ATOPO
Registros actuales: 1.618.885
Objetos digitales disponibles: 504.649

Acta de sesión 1997/05/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/1.1997-05-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/05/29_Ordinaria

  • Data(s) 1997-05-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 183,184 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de maio de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Santiago Pazos Moreira nin D. Amado Ricón Virulegio. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4075.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 1997. ¿Algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 1997. ------ Folla: 184,187 2.4076.- CONVENIO COAS CONSELLERÍAS DE INDUSTRIA E DE CULTURA PARA CONSTRUCCIÓN DA "ESCOLA DE CANTEIROS" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 2. Convenio coas Consellerías de Industria e de Cultura para a construcción da Escola de Canteiros. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. É evidente que a Escola de Canteiros necesita unha sede definitiva e é evidente que a Escola de Canteiros é unha Institución importante é evidente que é un paso positivo construirlle a nova sede. Polo tanto vamos votar a favor. O que nos sorprende é que en vez de ser realmente quen debería ser o que colaborara nesto, que hipoteticamente debería ser a Consellería de Educación, ou no seu defecto, ou colaborando, a de Traballo, pois sexan a de Cultura e a de Industria e Comercio. Bueno, benvido sexan cales sexan as Consellerías que colaboren. O que pasa é que dá certa sensación, no caso da Consellería de Cultura, que este é un cambio de cromos; a Consellería nos pon 40.000.000 para a Escola de Canteiros a cambio de que nós lle poñamos 30 para "Galicia propaganda única". Bueno, como o fin é bo vamos votar a favor. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Como cuestión previa es necesario que desde este Pleno se les de las gracias a la Comunidad de Montes de Poio y al propio Ayuntamiento de Poio por la iniciativa y por la colaboración que han mostrado con el Patronato y la Diputación para hacer realidad que la Escola de Canteiros tenga una sede definitiva. A la vez que le tenemos que agradecer a éstos su colaboración, hay que manifestar la apatía, el desinterés del Ayuntamiento de Pontevedra por este tema cuando debía de haber sido uno de los Ayuntamientos más interesados en esto. Dicho esto, desde el Patronato siempre se ha luchado por conseguir una sede definitiva de la Escola de Canteiros porque se entiende que es una Escola que hoy está cumpliendo un importante servicio a la sociedad; está proyectando trabajadores con una cualificación importante en una tierra donde el trabajo de la cantería es altamente apreciado. Por lo tanto es una feliz iniciativa que hoy nos honramos esta Corporación en aprobar y esperemos que en el futuro vaya ampliándose la Escola de Canteiros y vaya ocupando mayor espacio si es posible en la sociedad pontevedresa y galega. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Bueno, non teño máis que manifesta-la miña satisfacción polo apoio que lle prestan os grupos da oposición a este tema. Teño que dicirlle ó Sr. Mosquera que cambio de cromos, bueno, se el o entende así pois a min dame exactamente igual, o que si está claro é que seguimos cambiando cromos con moitas Consellerías. Tamén apostamos polo recinto feiral e sen embargo a Consellería da COTOP dá para outras obras. En fin, eu non lle chamaría cambio de cromos, senón que lle chamaría unha colaboración institucional que vamos a potenciar día a día o máximo posible para unificar recursos e poder conseguir obxectivos para esta provincia. Eso está claro e vamos a seguir así. En canto ó que di D. Baltasar García, que había que lamenta-lo tema do Concello de Pontevedra, eu creo que aquí o Concello de Pontevedra luchou todo o posible para traela precisamente para o seu Concello. Cremos que posto que estaba no Concello de Poio sería conveniente que seguira no Concello de Poio. Á parte deso, igual que noutros Concellos, tivemos a oferta dos terreos gratuitamente e polo tanto eu non vexo aquí por que vostede critica ó Concello de Pontevedra porque luchou a brazo partido para que eso viñese para Pontevedra. Pero bueno, dito esto que é, ó meu entender, pecata menuta por non lle chamar outra cousa, procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade o punto 2, Convenio coas Consellerías de Industria e Cultura para a construcción da Escola de Canteiros. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e co informe de Intervención, acorda por unanimidade, aproba-lo Convenio de colaboración coas Consellerías de Industria e Comercio e de Cultura e Comunicación Social, para construir a nova Escola de Canteiros de Pontevedra, habilitando ó Presidente para a súa sinatura, sendo o seu teor literal o seguinte: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO, A CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCCIÓN DA NOVA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA En Pontevedra a, de de mil novecentos noventa e sete. REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Antonio Couceiro Méndez, actuando en representación da Consellería de Industria e Comercio, en virtude do seu cargo de Conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2 da resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991 sobre Convenios de Colaboración con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Doutra, o Excmo. Sr. D. Jesús Pérez Varela, actuando en representación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, en virtude do seu cargo de Conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2 da resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991 sobre Convenios de Cooperación con outros entes públicos e de Colaboración con particulares. E doutra parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, segundo o disposto no artigo 34, b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e no artigo 29 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e como Presidente do Patronato da Escola de Canteiros. EXPOÑEN Primeiro.- Que as administracións públicas poden asinar convenios de colaboración entre elas segundo dispón o artigo 3.c) da Lei 13/1995, de 18 de maio, de Contratos das Administracións públicas. Segundo.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretende o reforzamento e potenciación dos intereses particulares da Provincia, entre os que destacan moi singularmente a industria e artesanía da pedra. Asemade a Xunta de Galicia está interesada nas actividades levadas a cabo pola Escola de Canteiros de Pontevedra, e especialmente na consecución dos seguintes obxectivos: a) Fomenta-la creación de industrias manipuladoras da pedra. b) Conquerir unha axeitada formación para os canteiros. c) Estimula-la vocación artística cara a manipulación da pedra, habilitando ós seus alumnos para poder facer traballos de restauración de monumentos arquitectónicos do Patrimonio histórico artístico. Terceiro.- A Escola de Canteiros de Pontevedra actualmente atópase ubicada no Mosteiro de Poio, nuns locais cedidos gratuitamente pola Orde da Merced. A citada ubicación non é idónea pola falta de espacio, polo que se pretende a súa instalación na parroquia de San Salvador (Poio), nuns terreos cunha superficie de 33.160 m2., cedidos gratuitamente e por tempo indefinido á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da citada parroquia. Por todo o anterior, as partes comparecentes xúlganse con capacidade suficiente para asinar na representación que ostentan o presente convenio de colaboración, que o levan a efecto con suxeición ás seguintes. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é o establecemento das liñas de colaboración que permitan a potenciación das actividades da Escola de Canteiros de Pontevedra en beneficio da industria galega da pedra, a través da construcción dun edificio no que teña a súa sede. SEGUNDA.- Que o proxecto e obras de edificación da sede da Escola de Canteiros, ascende a un total de CENTO OITENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS MIL TRESCENTAS DÚAS PESETAS (182.900.302). TERCEIRA.- Para o financiamento da construcción a que se refire a cláusula primeira do presente convenio a Xunta de Galicia aportará a cantidade de NOVENTA MILLÓNS DE PESETAS (90.000.000) nas anualidades e con cargo ás partidas presupostarias seguintes e a través das Consellerías que a continuación se relacionan: Aplic. Presupostaria Anu. 97 Anu. 98 Consellería de Industria e Comercio 08.02.711C.760.1 15 35 Consellería de Cultura e Comunicación Social 10.03.356A.760.0 20 20 CUARTA.- O pagamento das cantidades previstas na cláusula anterior levarase a cabo, previa presentación das certificacións de obra executada, e certificación do secretario da Deputación Provincial de Pontevedra de ter aprobadas as mesmas polo órgano competente, e sempre previo informe favorable dos Servicios Técnicos das respectivas Consellerías. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra aportará a cantidade restante do importe establecido na primeira cláusula, ou sexa NOVENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS MIL TRESCENTAS DÚAS PESETAS (92.900.302), financiados con cargo ós seus presupostos e co seguinte detalle: Ano 1997 64.690.039 ptas. Ano 1998 28.210.263 ptas. Amáis realizará tódolos trámites administrativos preceptivos para a adquisición dos terreos e procederá a contrata-la redacción do proxecto e a execución das obras, así como a supervisión e control dos traballos. Asemade a Deputación Provincial de Pontevedra, deberá remitir unha copia do exemplar do proxecto a cada unha das Consellerías actuantes para que previamente presten a súa conformidade co mesmo. SEXTA.- Para facer efectiva a colaboración regulada no presente convenio, así como para realiza-lo seguimento da súa execución, constituese unha Comisión Paritaria con representantes da cada unha das partes comparecentes. SÉTIMA.- A subscripción do presente convenio non conleva por si sóa relación contractual ningunha cos profesionais que realicen as actividades obxecto do mesmo. OITAVA.- A vixencia do presente convenio iniciarase a partir do día seguinte ó da súa sinatura e rematará o 15 de novembro de 1998. NOVENA.- Son causas de resolución do presente convenio: a) A desviación das aportacións realizadas pola Xunta de Galicia a outros fins distintos do obxecto do presente convenio. b) O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas. c) O transcurso do tempo estipulado sen que se desenvolva o mesmo. DÉCIMA.- No presente convenio correspóndelle á Xunta de Galicia ostenta-la prerrogativa de interpretación do mesmo e resolve-las dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados inmediatamente executivos. En proba da súa conformidade, as partes comparecentes asinan o presente convenio no lugar e data arriba indicados. POLA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO, Asdo./ Antonio Couceiro Méndez POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL, Asdo./ Jesús Pérez Varela POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo./ Manuel Abeledo López ------ Folla: 187,193 3.4077.- CONVENIO COA CONSELLERÍA DE CULTURA PARA ACTIVIDADES DO PROXECTO "GALICIA TERRA ÚNICA" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 3. Convenio coa Consellería de Cultura para actividades do proxecto "Galicia Terra Única". ¿Algunha intervención?. Ten a palabra Ana Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Gracias. Bueno, vou ser breve, pero o noso grupo non quere deixar pasa-la ocasión de expresar aínda que sexa brevemente, a opinión sobre o proxecto "Galicia Terra Única", ó que a Deputación pensa colaborar, segundo consta neste expediente, con 30.000.000 de pesetas. Hai que dicir que cando por primeira vez, xa hai tempo, empezouse dende a Xunta de Galicia a falar deste grandisimo proxecto, como así se dicía, non é que nós concebíramos moitas esperanzas nin moito menos, porque hai unha traxectoria, xa hai bastantes anos para entender ou imaxinar que é o que se entende dende a Xunta cando se fala de dinamización cultural ou cousas deste tipo. Pero en todo caso foi tanto o alarde anunciando "Galicia Proxecto Terra Única", que ver agora no que se convirte na realidade case parece un chiste. Case parece un chiste se non fora porque é carisimo, un chiste que vai supoñer unha inversión enorme e que non está proporcionada en absoluto co contido de tal proxecto. Son, polo que respecta á provincia de Pontevedra e que aparecen mencionados no convenio, unha suma de actos, algúns xa previstos, algúns xa se fan habitualmente dende fai anos, outros estaban xa previstos nos Concellos facer, outros moitos están sequera sen definir, moitos carecen absolutamente de interese pola pouca definición que teñen, hai moi pouca representación da cultura do país e da xente que está creando neste país, carece da máis mínima coherencia e non hai ningunha das actividades que se prevén, teñen a máis mínima previsión de continuidade no futuro. Pese a que na introducción se fala e se insiste no de Galicia pobo milenario non sei que e non sei que máis, non hai ningunha actividade que vaia a permitir que a xente deste país coñeza ese pasado milenario, esa historia bimilenaria, nin que coñeza a súa ou a nosa riqueza cultural. Eso polo que respecta ós contidos. Polo que respecta á distribución territorial é absolutamente desequilibrada. Hai Concellos que non aparecen nin mentados no proxecto. Algúns aparecen simplemente nunha relación que di: Circuitos culturais. Non se sabe que é eso dos circuitos culturais, nin como os percorrerán se é que está ben utilizado neste caso o termo, pero en todo caso algúns deles é a única noticia que hai, é absolutamente desequilibrado. É un despilfarro enorme, como dixen ó principio, e un despilfarro que ademais coincide nun ano electoral, como todo o mundo sabe. É unha montaxe electoral do Partido Popular. Unha montaxe electoral do Partido Popular que agora resulta que ademais por riba a Deputación ten que poñerlle diñeiro. E é unha montaxe electoral na que seguramente vaia máis diñeiro para publicidade que para os propios actos en si mesmos. E eu non sei canto pode costar os actos que se van facer por exemplo en Vigo, e non o digo para queixar, porque Vigo é dos sitios menos peor tratados, con diferencia. Hai concellos pequenos e outros non tan pequenos que practicamente non contan para nada. O que si podo dicirlle así a ollo é que as vallas que hai postas en Vigo co anuncio de Galicia Terra Única estou segura que van a costar moito máis que os actos que se van organizar. E xa o cachondeo vai ser cando Concellos que non lles toque nada, por enriba teñan que aguantar un par de vallas nas súas estradas, cousa que seguramente sucederá. Polo tanto, e xa sen extenderme máis, anuncio o voto negativo do noso grupo e espero que as cousas se sucedan de maneira que non teñan vostedes moitas máis ocasións de repetir despilfarros coma este e montaxes electorais coma este, pasando por enriba das necesidades culturais deste país. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra Ramona Castaño. Sra. Castaño López.- Buenos días Presidente. Quiero explicar claramente que la política cultural de la provincia de Pontevedra, en cuanto a su Delegación, no es una política cultural seria ni nada que se le parezca, porque si hablamos de circuitos culturales, como hablaba Ana Gandón hace un momento, yo tengo que decir que la única provincia donde no funcionan los circuitos culturales es aquí, en Pontevedra. En Coruña si funcionan, en Lugo también y en Ourense estuvieron funcionando hasta ahora. Tengo que decir también que un convenio como este me parece un auténtico despilfarro, puesto que no afecta a todos los Ayuntamientos de la provincia cuando menos. Amén de que es mucha casualidad que comience en julio y que termine en octubre, y como algunos sabrán el 19 de octubre son las elecciones. Pero me preocupa bastante más que sea la Diputación la que de 30.000.000 de pesetas cuando las actividades que está haciendo la Diputación en temas culturales es política de subvención, no hay un programa cultural claro que refleje un trabajo de dinamización de la cultura de la provincia de Pontevedra. Es grave también que no sea sólamente la Diputación la que da 30.000.000, aún entendiendo que todas las Instituciones tienen que colaborar unas con otras. Yo tengo que remitirme al presupuesto de la Televisión de Galicia, que yo no se si meteré la pata al decir el número de millones que tienen presupuestado, pero creo que son en torno a los 8.000 millones y que están a disposición de Galicia Terra Única. También tengo que decir que hay Instituciones, Bancos y Fundaciones que tienen una media de 35.000.000 de pesetas. También decir, y a título anecdótico, que hasta Autoridad Portuaria da 2.000.000 de pesetas, concretamente en Vilagarcía, para la actividad esta de Galicia Terra Única. Lo que yo no sabía era que la Autoridad Portuaria llevaba un Departamento de Cultura también. En cuanto a que sea un tema importante, lo dudo mucho, porque no hay un criterio riguroso; por ejemplo, nosotros hemos tenido actuaciones en el Ayuntamiento de Vilagarcía, concretamente Emilio Cao, que acaba de estar hace quince días y vuelve a estar en Galicia Terra Única el día 3 ó 4 ó 5, porque no lo sabemos, de julio en Vilagarcía. Además, aclarar que si que aparece Vilagarcía en este convenio, pero aparece con mucha gracia me parece a mi, porque a mes y medio de celebrarse esto, con el Ayuntamiento de Vilagarcía no se puso en contacto absolutamente nadie para la programación de Galicia Terra Única, que tienen pensado hacerlo en la playa Compostela, acceso norte de Vilagarcía, con lo cuál sólo el hecho de hacer esas actuaciones ahí con la televisión y con todos los instrumentos y coches y toda la historia que traen va a colapsar totalmente la entrada norte de Vilagarcía. Me parece que tienen poca seriedad; creo que con los Ayuntamientos se tiene que contar, aunque sea un programa del Partido Popular y yo lo considere claramente electoralista. Me llama la atención, y espero que me disculpen porque es una opinión personal que ya no es de mi propio partido, el hecho de que sea una persona que hace poco sale relacionada con el 23 F en algunos medios de comunicación la que presida este tema. Entonces, me da un poco que pensar en cuanto a lo que nos queda a los demás Ayuntamientos, que o somos de otro grupo político o no tenemos un duro, como hay muchísimos Ayuntamientos. Y para terminar diré que el Partido Socialista va a votar no a esto porque le parece un exceso. Sr. Presidente.- Muchas gracias. A verdade é que as críticas que acabo de escoitar eran esperadas, como se fai nun ano electoral, todo o que se faga nun ano electoral critícase de electoralista. Eu non vexo razón para que se poida critica-lo tema de electoralismo. Entón, ¿todo o que se fai nun ano electoral é electoralista?. Pregúntome eu. Todo o que se fai é electoralista. Pero ben, como eso o esperaba, eu non teño nada máis que dicir que é un programa importante con cara a promocionar neste caso o tema cultural de Galicia, non só o que é dentro de Galicia senón fóra de Galicia tamén, e polo tanto eu nese debate procuro non entrar porque creo sinceramente que é unha crítica lóxica na oposición, pero que non ten razón de ser tal cual se expón. En canto á crítica de que non afecta a tódolos concellos, eu teño entendido que si vai afectar a tódolos concellos. Indudablemente, exposicións importantes van a estar nas comarcas importantes e nos concellos importantes pero vai afectar a todos e polo tanto, repito, penso que nestes momentos non podo xulgar nin teño criterio para dicir se é moito, se é pouco, porque critican que é un excesivo gasto. Eu entendo que a cultura de por si, a extensión da cultura, é cara como todos sabemos e polo tanto neste caso eu non teño un criterio fixo pero está claro que consideramos que é importante para Galicia, importante en si mesmo para Galicia e para fóra de Galicia e polo tanto de aí que o Grupo Popular tratase de contribuir igual que contribuen tódalas Institucións, como acaba de dicir, incluso privadas, e por algo será, a este evento. Polo tanto, dito esto non teño nada máis que dicir. Ramona, ¿ti segues pedindo a palabra?. Ben, ten a palabra Ramona Castaño. Sra. Castaño López.- Me gustaría aclarar también que quien se puso en contacto con el Ayuntamiento de Vilagarcía fue un productor de la Televisión de Galicia, que me dijo textualmente que le habían metido este embarque y que no sabía ni siquiera cuales eran las actuaciones que tenía que hacer. Yo le pedí insistentemente que si se celebraba en Vilagarcía y con la celeridad con la que trabaja por lo menos mi departamento, que viniese rápidamente para comprobar todo el tema este. Hace dos semanas o tres que fué eso; no tuve conocimiento ninguno aún ahora y si tengo que decir que a Autoridad Portuaria si han ido. Con la Autoridad Portuaria ya hablaron, va haber una exposición de esculturas y creo que incluso va a quedarse una escultura permanentemente en Vilagarcía, pero con el Ayuntamiento no se habló. Yo no digo que la oposición tenga el deber de denunciar esto como electoralista, porque creo que es nuestra obligación, pero lo que si creo es que hay cosas que no son ya de electoralismo, que son de respeto a las Instituciones y el respeto a la Institución que es el Ayuntamiento de Vilagarcía desde luego brilla por su ausencia. Y mucho me temo que si un Ayuntamiento de treinta y tantos mil habitantes, casi cuarenta, se obvia de esta manera, qué va pasar con un Ayuntamiento que tenga 400 ó 500 habitantes y que no tenga infraestructura, porque la gracia de esto, Presidente, es que hay muchos Ayuntamientos en la provincia de Pontevedra que no tienen infraestructuras ni para llevar una obra de teatro con dos actores sólamente. Entonces estamos hablando de una Galicia Terra Única, pero creo que para ricos. Sr. Presidente.- Bien, Ramona, eu non teño nada que dicir con respecto ó tema de se se puxeron en contacto ou non cos Concellos, e en todo caso os respectivos Concellos, se teñen inquietudes neste tema e intentan colaborar, como supoño que é o de Vilagarcía, o lugar onde hai que plantexa-lo tema que estás plantexando eu creo que é na Consellería de Cultura porque aquí sobre ese aspecto non temos nada que dicir. Extráñame que un Concello tan importante como é Vilagarcía, que vai ter unhas exposicións importantes dentro deste programa, non se puxeran en contacto co Concello. Eu supóñome que se poñerán ou se non teredes que tomar vós a iniciativa. Non é o sitio aquí de plantexar este tema. Sra. Castaño López.- A mi me gustaría decir: ¿y no tendrá nada que ver con que el Ayuntamiento de Vilagarcía sea del PSOE?. Sr. Presidente.- No, no, pienso que no, porque supongo que los demás Concellos están en la misma situación. Bien, procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. O PSOE e o BNG. Abstencións non hai. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. En contra os demais grupos. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e co informe de Intervención, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, aproba-lo Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura e Comunicación Social, para financiar actuacións na provincia do Proxecto Galicia Terra Única, habilitando ó Presidente para a súa sinatura, sendo o seu teor literal o seguinte: En Santiago de Compostela, no día de 1997, na sede da Consellería de Cultura e Comunicación Social O Excmo. Sr. D. Xesús Pérez Varela, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, en virtude do seu cargo de Conselleiro de Cultura e Comunicación Social, para o que foi nomeado por Decreto 217/1996, de 6 de xuño, en exercicio das facultades conferidas polo artigo 34.10 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, e o artigo 2 da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991. O Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, en virtude das competencias que lle outorga o artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e o artigo 29 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Ámbalas dúas partes recoñécense competencia e capacidade para formaliza-lo presente Convenio de Colaboración. E X P O Ñ E N "Galicia Terra Única" é un proxecto singular e inédito que o Goberno galego ven de poñer en marcha para medi-lo pulso cultural dun pobo bimilenario, vivo e en contínuo desenvolvemento. Dende o mes de maio ata outubro do ano que andamos, a inmensa beleza de Galicia adquirirá unha nova e máis abraiante dimensión en cada provincia e municipio gracias a unha fecunda e suxerente actividade cultural. O Proxecto inscríbese nunha liña de actuación invariablemente sostida pola Consellería de Cultura e Comunicación Social a prol da dinamización cultural de Galicia. Vivi-la experiencia do Camiño de Santiago, evoca-la aventura humana, dende a romanización ó ciberespacio, son dúas magníficas razóns para elixir Galicia como destino no ano 1997. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Comunicación Social, ten previsto realizar durante os meses de maio a outubro na provincia de Pontevedra, actividades culturais relacionadas coa arte, a escultura, a música, a danza, e mailo teatro. A Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, amosou interese e decidiu participar nas actividades, colaborando no seu patrocinio. Presidido polos principios de mutua colaboración e coordinación voluntaria, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra outorgan o presente convenio de colaboración con base ás seguintes E S T I P U L A C I Ó N S PRIMEIRA.- OBXECTO.- O presente convenio ten por obxecto regula-la forma de colaboración entre a Consellería de Cultura e Comunicación Social e a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento parcial por parte desta das actividades incluídas no proxecto "Galicia Terra Única" que teñan lugar na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- OBRIGAS.- 2.1.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Comunicación Social, comprométese a celebrar na Provincia de Pontevedra, durante os meses de maio a outubro de 1997, as seguintes actividades culturais: A.- Exposicións. "O Século XIX" Trátase de ofrecerlle ó espectador unha visión da grande transformación que afectou á sociedade galega nesa centuria, tan determinante na súa historia.- Ubicación: Claustro de San Francisco, Pontevedra. "A escultura galega actual" Amósase ó aire libre unha visión moi ampla da creatividade plástica galega.- Ubicación: Zona inmediata á fachada de San Francisco, Pontevedra. Rúa Reconquista e inmediacións da Estación Marítima, Vigo. Profesores e alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra transformarán un espacio da cidade.- Ubicación: Alamedas existentes entre o Pazo da Deputación Provincial, a Casa do Concello e a Praza de Santa María a Grande, Pontevedra. "A escultura actual nas Comunidades Autónomas de Navarra e Aragón" Sete cidades galegas reciben outras tantas exposicións desenvolvidas en diversas Comunidades Autónomas que comparten coa de Galicia o patrimonio común dos camiños de pelegrinación a Santiago. En Pontevedra amosará a súa arte a Comunidade Autónoma de Navarra.- Ubicación: Praza da Leña, Pontevedra. En Vigo farao a Comunidade Autónoma de Aragón.- Ubicación: Parque Compostela, Vigo. "Galicia exterior" Consta de tres partes (dúas delas monográficas adicadas a Laxeiro e máis a Euxenio Granell) que pretenden conseguir un achegamento á Galicia que desenvolveu unha eloxiable actividade cultural foránea.- Ubicación: Estación Marítima ("Galicia exterior"); Centro Cultural Caixavigo (monográfica de Laxeiro); Casa das Artes (monográfica Euxenio Granell) -Vigo-. B.- Festivais nas cidades. Festival "O romanticismo" Espectáculo audiovisual de música de autor.- Ubicación: Pontevedra. Festival "O son das Américas" Homenaxe a Latinoamérica por medio da súa música, contando con orquestras, intérpretes e ballets de procedencia americana.- Ubicación: Vigo. C.- Galicia cultura viva; espectáculos nas praias "Homenaxe á palabra"; actuación do Ballet Galego Rey de Viana; e espectáculo-show "Galicia é única".- Ubicación: Praia Samil, Vigo; Praia Compostela ou Porto de Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa; Praia América, Nigrán; Praia de Portonovo, Sanxenxo. D.- A creatividade plástica en acción Artistas de sona estarán á fronte dun taller composto por alumnos de distintos centros galegos, realizando traballos "in situ".- Ubicación: áreas portuarias de Marín e Vilagarcía de Arousa. E.- Espectáculos nas vilas Redondela: "A grande festa dos cativos" Espectáculo músical especialmente dedicado ós cativos. Ponteareas: "O son das flores" Espectáculo baseado na música polifónica e de cámara. Tui: "As orquestras de cámara" O gran concerto das orquestras de cámara de Galicia, coa participación dos máis sobranceiros tenores, barítonos e sopranos do país. F.- Mostras de teatro Visitarán as seguintes vilas: Lalín, O Porriño e A Estrada. G.- Circuítos culturais Percorrerán as seguintes vilas: A Cañiza, Agolada, As Neves, Cangas de Morrazo, Cotobade, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa. H.- Romaría Internacional Percorrerá as seguintes vilas: A Estrada, Baiona, Lalín, O Porriño e Vilanova de Arousa. 2.2.- A Consellería de Cultura e Comunicación Social comprométese a que no desenvolvemento, promoción, difusión e publicidade de tódolas actividades obxecto do presente Convenio, farase mención expresa da colaboración da Deputación de Pontevedra. 2.3.- A Consellería de Cultura e Comunicación Social fará entrega á Deputación Provincial do seguinte material: * 250 catálogos de cada unha das exposicións sinaladas no apartado 2.1.A. * 400 exemplares do material didáctico que se elabore para o seguimento de cada unha das exposicións sinaladas no apartado 2.1.A. 2.4.- A Consellería de Cultura e Comunicación Social entregará á Deputación Provincial de Pontevedra 50 entradas para cada unha das actividades sinaladas no apartado 2.1. 2.5.- A Deputación Provincial de Pontevedra poderá ter un stand propio nas montaxes das actividades sinaladas no apartado 2.1. 2.6.- A Deputación Provincial de Pontevedra financiará parcialmente as actividades sinaladas no apartado 2.1., mediante unha aportación máxima de 30.000.000 de pesetas (TRINTA MILLÓNS). En ningún caso esta aportación será superior ó 50% dos gastos ocasionados pola realización das actividades sinaladas no apartado 2.1. TERCEIRA.- FINANCIAMENTO.- A cantidade que aportará a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento das actividades a celebrar na súa demarcación territorial ascende a 30.000.000 de pesetas (TRINTA MILLÓNS), e xerará crédito nas aplicacións presupostarias 10.02.353.D.640.2 e 10.03.356.A.640.1 da Consellería de Cultura e Comunicación Social. CUARTA.- PAGAMENTO.- A aportación da Deputación Provincial de Pontevedra aboarase tra-la recepción, no mes de outubro, da documentación acreditativa da celebración das actividades obxecto do presente Convenio, e que contará cun dossier, unha memoria xustificativa e unha certificación dos gastos producidos pola realización das actividades, expedida pola Consellería de Cultura e Comunicación Social. QUINTA.- COMISIÓN MIXTA.- Para o seguimento da execución do presente Convenio e, de se-lo caso, arbitra-los mecanismos de solución de controversias que a súa interpretación poida motivar e de denuncia do Convenio por unha das partes, sempre e cando se asegure o cumprimento das obrigas derivadas do mesmo, créase unha Comisión integrada polas seguintes persoas: - Dous representantes da Consellería de Cultura e Comunicación Social. - Dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. - Actuará de Secretario un funcionario da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, con voz e sen voto. SEXTA.- VIXENCIA.- O presente Convenio producirá efectos dende o día seguinte ó da súa sinatura e rematará o 31 de decembro de 1997. SÉTIMA.- NATUREZA E XURISDICCIÓN COMPETENTE.- O presente Convenio posúe natureza administrativa e, polo tanto, as cuestións litixiosas que poidan xurdir na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da xurisdicción Contencioso-Administrativa. En proba de conformidade, asinan o presente Convenio, por triplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data "ut supra". POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL, Asdo. Xesús Pérez Varela POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 193,204 4.4078.- CONVENIO COA XUNTA DE GALICIA SOBRE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 4. Convenio coa Xunta de Galicia sobre instalacións deportivas. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días, Presidente e Corporación. Gustaríanos a este grupo provincial votar a favor dun Plan de Infraestrutura Deportiva clave e fundamental para o densenvolvemento da nosa mocidade e de tódalas idades. Pero este convenio de Infraestructura Deportiva, Plurianual 98-2001, carece de dúas ou tres premisas fundamentais. Cando se presenta un novo proxecto debe presentarse paralelamente un balance ou liquidación técnica e económica do anterior e despois estar definidos fundamentalmente os criterios e principios a ter en conta, aínda que son filosóficos, de dotacións de pavillóns en cada un dos concellos da nosa provincia, se piscinas ou pistas de atletismo nas cabeceiras de comarca, e tamén debe vir acompañado dun mapa actualizado de Infraestructura Deportiva. Eu recordo que se presentara un cando estaba aínda Lendoiro na Secretaría Xeral para o Deporte, hai uns anos, pero desde aquela, estou a falar xa de cinco anos aproximadamente, non se ten revisado este mapa de Infraestructura Deportiva que é a referencia clave que temos que ter en conta. E á parte desas dúas premisas da falta de liquidación e de execución do anterior convenio tanto a nivel técnico e económico, como desta actualización do mapa de Infraestructuras Deportivas, hai tamén que ter en consideración a experiencia dos anteriores. De forma benévola penso que habería que calificalo un pouco de tomadura de pelo, é dicir, un convenio que non se sabe nin a súa xestión nin a súa aplicación, vén coxo de forma moi grave. E neste caso repítese a historia, é dicir, si parece ser que no final deste convenio, no ano 97, nesta Institución ténsenos pasado o informe técnico do convenio anterior na súa situación, pero non dos criterios que se seguiron adiante e da liquidación económica do mesmo. Igual que esa Comisión de Seguimento e de Valoración, tanto na súa primeira fase de xestión e de definición coma despois de control do mesmo convenio. Parece ser que houbo algunha reunión ó final, pero foi dun total oscurantismo e de falta de información ó longo destes anos. Con estes principios gustaríanos por suposto darlle o visto bo a un plan que potencie a infraestructura deportiva, pero debido a estas razóns que acabo de expoñer ímonos abster neste punto. Tamén quixera ó mesmo tempo facer fincapé nun par de cuestións como é ó final da páxina 11, cando hai unha referencia a que a aportación económica que ascenderá á cantidade que sinale a Comisión na contratación e execución desas obras contemplarase o importe destinado a dotación artística e dotación do camiño de Santiago. Non entendemos que ten que ver o camiño de Santiago co Deporte, a non ser que se dote coma unha actividade máis de aloxamento ó futuro camiño de Santiago 99; e despois tampouco está claro, aínda que tamén hai unha referencia nas páxinas 5-6, sobre a cuestión administrativa e de coñemento e aboo das obrigas que traían causa dos proxectos de obras reformados e complementarios dos anteriores convenios, do primeiro e segundo. De momento, esa é a nosa posición; gustaríanos votar a favor pero ímonos abster polas causas indicadas. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Ten a palabra D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si gracias, Sr. Presidente. Vamos a ver. O noso grupo sempre defendeu este tipo de convenios, a filosofía dos convenios, que non era mala, e ogallá dentro de non demasiado tempo, en vez de convenios, podamos oír xa que cada un asuma as súas competencias e que as Deputacións Provinciais, tal como están concebidas, que tendan a ter cada vez menos competencias e co tempo a desaparecer, porque realmente me gusta o termo que utiliza Cesáreo do "trasto histórico este", porque realmente hai cousas que non deben funcionar como están funcionando. En principio estamos de acordo coa filosofía dos convenios. Creo que este ano, por parte da Xunta de Galicia hai unha cantidade superior, son case un 50% máis do que poñía o ano pasado, 400 millóns anualmente e a Deputación 200, Convenio 98-2001. Pero á parte de que estemos de acordo con esta filosofía de convenios é coa cantidade, non estamos de acordo coa redacción deste convenio e a redacción levada á práctica como vai funcionar en anos vindeiros. En primeiro lugar, e xa entrando no tema de fondo e á parte é a primeira cláusula xa que aparece. Falaba antes Chillón da liquidación do Presuposto. Eu creo que esta cláusula ten moito que ver coa liquidación dos convenios anteriores e di: a sinatura deste convenio deixa subsistente e non extingue as obrigas contraídas polas partes no marco do primeiro e segundo convenio de cooperación que ó día da data non se atoparan satisfeitas. Eu, a primeira pregunta que me faría é ¿cales son?, ¿cantos cartos debemos do primeiro e segundo convenio?, ¿cantas obras están sen executar?, que son moitas, polo menos no convenio do 97 son moitas. E entón cal é a planificación que fai esta Comisión de Seguimento para a execución do convenio. Lle creamos falsas espectativas ós Concellos dicindo non, tranquilo que no convenio 94-97 te hago esta obra, esta, esta, esta, e non é só que non nas fagamos, é que deixamos outras seguramente, e me gustaría que se me aclarara, pendientes de pagar. Porque logo nesta cláusula cabe absolutamente todo. Ou sexa, que non me extraña que non nos queiran dicir as liquidacións dos convenios anteriores. Eso por un lado. Con respecto á Comisión, di que selecciona as obras. Loxicamente xa me imaxino de acordo a como foron outros convenios, que non fai unha selección axeitada de acordo ós presupostos que ten, senón que o que fai é crear falsas espectativas e ó final se quedan sen executar. Pero despois fala de que hai obras de 20 millóns e de 10 millóns, 20 millóns para obras novas e 10 millóns para reformas, que esas non entran dentro da selección da Comisión, ou sexa, que 20 millóns non é unha broma, con 20 millóns se fai nun Concello cousas importantes, e con 10 millóns obras importantes tamén. Ou sexa que creo que son cantidades o suficientemente importantes para que entren dentro da planificación que ten que facer esa Comisión de selecciona-las obras que van a ir adiante. E outra cousa que me chama moito a atención é a aportación dos Concellos. Creo que se fai con moi pouca rigurosidade. Desde logo que por ningún lado aparece que os Concellos teñan que pagar, si se fala de adhesión dos Concellos ó convenio, se fala dunha cantidade que teñen que aportar, incluso se fala que a Comisión pode eximir a calquera Concello de facer calquera aportación en base non sei a que criterios, entón esto o que pode ser é que castiguemos a uns e premiemos a outros, segundo non sei que tipo de criterios. Creo que ou desaparece esa cláusula e se di os Concellos non farán aportación ningunha o se di os Concellos aportarán tal porcentaxe. Porque esto é dunha suxectividade total e absoluta. E creo que son cousas que non son minimidades son cousas de certo rigor, de certo rigor e que hai que corrixir. Cando se fai un convenio pois bueno non é para que sexa unha cousa, home, sempre caben interpretacións, creo que nesta podemos interpretalo logo desde un Concello e dicir tu no pagas un duro y tu pagas el 50%, creo que non é demasidado xusto. E por outro lado si que me gustaría que aparecera no convenio, porque sempre aparece o nome de concellos, concellos, e creo que bueno, este equipo de goberno desta Deputación aínda non cre ou non sabe que existen, porque realmente nós xa presentamos emendas ó respecto para que se potenciaran e as Mancomunidades aquí non aparecen por ningún lado, sería algo interesante tamén que apareceran. Entón por estas cousas, pola forma como se fan e pola experiencia que nos di doutros convenios deste tipo, vamos con dor de corazón sinceramente, con dor de corazón vamos absternos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Efrén. Ten a palabra o Sr. Domínguez. Sr. Domínguez Vaz.- Muchas gracias Sr. Presidente. En principio este convenio es un convenio continuista, continuista con respecto a los dos convenios anteriores. Tiene algunas diferencias y estas diferencias fundamentalmente son tres. La primera es que antes se dedicaban 1.600 millones, 600 de la Diputación y 1.000 de la Xunta; y en este se dedican 2.400 millones, 800 de la Diputación y 1.600 de la Xunta. La segunda diferencia es que se puede actuar sobre instalaciones ya construídas, es decir, se pueden realizar reformas si así lo considera la Comisión, siempre que la cantidad exceda de los 10 millones de pesetas, que es a lo que usted se refería Sr. Juanes. Nosotros no vamos actuar nunca sobre reparaciones inferiores a 10 millones de pesetas ni sobre obras nuevas inferiores a 20 millones de pesetas. Esa es la aclaración. Y la tercera diferencia que tiene con respecto a los convenios anteriores es que cada una de las Administraciones se hará responsable de la contratación de las obras que vaya a realizar porque esto va a dar una mayor agilidad. Yo creo que este convenio es necesario para las infraestructuras de la provincia, creo que la Diputación y la Xunta han sido un ejemplo en esto de imparcialidad, se ha atendido a todos los concellos independientemente del color político del concello, por quién esté gobernado, y hay una cosa que si me parece fundamental: no podemos establecer de forma definitiva un calendario de obras a realizar, porque ustedes saben perfectamente que una de las bases fundamentales es que los concellos pongan a disposición los terrenos. Y hay una cosa evidente: en este último convenio ha habido muchos concellos que por las causas que sean, yo no voy a criticar eso, no han sido capaces de poner los terrenos a disposición de la Xunta y Diputación. Por lo tanto, nosotros no podríamos ejecutar nuestro presupuesto si estuviésemos atados de la forma que ustedes nos están planteando. Efectivamente, si los concellos no ponen a disposición este terreno nosotros realizamos otras obras. Lo que si es cierto es que el presupuesto del anterior convenio está ejecutado al 100%, y que yo les di información de que las obras se están realizando y se están inaugurando. Todo el mundo lo sabe. Hay una serie de proyectos que no pudieron llevarse a cabo porque no teníamos a disposición los terrenos y que van a ser prioritarios para el próximo convenio. Y hay proyectos en Ayuntamientos gobernados, por ejemplo, por el PSOE, como el pabellón de Vilalonga, o hay proyectos gobernados por Ayuntamientos del Bloque como las pistas de atletismo de Cangas, o el campo de hierba sintética de Pontevedra, por poner tres Ayuntamientos con colores políticos diferentes. Es decir, a mi me parece un convenio que ha catapultado desde luego a la provincia de Pontevedra en infraestructuras deportivas, y este es continuista con estos tres puntos y creo que es muy conveniente. Muchas gracias, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, de forma breve, sen ánimo de réplica, estamos de acordo fundamentalmente nas tres cuestións que plantexou o Presidente da Comisión. Hai maior dotación económica, un incremento importante, cuestión positiva. Tamén a segunda cuestión de que os propios concellos faciliten e xestionen e poñan as mellores condicións. E tamén na cuestión de potenciar por suposto a infraestructura deportiva da nosa provincia. Pero non nos respondeu á crítica que se fai desde o noso grupo provincial. Non temos que mirar ós xornais para enterarnos de que obras se van facer e que obras están feitas. Ata agora, queiras ou non, houbo un total oscurantismo na súa aplicación e xestión, e a realidade é que o único informe que se nos pasa foi hai un mes e pico por parte de Presidencia cando vamos a cumprir case dous anos. Vostede síguenos comentando que está liquidado o convenio anterior, pero non sabemos o desglose das cantidades e a execución, o que supuxo cada un. Cando unha Institución aporta unha cantidade, aínda que neste caso sexa menor que a outra Institución, temos que ter por suposto control e información a onde vai ese diñeiro e en que medida e en que sitios foi executado. E eso segue esta Corporación sen sabelo, polo menos este grupo e penso que a oposición. Ou sexa, que segue ese oscurantismo, esa falta de información, e ese é o tema que é negativo da anterior experiencia. Segue faltando información e hoxe aínda non temos a información que queremos. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, telegraficamente Sr. Presidente. Se me aclarou o dos 20 e 10 millóns de pesetas, que creo que agora queda suficientemente claro e á parte comparto co Sr. Domínguez esta interpretación, me parece acertada. Pero por outro lado as obrigas do primeiro e do segundo convenio. Eu creo que as cláusulas cando se poñen é porque hai motivos para polas, supoño, non se pon unha cláusula por capricho. E aquí fala de obrigas do primeiro e do segundo convenio e do primeiro estamos falando do ano 94, ou sexa, que hai obrigas do ano 94 que aínda a estas alturas non as temos satisfeitas. Me gustaría saber, se agora mesmo non ten os datos pois cando os teña, cales son as obrigas que nos quedan por satisfacer da execución do primeiro e do segundo convenio. E outra cousa que me parece importante é saber que non quepa, que non dea lugar a dúbidas a cuestión das aportacións dos concellos e que se sexa riguroso. Se van a aportar algo que se diga canto, e se non que se diga que non van aportar nada, que non entra dentro do criterio da Comisión que uns se leven unha porcentaxe e outros no paguen absolutamente nada. Sr. Domínguez Vaz.- Vamos a ver, posiblemente no haya contestado a todo. Criterios si hay y van a ser los mismos que se mantuvieron en los anteriores convenios, es decir, en principio no es lógico que exista ni un sólo municipio que no tenga un pabellón, por ejemplo. Hay algunos que todavía no lo tienen y hay que completarles pabellón. No es lógico que una piscina la pueda tener un Ayuntamiento que después no sea capaz de poder mantenerla, por lo tanto se establece un límite de me parece que son 12 ó 14 o 15 mil habitantes para poder tener una piscina. Existen Mancomunidades, como es el caso del Val Miñor, que mancomunadamente solicitó la piscina, que era otra de las preguntas que me hacía. En cuanto a la aportación de los Concellos, los Concellos colaboran, y aparte de poner los terrenos a disposición, aportan aproximadamente un 30% de la obra. En algunos casos, si se considera una obra prioritaria, que yo creo que no hubo ningún caso, se contempla en el convenio la posibilidad de que el Concello no participe, pero no hubo ningún caso. Lo que si puede ocurrir es que concellos que han participado en una primera fase y hayan aportado la cantidad suficiente, ahora no tengan que aportar nada en una segunda fase porque ya han aportado en esta primera fase. En cuanto a las liquidaciones, yo no tengo ningún inconveniente en solicitarlas y hacérselas llegar a ustedes. Es cierto que hay algunas obras que no están finalizadas todavía, que están en ejecución incluso, pendientes de inaugurar, pero que no están finalizadas todavía y supongo que se referirá usted a eso, pero la ejecución de nuestro presupuesto está liquidada al 100% y yo le hago llegar los datos tan pronto los tenga. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Votos a favor?. Apróbase pola maioría do Partido Popular. Abstención os demais grupos. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo e co informe de Intervención, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, aproba-lo Convenio de Cooperación coa Xunta de Galicia sobre Instalacións Deportivas, habilitando ó Presidente para a súa sinatura, e sendo do teor literal seguinte: En Santiago de Compostela, a ....... de .............. de mil novecentos noventa e sete R E U N I D O S O Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia O Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación de Pontevedra Actuando ámbolos dous coas facultades que os seus respectivos cargos lles confire, e a tal efecto E X P O Ñ E N O éxito acadado no Iº e IIº Convenio de Cooperación asinado entre a Xunta de Galicia e as Deputacións Provinciais, sobre instalacións deportivas, subscrito para o período 1992/94 e 1994/97, aconsella reiterar de novo o concerto de vontades e actuacións das administracións sinatarias, conscentes de que a mellora da práctica deportiva demanda un investimento constante encamiñado a satisface-la demanda social existente. A experiencia obtida na xestión dos Convenios que constitúen antecedentes directos do presente, xustifican a introducción de mecanismos correctores de disfuncionalidades detectadas no proceso de materialización das aportacións económicas dos Concellos adheridos ó tempo que se consideran, igualmente, as modificacións que ó respecto ten introducido a entrada en vigor da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das Administracións Públicas. Con idéntico fundamento na experiencia acadada ó longo dos últimos seis anos de coordenación administrativa na xestión dos procesos administrativos precisos para a contratación das obras, obxecto final dos convenios asinados, tense posto de manifesto que os obxectivos perseguidos, a coordenación do investimento que permitiran un salto cualitativo no nivel de equipamento deportivo existente, poden acadarse sen necesidade de facer recae-la totalidade da responsabilidade da xestión administrativa sobre unha sóa das Administracións asinantes. Con base nesta nova orientación o III Convenio de cooperación, representa a continuidade no plano dos obxectivos -a mellora da infraestructura deportiva da provincia- e nos mecanismos que o sustenta, a coordenación libre e voluntariamente concertada. Non obstante, e froito da experiencia na súa implementación introdúcese unha importante novidade que permite que as Administracións asinantes se responsabilicen en igual medida, da xestión administrativa do pactado, o que comporta que fixados os investimentos do modo previsto no Convenio a súa materialización se encomende a cada unha das partes sinatarias. O obxectivo a acadar, o volume de inversión que se precisa para face-lo realidade e a propia ordenación e asignación competencial en materia deportiva, xustifica a actuación conxunta de diversas Administracións, coordenando a súa actuación cara a consecución de metas que lles son comúns. Así, a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 27.22 establece a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de promoción do deporte. Ademáis, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establece dunha banda, a competencia xenérica dos Concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en moi diversas materias, entre as que se contan, a realización de actividades en instalacións deportivas (artigo 25.2 m); doutra, establece co carácter de servicio mínimo obrigatorio, en Concellos de máis de 20.000 habitantes, os relativos ás instalacións deportivas (artigo 26.1 c); e finalmente, encomenda ás Deputacións Provinciais a coordenación dos servicios municipais entre sí para garanti-la súa prestación integral e a asistencia e cooperación económica ós Concellos (artigo 36.1 a e b). Sustenta o presente convenio o ánimo de exerce-las competencias atribuídas ás Administracións sinatarias e a dotación das instalacións deportivas precisas ó deporte federado e a cidadanía en xeral. A tal efecto, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, subscriben o presente convenio que se suxeitará as seguintes C L Á U S U L A S 1.- OBXECTO DO CONVENIO É obxecto do presente convenio establece-las bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra e fixa-las aportacións económicas de ámbalas dúas Administracións que fagan posible a construcción e reforma das instalacións deportivas que, no seu día se determine, no período de 1998-2001. A sinatura deste convenio deixa subsistente e non extingue as obrigas contraídas polas partes, no marco do Iº e IIº convenio de cooperación, que o día da data non se atoparan satisfeitas. Na acreditación do seu cumprimento observaranse as prescricións de aplicación en razón do convenio de orixe. II.- FINANCIAMENTO Os investimentos necesarios para a construcción e reforma das instalacións deportivas que, conforme o presente convenio se determinen, serán financiados pola Xunta de Galicia e Deputación Provincial sinataria conforme ó procedemento arbitrado no presente convenio: A) A Xunta de Galicia aportará con cargo ós presupostos da Secretaría Xeral para o Deporte, as cantidades que se indican conforme a distribución nas seguintes anualidades: * XUNTA DE GALICIA, Secretaría Xeral para o Deporte, aplicación presupostaria: 04.04.355A.622.1 * ANUALIDADE DE 1998 400.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 1999 400.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 2000 400.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 2001 400.000.000 pts. B.- A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA * ANUALIDADE DE 1998 200.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 1999 200.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 2000 200.000.000 pts. * ANUALIDADE DE 2001 200.000.000 pts. Os referidos importes imputaranse nas sucesivas fases do gasto, á aplicación presupostaria 911.452.750.00 do respectivo presuposto provincial, tal e como se sinala no acordo adoptado, en sesión plenaria, o día 30 de maio de 1997. Únese como anexo da presente certificación de tal extremo. C) As aportacións económicas anteriormente mencionadas poderán verse incrementadas polos importes que, para idénticas finalidades, aporten os Concellos ou outras entidades públicas que, conforme ós mecanismos previstos no presente, acorden a súa adhesión a este Convenio ou, con base nos compromisos de investimento que no presente se contraen, conveñan a cofinanciamento de investimentos programados, baixo calquera forma de colaboración interadministrativa. D) É desexo das partes sinatarias do presente que o IIIº Convenio de Cooperación sobre instalacións deportivas, permita, sen solución de continuidade, a xestión administrativa, o recoñecemento e abono das obrigas que traian causa de proxectos de obras reformados ou complementarios que se fagan precisos na execución de obras que foron contratados no marco do Iº e IIº convenio de cooperación e que se atopan en execución, así como igual proceder respecto das liquidacións provisionais de obras daquelas que estando concluídas ou en curso non se atopen aboadas á data de sinatura do presente. En atención á circunstancia de que nos Convenios anteriores a Secretaría Xeral para o Deporte-Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, ten sido o órgano de contratación da totalidade das obras, ésta poderá destinar, se procede, os créditos comprometidos no apartado A) precedente a atende-las obrigas ás que se refira ó parágrafo anterior. III.- DETERMINACIÓN DAS OBRAS A determinación concreta das obras a executar na provincia de Pontevedra e o importe estimado do presuposto das mesmas será efectuada pola Comisión a que se refire a base oitava (VIII) integrada a este efecto pola representación da Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial sinataria do presente. En todo caso, na selección das actuacións, que serán executadas no marco do presente excluiranse aquelas obras que non alcancen un presuposto de execución material de 20.000.000 pts., no caso de nova construcción e de 10.000.000 pts., tratándose de obras de reforma. IV.- ADMINISTRACIÓNS CONTRATANTES Determinadas as actuacións a executar conforme ó disposto na cláusula precedente cada unha das Administracións sinatarias será responsable da contratación das obras que, ata o límite dos créditos comprometidos para tal fin, se encomende pola Comisión. As economías ou baixas que se poidan obter na adxudicación dos contratos de obra a executar no marco do presente polas Administracións contratantes, serán destinadas á financiamento dos posibles excesos que se produzan na execución das obras (proxectos reformados, adicionais, ou no seu caso, excesos de medicións, liquidacións, se as houbera). En ningún caso serán autorizados proxectos adicionais ou reformados para a inclusión de obras que deberán estar executados polo Concello solicitante da adhesión nunha fase previa á obra que se execute. Igual criterio será aplicado respecto daquelas unidades de obra que garden relación coa dotación de servicios ó solar onde se atope ubicada a instalación respecto das que o Concello respectivo adquira os compromisos recollidos no punto 3 da cláusula X do presente. V.- CONTRATACIÓN DE CONSULTORIAS E ASISTENCIAS A contratación das consultorías e/ou asistencias para a redacción de proxectos técnicos ou de facultativos ós que se lle encomende as direccións de obras, serán responsabilidade da Administración á que corresponde a contratación da respectiva obra. Confeccionados os proxectos serán postos en coñecemento do Concello interesado. O custo dos proxectos técnicos serán sufragados con cargo ás aportacións das partes asinantes do presente só no caso no que o correspondente encargo do proxecto fora efectuado por unha das Administracións sinatarias do presente. Inexcusablemente, os proxectos técnicos encargados polos respectivos Concellos que interesen a súa adhesión ó presente, serán aboados ó seu cargo ó marxe da aportación económica que en virtude da súa adhesión ó presente poidera corresponderlles. VI.- XESTIÓN E MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS A xestión, mantemento e conservación das futuras instalacións deportivas, será responsabilidade exclusiva do respectivo Concello, sendo de conta deste a totalidade dos gastos que as mesmas xeren, sen que as partes asinantes do presente posúan responsabilidade algunha respecto delas. Da circunstancia anterior deixarase constancia na acta de recepción das obras. A tal efecto, asistirá ó acto o Sr. Alcalde Presidente interesado, previamente facultado ó efecto. O referido acto comportará a incorporación da obra ó patrimonio municipal. A circunstancia anterior non obviará a responsabilidade que á sociedade adxudicataria das obras corresponde na policía e conservación das mesmas ata a conclusión do período de garantía anual. O Concello asumirá as obrigas ás que se refire o parágrafo primeiro da presente tamén naqueles supostos nos que a instalación deportiva se atope ubicada en terreos titulariedade doutra Administración pública (centros de FP, ou Institutos de Bacharelato) e polo tanto non se efectúe a incorporación da mesma ó patrimonio municipal. VII.- VISITA DAS OBRAS As partes, resérvanse o dereito a inspecciona-las obras consecuencia do presente convenio, durante a execución das mesmas. No exercicio da facultade anterior deberá tomarse en consideración que corresponde, en exclusiva, á Administración contratante a emisión de ordes que poidan incidir no curso das obras. VIII.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO E INTERPRETACIÓN Para o seguimento do grao de execución do presente convenio, a solución de controversias que a súa interpretación poida motivar, así como para levar a cabo as tarefas ás que fai referencia a base terceira, créase unha Comisión integrada polos seguintes representantes das partes: * Dous representantes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. * Dous representantes da Deputación Provincial asinante. IX.- VIXENCIA DO CONVENIO A vixencia do presente convenio extenderase ata a total conclusión das obras a executar, salvo previa denuncia de calquera das partes, afectando ós compromisos económicos contraídos ós exercicios de 1998 ó 2001, ámbolos dous inclusive. A denuncia, requerirá o acordo previo do órgano competente da Administración que a pretenda, surtirá efectos ós noventa días da súa presentación diante da Comisión a que se refire a base anterior. O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será causa bastante para a súa denuncia. Caso de incumprimento das obrigas contraídas no marco do presente, sexa por parte das Administracións sinatarias ou das adheridas, o seu cumprimento fiel e puntual poderá ser demandado diante da xurisdicción contencioso-administrativo. X.- ADHESIÓN DOS CONCELLOS. REQUISITOS. EFECTOS As partes autorizan a adhesión ó presente convenio a todos aqueles Concellos nos que, en cumprimento do presente, se proxecte a construcción de instalacións deportivas. A adhesión ó Convenio, que non comportará modificación de ningunha das súas cláusulas, ten por obxecto posibilita-la colaboración económica dos Concellos adheridos ó financiamento das obras chamadas a integrarse no patrimonio municipal. A adhesión requirirá: A) Acordo plenario do Concello interesado, facendo consta-lo desexo de adhesión ó presente convenio con aceptación plena e sen reserva algunha de todas e cada unha das cláusulas que o integran. B) Do acordo municipal de adhesión darase traslado, a medio de certificación, á representación Administrativa contratante. C) Adhesión ó Convenio, comportará para o Concello a obriga de colaborar na financiamento das instalacións deportivas que se proxectan construir no seu termo municipal. Excepcionalmente, a Comisión poderá eximir ó Concello de efectuar aportación económica algunha, naqueles casos que os investimentos levados a cabo en fases anteriores polo Concello poidera xustificar tal proceder, ou ben cando se acredite razoablemente a imposibilidade económica de tal aportación. A aportación económica, que ascenderá á cantidade que sinale a Comisión á que se refire a base terceira, será destinada a confinancia-lo presuposto de execución por contrata da obra u obras, o importe destinado a dotación artística e dotación do Camiño de Santiago, nos casos que proceda, control de calidade, honorarios de redacción de proxectos, e de dirección de obras e o importe do IVE. A adhesión comportará os seguintes compromisos: 1.- LICENCIAS MUNICIPAIS O Concello será o responsable de obte-las preceptivas licencias municipais de obras e sufragar, no seu caso, e sen disminución da aportación referida no parágrafo anterior, as taxas ou imposto municipal de construccións, instalacións e obras, que a expedición daquelas poideran devengar. 2.- APORTACIÓNS ECONÓMICAS O acordo de adhesión para que surta efectos, será preciso que sexa adoptado simultaneamente co compromiso de aportación do importe que ó Concello corresponda naquelas obras que se executen no seu termo municipal, nas anualidades que ó efecto se establezan. As Corporacións Locais remitirán á Secretaría Xeral para o Deporte ou á Deputación Provincial, segundo proceda, certificación do acordo municipal de adhesión e certificación de existencia de crédito bastante para facer frente á anualidade do exercicio corrente, así como da existencia de autorización para a realización de gastos plurianuais restantes, contraídos e contabilizados adecuadamente, conforme ó disposto no artigo 155 da Lei 39/1988, do 28 de decembro. A respectiva Administración contratante esixirá, cando o estime pertinente, garantía bastante sobre a efectividade da aportación comprometida, nos termos autorizados polo número 2 do artigo 70 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de Contratos das Administracións Públicas. 3.- POSTA A DISPOSICIÓN DE TERREOS OU INSTALACIÓNS O Concello que solicite a súa adhesión, deberá poñer a disposición da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Deputación Provincial, os terreos precisos para ubicación neles da instalación deportiva que se pretenda construir. Os terreos, que deberán ser de titularidade municipal, atoparanse libres de cargas, ser aptos urbanisticamente para a execución da obra pretendida e atoparse urbanizados. Entenderanse urbanizados, aqueles que se atopen dotados, ó pe de parcela, de subministro de enerxía eléctrica, abastecemento de auga, rede de saneamento e acceso rodado. Os extremos anteriores serán acreditados polo Concello respectivo mediante as oportunas certificacións, expedidas polos servicios administrativos correspondentes. Cando os terreos que se poñan a disposición da Administración contratante non se atopen urbanizados, o Concello deberá comprometerse á súa urbanización simultánea coa execución das obras obxecto do presente e ó seu exclusivo cargo. Co obxecto de garanti-la idoneidade dos terreos onde se pretenda a implantación dunha obra nova, o Concello titular dos mesmos deberá aportar, simultaneamente co acordo de posta a disposición, un estudio xeotécnico e de viabilidade da parcela ofertada coa extensión que demande as características da obra programada. Nel farase necesariamente referencia á posible existencia de tendidos eléctricos, telefónicos ou doutra índole que poidesen sobrevoa-los terreos e as conduccións subterráneas que poidesen existir. O estudio xeotécnico e de viabilidade deberá ser confeccionado por unha empresa homologada para a realización de tales traballos. 4.- RÉXIME DE INGRESO DAS APORTACIÓNS ECONÓMICAS O réxime de ingreso das aportacións municipais será o seguinte: A) O importe correspondente á primeira anualidade e na súa totalidade será librada e ingresada na conta corrente que ó efecto se designe, nos cinco días inmediatos seguintes ó de confección da acta de comprobación do replanteo. B) Cando proceda, o importe correspondente a cada unha das seguintes anualidades será ingresado cada ano con anterioridade ó día 28 de febreiro. No réxime de pagamento das certificacións de obra a Administración contratante determinará nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares a orde de abono das respectivas aportacións económicas das entidades cofinanciadoras (artigo 70 da Lei 13/1995, do 18 de maio). 5.- USO DAS INSTALACIÓNS E COMPROMISOS COMPLEMENTARIOS O Concello Pleno deberá comprometerse a garantir que no uso das instalacións deportivas que resulten construídas, remodeladas, reformadas ou acondicionadas no marco do presente convenio serán observadas as seguintes prescricións: a) Cando a instalación deportiva se atope anexa ou nas proximidades dun centro de ensino público gozará de preferencia absoluta o seu uso pola comunidade escolar para a práctica do deporte e das disciplinas reguladas relacionadas co mesmo, todo iso durante o horario escolar lectivo. O uso comprenderá, en todo caso, o das instalacións hixiénico-sanitarias existentes. b) Favorecer e facilita-la celebración de competicións deportivas de carácter oficial promovidas polas distintas federacións deportivas de Galicia. A Administración contratante da instalación, a solicitude dalgunha das partes, actuará de árbitro naquelas ocasións que pola súa relevancia ou interese o demande. No suposto que a xestión sexa encomendada a terceiros as obrigas anteriores deberán constar como carga no correspondente prego de bases. c) Garanti-lo uso gratuito das instalacións deportivas referidas cando as mesmas se precisen para posibilita-la celebración de competicións deportivas oficiais organizadas ou promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou pola Deputación Provincial de Pontevedra. 6.- COMPENSACIÓN DE DÉBEDAS O acordo de adhesión deberá conter unha autorización expresa en favor da Administración contratante, para que ésta inicie, de chegar a proceder, expediente de extinción por compensación das débedas que nazan das obrigas de carácter económico ás que se refiere o apartado 2 precedente, o cal será tramitado con arreglo ás seguintes prescricións: Primeira.- Transcorridos os prazos que establece o apartado segundo anterior, a débeda do Concello respectivo terá o carácter de vencida, líquida, esixible e firme e poderá procederse á súa extinción mediante compensación. Segunda.- A compensación efectuarase con calquera crédito que o debedor teña recoñecido ó seu favor pola Administración contratante, dando cumprimento ó requisito de reciprocidade entre o acredor e o debedor. Terceira.- Para materializa-la compensación, tramitarase un expediente administrativo no que quedará acreditado: A) Que ten mediado requerimento de pago ó Concello debedor advertíndolle do inicio do expediente de compensación e ofrecéndolle a posibilidade de efectua-lo ingreso da débeda evitando a compensación, a tal efecto outorgarase un prazo de quince días, no que o requerido poderá efectua-las alegacións que estime oportuno. B) Á vista das alegacións ou materializado o ingreso, a Administración competente, procederá a acorda-lo arquivo do expediente ou a súa continuación, segundo proceda. C) De continua-lo procedemento, o órgano competente expedirá certificación acreditativa de débeda existente, concepto e importe, e consignará expresamente o seu carácter de débeda vencida, líquida, esixible e firme, así como da existencia do acordo de autorización para proceder á extinción da mesma mediante compensación. D) Á certificación mencionada unirase proposta de compensación dirixida ó Ilmo. Sr. Director Xeral de Política Financeira e de Tesouro da Consellería de Economía e Facenda ou Tesourería da Deputación Provincial (segundo proceda), para a súa instrumentalización. 7.- INDEMNIZACIÓNS No suposto que adxudicadas as obras que se pretende executar no marco do presente convenio, éstas non poidan ser iniciadas por inadecuación dos terreos postos a disposición da Administración contratante, os prexuízos que tal circunstancia poidera xerar á sociedade adxudicataria serán indemnizados polo Concello responsable. No caso de que a Administración contratante se vexa obrigada a facer frente ó pago de indemnizacións por tal motivo e concepto procederá a repercutir ó Concello ofertante dos terreos os importes aboados. Igual proceder observarase nos casos que a reclamación de indemnizacións ou abono de intereses veñan motivados por retrasos producidos no libramento material e efectivo das aportacións económicas comprometidas polo Concello. Dos extremos anteriormente mencionados quedará constancia expresa no acordo plenario municipal no que se solicite a adhesión ó presente convenio. XI.- CARTEL INFORMATIVO En tódalas obras que se executen no marco do presente convenio fixarase un cartel informativo da natureza das mesmas con indicación expresa das Administracións Públicas que colaboran no financiamento do plan no que se inclúen. O tratamento tipográfico identificativo das respectivas entidades e dos seus logotipos ou anagramas será idéntico. Ós actos de inauguración ou posta en marcha das instalacións que se financien no marco do presente convenio, asistirán os representantes oficiais designados polas Administracións sinatarias, para o que se facilitarán, con suficiente antelación, o día e hora de celebración dos mesmos. En proba de conformidade, asínase o presente convenio, en triplicado exemplar, no lugar e data ó comezo indicados. O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, MANUEL FRAGA IRIBARNE O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, MANUEL ABELEDO LÓPEZ ------ Folla: 204,205 5.4079.- RATIFICACIÓN POLO Pleno DA PROPOSTA DO ORAL SOBRE DELEGACIÓN DE XESTIÓN DE RECURSOS DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Sr. Presidente.- Punto 5. Ratificación polo Pleno da proposta do ORAL sobre delegación de xestión de recursos do Concello de Vilanova de Arousa. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co acordo do Pleno da Excma. Deputación Provincial, de data 29 de xullo de 1992, polo que aprobaron as Bases para a prestación do Servicio Provincial de Xestión e Recadación Directa, polo que se regula a xestión e recadación dos tributos de dereito público e locais, bases actualmente asumidas polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, recibironse acordos plenarios dos concellos que seguidamente se relacionan polos que amplían delegacións xa efectuadas na Deputación en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais. CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Delega expresamente na Deputación Provincial as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seguintes recursos: (Acordo Pleno 20-01-97) - Imposto sobre Bens Inmobles. - Imposto sobre Actividades Económicas. - Imposto sobre vehículos de Tracción Mecánica. - Taxas por recollida do lixo. - Taxas por rede de sumidoiros. Considérase que o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) dispón dos medios materiais e persoais suficientes para levar a cabo satisfactoriamente as facultades que o Concello relacionado delega na Deputación Provincial. Por todo iso, a teor da proposta transcrita, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, o Pleno acorda por unanimidade, a adopción do seguinte acordo: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, as delegacións que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizaron, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra os concellos da provincia anteriormente relacionados. Delegacións que se levarán a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, debéndose, así mesmo, proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 205,206 6.4080.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E DE SUPLEMENTOS MEDIANTE TRANSFERENCIA, POR SOBRANTES DO EXERCICIO DE 1997 Sr. Presidente.- Punto 6. Primeiro expediente de créditos extraordinarios e de suplementos mediante transferencia, por sobrantes do exercicio de 1997. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi breve. Como sempre, cando hai un expediente de transferencia de créditos sobrantes non entramos no fondo, onde vai ou onde vén, senón que o propio expediente e as propias modificacións son consecuencia de dúas cousas, unha o presuposto que se aprobou e dúas a xestión que se fixo del. Como ó presuposto que se aprobou votamos en contra e coa xestión que se está facendo polo menos en grandes áreas non estamos de acordo, votamos en contra da transferencia. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- O Grupo Socialista anúncialle que tanto no punto 6 coma no 7 o voto vai ser en contra. No 7 argumentaremos máis o tema. Se estamos falando do punto 6 a cantidade é unha cantidade mínima, 126 millóns de pesetas, pero loxicamente, por unha cuestión de rigurosidade, se se vota en contra do presuposto, temos que votar en contra deste tema tamén. Sr. Presidente.- Procedemos á votación do punto 6. ¿Votos en contra?. Partido Socialista e BNG. ¿Votos a favor?. Partido Popular, apróbase por maioría. Visto o primeiro expediente de créditos extraordinarios e de suplementos mediante transferencia, por sobrantes do Exercicio de 1997, por importes de CENTO DEZAOITO MILLÓNS CATROCENTAS SETENTA E CINCO MIL SETECENTAS OITENTA E NOVE PESETAS (118.475.789) e OITO MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA E SEIS MIL DUASCENTAS SETENTA E UNHA PESETAS (8.456.271), respectivamente, que fan un total conxunto de CENTO VINTESEIS MILLÓNS NOVECENTAS TRINTA E DÚAS MIL SESENTA PESETAS (126.932.060), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte ó non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, que será financiado por sobrantes doutras partidas do exercicio de 1997, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación ás correspondentes modificacións presupostarias e dos recursos para o seu financiamento, que resumidos por capítulos presentan a seguinte estructura: Capítulo 2º Gastos de bens e serv. correntes 12.376.604 Capítulo 4º Transferencias correntes 3.900.000 Capítulo 6º Inversións reais 1.799.185 Capítulo 7º Transferencias de capital 100.400.000 Total crédito extraordinario 118.475.789 Capítulo 2º Gastos de bens e serv. correntes 249.600 Capítulo 4º Transferencias correntes 5.725.871 Capítulo 6º Inversións reais 2.480.800 Total suplemento de crédito 8.456.271 Estes expedientes fináncianse con baixas nos seguintes capítulos: Capítulo 1º 9.725.871 Capítulo 2º 5.105.789 Capítulo 3º 60.670.000 Capítulo 6º 7.650.400 Capítulo 7º 43.780.000 Total baixas por transferencias de crédito 126.932.060 Estes expedientes presentan, resumidos por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 1º Remuneracións do persoal - 9.725.871 Capítulo 2º Gastos en bens e servicios correntes 7.520.415 Capítulo 3º Gastos financeiros -60.670.000 Capítulo 4º Transferencias correntes 1.975.471 Capítulo 6º Inversións reais 4.279.985 Capítulo 7º Transferencias de capital 56.620.000 Total variacións do Presuposto (compensadas) 0 ------ Folla: 206,211 7.4081.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS "EXTRAORDINARIOS" E "SUPLEMENTOS DE CRÉDITO", CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto 7. Segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Esto xa leva un pouquiño máis, unhas palabras máis. Eu supoño que para este reparto sucede igual que para o Convenio de Instalacións Deportivas, que hai criterios; o problema é que non están por escrito e entón pode cada un dicir os criterios segundo lle conveña. Vostedes aquí utilizaron uns criterios para aplicar eses remanentes que xa se falou deles noutro Pleno. E vamos entrar polo miúdo. Para obras do Museo 32, ben, estamos de acordo. A aportación ó ORAL é unha cuestión técnica de como fan vostedes os presupostos que nos resultaría indiferente. E a cubrición vía do ferrocarril estamos a favor, son 58 millóns. Aportación a Galicia Terra Única son 30, estamos en contra. Entón aparece despois o fundamental, o gordo dos 300 e pico millóns, 322. 200 millóns van para reparacións de vías públicas, que é un título moi bonito, pero na práctica é capítulo 2, o que significa que é para bacheo electoral. Exactamente para bacheo electoral. Se vostedes elixen esta prioridade, non é que a nós nos pareza mal que se asfalten as pistas simplemente, ou que se bacheen as pistas, simplemente cremos que hai outras cousas prioritarias como son as estradas provinciais ou outros fins ós que hai que destinalo. Polo tanto a maioría, a inmensa maioría do fin non o compartimos e polo tanto votamos en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente. Esto é unha tradición nesta casa, é unha tradición que cada ano que hai eleccións, aínda que o presuposto se fixera hai tres meses ou hai catro meses, resulta que vostedes acórdanse que lle quedaron cousas por cubrir, e á última hora plantéxannos estes temas e plantéxannos porque lle quedan catro meses de intenso traballo, de intenso traballo como foi sempre, é dicir, facendo obras en propiedades privadas, utilizando a súa influencia nesta Deputación para determinadas cousas que lle benefician fundamentalmente sempre ó Partido Popular e a militantes do Partido Popular, etc., etc. Parece a eterna canción pero é a eterna realidade. Polo tanto é que mirando esto, se supón que os cartos desta casa deben ter outras prioridades. Pero tamén estamos acostumbrados a que cando o Grupo Socialista plantexa alternativas no presuposto, cando plantexa emendas ó presuposto, se nos diga que non e dous meses despois retómanas vostedes, adórnanas doutro xeito e fannas. Ben, toca ano electoral e toca modificacións deste tipo. Loxicamente, como lle dicía no punto anterior, se votamos en contra do presuposto, temos que seguir votando en contra das modificacións. Pero este tema xa é o tema tradicional, polo tanto voto en contra. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Bien, muy brevemente porque si el motivo fundamental para votar en contra es porque se votó en contra del presupuesto, evidentemente no hay muchas razones que alegar. En cuanto a las indicaciones del Sr. Mosquera, que no está conforme con dos de las partidas, la de "Galicia Terra Única" ya explicaron antes por qué no están conformes. Es un proyecto que consideramos muy importante y lo apoyamos. En cuanto a la partida de 200 millones para reparación de vías públicas, yo creo que esto es una política, como alguien dijo ya antes, tradicional, pero es tradicional por necesaria no por conveniente. Y son absolutamente necesarias estas reparaciones, y más en un año como este en que debido al buen tiempo que tuvimos en los meses de invierno evidentemente se ha gastado bastante mas. No se rían porque ustedes saben que es así. No se puede echar asfalto cuando está lloviendo. Si llevábamos los meses de febrero, marzo y abril sin llover, evidentemente una partida que estaba presupuestada para todo el año se ha consumido con anticipación. De todas maneras tengo que responderle que ya en la discusión del presupuesto se dijo que eran partidas abiertas y el presupuesto es necesario cuadrarlo. Una vez liquidado el presupuesto del año anterior y que hemos visto los remanentes que teníamos lógicamente suplementamos aquellas partidas que consideramos absolutamente imprescindibles. Y esta partida lo es, y ya lo habíamos dicho que lo era, y se seguirá gastando en ella porque creemos que las vías públicas de la provincia necesitan estos 200 millones y la pena es que no haya otros 200 más o bastantes más que serían necesarios. Por eso nosotros lo apoyamos y todos los remanentes que haya y que podamos destinar, sea o no año electoral, ya sabe usted que vamos a intentar gastarlos en mejorar la red viaria de esta provincia. Nada más. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- É cando menos unha intervención curiosa, se non fora o tempo habería que falar do empedrado ou doutra cousa semellante. Á parte hai unha confusión, as vías públicas, en xeral si son vías públicas pero non son as da Deputación. É moi simpático. Primeiro, que non se pode votar asfalto cando chove é certo, co cal van ter que apurar moitisimo en ir a votalo se lle vén bo tempo e se non chega a vir bo tempo, menudo lío, non van dar feito, non dan agotado a partida, menudo lío, que desgracia. Bueno, quero non collerme á literalidade das súas palabras, senón interpretalo. O que quixo dicir é que ó chover se estropean máis as vías públicas. Non, non quixo dicir eso. Entón xa está aforrado, entón ó contrario, non dá tempo e entón temos cartos de sobra e sobra metelo aquí, se non se puido gastar hai o que había, fantástico, entón si que non ten ningún sentido. De todas maneiras o argumento da choiva eu non sei por que non se aplica tamén ás estradas provinciais, por exemplo, porque esto evidentemente vai ir para os asfaltados e volven vostedes a asfaltar, volven a estar asfaltando camiños privados, entradas privadas, eiras privadas e tal. Volven ás mesmas prácticas, non é pola choiva, é que así non hai cartos que cheguen. Teñan coidado porque esto volve outra vez a estar absolutamente descontrolado e o camiño é cada vez a máis como por desgracia é a súa práctica en ano electoral. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González. Sr. González Iglesias.- Como me imagino que el Presidente iba a utilizar el último turno para decir que siempre hablamos de lo mismo en temas de vías públicas, de reparaciones, de limpieza, etc., etc., etc., Sr. Presidente le voy a contar una pequeña historia a la que el Grupo Socialista acaba de tener acceso hace unos momentos. Una pequeña historia que es para nosotros lo más gráfico de lo que está ocurriendo en esta casa. Miren ustedes, hai una empresa, una empresa que se llama LIMVIAL, empresa a la que se adjudicaron en esta casa varias obras, trabajos para ser más exactos, de desbroce y limpieza de cunetas en vías provinciales, etc., etc., etc. Bueno, pues resulta que esta empresa hasta hace un tiempo era propiedad o copropiedad de un Diputado del Partido Popular de esta Institución, el Sr. D. Rafael Louzán Abal. Curiosamente, estamos hablando del mismo Diputado que es ahora mismo el único con dedicación exclusiva en esta casa y que según palabras del Presidente de esta Institución es el que lleva todo el tema de maquinaria, etc., etc.. Digo según el Presidente, porque incluso a preguntas del BNG le mandaba contestar a este señor diciendo que era el que llevaba el tema de la maquinaria. Pues bien, ahora mismo, según datos del Registro Mercantil, esta empresa no es de este señor, pero si es de familiares directos de este señor, de familiares directos del Sr. Rafael Louzán Abal y me dirán ustedes cómo se le llama a esto. Yo creo que todos los adjetivos que se suelen utilizar ultimamente en este país. Es decir, desde utilizar información privilegiada, a estar adjudicando obras a empresas de familiares absolutamente directos y por encima resulta que esta persona es la que controla toda la maquinaria de la Diputación. Bueno, pues esto lo digo un poco para romper, como decía antes, su tradicional también intervención en el tema. Yo al final le haré una pregunta, que es donde lo iba a hacer, preguntándole al Sr. Presidente si conoce esta situación y lógicamente le anuncio que el Grupo Socialista solicitará que se forme una Comisión de Investigación. Creemos que estamos ante uno de los temas más graves que ha pasado nunca en esta Institución, y creemos que posiblemente esta sea la punta del iceberg, es decir que por primera vez hemos encontrado lo que estábamos anunciando siempre que hacían ustedes fundamentalmente en esta casa, utilizar esta casa para beneficios particulares aparte de beneficios electorales. Nada más. Sr. Presidente.- Vamos a ver. Yo no me meto en líos de electoralismo porque prácticamente desde que se sentaron ahí hoy es lo que han dicho. Todo es electoralismo en esta casa, el asfalto es electoralismo, Galicia Terra Única es electoralismo, todo es electoralismo y aquí no hay más que electoralismo. Vamos hacer sólo electoralismo. Pues si ustedes quieren que sea electoralismo que lo sea. Nosotros seguiremos haciendo caminos, haciendo carreteras y mejorando las estradas. Eso lo tenemos clarísimo. Y estos 200 millones, D. Cesáreo, no van sólo para caminos, van también para las carreteras provinciales, van para todo, carreteras provinciales y lo otro. Si eso es hacer electoralismo lo seguiremos haciendo, eso está claro. Segundo. Si se siguen haciendo, a través del Parque, caminos particulares, yo le invito a que los denuncie otra vez, que no lo deje caer así por las buenas, que lo denuncie, porque desde luego estamos en contra de eso también, pero denúncielo usted, denúncielo, y cuando digo denúncielo le digo que me lo haga conocer a mi para tomar las medidas oportunas. Lo que dice de la empresa yo desde luego no tengo conocimiento ninguno, es la primera noticia, Emilio, es la primera noticia que tengo. Lo que si está claro es que en esta casa hay claridad absoluta en las adjudicaciones, de tal manera que cuando lo llevamos al órgano de contratación incluso la prensa puede ver todos los expedientes, absolutamente todos, no se esconde absolutamente nada a nadie. No se si es familiar o no es familiar. Yo desde luego puedo decirle que no tengo ni la más remota idea de que se han adjudicado a un familiar. En todo caso si se le adjudicó, supongo que sería la más barata. Y si esto ha sido así y el informe de los Ingenieros o del Parque o quien hizo el informe, quien hizo la propuesta ha sido así, indudablemente no se puede discriminar a nadie, creo yo, por razón de que tenga familiares en la Diputación. Porque también pudo ser que se le adjudicara a alguien de la familia socialista, no lo se, o del Bloque Nacionalista Galego, no lo se, no se si tienen empresa o no. Ahora, yo le invito, Emilio por favor, yo le invito a que mire usted las propuestas que hay a la hora de adjudicación de alquiler de maquinaria y de los distintos lotes de material para que vean ustedes que ahí no hay nada oscuro, no hay absolutamente nada oscuro. Pero les tengo que decir más. Nunca este Presidente ha dejado en manos de nadie la maquinaria del Parque. Sigo siendo yo el máximo responsable del Parque y sigo tomando yo las decisiones. Otra cosa es que una vez que tome las decisiones, las personas que están a mi lado, como el Sr. Rafael Louzán, comuniquen lo que tengan que comunicar a quien sea, al Concello, a la empresa, pero esas decisiones las toma el Sr. Presidente de la Diputación. Por lo tanto no es cierto que el Sr. Rafael Louzán sea él quién tome decisiones respecto al Parque de Maquinaria, en absoluto. Otra cosa es que tomando decisiones quien tiene que tomarlas, sea el Presidente, sea la Comisión de Gobierno, sea el Pleno, quién de ya la comunicación pueda ser el Sr. Diputado Louzán u otro Diputado. Pero sigo siendo el responsable y el único que toma decisiones en este caso, precisamente para evitar que cada uno tire para su lado. Y por lo tanto yo le invito a que si hay algo mal, lo denuncie usted, lo denuncie, si hay algo mal hecho en ese sentido, en cuanto a las adjudicaciones, denúncielo usted. Yo le aseguro que no tengo conciencia en absoluto de haber hecho nada de lo que se me está planteando y por supuesto ignoro, y lo digo así claramente, si se ha adjudicado a una empresa que efectivamente sea familiar o no sea familiar de todos los que estamos aquí. No lo se. Ahora creo que tampoco es impedimento el ser familiar. No tengo otra cosa que decir. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Mire vostede, en primeiro lugar estase engañando e nós no acusamos de electoralismo, falámolo con precisión. O electoralismo é algo que se pode asignar a unha forza política, a calquera, en función de que faga declaracións ou actúe dunha maneira oportunista pensando que así vai sacar ventaxas electorais e polo tanto é unha acusación entre forzas políticas que a cidadanía é suficientemente hábil como para saber quen está facendo propostas en serio, quen está actuando en serio ou quen está actuando en función de vaivens electorais. O que nós dixemos, se se quixo entender, é que tanto o de "Galicia Terra Única", que por certo fíxose no 93 co Xacobeo pero non se fixo no 94, 95 nin 96, curioso, faise en ano electoral. Oia vostede, vamos a falar en serio, non me diga vostede que é unha casualidade ou é que vemos nós pantasmas onde nos hai. É que vostedes montan un tinglado destes cada vez que hai eleccións igual que cando hai eleccións aumentan drasticamente o presuposto para palas e para asfalto. Nós o que quixemos dicir e dicímolo agora con precisión é que o Partido Popular utiliza aberta, descarada e coordinadamente os recursos públicos para a súa campaña que é absolutamente diferente e é moito máis grave. Que quede claro o asunto. E con respecto ó tema que sacou Emilio, Sr. Presidente, debe ser vostede o único que non está enterado. Este Deputado polo menos sábeo hai bastantes meses. O problema é que tampouco se vai facer público mentras non haxa datos contrastados e polo tanto simplemente estaba á espera. Me parece que dese caso vostede é o único que non está enterado; é máis, me parece que ata o teléfono móvil desa empresa é o que leva ou responde ás veces ese Deputado pola empresa. Me parece. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, a mi es que me parece que el Partido Popular ve siempre la paja en el ojo ajeno y nunca ve la viga en el propio. Entonces me parece tremendamente curioso que la argumentación sea siempre en el Partido Popular la misma, es decir, que por ser familiar no se le va a impedir contratar. Pero mire usted, yo estoy diciendo que esta empresa estaba a nombre de este señor y pasa a nombre de un familiar, lo cual están haciendo con premeditación para entrar en adjudicaciones de la Diputación. Y yo le hago una pregunta a usted: ¿usted permitiría que una empresa suya, al ser usted Presidente de la Diputación pasase a nombre de su mujer y contrátase con esta casa?. Seguro que no. Encima, y se lo vuelvo a repetir, usted en más de un Pleno mandaba con relación a temas de maquinaria contestar al Sr. Rafael Louzán. Usted es el máximo responsable, pero quién controla el tema es él y por eso, creo yo, era el único Diputado con dedicación exclusiva en esta casa, el único. Y si se siguen manteniendo este tipo de historias desde el Grupo Popular es su forma de ver las cosas. Yo no estoy hablando aquí de una empresa que fue desde siempre de un familiar de un Diputado, estoy hablando de una empresa que era de un Diputado y pasa a nombre de un familiar. Y eso yo creo que es lo que es, por muchas disculpas que le quiera buscar el Presidente de la Diputación, que no las tiene, no hay ningún tipo de disculpas en este caso. Y es más, yo es que cuando le oigo tratar de disculpar este comportamiento, sinceramente es que le meto en el mismo saco. Es un comportamiento no disculpable, bajo mi punto de vista. Lo que pasa es que los puntos de vista parece ser que aquí son de cada uno. Pues no señor, no son de cada uno. Y vuelvo a repetir que esa persona es la misma persona que controla ese tipo de trabajos, que controla ese tipo de maquinaria, etc., si no díganos usted cuál es la razón para que tenga la dedicación exclusiva. Con todos los datos en la mano, que ya tenemos, la semana que viene solicitaremos una Comisión de Investigación. Y con respecto a las adjudicaciones, en esta casa, y lo he denunciado en más de una y de diez ocasiones, se hacen por un sistema muy facilito, que es repartir en lotes para que a todo el mundo le toque algo, con lo cuál nadie protesta, y eso hace años que se viene haciendo en esta casa. Y como le decía el Sr. Mosquera, no se nos haga de nuevas, porque si ha llegado a nuestras manos este tipo de información, seguro que gente de su grupo si se habrá enterado. Y entiendo que lo más lógico es que un Diputado en el que usted ha depositado su confianza y al que usted ha liberado para trabajar en esta casa, lo primero que tiene que hacer es decirle al Sr. Presidente, mire usted, yo tengo intereses, aunque sean consanguíneos en esta empresa, y si no se lo ha dicho le ha faltado a la confianza a usted también. Y vuelvo a repetir, si encima está disculpando este tipo de actuaciones, usted es tan culpable como el, así de claro. Nada más. Sr. Presidente.- Bien, no quiero entrar más en polémicas sobre este tema, que yo ignoraba. A lo mejor soy el único y tiene usted razón, lo ignoraba. No creo que sea impedimento si merece una empresa de algún familiar, que se excluya por esa razón si cumple, si cumple y lo merece, y en ese sentido es disculpa. Entiéndalo usted como quiera. Yo creo que es así; de momento no estoy convencido de lo contrario. Pida usted las investigaciones que quiera. Volvió a insistir en que era el Sr. Louzán el que controlaba y si no para que lo liberé. Ni que esta Diputación tuviese sólo el Parque de Maquinaria. Tiene, y usted lo sabe, muchísimas más funciones que realizar que el Parque de Maquinaria. Por lo tanto, no es que me ayude en el Parque de Maquinaria, me ayuda absolutamente en todos los temas. Eso está claro. Por lo tanto no se liberó sólo y exclusivamente por lo que me está diciendo. Eso está claro e indudablemente sigo siendo yo el que toma las decisiones, concretamente en este caso las tomo yo sólo y otra cosa es que utilice o me valga de algún Diputado para que transmita la decisión que se ha tomado. Eso es incuestionable. Por lo tanto yo no tengo más que decir sobre este tema porque lo que estoy diciendo es la pura realidad. Primero, no sabía nada del tema; segundo, no creo que sea motivo de exclusión ninguna empresa el ser familiar de alguno de nosotros si es que merece por concurso llevar la obra que sea; y en tercer lugar, no insista en que es el Sr. Louzán el que toma las decisiones con respecto al Parque de Maquinaria. Es el Sr. Presidente. Bueno, procedemos a la votación del punto séptimo. ¿Votos en contra?. El Grupo Socialista y el BNG. ¿Votos a favor?. El Partido Popular. Se aprueba por lo tanto por mayoría. Visto o segundo expediente de créditos extraordinarios e de suplementos de créditos, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible da liquidación do Presuposto de 1996, por importe de CENTO DEZAOITO MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (118.500.000) e DOUSCENTOS CATRO MILLÓNS DUASCENTAS OITENTA E SETE MIL OITOCENTAS OITENTA E OITO PESETAS (204.287.888), respectivamente, que fan un total conxunto de TRESCENTOS VINTEDOUS MILLÓNS SETECENTAS OITENTA E SETE MIL OITOCENTAS OITENTA E OITO PESETAS (322.787.888), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o vindeiro exercicio, ó non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, nuns casos, e noutros por ser insuficiente, que será financiado con parte do remanente de Tesourería dispoñible da liquidación do Presuposto de 1996, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación a ditas modificacións presupostarias e dos recursos para o seu financiamento, presentando os expedientes resumidos por capítulos a seguinte estructura: EXPEDIENTE DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 432.432.623.03 Para obras no Museo 32.000.000 861.862.713.05 Aportación ó ORAL 30.000.000 911.511.724.02 Cubrición vía do FFCC RENFE 26.500.000 451.751.450.02 Aportación "Galicia Terra Única" 30.000.000 SUMA TOTAL PESETAS 118.500.000 EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS 422.422.227.00 Limpeza contratada Cidade Infantil "Príncipe Felipe" 4.287.888 511.511.210.00 Reparación vías públicas 200.000.000 SUMA TOTAL PESETAS 204.287.888 ------ Folla: 211,216 8.4082.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CPTOPV, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA E RENFE PARA CUBRICIÓN DE VÍAS DE FERROCARRIL NO TÉRMINO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 8. Aprobación do Convenio de colaboración entre a CPTOPV, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Excmo. Concello de Pontevedra e Renfe para cubrición de vías de ferrocarril no término municipal de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Si este tema tal como está viñera de hai pouco tempo, desde logo a nosa postura ía ser absolutamente contraria. Explícome por que. Porque a vía do tren, ó parecer, non se podía cubrir e non se podía cubrir porque era moi cara e porque tiña moitas dificultades técnicas e por non se sabe cantas cousas máis. Resulta que ata que prescribiu por prazos a obriga dun constructor, que chegou ó Supremo o caso, de que cubri-la vía, tal como era o compromiso cando arbitrariamente lle concederon a licencia para construir, resulta que a vía do tren non se podía cubrir. Agora que prescribiu, agora que o teñen que pagar tódalas Administracións Públicas, agora que o beneficio privado xa está consolidado e as obrigas derivadas dese beneficio e a concesión dunha licencia absolutamente arbitraria xa non se lle pode esixir, ó parecer, entón si se pode cubrir e as Administracións Públicas teñen que poñe-los cartos para facelo. Pero hai que falar de Renfe tamén. Resulta que Renfe, ó parecer, sempre dixo que non se podía cubrir, que era carísimo cubrir e que non sei cantos problemas tiña cubrila. Agora, ata o momento en que Renfe non acadou que o Concello de Pontevedra lle firmara un convenio que lle supón, votando unhas contas eu creo que conservadoras, da orde de 800 millóns de beneficio en pura especulación urbanística, non se podía cubrir. Agora que se conseguiu ese beneficio si se pode cubrir. E aínda por riba, prácticamente Renfe é a que menos pon aquí. No fondo, toda a historia da cubrición da vía do tren, demandada pola cidadanía de Pontevedra dende hai moitos anos, é unha auténtica tomadura de pelo, parece case unha historia máis de gansters que dunha empresa pública como Renfe e de Administracións Públicas. Pero chegamos á situación que chegamos, a historia é moi vella, e mire vostede, os veciños non teñen a culpa de padecer toda esta historia absolutamente gansteril e pouco lles preocupa ou o que preocupa é que se cubra. Se Renfe acada esas cifras de centos de millóns de beneficio co acordo, se Renfe non dixo nada nin imposibilitou que se dera a licencia no seu momento, se se dou a licencia, se se deixou prescribir, se cada Administración foi facendo o tolo ata que sucedeu o que sucedeu, é a historia que é, pero nestes momentos o importante é do que se trata é de cubrir e de solucionar este problema, á parte que vai asociado tamén a amplia-la ponte na Seca. Polo tanto, vamos a votar a favor, pero desde logo non nos quedaba o corpo tranquilo se non dicíamos o que hai que dicir, porque esta é unha historia negra, unha historia negra desta cidade, tanto por parte do Concello coma por parte de Renfe, unha historia absolutamente negra, que se resolva, que se tape, a ver se se tapa e que se tape a vía pero digo que non se tape a historia ante o perigo de que se poida repetir con outras intervencións deste tipo. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Yo no voy a entrar en la forma que ha entrado Mosquera en el tema por una razón, voy a valorar exclusivamente la realidad actual, y la realidad actual nos lleva a que es una necesidad cubrir ese espacio, es una necesidad demandada por los vecinos y en función de eso nosotros vamos a votar afirmativamente. Lo que si tengo que decir es que tengo mis dudas, no se si razonables o no, sobre la ejecución del proyecto. Si observo toda la trayectoria del proceso, encontramos un proceso que tendría que acometer Renfe, pero que no acomete porque no tiene en su presupuesto asignada ninguna partida para esto, y por lo tanto no contempla ninguna intervención en ese sentido. Se inicia por la Diputación, y ahí tengo que felicitar o tengo que reconocer el valor positivo del Presidente de la Diputación que agiliza el proceso cuando existía una apatía absoluta por parte de la Alcaldía; hace más de Alcalde de la ciudad que de otra cosa, pero en cuanto es una necesidad para los vecinos y se puede solucionar no tenemos nada que objetar en ese sentido. En este proceso, Renfe, que es la más interesada, no tiene asignación en sus presupuestos para la ejecución de la obra; no existe tampoco presupuesto en la Consellería de Ordenación del Territorio, que en el convenio dice que va a poner 100 millones y me imagino que la Consellería del Territorio tendrá que estar sometida a la Intervención de la Xunta para saber como van las partidas presupuestarias. La Diputación pone una parte, que ha sido la impulsora, no vamos á objetar sobre este tema. Pero el temor que nos asalta es que ¿no será que estamos muy cerquita de las elecciones?. Siempre se prometen cosas, en base a necesidades reales de los vecinos. Los ciudadanos tienen necesidades, los políticos las sabemos y los que gobiernan las saben también. Entonces saben positivamente que son unas necesidades concretas de esos ciudadanos y que es una demanda importante de la ciudad de Pontevedra el cubrir la vía y por lo tanto lo que se está planteando aquí es un convenio más de los muchos convenios que se nos traen. Estamos en la era de que todo se convenia, lo cuál está muy bien, sobre todo si redundan en beneficio de los ciudadanos. Pero cuando se está tan cerca de unas elecciones a uno le cheira mal y ese cheiro es lo que nos hace tener dudas de que se ejecute. Espero que las obras empiecen pronto. Nos gustaría haber visto el proyecto para ver cómo y en qué consiste, las partidas prespuestarias, cómo se va a cubrir la dichosa vía. No nos lo han presentado, simplemente nos han dicho la partida global y cómo se distribuye esa partida global entre las distintas Administraciones. De todas formas nuestro voto va a ser afirmativo. Sentimos que en ese proyecto y en esta intervención no esté el puente que conecte Eduardo Pondal con los Juzgados de la Parda. Creemos que es una de las obras más importantes que hoy tendrían que acometerse en Pontevedra. Si el Alcalde hubiera sido otro, quizá cuando se hace el convenio con Renfe se hubiera obligado a hacer ese puente porque era una necesidad ya contemplada en el Plan de Ordenación Urbana de la ciudad. Pero como los Alcaldes que tenemos en Pontevedra son lo que son, nos conducen a esta situación. De todas formas, ojalá se haga, deseamos que se haga y nuestro voto va a ser afirmativo para que se haga. Y nada más. Sr. Presidente.- Vamos a ver, Sr. Mosquera, a historia ós cidadáns interésalles pouco. O que lles interesa é que lle resolvan os temas. Eso está claro. Desde logo, eu pódolle dicir que non é certo o que dixo Baltasar, non é certo exactamente o que di Baltasar. A iniciativa foi conxuntamente do Alcalde e deste Presidente da Deputación. Non é que o Alcalde non tivera nada que ver neste tema. Estamos traballando codo a codo por Pontevedra o Alcalde e eu mesmo e nestes temas importantes non cabe dúbida que máis a codo sexa posible. Polo tanto, unha vez que se tomou esa decisión eu funme enterando un pouco da historia anterior. Eu a descoñecía. Levo aquí como Presidente dous anos escasos e loxicamente estou tomando conciencia de moitos problemas de Pontevedra, de moitos problemas de Vigo, de moitos problemas de Lalín e de moitos problemas que teñen moitos Concellos. Eso é incuestionable e irémolo resolvendo segundo poidamos e segundo vaiamos convindo. Esta obra non a podía abordar Renfe sóa, nin o Concello nin a Deputación. Polo tanto houbo que acudir a outras Consellerías tamén. Eu dixen algunha vez, aínda o dixen hoxe, que seguiremos convindo todo o que sexa posible e a min criticouseme por parte da oposición que sempre estou subvencionando a Xunta, e, miren vostedes, é a Xunta a que esta subvencionando moitas iniciativas do Concello e desta Deputación. Renfe púdoa abordar. Eu non sei se a pudo abordar ou non a pudo abordar. Que a pudo abordar o constructor, pois eu non sei. Agora, o día que eu o vin co Alcalde dixemos que hai que solucionalo e vaise a solucionar de forma inmediata. Escoite vostede hoxe a reseña do Consello da Xunta e verá como hai os 100 millóns de pesetas da Consellería de Política Territorial. Como hai o da Escola de Canteiros que tamén vai hoxe ó Consello da Xunta. Non vamos a traer un convenio se previamente non está todo atado, loxicamente, porque eso sería facer un ridículo espantoso. Polo tanto, eu intento non facelo e creo que non o estamos facendo en absoluto. Pense vostede que vamos a seguir traballando codo a codo co Alcalde de Pontevedra e con tódolos Alcaldes resolvendo estes temas independentemente de onde veña o diñeiro, tomando iniciativas de todo tipo, como din vostedes, polo ben dos cidadáns. Eu quérolle dicir que nesta liña seguirei traballando por Pontevedra e traballando por toda a provincia, resolvendo temas importantes, que levaban os veciños esperando non sei cantos anos pero nadie tomou a iniciativa. Tivo que ser alguien o que tomara a iniciativa e a iniciativa foi do Alcalde de Pontevedra e do Presidente da Deputación e gracias a eso vaise facer esa obra e moitas máis obras de infraestructura para Pontevedra e para o resto dentro das nosas posibilidades en toda a provincia. Esto é así e esto é incuestionable porque esto é evidente. Ten a palabra D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Máis ou menos a defensa que ía facer do punto a fixo a Presidencia e entón teño pouco que dicir salvo puntualizar, por exemplo, que Cesáreo Mosquera dicía que Renfe pon menos e non é certo, porque RENFE segundo datos que eu teño neste momento na man pon 3.300.000 pesetas e entre Pontevedra e máis a Deputación poñen 53, entre os dous. Entón aí hai catro organismos dos que precisamente non é a RENFE o que menos pon. Despois tamén respecto ó que dicía Baltasar García, se repasaron a documentación que figuraba dentro do expediente, cando fala de que non hai partida, no expediente precisamente figura que a aportación da Consellería de Política Territorial son 100 millóns de pesetas correspondentes ó presuposto do 1997 con cargo á aplicación presupostaria 06.03.413B740. A aportación presupostaria está aí, é do presuposto de agora non do do ano que vén. Por conseguinte, pódese dicir todo o que se quiera, sobre todo neste ano, nun ano que todo o mundo ve como ano electoral e non ten por que ser distinto ós demais. O que non vamos é considerar que é unha obra absolutamente necesaria, que coa obra esta desaparece o perigo potencial que existía de que calquera caira á vía, de que a contaminación acústica derivada de que o tren pase por alí e de que a vía estea cuberta amortíguase ou desaparece. En resume, hai unha serie de ventaxas obtidas desta obra e deso non se fala, fálase soamente buscándolle a ver se se atopa por aí algo con que meterse. Penso que é suficiente e que xa está bastante debatido. Sr. Presidente.- Si, soamente completa-lo que acaba de dicir Santiago, que non só aporta máis diñeiro Renfe, senón que fundamentalmente aporta maquinaria e aporta traballo específico de electrificación, de baixa-las vías medio metro e que se eso non o fixera Renfe a obra iría, segundo os cálculos de D. Manuel Pavón, sobre 700 ou 800 millóns de pesetas. Eso quere dicir que Renfe efectivamente pon toda a maquinaria especializada e todo o traballo, que non valora no convenio, e á parte na obra civil que a vai facer unha empresa que non é Renfe aporta eses millóns de pesetas, que posiblemente esto non se coñecera. Aporta traballo e maquinaria especializada, que se tivera que contratarse integramente subiría a obra efectivamente sobre 700 e 800 millóns de pesetas, segundo a información de Renfe. Se sae tan barato é porque ela aporta, á parte dos millóns, o traballo especializado, maquinaria, etc. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire que hai unha historia negra detrás tamén, o sabe vostede. Vale, moi ben, entón deixémolo. Segundo, ó final a consecuencia desa historia de que pagan as Administracións Públicas tamén é certo. Terceiro, o de Renfe é absolutamente milagroso. No convenio di que a redacción do proxecto, etc., etc., todo o que aporta son 43 millóns. E desde logo hai que felicitar a Renfe porque se unha obra de 700 millóns a fai por 43, entón o que non se explica ninguén é por que non dá beneficios Renfe. Porque con esas rebaixas tan espectaculares eu non sei como non dá grandes beneficios e temos unha rede de ferrocarrís como corresponde e non a porquería que temos, non o sei. Pero bueno, ese é un chascarrillo, porque de Renfe estamos fartos das contas. Ata agora sempre se nos vendeu que era imposible facelo, que non sei cantas cousas, agora si é posible e á parte é barato. E á parte, estamos falando de cubrición, hai tamén o da ponte que é importante, o da ponte da Seca. Na Corporación Provincial antes tiñamos os debates de Vigo, que eran insufribles, e agora vamos a traducilos polos debates de Pontevedra. Non creo que sexa este o foro para discutir se o Alcalde de Pontevedra ten iniciativas e eso de codo con codo. Teñan coidado co codo porque se se lle vai un pouco igual lle pega unhas costeladas ó outro. Ter iniciativas conxuntas tamén é unha ocurrencia xenial, ou sexa, venlle a bombilla ós dous á vez. Déixese de caralladas, non falar neste debate porque non teñen pés nin cabeza poñerse a falar de cousas concretas. É un lapsus, Sr. Presidente. Vostede dixo que empezaba a coñecer ben a situación de Vigo, de Pontevedra, de Lalín. Curiosamente se lle escaparon cidades polo medio que son máis grandes que Lalín, pero non as gobernan vostedes. A ver se vai traducir que coñece mellor uns que outros, que me parece que debe se-lo fondo da cuestión. Nada máis. Sr. García García.- Sr. Mosquera, el debate de Pontevedra y del Alcalde de Pontevedra surge cuando el tema es de Pontevedra. No surgiría si estuviéramos hablando de cubrir la vía de Porriño, no se si en Porriño se dá la circunstancia esa. Por lo tanto, el debate está en la medida que se está hablando de una obra en Pontevedra y en la medida que el Alcalde de Pontevedra está la mayoría de las veces ausente, pero tampoco pretendo llevar el debate a si el Alcalde de Pontevedra es muy activo o poco activo. Lo que si es importante y conveniente es decir una serie de cosas. Primero: la obra para el Partido Socialista es necesaria y es necesaria porque nosotros, en el Ayuntamiento de Pontevedra, aprobamos un plan de ordenación urbana en el cuál contemplaba la ejecución de esa obra. Por lo tanto tendríamos que estar en línea con la redacción de la obra. Lo que planteamos aquí es la duda de que esa obra se lleve a cabo a corto plazo, y que este convenio sea una cortina de humo más para mover las aguas y llevarlas al molino del Partido Popular en estas elecciones. Y eso nos preocupa. Nos preocupa porque volvería a frustrar las necesidades de los ciudadanos. Y la realidad es que me gustaría saber si Renfe realmente contempla, me gustaría que me lo dijera, la ejecución de la obra esta en Pontevedra o no la contempla. Aunque no venga aquí en el convenio, yo se lo pregunto Sr. Presidente. Dígalo, quiero oirlo. Sr. Presidente.- Eu xa non quero discutir máis este tema porque é darlle voltas ó asunto. Están vostedes de acordo, vostedes aprobaron o PGOU e aprobaron esa obra, vostedes nunca tiveron maioría absoluta no Concello de Pontevedra. Aprobaría a proposta do Partido Popular e vostedes dirían que si tamén, igual que agora din que si pero foi porque movemos a ficha quen a tiñamos que mover. A min paréceme ben que diga eso. Ben, voulle contestar a eso. Vostede debe saber que Renfe ten un presuposto nos presupostos do Estado. Pero Renfe, igual que as Delegacións, ten un diñeiro desconcentrado que utilizan e manexan precisamente os distintos directores de zona, neste caso do Noroeste de España que engloba desde Santander ata Salamanca e é D. Manuel Pavón, que pode dispoñer dun diñeiro desconcentrado para facer obras e para convir porque do contrario tiña que vir aquí o Ministro a firmar, e pode firmar el perfectamente porque dispón do diñeiro desconcentrado. É dicir, non aparece especificamente para cubrir a vía do tren de Pontevedra ou para cubrir ou para eliminar un paso a nivel. Aparece una partida general para obras en Renfe en la zona noroeste de España, y además se lo vamos a demostrar porque las obras se van a contratar inmediatamente firmado el convenio. Por lo tanto, no lo dude usted. Dicía Mosquera se tiven algún lapsus. Indudablemente Lalín coñézoo mellor que nada, como vostede coñecerá Mourente ou Marcón. Vive alí e é lóxico que o coñeza mellor. Pero eu voulle dicir unha cousa, non dixen Vilagarcía e en Vilagarcía curiosamente temos unha gran actuación en perspectiva, agora precisamente, a través do Parque. Polo tanto, non é lapsus absolutamente ningún; por suposto coñezo moito mellor Lalín que os outros. Xa coñezo tanto Pontevedra como Lalín casi. Quizá por eso, vexo as necesidades e estoulle dando solución gústelle ou non lle guste, pero vamos a seguir nesa liña. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Como queira que a vía do tren ó seu paso por Pontevedra obstaculiza o adecuado desenvolvemento urbanístico da urbe, prexudicando especialmente ó barrio da Seca, que conta cun acceso limitado e estreito, faise preciso aunar esforzos desta Excma. Deputación Provincial, o Excmo. Concello de Pontevedra, a CPTOPV e RENFE, para acomete-la cubrición da vía férrea ó seu paso pola nosa cidade, o que suporía: A) Unha maior comunicación a nivel urbano e interurbano, que propicie un desenvolvemento máis armónico da cidade de Pontevedra. B) Un aumento das condicións de seguridade e calidade do servicio ferroviario. C) reducción do impacto ambiental da vía férrea. D) A desaparición da contaminación acústica xerada polo paso dos trens. E) E, en definitiva, unha mellora considerable na calidade de vida dos habitantes da nosa cidade. Por todo o cal, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, aproba-lo referido convenio en base ás seguintes cláusulas: 1ª.- OBXECTO DO CONTRATO.- A realización das obras de cubrición de vías ferroviarias no término municipal de Pontevedra, conforme ó proxecto que elabore RENFE. 2ª.- PRESUPOSTO ESTIMADO DAS OBRAS, A RESULTAS DO PREZO RESULTANTE DA LICITACIÓN.- CENTO NOVENTA E SEIS MILLÓNS TRESCENTAS MIL PESETAS (196.300.000) que se aportarán polas partes intervintes da seguinte forma: a) Aportación de RENFE.- - 43.300.000 pesetas, que englobarán a elaboración do anteproxecto e proxecto, dirección e control das obras, así como tódolos traballos derivados da explotación ferroviaria, de forma directa (sinais, comunicacións, vía de precaución, pilotaxes, etc.) b) Aportación da CPTOPV.- - 100.000.000 de pesetas correspondentes ó presuposto de 1997, con cargo á aplicación presupostaria 06.03.413.B.740. c) Aportación da Excma. Deputación Provincial e do Excmo. Concello de Pontevedra.- - Os 53.000.000 de pesetas restantes, ó 50%. 3ª.- XESTIÓN DAS OBRAS.- a) A licitación, adxudicación, contratación e dirección das obras correrá a cargo de RENFE, comprometéndose a mesma a informar de todo o proceso ás restantes entidades colaboradoras e a remitirlles exemplar do contrato. b) A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra, aportarán previamente á licitación, os certificados acreditativos dos compromisos económicos asumidos. c) A CPTOPV, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra, realizarán as transferencias, previo envío pola Dirección de Obra de RENFE das certificacións de obra, que expresen en cada exemplar as obrigas de cada organismo interesado e as totais, en columnas diferenciadas, acompañando facturas emitidas polo adxudicatario. As mencionadas Institucións realizarán directamente o pagamento ó adxudicatario na parte que lles corresponda, segundo a súa participación no financiamento da obra. As certificacións de obra tramitaranse a cada Organismo colaborador, e ó acto de recepción final da obra, poderá asistir un representante dos mesmos, subscribindo a acta que se extenda ó efecto. 4ª.- VIXENCIA DO CONVENIO.- Desde a data da súa sinatura ata o remate das obras, sen exceder do 31 de decembro de 1997. 5ª.- SEGUIMENTO DO PLAN.- Corresponderá á Comisión de Coordinación, que se constituirá previamente á licitación, integrándose por un representante de cada Organismo, e efectuando o seu Secretario (representante de RENFE) as convocatorias ordinarias, podendo ser extraordinarias solicitadas polos demais representantes, se a Comisión non se convocou 6 meses antes. As discrepancias resolveranse pola Comisión por maioría. 6ª.- OBRIGA ESPECÍFICA.- Os nomes e anagramas dos catro Organismos participantes reflexaranse nos carteis anunciadores da obra. 7ª.- EXTINCIÓN DO CONVENIO.- Serán causas da mesma o desestimento das partes e o incumprimento das obrigas asumidas, sen prexuízo da esixencia de responsabilidades que diso se deriven. Así mesmo, polo Pleno facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para posteriores actuacións que se deriven do expediente. ------ Folla: 216,219 9.4083.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E ESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA A "CONSTRUCCIÓN DO ENLACE DA ESTRADA ESTRADA - FORCAREI COA PO-541 A TRAVÉS DE CERDEDO Sr. Presidente.- Punto 9. Ratificación do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e esta Deputación Provincial para a construcción do enlace da estrada Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Moi rápido. Gracias Sr. Presidente. Loxicamente nós aquí vamos a votar a favor. Trátase dunha obra nunha estrada provincial, onde a Deputación non pon un duro, executarase en dous anos: 97, 50 millóns e no 98 case 300, e a obra vai en total a 350 millóns de pesetas. Nós queremos deixar un elemento de reflexión. Este equipo de goberno fai promesas de que se ía a facer, pero pasa o tempo e non se fai, que é o famoso Plan Provincial de Estradas. Eu creo que é un pouco contradictorio que a Xunta de Galicia faga unha inversión de 350 millóns de pesetas, nós o único que facemos é poñe-los terreos a disposición, elabora-lo proxecto e despois facernos cargo do mantemento. Eu creo que con unha inversión de 350 millóns de pesetas a estrada vai quedar o suficientemente ben para que sexa unha das de primeira categoría dentro das estradas provinciais e se faga esa catalogación e se transfiran á Xunta de Galicia as que haxa que transferirlle. E a Rede Provincial de Estradas cada vez vaia a menos. Creo que realmente eso é estar no fondo da cuestión, eso non é política de bacheo, eso non é electoralismo, é simplemente saber onde está o norte na cuestión de estradas que é a maior inversión que fai esta Deputación. Aínda non se elaborou, Sr. Presidente, ese Plan Provincial de Estradas que é a nosa teima e creo que a teima dos cidadáns desta provincia. Que se faga esa catalogación e que se transfiran a cada unha das administracións as estradas que haxa que transferir. Pero vamos a votar a favor, porque é unha inversión de 350 millóns de pesetas que non saen das arcas desta Deputación. Pero creo que o fondo da cuestión das estradas provinciais está aí, en facer ese Plan Provincial, esa catalogación e transferir a unhas administracións ou a outras segundo sexa dunha categoría ou doutra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Efrén, estamos neso pero sabes que entraña grandes dificultades no senso de que non se trata de dicir aí che vai Consellería da COTOP, encárgate xa destas estradas provinciais. Porque a COTOP ademais ten catro provincias, polo tanto non pode facer con Pontevedra o que non pode facer con Lugo, con Ourense ou coa Coruña, e eso entraña dificultades. Outra cousa é que se faga o Plan de Estradas noso, que é certo que estamos neso e que ademais estánnolo pedindo xa a necesidade da inversión. ¿Por que?. Porque ata agora, o ano pasado tiñamos 400 millóns para estradas provinciais e a min daríame vergoña, teño 2.000 km. de estradas provinciais, facer un plan para 400 millóns. ¿Para que?. Para tapar aquí un bache e alí outro. A medida de que vamos saneando a economía desta casa, vamos a dispoñer de máis diñeiro para as estradas provinciais. Xustifícase xa un plan de actuación, non a un ano vista senón a máis largo prazo, e estamos neso, pero estamos no momento oportuno de empezar a facelo; non o podía facer antes, porque facer un plan sen ter de onde veña a inversión é perde-lo tempo. ¿Me explico?. Polo tanto, estamos de acordo co que está dicindo, estamos no momento de inicialo, antes era perde-lo tempo, porque non había posibilidades, agora si; entón debe haber unha planificación previa e non estar facendo cousas ou cousiñas, que efectivamente eu tamén llo recoñezo, cando tes moi pouco diñeiro. Polo tanto estamos nese camiño. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Eu entendo que a intervención de Efrén non se axusta á realidade porque as vías da provincia están clasificadas e ademais a clasificación trouxose aquí a Pleno. Clasificáronse en Rede Primaria e Rede Secundaria. Rede Primaria incluso se dicían cales eran e cales pasaban a ser Secundarias. Pero ó mesmo tempo, dentro do regulamento que se dotou para intervir nelas, na ordenanza que se aprobou, figuraba que paulatinamente irán incorporándose a medida que se lle van incorporando tamén servicios e van mellorando en anchura, porque ademais as condicións eran esas, era trazado de plataforma, a anchura que tiñan e todo eso. E a medida que se van mellorando estas pasarán tamén a ser Rede Primaria e entón quedarán como Secundaria as restantes que intentarase no futuro tamén incorporalas á Rede Primaria. Quero dicir que este é un Plan, é unha previsión que hai para os catro anos que temos de lexislatura, intentando que cando rematemos estes catro anos a Rede Provincial presente un estado que poidamos dicir polo menos complaciente para a cidadanía. Eu creo que non se pode dicir, por conseguinte, que non están clasificadas, que si que o están, e trouxose aquí a Pleno. E en segundo lugar, con estas actuacións se conseguiron que leve a Xunta, máis as que realiza a Deputación, porque o Presidente dicía que o ano pasado había 400 millóns de pesetas e bastantes deles nin sequera se puderon invertir, ¿por que?, porque se dedicaron a outras cousas da propia Deputación, para outras necesidades. Pero este ano en cambio xa se duplicou aquela partida ou incluso se supera e para o ano que vén xa falaremos. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Tirado. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Ou sexa, que aí temos a catalogación, que nós en certo momento criticamos porque cremos que non estaban os criterios axustados; pero entón a pregunta é: ¿se farán as inversións segundo sexan de Rede Primaria ou Rede Secundaria, en base a criterios obxectivos, de que una núcleos de poboación importantes, densidade de tráfico, etc., etc.?. ¿Ou será que é vontade deste equipo de goberno, unha vez que estea priorizado onde se van a face-las inversións, empezar a asinar convenios coas distintas administracións para transferir certas estradas?. ¿É vontade deste equipo de goberno, ese é o norte é a donde vamos?, esa é a miña pregunta. Non é quedarnos con tódalas estradas provinciais, que o mantemento nos custa un ollo da cara. Un equipo de goberno ten que saber a onde vai; se realmente van por aí os tiros, desde logo que merecerán o noso aplauso, pero é que ata agora, e comprendan o noso grado de excepticismo, desde logo que non vemos nada deso por ningún lado. Si realmente a cuestión vai por aí e empezamos a transferir estradas que unan importantes núcleos de poboación, que teñan unha densidade de tráfico importante, que se faga a Comunidade Autónoma con esa estrada, ou os Concellos aqueles que teñan que facerse con ela. Si realmente a política de estradas vai por aí, desde logo que contará co noso beneplácito total e absoluto, pero entendan o noso grado de excepticismo porque ata agora é que non vemos absolutamente nada. Sr. Presidente.- Repito, D. Efrén, que ese é o obxectivo. Pero para convenir e para transferir temos que estar de acordo as Administracións. E a Deputación non vai asumir estradas importantes que nestes momentos teñen os Concellos, importantes en canto a longo traxecto. É un obxectivo, pero previo a ese obxectivo o que tratamos de facer é un plan de estradas a varios anos, en relación a como se encontran, a que densidade de tráfico teñen, etc., etc., para racionalizar no futuro unha inversión importante que vai dispoñer esta casa. A medida que se van incrementando os recursos para este fin, estannos esixindo un plan de actuación a medio prazo e eso é o que intentamos facer. Polo tanto, previo o paso de calificar, facer un plan de estradas; segundo obxectivo, unha vez feito, xa sexa con convenio ou sen convenio que a Xunta asuma unhas estradas provinciais e nós en contraprestación asumiríamos aquelas importantes que teñen os Concellos, que con dificultade poden atendelas. Non sei se me explico. Pero previa a esa transferencia e á asunción doutras é necesario facer este Plan de Estradas a medio prazo para ter en conta cales son as prioridades de actuación. Ata agora, este plan non era tan importante ou esixente. ¿Por que?. Porque non había recursos. A medida que os hai, xa non podemos decir agora fago aquela e agora fago outra. E nese camiño estamos. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Presidente. Unha pequena puntualización. Sempre se di que dous non se casan se un deles non quere, e a pretensión da Deputación e do equipo de goberno sería que moitas das vías que actualmente dependen desta casa pudesen ser transferidas. Pero, ¿quen convence ós Alcaldes, que teñen unha vía provincial atravesando, que ten un organismo que se fai cargo do mantemento, para que se fagan eles cargo dese mantemento?. Ata agora non se conseguiu, pese á vontade deste equipo, pese ós moitos contactos tidos para delegar nos Concellos que mantiveran esa vía porque xa pasou a ser unha vía urbana. Eso non quere dicir que non se reincida na pretensión de que por parte da Xunta se faga cargo dalgunhas vías no momento en que están ben. Evidentemente sempre intentarán coller ou facerse cargo das que están ben non das que están mal. Respecto ós Concellos, ata agora non se encontrou máis que peticións de que se melloren, pero facerse cargo delas a pesar de que son vías urbanas non se encontrou tal vontade. Por eso digo que, aínda que a nosa vontade sexa delegar ou transferir parte da Rede Viaria Provincial, non se encontrou ata agora boa vontade para poder levalo a cabo. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, simplemente un apunte. Creo que, por exemplo, hoxe vamos aprobar un convenio de urbanización de estradas provinciais. Despois de firmar un convenio de urbanización, debía ser unha esixencia dentro dese propio convenio que os Concellos ou o toman ou o deixan. Creo que aí a Deputación ten que xogar forte, que unha vez que se urbaniza esa estrada debía ser unha estrada local. Simplemente esa puntualización. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos entón á ratificación deste convenio. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno desta Excma. Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do 4 de abril de 1997, adoptou o acordo de poñer a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras de enlace da "estrada Estrada-Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo", así como a concesión dos permisos e autorizacións que sexan precisos para tales obras, coa obriga de asumir, unha vez realizadas as mesmas, a súa explotación e conservación. O 3 de maio de 1997 suscribiuse o Convenio de Colaboración entre a CPTOPV e esta Excma. Deputación, para a construcción do referido enlace, por todo o cal, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, a ratificación do citado convenio, comprensivo das seguintes cláusulas: 1ª) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda comprométese a asumi-la contratación e execución das obras de "Enlace da estrada Estrada - Forcarei coa PO-541, a través de Cerdedo", así como a asumi-lo pagamento das expropiacións. 2ª) O importe da execución de tales obras ascende a TRESCENTOS CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (350.000.000), que serán financiadas con cargo á execución presupostaria 06.03.413B600.1, con dúas anualidades: 1997 (50.025.000 ptas.) e 1998 (299.975.000 ptas.). 3ª) Para o cumprimento do citado convenio constituirase unha Comisión de Seguimento cun representante da Consellería e outro da Excma. Deputación. 4ª) A vixencia do convenio, será ata a entrega das obras, no prazo sinalado, e en todo caso ata o 31 de decembro de 1998. 5ª) As incidencias derivadas do convenio formularanse a través da Comisión de Seguimento, que resolverá de mutuo acordo. 6ª) A redacción do proxecto correrá a cargo da Excma. Deputación, conforme ás instruccións técnicas da citada Consellería. 7ª) A Excma. Deputación de Pontevedra comprométese a: A) Poñer a disposición da CPTOPV tódolos terreos necesarios para a execución das obras, libres de cargas e gravames. B) Conceder tódolos permisos e autorizacións que sexan precisas para a execución das obras. C) Asumir, unha vez realizadas as obras, e previa comunicación da citada Consellería, a explotación e conservación das mesmas. 8ª) A Excma. Deputación aportará previamente á licitación da obra a certificación acreditativa da dispoñibilidade dos terreos. 9ª) Recibida a obra pola CPTOPV, comunicarao á Excma. Deputación, nacendo con dito comunicado a obriga asumida na cláusula 7ª. C). 10ª) A CPTOPV, non asumirá os aumentos de prezos que se produzan por excesos de medición, reformas ou revisións, ou por calquera outra causa que supere a cantidade prevista neste convenio. ------ Folla: 219,223 10.4084.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE "URBANIZACIÓN E/OU ENSANCHE DA EP DE GRAN VÍA A AVENIDA DE MADRID" E "2ª FASE ESTRADA DO VAO DE C-550 A PO-324" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 10. Aprobación do Convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de "Urbanización e/ou ensanche da EP de Gran Vía-Avda. de Madrid" e "2ª fase estrada do Vao C-550 a PO-324". ¿Algunha intervención?. Ten a palabra Ana Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Gracias. Non estou agora moi segura se foi vostede, Presidente, ou se foi o Sr. Tirado, que dixo que había pouco diñeiro para arranxa-las estradas provinciais. Non hai pouco diñeiro, o que pasa que vostedes prefiren dedica-lo diñeiro a estradas que non son provinciais ou a camiños que van a ningún sitio. Non é un problema de pouco diñeiro. Eu non sei se será xeral noutros Concellos, pero si sei que no caso do Concello de Vigo as estradas que están en peores condicións son as provinciais, e que é un abandono tremendo de todas elas, como por exemplo a do Vao, que afortunadamente hoxe vén a segunda fase, e cruzo os dedos por non facer non sei que máis para que esta vez vaia. Cando eu entrei no Concello no ano 88 ou 89, foi a primeira vez que empecei na Corporación, xa estábamos falando do arranxo do Vao. A primeira fase debeu de rematarse aínda fai nada, ou sexa, casi dez anos, e que nadie se crea que é unha carretera de 10 km., non é de 10 km., creo que son dous e pico quilómetros en total. Bueno, entón a Calvario-Vincios, outro tanto, e ademais suscribiuse un convenio o ano pasado xunto con outras vías de toda a provincia de 1.100 millóns de pesetas, a catro anos. Eu non sei que pasaría coas outras, pero en concreto na que lle tocaba a Vigo, que era esa, foi o topógrafo algunha vez e punto, e van dous anos de convenio. Cando antes dicían que falábamos sempre de electoralismo, ás veces non nos queda máis remedio que falar de electoralismo porque non é que en ano electoral non se poidan facer cousas, é que o que non se pode é xusto o ano electoral firmar quiñentos convenios, non sei cantos, que logo non se cumpren ou se cumpren dez anos máis tarde. Eu desexo de todo corazón que non sexa o caso deste. En todo caso si quería dicir unha cousa polo que respecta a unha das partes do convenio: ó que alí lle chamamos estrada provincial, para entendernos, que é a que vai da Gran Vía a Avda. de Madrid, non é a única, pero se lle chama así. O presuposto que vai aquí é só para urbanización, segundo teño entendido, por eso é tan pequeno, pois son 40 millóns que é imposible que dean para outra cousa. Eu de tódalas maneiras diría máis vale paxaro en man que cento voando. O problema é que no mesmo convenio que temos agora aquí veñen dúas cláusulas, Sr. Tirado, que teñen moita relación co que dixo vostede, porque nestas cláusulas o Concello de Vigo se compromete a asumir, unha vez recibidas as obras e previa comunicación da Excma. Deputación Provincial, a explotación e conservación das mesmas. Ademais a estrada do Vao non se pode considerar vía urbana, creo que baixo ningún concepto, e a outra podería ser considerada en boa parte, non en toda, incluso aceptando que o Concello se responsabiliza desas estradas, creo que o lóxico sería que houbera un certo compromiso, e llo digo a vostede Presidente, de que estas dúas cláusulas non se apliquen cando menos ata que se acabe de arranxar a estrada provincial. Porque o que non pode ser é que o Concello asuma a titularidade desa estrada, cousa que non fai ningún Concello, pero que ademais o faga sin que se rematen as obras. Entón, como a min me consta que hai un proxecto nesta Deputación, en Vías e Obras, que ten relación coa pavimentación ou a mellora da calzada desa estrada provincial, creo que estaría ben que tomáramos aquí acordo de que de producirse ese cambio de titularidade tería que ser unha vez que na estrada provincial estiveran rematadas as obras de mellora e demais no seu conxunto. O traspaso das vías provinciais ós Concellos, o lóxico é que se produzan unha vez que estean arranxadas, eso é o razonable. Entón, eu propoñeríalle, Presidente, o compromiso nese sentido, de que non se vai a esixir eso mentres non estea rematada, mentres non estean executadas totalmente as obras de reparacións das rúas. Non sei se me expliquei ben. Sra. Avendaño Otero.- En principio decir lo mismo que decía Ana. Sr. Tirado, nuestro Alcalde es fácil de convencer. En este convenio se recoge la transferencia de estas carreteras al Ayuntamiento una vez que se finalicen. Por otro lado nosotros hemos votado en Comisión a favor pero yo creo que es necesario hacer un par de aclaraciones. Sr. Presidente, decía usted que conoce muy bien Lalín, que conoce Pontevedra y sabe de sus carencias. Yo desearía que empezara a conocer también Vigo, también desearía que conociera Vigo. Porque está claro que no tenemos grandes ventajas, y está claro que estas obras van a ir compartidas al 50% de presupuesto por parte de la Diputación y por parte del Ayuntamiento. Por lo tanto, no da nada la Diputación, sinó que nuestro Ayuntamiento da 72 millones de pesetas para la ejecución de esta obra, lo cuál nos parece bien, pues era un buen momento de compensación para poder llegar a otro tipo de convenio. Esto lo plantearemos en el Pleno que debata el tema. Y por otro lado yo creo que hay un hecho a resaltar. La carretera del Vao es una carretera de interés provincial dado que bordea toda la zona de playas de Vigo y afortunadamente nuestras playas son de las mejores, sin desmerecer a otras, y de gran afluencia de gente de fuera de la ciudad. Por lo tanto, en mi opinión, yo creo que la Diputación debiera de tener en cuenta esta circunstancia y este convenio ser más favorable dada la incidencia provincial que una de ellas, concretamente la del Vao, tiene. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Con permiso del Presidente de la Comisión, ya que se toca un tema de Vigo que conozco bastante,. Sr. Presidente, yo no entiendo. Si no se hacen cosas, porque no se hacen, y el día que se hacen porque las hacemos. En el tema de las carreteras provinciales de Vigo, en concreto, yo creo que están metiendo la pata, hablando claro. En los dos años que llevamos aquí, de cuatro carreteras provinciales que hay en Vigo, se arregló la mitad de la carretera de la Xurela al Vao y se presenta en esto el convenio para terminar la otra mitad, en estos dos años. Se está haciendo no un arreglo de la carretera provincial simplemente, se está haciendo como con todos los demás concellos un convenio al 50% puesto que van con aceras, alumbrado, recogida de aguas pluviales, etc., etc. En segundo lugar, se lleva el arreglo de la carretera provincial con el mismo criterio del 50%, puesto que se va hacer mucho más que lo que es meramente el arreglo de la carretera provincial, se va a terminar de completar porque ya tiene una gran parte aceras, alumbrado y recogida de aguas. La famosa carretera de La Garrida, que usted citó también, se metió en un convenio y ya sabe la cantidad de cientos de millones que van destinados a la misma. Y por último, otra que aunque no está en el término municipal de Vigo, pero que el 90% de su utilización es de Vigo, es la que va al aeropuerto, usted lo sabe bien, la estamos rematando también. Con lo cual yo no se que tienen en contra de que en estos dos años se hayan arreglado o estén en vías de arreglarse todas las carreteras provinciales que hay en Vigo, eso por una parte. Por otro lado, en cuanto a la entrega posteriormente al Ayuntamiento de Vigo, le tengo que decir que fue una petición ya desde hace muchos años del Ayuntamiento de Vigo y ahora se va a producir. Al Ayuntamiento, y si no lo sabe entérese bien, le interesa mucho, por muy distintos motivos que no vamos a entrar aquí ahora, que le entreguen estas carreteras. Por eso se va a aceptar eso y una vez arreglada se le va a entregar al Ayuntamiento de Vigo. Y por último, para doña Carmen también el tema del 50%. No podemos hacer una excepción con Vigo, como no es lógico que se haga con ningún otro Concello. Estos convenios se hacen siempre al 50%. Y así lo ha admitido Vigo y creo que es muy buena operación para la Diputación y para el Ayuntamiento de Vigo. Nada más. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra Ana Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Só un momentiño para dicirlle que o Sr. Pedrosa tiña a intervención preparada e non me atendeu nada do que eu dixen. Está claro, porque eu non dixen que estivera en contra desto; o único que digo é que posto que vamos a ser seguramente o único Concello que vai asumir estradas provinciais, polo menos que o traspaso se faga cando a obra estea rematada. ¿Estará de acordo, non, Sr. Pedrosa?. Porque o vamos a plantexar no Concello de Vigo e supoñemos que vostede estará de acordo. E non nos venda o do Vao. O do Vao ten polo menos sete anos. A primeira fase da carretera do Vao fíxose con tres ou catro anos de retraso, rematouse agora pero non ten nada que ver con esta Corporación, era da anterior. O que pasa é que leva sete anos vendendo o mesmo. Supoño que en cada concello, en cada comarca, terá un caso parecido a este. Dunha estrada que saen mil fotos e mil promesas e non se fai nunca, e por enriba o ano que se remata hai que da-las gracias. Pero de todas maneiras, eu o único que plantexei en concreto con respecto ó convenio é que se ó final vai a haber un traspaso de titularidade, que se faga cando a obra estea rematada que é perfectamente razonable, non puxen outra pega. Así que póñame ourelliña, faga o favor. Sr. Presidente.- Ana. Non, non, Carmen, fala. Sra. Avendaño Otero.- Sr. Pedrosa, yo si digo que los Alcaldes no se dejan convencer es porque su compañero de grupo dijo que a ver quién le mete las obras a los Alcaldes. Bueno, pues en Vigo hace años que están pidiendo determinadas carreteras. Yo no estoy juzgando ni criticando la inversión, lo que si creo es que se podía haber hecho un esfuerzo superior dado las características del Vao y el interés general que tiene para la provincia. Y de hecho vamos a votar a favor. Pero la reflexión tenemos que hacerla. Personalmente, ya no mi grupo, estimo que la Diputación en este caso debiera de haber hecho más esfuerzo económico. Nada más. O sea, que tampoco se ponga usted tan alterado porque al fin y al cabo vamos a votar a favor aunque tengamos diferentes posibles matizaciones respecto a las obras. Sr. Presidente.- Gracias. Só dicirlle a Ana que eu non sei se hai sete anos ou hai dez ou hai vinte, non sei. ¿Quién la hace?. El Ayuntamiento de Vigo y la Diputación en estos momentos. Sr. Mosquera, este goberno non leva nin dous anos e polo tanto non vendemos nada, queren vostedes aproveitarse e vender vostedes o que nós estamos facendo. Porque por eso o convenio traémolo nós, non o traen vostedes. E se hai dez, vinte, ou corenta anos eu non o sei. Vaiselle poñer remedio nestes momentos. E en todo caso, se non se acelerou máis a cousa tampouco tivo moito poder o goberno de Vigo, hai catro anos que non gobernaba o PP, para esixir á Deputación que se fixera. Polo tanto, eu non veño a vender nada, eu veño a solucionar, a Deputación vai a solucionar un tema e polo tanto as historias son historias. Desde logo, está claro que os compromisos que adquirimos estámolos cumprindo absolutamente todos. E o que di tamén da estrada de Vincios e a de Beade e todo o demais, eso metémolo no convenio e estalle a punto de saír en subhasta o primeiro tramo. Xa non é cuestión nosa. Non diga que nós vendemos, nós non vendemos nada, nós traemos aquí o convenio para facer unha obra. Así de claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Por alusións, Sr. Presidente. Eu non sei exactamente a que se refire cando nos di que queremos vender e demais. Non o sei. Eu aínda nunca fun diante dunha máquina da Deputación dicindo que ía alí como Deputado a que votaran asfalto nin nada deso. Falando en serio, Sr. Presidente, eu antes dixen con respecto a Pontevedra, que o debate sobre o Alcalde era improcedente, e agora me parece que este volve a ter ribete de ser improcedente. Mire, creín e cremos que durante este ano e medio avanzáramos algo, no sentido de que o Presidente, á parte de intervir, modera, pois tiña as táboas e o saber estar suficiente como para modera-lo Pleno, facelo áxil, e facer que fora efectivo. Sr. Presidente, está vostede perdendo os papeis, intervén cando quere, non modera o debate e aínda por riba se pon a petar encima da mesa con algo que non ten nin pés nin cabeza nin vén na orde do día do Pleno. Por favor, tranquilícese, creo que non hai motivo para nada deso, e incluso si certos debates rematan discutindo sobre si Ronaldo se marchou ou non, igual nos puideron transferir eses cartos, 15.000 millóns, e arreglábamos todos os problemas. Se rematamos debatindo de todo en gran parte é por culpa súa, por culpa súa. Empezou ben pero está chafando. Pénseo. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera, polo seu consello. Eu creo que o acalorarse non é faltar ó respecto a nadie. Eu son un tio que, aínda que me domino, hai certos momentos en que falo con enerxía, cando sobre todo penso que teño a razón. Ana foi a primeira que dixo que estábamos vendendo un tema de hai sete anos e por eso saiu o tema de vender, se non eu non traía este tema para nada. ¿Ou a min se me poden dicir cousas e eu non podo contestar?. Eu o que trato aquí, Mosquera, sencillamente, é contestar o que me están dicindo. Esto non valía a pena nin debatilo, porque estamos todos de acordo. Que ten sete anos, que lle vamos a facer, non se fixo, pola razón que fora non se fixo, vámolo a facer, saquémolo adiante; pero non son eu o que estou provocando. Empezamos a discutir, pois terminemos aquí discutindo do sexo dos angeles e perdendo o tempo. Eu non provoquei; trouxemos aquí o convenio, interviron vostedes, Ana dixo que estábamos vendendo algo de hai sete anos. Non se trata de vender nada. Se hai sete anos non se fixo, fagámolo agora e punto. En todo caso, Sr. Mosquera, gracias polo consello. Procedemos á votación. Punto número 10. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Aprobado por unanimidade despois de discutir aquí. Co fin de adapta-los viais de "EP Gran Vía a Avda. de Madrid" e "2ª fase da estrada de O Vao de C-550 a PO-324", ó crecemento experimentado pola cidade de Vigo, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade aproba-lo Convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de "Urbanización e/ou ensanche da EP de Gran Vía a Avda. de Madrid" e "2ª fase estrada de O Vao de C-550 a PO-324", que di así: En Pontevedra, a ... de maio de mil novecentos noventa e sete. Co fin de acomete-las obras de "Urbanización e/ou ensanche da EP de Gran Vía a Avda. de Madrid" e "2ª fase estrada de O Vao de C-550 a PO-324", preténdese a colaboración do Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Alcalde - Presidente do Excmo. Concello de Vigo, D. Manuel Pérez Alvarez, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Ámbalas dúas partes, na calidade en que cada unha delas intervén, recoñecen, reciprocamente, capacidade legal para obrigarse e outorga-lo presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras de "Urbanización e/ou ensanche da EP Gran Vía a Avda. de Madrid" e a "2ª fase de estrada de O Vao de C-550 a PO-324", teñen por obxecto adaptar estes viais ó crecemento experimentado pola cidade de Vigo, cun presuposto de CENTO CORENTA E CATRO MILLÓNS DUASCENTAS MIL PESETAS (144.200.000). 2ª.- A redacción dos referidos proxectos correrá a cargo do Excmo. Concello de Vigo. 3ª.- O financiamento das obras será de CENTO CORENTA E CATRO MILLÓNS DUASCENTAS MIL PESETAS (144.200.000), a repartir en dúas anualidades iguais (1997 e 1998), comprometéndose polo presente convenio o Excmo. Concello de Vigo a asumi-lo 50% de ditas obras por unha contía de SETENTA E DOUS MILLÓNS CEN MIL PESETAS (72.100.000), para o cal aportará certificación do acordo do Pleno de dito Concello aprobando este convenio, co compromiso específico da aportación que se fará efectiva polo 50% de cada certificación que se expida e aprobe pola Excma. Deputación Provincial; podendo esta proceder á compensación das cantidades non ingresadas, no prazo dun mes, con calquera aportación ou pago que deba efectuar ó Excmo. Concello de Vigo, por calquera concepto. 4ª.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a asumi-la execución das referidas obras cunha aportación do 50% restante do seu importe por contía de SETENTA E DOUS MILLÓNS CEN MIL PESETAS (72.100.000). 5ª.- A contratación de ditas obras correrá a cargo da Excma. Deputación Provincial, mentras que a Dirección das obras será compartida por Técnicos Municipais do Concello de Vigo e Técnicos provinciais designados ó efecto. 6ª.- O Excmo. Concello de Vigo, comprométese, polo presente convenio, a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras e a obte-la concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a execución das mesmas. 7ª.- O Excmo. Concello de Vigo, comprométese a asumir, unha vez recibidas as obras e previa comunicación da Excma. Deputación Provincial, a explotación e conservación das mesmas. 8ª.- O Excmo. Concello de Vigo, comprométese igualmente, unha vez rematadas e entregadas as obras, a tramitar a súa incorporación ó Inventario de Bens Municipais. 9ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, ata a terminación das referidas obras, sendo, en todo caso, a data límite a de 31 de decembro de 1998. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O ILMO. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE VIGO, Asdo. Manuel Pérez Alvarez O ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,Asdo. Manuel Abeledo López Así mesmo, polo Pleno, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para posteriores actuacións que se deriven do expediente. ------ Folla: 223,227 11.4085.- MOCIÓN DO BNG SOBRE O SECTOR LÁCTEO GALEGO Sr. Presidente.- Punto 11. Moción do BNG sobre o Sector Lácteo Galego. Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, Sr. Presidente. O outro día, por motivos de enfermidade familiar, non puden estar nas Comisións, pero os escritos están á vista e o comunicaron os compañeiros tamén. Creo que a moción tal como se presentou é coñecida, xa veu ó anterior Pleno e está presentada o 15 de abril, ou sexa, que xa é bastante antiga. A moción que presentamos nós incide en algo que é absolutamente claro, que é o problema co que se está topando o sector lácteo galego coas cuotas e co pago da supertaxa. Evidentemente, vostedes non apoian a moción no único punto que ten substancia, absolutamente no único punto que ten substancia. Todo o resto, dirixirse ó Goberno do Estado cando a próxima negociación, etc., etc., é un desexo que estaba na moción nosa e que está tamén no texto alternativo que vostedes presentan. Que as empresas da recollida de leite actuen con transparencia, é un problema legal que está ben recordalo, pero nada máis. Politicamente hai algo moi significativo, que é o nó da cuestión: tanto renegocia-lo sistema de cuotas, como quen se fai cargo da sobreproducción. Eliminan eso e deixan un texto alternativo que no fondo vén a dicir que estamos preocupados polo problema do leite, pero non estamos dispostos a facer nada. En grande parte, no fondo, é previsible a súa postura, por desgracia, máxime agora que xa a Ministra dixo que o sistema de cuotas ía seguir practicamente tal como está, e que non imos a facernos cargo ou cando menos non ten decidido facerse cargo da posible sanción pola sobreproducción. Pero que sexa previsible non deixa de volver a poñer claro que, ás veces, as obediencias ou a dependencia, ou a integración dos dirixentes políticos dentro dun partido de ámbito estatal significa que está disposto a asumir as directrices do interese xeral do Estado, aínda que sexan tremendamente lesivas para a súa propia base electoral. Móvense vostedes nesa contradicción aberta e flagrante. Evidentemente, todo o mundo recóñece hoxe que cando se fixo o tratado de adhesión ó Mercado Común, hoxe a Unión Europea, os intereses xerais, repito entre aspas, levaron a que sectores chave da economía galega, como pode ser a construcción naval ou neste caso o leite foran absolutamente mal parados en ben da agricultura mediterránea ou doutro tipo de produccións. Se nos levaba dicindo desde hai moito tempo que o agro galego era anticuado, que había que deixar o da pucha e máis o paisano coa vaca ou a paisana de luto coa vaca, éramos anticuados, non podíamos producir. Ben, en canto se modernizaron e poden producir etc., etc., entón lle aplican as cuotas, e dunha maneira absolutamente feroz, que como todo o mundo sabe o Estado español é deficitario en leite, moi deficitario en leite e polo tanto non había ningunha razón para aplicalo. Foron eses intereses, e non vale hoxe dicir que naquel momento negociou o tratado de adhesión non sei quen. Foi aprobado por unanimidade, entón non vale que hoxe o Partido Popular lle vote a culpa ó empedrado ou a choiva, como facía antes un Deputado. E aí está o nó da cuestión, é dicir, vostedes móvense nunha contradicción. Por un lado, ante unha moción que presentamos nós, nos presentan un texto alternativo, de adorno, para dicir que se preocupan; pero, por outro lado, están presos das directrices que mandan desde Madrid, deses supostos intereses xerais, e polo tanto non están dispostos a defender e a propoñer cousas ou medidas que defendería incluso a súa propia base electoral, porque non están dispostos a contradicir as decisións que fai o seu partido en Madrid. Alá vostedes, nós desde logo seguiremos defendendo clarisimamente a este sector que consideramos chave, seguiremos defendendo que non se pode estrangular vía cuotas de mercado e vía, cuotas de producción. Nós seguirémolo defendendo, independentemente de que a maioría sexan de Lalín ou dAgolada ou de Cerdedo ou de onde sexa e que a maioría voten o Partido Popular. Ese non é o noso problema, o problema é un sector chave da economía galega que nós vamos a defender a capa e espada e vostedes nos presentan un texto alternativo que no fondo vén a dicir que dado que estes nos presentan algo que non podemos votamos, entón presentamos unha alternativa que parece que fai algo, pero nas cousas de fondo non estamos dispostos a comprometernos. Alá vostedes, voten o que queiran. Eu agardo desde logo que o que queiran votar sexa a defensa do sector e que siga tendo posibilidades de que non se estrangule, e polo tanto voten a nosa moción, pero a decisión é súa. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Mosquera. O Grupo Popular está preocupado polo tema do leite, eso está claro. Non lle vamos vota-la culpa a ningunha negociación, esa negociación está feita, votouse por unanimidade, todos somos responsables, vostedes non, vostedes non son responsables, totalmente de acordo. Vostede debe saber, e non dubido que o sabe, que no ano 93 a Unión Europea prohibiu paga-la supertaxa ós estados membros. Ata ese ano fíxose cargo o Estado da supertaxa. No ano 93-94 houbo unha superproducción, todos a coñecemos, e non a pagou a Xunta de Galicia como se vén a dicir e como se está vendendo por aí, non pagou absolutamente nada, foi recorrida a supertaxa polo sector leiteiro, e avalou a Xunta o recurso. No seguinte ano non houbo supertaxa, por desgracia, pola sequía. E no ano seguinte volveu a haber unha supertaxa moi inferior. Volveu a suceder o mesmo. Polo tanto, que agora vostede me pida nunha moción que esixa que o goberno do Estado pague a supertaxa, estame pedindo algo imposible e por eso non votamos este último punto, porque no demais, como vostede ben dixo, estamos totalmente de acordo. Está prohibido pola Unión Europea e mentres estemos na Unión Europea, e queremos seguir estando, non vai por aí o camiño de dicir pague o Estado cando sabe vostede perfectamente que lle está prohibido pola Unión Europea pagar esa supertaxa. Nós seguimos outro camiño que é apoia-lo documento que presentou toda a Cornisa Cantábrica, e que vostede coñece perfectamente tamén, ampliando o sistema de cuotas. Se non hai cuotas o leite ó mellor estaba a 15 ptas. o litro e gracias ás cuotas o leite estase pagando perfectamente ben ó gandeiro. Polo tanto, o sistema de cuotas si; outra cousa é que efectivamente necesitamos moita máis cuota e neso está loitando o Goberno Central, e eso é no que nós corriximos sencillamente a súa moción, porque vostede me está pedindo que vote algo que neste momento, mentras sigamos na Comunidade Económica Europea, temos que aceptar as decisións alí tomadas. O que queremos é que se tomen máis favorables a este país, e eso si o apoiamos, o outro non o podemos apoiar. Se nos pide algo que sabe que é imposible, porque é contradicir normas europeas. Outra cousa e loitar contra elas para que nos aumenten cuota leiteira. Sabe que eso non o podemos votar e non por ser do Partido Popular. Eu supóñome que sendo o Partido Socialista o que estivera aquí tería que dici-lo mesmo. Tamén entendo perfectamente que vostedes digan non, e non digo máis nada, enténdoo tamén perfectamente, por eso cada un está onde está, Sr. Mosquera. Eu acéptolle todo; agora non podo aceptar e polo tanto o noso grupo non pode votar unha esixencia imposible nestes momentos ó goberno, fora cal fora, se somos coherentes. Indudablemente, dentro da política xeral do Bloque Nacionalista Galego, entendo tamén a súa postura, por eso cada un está onde está. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Que eu sepa na moción non se pide a supresión do sistema de cuotas, léase, pon renegocie o sistema de cuotas, cousa que non se está a facer, no fondo non se está a facer. E tamén me quedo moi documentado sobre a supresión; eso, que se faga cargo a administración do Estado, moi documentado, moi claro e demais. Eu supoño que esto é algo imposible de realizar, tan imposible coma que os holandeses nos poñan patacas a 4 pts. cando o porte custa 10; ninguén as subvenciona e está prohibido. Absolutamente curioso. Non vamos entrar na política europea porque nos levaría a un debate que creo que está fóra desta Deputación. Poderíamos falar do sector naval como o máis moderno e menos subvencionado, que era Astano. Se suprime porque estaba subvencionado e resulta que os asteleiros están moito máis subvencionados e seguen subvencionados. Poderíamos falar de todo eso, absolutamente de todo eso e demais, pero non é o problema, o problema non é se unha normativa se puxo ou non se puxo, se se cumpre ou non se cumpre, etc. Para que quede claro que se está significando este problema, por exemplo, cando se dixo que se ía tocar ó olivar saltou ata a Monarquía. O olivar é un problema de Estado, o problema do leite galego non é un problema de Estado. Se se dá arranxado, de paso que vamos por alí a negociar outra cousa, moi ben, e se non mala sorte, vén da UE e non hai nada que facer. Esa é a situación real. Dígame vostede se o espolio que se montou co sector naval ou co leite ten algo que ver co que se está montando co aceite de oliva, cando estamos con moitos máis cartos en xogo e cun sector moito máis importante en xogo. Dígame vostede se realmente se montou o espolio que se montou. É un problema de Estado e de como sexa a política, se se está disposto a defender ou non se está disposto a defender, a recortar ou a aumentar, a primar ou a recortar en función dese diseño da política agrícola do Estado e máis dos intereses de cada quen. Vén vostede co problema legal de que non se pode facer cargo da súa producción e non se pode. Pódese facer. Podíase cambia-la redacción, para dicir que a Administración do Estado faga todo o posible para que a supertaxa non repercuta nos productores. Poderíamos chegar a unha transacional dese tipo. Ese non sería o problema. O problema é de fondo, o problema é que se di que hai que quitar non sei que número de olivares, se vai subvencionar por non sei que e non sei canto e se monta unha gresca monumental, é un problema de Estado, eso pon en pé de guerra a todo o mundo. Agora, aquí nos tocan un sector gandeiro duramente, incluso lle limitan as perspectivas de aumento, que somos deficitarios. En aceite de oliva somos excedentarios e resulta que non pasa nada, en fin, a ver se se pode facer algo, mala sorte, foi o tratado, que lle vamos a facer. Tamén foi o tratado a política agrícola, márcao a Comisión Europea, tamén o da oliva era o tratado. ¿Y se lo aplican?. Amigo, aí tocamos con outras cousas, por poñer un exemplo, podíamos falar se mañá, por exemplo, lle queren mete-lo dente ós naranxeiros, como pasou co convenio con Marruecos, menudo lío, aí amigo xa tocamos con outras cousas. Entón é un problema moito máis de fondo. É un problema de que se está disposto a primar e que non, que se está disposto a defender con uñas e dentes e que se está disposto a sacrificar. Ese é o problema de fondo. Entón redacteo como queira, para nós ese é o problema de fondo tanto co agro coma con outros sectores. En fin, creo que está claro. Sr. González Iglesias.- Yo dejé intervenir tanto al BNG, que presentaba la moción, como a usted Sr. Presidente, porque entendí en la Comisión de Agricultura, el miércoles pasado, que el Presidente de la Comisión, el Sr. Barros, nos planteó, o yo al menos así lo entendí, que el texto alternativo lo había redactado usted, que no podía asistir a la Comisión, pero que la intención de ustedes era llegar a un acuerdo en este tema y que este tema saliese como declaración institucional o por unanimidad o como se quiera. Por eso digo que les dejé intervenir tanto a unos como a otros. Es verdad que antes de empezar el Pleno yo le pregunté a compañeros del BNG si se habían puesto en contacto con ellos para este tema, me dijeron que no, y por lo que veo de su intervención está claro que no. Entonces, lógicamente el Grupo Socialista sólo entraría en una votación favorable en el sentido de que ese acuerdo se produjese. Por lo que veo aquí parece que ese no es el camino, aunque creo que era lo que anunciaban ustedes. De todas formas, me choca y me sorprende la declaración del Presidente de esta Institución cuando dice que este tema, gobernase quien gobernase, su postura, su posición como grupo político sería la misma. Y usted sabe perfectamente que no es así, y le puedo decir de determinadas cosas, que se las diré seguramente en el punto siguiente, donde no era así cuando había un gobierno de otro color en el Estado. Yo le aconsejaría como Presidente de esta Institución que si no está de acuerdo, como no estamos todos, si pretende que se cambie ese marco hágalo saber en su declaración. Porque yo lo que entendí de su intervención de antes es una defensa absoluta de sus intereses como partido. Las cuestiones, para cambiarlas, hay que decir claramente que no se está de acuerdo, y no se dice claramente en su texto alaternativo. Vuelvo a repetir, el Grupo Socialista estaría dispuesto, si saliese un acuerdo de este tema, a votar. Si no es así y parece por el debate que no va a ser así, nos vamos a abstener. Sr. Presidente.- Gracias. Ou eu explícome moi mal ou a xente non me quere entender; é posible que sexa o primeiro. Eu entendín, D. Cesáreo, que nun principio te opoñías as cuotas, logo aclaraches que non te opoñías ás cuotas. Somos defensores das cuotas leiteiras e estamos todos de acordo en que non temos a suficiente cuota leiteira para a nación española, e polo tanto repercute fundamentalmente na Cornisa Cantábrica. Se se pon expresamente na moción do Bloque que o Estado Español se faga cargo da supertaxa, estamos vulnerando, e era o que eu dicía, unha directriz, unha orde, da Unión Europea, no senso de que as Administracións non paguen a supertaxa. Polo tanto, eu nese sentido é onde aclaro que non estou de acordo, non debo estar de acordo. Non estou defendendo intereses do Partido Popular, por eso dicía eu que ó mellor se estivera aquí o Partido Socialista tería que dici-lo mesmo. Agora, Mosquera, poñemos que faga todo o posible para que non repercuta a supertaxa nos gandeiros. De acordo, eso de acordo, porque polo que vexo estamos todos de acordo no fondo, é dicir, cuotas si, necesidade de aumentos de cuotas si, que non se cargue ó productor a supertaxa, tamén, agora, eu non podo, dada a responsabilidade que teño, dicir que a pague o Estado, porque sei que hai unha directiva da Unión Europea, que di que non se paga a partir do 96. Agora, que faga o Estado o que sexa para que non repercuta sobre o productor, estamos de acordo; polo tanto, se estamos de acordo nos dous primeiros puntos, vamos a ver se podemos consensuala. Sería para min un tema importante que o sacáramos por consenso. No primeiro e no segundo punto non hai problema. No terceiro, polo que quixen entender, podía ser que se dean a coñecer por parte da Administración do Estado os datos definitivos da producción da campaña 1996-97. E ponse a continuación: "facéndose así mesmo cargo da producción que puidese existir". Si aceptamos todos, dixéchelo ademais moi ben, non recordo agora as palabras: "utilizando tódolos medios posibles ó seu alcance, para que esta supertaxa non recaia sobre o productor leiteiro". Eu creo que non hai problema ningún para aceptar porque entón eu non vou en contra frontalmente dunha directiva da Comunidade Económica Europea, que creo que, desde a responsabilidade de Presidente dunha Institución, non debe facelo. Vamos a ver, redacta entón. Sr. Secretario.- Que se den a conocer por parte de la Administración del Estado los datos definitivos de la producción de la campaña 96-97, poniendo todos los medios a su alcance para que la supertasa no repercuta sobre los productores. Sr. Presidente.- Polo tanto a moción quedaría da seguinte forma: Punto número 1).- Dirixirse ó Goberno do Estado para que ante a próxima negociación da OCM a celebrar o vindeiro mes de maio apoie sen reservas e con enerxía o documento "Unha nova OCM para o sector lácteo. Necesidade de corrixi-los desequilibrios actuais".No punto 2 non había problema. Sr. Secretario.- Esto que dice: "presentado por las Comunidades Autónomas de la Cornisa Cantábrica" ¿queda suprimido?. Sr. Presidente.- É o mesmo. Entón queda: Dirixirse ó Goberno do Estado para que ante a próxima negociación da OCM a celebrar no mes de maio en Bruselas apoie sen reservas e con enerxía o documento "Una nueva OCM para el sector lácteo. Necesidad de corregir los desequilibrios actuales" presentado por las Comunidades Autónomas de la Cornisa Cantábrica Española en el presente año. Vale. Segundo: Que las relaciones comerciales entre las empresas de recogida de leche se normalicen, evitándose cualquier práctica de economías sumergidas si existen. Porque si nosotros sabemos que existen economías sumergidas tenemos que ir a los Tribunales. Y lo otro tal como queda: Que se dean a coñecer por parte da Administración do Estado os datos definitivos de producción da campaña 96-97 poñendo tódolos medios ó seu alcance para que a posible supertaxa non repercuta sobre os productores. ¿Vale?. ¿Apróbase por unanimidade?. Apróbase por unanimidade ese texto. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, acorda por unanimidade, aproba-lo texto alternativo á Moción do BNG sobre o Sector Lácteo Galego, e que é o seguinte: 1.- Dirixirse ó Goberno do Estado para que, ante a próxima negociación da OCM a celebrar no mes de maio en Bruselas, apoie sen reservas e con enerxía o documento "UHNA NOVA OCM PARA O SECTOR LÁCTEO -NECESIDADE DE CORRIXI-LOS DESEQUILIBRIOS ACTUAIS-" presentado polas Comunidades Autónomas da Cornisa Cantábrica Española no presente ano. 2.- Que as relacións comerciais entre as empresas de recollida de leite e os productores se normalicen, evitándose calquera práctica de economía sumerxida, se existen. 3.- Que se dean a coñecer por parte da Administración do Estado os datos definitivos de producción da Campaña 96/97, poñendo tódolos medios ó seu alcance para que a posible supertaxa non repercuta sobre os productores. ------ Folla: 227,232 12.4086.- MOCIÓN DO BNG CONTRA O RECORTE DOS FONDOS DO ESTADO ÓS PLANOS PROVINCIAIS E POR UNHA NOVA REGULACIÓN DOS MESMOS Sr. Presidente.- Punto 12. Moción do BNG contra o recorte dos fondos do Estado ós Planos Provinciais e por unha nova regulación dos mesmos. Sr. Chillón, ten a palabra. Sr. Chillón Iglesias.- Disculparme o inciso moi breve, unha referencia ó que estivo a comentar o noso portavoz, da procedencia ou non de levar a cuestións de concellos en particular; é dicir, se nun momento a Presidencia tivo unha actitude paternalista cara algún Concello, como ten 62 fillos esta provincia hai un arrebato, un momento depresivo daqueles concellos ou áreas xeográficas que non cita, pero non quero entrar máis neste tema. Vaiamos ó tema en si. A moción que se trae hoxe aquí a Pleno é un tema que xa está tratado no seu momento, que xa insistimos no segundo semestre do ano 95, e viña a demandar unha nova regulación da transferencia dos fondos de cooperación local, ó mesmo tempo que unha nova regulación tamén do Real Decreo 665/90, e tamén da reducción drástica deses fondos nos últimos anos. Na pasada sesión plenaria de febreiro, cando se deu o visto bo de aprobación definitiva ós Plans de Obras Provinciais, denunciouse o drástico recorte dos fondos do Estado para os Plans Provinciais. Recortes que supoñían a nivel de Estado de 27.000 millóns e de 216 millóns de pesetas do 96 a 19.894 millóns, que supoñía unha media dun 26,90% de reducción respecto do ano 96. Se esas cantidades facemos comparación coas do ano 90 aínda se verían máis incrementadas. Nese sentido denunciamos, e a resposta que se nos deu estes días en Comisión, foron os recortes de Mastricht e demais, que no nos convencen pola argumentación que despois imos a comentar, igual que mirábamos que o Real Decreto 665/90 estaba obsoleto e superado e que neste caso tamén pedíamos a transferencia directa á Xunta de Galicia, como no mesmo Real Decreto xa do 90 así se contemplaba no caso de Cataluña, e tamén coa definición dun plan único de obras e servicios. Nese sentido, recollendo ademais este recorte drástico dos fondos do Estado ós diferentes Plans Provinciais, que neste caso a Galicia e na nosa Deputación de Pontevedra tamén é significativo, solicitar esas tres cuestións, que xa tiñamos plantexado no seu día, que era denunciar ó Goberno Central do Estado, ó Ministerio de Administracións Públicas a reducción desta consignación para os Plans Provinciais; solicitar unha vez máis a transferencia deses fondos de cooperación local á propia Xunta de Galicia; e terceiro, vehiculizar e canalizar e dando os pasos cara un plan único de obras e servicios que sería neste caso moito máis positivo, máis aglutinante e máis integrador cara a corrixir a finalidade destes plans de desequilibrios territoriais. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Ten a palabra Pepe Costa. Sr. Costa Díaz.- Gracias, Presidente. Nós vamos manternos na mesma liña que estivemos na Comisión Informativa. Vamos a rexeitar esta moción. Primeiro, en base a que se houbo recortes do Estado, penso que están motivados por outras circunstancias, que tamén houbo, como foi a conxelación dos sueldos dos funcionarios e outras cousas. Pero á parte desto, non existe digamos un recorte, si existe nas obras, nos Presupuestos Generales do Estado. As transferencias que fai ó Presuposto da Deputación vense incrementadas por 500 millóns de pesetas aproximadamente. Logo, compensa suficientemente o recorte que houbo con respecto ás obras. E con respecto ós apartados 2 e 3 temos coñecemento de que se está traballando nun proxecto que enviou o MAP, o Ministerio de Administracións Públicas, á Federación de Municipios e Provincias e que vai máis ou menos neste sentido que recolle a moción. Por eso estimamos que mentras non teñamos coñecemento definitivo do novo Real Decreto con respecto a este tema, pensamos que non debemos manifestalo neste sentido e por eso mantemos o rechazo a esta moción. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costa. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. La respuesta del Sr. Costa es una respuesta que ya dió el Presidente de esta Institución aquí en su día, y como ya le dije al Presidente aquel día las transferencias del Estado no se incrementan para corregir el recorte, se incrementan como fruto de un acuerdo entre la Federación Española de Municipios y el Estado y tienen una periodicidad y unas cantidades. Por lo tanto, por ahí no se puede justificar el tema. No vuelvan a utilizarlo porque no se puede justificar. En otros momentos ustedes decían que eso era culpa del Gobierno; ahora vale todo y es justificable lo que hace dos años no era justificable. Es decir, en función de como vaya la tortilla, le dan la vuelta ustedes, en función de eso, así de claro. En el plan único que plantea el BNG en la moción, nosotros estamos absolutamente de acuerdo. Yo lo que entiendo, y vuelvo a una argumentación anterior, Sr. Costa, es lo siguiente: si, como usted anuncia, se está trabajando en un Decreto sobre este tema, lo normal es que antes de que salga el Decreto las Instituciones se posicionen y estén planteando que este Decreto contenga estas cosas, porque si no después nos van acabar diciendo que no vamos a votar en contra de un Decreto que hizo el Gobierno del Estado. Entonces, ahora, para que no haya lugar a dudas y no haya posiciones de enfrentamiento después, es cuando creo yo debemos manifestarnos en lo que queremos. Lógicamente, nosotros vamos a votar a favor de la moción. Nada más. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, vamos a ver. O Sr. Presidente da Comisión de Cooperación repite un pouco os argumentos da pasada Comisión. Hai que diferenciar moi ben, nesto incidiu Emilio como xa incidira no seu momento, a diferencia que hai do tema dos fondos de cooperación local cara os plans provinciais da cuestión de transferencias; non ten nada que ver unha cousa con outra, á parte de que o apartado de transferencias vén para cubrir outras necesidades de todo tipo e vén dada por coeficientes e cocientes de poboación e outras variables. Está tamén pactado coa Federación Española de Municipios e Provincias no seu momento. Pero o argumento que penso que a Presidencia debe ter moi en conta é o tema Maastricht e demais. Non, aquí estamos neste caso aceptando unha vez máis, como falaba antes o noso portavoz no tema da cuota láctea, unha situación dada, pero que non é certo. Precisamente o luns 26 de maio, este luns, vén nun xornal de gran tirada estatal un artigo suficientemente significativo e clarificador: Cataluña queda exenta da reducción. Incide nestes mesmos datos: media 26,90 e non a todas Comunidades se lle retirou o mesmo, en absoluto; a Galicia o 28,42, ás catro Deputacións galegas, o 28,42; a Cantabria o 6,70; a Canarias o 16,98; pero aínda máis Cataluña increméntase nun 13,36%. ¿Por que?. A iniciativa política neste caso de CIU, e recollendo anteriores demandas e discriminacións, é aprobada co visto bo evidentemente do Partido Popular. Cuestións de pactos de Estado. Non vamos a criticar a Cataluña, ó contrario, é dicir, eso é o que debía face-lo Partido Popular de Galicia. E ¿por que?. Porque está regulada unha transferencia directamente á Generalitat, que ten moito máis peso. Pero é que aínda, á parte deste desglose que vai por cada unha das Comunidades no que Galicia non sae gran beneficiada, estes días, en abril deste 96, acábanse de firmar 5.000 millóns máis do Ministerio de Administracións Públicas para 5 Comunidades en concreto, que son neste caso Andalucía, Extremadura, Castela-Mancha, Asturias e a Comunidade Valenciana. Pensar que estamos a falar de 19.000 millóns para todo o Estado. Pois aprobáronlle 5.000 millóns máis para esas cinco Comunidades. E aínda máis, porque esto é unha coletilla que sempre estamos escoitando, aí está o goberno amigo. Ó goberno amigo dámoslle o visto bo pero non serve para nada en absoluto nestas situacións. A única transferencia que ten neste caso o Goberno Central cara á Xunta de Galicia, a favor do famoso Plan PIEL, que estaba dotado con 3.000 millóns no 96, incrementan 1.000 millóns máis para o ano 97. Esa transferencia debía ser automática en tódolos plans. A demanda da FEGAMP, da Federación Galega de Municipios, era de 13.000 millóns de pesetas. E a proporción que nese caso se fai, e ese incremento deses 1.000 millóns dos 3.000 millóns do 96, é substancialmente inferior a outras Comunidades. E así é un suma e segue. Esa é aceptación da política de Maastricht pero no sentido negativo. Entón, non vale ese argumento. O argumento de Maastricht si, pero non é para todos igual, para uns increméntase e para outros disminúese en diferente porcentaxe. E despois hai medidas compensatorias a unhas certas Comunidades e a outras non. Ese é o panorama. En canto ó sistema de regulación do plan único, aquí tamén se ten debatido. O propio Mariano Rajoy, nun Congreso na Toxa, e os demais estábamos de acordo. Se estamos todos de acordo neses plantexamentos de transferencia á Xunta ou tendo un plan único de obras e servicios, transmitámoslle as nosas ideas. ¿Ou vamos a esperar a que se promulgue ese Decreto?. Parece ser que é por onde vai a Federación Galega de Municipios e Provincias e despois teñamos que asumir o que se acorde e agacha-la cabeza. Polo tanto, insisto, non é certo que a reducción de Maastricht supoña neste caso para todos igual reducción. Xa digo que estamos un pouco por enriba da media e que houbo desglose diferenciado, e que hai outras medidas compensatorias. E que en Cataluña, precisamente por ese convenio que ten, que xa estaba contemplado no Real Decreto que todo mundo asume que hai que eliminar, o Decreto do 90, por esa circunstancia e polas circunstancias políticas, incrementouse nun 13%. Nada máis de momento. Sr. Costa Díaz.- Bueno, por clarificar un pouco. Estamos baraxando números do recorte que houbo nas obras, que non se adaptan tampouco á realidade, posto que o Plan Plurianual da Comarca de Acción Especial todos sabemos que cada ano decrece aproximadamente nun 10%. O ano que vén volverase a recibir menos, pero eso xa estaba desde o seu momento na aprobación deses plans. Logo tamén, se baraxamos o 90 con este momento, seguramente estamos recibindo máis, porque no 90 non se recibía o POL; o Plan este empezouse a recibir desde o 91 para acá, cousa na que tamén temos bastante máis incrementada a participación. E por outra banda, as suxerencias que se poderían facer a ese Real Decreto, que está en estudio, estimamos que non se fagan porque son moito máis abundantes aínda que o que se propón na moción e recolle as que se propoñen na moción. Por eso estimamos que unha vez aprobado, unha vez estea debatido, ver as suxerencias que se poidan facer. E ese momento será o oportuno. Gracias. Sr. Presidente.- Efectivamente houbo un recorte, eso é indiscutible, que en total son 130 millóns de pesetas que repercuteu nesta Deputación e polo tanto non nos gusta a nadie. Nada ten que ver a participación dos fondos do Estado da Deputación, non veñen con carácter finalista, esa participación pódese meter nun sitio ou noutro. Eu entendo que nos recortes que houbo a nivel de Estado non houbo unha excepción. O de Cataluña explicouno vostede perfectamente, pero teño que aclarar tamén o tema das outras Comunidades Autónomas. Eso débese a que cando se fai o reparto hai unha variación en poboación, e nós aí vamos ter tamén algunha participación, porque na provincia de Pontevedra, segundo os últimos datos estadísticos, medramos moi pouquiña cousa pero medramos en poboación; eso quere dicir que vamos ter algunha participación máis e eu espero que sexa o antes posible. E con respecto a ese proxecto de Decreto, non foi entregado á FEMP, foi entregado ó Pleno de Deputacións e Cabildos Insulares que eu persoalmente asistín e o trouxen e o estamos estudiando aquí cos técnicos, á parte dos políticos, para face-las suxerencias que consideremos oportunas. Polo tanto, quizá eu debera facilitarllo, en todo caso aínda estamos a tempo, non está feito ese Decreto, hai un borrador, e polo tanto eu estou disposto a facilitarllo ós grupos da oposición se queren velo e estudialo. Había que suprimir un montón de plans e que nos deran a participación a través dun só plan que facilitaría enormemente as cousas. E dito esto eu non teño nada máis que dicir. En todo caso, Sr. Chillón, ten a palabra. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, moi brevemente. A propia circular, xa no seu momento, se comentara no pasado Pleno de febreiro, sobre aquelas perspectivas que había por parte da Presidencia e por parte de todos da ampliación do Programa de Acción Especial e que a propia circular denegaba totalmente calquera espectativa que tivéramos. O que si se trata, desde o punto de vista municipal, é da perda de autonomía municipal, temos menos diñeiro os Concellos para levar adiante os plans. Por outro lado, desde a propia Deputación se potencia os plans onde a Presidencia ten capacidade para defini-la distribución desas cantidades e por outro lado criticamos a ese Goberno "amigo" que nese tema unha vez máis nos vén a demostrar que realmente cara Galicia non ten feito absolutamente nada do outro mundo senón o contrario, seguir nesta liña que é de esquecemento e de non potenciar para nada a nosa Comunidade ou o noso país. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Chillón. Procedemos polo tanto á votación da última moción do BNG contra o recorte dos fondos do Estado ós Planos Provinciais e por unha nova regulación dos mesmos. ¿Votos en contra?. O Grupo Popular. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. O Grupo Socialista e o BNG. Rexéitase cos votos en contra do Partido Popular e a favor os demais. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do rexeitamento do Grupo Socialista e do BNG, rexeita-la Moción do BNG contra o recorte dos fondos do Estado ós Planos Provinciais e por unha nova regulación dos mesmos, que é do teor literal seguinte: "Na pasada sesión plenaria de febreiro de 1997 eran aprobados de forma definitiva o Plano de Obras e Servicios -POS- así como o da Rede Viaria Local -RVL- para o exercicio de 1997. Na mesma reunión este Grupo Provincial, a través do seu portavoz, incidía, entre outros aspectos, a partir dun esndalosas, xa que a aportación do MAP para os referidos Planos vese máis mermada. Por outra banda, subliñar que no tocante ós Planos de Acción Especial tamén se consolida unha importante reducción no caso do existente, e queda totalmente anulada a súa ampliación logo da negativa do MAP a considerar outros programas ampliables deste tipo (A. Especial II, Costeiro). Finalmente, tampouco o programa de Rede Viaria Local escapa a esta liquidación, xa que se reducen en máis de 50 millóns de pesetas dos previstos inicialmente. Esta situación resulta especialmente grave non só polo feito mesmo de demostra-lo fracaso rotundo dunha política de "cooperación local", que nunca o foi máis que no papel, senón que se concreta no retroceso na política de equipamento e infraestructuras básicas dos nosos concellos, e na calidade de vida das mulleres e homes que habitan nos mesmos. As expectativas de concretar avances reais no camiño da racionalización dos recursos públicos - Plano Único de Obras e Servicios- e da progresiva corrección dos desequilibrios existentes nos nosos concellos -dotación económica-, de momento síguense a ignorar desprendéndose con claridade unha perda da Autonomía Municipal. Diante destes feitos, este Grupo Provincial solicita a este Pleno se demanden como claros obxectivos os que unha vez máis se indican: 1.- Enérxica protesta ó Ministerio para as Administracións Públicas polo drástico recorte na aportación económica do mesmo para os diversos Planos de 1997 que se realizan a través da Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- Inmediata derogación do RD 665/90 de 25 de maio, por consideralo especialmente lesivo cos intereses dos concellos da nosa provincia, (así se ten manifestado xa a institución ourensá), demandando do Estado a transferencia á Comunidade Autónoma dos instrumentos de cooperación local e dos fondos correspondentes que ponderen en función compensatoria e distributiva os seguintes factores: a) O déficit existente de equipamentos e servicios mínimos. b) O nivel relativo de renda por habitante. c) O acusado degrau de ruralismo e dispersión na estructura de localización do hábitat. 3.- Demandar do Goberno Galego a urxente unificación das diversas canles de cooperación local ás obras e servicios municipais hoxe existentes nun PLANO ÚNICO DE OBRAS E SERVICIOS MUNICIPAIS, elaborado baixo os criterios de racionalidade, obxectividade e solidariedade para o conxunto dos concellos.Ìan m·is incrementadas. Nese sentido denunciamos, e a resposta que se nos deu estes dÌas en ComisiÛn, foron os recortes de Mastricht e demais, que no nos convencen pola argumentaciÛn que despois imos a comentar, igual que mir·bamos que o Real Decreto 665/90 estaba obsoleto e superado e que neste caso tamÈn pedÌamos a transferencia directa · Xunta de Galicia, como no mesmo Real Decreto xa do 90 asÌ se contemplaba no caso de CataluÒa, e tamÈn coa definiciÛn dun plan ×nico de obras e servicioe concretar avances reais no camiÒo da racionalizaciÛn dos recursos p×blicos - Plano ³nico de Obras e Servicios- e da progresiva correcciÛn dos desequilibrios existentes nos nosos concellos -dotae concretar avances reais no cami“o da racionalizaci€n dos recursos p²blicos - Plano nico de Obras e Servicios- e da progresiva correcci€n dos desequilibrios existentes nos nosos concellos -dotaciÛn econÛmica-, de momento sÌguense a ignorar desprendÈndose con claridade unha perda da AutonomÌa Muni ------ Folla: 232 13.4087.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 13. Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 21 de abril y el 24 de mayo en curso y que han sido trasladadas a los grupos políticos. Y también de una Resolución Presidencial por la que cumpliendo un mandato del Instituto Nacional de Estadística, de la Delegación de aquí de Pontevedra, se ha designado un miembro suplente en la Sección Provincial del Consejo de Empadronamiento, siendo el mismo D. Ramón Sestelo Fernández, que quedará como suplente de D. José Costa Díaz que había sido ya designado por Resolución de la Presidencia de 23 de abril y nos pide la Delegación que se nombrara un nuevo miembro suplente. Y nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 21 de abril e o 24 de maio de 1997. B) De Resolución Presidencial designando representante da Deputación na Sección Provincial do Consello de Empadroamento a D. José Costa Díaz. C) De Resolución Presidencial designando representante suplente da Deputación na Sección Provincial do Consello de Empadroamento a D. Ramón Sestelo Fernández. ------ Folla: 232,236 14.4088.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto 14. Rogos e Preguntas. Bueno, vamos a ver, Rafael Louzán, Deputado do Grupo Popular, polo que xurdiu aquí no Pleno, quere intervir e polo tanto eu creo que lle debemos da-la palabra para que se poida manifestar perante o Pleno da Deputación sobre o que vertiu D. Emilio González con respecto á empresa familiar adxudicataria de limpeza ou algo deso, que por suposto eu non tiña coñecemento ningún, pero ten a palabra neste senso para que se explique o Deputado Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Si, gracias Presidente. Vamos a ver, primeiro dicir que neste caso o Sr. Presidente non sabe nada, nin eu mesmo tampouco, excepto fai uns minutos destas acusacións infames por parte do Sr. Emilio, e á parte fai días por parte do Sr. Mosquera, o cal trata de derribar a boa xestión que creo que está facendo esta Deputación co seu Presidente ó frente. Dicir que o Sr. Mosquera e a oposición teñen que buscar formas de tratar, tal e como dicía antes, de derriba-la xestión desta Corporación, a cal publicamente se está calificando de moi boa ou excelente cubrindo bastante as necesidades que temos na nosa provincia. Pero como realmente o que parece ser que se dixo aquí foron unha serie de acusacións contra a miña persoa, dicir que os grupos políticos da oposición, como debe ser ademais así, deben levar un control da xestión do equipo de goberno, pero o que pasa é que estes señores, como parece ser que están bastante molestos polos últimos escándalos famosos do Partido Socialista, queren, aínda que sexa sen documentos, porque aquí os vamos aportar, aínda que sexa sen documentos, demostrar cousas totalmente falsas e infames tal e como dicía antes. Porque ademais, para eles, a demagoxia é moi fácil, estamos nun ano electoral. Seguindo na mesma liña e boa xestión que está cubrindo moitisimas necesidades esta Deputación, teñen que buscar algunha forma de derribo. E a forma de derribo é, aínda que sexa falsamente, buscar acusacións contra algún dos Deputados ou sobre todo os que temos máis constancia aquí, que é o equipo de goberno co Presidente ó frente. Eu só vou aportar aquí, para que os medios poidan ter todo tipo de información, as escrituras públicas, porque de feito cando tomei posesión nesta casa aportei todo o que realmente tiña e aí se pode perfectamente comprobar se realmente a nome de Rafael Louzán, desde a miña toma de posesión, 19-7-95, existe algunha vinculación a algunha empresa, miña ou dalgún familiar directo meu. E eso se vai poder comprobar por todos aquí. Tal e como dicía eu, desde decembro do 89, Rafael Louzán non é propietario absolutamente de ningunha empresa, dato que se vai comprobar aquí, e polo tanto nin Rafael Louzán, nin tampouco a miña muller, nin familiares directos meus son propietarios de ningunha empresa que teñan contratos con esta casa. Polo menos desde xullo de 1995, que foi cando empezou a miña etapa aquí na Deputación. Sobre outras acusacións que facía o Sr. Mosquera, que sinto que non estea aquí, non lle dou máis importancia que esta, e eu agora vou facer pública entrega dos documentos e se fai falta eu lle pedirei persoalmente ó Presidente que se o cre convinte vou tratar de acudir ós tribunais ordinarios para que realmente se poida comprobar. Xa o van a comprobar aquí, porque ós medios se lle vai entregar agora mesmo copia das escrituras onde realmente eu tiven vinculación a unha empresa no ano 1989, pero desde esa data Rafael Louzán, e desde que son Deputado nin Rafael Louzán nin nadie ten ningunha vinculación directa a ningunha empresa e eso se vai poder demostrar aquí. Entón se o cremos convinte o equipo de goberno co Presidente ó frente, acudirei ós xulgados. Cando se trata de entrar en temas persoais creo que é moi delicado, e hai que pedirlle a esta xente que cando faga algún tipo de manifestación a faga con documentos, non dicindo auténticas barbaridades, porque non me gustaría a min, Sr. Emilio, co seu pasado negro famoso en Redondela, etc., entrar en mínimas discusións. Se non ten os documentos precisos llos vou a entregar a vostede, D. Emilio, para que o poida comprobar por se ó mellor non tivo tempo a comprobalo. Presidente, eu nada máis, creo que está perfectamente aclarado; agora lle vamos facer entrega de toda a documentación a cada un dos presentes para que se vexa realmente a legalidade de todo este tema. Gracias e nada máis. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, este Diputado lo que dijo fué que D. Rafael Louzán aparecía en el Registro Mercantil como copropietario de la empresa Limvial, que en un momento determinado esa empresa pasa a otras personas vinculadas a usted y que esa empresa contrata con esta Institución. El lunes el Grupo Socialista meterá por Registro los documentos que obran en su poder, sin ningún problema. Con respecto a ese pasado negro, que dice usted, le voy aclarar dos cosas. Primero, a este Diputado la Presidenta local, ahora no, del Partido Popular en Redondela le demandó, perdió el primer juicio en el Juzgado de Redondela, perdió el segundo en la Audiencia Provincial hace unos días, le condenan a pagar las costas y ahora esa señora acaba de recurrir al Tribunal Supremo. Por lo tanto, hasta ahora pasado negro no se de quién. Con respecto a otras acusaciones, y tampoco tengo ningún inconveniente en decirlo aquí, en cuanto una persona las hizo fue este Diputado, en su calidad de Concejal en el Ayuntamiento de Redondela, el que plantea una demanda, en el Juzgado al día siguiente de aparecer. Por lo tanto, eso ya se demostrará en su día. Pero ya le digo, la demanda la planteo yo en cuanto me hacen la primera acusación y al día siguiente. Por cierto, también un caballero, ahora mismo Conselleiro de Cultura, me anunció una demanda el mismo día. Estoy esperando hasta hoy que la plantee y han pasado dos años. Simplemente eso. Sr. Presidente.- Gracias Emilio. Eu pediría que estes temas se deixasen con poucas palabras claros, e darlle ós medios de comunicación a documentación que queiran. Se non estamos de acordo, cada un que acuda ós Tribunais de Xustiza que considere oportunos, pero creo que di moi pouco deste Pleno empezar con estas historias. Houbo unha alusión moi grave, ó meu entender, por parte de D. Emilio, e creo que debíamos darlle a opción ó Sr. Louzán para que diga o que teña que dicir. Eu creo que está dito todo e se non estamos de acordo están os Tribunais de Xustiza ós que débese acudir en último termo cando sexa necesario. ¿Algún rogo ou pregunta máis?. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Xa sei que estamos todos un pouco cansos despois de tantas horas aquí, pero é unha pregunta que eu xa anunciara na Comisión de Deportes última e ten que ver un pouco co desenvolvemento do Convenio de Instalacións Deportivas do 94-97. Na información que me pasaron no último Pleno con respecto a como están as obras de execución deste Convenio de Infraestructuras Deportivas, dentro das obras pendientes de adxudicar está a piscina mancomunada do Miñor. A piscina mancomunada do Miñor está creando dentro das Corporacións tensión, porque creo que a resolución que tomou a Mancomunidade é meridianamente clara, pero está creando certo malestar e certa inquietude na xente que vive no Val Miñor, na xente de Nigrán, Baiona e Gondomar. A resolución da Mancomunidade, eu supoño que o Sr. Domínguez e o Sr. Abeledo como membros desta Comisión de Seguimento do Convenio de Infraestructuras Deportivas a coñecen. Unha piscina, aínda que sexa de uso mancomunado, ten un valor engadido para cada un dos Concellos. Realmente sería dificilmente explicable para cada un dos equipos de goberno que vaia para Gondomar ou Baiona ou Nigrán. Aínda que sería lóxico que se chegara a un acordo, ás veces en política ocorren estas cousas que sería dificilmente explicable, tería un coste para cada un dos equipos de goberno. Creo que con responsabilidade, a Mancomunidade do Miñor ofertou dous terreos para esta piscina mancomunada, un no Concello de Nigrán, outro no Concello de Gondomar. E se somete esta resolución ó arbitraxe desa Comisión de Seguimento para que diga cal vai se-la ubicación desa piscina. E a miña pregunta é: ¿cando se vai adxudica-la piscina do Val Miñor?; e ¿que criterios vai a utilizar esta Comisión?, que ten a responsabilidade agora de decidir porque non vai haber nin motivos de excisión, nin se a piscina vai para aquí eu voume da Mancomunidade, nin cousas desas. Creo que dunha forma responsable debe ser esa Comisión, en base a criterios obxectivos, a que decida onde vai a piscina do Val Miñor. ¿Cando se vai adxudica-la piscina?, e, ¿que tipo de criterios se van a utilizar para a ubicación desa piscina?. Eu apunto algúns, como poden ser sitio equidistante dos núcleos de poboación importantes, lugar onde o transporte público pase con normalidade, que una os tres Concellos, nunha palabra, onde a rendabilidade de uso da piscina sexa maior. Creo que son criterios razonabilisimos e que neste caso debían ser os que tivera en conta esta Comisión. E creo que sería interesante que dalgunha forma nós definíramos con respecto á piscina do Val Miñor e que tranquilizáramos á xente, é dicir, non vos vades a quedar sen piscina, senón que vai haber piscina e os criterios que vamos a utilizar son estes, porque non hai excisións nin hai problemas dentro da Mancomunidade, cada un ofertou os seus terreos, para cada Concello a piscina ten un valor engadido, eso está clarisimo, independentemente de que o uso sexa mancomunado. Os Concellos non queren renunciar a te-la piscina e ofertan terreos. Os terreos están ofertados e me gustaría que se me contestara con claridade porque creo que é un tema que agora mesmo é un dos temas estrelas no Val Miñor e creo que os veciños do Val Miñor necesitan unha contestación de tranquilidade, que a piscina se vai executar e que os criterios para a ubicación da piscina son estes. Eu apuntei os que me parecen a min máis razonables e creo que deben se-los que primen, sitio equidistante, ben comunicado polo transporte, porque son moitos rapaces os que utilizan a piscina, e onde a rendabilidade de uso sexa maior. Entón de verdade, me gustaría que non se me contestara con evasivas. Pero, ¿cando se vai adxudicar?, e, ¿que criterios se van a utilizar?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Efrén. Tan claro coma a auga. Primeiro, esa piscina non se acometeu con cartos do Convenio agotado porque non houbo disposición de terreos, non se puxo de acordo a Mancomunidade. Vamos por partes. Primeiro, non se acometeu porque non houbo acordo e aquí hai un Alcalde, falta o outro e vostede representa a outro, non houbo acordo da Mancomunidade para ubicala. É unha das obras que estaba prevista no Convenio anterior e loxicamente debe ser prioritaria a acometer no próximo Convenio que acabamos agora de aprobar e que firmaremos de forma inmediata para o ano 98. ¿Queda claro, non?. Segundo, mire vostede, non proxecten os problemas que teñen na Mancomunidade á Deputación Provincial. Como vostedes non se poñen de acordo, agora que decida a Deputación Provincial. Miren vostedes, pedíronna mancomunadamente, dígannos onde a facemos e automaticamente se contratará. Non me pida agora que como vostedes non se poñen de acordo, agora a Deputación diga fágoa aquí porque si. Y los criterios que usted dice aplíquelos a la Mancomunidad. ¿Que a Deputación decida?. Moitisimas gracias. Decidan vostedes que para eso a pediron e digan onde a facemos. Máis claro auga, a Deputación non vai a decidir onde se vai a facer, póñanse de acordo os tres Alcaldes e digan onde, creo que máis claro imposible. Obra prioritaria para facer no 98, non se pudo facer por ese tema. Segundo, a Deputación non vai a decidir, non vai a decidir onde se fai, póñanse vostedes de acordo, decidan vostedes e farémola. Así de claro. Eu creo que máis claro imposible. Sr. Juanes Rodríguez.- Eu creo que cando un ten unha responsabilidade, se trata de botar balóns fóra, eso é unha carencia de asumir responsabilidades e unha carencia de xestión política. Eu non quero facer deste debate un debate localista. Eu son Concelleiro de Nigrán, ocupo responsabilidades de goberno de Nigrán; no Grupo Popular está aquí D. Ramón Sestelo que é Alcalde de Gondomar e D. Manuel Vilar que é Alcalde de Baiona. Eu non vou a porme aquí a defender por que en Nigrán e non en Gondomar, porque realmente haberá razóns que ten o Alcalde de Gondomar para defender que sexa para Gondomar, ou o outro para defender que sexa para Baiona. Por eso digo que non botemos balóns fóra nin entremos no debate localista de que se Nigrán, Baiona e Gondomar, porque eu creo que non vai ser motivo de escisión da Mancomunidade, nin motivo de unha ruptura con algún Concello. Eu creo que agora mesmo a resolución que toma a Mancomunidade é de que sexa esta Comisión dalgunha forma, que use ese dereito que ten de arbitraxe e de capacidade de decisión. A ver se dicimos que agora se perde a piscina do Val Miñor porque non nos poñemos de acordo. Eu espero que non se perda e que non se demore demasiado no tempo porque esa Comisión de Seguimento Xunta-Deputación-Partido Popular non quere asumir a súa responsabilidade de buscar o sitio idóneo dentro da Mancomunidade cando a Mancomunidade lle oferta terreos, e decidan en base a criterios obxectivos onde se vai poñer a piscina e non boten balóns fóra porque eso me parece, xa digo, unha carencia de responsabilidades, tratar de eludir responsabilidades, e eso implica unha carencia de xestión política. Non queren tomar unha decisión que teñen nas súas mans, a pelota está nas súas mans, non fagan agora deso un debate de carácter localista entre Nigrán, Baiona e Gondomar, porque non o van a conseguir. Creo que a Mancomunidade do Miñor funciona, vai funcionar fenomenalmente, vai gañar calidade de vida a xente do Val Miñor porque esa Mancomunidade funciona, a piscina non vai ser motivo de ruptura e a piscina é necesaria no Val Miñor. A responsabilidade está nas súas mans, non a eludan. Me parece grave esa postura e agora non boten balóns fóra, Sr. Presidente, por favor. Sr. Presidente.- D. Efrén, deixe o do balón fóra, non asumo a responsabilidade de ubica-la piscina no Val Miñor. Sr. Juanes Rodríguez.- ¿Non a asume?. Sr. Presidente.- Non. Sr. Juanes Rodríguez.- Ou sexa que non se vai facer. Sr. Presidente.- Un momento, non asume a responsabilidade a Comisión de Seguimento de busca-la ubicación. Virá Nigrán e dirémoslle si ou non, virá Gondomar e dirémoslle si ou non e virá Baiona e dirémoslle si ou non. Sr. Juanes Rodríguez.- É que eso xa me parece unha absoluta ... cada un que lle poña o calificativo. ¿Vostede sabe canto custa o mantemento dunha piscina climatizada, ten idea?. ¿Pensa que o Concello de Gondomar con 600 millóns de presuposto pode manter unha piscina, ou o de Nigrán ou o de Baiona?. Sr. Presidente.- Non estamos discutindo eso agora. Sr. Juanes Rodríguez.- Pero entón non fale que Nigrán a pida, Gondomar a pida e Baiona a pida. A pide a Mancomunidade. Vostedes teñen terreos. Pois digan en base a criterios obxectivos onde vai a piscina. Sr. Presidente.- A min me están dicindo: "Papaito bueno como aquí nos llevamos mal soluciónelo usted". Sr. Juanes Rodríguez.- No nos llevamos mal, ofertamos terreos. A piscina ten un valor engadido para cada Concello. Sr. Presidente.- Yo le digo que si no se ponen de acuerdo esa obra no se hace. Más claro agua. Así de claro. Sr. Juanes Rodríguez.- Está clarisimo, a responsabilidade é súa. Sr. Presidente.- Tiene la palabra Sestelo. Pónganse de acuerdo, digan ustedes los terrenos y la hacemos. No se pongan de acuerdo y no se hace. Está claro. Sr. Sestelo. Hombre, esto ya es el colmo. Sr. Sestelo Fernández.- Con tranquilidade e sen ánimo de debate e falando en termos futbolísticos, que están de moda últimamente, como se falaba de balóns no tellado, balóns fóra. Eu, neste censo, teño que estar de acordo con algo do manifestado polo Presidente agora, porque se alguén botou os balóns fóra fomos os tres Concellos do Val Miñor cando dixemos nun momento determinado que a decisión a tomase non a Comisión de Seguimento senón que a decisión a tomase a Xunta de Galicia. Sen ánimo de discutir, Sr. Deputado, amigo Efrén, cando se fala de termos de rendabilidade hai que falar de rendabilidades en plural, pero sen ánimo de discutir. Desde logo non vamos a trasladar, ou non é a miña intención, ese debate noso, que ademais é certo que non hai problemas, hai problemillas, por dicir dalgunha maneira, pero non hai problemas entre os tres Concellos do Val, a pesar de que un deles está gobernado por unha coalición Independientes-Partido Socialista. Non hai problemas, e eu penso que esa decisión da célebre ubicación da piscina mancomunada teremos ó final que toma-la dentro da propia Mancomunidade. A min me parece que non podemos trasladar á Comisión de Seguimento unha decisión dese calibre. De todas formas, a min, coa súa primeira manifestación, gustaríame comentarlle que se nestes últimos días hai unha certa alarma social no propio Val Miñor, esa alarma social é simplemente creada por persoas do seu grupo político, xa que as manifestacións ós medios de comunicación esta última semana foron realizadas polo secretario de información ou algo así do Grupo Socialista do Concello de Nigrán. E esa alarma é creada fundamentalmente porque se deixa entrever neses escritos que perderíamos a piscina por culpa de non facerse as obras dentro do período de vixencia deste Convenio, cando non hai moito o Vicepresidente desta Deputación e Deputado Encargado de Deportes acaba de manifestar que é prioritario dentro deste novo convenio que se vai firmar ata o 2001, que a piscina do Val Miñor, chamémoslle así, sexa unha das obras que van incluídas no mesmo. Moitas gracias. Sr. Juanes Rodríguez.- Por alusións do Sr. Sestelo, co cal eu non quero polemizar nesta cuestión. Eu cando falo de rendabilidade sempre falo de rendabilidade de uso. Loxicamente unha piscina climatizada ten uns costes importantes, e entón canto máis se rendabilice o uso, dalgunha forma máis redunda eso en que a sociedade en xeral disfrute dese servicio. Eu creo que non é cuestión de facer aquí loita política deste tema nin moito menos, eu o que quero é apuntar solucións, e Sr. Sestelo, de verdade, eu non quería polemizar con vostede, pero vostede como membro da Comisión de Goberno da Mancomunidade tamén aceptou esta resolución. O Sr. Sestelo aceptou esa resolución da Mancomunidade. Cando a Mancomunidade está disposta a acepta-lo criterio que diga esa Comisión, cando eludimos esa responsabilidade é que esa Comisión non sirve absolutamente para nada, cando o problema non está dentro da Mancomunidade. O Sr. Sestelo aceptou esto que eu estou plantexando aquí e creo que non vai ser motivo de ruptura da Mancomunidade, é un servicio que é necesario e un servicio que non se está disfrutando por falta de capacidade política da Comisión de Seguimento dese Convenio, que es del Partido Popular, e as cousas hai que dicilas así, sen ánimo de facer loita política desto, pero cada un que cargue coa súa responsabilidade e que cada santo aguante a súa vela. Que agora sexa culpa da Mancomunidade que non se faga esa piscina, cando ofertan un terreo, dous, elixan o máis idóneo, teñen dous, e non queren elixir ningún. Nada máis. Sr. Presidente.- D. Efrén, repítolle o que lle dixen. Primeiro, resolvan os temas que teñen vostedes e oferten o terreo e faise. Segundo, que sepan tódolos habitantes do Val Miñor, que esa piscina non se perde, por suposto que non se perde, é prioritaria, vai no primeiro ano se vostedes se poñen de acordo. Agora, se son nenos pequenos e queren que o padre Deputación os poña de acordo, non o vai facer e como non o vai facer, se vostedes non se poñen de acordo o Val Miñor perde a piscina. Pero póñanse vostedes de acordo. ¿Queda claro?. Clarisimo, digo eu, supóñome que queda claro. Máis preguntas e rogos. ¿Algo máis?. Levántase a sesión. Moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e quince minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición