidade coa proposta da Comisión Informativa de cooperación e Mancomunidades o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la solicitude do Concello de Salvaterra de Miño, pola que interesa realizar por administración as obras da CAE/90, seguintes: - Nº 212 "Terminación Casas Cultura Municipais". - Nº 217 "Casa Consistorial, fase 3". - Nº 241 "Terminación Escola de Meder". debendo cumprirse o disposto na Lei de Contratos do Estado e no seu Regulamento, en canto a súa xustificación. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade, aproba-la solicitude do Concello de A Cañiza, pola que interesa realizar por administración as obras da CAE/90, debendo cumprirse o disposto na Lei de Contratos do Estado e no seu Regulamento, en canto a súa xustificación. ------ Folla: 168,169 5.2810.- AMPLIACION DO PLAN DA REDE VIARIA LOCAL RVL 1990 Sr. Presidente.- Sr. González, ten vostede a palabra. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. Neste tema o que se trata aquí é de que con vintecatro millóns de pesetas que aporta o Ministerio de Administracións públicas e outros vintecatro ou algo máis que pon a Deputación facer un Plan Adicional o que habían feito hai uns meses o Grupo de Goberno. Ocorre, que, que bueno segue tendo os mesmos defectos para nós esta ampliación, e os defectos son os seguintes, é dicir, o Plan de Carreteras Provinciais segue sen presentarse e aquí nesta proposta de vostedes por encima fan unha mezcla, é dicir, aparecen catro obras que son estradas provinciais e dúas obras que son estradas locais. Curiosamente as dúas obras que son estradas locais, unha no Concello de Silleda por nove millóns setecentas dezanove mil pesetas e outra no Concello de Cangas por dezasete millóns oitocentas vintecatro mil catrocentas quince pesetas, significan máis do 50% deste Plan. A nós nos parecería que como mínimo o léxico é que o Grupo de Goberno, que a Deputación, se dirixira a tódolos Concellos da provincia a ver cales son os seus déficits na rede viaria local para que poideran acceder a este tipo de obras. E por outra parte vótase en falta o informe técnico, non o informe técnico, é dicir, aparece unha folla dicindo que propón o Xefe de Servicio tales obras, pero o que non nos aparece por ningún lado son os criterios que se utilizan nesta selección, polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, en principio hay que hacer resaltar que ustedes tienen este expediente del Ministerio de Administraciones Públicas desde julio, desde julio nada menos, o sea, casi medio año. Ya decía el compañero que la Diputación aporta en este caso cuarenta y ocho millones de pesetas, veinticuatro mejor dicho, en total son cuarenta y ocho, y bien, hasta ahí, de todas formas el descaro que se nota aquí como suele ser habitual en estas decisiones que ustedes adoptan, es que, si usted se fija, puede hasta sonreir al ver quiénes son los Ayuntamientos gobernados por su partido y quiénes son los demás. Es prácticamente de escándalo, menos mal que la cifra tampoco es una cosa del otro mundo, pero efectivamente, lo primero que tenían que haber consultado era con el resto de los Ayuntamientos, ya no digo con los Diputados, porque prácticamente ustedes a los Diputados les tienen absolutamente sin cuidado, pero por lo menos consultar con los Ayuntamientos para saber cuáles eran las necesidades más importantes a cubrir en cada uno en este caso. Nada más. Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención más?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, xa o preguntei en Comisión unhas cinco mil veces, entón vou a aproveitar para pregunta lo no Pleno. Hai aproximadamente uns dous anos contratouse cunha empresa a realización do Plan de Carreteras desta Deputación, que ademáis é obrigatorio segundo a Lei de Carreteras nova, do oitenta e oito, e, a última resposta concreta que nos deron foi a principios deste ano, que ó máis tardar en maio estaría entregado, incumprindo os prazos por certo, e que en xuño viña a aprobación, iso é o último que figura nunha Acta dunha Comisión, si mal non recordo. Estamos me parece que en outubro, e non está presentado e eu me apostaría algo a que están vostedes dilatando os prazos sen presentar este Plan para non ter que aterse en nada e face-lo que queiran en materia de carreteras. E me parece que non era ese nin o compromiso que había ante todos nin se gastaron os cartos desta Deputación para facer un Plan de Carreteras para logo improvisar sobre a marcha. Polo tanto eu solicito do Presidente que nos diga cando se vai presenta-lo Plan de Carreteras, e entretanto non aceptarei ningunha proposta relativa a isto porque me parece unha forma de actuar desordenada e falta de racionalidade a que se está a levar adiante. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Simplemente o que quero dicir é que, efectivamente o Ministerio de Administracións públicas envía a esta Deputación unha cantidade de vintecatro millóns e pico de pesetas, que a Deputación ten que aportar outra cantidade equivalente, e faise un Plan complementario do Plan inicial que nos había dado a principios o Estado, por un importe de corenta e oito millóns trescentas corenta e catro mil pesetas. Carreteras que se poñen pois son, incluso a criterios, con criterios de tipo técnico e sobre todo nunha obra, incluso concretamente que no Concello de Cangas, que de momento non é do Partido Popular, no sentido de que é un acceso precisamente a un Colexio Público, que ten un grave risco, recoñecido incluso en tódolos medios de comunicación, é dicir, denunciado polas Asociacións de Pais e que dalgunha forma a Deputación ante este grave problema pois intenta pois buscarlle unha solución. O demáis son carreteras en xeral que se están facendo xa desde bastantes anos, e que se van completando, por poñer un caso,... non o quixo dicir, pero eu o digo porque a min non me doe en prendas dicilo, por exemplo, no meu propio Concello pois vai unha carretera que é das Achas a Franqueira, que leva, vamos na sexta anualidade, se eu intentara pois abusar un pouco desta situación, pois faríase nun ano, non sei, quizáis aínda tardaremos dous anos porque vamos casi quilómetro a quilómetro facendoa. O único que sucede é que é o tema de sempre, que os recursos públicos son desgraciadamente escasos para as necesidades reais, e se nós poidéramos facer unha carretera nun ano non tardaríamos sete ou oito anos porque loxicamente non somos masoquistas. O único que sucede é que os recursos son os que son, e intentamos darlle unha solución. Sobre o que dixo o Sr. Costas Abreu do Plan de Carreteras, dicíame o Enxeñeiro, precisamente onte, Alfonso Enríquez, que a Empresa pois está a punto de complementa-los traballos que se habían dado, e que un día destes pois virán aquí a talar con nós para presentalo Plan. E o único que lle pode dicir dunha, o demáis non depende de nós. Nada máis. ¿Algunha intervención máis?. Sométese a votación: ¿votos en contra?, Grupo Socialista e Sr. Lage. ¿Abstencións?, Sr. Costas Abreu. Os demáis votamos a favor, queda aprobado por maioría. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, cos votos en contra dos Sres. Deputados do PSOE e o Sr. Lage Rodríguez e a abstención do Sr. Costas Abreu, aproba-la relación de obras a incluir na ampliación do Plan da Rede Viaria Local 1990, por un importe total de CORENTA E OITO MILLONS TRESCENTAS CORENTA E CATRO MIL PESETAS (48.344.000), que se citan: 1.- C.P. Silleda-Bodaño (Silleda)....................................... 9.719.585 2.- Mellora da capa de rodadura na C.P. Castrelo-O Facho (CambadoS)..... 4.800.000 3.- Mellora da capa de rodadura na C.P. Rodeiro-Osera (Rodeiro)......... 2.000.000 4.- Mellora da capa de rodadura na C.P. Mos-Puxeiros (Mos).............. 6.000.000 5.- Mellora da capa de rodadura na C.P. Achas-Franqueira (A Cañiza)..... 8.000.000 6.- Novo acceso ós Centros de Ensino, do Monte Carrasco (Cangas)....... 17.824.415 TOTAL....... 48.344.000 ======================= Dado que o financiamento das mesmas establécese nun 50% para cada unha das Administracións Estatal e Provincial, a Deputación deberá apota-la cantidade de VINTECATRO MILLONS CENTO SETENTA E DUAS MIL PESETAS (24.172.000), tal como se acordou no Pleno de 31 de agosto deste ano (acordo 4.2770). ------ Folla: 169 6.2811.- PETICION DE SOGARPO DE AMPLIACION DO NUMERO DE CUOTAS QUE EN DITA SOCIEDADE POSUE ESTA DEPUTACION, EN CALIDADE DE SOCIO PROTECTOR DA MESMA Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, sin entrar en el fondo de la cuestión que creo que no hace falta tal como está el expediente, es decir, ahí se dice claramente que no hay consignación presupuestaria, entonces lo lógico, creo yo, vámonos a una modificación de créditos si se quiere acceder a esta petición, y después traígase el tema al Pleno. Pero es que ustedes siguen siempre el camino enrevesado, y es que dejan sin efecto el informe del Interventor, hacen un reconocimiento para que en la próxima modificación de crédito se meta el dinero para este tema, es decir, siempre le dan vueltas al revés a esta historia, y creemos que no es el procedimiento ni la forma de actuar. Vamos a votar en contra también. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Simplemente isto é un escrito desta Sociedade que eu creo que está facendo un labor importante sobre todo no tema de colaboración cos pequenos empresarios, en canto a presentarlle avais e garantías. Efectivamente neste momento non hai consignación, a intención é intentar que na próxima, no próximo expediente de modificación de créditos suma unha cantidade tan grande que son catro millóns de pesetas, porque loxicamente dixemos que sempre era intención nosa pois é incluila. Vamos a votar. ¿Votos en contra?, Grupo Socialista. Sr. Nieto, ¿usted también?. Como no se si levantaba la mano o no. Vale. ¿Abstencións?. Os demáis votamos a favor, Esquerda Galega tamén vota a favor. Logo queda aprobado por maioría. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra dos Sres. Deputados do PSOE e Sr. Lage Rodríguez, que con cargo ó Presuposto Provincial de 1991 esta Deputación Provincial adquira CATRO MILLONS DE PESETAS (4.000.000) do capital social de SOGARPO (Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa), na súa calidade de Socio Protector da mesma, procedentes da participación do Instituto da Mediana e Pequena Empresa Industrial (I.M.P.I.) en dita Sociedade. ------ Folla: 169,171 7.2812.- PROPOSTA OUE FORMULA A DIRECCION XERAL DA CIDADE INFANTIL "Príncipe FELIPE" SOBRE CONVOCATORIA DE 4 BECAS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Nodar. Sr. Nodar Martínez.- Bueno, realmente en este punto no tendría mayor importancia, salvo que la propuesta que se trae es la de convocar cuatro Becas, pero casualmente no son ni para estudios, ni para investigación, ni nada por el estilo, sinó que se trata únicamente para cubrir cuatro plazas de Vigilantes durante las horas de comida. Entonces, sinceramente, creemos que hay dentro de la legislación laboral fórmulas bastante más precisas para cubrir estas plazas que es por la vía de las becas. En este sentido nosotros mantenemos el sentido de voto de la Comisión e incluso donde habíamos apoyado una propuesta del compañero de Corporación del PSG, Sr. Costas, por la vía de la contratación laboral que sería lo más lógico, o sea, que las becas lógicamente no son para sustituir a Vigilantes. Nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, aquí hay una coincidencia como, había ocurrido con el asunto de los Monitores, que tenían que tener menos de dieciocho años y efectivamente pues se llegó a esa conclusión, que no tenía por qué. O sea, treinta años eran si, que no tenían que ser forzosamente pues menor de treinta años. En este caso ocurre una cosa parecida y es que se limita, se limita a veinticinco años la edad de la gente que pueda participar. Yo he estado meditando en el tema y pienso que como además son plazas que hacen falta, al margen de que esté completamente de acuerdo con lo que ha dicho el compañero pienso que habría que, en principio hasta veinticinco años pero caso de, que haya posibilidades de, o sea que yo presento eso como enmienda porque pienso que beneficia aunque en general pues esté de acuerdo con lo que ha dicho el amigo. Sr. Presidente.- De acuerdo, se acepta eso de hasta veinticinco años. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente. Como no asunto anterior das estradas, para recordarlle os seus compromisos anteriores. Hai unha inercia nesta Deputación que vén de tempos atrás, en concreto do que prevía o Regulamento de Funcionarios de Administración Local do ano 52, ou me parece que era ou non sei cantos anos triunfal e que ano tras ano por mor das profundas meditacións que ás veces se fan na Deputación sobre o que aquí facemos pois se mantén e en moitos Centros pois se manteñen unha serie de situacións de becas que non son tales. E ademáis contra calquera criterio de razonabilidade. Creo que isto se expuxo aquí unhas novecentas trinta e sete veces e medio e me parece ou polo menos iso creín entender eu que chegáramos ó criterio de que polo mesmo prezo, tendo en conta as facilidades de contratación temporal que hai hoxe en día, as subvencións en materia de Seguridade Social, etc., etc., polo mesmo prezo, xa que se lle pide a unha xente que presten ser- vicios, pois se lle fai un contrato co cal polo menos ten unha cobertura de asistencia sanitaria, unhas cotizacións á Seguridade Social, etc. E neste punto é o mesmo, certamente é unha contratación temporal ata final de curso entendido en sentido estricto de tempo de impartición de clases e cun horario limitado ó día, pero existen modalidades de contratación para iso e é que se se collen os requisitos esixidos ós aspirantes a becarios -entre comillas-, encaixan perfectamente no que é o Decreto que regula os contratos en prácticas ou para formación e non é necesario poñer límite de idade depende de cando remataran os seus estudios ou de que os estean facendo. Eu pedínlles na Comisión para resolver este asunto que presentara un estudio económico, que se fai nunha patada, e estou seguro de que non costa máis cartos que un contrato de xornada reducida como este e a verdad e é que non o entendo eu creo que ás veces hai que poñerse na situación dos eventuais beneficiarios ou beneficiarias -entre comillas- destes contratos. Se a un o contratan para traballar tres horas ó día neste caso en Príncipe Felipe, pero en calquera outro sitio, o mínimo dereito que un ten ou que pode aspirar a ter é a te-la súa correspondente Seguridade Social e se ten algún problema de saúde pois unha asistencia sanitaria e non sei porque manteñen isto, de verdade, eu creo que non ten unha explicación razonable. Insisto en que non ía a costar máis ou nos pode costa-lo 5% máis e é unha cifra despreciable neste caso. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención?. Bueno nós vamos amante-la proposta porque evidentemente eu creo que independentemente de que a solución que aporta o Sr. Costas Abreu pode estudiarse e que tampouco é descabellada senón todo o contrario eu creo que tamén con este tema se está facendo un labor de que moita xente que quere estudiar pois ó mellor en Pontevedra, e que non é desta cidade, pois entre outras cousas, ou xente tamén que sendo desta cidade pois teña poucos recursos económicos ó mellor para axudas dos seus estudios pois con ir alí este tempo que está marcado non lle impide o desenrolo normal do seu curso e ó mesmo tempo pois está facendo un labor, sobre todo no campo educativo, que ó mellor é profesionalmente donde eles proceden. Así que vamos a mante-la proposta da Comisión. ¿Votos en contra?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Vote a enmenda, está formulada a enmenda en Comisión de que se transformen... Sr. Presidente.- Bueno, vamos a votar a enmenda do Sr. Costas. ¿Votos a favor da enmenda do Sr. Costas?. ¿Abstencións?. Os demáis votamos en contra queda rexeitada a enmenda. ¿Votos en contra do punto da Orde do Día, tal é como vén o dictame da Comisión?. ¿Votos en contra?. Sr. Costas Abreu. ¿Abstencións?. Grupo Socialista e o Sr. Lage. Os demáis votamos a favor. Queda aprobado por maioría. Préstase aprobación por maioría, co voto en contra do Sr. Costas Abreu e a abstención dos Sres. Deputados do PSOE e o Sr. Lage Rodríguez e despois de rexeitarse por maioría unha enmenda do Sr. Costas Abreu, á Convocatoria e Bases do concurso para a adxudicación de 4 Becas con destino os titulares do disfrute das mesmas á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", para o Curso 1990-1991, entendendo que o 91 termina, neste caso, o 31 de maio de dito ano, conforme coa proposta de Bases que formula a Dirección Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" en 4 de outubro do ano en curso, incluído-los engadidos que propón a Sección de Persoal no informe adxunto, que completan a Convocatoria proposta, e figurando os engadidos transcritos en letras maiúsculas. As Becas están dotadas con: a) VINTECINCO MIL PESETAS (25.000) mensuais; b) VINTECINCO MIL PESETAS (25.000) para axuda de matrícula e libros, previa presentación de xustificante correspondente; c) o xantar no Centro en horario dos alumnos. As Becas, no seu caso, extínguense o 31 de maio de 1991 ou por calquera das causas de incumprimento das obrigacións do Becario e a proposta da Xunta de Goberno da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Faise constar que durante o debate deste asunto incorporouse á sesión o Deputado D. José Manuel Barros González, sendo as dez horas e vintecinco minutos. ------ Folla: 171,172 8.2813.- CONVOCATORIA PARA PROVISTAR CON FUNCIONARIOS DE CARREIRA, PRAZAS VACANTES NO PLANTEL DE FUNCIONARIOS DESTA Excma. DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Digamos que produce un certo sonrojo ver esta Convocatoria. E vou a explica-lo por que. Vén unha Convocatoria derivada da Oferta de Emprego Público para dezaoito prazas de Médicos variadas, por así dicilo, e a fórmula é o concurso-oposición. E vamos a estudia-las dúas fases do procedemento selectivo. A oposición faise sobre vintecinco temas, son prazas do Grupo A e dous dos temas do temario que prácticamente é o mesmo, con adaptacións, responden a epígrafes tan concretos como Administración e Administración de xeito que se pode dicir que son vintedous temas. O normal, e me parece que incluso cando negociáremo-lo Convenio ou Acordo Regulador, é que en función do grupo de titulación pois os niveis de esixencia nas probas teóricas tiveran unha certa proporcionalidade, non, e realmente aquí hai unha diferencia de trato evidente entre uns e outros Técnicos. Como en persoal lles deu un pouco de vergonza pasar simplemente con ese temario engadiron, ¡oh cielos!, sete temas de dereito administrativo e constitucional absolutamente básicos e a min chámame a atención que a uns Técnicos sanitarios superiores non se lles pida nin un mínimo coñecemento da lexislación sanitaria vixente, cousa que creo que ten a súa importancia e incluso polas circunstancias profesionais concretas, é dicir, pola cuestión das transferencias que algún día terán que vir, me gustaría saber cando, é conveniente porque iso supón unha mutación na súa relación de servicios bastante importante. E se collemos a fase de concurso pois hai que dicir que o baremo é francamente desequilibrado, voullo a explicar cun exemplo moi práctico. Un ano de traballo no Hospital Provincial da lugar a que se obteñan catro puntos, a realización, por exemplo, da tese de doutoramento que supón cando menos dous anos de traballo e cando menos poñendoo moi polo baixo da un punto, a correlación esforzo-retribución en puntos creo que non é precisamente moi xusta. E non vou deixar pasa-la ocasión para chama-la súa atención sobre a existencia dunha Ordenanza da Normalización Lingüística que preve unhas cousas sobre as cualificacións lingüísticas dos aspirantes a traballar na Deputación e un exame de galego, voluntario, francamente de adorno. Non é só que na Lei de Bases, na Lei Xeral de Sanidade que é una Lei básica, se estableza que nas distintas Comunidades Autónomas o persoal da Administración sanitaria ten que coñece-los idiomas oficiais, tampouco creo que faga falta, polo menos ós que máis saben deste tema que hai un Decreto Regulador dos Dereitos dos Enfermos que preve especificamente o dereito dos enfermos a ser atendidos no seu idioma propio. Simplemente habería que recordarlles que estamos nun sitio chamado Pontevedra e que está inserto nun determinado país, aínda que pareza o contrario, e hai moitos enfermos que son galego-falantes. Creo que non é moito pedirlle ó persoal que vai a prestar servicios e cobrar por elo, pois, que poida entender a esa xente, porque calquera que coñeza un pouco a práctica médica e aquí se atende a moita xente de tódalas zonas da Provincia, no Hospital Provincial e no Psiquiátrico, sabe os problemas, os problemas prácticos, xa non estou falando de cuestións de principios nin nada polo estilo, que se derivan. De que moito médico que anda por aí non queira, non saiba ou non estea debidamente motivado para que aprenda o idioma de moitos dos pacientes, cidadáns-pacientes que van ser atendidos por eles. Loxicamente senón se corrixen estas tres cousas, non estou de acordo co contido concreto desta Convocatoria. Me parecen defectos graves, non cuestións de detalle. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo pienso que una vez que ha habido el cambio en el Gobierno de la Autonomía yo me imaginaba que efectivamente pues iban a iniciar, a cumplimentar todas las promesas, todas las cosas que así dijeron en la campaña anterior cuando efectivamente gobernaba en parte el Partido Socialista y desde aquí mismo se achuchaba y se acuciaba al mismo, al Partido Socialista, para que se hiciese cargo dé las transferencias sanitarias. Yo creo que una tregua como se ha dado de ya casi un año, por lo menos diez meses, pasados, es momento de que efectivamente la Xunta de Galicia pues, la actual Xunta de Galicia, su actual Gobierno comience a cumplimentar todo lo que cacareó en aquellos momentos previos, de forma que yo pienso que debe quedar pendiente, me imagino que ya será inminente el que se asuman estas responsabilidades tanto el Hospital Provincial como El Rebullón, como el Hospital Municipal de Vigo, etc., de forma que yo solicito que, seguro, seguro, que ustedes tienen resuelto el problema inmediatamente que quede pendiente y que por favor que se vote porque entiendo que esto lo entiende y lo conoce además, sobre todo ustedes, de que es inminente la asunción por parte de la Xunta de Galicia de las obligaciones sanitarias. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Ballesta. Sr. González Ballesta.- Gracias, Sr. Presidente. Bien en cuanto a lo que plantea el Sr. Costas, yo siento estar en desacuerdo con él, se trata de plazas de especialista, como tales plazas de especialista de lo que se trata es de profundizar en determinados temas, que el listado de temas presentados sea restrictivo, también lo es en las diferentes especialidades y lo que se debe de valorar, entendemos nosotros, es la profundización en esos temas no que haya temas excesivamente amplios porque no se trata de plazas de Medicina General sinó de especialidad. En cuanto a incluir dentro de ese temario la legislación sanitaria, le quiero recordar al Sr. Costas que en la propia carrera de Medicina no existe ninguna asignatura que se dedique a eso, y aunque teóricamente pudiera haber alguna probablemente sea un defecto de planificación en la carrera, no se puede exigir a la gente, evidentemente, lo que no ha estudiado. En cuanto a lo que plantea el Sr. Nieto, pues, evidentemente usted sabe que en este momento las negociaciones están por buen camino pero también dependen algo de ustedes, como tal Grupo. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, un segundo só. Moi vello non son pero cando estudiei dereito estudiei "Los principios Fundamentales del Movimiento, el Fuero del Trabajo, el Fuero de los Españoles, la Ley Orgánica de Sucesión a la Jefatura del Estado" e outra serie de estupideces similares, loxicamente non me poden esixir que saiba a Constitución para estar aquí, naturalmente. Precisamente porque non se estudia por desgracia é conveniente, non un esforzo excesivo, deben ser quince folios que se lle pide á xente que polo menos os lea e teña unha mínima idea e que sexan especialista ou non especialista se vostede se le o temario verá que a mitade dos temas non significan practicamente nada, puros epígrafes valeiros de contido, é dicir, quen queira preparar esas oposicións salvo que estea no allo teno francamente difícil. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos a someter a votación este punto da Orde do Día. ¿Votos en contra?. Sr. Costas Abreu. ¿Abstencións?. Grupo Socialista e o Sr. Lage. Os demáis votamos a favor. Queda aprobado por maioría. Préstase aprobación por maioría, co voto en contra do Sr. Costas Abreu e a abstención dos Sres. Deputados do PSOE e do Sr. Lage Rodríguez, á Convocatoria, Bases e programas, do concurso-oposición libre para provistar con funcionarios de carreira 18 prazas de Médicos das especialidades que seguidamente se relacionan, vacantes no Plantel de Funcionarios desta Excma. Deputación Provincial, e figuradas na "Oferta de Emprego Público" aprobadas pola Corporación Provincial e publicadas no seu momento oportuno. As citadas 18 prazas de Médicos, están incluídas no Grupo A, do arto 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, clasificadas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial, Clase Técnicos Superiores e denominacións seguintes: - 1 de Médico Adxunto, especialidade Análises Clínicos-Laboratorio. - 2 de Xefes Clínicos, especialidade Psiquiatría. - 1 de Médico Adxunto, especialidade Neuroloxia. - 3 de Médicos Adxuntos, especialidade Pediatría. - 3 de Médicos Adxuntos, especialidade Medicina Interna. - 4 de Médicos Adxuntos, especialidade Anestesia-Reanimación (UCI). - 3 de Médicos Adxuntos, especialidade Traumatoloxia. - 1 de Médico Adxunto, especialidade Radiodiagnóstico. Todas elas, coas retribucións básicas que a dito A corresponden, e demáis complementarias que figuran asignadas ós correspondentes postos de traballo e con crédito no Presuposto vixente. Daráselle á Convocatoria, Bases e Programas, a publicidade regulamentaria, nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 172,173 9.2814.- SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE COMPLEMENTO ESPECÍFICO DE DEDICACION EXCLUSIVA A UN MEDICO DO HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- Sr. Nodar, tiene usted la palabra. Sr. Nodar Martínez.- Si, únicamente para insistir en todos esos temas de dedicación exclusiva y es el ejercicio por parte de la Diputación del control necesario del Padrón de Licencias Fiscales. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, para simplificar e creo que o podemos facer todos, falar conxuntamente dos puntos 9 e 11, que son o mesmo, casos personais distintos pero son o mesmo suposto. E aquí o problema que hai é a súa negativa contumaz e non sei cantos calificativos poñerlle, a cumprir e facer cumprir, que por outra parte é o seu deber Sr. Presidente, igual que o de todos nós, a lexislación vixente que é a de incompatibilidades cuestión na que eu creín que estabamos uns cantos Grupos de acordo pero veño de descubrir no Concello de Vigo que o PSOE acaba de cambiar xa a súa postura. Bueno dificilmente poden vostedes toma-lo acordo do punto 9, fíxense que curioso, simplemente observando os matices das dúas persoas que eu espero que consigan a dedicación exclusiva e o conseguinte complemento, que ademáis quero que o fagan regularmente. A primeira persoa di que non desempeña ningún outro traballo público nin privado, pero o segundo non di iso, di que non exerce privadamente a profesión, ou sexa, que nin sequera a efectos formais de acreditar que non ten outro posto de traballo se controla nin a fórmula a efectos de comprometer. Pero é que o mecanismo legal para atribuirlle a alguén o Complemento Específico e de declara lo incompatible non é este é a presentación, hai incluso un modelo oficial de declaración, dunha declaración de actividades e ese é o sistema de control máis racional e a todo mundo hai que pedirlle o mesmo tipo de declaración. Vostedes non. E no segundo punto, no que a solución que se lle da é diferente porque é xente que admite que ten actividades privadas e o simpático do asunto é que eu preguntei en Comisión se esta xente que desempeña as súas actividades privadas ten recoñecida ou non incompatibilidade e a resposta que se me deu en Comisión e figura en Acta é que non, non a ten recoñecida, traballando por libre, ó seu aire. Bueno, pois, o artigo 14 da Lei de Incompatibilidades di textualmente "que o exercicio de actividades profesionais, laborais, mercantís ou industriais fóra das Administracións Públicas, requerirá o previo recoñecemento de compatibilidade", facultade ademáis que é da competencia exclusiva deste Pleno. E eses cidadáns están nunha situación de falta disciplinaria moi grave pola súa culpa, de vostedes non deles, eles ó fin e ó cabo si lles deixan fan o que lles da a gana, natural. Eu non entendo realmente como se manteñen nesta situación e algún día lles vai a traer problemas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu estou de acordo de que na redacción do acordo se poñan esas circunstancias que vostede apuntaba desde o punto de vista, vamos a dicir, semántico, estaba eu consultando co Secretario, efectivamente non hai ningún problema para que non soamente poña que non fai ningunha actividad e privada senón que se redacte o acordo no sentido de que o facía outro señor que solicitaba tamén a declaración exclusiva. Vamos a votar este punto da Orde do Día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Costas Abreu. El PSOE no. Los demás votamos a favor, queda aprobado por mayoría. Vista a petición formulada por D. Miguel Soneyra Patiño, Médico Adxunto do Servicio de Traumatoloxía e Ciruxía Ortopédica, considerando o informe favorable que ó efecto emite a Dirección Médica de dito Centro, con fundamento nas consideracións expostas nos pertinentes informes que se incorporaron ó acordo de homologación retributiva dos Médicos do Hospital Provincial cos facultativos das Institucións pechadas da Seguridade Social, adoptado polo Pleno desta Corporación en sesión extraordinaria de 9 de novembro de 1989, acórdase por maioría, coa única abstención do Sr. Costas Abreu, recoñecer ó solicitante o complemento específico por incidencia dos factores de dedicación e incompatibilidade en iguais condicionantes e contía que, para funcionarios de igual clase e categoría, foron recoñecidos polo mencionado acordo. ------ Folla: 173 10.2815.- APROBACION DE APLICACION DE NOVOS SALARIOS A PERSOAL MIR DESTA EXCMA. DEPUTACION Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Apróbase por unanimidade. Publicado no Boletín Oficial do Estado de data 30 de xuño de 1990, Lei 4/90 de Presupostos Xerais do Estado, considerando os artigos 20, 28 e 35 do citado texto legal así como demáis normas de pertinente aplicación determinada asímesmo a xeneralidade de ditas medidas económicas ó persoal MIR, e en atención ós informes incorporados ó presente expediente, acórdase por unanimidade, a aplicación ós Médicos Internos desta Excma. Deputación Provincial de novos salarios cun incremento do 6% nos seus conceptos retributivos, aprobando e declarando de abono simultaneamente os atrasos xenerados en tal concepto desde 1 de xaneiro a 31 de outubro do presente ano e que alcanzan a suma de CINCOCENTAS DEZASETE MIL NOVECENTAS SESENTA E DUAS PESETAS (517.962) na forma e contía que se expresa en estudio económico adxunto. O propio tempo, considerando a casualidade da súa creación, a modo e semellanza dos propios MIR, faise extensiva a aplicación do incremento porcentual sinalado ós PIR que prestan servicios no Hospital Psiquiátrico "O Rebullón", aprobando e declarando de abono os conseguintes atrasos por importe de CENTO VINTENOVE MIL DUASCENTAS CINCUENTA PESETAS (129.250) e que se contraen ó mesmo período de tempo, fixándose contía individualizada en estudio económico adxunto. ------ Folla: 173 11.2816.- SOLICITUDES DE RECOÑECEMENTO DE COMPLEMENTOS ESPECIFICOS FORMULADAS POR MEDICOS DO HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Votamos ou quere alguén intervir?. Porque dicía o Sr. Costas e o Grupo Socialista que practicamente era similar ó número 9, é dicir, senón hai intervención sometémolo a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstención do Sr. Costas Abreu, en el 11. El 10 aprobado por unanimidad. El 11 se aprueba con la abstención del Sr. Costas Abreu. Vista a reclamación efectuada por D. Francisco Serantes Lede, D. Ignacio Lorenzo García e D. Francisco Javier Fontaíña Lombos, Médicos do Hospital Provincial, considerando que non lles é de aplicación a normativa invocada polos mesmos acórdase por maioría, coa única abstención do Sr. Costas Abreu, desestima-las súas pretensións, e subsidiariamente rexeitanse as mesmas por aplicación do art. 4 do Real Decreto 861/86. ------ Folla: 173,174 12.2817.- RECOÑECEMENTO DE CREDITO PARA ATENCIÓN DE GASTOS DEVENGADOS DURANTE 1989 Sr. Presidente.- Intervencións. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Bueno, practicamente cada Pleno, en todo o ano, cada Pleno trae un punto deste tipo. Estes son gastos do ano 89, algún deles figura na súa parte superior do folio que no mes de febreiro se dicía que non había consignación, cando o Presuposto se fixo despois, é dicir, houbo tempo para metelos en Presuposto ou nas distintas modificacións de crédito, ó menos algunha das cousas que vén aí. Non vamos a votar en contra pola contía pero si vamos a absternos pola forma sistemática de mal face-las cousas por parte do Grupo de Goberno. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, bueno xa, o costume é o principal enemigo da liberdade dicía Voltaire e realmente a estas alturas poñerse a falar dun recoñecemento de crédito que debe levar neste mandato da Corporación o número 936 bis, pois, da lugar a hilaridade colectiva no mellor dos casos e a verdade é que este dos 936 máis o bis, pois debe ser por orde de importancia o 915 ou algo así, son poucos cartos e non é unha cousa así particularmente gorda, simplemente demostra que o control económico funciona. A min o único que me chama a atención porque xa hai que collerlle a punta polo lado máis simpático é como teñen vostedes un funcionario que cobra dietas por, eu fixen a media, por tres mil quilómetros ó mes, ou o teñen vostedes recorrendo a provincia intensivamente casa por casa facendo campaña electoral, xa sei que é do particular gabinete do Doutor Cuiña pero me parece excesivo, ese home debe acabar destrozado. Se pega unhas carreiras que nin xuntando a tódolos pilotos de fórmula 1 chegan a tales extremos, non me estraña que cobre trescentos trinta e cinco mil de dietas, adicionais, realmente un pouco estraño, ademáis debe te-lo coche reventado, home, xa sei que é un Jeep bastante bo, teño todo controlado pero é excesivo, o pobre Cuiña debe levalo detrás del todo o día. E se el tamén fai tres mil quilómetros ó mes pois francamente é precoupante, hai que mandalo a descansar. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Vamos a someter a votación este punto da Orde do Día. ¿Votos en contra?, ¿abstencións? Grupo Socialista, Sr. Lage, Esquerda Galega, Sr. Costas Abreu. Os demáis votamos a favor. Queda aprobado por maioría. Vísto-los expedientes tramitados para aprobación e declaración de abono, reintegro de gastos así como de axudas económicas sobre gastos xenerados durante o exercicio 1989, considerando os informes incorporados ó presente expediente, acórdase por maioría, coa abstención dos Sres. Deputados do PSOE e os Sres. Lage Rodríguez e Costas Abreu, recoñecer crédito por importe de UN MILLON DUASCENTAS DEZASEIS MIL OITENTA E UNHA PESETAS (1.216.081) para a atención dos gastos que individualmente se relacionan a continuación, e a favor das persoas que igualmente se sinalan: - D. Juan Carlos Almón Vispo (Laboral) 20.405 pts. -D. Manuel Fernández Gómez (Laboral) 32.940 pts. - D. Constante Tilve Cobas............. 9.842 pts. - D. Jesús Vidal Troitiño............. 36.330 pts. - D. Jesús Silva Caeiro............... 24.605 pts. - D. Manuel González Loureiro......... 24.605 pts. - D. Víctor Miranda González.......... 98.420 pts. - D. Jesús Riopa Segura................ 9.842 pts. - D. José Calviño Rey (Laboral)....... 34.160 pts. - D. Manuel Cabanelas Pérez............ 3.976 pts. - D. Ramón González Fernández.......... 4.921 pts. - D. José Tomás Pereira Gil.......... 335.366 pts. - Dona Soledad Muñíz Pensado (MIR).... 36.660 pts. - D. José Mª Blanco Lobeiras (MIR).... 36.660 pts. - D. M. Angel Haza Duaso (MIR)........ 36.660 pts. - D. Juan L. Fernández Hierro (MIR)... 36.660 pts. - Dona Estrella González Gómez (PIR).. 36.660 pts. - Dona Mª José Veiga Candán (PIR)..... 36.660 pts. - D. Félix Tarrida Abilleira.......... 52.500 pts. - D. Fernando Fuentes Sotelo......... 100.180 pts. - D. Fernando Rodríguez González...... 13.624 pts. - Dona Mercedes Rodríguez Lorenzo.... 219.010 pts. Como queira que se trata de gastos devengados en exercicio pechado deberá recoñecerse crédito para a atención dos mesmos, habilitándose ou suplementándose, se fose necesario, o correspondente crédito no primeiro expediente de modificación de crédito que se leve a cabo. ------ Folla: 174 13.2818.- COMUNICACIONS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Comunicaciones. Dar cuenta de que en la Comisión de Gobierno del pasado día 22 se trató un escrito del Delegado Provincial de Cultura y Juventud rogando se designara al representante y se confirmara al mismo tiempo la baja de D. Sebastián Juncal Currás como representante de la Diputación en la Comisión Territorial del Patrimonio Histórico-Artístico, y al mismo tiempo rogaban que inmediatamente se designara otro que le sustituyera y se propone al Diputado D. Avelino Fernández Alonso. Y también dar cuenta de una Resolución Presidencial del pasado 18 de octubre por la que en casos de ausencia del Presidente de la Diputación, se faculta a los Vicepresidentes D. Carlos Mantilla Rodríguez y D. José Manuel Barros González, para firmar vistos e praces de certificacións, oficios de remisión, tomas de posesión, presidencia de actos e mesas de contratación, e en xeral calqueras outros actos de trámite, y también la disposición de gastos hasta quinientas mil pesetas. Sr. Presidente.- Vamos a ver, esto es en el supuesto de que haya una ausencia oficial, y para que la Diputación siga funcionando normalmente, por cualquier causa que pueda suceder. ¿Alguna comunicación más?. Ratifícase acordo da Comisión de Goberno do pasado 22 dos correntes, designándose representante da Deputación na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico ó Deputado Provincial D. Avelino Fernández Alonso. ------ Folla: 174,175 FORA DA ORDE DO DIA e previa unánime declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: 14.2819.- RENUNCIA O CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. ANTONIO PILLADO MONTERO Sr. Presidente.- Si, ahora entramos en algunos asuntos que tenemos fuera del Orden del Día. Bueno, D. Antonio Pillado Montero también presenta su renuncia como Diputado Provincial, ya lo venía anunciando hace tiempo, por razones personales, sobre todo por su enfermedad. Había también renunciado en su momento a la Alcaldía de Cambados, lo que pasa que como no estaba incluído dentro del Orden del Día lo tenemos fuera del Orden del Día. Vamos a someter primeramente a votación la urgencia de este punto. ¿Votos en contra de la urgencia?, ¿abstenciones?. Se declara urgente, se declara la urgencia. Vamos a entrar en el punto del Orden del Día, si alguien quiere intervenir, simplemente es esta circunstancia. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Si, no, era sencillamente conocer qué pasa en el Grupo Popular, porque constante y permanentemente están ustedes cambiando unos enfermos hasta el pobre, el querido e inolvidable Ligero, qué pasa, algo, algo ocurre ahí. Sr. Presidente.- Yo creo que el Sr. Díaz González, Ligero conocido para todo el mundo, pues nos abandonó por otras causas, desgraciadamente, y el de Vila de Cruces lo mismo. Yo creo que el tema de Pillado, si él precisamente ya lo había anunciado hace tiempo, y era una cuestión, es decir, saben que había tenido un infarto, un infarto aparte bastante grave, es decir, que estuvo mucho tiempo en el Hospital, y entonces bueno, pues quizás tenga un excesivo trabajo, en este momento sigue siendo todavía Diputado en las Cortes Generales, y yo creo que, según dice él, que con eso ya tiene suficiente debido a su estado de salud. De acuerdo, muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- ...hay contagio... a lo mejor pues como andan, dicen, la cosa equina por ahí. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa, por favor, no diga cosas que pueden afectar al honor de las personas. Sr. Costas Abreu, ¿quiere intervenir?. Sr. Costas Abreu.- Non, era simplemente para dicirlle que por nós podían dalo por acumulado no punto dous de renuncias, e se queren presentar tódalas demáis, aparte de agradecerlles a todos os servicios prestados, pero era simplemente dicirlle que non creíamos que fixera falta nin votar iso, se da por votado sempre. Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención más?, no. Bueno, yo en este punto del Orden del Día no lo hice precisamente en el punto número dos, era precisamente para agradecer a estos dos compañeros, para no repetirme porque es a los dos igual, pues agradecer le como Presidente de esta Institución y en nombre, creo que de todos los compañeros, el trabajo que han desarrollado a lo largo de este período, y bueno, que su decisión personal ha sido el abandonar la Corporación, que la respetamos, pero que por lo menos durante su tiempo compartiendo con nosotros las tareas de gobierno, los dos Diputados que nos abandonan, pues creo que han hecho una labor importante y yo quiero, pues, dejar constancia aquí, en este momento, en el Pleno. Acéptase por unanimidade a renuncia formulada por escrito ó cargo de Deputado Provincial por D. Antonio pillado Montero, do Partido Popular, a quen por boca do Ilmo. Sr. Presidente se lle agradecen os servicios prestados, dando conta á Xunta Electoral Central para a designación de quen deba sustituilo. ------ Folla: 175,185 15.2820.- MODIFICACION DO REGULAMENTO ORGANICO DA CORPORACION PROVINCIAL Dicho esto vamos a someter también a urgencia otro punto, es decir, vamos, como habíamos anunciado en el Pleno anterior, a debatir el Reglamento de Funcionamiento de la Corporación. Con anterioridad vamos a someter a urgencia este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra de la urgencia?, perdón, señor. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, también, tal y como dijimos en el anterior Pleno, lo que nos parece es un poco absurdo que después de tres años y cuatro meses el Grupo de Gobierno se haya acordado que tiene que reformar el Reglamento, es decir, nos parece que no hay demasiadas razones que expliquen, o al menos, bueno, si hay alguna nos la dirán después, pero nosotros no entendemos que sea necesaria a estas alturas una reforma del Reglamento, y mucho menos que se tramite por urgencia. Vamos a votar en contra de la urgencia. Sr. Presidente.- Bien. ¿Algún voto?. Yo creo que después pueden ustedes entrar en el debate, pero en fin, yo no tengo ningún inconveniente. Sr. Nieto Figueroa.- No, pero si es que efectivamente vamos a hablar de urgencias, pues no se cuando ha sido dictaminada la Moción que usted presenta porque desde luego hay alguna Moción presentada en el mismo sentido con fecha anterior. Me parece que la tiene el Sr. Secretario General por ahí, entonces, por lógica, por orden de fechas, si usted quiere entrar en el Reglamento primero habrá que estudiar la Moción que he presentado en su momento, y que desde luego es una Moción para el futuro, no para volver a cantar el Cara al Sol. Yo le diría Presidente que en un ánimo de paz, en un ánimo de paz como le dije en la última sesión, si usted la quiere deje quedar la cosa así, no se debate la mía, no se debate la suya, y vamos mejor, yo se lo sigo aconsejando. Tengo un poquito de experiencia, un poquito, el próximo mes hago veinte años de Concejal, un poquito de experiencia ya tengo, hágame caso, no intente coartar la voz de los Socialistas, no lo va a conseguir, y la mía de ninguna manera, de verdad, por bien de todos. Deje estar las cosas como están, sentémonos, consultemos, hablemos, dialogemos y pensemos, que eso es bastante difícil en muchas personas. Sr. Presidente.- Bueno. Muchas gracias. ¿Algún voto en contra de la urgencia?, el Grupo Socialista. ¿Abstenciones?, el Sr. Costas Abreu. Los demás votamos a favor de la urgencia, vamos a entrar en el debate de la misma, es decir. Yo, una vez que se estudie aquí por medio de todos esta Moción que yo presenté en el Pleno anterior para que diera lugar a este debate, pues se verá perfectamente que la intención del equipo de gobierno no es ocultar el debate sino todo lo contrario, y que prácticamente no va a haber esto, recortes a nadie, en general, y que al mismo tiempo el, como digo, el tiempo será testigo de demostrar que eso no va a ser mi talante ni mucho menos, simplemente que también quiero decir con toda claridad y lo dije ya en algún momento, de que lo que hay es que ordenar los debates de alguna forma. Yo creo que mientras estemos en algún grupo político, hombre, todo el mundo puede marcharse a otro grupo si quiere, pero mientras estemos en algún grupo político, mientras incluso aunque sólo sea para dar una cierta imagen de coherencia ante el electorado pues incluso y con respeto a nuestros propios compañeros debemos tener una actitud determinada. Entonces yo en ese sentido no es esta intención de ocultar ni intentar que no haya debates en esta Institución sino todo lo contrario, por eso en algún momento se verá ahí que el propio Presidente se reserva la facultad y lo hará, en general, y lo hará, ya digo sino el tiempo se encargará de demostrar que si no es así, de que en general pues todos los Diputados que puedan intervenir puedan intervenir, pero en general, pero no corno lo están haciendo normalmente porque lo estamos observando y podemos recoger todas las Actas de que por ejemplo el Grupo Socialista y aparte estaba en su derecho, y podrá estar en su derecho, pues en todos los puntos del Orden del Día pues estaban interviniendo siempre dos o tres personas que lógicamente a lo mejor no debieran de intervenir puesto que el Grupo Socialista pues tiene personas cualificadas, creo yo, para demostrar cuál es su dictamen y su parecer sobre algunos puntos concretos y lo mismo pasará con los otros. Si nosotros replicáramos en el mismo sentido que interviniera el Grupo Socialista yo creo que las sesiones tardarían cuatro o cinco horas o seis horas cuando realmente no tiene porque ser así puesto que los argumentos de los mismos compañeros eran prácticamente los mismos, es decir, si dijésemos aportaban datos nuevos pues enriquecían de alguna forma el debate pero en general no es así, y ya digo, me remito a las Actas que están ahí. Entonces vamos a entrar en el debate propio del asunto del Orden del Día. Intervenciones. Sr. González, por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Cuestión de orden Presidente. Sr. Presidente.- No ahora no hay. Sr. González. Sr. Nieto Figueroa.- Si, si, si. Cójase el Reglamento, por favor, y cumpla la Ley, tiene al Secretario General al lado. Cuestión de orden Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Pues le voy a dejar intervenir pero por favor... Sr. Nieto Figueroa.- Cuestión de orden Sr. Presidente, por favor, le estoy hablando con el Reglamento actual el de antes y el que viene. Cuestión de orden. Escuche al Secretario General y no prevarique, por favor, de verdad se lo digo en serio pregúntele si tengo derecho a suspender, a suspender no, a solicitar una cuestión de orden. Pregúntele por favor. Sr. Presidente.- Hable usted. Sr. Nieto Figueroa.- Pregunto yo, porque usted no lo dijo, cuál de las Mociones se va a debatir, la que he presentado en forma y fecha en su momento que va relacionada con el mismo tema o la que usted acaba de debatir ahora con unos señores del cuál no sabemos siquiera quiénes han sido, lo que si sé, lo que si se sabe es que estos señores han cobrado diez mil pesetas por venir a esta reunión en exclusiva para intentar callar el único representante total y absoluto de la ciudad de Vigo, que soy yo. Uno y medio. Sr. Presidente.- Perdón. Sr. Nieto Figueroa, mire, la Moción que usted presenta, la Moción que usted presenta tiene fecha del 15 de octubre, yo presenté este tema en el Pleno anterior usted presentó una Moción posteriormente a este punto del Orden del Día, perdón a la inclusión de la Moción mía en el Pleno anterior. Usted va a tener ocasión ahora aquí y si quiere le voto su Moción, no hay ningún problema, usted va a tener ocasión aquí de debatir todos los temas que usted quiera en este punto del Orden del Día que se refiere al mismo asunto que es la reforma del Reglamento Orgánico de esta Corporación. Entonces ya digo, su Moción tiene entrada, aquí entró en el Registro el 15 del 10 del 90, el último Pleno, pues lógicamente fue a finales de septiembre, estamos ahora en octubre, entonces es decir, que fue muy anterior de ahí que su Moción es muy posterior. Ahora, ya digo, no tiene sentido que presentemos dos Mociones en el mismo punto del Orden del Día, simplemente que usted lo único que puede hacer es debatir todo lo que quiera sobre este punto del Orden del Día, ahora, si usted quiere que se someta a votación su Moción se la someto antes de la mía. No yo tengo aquí la fecha. Bueno usted me está presentando aquí, bueno, me puede traer datos históricos de lo que pasó en la Guerra de la Independencia, es decir, usted trae una de 4 del 3 del 88. Sr. Nieto Figueroa.- Con el mismo texto. Sr. Presidente.- Entonces yo en aquel momento si no nos falla la memoria el Sr. Cuiña ya había dicho que no había lugar... Sr. Nieto Figueroa.- si no me va a pillar. Usted tiene razón porque es Presidente nada más. Con el mismo texto tiene una Moción del año 1988. Sr. Presidente.- Pues de acuerdo. Vamos a someter a votación la urgencia de su Moción. ¿Votos a favor de la urgencia de la Moción del Sr. Nieto Figueroa?. Sr. González Iglesias.- Es para motivar el voto. De la misma forma que antes decíamos en su propuesta que no entendemos que a siete meses de las elecciones se vaya a reformar el Reglamento, seguimos diciendo lo mismo, seguimos sin entendernos sea la propuesta de quien sea. En estos momentos, yo creo que hace tres años lo planteamos todos pero en estos momentos nos parece... Sr. Presidente.- Bueno, pero esa es su postura y yo la respeto pero no la comparto que lo acabo de decir. ¿Quiere que sometamos a votación su Moción Sr. Nieto Figueroa?. ¿Votos a favor de la urgencia de la Moción presentada por el Sr. Nieto Figueroa, la última que es el 15 del 10 del 90?. ¿Votos a favor de la urgencia?. ¿Votos a favor de la urgencia?. ¿Usted mismo ni vota a favor de la urgencia de su Moción?. ¿Abstenciones?. Queda rechazada la Moción de urgencia del Sr. Nieto Figueroa porque ni él los mismos votan a favor de ella. Vamos a entrar en el punto del Orden del Día nuestro, concretamente, es decir, nosotros modificamos una serie de artículos que yo creo que ustedes tienen conocimiento y están ahí. Vamos abrir el debate. ¿Quién quiere intervenir?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Bueno, pois calquera Grupo e calquera Deputado pode propoñer isto e pode dar lugar a un debate interesante ademáis ou polo menos iso creo. Xa sei que aquí hai un Regulamento Orgánico aprobado na anterior Corporación por unanimidade. Tamén debo dicir que eu nunca votaría a favor dese Regulamento Orgánico porque realmente non, nin engade nada á normativa que hai con carácter xeral nin contempla as particularidades desta Deputación e ademáis en moitos puntos é, desde o meu punto de vista, enormemente restrictivo. O que sucede na práctica é que o Regulamento Orgánico desta Deputación aquí non se aplica e o que hai son unha serie máis ou menos de hábitos ou de acordos ás veces como resultado dalgunha discusión máis ou menos forte nunca moito. Entón eu creo que o interesante é analizar un pouco os problemas reais que houbo nesta Deputación neste mandato para buscarlles vía de resolución. E eu vou menciona-lo que considero que son os problemas xerais desta Deputación e por tanto os que creo que habería que afrontar nun Regulamento Orgánico se se pretende facer un, algo serio. Hai un grave problema de absentismo, aquí hai Deputados Provinciais que hai tres anos que non aparecen por aquí. Hai un serio problema de tránsfuguismo, a min metéronme vostedes formalmente, nunca o aceptei nin o aceptarei, nun Grupo Mixto, eu teño bastante pouco de Mixto. E dese Grupo Mixto pois houbo cambios de parella espectaculares e incluso múltiples por dicilo noutros términos, hay xente con excesiva movilidade nesta Deputación, a desgracia é que non é só aquí. Desde o meu punto de vista hai un problema no tratamento das iniciativas de tódolos Deputados. Eu un día destes antes de que acabe a Corporación pois presentarei o balance das miñas iniciativas e chegarei á conclusión de que a mitade delas se trataron e das que se trataron que nunha boa porcentaxe se aprobaron, cousa de agradecer, pois a maioría non se executaron sen máis. E eu creo que esa é unha cuestión a ter en conta, habería que establecer un mecanismo de control ou de seguimento. Hai unha serie de problemas de indisciplina presupostaria e nalgúns outros aspectos tamén é serio e habería que plantarlle cara e o Regulamento pode entrar nese tipo de cousas e quizáis xa non visto desde o punto de vista persoal ou como Grupo Político que represento, o problema máis grave desta Deputación pois se observa simplemente votando un ollo á esquerda da miña posición, é dicir, o público asistente son os sufridos periodistas, dous señores que están alí nunha esquina e outros dous que deberon pasar por aí e decidiron entreterse un rato. Algo ten que ver a hora de fixación do Pleno con isto, é dicir, cando os Plenos se facían a horas nas que a xente podía vir, pois se me permiten o chiste igual viña algún xubilado o algunha persoa cunha curiosidade morbosa para ver que se discutía aquí. A estas horas da mañá moita xente está traballando e non pode asistir a un Pleno e por definición os Plenos dunha Institución Local son públicos e deberían facilitarse a asistencia da xente. Eu xa llo dixen cando cambiamo-lo horario. E creo que na práctica tamén e vostedes se darán conta diso aquí hai unha maioría absoluta abrumadora, con independencia das persoas que cambian frecuentemente e iso fai que se deban aclara-los mecanismos de control na actuación. Creo que vostedes tamén son o suficientemente intelixentes e moito máis para darse conta de que iso é así, é dicir, nunha situación de maioría absoluta é conveniente que se clarifiquen as posibilidades de actuación dos Grupos da Oposición e se marquen claramente os camiños a utilizar. Eses son os problemas realmente. Eu logo analizarei un pouco a súa proposta e creo que non se afrontan eses temas. Creo que realmente a delicada susceptibilidade do Sr. Nieto, si home, así o manifesta, pois un pouco o problema que se intenta atallar podemos chamarlle como se lle queira, o problema dos Cerros de Ubeda ou como acaba de dici-lo Sr. Nieto o problema do único representante como era, enteiro, auténtico e lexítimo da cidade de Vigo desde hai vinte anos. Bueno, pois é unha visión moi persoal do asunto, iso de que sexa o único representante da cidade de Vigo non sei se é da cidade de Vigo ou das Koplowitz, pero bueno iso en último término non é o meu problema e é máis ben unha obsesión compartida polos sucesivos portavoces do grupo político no que se integra o Sr. Nieto e por vostedes. Eu aí realmente non teño nada contra que fale ningún Deputado nin incluso coa particular idiosincrasia de nengún Deputado. O que si creo é que hai un problema concreto neste momento, que é máis interesante desde o meu punto de vista que este, e é que estamos no último período do mandato desta Corporación e eu creo que existe polo menos a posibilidade real un pouco de pensar que o que se vai facer de aquí ó final do mandato é un pouco a recapitulación de todo o que houbo, porque a outra tentación é a de dedicarse a utilizar este último período a facer electoralismo vía presupostos. E ese é un pouco o problema de oportunidade que hai nesta situación, problema de oportunidade visto desde o punto de vista xeral. Vostedes poden caer na tentación de restrinxi-los nosos dereitos e algo hai na súa proposta diso, e contra iso nós podemos caer na tentación de utilizar a fondo os nosos dereitos, e pode complicar bastante o asunto. En concreto, da súa proposta Sr. Presidente, o artigo que se refire o recoñecemento do noso dereito á información e acceso á documentación, nin mellora nin empeora o que hai agora, o deixa igual de pouco claramente formulado, está casi mellor formulado na normativa de carácter xeral. Desde logo non resolve o problema dos tránsfugas, creo que cacharon, ah, por certo, non vou cobra-las dez mil pesetas Sr. Nieto, non vin á reunión por causas que non teñen importancia pero non se preocupe por iso que o erario provincial segue a salvo nese sentido. A cuestión dos tránsfugas, admitía vostede na súa proposta inicial, creo que se borrou, que a xente se puidera pasar dun grupo político a outro, eu estou absolutamente en contra e creo que é unha manifesta contradicción coas posturas que expón o seu máximo líder, padre fundador e demáis atributos que concorren na persoa do Sr. Fraga, me parece excesivo que se poida alguén, no medio dun mandato, cambiar de grupo. A min iso non me parece admisible, ética, moral, xurídica nin penalmente, e o digo así de claro, xa sei que estas cousas pasan pero eu desde logo formalmente non vou a aceptar iso. Sr. Presidente.- Pero ese tema sacouse, non estea vostede facendo historia porque a xente que está escoitando igual pensa que o estamos mantendo ese tema. Sr. Costas Abreu.- Si Sr. Presidente, pero é curioso que na proposta que presenta vostede si apareza esa posibilidade, creo que se lle foi a man ou lle fallou o subconsciente, por un lado están os principios e por outro os intereses concretos, podo citarlle casos concretos desta Deputación e vostede sabe que houbo eses cambios, ou sexa que, ou mantémo-los mesmos principios en tódolos casos ou senón non fagamos alegatos morais, e desde logo foi un desliz seu que se lle escapara o a outro Grupo Político. A Comisión Especial de Contas non ten sentido nesta Deputación debe estar integrada coa Comisión de Econ
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota