Fondos
1998-06-26_Ordinaria. Acta de sesión 1998/06/26_Ordinaria
Acta de sesión 1998/06/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/1.1998-06-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 1998/06/26_Ordinaria
Data(s) 1998-06-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 184,185 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de xuño de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e once minutos do día vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, Dona Carmen Ferro Carballo nin D. Rafael Louzán Abal. Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó día e ó mes en curso. Pero antes de entrar a analizar a orde do día do Pleno de hoxe eu quería dalgunha maneira facer un comunicado público con respecto ó asasinato de D. Manuel Zamarreño que di o seguinte: Condear enerxicamente o atentado que lle costou a vida ó Concelleiro do PP en Rentería, D. Manuel Zamarreño, trasladando á súa familia e ós compañeiros do PP e ós demais partidos democráticos do País Vasco, o noso profundo pesar e animalos a seguir loitando pola liberdade, a paz e a democracia polo que lles rogo a todos neste momento gardar un minuto de silencio en recordo do compañeiro falecido. Nestes intres gárdase un minuto de silencio. Sr. Presidente.- Gracias. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL Condear enerxicamente o atentado que lle costou a vida ó Concelleiro do PP en Rentería, D. Manuel Zamarreño, trasladando á súa familia e ós compañeiros do PP e ós demais partidos democráticos do País Vasco, o noso profundo pesar e animalos a seguir loitando pola liberdade, a paz e a democracia, polo que lles rogo a todos neste momento gardar un minuto de silencio en recordo do compañeiro falecido. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4240.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Pasamos xa ó primeiro punto da orde do día. Aprobación da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de maio de 1998. ¿Hai algunha alegación á acta por parte dalgún Deputado?. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de maio de 1998. ------ Folla: 185,187 2.4241.- MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG SOBRE FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES Sr. Presidente.- Punto 2. Moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego sobre fiscalidade das Comunidades de Montes. Ten a palabra para expoñe-la moción o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. É a pretensión desta iniciativa que esta Institución Provincial pois se pronuncie a nivel de respaldar esta demanda no sentido en que as Comunidades de Montes, organizacións que están a xestiona-los montes en man común do noso país, pois que teñan un réxime tributario especial no sentido de que cando as rendas son reinvestidas no propio monte e en obras cara o ben social ou outro tipo de actuacións de interese social que estean exentas de tributación no IRPF. Esta demanda iniciativa está respaldada pola Federación de Xuntas de Montes da provincia e tráese precisamente aquí a Pleno para que nós como Institución Provincial tamén respaldemos esta proposta. Nun principio nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, buenos días a todos. En principio le tengo que decir que nuestro grupo vota en contra de la moción. Y evidentemente no vota en contra de la moción por su contenido en si o con la filosofía de la moción. Estamos todos absolutamente de acuerdo que todas aquellas rentas que generan las Comunidades de Montes que sean reinvertidas en el propio monte lógicamente tienen que estar y estarán exentas. Y que todas aquellas otras que en vez de reinvertirse en el monte se distribuyan entre los comuneros pues lógicamente que paguen impuestos como cualquier otro ingreso de esas personas. Sin embargo no estamos de acuerdo en la forma y en la oportunidad de la moción. Desde hace meses el gobierno de la Xunta, el Sr. Fraga, el Sr. Orza y el Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, llevan haciendo gestiones con el Ministerio de Economía e Facenda en Madrid para este tema. Usted sabrá que ya se intentó en la Ley de acompañamiento de los Presupuestos del año pasado incluir determinados artículos que recogiesen esta filosofía. Sin embargo al final y por el voto en contra de distintos partidos y quizá porque se hizo con bastante apresuramiento y técnicamente no estaba muy correcta, no se incluyó en la citada Ley. Lo que se pretende en este momento es establecer un régimen fiscal especial para estas comunidades. Pero no una mera declaración de exención o sujeción que sería muy fácil. Usted sabe como yo que en este momento en Galicia hay, yo no recuerdo, lo leí hace mucho tiempo, el número de Comunidades de Montes pero debe de pasar de las 3.000, entre 3.000 y 4.000. De entre estas Comunidades de Montes hay unas muy organizadas, otras poco y otras nada organizadas. El sistema de incluirlas directamente en el régimen del IRPF como sociedades sin transparencia fiscal implicaría un follón para todos los comuneros porque tendrían que declarar todos y cada uno de los comuneros de estas comunidades, no las comunidades en si, los comuneros. Por eso el tema es un tema bastante complejo técnicamente y lo que se está pretendiendo desde la Xunta y con esas reuniones entre la Consellería fundamentalmente de Economía y el Ministerio de Hacienda es establecer ya un régimen fiscal especial, no sólo una declaración de principios, no sólo un ..., un régimen fiscal conjunto, complejo, que abarque ya todo el tratamiento fiscal de las Comunidades de Montes. Esto es lo que pretendemos desde el Partido Popular y por lo tanto en este momento vamos a votar en contra de esta moción y lo que esperamos es que a nivel de Madrid y a nivel de Santiago alumbren ya de una vez un régimen fiscal completo y adecuado para estas comunidades. Nada más. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Penso que das súas palabras, do Portavoz do Partido Popular veñen a respaldar penso que por tódolos conceptos esta iniciativa, é dicir, os argumentos que se poñen sobre a mesa é que precisamente da súa complexidade sexa certo, que se están a face-las xestións pertinentes por parte de Santiago e Madrid, que houbo incluso xa esa posibilidade de incluilo na Lei de acompañamento dos Presupostos deste ano e precisamente non sei se se leu a moción, pero fálase de dirixirse ó Ministerio de Economía e Facenda solicitando o artellamento dun réxime tributario específico para as Comunidades de Montes, onde se fai pois unha referencia a algúns aspectos en concreto. Pero o que me vén a dicir vostede e penso que o Grupo Popular é que hai unha necesidade de regularizar esta situación que é moi complexa, que se están dando os pasos, que se estivo a punto incluso de contemplalo e de plasmalo xa nun acordo e entón pois bueno penso que son neste caso argumentos máis para demandar e reforzar esta iniciativa, quero dicir, a nivel de oportunidade se é que se levan feito xa algunhas xestión e non cheguen por diferentes circunstancias non teñen chegado ó seu froito, ó seu remate, pois seguir incidindo nesa cuestión, evidentemente recoñecendo a complexidade e outros aspectos que hai que ter en conta, é dicir, incluso a nivel doutro debate que se está facendo hoxe sobre a propiedade dos montes, etc., etc., pero vamos, penso que os argumentos que se expuxeron por parte do Grupo Popular pois respaldan esta iniciativa. Non sei porque se vota en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, muy breve, para explicarle, por un mínimo sentido al ridículo, si llevamos ya varios meses negociando con Madrid este tema no tiene sentido que ahora le digamos, Madrid, hay que resolver este tema. Ya lo sabemos, llevamos muchos meses nos van a decir, intentándolo, y se está estudiando y se está avanzando, simplemente por eso, la oportunidad no es ahora, la oportunidad fue cuando empezó el Sr. Fraga y el resto de Conselleiros a tratar este tema en Madrid y ya lo están estudiando desde ese momento y ahora no tiene sentido decirles una cosa que ya la están estudiando. Nos van a decir, si ya sabemos, estamos en esto, estudiándolo, simplemente por eso. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, moi breve, quero dicir que penso que en ese caso é un pronunciamento desa exclusión e penso que unha vez máis se está asociando e confundindo o que é Institución con cuestión partidaria, é dicir, se están a tratar, dende esta Deputación demandamos como Institución sobre ese mesmo, incidimos sobre ese aspecto, é dicir, parece que asociar como sempre Institución con partido e penso que ese non é enfoque, vamos, pero vamos, penso que está claro. Sr. Pedrosa Vicente.- No es confundir con partido, es confundir en todo caso con gobierno. Pero en todo caso lo único que si sería lógico hacer es decir que apoyamos las gestiones que está haciendo el Gobierno de la Xunta ante Madrid para conseguir esto, de acuerdo, si es así si. Otra cosa sería ridículo. Sr. Presidente.- A última proposta do Sr. Pedrosa pódese aceptar. Non. É dicir apoia-las xestións que está facendo a Xunta. Home, eu creo que todos vimos na prensa incluso as declaracións de altos cargos do Ministerio no senso de que efectivamente en principio están estudiando o tema, explicouse aquí cales foron as razóns, e en principio estase no tema, estudiándoo, porque é complexo como se admitiu por parte de todos. De acordo. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Rexeitase. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno acorda por maioría de votos en contra do Grupo Popular e cos votos a favor do PSOE e do BNG, rexeita-la Moción presentada polo BNG sobre Fiscalidade das Comunidades de Montes. ------ Folla: 187,188 3.4242.- MOCIÓN DO BNG SOBRE A DISTRIBUCIÓN DO GAS NATURAL A MARÍN E O MORRAZO Sr. Presidente.- Pasamos ó 3º punto da orde do día. Moción do BNG sobre a distribución do gas natural en Marín e o Morrazo. Sr. Chillón, ten a palabra. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, agardemos que teña resultado diferente porque na Comisión Informativa a anterior proposta contou coa abstención e nun principio co visto bo tácito do Grupo Popular e os resultados pois agora no Pleno foron diferentes. O seguinte punto é sobre a distribución de gas natural a Marín e o Morrazo. Se se recordaran a finais do ano 95 saíra pois eso, neste caso no Diario Oficial de Galicia un escrito, un Decreto, onde pois daba o visto bo, neste caso, á primeira fase de gasificación natural deste país e por diferentes motivos deixaba excluído a Marín, Concello desta provincia, que por cuestións evidentemente técnicas non se lle daba o visto bo a esta cuestión. Este tema plantexouse a nivel de Parlamento e aquí nesta Institución a finais dese ano 95, principios do 96, transcorreron pois neste caso dous anos e medio dende aquela iniciativa que foi respaldada unanimemente por esta Institución e como tal pois pensamos que un tempo suficiente para que se determine e se concretice e se corrixa este defecto que tivo no seu momento. Á parte, paralelamente a esta rectificación, e que Marín pois entrase xa de cheo nesa primeira fase de gasificación natural, valorábase e así tamén esta Corporación no seu momento determinou, de incorporar a toda a Comarca do Morrazo xa que pois no propio proxecto de gasificación había eso, ramais de entrada e de saída nos Concellos de Marín e de Vilaboa. Transcorreron dous anos e medio e nese caso pois volvemos a reincidir sobre a importancia que ten evidentemente o gas natural para esta comarca, para a comarca do Morrazo e para todo o país, para Galicia, por ser pois xa dicimos unha fonte de enerxía moito máis económica e máis ecolóxica e nese sentido pois é instar á Xunta de Galicia ó compromiso de que no prazo de dous meses defina e concrete o calendario de dotación dese servicio enerxético para Marín e para a Comarca do Morrazo. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Estamos fundamentalmente de acordo co que acaba de dicir, e creo senon me equivoco, lamento que non poida estar neste momento o Presidente da Comisión correspondente, creo que se chegou a un acordo unánime que di o seguinte, polo menos foi o que me pasaron a min da Comisión e prégolle que se é así mo diga. Lo leo en castellano por si acaso cometo algún error: Solicitar a la Xunta el diseño de una fase segunda del Plan de Gasificación de Galicia que cubriere aquellos Municipios de mayor población y con más industria de la provincia no incluídos en la primera fase, entre los que estarían la Comarca del Morrazo, pero no en exclusiva, a fin de contar con otros como Redondela, Vilanova de Arousa, etc. Sr. Chillón Iglesias.- Si, como ben comentou a Presidencia na Comisión Informativa chegouse a eso, ó acordo de asumir esta proposta e con esa engádega de tamén respaldar unha segunda fase de gasificación. Bueno, evidentemente a nivel formal que sexa en galego esa proposta e despois era que, bueno non quero plantexa-lo debate porque non se plantexou e entón bueno darlle o visto bo a esta proposta nos termos en que se indica e en galego claro. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la proposta alternativa efectuada polo Grupo Popular á moción do BNG sobre distribución de gas natural a Marín e ó Morrazo, quedando como segue: Solicitar á Xunta o deseño dunha Fase II do Plan de Gasificación de Galicia que cubrira aqueles municipios de maior poboación e con máis industria da provincia, non incluídos na primeira fase, entre os que estarían os da comarca do Morrazo, pero non en exclusiva, a fin de contar con outros como Redondela, Vilanova de Arousa, etc. ------ Folla: 188,190 4.4243.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A LOITA BIOLÓXICA CONTRA A PRAGA DO EUCALIPTUS Sr. Presidente.- Pasamos ó cuarto punto da orde do día. Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación Provincial de Pontevedra para a loita biolóxica contra a praga do eucaliptus. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención do Bloque Nacionalista Galego e a favor o Partido Socialista e o Partido Popular. Visto o acordo da Comisión de Goberno de 28 de maio deste ano, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e coa abstención do BNG, ratifica-lo Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a loita biolóxica contra a praga do eucaliptus. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A LOITA BIOLÓXICA CONTRA A PRAGA DO EUCALIPTUS (Gonipterus scutellatus). En Santiago de Compostela, a ... de .......... de mil novecentos noventa e oito. REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. José Carlos del Álamo Jiménez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por nomeamento efectuado polo Decreto 349/1997, do 9 de decembro, actuando no nome e representación da mesma en virtude das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente. E doutro o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que dende 1991 que foi detectada a presencia dos primeiros exemplares de Gonipterus scutellatus na provincia de Pontevedra, non deixou de expandirse e nestes momentos pódese asegurar que se atopa nas catro provincias da Comunidade Autónoma, afectando a tódalas masas de Eucaliptus globulus e tamén ás doutros eucaliptus como Eucaliptus viminalis e Eucaliptus oblicua. O dano que produce esta praga, tanto no estado larvario coma no de adulto, é unha defoliación máis ou menos importante, que se traduce nunha discriminación do crecemento en volume das masas. Dada a experiencia existente doutros paises que sofriron anteriormente este problema, e o feito de que non se atope ningún producto rexistrado para o tratamento desta praga, queda a loita biolóxica, co parásito do Gonipterus scutellatus, Anaphes nitens, como a única opción nestes intres. SEGUNDO.- Que a Consellería de Medio Ambiente ten entre as súas competencias, de acordo co Decreto 432/1997, do 30 de decembro, a protección e conservación do medio ambiente natural e a ordenación, fomento e mellora da producción, industrialización e comercialización forestal, todo iso consonte ó disposto no Real Decreto 1535/1984, do 20 de xuño, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. TERCEIRA.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, é a única Entidade, pública ou privada, capaz de subministra-lo parásito do Gonipterus scutellatus para levar adiante a loita biolóxica contra dita praga. Por todo isto, ACORDAN Subscribi-lo presente Convenio que se rexirá consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA: Obxecto do convenio.- O obxecto do presente convenio é a entrega á Consellería de Medio Ambiente por parte da Deputación Provincial de Pontevedra de 300.000 ootecas de Gonípterus scutellatus parasitadas de Anaphes nitens, para ser colocadas nos eucaliptares da Comunidade Autónoma de Galicia. SEGUNDA: Duración do convenio.- O presente Convenio producirá efectos dende a data da súa sinatura ata o 30 de xuño do 2001. TERCEIRA: Aportación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.- Durante a vixencia do convenio a Estación Fitopatolóxica do Areeiro comprométese a: 1.- Subministrar á Consellería de Medio Ambiente as seguintes cantidades de ootecas de Gonípterus parasitadas de Anaphes nitens: 1998 50.000 ootecas 1999 100.000 ootecas 2000 100.000 ootecas 2001 50.000 ootecas 2.- Realiza-lo seguimento e control dos niveis de parasitación de Gonipterus scutellatus nas masas onde se realice a colocación das ootecas e presentar un informe anual sobre os resultados da acción, así como a estratexia a seguir. CUARTA.- O financiamento deste Convenio correrá a cargo da Consellería de Medio Ambiente, na cantidade global de TRECE MILLÓNS CINCUENTA MIL PESETAS (13.050.000), con cargo á partida presupostaria 15.02.614-C.604.6, co código de proxecto 15.96.019. A Consellería de Medio Ambiente efectuará a liquidación do pagamento a favor da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra mediante certificacións das entregas das ootecas parasitadas antes do 15 de outubro dos anos 1998, 1999 e 2000 e antes do 30 de xuño do ano 2001. O desglose por anualidades do presuposto de execución será o seguinte: ANO 1998 -Á sinatura do convenio aboarase á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a cantidade de: 3.000.000 pts. -Contra a certificación de entrega das 50.000 ootecas: 1.675.000 pts. -TOTAL ANO 1998 4.675.000 pts. ANO 1999 -Contra a certificación da entrega das 100.000 ootecas: 3.350.000 pts. -TOTAL ANO 1999 3.350.000 pts. ANO 2000 -Contra a certificación da entrega das 100.000 ootecas: 3.350.000 pts. -TOTAL ANO 2000 3.350.000 pts. ANO 2001 -Contra a certificación da entrega das 50.000 ootecas: 1.675.000 pts. -TOTAL ANO 2001 1.675.000 pts. QUINTA.- Establécese unha Comisión de Seguimento do convenio formada por: -En representación da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, o Subdirector Xeral de Montes e Industrias Forestais e un técnico designado por este. -En representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Enxeñeiro Director do Servicio Agrario e o Xefe do Servicio de Fitopatoloxía. SEXTA.- Serán causas de resolución do presente Convenio as seguintes: a) A denuncia de calquera das partes formulada por escrito con tres meses de antelación. b) O incumprimento das cláusulas do Convenio. c) O mutuo acordo das partes. SÉTIMA.- Este Convenio ten natureza administrativa, e rexirase polo seu propio clausulado e no seu defecto polas normas xerais do Dereito Administrativo. OITAVA.- As cuestións litixiosas que poidan xurdir na aplicación do presente Convenio resolveranse perante a Xurisdicción Contencioso - Administrativa. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio en triplicado exemplar no lugar e data indicados ó comezo. ------ Folla: 190,192 5.4244.- APROBACIÓN DA IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS POLO ORAL (ORGANISMO AUTÓNOMO DE XESTIÓN DE RECURSOS DAS ENTIDADES LOCAIS) Sr. Presidente.- Punto 5. Aprobación da imposición e ordenación da taxa por expedición de documentos polo ORAL (Organismo Autónomo de Xestión de Recursos das Entidades Locais). ¿Algunha intervención sobre este punto?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Igual que no anterior. Abstención do Bloque Nacionalista Galego, a favor o Partido Socialista e o Partido Popular. Visto o expediente incoado para a imposición e ordenación da taxa por expedición de documentos polo ORAL (Organismo Autónomo de Xestión de Recursos das Entidades Locais), estando integrada a súa Ordenanza reguladora por dez artigos, con obxecto de establecer unha taxa pola expedición de documentos; e vista a Memoria da Presidencia e os informes emitidos por Intervención que se unen ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e coa abstención do BNG, aprobar inicialmente a imposición e ordenación da taxa por expedición de documentos polo ORAL, que é do teor literal seguinte: ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS OBXECTO DA TAXA Artigo 1º.- Ten por obxecto grava-la expedición de documentos, que leve a cabo o ORAL no ámbito funcional da súa actividade, a instancia de parte. FEITO IMPOÑIBLE Artigo 2º.- Estará constituído pola actividade administrativa desenvolta para a expedición dos seguintes documentos: 1.- Documentos de inscripción catastral. 2.- Documentos de acreditación catastral. 3.- Certificacións de actos, acordos, resolucións e calquera antecedentes. 4.- Compulsa de documentos. SUXEITO PASIVO Artigo 3º.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten os documentos e promovan a actividade administrativa para a súa expedición e formalización. DEVENGO Artigo 4º.- A taxa devéngase e nace a obriga de contribuir coa presentación da solicitude que dá lugar á actuación da Administración para a expedición do documento. EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E BONIFICACIÓNS Artigo 5º.- Por aplicación do artigo nove da Lei 39/88, Reguladora das Facendas Locais, e pola natureza e obxecto do gravame, non se recoñecen exencións, reduccións nin bonificacións para a aplicación desta taxa. CONTÍA DA TAXA Artigo 6º.- A taxa cuantificarase e esixirase consonte á seguinte: TARIFA 1.- DOCUMENTOS DE INSCRIPCIÓN CATASTRAL 1.1. Para a inscripción, cambios de cultivo ou aproveitamento nos bens inmobles de natureza rústica, por parecela 500 pesetas. 1.2. Para a inscripción de unidades urbanas, por cada unha 1.000 pesetas. 2. DOCUMENTOS DE ACREDITACIÓN CATASTRAL Pola suma, no seu caso, das seguintes cantidades: - 500 pesetas por cada documento expedido. - 500 pesetas por cada unha das unidades urbanas ou parcelas rústicas a que se refira o documento, con independencia, neste último caso, do número de subparcelas das que se solicite a súa acreditación. As cuotas dos apartados 1 e 2 fíxanse segundo o previsto no apartado sete do artigo 33 da Lei 13/96, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social, e segundo modificación introducida pola disposición adicional terceira da Lei 53/97, de 27 de novembro. 3. CERTIFICACIÓNS DE ACTOS, ACORDOS, RESOLUCIÓNS E CALQUERA ANTECEDENTES 3.1 Cando a información se refira ó exercicio corrente ou ó anterior 300 pesetas. 3.2 Cando a información se refira a exercicios anteriores, a contía do apartado precedente elevarase en 100 pesetas por exercicio. 4. COMPULSA DE DOCUMENTOS Por cada compulsa 300 ptas. XESTIÓN E INGRESO DA TAXA Artigo 7º.- A xestión da taxa estará a cargo dos servicios administrativos das oficinas Centrais e Periféricas. A liquidación da taxa practicarase por cada oficina en tres ou catro exemplares, do que un exemplar quedará en poder da oficina, outro para o interesado, o terceiro para Intervención-Contabilidade e o cuarto, no seu caso, para a Entidade de Crédito. O ingreso da taxa realizarase na conta bancaria que se determine para cada oficina, facendo constar o ingreso en cada exemplar, co seu código correspondente. Non se entregará ningún documento ó interesado estando gravada a súa expedición coa taxa sen que previamente se xustifique o ingreso da mesma. Para inicia-lo procedemento, os interesados presentarán a correspondente solicitude por escrito, facilitándose a estes efectos nas oficinas o correspondente impreso normalizado. Artigo 8º.- Coa periodicidade que se determine pola Presidencia do Organismo e, en todo caso, con referencia ó 25 de cada mes, o Servicio de Recadación remitirá o estado da recadación habida no período á Intervención-Contabilidade para as comprobacións e anotacións contables que procedan. ENTRADA EN VIGOR E APLICACIÓN DA TAXA Artigo 9º.- A entrada en vigor da taxa terá lugar cando se publique o texto íntegro da mesma no Boletín Oficial da Provincia segundo o artigo 17-4 da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, aplicándose con carácter xeral a partir de 1º de xullo de 1998. A aplicación da taxa pola expedición dos documentos de inscripción e acreditación catastral terá lugar a partir da data en que entren en vigor os convenios que a estes efectos se subscriban cos Servicios correspondentes do Ministerio de Economía e Facenda. Artigo 10º.- En todo o non previsto nesta Ordenanza, serán de aplicación a Lei Xeral Tributaria, o Regulamento Xeral de Recadación, o Estatuto do Contribuinte, a Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, e as súas normas de desenvolvemento. O presente acordo de aprobación inicial de imposición e ordenación desta taxa, exporase ó público a efectos de reclamacións, polo prazo de trinta días hábiles, para a súa posterior aprobación definitiva polo Pleno, unha vez resoltas as reclamacións formuladas, e posterior publicación no "Boletín Oficial" da Provincia para a súa entrada en vigor. No caso de non haber reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. ------ Folla: 192,193 6.4245.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS (SUPLEMENTOS) DO ORAL (ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS) Sr. Presidente.- Punto 6º da orde do día. Segundo expediente de modificación de créditos, suplementos, do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais). ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención do grupo do Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista. Visto o segundo expediente de modificación de créditos (suplementos) do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais), por un importe de SEIS MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E CINCO MIL CINCOCENTAS UNHA PESETAS (6.695.501), motivado á necesidade de ter que realizar diversos gastos e compromisos adquiridos, que por non existir consignación suficiente no estado de gastos, faise necesario suplementa-las correspondentes partidas no Presuposto vixente, sendo financiados os seus suplementos con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible da Liquidación de 1997 polo mesmo importe de SEIS MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E CINCO MIL CINCOCENTAS UNHA PESETAS (6.695.501); e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo as partidas a suplementar polas contías que se indican as seguintes: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 86161148100 Premios becas e pensións de estudio e investigación 2.376.445 86161162301 Maquinaria instalacións e utillaxe 1.665.000 86161162501 Mobiliario e enseres 2.654.056 TOTAL 6.695.501 ------ Folla: 193,197 7.4246.- BASES DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO 1998/99 Sr. Presidente.- Punto 7º da orde do día. Bases de axudas de libros de texto 1998/99. ¿Algunha intervención a estas bases?. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, é sobre a proposta de bases de axudas de libros de texto 98/99, pois nun principio démoslle o visto bo por parte deste grupo provincial e seguimos a da-lo visto bo neste caso á proposta en si. O que si se debatiu bastante a nivel das propias bases, a nivel das circunstancias económicas igual que dese sable, digo consenso e coordinación entre as diferentes administracións para que por parte da Administración Autonómica, Provincial e Municipal onde, pois eso, a consignación tamén para este fin que se puidesen coordinar. No debate que se fixo sobre esas bases a nivel de porcentaxe e incluso de implicación por parte das Institucións municipais e esa cantidade a aportar pola Institución Provincial en función do número de habitantes, quero indicar que no Diario Oficial de Galicia, no Diario Oficial de Galicia deste luns, do luns 22, saíron tamén pois eso, unhas bases para este fin, onde pois neste caso se contempla unha especie de convenio entre a Xunta de Galicia, entre a Consellería de Educación, de Familia, perdón, que é da Consellería de Familia e as propias Administracións Municipais no sentido en que cada un dos Concellos presente unha proposta concreta dunhas bases, dunhas condicións económicas a partir da unidade familiar, e que a propia Xunta de Galicia, a Consellería de Familia dará o visto bo e aportará tamén unha cantidade en función desa proposta, dese proxecto en si. Nese caso pois claro é un pouco diferente ó enfoque que dende esta Institución Provincial se plantexa, nese sentido marca a Institución Provincial unhas condicións económicas onde pois os Concellos se deben adaptar a esas condicións se queren participar neste convenio. Parece ser que hai unha reunión, unha nova reunión que xa houbo unha reunión previa dalgúns equipos de asistentes sociais de diferentes Concellos co propio equipo desta casa, que hai unha nova reunión para o martes 30 e se cadra pois vamos, por suposto, o sentir deste grupo provincial respaldar esta necesidade de que se contemple esa iniciativa pero que pudéramos incluso deixar un pouco a porta aberta a que nesa reunión do día 30, bueno se hai algúns axustes que consideren necesarios que se teñan en conta. Sr. Presidente.- De acordo. Perdón. Ten a palabra Dona Carmen Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Buenos días. Vamos a ver, el grupo de la Diputación del Partido Socialista va a apoyar las bases teniendo en cuenta que esta es una iniciativa que ya en su momento en otros años habíamos planteado nosotros, pues la necesidad de coordinar el trabajo entre las distintas Administraciones es imprescindible. Por lo tanto habiéndose modificado porque sin duda al tener una participación más activa los Ayuntamientos estamos generando una agilidad en el trabajo de los trabajadores sociales de esta Diputación, pues va a mejorar sin duda alguna y va a agilizar el tema de manera que evitemos que un año después se esté dando todavía subvenciones para el curso anterior. Por lo tanto nuestro grupo va a votar pero en este tema tendremos que hacer un seguimiento porque todas las Administraciones deben de participar de una forma mucho más activa y coordinada. No olvidemos que la obligación de los libros de texto es una obligación de nuestro gobierno autónomo y por lo tanto tenemos que ahondar en este tema para que haya más agilización y más recursos que no haya ningún niño de Galicia que se quede sin subvenciones para libros, niños necesitados por supuesto. Por lo tanto entendiendo que hay que ahondar todavía más nuestro grupo va a apoiar las modificaciones que este año contemplan las bases. Sr. Presidente.- Gracias Dona Carmen. Dicir que estamos de acordo co que di o Sr. Chillón no senso de que posto que hai esta reunión pois se se poden enriquecer pois as bases de acordo con todos pois mellor. Non cabe dúbida que poden quedar abertas en ese senso para mellorar, sen cambia-lo substancial diríamos, non, pero pode haber algún que se pode mellorar con aportacións precisamente dos que están ó pé de obra, facendo informes, etc., que son as asistentes sociais dos Concellos, polo tanto non debe haber problema ningún. Segundo, con respecto á coordinación que plantexa tanto o Sr. Chillón como a Sra. Avendaño teño que dicir que persoalmente fixen xestións coa Conselleira de Familia neste senso para poder sacar unha convocatoria única e que non teñan pois por unha parte axudas da Consellería, por outra parte axudas da Deputación, por outra parte loxicamente a participación dos Concellos e quedamos en que para o ano que vén podíamos facer conxuntos e por aí vai cando falaban vostedes da coordinación das distintas Administracións facela conxuntamente, en concreto polo menos para a provincia de Pontevedra. Ben, procedemos polo tanto á votación do punto sétimo. Bases de axudas a libros de texto 1998-99. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade as bases. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axudas para adquisición de libros de texto, Curso 1998/99, con destino a familias con problemática socio-económica e que son as seguintes: AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 98-99, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra preocupada pola situación de emerxencia social na que se atopan moitas familias debido á grave problemática social e económica que presentan e que se fai máis patente cada ano coa posta en marcha do curso escolar, quere convocar axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 98-99, arbitrando unha fórmula de colaboración, entre a Deputación e os Concellos da Provincia, que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar básicamente dous obxectivos: 1. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes e 2. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA 1ª. PRESUPOSTO. A cantidade consignada para este fin na partida 313-313-480.01 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000). 2ª. DESTINATARIOS. Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria. 3ª. REQUISITOS. A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse desta Convocatoria deberán participar na mesma aportando a porcentaxe mínima que lle corresponde en relación á aportación máxima da Deputación. Nº de habitantes/Concello % mínima Concello Aportación máxima da Deputación De menos de 5.000 30% 200.000 ptas. De 5.001 a 10.000 40% 200.000 ptas. De 10.001 a 20.000 50% 250.000 ptas. De 20.001 a 50.000 70% 400.000 ptas. De máis 50.001 100% 500.000 ptas. Nun primeiro momento resolveranse as solicitudes tendo en conta esta aportación máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se gastase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación e así o fixeran constar na proposta remitida á Deputación, seleccionando aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo anexo 2. En calquera caso a previsión da participación dos Concellos estará en función da estimación de axudas que presente cada Concello e a contía total coa que se vai contar será a suma de ámbalas dúas aportacións. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán optar a ditas axudas aqueles alumnos que estando empadroados ou residan nalgún Concello da Provincia reúnan os seguintes requisitos: a) Cursen estudios de Educación Infantil (nivel A). Cursen estudios de Ensinanza Primaria (nivel B). Cursen estudios de ESO nos niveis de 1º, 2º e 3º (nivel C). b) Que estean matriculados ou teñan reserva de praza para o curso 98-99. C) Dos ingresos da unidade familiar Para a valoración do ano 98 teranse en conta os ingresos (semestrais) da unidade familiar, por tódolos conceptos, dende o 1º de xaneiro ata o 30 de xuño, tendo que axustarse á seguinte táboa: Nº de membros da familia Ingresos netos semestrais (ingresos netos medios) a) 2 membros ata 330.000 (55.000 ptas/mes) b) 3 membros ata 408.240 (68.040 ptas/mes) c) 4 membros ata 468.240 (78.040 ptas/mes) d) 5 membros ata 558.240 (93.040 ptas/mes) e) 6 membros ata 678.240 (113.040 ptas/mes) f) 7 membros ata 798.240 (133.040 ptas/mes) g) 8 membros ata 918.240 (153.040 ptas/mes) h) 9 membros ata 1.038.240 (173.040 ptas/mes) Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de vinteseis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente Convocatoria e por ingresos netos os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 40.000 ptas. mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que serán estudiadas en cada caso concreto. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as variables que fundamentalmente se valorarán serán as seguintes: ingresos, situación laboral, número de fillos en idade escolar (terán prioridade as solicitudes para alumnos que cursen estudios en Centros Públicos), outros fillos estudiantes e problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo previamente establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación no baremo establecido ó efecto. 4ª. CONTÍA DAS AXUDAS. En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil 8.000 ptas. Nivel B: Ensinanza Primaria 10.000 ptas. Nivel C: 1º, 2º e 3º da ESO 14.000 ptas. 5ª. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS. A) Aqueles Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación antes do 31 de xullo: a) Certificación do acordo do Pleno ou Comisión de Goberno aceptando as presentes Bases e contía da aportación municipal. b) Proxecto segundo anexo 1. B) As solicitudes, segundo modelo adxunto, presentaranse no Rexistro dos Concellos de vecindade que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo fixado por eles e acompañadas dos seguintes documentos: a) DNI do solicitante. b) Fotocopia do Libro de Familia. c) Declaración da Renda do ano 97 e xustificación da situación económica e laboral do ano 98 de tódolos membros que conviven no mesmo domicilio (unidade de convivencia) dende o 1º de xaneiro ata o 30 de xuño. d) Certificado ou informe de convivencia familiar expedido polo Concello, no que se fagan constar tódolos membros que conviven no mesmo domicilio que o solicitante. e) Xustificación, no seu caso, do aluguer da vivenda ou amortización do préstamo bancario para adquisición da mesma. f) Informe social do/a Traballador/a Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria correspondentes segundo anexo 3. C) Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes nos Concellos, estes remitirán á Deputación como prazo máximo ata o 15 de outubro a proposta de resolución aprobada polo Pleno ou Comisión de Goberno Municipal, procedendo ó propio tempo: a) Á exposición pública das axudas concedidas na que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, DNI, Nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, Estudios que realizan e Puntuación global obtida. b) A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, rematado o cal deberán ser remitidas á Deputación quen resolverá sobre as mesmas. No caso de que aquelas se teñan en conta o Concello afectado deberá facer frente ó pagamento das mesmas. D) A proposta de resolución remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada dos seguintes documentos: a) Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida: - 1º. As solicitudes aprobadas en base a aportación máxima da Deputación. - 2º. Para os Concellos que quixeran facer unha maior aportación: as solicitudes en lista de espera por se non se chegase a gasta-lo presuposto total da Convocatoria. - 3º. As solicitudes rexeitadas especificando a súa causa. b) Informe social individual (anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria. E) Proposta de ratificación, se procede, da Comisión de Acción Social da Deputación á de Goberno para a súa resolución definitiva. 6ª. PAGAMENTO. Conforme se vaian resolvendo as propostas presentadas á Deputación, estas irán transferindo ós Concellos a contía correspondente á aportación máxima da Deputación, quedando as solicitudes con proposta positiva en lista de espera por se non se chegara a gasta-lo presuposto total previsto na presente Convocatoria e fose posible aprobar novas solicitudes segundo o establecido na Base 3ª apartado A). Os Concellos terán que xustificar perante a Deputación o pagamento das axudas ós seus beneficiarios antes do 31 de decembro do presente ano. ------ Folla: 197,201 8.4247.- PROPOSTA DE CONVENIO DE COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE CULTURA PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN DO MUSEO Sr. Presidente.- Punto 8º. Proposta de convenio de cooperación coa Consellería de Cultura para obras de rehabilitación do Museo. ¿Algunha intervención neste caso?. Dicirlles, bueno, supóñome que viron xa o convenio, trátase de rehabilitar e de convertir en dependencias do Museo dependencias anexas ó Fernández López, en concreto refírese ó número 2 e 4 desta rúa e está na liña de expoñer e contar con infraestructura suficiente para expoñer todo aquelo que temos en depósito e que de momento pois non pode estar todo exposto ó público, ou sexa, aquí hai unha aportación ó 50%, diríamos, máis do 50% da Consellería de Cultura, posto que aquí non está contemplado o pago do proxecto que o paga concretamente a Consellería de Cultura. Vamos ás obras diríamos ó 50% pero o proxecto foi encargado por Cultura e págao Cultura exclusivamente. Nada máis. ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo Convenio de Cooperación entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e esta Deputación para realizar obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra por un total de CENTO CORENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (144.000.000), aportando a Deputación 34.000.000 de pesetas en 1998 e 40.000.000 de pesetas en 1999 e autorizando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, coa obriga de consignar ditas cantidades nos respectivos Presupostos. CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, de de mil novecentos noventa e oito. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Jesús Pérez Varela, actuando en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en virtude do seu cargo de Conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2 da resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de cooperación con particulares. E doutra parte, o Excmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de presidente, segundo o disposto no artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e como Presidente do Patronato Rector do Museo Provincial de Pontevedra. Ámbalas dúas partes, no nome e representación que ostentan e coa capacidade legal para este acto, MANIFESTAN: A Xunta de Galicia asume a xestión das funcións sobre patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico en virtude do RD 2434/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, de acordo co establecido no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1.16 da Constitución Española, ámbito competencial desenvolvido na Lei 8/1995, do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia. A teor do disposto na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, compete á Deputación Provincial de Pontevedra presta-los servicios públicos de carácter supramunicipal, creando, conservando e mellorando os servicios que teñan por obxecto os intereses peculiares da provincia (artigos 109 e 118). Nos artigos 195 e 198 da citada Lei de Administración Local de Galicia establécese que as administracións públicas galegas axustarán as súas relacións ós principios de colaboración e cooperación, podendo subscribir convenios de cooperación entre si para a máis eficaz xestión administrativa. Así mesmo, significar que a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 25.2, indica que os poderes públicos garantirán a protección, a conservación e o enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia, obriga que, entre outras actuacións, implica dota-los museos dos medios axeitados para que cumpran as funcións que lle son propias (art. 67.2º da propia Lei). Por mor do proceso de desenvolvemento progresivo que nestes últimos anos tivo o Museo de Pontevedra, do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Organismo Autónomo "Museo de Pontevedra", faise necesario acometer dun xeito inmediato e urxente a súa ampliación, feito imprescindible para a consecución dos obxectivos que ten que cumprir un museo destas características e a rehabilitación integral do inmoble que actualmente ocupa as rúas de Pasantería e Laranxo. A referida ampliación e rehabilitación tense que acometer dun xeito especial, xa que o inmoble actual atópase situado no casco histórico da cidade de Pontevedra, polo tanto as obras teñen que acomodarse ós criterios de intervención en inmobles incluídos no réxime xeral de protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia. Para tal efecto, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e maila Deputación Provincial de Pontevedra, conscientes da necesidade de colaborar na protección, conservación e acrecentamento do patrimonio cultural situado na súa demarcación territorial, subscriben o presente convenio de cooperación, conforme ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é a cooperación conxunta mediante a execución das obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra, o que permitirá deste xeito dotar a este centro de tódolos medios de infraestructura necesaria para cumplir cos obxectivos propios. SEGUNDA.- Que as obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra ascenden a un total de CENTO CORENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (144.000.000). TERCEIRA.- Para o financiamento das obras de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra a que se refiren as cláusulas primeira e segunda do presente convenio a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia aportará, en concepto de axuda financeira, a cantidade total de SETENTA MILLÓNS DE PESETAS (70.000.000). Esta aportación desagrégase nas anualidades que a continuación se relacionan: Aplicación Anualidade Anualidade Orzamentaria 1998 1999 Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo 10.03.357.A.760.0 15.000.000 55.000.000 Así mesmo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, aportará o proxecto de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra, debendo remitir copia á Deputación Provincial de Pontevedra. CUARTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra aportará a cantidade restante do importe establecido na cláusula segunda do presente convenio, é dicir, SETENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (74.000.000), financiados con cargo ós seus orzamentos e co desagregamento de anualidades que se relaciona a continuación: Anualidade Anualidade 1998 1999 Deputación Provincial de Pontevedra 34.000.000 40.000.000 Ademais, a Deputación Provincial de Pontevedra, a través da súa organización, responsabilízase da xestión de tódalas actuacións precisas para levar adiante o obxecto deste convenio, así realizará tódolos trámites preceptivos de carácter administrativo e a contratación das citadas obras de ampliación e rehabilitación, encargándose tamén da supervisión e control dos traballos. Previamente ó inicio das obras obxecto do presente convenio de cooperación, deberá realizarse un control arqueolóxico, encargándose do dito control o Museo de Pontevedra. QUINTA.- O pagamento pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo das cantidades previstas na cláusula terceira, levarase a cabo logo da presentación das certificacións de obra executada, que deberá vir acompañada de certificación do secretario da Deputación Provincial de Pontevedra de ter sido estas aprobadas polo órgano competente. En todo caso, será necesario informe favorable dos servicios técnicos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ó remate das obras. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo transferirá á Deputación Provincial de Pontevedra o importe total das certificacións expedidas, ata agota-la súa aportación en cada anualidade. SEXTA.- Para realiza-lo seguimento e control da execución do obxecto do presente convenio constitúese unha comisión paritaria con dous representantes de cada unha das partes comparecentes, presidida polo Director Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. SÉTIMA.- A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo non asume máis obriga que a de aporta-las cantidades previstas na cláusula terceira do presente documento. A suscripción do presente convenio non conleva por si sóa relación contractual algunha cos profesionais que realicen as actividades obxecto do mesmo. OITAVA.- En toda a publicidade que se dea á execución das obras obxecto do presente convenio deberá facerse consta-la colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, figurando o logotipo correspondente segundo as normas de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. NOVENA.- A vixencia do presente convenio iniciarase a partir do día seguinte ó da súa sinatura e rematará o 15 de novembro de 1999. DÉCIMA.- Sen prexuízo das responsabilidades que resulten esixibles, son causas de rescisión do presente convenio: a) A desviación das aportacións realizadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a outros fins distintos do obxecto do presente convenio. b) O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas. c) O transcurso do tempo estipulado sen que se desenvolva o convenio. UNDÉCIMA.- O presente convenio ten natureza administrativa. As dúbidas que se presenten na súa interpretación e execución serán resoltas pola comisión paritaria encargada do seu seguimento e control e, no caso de que persista a discrepancia, esta será resolta polo Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, resolución que porá fin á vía administrativa e que poderá ser obxecto de recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E, en proba de conformidade cos termos do presente convenio de cooperación, as partes comparecentes asinan e rubrican por triplicado exemplar no lugar e data expresados no encabezamento. POLA CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO, Asdo.: Jesús Pérez Varela POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,Asdo.: Manuel Abeledo López ------ Folla: 201,202 9.4248.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto 9 da orde do día. Recoñecemento de créditos. ¿Algunha intervención neste senso?. O Sr. Pedrosa quere explicar algo. Nada. Procedemos á súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. A abstención do Partido Socialista e do Partido do Bloque Nacionalista Galego. A favor o PP. Vistos os expedientes tramitados para a aprobación e declaración de abono, reintegro de gastos e pagamento de axudas económicas correspondentes a gastos xerados durante exercicios anteriores, considerando os informes incorporados ó expediente, de conformidade co establecido no art. 157 da Lei 39/88, de 28 de decembro, e art. 60 do RD 500/90, de 20 de abril, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, recoñecer crédito por importe de TRES MILLÓNS CENTO TRECE MIL SETECENTAS QUINCE PESETAS (3.113.715), para a atención dos gastos que a continuación se relacionan: A) Axudas sanitarias Obrigatorias: - Fariña Gulías, Laura 5.000 ptas. - Blanco Louzao, José Mª 350.000 ptas. - Torres Calvo, Santiago 5.000 ptas. - Martínez Fontán, Manuel 4.000 ptas. - Sarmiento Peña, Alicia 50.000 ptas. - Abal Sanmartín, Eugenia 105.000 ptas. TOTAL 519.000 ptas. Voluntarias: - Martínez Domínguez, Juan 34.300 ptas. - Sobrado Fraga, José 19.600 ptas. - Puig Pérez-Quevedo, Mª Margarita 9.450 ptas. - Alonso Alvarez, Jesús 12.000 ptas. - Penas Ramos, Ramón 35.000 ptas. - Ruibal Solla, Luis 52.290 ptas. - Rial Gallego, Vicente 12.800 ptas. - Castro Ferro, José Luis 4.000 ptas. - Picallo Tato, Manuel 6.400 ptas. - Carbia Vázquez, José Antonio 56.000 ptas. TOTAL 241.840 ptas. B) Reintegro ó INEM de fondos non utilizados. - Plan de Organización de Arquivos ano 1992 e 1993 82.655 ptas. - Plan de Organización de Arquivos Municipais ano 1997 61.143 ptas. TOTAL 143.798 ptas. C) Complementos por especial dificultade técnica, atrasos: - Núñez Portela, Belén (40%) 5.718 ptas. - Gómez Moldes, Beatriz (40%) 6.272 ptas. - Sartier Boubeta, Bernardo (diferencia grado 5-6) 164.916 ptas. - García Mallo, Alejandro (diferencia grado 5-6) 77.245 ptas. TOTAL 254.151 ptas. D) Atrasos liquidacións horas extras: - Zabaleta Bastos, Francisco 17.712 ptas. E) Atrasos pagas extras: - Del Caño Pereira, Susana 56.925 ptas. - Peña Meijomín, Mª Paz 56.925 ptas. - Taboada Ferradás, Mª Cruz 56.925 ptas. TOTAL 170.775 ptas. F) Liquidacións complementarias Seguridade Social polos correspondentes traballadores/funcionarios: - Taboada Rivadulla, Roberto 124.934 ptas. - Fernández Gómez, Arturo 109.575 ptas. - Gerpe Oreiro, José 1.323.027 ptas. TOTAL 1.557.536 ptas. G) Liquidación finiquito e días pendentes: - Somoza Miguéns, Mª Dolores 59.515 ptas. - Vieitez Vieitez, Concepción 149.388 ptas. TOTAL 3.113.715 ptas. ------ Folla: 202,204 10.4249.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre o 26 de maio e 22 de xuño do 98. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 26 de maio e o 22 de xuño de 1998, e que foron trasladadas ós Portavoces dos Grupos Políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Coñecen perfectamente, houbo unha Comisión especial, extraordinaria, de Vías e Obras, polo tema de urxencia de dous proxectos que creo que se diron na Comisión correspondente onte aínda, con motivo da urxencia, creo que se explicou perfectamente xa na Comisión e en todo caso Sr. Secretario lea os expedientes. Sr. Secretario.- Dos expedientes. El primero, Aprobación inicial del proyecto de la carretera provincial Rubiós - Taboexa, As Neves, pertencente a remanentes del Programa Operativo INTERREG II, exposición al público de tal proyecto, declaración de utilidad pública de la referida obra, solicitud a la Xunta de Galicia de declaración de urgente ocupación y motivación de la urgencia de las expropiaciones que conlleva. Y el segundo, Aprobación inicial del proyecto de carretera provincial PO-4102 Sisán - Ponte Estacas, Ribadumia, de remanentes del POL/1997, exposición al público, declaración de utilidad pública de tal obra, solicitud de la Xunta de Galicia de declaración de la urgente ocupación de los bienes afectados por dicha obra y motivación de las expropiaciones que conlleva. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días. Bueno esto son aplicación de remanentes, xa pasaron polo Pleno, polo menos a primeira, naquel momento votamos en contra por todo como se distribuiu o Plan este, o INTERREG etc., e agora é unha cuestión técnica consecuencia daquelo. Vamos absternos porque bueno se o acordou a Corporación, vamos a manter, bueno hai que facelo e ten urxencia, pois que se faga. E dito esto quería facer un recordatorio que o Sr. Presidente ás veces nolo dixo, que de verdade é agresivo, é absolutamente agresivo, ler Taboeja, Las Nieves e demais, só existe unha forma que é Taboexa e non hai outra. Xa non nos metemos en que a documentación tiña que ir toda no que ten que ir, segundo a ordenanza de Normalización Lingüística, pero bueno eu aquí supoño que aquí se dixo si, si, haberá que darlle orde ós servicios e senón oia, pois devolver un expediente se fai falta ou non sei, meterlle unha sanción a algún por non cumprilo, non o sei. Pero é que esto é unha coña, é reiterado, reiterado, reiterado. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, bos días. Bueno agresivo tamén e Puente Estacas, tamén será Ponte Estacas, que é a seguinte carretera, Rubiós-Taboexa e a seguinte que falamos é Sisán-Ponte Estacas. Bueno, e nós desde logo o Grupo Socialista non pon en dúbida a necesidade de arranxo destas dúas estradas, eu concretamente a de Rubiós-Taboexa a coñezo e é unha que ten un grande índice de siniestrabilidade, é realmente unha sección moi corta e é necesario o seu arranxo. E nós tamén igual que os compañeiros da oposición do BNG votáramos en contra do reparto destes remanentes pero non polas necesidades da estrada senón porque bueno, naquel debate se debatiu en profundidade todo este tema do INTERREG e por eso votáramos en contra. E agora mesmo vámonos abster como case sempre nos abstemos en estas cuestións porque creo que no tema de estradas provinciais este equipo de goberno sigue unha política de improvisación e cando digo de improvisación e porque o famoso Plan Provincial de Estradas, deben estar aínda niso, supoño que están niso, e levan xa moitos meses e levan anos niso e o Plan Provincial de Estradas non sae para adiante. Entón nós mentres non haxa uns criterios obxectivos e con rigor de por que se arranxan unhas e non se arranxan outras, e estou pensando en criterios de que unan núcleos de poboación, densidade de tráfico, etc., etc., pois nos vamos abster e sen por en dúbida, xa digo, e que quede absolutamente claro que non poñemos en dúbida a necesidade de que estas sexan arranxadas pero ó mellor hai outras que poden ter prioridade se ese plan provincial con criterios obxectivos estivera feito. E despois tamén o tema, seguimos na mesma, no de por sistema solicitar da Xunta a urxente ocupación, eu non sei se neste caso é necesaria ou non, se hai negociacións cos veciños ou non, xa temos a experiencia de que bueno, cando solicitamos a urxente ocupación nalgún caso nos veu de volta denegándoa. Entón eu creo que o primeiro sería tratar de negociar con todos, cada un dos veciños, e despois se é necesario pois utilizar esta urxente ocupación, pero non tomala como sempre se toma por sistema. E nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Presidente. Efectivamente como dicía ningunha obra humana é perfecta. Entón o que facemos aquí na Deputación non podemos considerar nunca que sexa perfecto. O que intentamos con toda a boa vontade é de mellorar dentro do posible o que é mellorable. Neste caso por exemplo, e máis D. Efrén dicíao antes a vía Rubiós-Taboexa presenta unha alta siniestrabilidade, a accidentalidade do terreo, a orografía pois propicia por unha banda que sexa unha obra cara e por outra banda que sexa absolutamente necesaria. E un terceiro punto que incide nesto é que unha parte desa obra xa está feita, está sensiblemente mellorada, e queda a súa continuación. O outro día cando explicábamos na Comisión Informativa dicíase que quedaban aproximadamente para facer, queda algo máis. É dicir, a estrada vén medindo aproximadamente 7km. dos que está feito un e medio e que xa foi participado por tres plan distintos. E agora con este frente ó que dicíamos o outro día que se podían facer catro non, no proxecto contempla soamente dous, dous quilómetros que veñen a custar pois eso, máis de cento quince millóns de pesetas. Pero ¿por que tal custe?. Pois o custe débese fundamentalmente ó que dicíamos antes, á accidentabilidade do terreo e sobre todo pois a que haxa que construir por un lado valo de contención e por outro lado valo de sostén, porque é unha vía que vai construída pola falda dunha montaña. Entón por eso dicía o alto custe que vén custando aproximadamente xa vos digo máis de cincuenta millóns de pesetas por quilómetro. Se a Deputación
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota