ATOPO
Registros actuales: 1.625.193
Objetos digitales disponibles: 504.759

Acta de sesión 2000/03/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/1.2000-03-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2000/03/31_Ordinaria

  • Data(s) 2000-03-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de marzo do ano 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta e un de marzo do ano dous mil, baixo a Presidencia do Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin o Sr. Deputado D. Cesáreo Mosquera Lorenzo, quen escusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión do Pleno ordinario do día de hoxe, 31 de marzo. Primeiro, escusa-la asistencia do Presidente por estar levando a cabo uns recoñecementos médicos estes días e non pode estar aquí con nós. Esperemos que estea pronto aquí xa connosco. 1.4462.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro punto é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de febreiro. Apróbase por unanimidade. Sra. Millán González.- Quería desculpar tamén a ausencia do compañeiro César Mosquera que está hospitalizado tamén. Sr. Presidente.- Pois moi ben e que se reincorpore pronto. Gracias. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de febreiro do ano 2000. ------ Folla: 2.4463.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS DO ORAL (Nº1/2000) Sr. Presidente.- Segundo punto. Expediente de modificación de créditos extraordinarios do ORAL (nº 1/2000). En principio é dunha contía pequena; son 600.000 pesetas de transferencias e 3.400.000 de anticipos de pagos de persoal xa estipulados no seu día no convenio colectivo. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. Visto o expediente de modificación de créditos nº 1/2000 do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais), por un importe de CATRO MILLÓNS DE PESETAS (4.000.000), motivado á necesidade de ter que atender a solicitudes de anticipos de pagas ó persoal nos termos de equiparación ó da Deputación, así como para transferencia con algún Concello, para os que non existe crédito suficiente nas partidas correspondentes, sendo preciso dotar un crédito extraordinario para este fin, sendo o seu suplemento financiado con cargo ó remanente de Tesourería resultante da liquidación do exercicio de 1999; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade aprobar dita modificación presupostaria e os recursos para o seu financiamento, coa inclusión dun crédito extraordinario para as expresadas finalidades e polos seguintes importes: PARTIDA DENOMINACIÓN CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2000/861.611.46200 Transferencias a Concellos 600.000 2000/861.611.83006 Anticipos de pagas ó persoal 3.400.000 TOTAL SUMA 4.000.000 O dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, será exposto ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 3.4464.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS POLO ORAL Sr. Presidente.- Punto 3 da orde do día. Modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos polo ORAL. Ten a palabra D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Presidente. Esta modificación de la ordenanza reguladora de la taxa por expedición de documentos es debida a las funciones asumidas por el ORAL en materia de inspección y alteración catastral. Supone mantener exactamente los mismos precios que tiene en estos momentos Hacienda, y que son por el modoo 750, 40 ptas., y por el modoo 901, 75 ptas. Es algo que había que hacer puesto que ahora esos documentos se expiden en el propio organismo autónomo. No consiste más que en eso, esa única modificación, en poner esas dos nuevas tasas a esos dos documentos. Sr. Pazos Docampo.- O Bloque xa deu o seu voto afirmativo na Comisión e mantén o voto neste Pleno. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Votos a favor?. Unanimidade. Entón apróbase por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora da taxa de expedición de documentos do ORAl. Visto o expediente incoado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos polo ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais), no que respecta á tarifa do seu artigo 6º, incorporando un novo apartado baixo o nº 5 co seguinte contido: "5.- Entrega de impresos para a inscripción e alteración catastral. 5.1.- Por cada xogo do impreso de inscripción catastral, modoo 750, 40 ptas. 5.2.- Por cada xogo do impreso de declaración de alteración do titular catastral de Bens Inmobles, modoos 901 e 903, 75 ptas." e vista a proposta da Dirección e do Consello de Administración do ORAL, e o informe emitido por Intervención que se unen ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade aprobar inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos polo ORAL nos termos que anteriormente se expresan. O presente acordo de aprobación inicial da modificación desta taxa exporase ó público a efectos de reclamacións polo prazo de trinta días hábiles, para a súa posterior aprobación definitiva polo Pleno unha vez resoltas as reclamacións formuladas, e posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia para a súa entrada en vigor. En caso de non haber reclamacións este acordo considerarase elevado a definitivo. ------ Folla: 4.4465.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN OU ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Punto 4 da orde do día. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan ou actividades que se realizan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Si, Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Presidente. Es una modificación en dos apartados, uno de ellos el que es internado y estancias en el "Príncipe Felipe", donde la estancia completa de todo el mes pasaría a tener un precio de 57.000 ptas.; por media pensión 36.750 ptas.; y luego para estancias individualizadas, donde se desglosa en desayuno, comida, merienda, cena y alojamiento. Y después es una nueva tabla de lo que serían venta de productos en cafetería, en el que se modifican pequeños matices en lo que son los productos típicos de la cafetería do Príncipe Felipe. Sr. Presidente.- ¿Votos a favor?. ¿Abstención?. Abstención o Partido Socialista. A favor o Partido Popular. ¿E o Bloque Nacionalista Galego? Sr. Pazos Docampo.- É que necesitamos que nos explicara por que a subida de casi o 100% nas estancias, medias estancias e estas cuestións, claro. É que a subida é case do 100%. Sr. Presidente.- Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- La única explicación es que es el propio servicio quién lo pide y evidentemente los precios eran irrisorios. En este momento la estancia sería de 57.000 ptas., lo cuál está suponiendo que los nuevos precios son 125 ptas. por el desayuno; 550 ptas. por la comida; 125 ptas. por la merienda; 300 ptas. por la cena; y el alojamiento 800 ptas. Es decir, a pesar de esa subida que puede parecer mucho, seguimos hablando de unos precios irrisorios, precios que yo dudo mucho que cubran simplemente los gastos. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Pazos Docampo.- A cuestión é que, sen cuestionar que se poida cubri-lo custo, que non se poida cubri-lo custo, o que non ten razón e non é defendible é que de repente se duplique o prezo de ningunha taxa. Se o prezo estaba fóra de contexto, o que si deberá subir é cada ano, se está fóra de prezo. O que non ten razón é que de repente un ano para outro se duplique o prezo. Nós non podemos apoiar estas subidas, témolo claro. Sr. Presidente.- Bueno, en principio dicir que é unha actualización. Quizáis ó mellor se debeu actualizar ano a ano, probablemente, pero neste caso se quixo facer unha actualización global e cremos que, tal e como dicía Juan Luis Pedrosa, son prezos razonables. Incluso vamos a ver se con eses prezos defendemos o custo da actividade. Polo tanto, eu creo que esto está máis que debatido. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O PSOE. A favor o Partido Popular. Vista a Memoria da Presidencia a proposta da Administración da Cidade Infantil "Príncipe Felipe"; vistos os informes emitidos por Intervención que se unen ó expediente, así como o dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e o voto en contra do Grupo do BNG, prestar aprobación á modificación da Ordenanza Reguladora da taxa polos servicios que se prestan ou actividades que se realizan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", polo que se modifica o artigo 5º, "Cuota Tributaria", no que respecta á tarifa nos seus apartados I "Internados e Estancias" e III "Venta de productos na cafetería", sendo a súa nova estructura e importes, que figuran na folla anexa a dita ordenanza, os seguintes: Apartado I "Internado e Estancias".- 1.1.- Por estancia completa, ó mes 57.000 ptas. (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2.- Por estancia en media pensión, ó mes 36.750 ptas. (almorzo, cea e aloxamento) 1.3.- Estancias individualizadas: 1.3.1.- Pensión completa, ó día 1.900 ptas. Desglose da pensión completa: - Almorzo, ó día 125 ptas. - Comida, ó día 550 ptas. - Merenda, ó día 125 ptas. - Cea, ó día 300 ptas. - Aloxamento, ó día 800 ptas. 1.4.- Por utilización das instalacións de comedor e cociña 335 ptas. (cada persoa) 1.5.- Por utilización de aulas, por hora ou fracción 1.100 ptas. 1.6.- Por utilización de auditorium, cada sesión 11.050 ptas. Apartado III "Venta de productos na cafetería".- REFRESCOS PREZO BOCADILLOS PREZO Cerveza Heineken bote 150 ptas. Xamón 175 ptas. Cerveza 1/3 Heineken 125 ptas. 1/2 de Xamón 90 ptas. Cerveza 1/3 (Águila) 100 ptas. Tortilla 125 ptas. Cerveza 1/5 (Águila) 75 ptas. 1/2 de Tortilla 75 ptas. Cerveza Heineken 1/5 100 ptas. Queixo 125 ptas. Sidra 100 ptas. 1/2 Queixo 75 ptas. Bitter sen alcohol 100 ptas. Mortadoa 100 ptas. Coca-cola botella 100 ptas. 1/2 Mortadoa 50 ptas. Coca-cola bote 100 ptas. Chourizo 125 ptas. Tónica 100 ptas. 1/2 Chourizo 75 ptas. Kas bote 100 ptas. Salchichón 100 ptas. Zumes 75 ptas. 1/2 Salchichón 50 ptas. Mosto 1/2 75 ptas. Tortilla e xamón 200 ptas. Auga mineral 1/4 50 ptas. 1/2 Tortilla e xamón 100 ptas. Té e manzanilla 50 ptas. Xamón con queixo 200 ptas. Té con leite ou limón 60 ptas. 1/2 de xamón e queixo 100 ptas. Café só 75 ptas. Chourizo e queixo 150 ptas. Café cortado 75 ptas. 1/2 de chourizo e queixo 90 ptas. Café con leite 75 ptas. Salchichón e queixo 125 ptas. Café dobre c/leite 90 ptas. 1/2 Salchichón e queixo 75 ptas. Descafeinado 75 ptas. Membrillo 100 ptas. Descafeinado dobre 90 ptas. 1/2 Membrillo 50 ptas. Croissant 75 ptas. Membrillo e queixo 125 ptas. Croissant c/queixo 100 ptas. 1/2 Membrillo e queixo 75 ptas. Croissant c/xamón 175 ptas. Salchichón extra 150 ptas. Croissant queixo e xamón 200 ptas. 1/2 Salchichón extra 85 ptas. Magdalena 25 ptas. Taquitos 50 ptas. Sobre estes prezos aplicarase, no seu caso, o tipo de gravame correspondente do IVE. Estas modificacións entrarán en vigor unha vez se produza a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O presente acordo da aprobación inicial da modificación desta taxa exporase ó público por prazo de trinta días hábiles no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da provincia, a efectos de reclamacións, para a súa posterior aprobación polo Pleno, unha vez resoltas as reclamacións formuladas. No caso de non haber reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo e entrará en vigor unha vez se produza a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2000. ------ Folla: 5.4466.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO, DENTRO DO VIXENTE PRESUPOSTO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto 5. Primeiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente presuposto provincial. D. Juan Luis Pedrosa ten a palabra. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Presidente. Es una modificación de créditos, la número 1 do año 2000, que asciende a un total de 42.958.610 ptas. y, pasando a desglosarla, la mayor parte de ella son reconocimientos de créditos, es decir, facturas correspondientes al año 99 presentadas después de haber sido cerrado el ejercicio. Las dos partidas quizá más importantes serían: 8.000.000 de pesetas para viajes de la 3ª Edad, partida que se viene aplicando año tras año y que este año, por olvido, no se tuvo en cuenta cuando se elaboraron los presupuestos, Y con casi el 50% de esta modificación, 20.013.800 ptas., que son inversiones en la Escola de Canteiros. Hay otra partida de 2.000.000 de pesetas de modificaciones en lo que es el propio Palacio Provincial, en el Servicio de Vías y Obras. Y el resto son todas ellas pequeñas cantidades. Hay otra importante en el apartado de Cultura, Juventud y Deportes, que son facturas do 99 por valor de 4.900.000 ptas. Y la última, de 1.291.358 ptas. que es para el pago de las sentencias que fueron condenatorias a esta Diputación de lo que era el Imposto de Tráfico de Empresas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Está claro que nós non apoiamos o presuposto provincial e loxicamente non podemos apoiar modificacións de crédito dentro do presuposto provincial. En todo caso, eu quería recordarlle ó Presidente da Comisión aquel alarde que fixera no Pleno dun presuposto con inclinacións sociais. Tantas eran que se esqueceron dos 8.000.000 de pesetas das viaxes da 3ª Idade e agora o corrixen. No demais, o recoñecemento de facturas do 99 é bastante normal; pero, como dicía antes, nós non apoiamos o presuposto e polo tanto vamos absternos nesta modificación de crédito. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Con respecto a esto estábamos vendo un pouco as iniciativas que había por parte dos Concellos para este tema da 3ª Idade, porque é un convenio que facemos con aqueles Concellos que queiran subvencionar prazas para viaxes da 3ª Idade e nestes momentos hai unha demanda por parte dalgúns Concellos e por eso se trouxo agora. Xa o ano pasado se fixo da mesma forma, porque se os Concellos non colaboran é imposible podoo levar adiante. E en principio hai unha serie de Concellos que piden que se volva a facer este plan, que tivo moito éxito en anos precedentes e vamos a poñelo en marcha de novo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. PSOE e Bloque. A favor o Partido Popular. Visto o primeiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de CORENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS CINCUENTA E OITO MIL SEISCENTAS DEZ PESETAS (42.958.610), sendo desta cantidade para créditos extraodinarios 40.653.610 pesetas e para suplementos de créditos 2.305.000 pesetas, motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente presuposto, financiándose o expediente con cargo a parte do remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención dos Grupos Socialista e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos, o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 2º Gastos en bens correntes 19.689.810 0 4º Transferencias correntes 200.000 0 6º Inversións reais 20.763.800 2.305.000 TOTAL 40.653.610 2.305.000 Este expediente presenta, resumido por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 19.689.810 Capítulo 4º Transferencias correntes 200.000 Capítulo 6º Inversións reais 23.068.800 Total expediente de modificación de crédito 42.958.610 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 6.4465.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto 6 da orde do día. Comunicacións. Sr. Secretario.- Como siempre, darles cuenta de las Resoluciones Presidenciais dictadas entre el 22 de febrero y el 27 de marzo de este año, que se han remitido ya a todos los grupos políticos. Y después de esta fecha do 27 de marzo, hay dos Resoluciones Presidenciales más, una do día 28 y otra do día 29, en virtud de las cuáles, ante la ausencia do Sr. Presidente, se doegó en el Sr. Louzán la representación de la Corporación en la Junta General de accionistas de XESTUR que tuvo lugar anteayer; y otra por la cuál el Presidente, por estos motivos, doega todas sus atribuciones hasta que se reincorpore a su cargo en el Sr. Louzán. Nada más. Sr. Presidente.- Si. Sr. Araujo Quintas. Sr. Araujo Quintas.- Sr. Presidente, se me pode aclarar, atopo aquí, no apartado de Resolucións, unha que me chama especialmente a atención, quizáis polo pintoresca da mesma. E entón quería saber se esto é normal ou incluso se é que se poidera prescindir deste gasto que o meu entender me parece un pouco superfluo, e é a partida que fala de 1.300.000 ptas. para a compra de dous traxes para maceiros. Paréceme un pouco anacrónico eso e ó mellor igual estaría ben en empezar a pensar en suprimir esa figura e polo tanto o gasto que conleva. Sr. Presidente.- Pero vamos a ver, ¿esto en relación a que punto é?. Sr. Araujo Quintas.- Si, é no punto de comunicacións, nas Resolucións da Presidencia. Sr. Presidente.- Dentro das propias Resolucións, que aparecen na copia das Resolucións. Sr. Araujo Quintas.- ¿De que están feitos eses traxes?, porque son dous traxes e valen 1.300.000 ptas. Sr. Presidente.- Si, é algo que esta Institución ten dende fai moitos anos e se renovaron este ano. O custe é bastante importante porque leva un bordado en ouro. Conta cos maceros a Deputación Provincial de Pontevedra supoño que dende a súa fundación. Eu entendo que ogallá fora menos, pero supoño que se pedirían as ofertas pertinentes. Eso é todo o que podemos contestar neste momento. Gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o día 22 de febreiro e o 27 de marzo do ano 2000, e que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 28 de marzo de 2000, doegando a representación da Corporación Provincial na Xunta Xeral de accionistas de XESTUR PONTEVEDRA, SA, que se celebrará o día 29 de marzo, no Vicepresidente da Deputación D. Rafael Louzán Abal. C) De Resolución Presidencial de data 29 de marzo de 2000, doegando as atribucións da Presidencia, dende esta data e ata a súa reincorporación, no Vicepresidente da Deputación D. Rafael Louzán Abal. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa declaración de urxencia tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 7.4466.- MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA E NO SEU NOME O DEPUTADO D. ALBERTO GARCÍA GARCÍA, EN RELACIÓN COA PONTE DE CATOIRA Sr. Presidente.- Vamos a ver. O punto 7 da orde do día é Rogos e preguntas. ¿Algún rogo?. Sr. García. Sr. García García.- Vamos a ver Sr. Presidente. O día 8 de febreiro presentouse unha moción do Grupo Socialista referente á Ponte de Catoira. Resulta que a desculpa de non levalo a ese Pleno foi que a moción se perdera aquí na casa. O 25 de febreiro volvémola a presentar e agora temos a sorpresa de que non volve a ir ó Pleno. Entón optamos a ver se pode ir por urxencia. Pediríalle que debido á situación na que está a Ponte de Catoira, que é unha preocupación non soamente dos de Catoira nin deste Deputado, senón dos dous lados da ría de Arousa e do río Ulla, a ver se se pode levar por urxencia. Quero dicir tamén que as mocións ou se aproban ou non. Ou sexa, que se un non quere dicir que non porque a moción está debidamente motivada, hai que dicir que si. Sr. Presidente.- Ben. Eu quero dicir con respecto a esto que creo que aínda que non se debatiu a moción en si, xa aportamos cal era a situación real desta obra. Esta obra foi vista no seu día e os técnicos dixeran que en principio ofrecía seguridade. O estado da mesma non é o adecuado, estamos totalmente de acordo. En principio, pola nosa parte ó mellor tampouco había ningún problema en aproba-la moción se modificamos algunhas cousas. O que piden os veciños e o que pide todo o mundo é que a obra se faga que é o que realmente importa. Aquí comentades xestionar coa Consellería. É algo que xa se está facendo, o que pasa é que aínda non se concretou coa Consellería nin coa Deputación da Coruña. E despois poñedes que se executen as obras no ano 2000. É ó mellor unha utopía dicir que se poidan executar, por min encantado e ogallá fora así, pero sabemos que é unha inversión moi forte o cal este ano é difícil acometela pola propia Deputación e por outros organismos que poidan colaborar. Polo tanto, pola nosa parte estaríamos dispostos a aprobar o primeiro punto, pero non o segundo, non vamos aprobar algo do cal ó mellor vamos a comprometernos aquí e despois non se pode levar a cabo a súa execución. Estamos todos dispostos e entendemos que é unha obra prioritaria, afecta ás dúas Deputacións, Coruña e Pontevedra, é unha ponte moi transitada, unha obra moi necesaria e para eso estamos negociando precisamente que se faga un proxecto definitivo e que se leve a cabo esta mellora. Esto foi o que comentamos xa na vez pasada no Pleno. Se queredes aprobamos aquí que se xestione perante a Consellería e a propia Deputación da Coruña a urxencia en buscar unha solución e un convenio axeitado para que o antes posible, eso non quere dicir que sexa neste ano, se leven a cabo estas obras. Sr. García García.- Bueno, eu proporíalle que o Grupo Socialista pode incluso modifica-lo segundo punto do acordo, dicindo ata o 2001, ou sexa, que a obra se realiza o máis tardar no 2001. Sr. Presidente.- Eu creo que temos tanto interese todos, tanto vós coma nós, en mellorar esa ponte. Polo tanto, se todos acordamos aquí xestionar e poñe-los medios suficientes para que neste mesmo ano se redacte o proxecto, e que se intente executa-la obra no prazo máis breve posible, eu creo que todos aceptaríamos. É o máis razonable. Sr. García García.- Bueno, pois primeiro haberá que someter a votación a urxencia, e que o punto dous quede como está redactado pero sen data. Sr. Presidente.- De acordo entón. ¿Aprobamos a urxencia desta moción?. Fóra da orde do día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Entón o texto quedaría tal é como está aquí: xestionar coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación da Coruña a aportación económica para este proxecto. E que se redacte neste ano 2000 o proxecto da obra. Eso sería practicamente o texto, ou sexa que neste ano se redacte e se tomen as medidas para que se execute a obra no período máis breve posible. ¿De acordo?. Aprobamos por unanimidade entón eso. ¿De acordo?. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-la devandita Moción sendo o seu texto o seguinte: MOCIÓN A ponte interprovincial de Catoira-Rianxo, construída polas Deputacións de Pontevedra e A Coruña é unha das vías de comunicación máis importante das dúas provincias xa que as une nun punto estratéxico e socio - económico de relevancia en Galicia como son as Comarcas do Barbanza, Salnés e Ulla-Umia (Caldas) dándolle acceso á Autopista do Atlántico así como ó FFCC Coruña-Vigo á Comarca do Barbanza. Dende hai anos, esta ponte atópase en abandono total de conservación chegando a un deterioro de construcción importante achacable ás administracións das que depende. Aínda tendo en conta que a Deputación de Pontevedra é a que por sí sóa, no ano 1999, encargou á Empresa Torroja Oficina Técnica, S.A., a análise e feitos técnicos da Ponte, do que se desprende que dende o punto de vista da seguridade -débese entender da mesma ponte- é aceptable, salvo a excesiva deformación do vano central, onde á marxe desta apreciación observáronse: fisuras e avispeiros, corrosión nas armaduras, rótula central, etc. O que non recolle o referido estudio é a inseguridade da circulación de vehículos que provocan ditas anormalidades, como o demostran os constantes accidentes, xa que a deformación do vano central chega a tal límite que os vehículos que se cruzan non chegan a verse ata o instante en que o fagan. Agravándose este feito cando chove ó almacenarse grandes cantidades de auga na propia ponte. A perigosidade na saída Isorna-Rianxo é moi alta, xa que existe un cruce-rotonda impropio dos tempos en que nos atopamos, que non fai máis que estimular tamén accidentes. É incomprensible a aptitude dos responsables da Deputación da Coruña nos derradeiros catros anos, non querendo afronta-las solucións a estes problemas. Aptitude que nos consta, cambiou cos novos responsables desa institución, os cales se mostraron dispostos a afronta-la situación. O orzamento estimado das obras a efectuar ronda os 500 millóns de pesetas. Tendo en conta todo o anterior é polo que se propón ó Pleno tome o seguinte ACORDO 1. Xestionar coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación da Coruña a aportación económica ó proxecto no ano 2000. 2. Que por mediación dunha convocatoria de concurso de proxecto e obra, se proxecten as obras contempladas no estudio de José A. Torroja Oficina Técnica, SA., á maior brevidade posible. ------ Folla: 8.4467.- COMPROMISO DE POSTA A DISPOSICIÓN POLA DEPUTACIÓN, EN FAVOR DA CPTOPV DOS TERREOS PRECISOS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE ENSANCHE E MELLORA DAS ESTRADAS PO-4513 (TRAMO PORTONOVO - ADINA), PO-4503 (TRAMO C-550-AIOS), E ENLACE DA C-550 COA PO-4503 [SANXENXO] Sr. Presidente.- Fóra da orde do día temos tamén algo que xa aprobamos nunha Comisión Informativa urxente. Creo que xa foi explicado alí. É algo tamén importante, sobre todo no que se refire á mellora de estradas provinciais, e afecta a tres estradas provinciais no Concello de Sanxenxo, para o cal se ten prevista unha inversión de 537.000.000 de pesetas. Temos unha colaboración excepcional por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e vamos a asinar un convenio para esta mellora en tres estradas provinciais que son: Proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada PO-4503, treito C-550 - Aios); Proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada enlace C-550 coa P0-4503; e Proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada PO-4513, treito Portonovo - Adina. Xa había un protocolo por parte da Consellería e da Deputación para a mellora destas estradas e o que hoxe vamos acordar aquí é o compromiso de posta a disposición dos terreos para levar a cabo estas obras. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade esta mellora nestas tres estradas provinciais. Con obxecto de levar a cabo a formalización do Convenio de colaboración entre a Consellería de Políticia Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra para a execución das obras de "Ensanche e mellora das estradas PO-4513 (Tramo Portonovo - Adina), PO-4503 (Tramo C-550 - Aios), e enlace da C-550 coa PO-4503", e de acordo co clausulado do referido convenio, o Pleno acorda por unanimidade adquiri-los seguintes compromisos: 1.- Compromiso de posta a disposición, libres de cargas e gravames, de tódolos terreos, incluso servicios afectados, necesarios para a execución das obras obxecto do convenio. 2.- Compromiso de concesión dos correspondentes permisos e autorizacións para execución das obras. 3.- Compromiso de asumir, unha vez recibidas as obras, a explotación e conservación das mesmas. Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para posibles actuacións que se deriven do expediente. ------ Folla: 9.4468.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES NO CONSELLO PROVINCIAL DE SERVICIOS SOCIAIS Sr. Presidente.- Tamén fóra da orde do día. Para proceder á renovación dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais, de acordo co disposto no artigo 16 do Decreto 336/1994, de 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993 do 14 de abril de Servicios Sociais, deberá a Deputación designa-lo seu representante no respectivo Consello Provincial así como a un suplente. Esto é da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e neste caso se propón ó Presidente da Comisión de Promoción de Emprego e Acción Social, que é D. Juan Corra,l e un suplente que neste caso se propón a D. César Pérez Ares. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Os Grupos do PSOE do BNG. ¿A favor?. O Partido Popular. A proposta da Presidencia acórdase por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, designar representante titular da Deputación no Consello Provincial de Servicios Sociais ó Deputado D. Juan Manuel Corral Pérez, e representante suplente ó Deputado D. César Augusto Pérez Ares. ------ Folla: 10.4469.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos. Sr. Araujo Quintas.- Si. Eu teño varias preguntas Sr. Presidente. Este é un tema que xa é a terceira vez que traio aquí e como entendo que está sen resolver pois vou seguir insistindo. Ben, vostedes saben que no Concello de Gondomar dende hai máis de tres meses esta Deputación rematou a construcción dun vial que une a parroquia de Donas coa estrada Ramallosa - Gondomar e tamén rematou unha ponte sobre o río Miñor que é necesaria para ese vial. Entón as miñas preguntas son as seguintes: A primeira é: ¿cales son os motivos que ó día de hoxe impiden que aínda non se abrise ó público o devandito vial e a devandita ponte?. Sr. Presidente.- Ponte, vial, titulas ¿como?, Donas-Mañufe ou ¿como é?. Sr. Araujo Quintas.- Non, carretera Ramallosa - Gondomar, parroquia de Donas. É unha obra feita pola Deputación. A segunda pregunta é se é normal que a Deputación de Pontevedra gaste máis de 62.000.000 de pesetas nunha obra para despois tela inutilizada meses e meses sen da-lo servicio que en teoría xustificou a súa construcción. Sr. Presidente.- ¿Estamos falando da mesma obra?. Sr. Araujo Quintas.- Si, si, é relacionado todo. E a terceira pregunta relacionada coa mesma obra é cal é a situación legal con respecto por exemplo a Augas de Galicia, modificación do Plan Xeral de Gondomar e a propia licencia do Concello. Estas tres preguntas, xa digo, relacionadas con ese vial. A última pregunta ten que ver con outro tema, e sen entrar tamén nas facultades que a Presidencia ten neste asunto, non é menos certo as facultades que tamén temos os Deputados neste caso para fiscalizar ó Goberno. E a pregunta é a seguinte: ¿existe algún tipo de relación contractual entre esta Deputación e a ex-alcaldesa da Guarda Dona Purificación Alvarez?. E se existe, que tipo de contrato é. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Con respecto ó primeiro, Ramallosa-Gondomar, agora tería que averiguar exactamente en que situación se atopa. Eu estivennas alí vendo e como xa expliquei un día me alegro de que sexa Gondomar un dos afortunados na mellora de estradas provinciais. Neste caso, Ramallosa-Gondomar, fixéronse inversións importantes. Verei e informareime agora mesmo de como está a través do Enxeñeiro. E hai unha terceira cousa que me preguntabas, que xa me preguntaches a outra vez, con respecto ó tema de Augas de Galicia e todo eso. Nós aí non pintamos absolutamente nada. En todo caso haberá que preguntarlle a Augas de Galicia, ó Concello porque no nos vincula para nada o que é o tema da nosa mellora da estrada. Polo tanto eso haberá que preguntalo directamente no Concello. Vostede é Concelleiro dalí e creo que pode preguntalo directamente no Concello. E con respecto ó primeiro interesareime a ver cal é o motivo de que non estea aínda rematado. O que pasa é que se foron ampliando en varias fases porque, como vostede sabe, non podemos expropiar como queremos e foron chegando a acordos puntuais cos veciños e por eso é un pouco o retraso. En relación á outra pregunta, con respecto á ex-alcaldesa da Guarda, en principio figura como Asesora na Comisión da Muller da propia Institución provincial e ten un contrato, que foi aprobado no seu día no Presuposto unha partida para esta contratación. ¿Algunha pregunta máis?. Sra. Abelairas Rodríguez.- Eu quería que me aclarara eso de que é asesora da Comisión da Muller. ¿Quen é?. Sr. Presidente.- En principio está contratada esta señora dende fai moi pouco tempo. Unha das facetas que vai levar será na Comisión onde está Dona Isaura, precisamente para coordinar un pouco as actuacións e reivindicacións que temos aquí a menudo de temas de muller e todo eso. E estará tamén á súa disposición como Presidenta da Comisión. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, pero quizáis sería ben que no seu momento, cando foi contratada, polo menos se me contara. Sr. Presidente.- Evidentemente, pero eso se lle fará proximamente ademais. ¿De acordo?. Bueno, pois se non hai máis asuntos que tratar moitas gracias e que se recuperen os que están enfermos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e doa exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición