ATOPO
Registros actuales: 1.619.227
Objetos digitales disponibles: 504.660

Acta de sesión 1991/11/08_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.714/1.1991-11-08_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1991/11/08_Extraordinaria

  • Data(s) 1991-11-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 111,114 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación odía, 8 de novembro de 1991 No Salón de sesións da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día oito de novembro de mil novecentos noventa e un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Xosé Manuel Barros González, D. Laureano Calero Valverde, D. Jorge Casal Pintos, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Emilio González Iglesias, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados, D. Arturo Grandal Vaqueiro e D. José Luis Rodríguez Lorenzo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3052.- APROBACIÓN CON CARÁCTER DE URXENCIA DO EXPEDIENTE RELATIVO AS OBRAS INCLUIDAS NOS PLANS INTERREG E TRANSFRONTEIRIZO 1991 [ POI e PT ] Sr. Presidente.- Vamos a dar comienzo a la sesión extraordinaria. Solamente é este punto. ¿No hay Acta anterior?. Primero y único punto del Orden del Día. Aprobación con carácter de urgencia del expediente relativo a las obras incluídas en el Plan INTERREG y Transfronterizo 1991. Intervenciones. Sr. González Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Yo, antes de empezar con el tema del punto en concreto y la intervención que voy a hacer ahora mismo se refiere al Pleno. No exactamente a este punto. Sr. Presidente.- Perdóneme un momento por favor. Sólamente se puede hacer intervenciones sobre el punto incluído en el Orden del Día. Sr. González Iglesias.- Voy a intervenir sobre el punto del Orden del Día Sr. Presidente. La cuestión es la siguiente, cuando este punto vino a una Comisión Informativa, en esta Comisión no estaban convocados todos los componentes de la Comisión, independiente que la Comisión anterior había comenzado tarde y el Pleno de hoy pues, aunque aparecía para las nueve y media pasan exactamente quince minutos. Esto da la sensación de ser como mínimo una falta de consideración con la Oposición por parte del Grupo de Gobierno y si quiere hacer el Pleno a las diez menos cuarto pues lo convoca usted para las diez menos cuarto y no para las nueve y media. Eso es una cuestión que a partir de ahora debe empezar a asumir el Grupo de Gobierno de la Diputación. Sigo con el punto. Bueno esto es el tema que ya vino tres veces como mínimo a Pleno, como decíamos en la última ocasión, vamos a dar vía libre a seiscientos millones de pesetas que se van a repartir de alguna forma sobre cincuenta mil habitantes de la provincia única y exclusivamente o al menos son los que van a obtener los beneficios directos, esos cincuenta mil habitantes de la Provincia. Ya en su día dijimos que no estábamos de acuerdo con la forma de reparto y seguimos diciéndolo. Pero aquí se plantea otra cuestión, aquí se plantea el que non han sido capaces de cumplir los plazos establecidos, esto tenía como fecha tope octubre. Pidieron una prórroga hasta el 1 de diciembre, les conceden la prórroga y ahora a principios de noviembre tienen que utilizar un trámite de urgencia, como siempre cogiendo la Ley por los pelos. El trámite de urgencia, evidentemente, se refiere cuando son obras de reconocida necesidad o cuya adjudicación conviene acelerar por razones de interés público. No es este el caso porque hubo unos plazos anteriores que ustedes fueron incapaces de cumplir, es decir, quien vaya a votar a favor esto no va a votar a favor única y exclusivamente la urgencia o el reparto en el fondo de estas obras sino que va a votar a favor evidentemente el descabezamiento político que tiene esta Institución en estos momentos. Descabezamiento político que se está traduciendo sistemáticamente en incumplir los plazos o ponerse al borde del filo de la navaja en el cumplimiento de los mismos. No hay más que recordarle y también figura en el dictamen de la Comisión y en el informe técnico, que este tema se va a publicar en el Boletín Oficial de la Provincia, Boletín Oficial del Estado y Diario Oficial de Galicia. Lo que pasa es que ustedes muy sutilmente en una parte dicen que los plazos que contarán son los del Boletín Oficial de la Provincia. Yo tengo dudas legales de que esto pueda ser así. Yo creo que los plazos, es decir, que la parte que tiene que publicarse en el Boletín Oficial del Estado con la Ley en la mano en estos momentos es la que computa esos plazos. Serían veinte días, como es procedimiento de urgencia van a ser diez días. Es decir, tengo mis serias dudas de que si se tratase de cumplir la Ley les diese tiempo otra vez. Esto no es nuevo y no se refiere sólo a este tema, yo voy a recordarle algo que vendrá probablemente al Pleno ordinario. Le pide usted a los Ayuntamientos de la Provincia que hagan un Plan Cuatrienal y le da veinte días, es decir, está usted colocando siempre al borde del precipicio a todos. No sólo lo hace con esta Institución sino que trata de hacerlo con todas las Instituciones de la Provincia. Bien, pues, nosotros, evidentemente no vamos a ratificar esa forma de hacer política. Ya le digo., aquí en el fondo no se están discutiendo las obras ni se está discutiendo la urgencia de las obras, en el fondo lo que se está poniendo encima de la Mesa es la total falta de capacidad de hacer política que tiene el Grupo de Gobierno de esta Institución. Nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, practicamente porque iso é algo evidente e o que se está repetindo tódolos días na mesma liña que acaba de face-lo anterior que me precedeu no uso da palabra. A min gustaríame facer realmente un inquérito así pequeniño para comprobar cantos de nos sabemos realmente de que van os proxectos, seriamente, se son máis caros ou máis baratos que outros equivalentes, cales son as características técnicas, etc., etc., é dicir, o labor, me parece que o resultado ía ser escandaloso non. O labor de fiscalización por parte do Pleno que non é só fiscalización do Grupo de Goberno senón fiscalización de todo o que se faga na Deputación está practicamente desaparecendo. Tódolos expedientes veñen por vía de urxencia. Vostede antes, formalmente este é un Pleno extraordinario eu chamaríalle ordinario, ordinario é o máis común, é dicir, o extraordinario é excepcional e este tipo de Plenos chamados extraordinarios son os que están repetindo constantemente, non. O resto xa o dixo Emilio, eu como é un trámite, para non perxudica-la situación das obras, eu voume abster. Esto non se pode, tal como vén non se pode votar a favor e nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu simplemente quixera dicir en nome do Equipo de Goberno, que loxicamente pois a urxencia é debida, que creo que nadie ignora que aproximadamente desde, casi desde abril que houbo eleccións, é dicir, que se convocaron as eleccións municipais, pois ata o 17 de xullo que tomamos nós posesión e despois un mes posteriormente que houbo para poñer en funcionamento a propia Deputación, pois nese período de tempo teoricamente pois a Administración Local estivo practicamente parada. Pero á parte hai outro dato importante que é o seguinte: que nós aínda que estes planos estaban incluídos dentro do propio Presuposto, loxicamente tamén a información que nos deron de Madrid pois foi máis tardía. Pero independemente que nós tiñamos que asumir a nosa responsabilidade. Pero eu teño que dicir que aínda o outro día, concretamente o mércores estiven en Madrid falando co Director Xeral; de Análise Económico Territorial falamos destes temas, incluso falamos do Plan Operativo Local e outras cousas, enton vía que efectivamente en toda España neste momento practicamente o nivel de contratación non chegaba ó 20%, desde outros planos, efectivamente, precisamente hoxe hai unha reunión en Madrid convocada polo Secretario de Estado e polo Director Xeral de Administración de Análise Económico Territorial con tódalas Deputacións de España para intentar axiliar ese tema que eles saben que efectivamente debido, precisamente ás exencións locais foi un problema xeral en toda España independentemente de que como en Bruselas, pois, sobre todo o que son fondos FEDER pois apretan un pouco, pois de aí que se vai intentar pois facer un esforzo entre todos. E dicir, que el es comprendían en xeral, non talaban concretamente da Deputación de Pontevedra, senón en liñas xerais comprendían loxicamente que houbera un certo retraso e por iso cando nós lle solicitamos a prórroga pois non puxeron ningunha pega senón todo o contrario, cousa que nós desde aquí queremos agradecer publicamente. Entón nesa liña de diálogo, pois, efectivamente xa digo pois eu tiven un ha boa recepción no Ministerio de Administracións Públicas da que eu quero resaltar aquí publicamente, porque cando hai as cousas positivas tamén hai que dicilas, non me doen prendas nese sentido, que o retraso é xeral e que nos instaban a tóda-las Deputacións a que fagamos un esforzo para que se contraten as obras o máis rapidamente posible. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente. Xa sabemos que iso é certo pero o que non é de recibo, vostede di parte da responsabilidade, bueno, o que non é de recibo é que este tipo de funcionamentos, o outro día o Presidente dunha comisión chegou media hora tarde preguntando a que hora ,era a Comisión, textualmente, literalmente, espero que conste en Acta e así o pedín. Hoxe por exemplo se pon un Pleno as nove e media, cando o que tiñamos acordado é as once, un Pleno en que iamos a destinar setecentos vinte millóns por cambiar pola firma dun convenio despois, pola firma dun protocolo, ou sexa, aquí os Plenos, o tipo de funcionamento, o tipo de funcionamento se repite, se repite, se repite. Eu non sei, eu teño unha finura para acertar increible. Con nove horas á semana esta semana me pisaron tres, cando fixen un horario contando coas súas previsións, cando ían ser as comisións e cando ían se-los Plenos e fai todo a última hora, a rastras, así segundo toque no oco o libro. Esto non é maneira de funcionar, á parte de que si, efectivamente hai un retraso nos prazos. Con respecto ó que se mandou ós Concellos, houbo Deputacións que mandaron en setembro e deron dous meses, houbo Deputacións, ou sexa, que bueno, hai dificultades pero é que bueno tamén se poden face-las cousas doutra maneira dentro desas dificultades e non se están a facer é o que quero dicir, vamos é reiterar. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Presidente, es que no me vale la disculpa. Digo que no me vale porque este tema des- de el año 90 se conocen plazos y se conocen los proyectos que hay que encargar, es decir, y que tenían que haberse encargado desde finales del 90, es decir, en todo, un año aunque haya unas elecciones por el medio, se pueden cumplir los plazos. De todas formas, mire, en su intervención debió repetir usted dos veces Bruselas y cinco veces Madrid. En el próximo Pleno le voy a regalar un disco, no se si recuerda un chotis muy conocido, aquel de Madrld, Madrid. Sr. Presidente.- Muchas gracias por el obsequio que aventura usted. Bueno, vamos a someter a votación este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista. Sr. Presidente.- ¿Abstenciones?. Sr. Secretario.- El Sr. Mosquera. Sr. Presidente.- ¿Votos a favor?. Sr. Secretario.- El resto. Sr. Presidente.- Se aprueba por maioría. Muchas gracias. Se levanta la sesión. Debido á imperiosa necesidade de adxudica-las obras incluídas nos Planos INTERREG e Transfronteirizo, Exercicio 1991, antes do 1 de decembro do presente Exercicio, por esixilo así o Ministerio para as Administracións Públicas en escrito 1728 de 8 de outubro de 1991, pois do contrario perderíase o financiamento correspondente ó Estado e ó FEDER, co conseguinte prexuízo para o interese público provincial, o Pleno acorda, co voto en contra do Grupo Socialista, a abstención do Sr. Mosquera Lorenzo (BNG) e cos demáis votos a favor, o seguinte: 1.- Declárase a urxencia deste expediente xa que non existe tempo material para adxudica-las obras antes de dito prazo. 2.- Apróbanse definitivamente os Proxectos seguintes: Estrada Embarcadoiro Goián, 1,8 km., 2ª fase...................... 20.000.000 pts. Estrada A Cañiza-Crecente, 15,7 km., 3ª fase..................... 200.000.000 pts. Estrada Ponteareas-As Neves, 16,7 km., 3ª fase................... 250.000.000 pts. Urbanización Polígono Industrial de Salvaterra de Miño, 1ª fase... 50.000.000 pts. todas elas pertencentes ó Programa INTERREG 1991 e Estrada A Cañiza-Arbo, 16,3 km., 3ª fase......................... 200.000.000 pts. correspondente ó Programa Transfronteirizo 1991. Aprobación definitiva por non terse presentado reclamacións no prazo regulamentario de exposición pública. 3.- Apróbase o expediente de contratación das devanditas obras. 4.- Procédese á autorización do gasto que elas supoñen sendo os seus importes os seguintes: Estrada Embarcadoiro Goián, 1,8, 2ª fase......................... 19.521.901 pts. Estrada A Cañiza-Crecente 15,7, 3ª fase......................... 151.011.965 pts. Estrada Ponteareas-As Neves, 16,7, 3ª fase...................... 195.241.577 pts. Urbanización Polígono Industrial Salvaterra, 1ª fase............. 46.984.759 pts. Estrada A Cañiza-Arbo, 16,3, 3ª fase............................ 170.378.989 pts. todas elas con IVE incluído. 5.- Igualmente apróbase o prego de Condicións Económico-Administrativas que rexirán na contratación das ditas obras, que será exposto ó público, por un prazo, de 8 días, desde a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia 6.- Apróbase tamén a apertura do procedemento de adxudicación por concurso, en virtude do disposto no apartado VI, artigo 113 do Regulamento Xeral de contratación, que ademais será urxente polos motivos anteriormente citados. 7.- Os anuncios de aprobación dos citados Proxectos e o Prego de Condicións Económico-Administrativas e técnicas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo o anuncio de concurso publicarase no Boletín Oficial da Provincia, Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial de Galicia, computándose os prazos desde a inserción no Boletín Oficial da Provincia 8.- Por último acórdase solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados por tales obras. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario que dou fe. Cúmpranse os precedentes acordos. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición