Fondos
2000-04-28_Ordinaria. Acta de sesión 2000/04/28_Ordinaria
Acta de sesión 2000/04/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/1.2000-04-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2000/04/28_Ordinaria
Data(s) 2000-04-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de abril do 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinteoito de abril do ano dous mil, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araujo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes actual e antes de entrar na orde do día eu quería facer unha proposición ó Pleno no senso de felicitar, e que conste en acta esta felicitación así como enviarlla, ó Vicepresidente Primeiro do Goberno da Nación D. Mariano Rajoy Brey, polo seu nomeamento como Vicepresidente Primeiro, xa que foi Presidente desta Institución. ¿Hai algo en contra en este sentido?. Perfecto. Que conste entón en acta e felicitación unánime a D. Mariano Rajoy, Presidente que foi desta Institución, polo seu nomeamento como Vicepresidente do Goberno. Faise constar en acta a felicitación a D. Mariano Rajoy Brey, Presidente que foi desta Corporación, pola súa designación como Vicepresidente 1º do Goberno. 1.4470.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 31 de marzo do ano 2000. ¿Algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de marzo do ano 2000. ------ Folla: 2.4471.- BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL Sr. Presidente.- Punto número 2. Bases de axuda á pesca costeira artesanal. Bases que pasaron xa pola Comisión Informativa correspondente. ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervención. Procedemos polo tanto á votación destas bases. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, así como o informe de Intervención, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de Axuda á Flota Artesanal, tal e como se transcriben no expediente, por un importe de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000), e con cargo á partida presupostaria 00/711.779.02. Ditas bases son as seguintes: BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de investimentos realizados para a construcción ou mellora de embarcacións con eslora de ata 7 m. entre perpendiculares (Epp), dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra. Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000), con cargo á partida presupostaria 00/711-711-779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, co informe previo da Comisión Informativa correspondente. SEGUNDA. Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvenciona-la construcción de embarcacións de pesca con esolora de ata 7 m. entre perpendiculares (Epp), así como equipamento que supoña unha evidente mellora tecnolóxica. 2.2.- As axudas económicas poderán acadar como máximo ata o 50% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes: 2.2.1.- Cambio de motor: MOTORES FORABORDA - Ata 5 Hp ata 100.000 ptas. - Dende 5 Hp ata 10 Hp ata 150.000 ptas. - Dende 10 Hp ata 20 Hp ata 175.000 ptas. - Motores 25 Hp ata 200.000 ptas. - Motores 30 Hp ata 225.000 ptas. MOTORES INTRABORDA - Motor e instalación ata 750.000 ptas. 2.2.2.- Equipamento: - Halador ata 150.000 ptas. - Sonda ata 85.000 ptas. - VHF ata 40.000 ptas. - Radar ata 100.000 ptas. - GPS ata 75.000 ptas. 2.2.3.- Outros equipamentos: - Valoraranse as axudas en base ós presupostos presentados. TERCEIRA. Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais e persoas xurídicas con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. 3.2.- As embarcacións deberán estar inscritas no censo correspondente, o que se xustificará documentalmente. 3.3.- As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2000, debendo estar xustificadas como data límite o 31 de marzo do ano 2001. 3.4.- O límite máximo dos investimentos sobre os que se aplicarán as axudas será DUN MILLÓN CINCOCENTAS MIL PESETAS (1.500.000). 3.5.- Os beneficiarios de axuda non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. CUARTA.- Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte: A) Presuposto de investimento. B) Copia compulsada do PERMES. C) Se o obxecto da axuda se trata dun cambio de motor ou unha nova construcción, deberá presenta-la autorización correspondente expedida pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou xustificante de tela en trámite para comeza-la instrucción do expediente, sendo imprescindible a súa presentación para proceder ó pago da axuda solicitada. D) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. E) Fotocopia compulsada do DNI. F) Certificación das vendas realizadas durante o exercicio de 1999. G) Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas. H) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol. I) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e de non transferencia da embarcación. QUINTA.- Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes. 5.2.- Aprobadas as axudas, cos informes previos favorables da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinais cunha contía total, polo menos, do dobre da axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento. 5.3.- Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA.- Prazo de presentación. 6.1.- Concédese un prazo de trinta (30) días hábiles a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes. ------ Folla: 3.4472.- PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA. ANO 2000. RATIFICACIÓN DA PRÓRROGA DOS CONVENIOS ASINADOS ENTRE O IMSERSO-FEMP E A DEPUTACIÓN E ENTRE A CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS E A DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 3. Programa de Teleasistencia Domiciliaria. Ano 2000. Ratificación da prórroga dos Convenios asinados entre o IMSERSO-FEMP e a Deputación e entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación. Tívose que asinar, por razóns de urxencia sen pasar previamente polo Pleno, este borrador tal como no lo esixiu a Consellería a mediados de mes e polo tanto a Presidencia neste caso pois asinouno e traino agora a ratificación. ¿Algunha intervención?. Si. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver. El Grupo Socialista se abstuvo en la Comisión por varias razones, fundamentalmente por una. Y es que nosotros desde hace años venimos planteando que el servicio de teleasistencia, sin un soporte que en principio en la provincia de Pontevedra están realizando los Ayuntamientos, que es el servicio de atención domiciliaria, no tiene demasiada razón de ser y realmente hay algún Ayuntamiento en esta provincia que no está realizando ese servicio por una razón que es la siguiente: esto es una competencia exclusiva de la Consellería, no de los Ayuntamientos. La Consellería firma determinados convenios con los Ayuntamientos y está aportando cantidades que van hasta el 80 o 90 % del coste del servicio de asistencia domiciliaria. Pero vuelvo a repetir, sobre todo hay Ayuntamientos pequeños que no pueden sorportar el resto del coste y los demás están soportando el resto del coste cuando en realidad tampoco deberían estarlo haciendo esos Ayuntamientos. Nosotros planteamos hace tiempo que la Diputación estipulase un convenio con la Consellería; que la Consellería aportase dinero a los Ayuntamientos para atención domiciliaria a través de la Diputación, y la Diputación a su vez le cobrase la parte correspondiente a los Ayuntamientos y ese servicio de atención domiciliaria se hiciese desde la Diputación. ¿Por qué decimos esto?. Porque estamos hablando de un convenio cuyo coste total son 8.890.000 ptas., de las que entre el IMSERSO y la Consellería están poniendo el 80% del coste del convenio. El otro 20% lo pone la Diputación, que en todo caso puede repercutir parte de ese 20% también en Ayuntamientos y usuarios. Es decir, estamos actuando al final con un millón de pesetas, cuando en realidad nosotros entendemos que en los temas de servicios sociales la Diputación tiene que asumir más, no sólo en coste económico sino también en prestar servicios a los ciudadanos. Estamos discutiendo aquí de un millón de pesetas, cuando esta Institución está aportando cantidades muy superiores a otros temas que con todos los respectos tienen bastante menos importancia. Por poner un ejemplo, en la Comisión de Gobierno del otro día se ratificaba de nuevo el convenio con el Celta de Vigo por 18.000.000 de pesetas. Es decir, la diferencia creo que es brutal y la importancia de los usuarios está ahí. Por lo tanto, nosotros mantendríamos la abstención a no ser que el grupo de gobierno se comprometa a estudiar, con un planteamiento diferente, la posibilidad de asumir los servicios de atención domiciliaria que están prestando los Ayuntamientos. Nada más. Sr. Presidente.- Sr. González, a mi me parece bien lo que dice. Pero este convenio nació a tres bandas y de hecho están representados los Ayuntamientos, la FEMP, la Diputación y la Consellería de Sanidade y es lo que se está haciendo en todo Galicia. E polo tanto, nós non vamos a ser diferentes dos demais en principio; eu creo que non hai razóns para cambiar o que en este momento temos con respecto ó convenio;poderíamos estudialo, pero non me atrevo a tomar iniciativa neste sentido porque é un tema que vimos levando as catro Deputacións coa Consellería. Eu creo que neste momento dende logo non é o momento para cambiar nada neste caso. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Yo vuelvo a repetir. Yo no he planteado aquí que la Diputación de Pontevedra empezase a hacer otra cosa diferente, sino que ustedes, como grupo de gobierno, se comprometiesen, a estudiar una solución diferente, que no se está haciendo en ningún sitio de Galicia, razón lógica y obvia, al estar ustedes están gobernando en las cuatro Diputaciones. Yo creo que les interesa más la foto que el servicio real. Me explico. Aquí estamos manteniendo un contrato para ponerle ese servicio en casa a personas mayores, a personas discapacitadas, pero en cuanto se produce la llamada, lógicamente la empresa que lleva el servicio de teleasistencia va a repercutir esa llamada en los servicios de atención domiciliaria de los Ayuntamientos. Si, como ocurre en esta provincia, hay Ayuntamientos que no tienen ese servicio, ¿a quién se le envía la llamada?. ¿Al 061?. Pues bueno, vale. Pero en realidad no tiene más salida el tema, es decir, si no hay un soporte en los Ayuntamientos, se han gastado ustedes un millón de pesetas de la Diputación, pero hay usuarios que no van a tener el servicio real. Nosotros lo que estamos proponiendo es que estudien la posibilidad de que llegue a todos los usuarios, mediante una fórmula que planteamos antes. Estúdienla. No estamos planteando aquí hágase a partir de ahora, sino que se estudie la posibilidad. Nada más. Creo que tampoco es tanto compromiso el estudiar una variante a lo que se está haciendo hasta ahora. Sr. Presidente.- Bien, yo no tengo inconveniente en estudiarlo. No se que resultado dará al final porque indudablemente no está sólo la Diputación comprometida, están otros entes también, pero podemos ver fórmulas para ver si es posible ampliar el servicio y cómo se puede ampliar. Voy a encargar al servicio de temas sociales que haga un estudio en este sentido y qué variantes puede haber. Si es posible no habría problema ninguno. ¿De acuerdo?. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación. Programa de teleasistencia domiciliaria ano 2000. Ratificación da prórroga dos convenios asinados entre o IMSERSO-FEMP e a Deputación e entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social e o acordado na Comisión de Goberno o 16-03-00, o Pleno acorda por unanimidade aprobar e ratifica-las prórrogas dos Convenios de colaboración para o ano 2000 asinados o 01-07-98 entre o IMSERSO-FEMP e Deputación e o 09-03-99 entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación, ámbolos dous para o desenvolvemento do Programa de Teleasistencia Domiciliaria. Ditos Convenios son os seguintes: PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O 1 DE XULLO DE 1998 ENTRE O IMSERSO, A FEMP E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DURANTE O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2000 Cláusula 1ª Segundo se establece na cláusula décimo primeira do Convenio de colaboración subscrito o 1 de xullo de 1998 coa FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, acórdase prorroga-la vixencia do mencionado convenio durante o exercicio económico de 2000, de acordo coas seguintes previsións en canto ó volume de usuarios e o custe do servicio. Prezo máximo do servicio mensual sen unidade móbil: -Menos de 1.000 terminais: 1. Usuario titular 3.900,- ptas. 2. Usuario con unidade control remoto 1.950,- ptas. 3. Usuario sen unidade control remoto 1.560,- ptas. - Máis de 1.000 terminais: 1. Usuario titular 3.700,- ptas. 2. Usuario con unidade control remoto 1.850,- ptas. 3. Usuario sen unidade control remoto 1.480,- ptas. O número total de usuarios ó remata-lo exercicio económico estímase que acadará a cifra de 300. Cláusula 2ª O custe máximo do proxecto no exercicio económico de 2000 será de 8.890.500,- ptas., de acordo coas previsións económicas que se adxuntan como Anexo I a este instrumento de prórroga. O IMSERSO aportará ó proxecto neste exercicio, como máximo, a cantidade de CINCO MILLÓNS SETECENTAS SETENTA E OITO MIL OITOCENTAS VINTECINCO PESETAS (5.778.825,- ptas.), equivalente ó 65%. Cláusula 3ª Os representantes da Entidade Local sinalada aceptan e comprométense a cumpri-las prescripcións sinaladas no Prego de Condicións Técnicas do Programa de Teleasistencia Domiciliaria do IMSERSO-FEMP, aprobado o día 26 de marzo de 1994. Dito prego incluese como Anexo 2 desta prórroga. Na Comisión de Seguimento do convenio actuará como Secretario o responsable técnico do proxecto provincial, que participará na mesma, con voz pero sen voto, salvo que represente a unha das Entidades Locais sinaladas, e levantará acta do tratado que fará chegar a tódolos membros da Comisión. Cláusula 4ª Continuará sendo de aplicación o contido do convenio de colaboración asinado o 1 de xullo de 1998 naqueles aspectos que non foran modificados polo presente documento de prórroga. Cláusula 5ª Non obstante, quedará condicionada a validez e eficacia do presente Acordo á existencia de crédito adecuado e suficiente nos Presupostos respectivos de Gastos e Dotacións para o exercicio económico de 2000. Madrid, 17 de decembro de 1999 POLO IMSERSO POLA FEMP Héctor Maravall Gómez-Allende Alvaro de la Cruz Gil POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ACORDO DE PRÓRROGA PARA O ANO 2000 DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999 REUNIDOS Dunha parte: O Excmo. Sr. D. José María Hernández Cochón, Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, no uso das facultades que lle veñen atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, no Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta, así como no Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Doutra parte: O Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das atribucións que lle confire o art. 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Ámbalas dúas partes na representación que ostentan, EXPOÑEN Primeiro.- Que con data 9 de marzo de 1999 a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un Convenio de colaboración para a prestación do servicio de Teleasistencia domiciliaria, aportando dita Consellería á citada Deputación, con cargo á aplicación presupostaria 11.03.212D.460.0., o 15% do custo total do servicio a facer efectivo anualmente, previa presentación da liquidación correspondente. Segundo.- Que na cláusula sétima do Convenio se establece a posibilidade de prorrogarse o mesmo por anos naturais sucesivos, mentras dure o fin que motiva e sempre que as dispoñibilidades presupostarias o permitan. Terceiro.- Na súa virtude e tendo en conta a importante labor que se está a desenvolver a través do programa de Teleasistencia domiciliaria, ámbalas dúas partes, no nome e representación no que concorren e coa capacidade legal para este acto, ACORDAN Prorroga-lo Convenio asinado en data 9 de marzo de 1999 por un ano e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro do mesmo ano, nos mesmos termos e coa mesma contía que figura no Convenio obxecto desta prórroga. En proba de conformidade de canto antecede asinan as partes por triplicado exemplar deste acordo de prórroga para o ano 2000 no lugar e data sinalados. O CONSELLEIRO DE SANIDADE O PRESIDENTE DA EXCMA. E SERVICIOS SOCIAIS, DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: José M. Hernández Cochón Asdo.: Manuel Abeledo López ------ Folla: 4.4473.- ACTA DO XURADO DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN-1999 Sr. Presidente.- Punto 4. Dar a coñecer ó Pleno a acta do Xurado de Premios á Investigación-1999. ¿Algunha intervención neste sentido?. Creo que en esto non hai votación. É simplemente dar conta. Perfecto. De conformidade co disposto na Base 5ª da convocatoria de Premios á Investigación-1999 e co enterado da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno queda enterado e conforme nos seus propios termos coa Acta do Xurado Cualificador, que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1999 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as doce horas do día 7 de abril de 2000, reúnese o Xurado Cualificador de Premios á Investigación 1999 presidido por D. José Manuel Fernández Rodríguez, Deputado-Presidente da Comisión Informativa de Cultura, por delegación do titular desta Corporación e os vocais: Dona Josefina Garrido González, Profesora da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, D. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, Profesor da EUET Forestais da Universidade de Vigo, D. Manuel Fernández Areal, Profesor da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, D. Eduardo Moreno Piguero, Catedrático da UNED, D. Amando Ordas Pérez, Director da Misión Biolóxica de Galicia, D. Ernesto Viéitez Cortizo, Presidente da Real Academia de Ciencias, D. José Carlos Valle Pérez, Director do Museo Provincial de Pontevedra e D. Miguel Pereira Figueroa, Xefe do Servicio de Arquivos da Deputación, actuando como Secretario D. Rogelio Nicieza de la Cerra, titular desta Deputación, asistido de D. José María Sánchez Escalante, Xefe do Servicio de Acción Social. Tendo por obxecto a reunión falla-los Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes: AUTOR TÍTULO CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 500.000 PTAS. Echavarri Erasun, Carlos / Regulación de la Biosinteses de la Astaxantina en la levadura Phaffia rhodozyma. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 500.000 PTAS. Castro Pérez, Felipe / A casa de Valladares: formación e evolución dunha familia dominante de Pontevedra do antigo réxime. PROVINCIA DE PONTEVEDRA: 1.000.000 PTAS. Salinero Corral, Mª CarmenPérez Otero, RosaMansilla Vázquez, J. P. / Aparición y dispersión de Gonipterus Scotellatus en Pontevedra: Uso de la lucha biológica para su control. INVESTIGACIÓN XUVENIL: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 250.000 PTAS. Rodríguez Viéitez, David/ Fenología y distribución de la gaviota cabecinegra (larus melanocephalus) en la provincia de Pontevedra. INVESTIGACIÓN XUVENIL: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 250.000 PTAS. Ex aequo (125.000 ptas. cada un) Castro Fernández, Antonio / Efecto de las lesiones medulares sobre la actividad eléctrica cerebral. García López, José Angel / A lingua galega en Roberto Blanco Torres. Estudio dos niveis da lingua en "Orballo de media noite". TESES: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 150.000 PTAS. García Alvarez, Digna / Productos biotecnológicos de microalgas marinas. TESES: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 150.000 PTAS. Días Lema, Antonio / Historia del Hospital de Pontevedra TESIÑAS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 100.000 PTAS. Declarado deserto TESIÑAS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 100.000 PTAS. Otero Piñeiro, Gabriel / Santa Clara de Pontevedra en la Edad Moderna: Estructura económica del Convento (1640-1834) PROXECTOS FIN DE CARREIRA: 100.000 PTAS. Pérez Conde, Juan Antonio / El festival internacional de carteles de Chaumont. Así mesmo o Xurado concedeu pola súa oportunidade e trascendencia, propoñendo a publicación dos traballos, as seguintes mencións especiais: PROVINCIA DE PONTEVEDRA Díaz Paredes, Marina/ El ferrocarril de Pontevedra al Puerto de Marín (1870-1969). TESIÑAS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS García Turnes, Beatriz/ A lingua galega entre 1875 e 1916: situación social e consciencia idiomática E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13,45 horas do mencionado día, conclúese a reunión asinando a presente tódolos asistentes do que eu como Secretario dou fe." ------ Folla: 5.4474.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2000, DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Punto 5. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2000, do Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe". Expediente por 4.925.893 que vai destinada á mellora de edificios. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstense o PSOE e a favor os demais grupos. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2000 do Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe", por un importe de CATRO MILLÓNS NOVECENTAS VINTECINCO MIL OITOCENTAS NOVENTA E TRES PESETAS (4.925.893), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non poidan demorarse ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente nas partidas correspondentes, sendo o suplemento financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da Liquidación do Presuposto do Padroado do exercicio de 1999; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do BNG e coa a abstención do PSOE, prestar aprobación á dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, aplicándose os seus gastos ás partidas polos importes que a continuación se indican: PARTIDA DENOMINACIÓN CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2000/875.422.622.03 Mellora en edificios 4.925.893 ptas. TOTAL 4.925.893 ptas. O financiamento de dito expediente con cargo ó Remanente de Tesourería do exercicio de 1999 conleva o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 00/875.870.01 por un importe de CATRO MILLÓNS NOVECENTAS VINTECINCO MIL OITOCENTAS NOVENTA E TRES PESETAS (4.925.893). - Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, será exposto ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 6.4475.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO DENTRO DO VIXENTE PRESUPOSTO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto 6. Segundo expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito dentro do vixente Presuposto Provincial. Tiene la palabra, porque en el expediente no está exactamente a qué se destina el dinero, el Vicepresidente económico para que explique a dónde van esos millones de pesetas. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. La modificación de créditos es por un valor total de 66.407.727 y el desglose sería el siguiente: una partida de 2.000.000 de pesetas para una fotocopiadora de Secretaría General; partida de 1.000.000 de pesetas para el convenio con la Residencia de Estudiantes; partida más importante de 35.000.000 de pesetas para reparaciones de la unidad asistencial de Príncipe Felipe; partida de 2.000.000 de pesetas para facturas de la Bienal de 1999; modificación de 4.925.727 para el pago de atrasos al personal laboral-fijo de la Imprenta, según una sentencia; partida de 6.000.000 de pesetas para alquiler de vehículos para el INEM; partida de 200.000 pesetas del Parque de Maquinaria; y partida de 15.282.000 pesetas para ampliar la partida de playas del Presupuesto actual. La suma total es de 66.407.727, de los cuales son créditos extraordinarios 11.925.000 y suplementos de créditos 54.482.000. Todas ellas se financian con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias. A verdade é que estou pensando en non intervir porque con esa decisión de que non hai maneira de que volvan atrás, de quitarlle tódalas competencias posibles ó Pleno saen uns Plenos que non teñen ningún empaque en comparación a unha Comisión de Goberno. Estamos discutindo de cousas absolutamente de trámite que, polo que sexa, non puideron quitar e quedan aquí para poder convoca-los Plenos. Quedan así algunhas cousiñas que hai que vir aquí a discutir, se temos gañas de discutir, pero realmente do gordo, do que se está cocendo na Deputación nada de nada. Estamos cun Pleno absolutamente valeiro de contido no que temos que cumprir coas nosas obrigas de vir e de estudia-los expedientes, pero que non dá nada de si. Estamos ante unha modificación de crédito, xa indo ó punto en concreto, moi pequena. Son sesenta e seis millóns, que vostedes, vía Resolución Presidencial ou vía Comisión de Goberno, cambian de partida cantidades moitisimo máis elevadas, e en canto ás finalidades concretas pois pouco temos que dicir. Entón, como é consecuencia dun orzamento e dunha filosofía presupostaria e dunha execución ca que non estamos de acordo, neste caso vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Aparte de ser una cantidad muy pequeña, el Grupo Socialista comparte la finalidad del tema de playas y el tema de Príncipe Felipe y la que es por sentencia tiene que compartirla también; pero en todo caso al no haber aprobado los Presupuestos vamos a abstenernos; dada la cantidad pequeña que es tampoco crea demasiado problema. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos polo tanto á súa votación. Tal como explicou o Vicepresidente económico sobre o expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito dentro do vixente Presuposto Provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase pola maioría do Grupo Popular e a abstención dos demais grupos. Visto o segundo expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de SESENTA E SEIS MILLÓNS CATROCENTAS SETE MIL SETECENTAS VINTESETE PESETAS (66.407.727), sendo de dita cantidade ONCE MILLÓNS NOVECENTAS VINTECINCO MIL SETECENTAS VINTESETE PESETAS (11.925.727) para créditos extraordinarios e CINCUENTA E CATRO MILLÓNS CATROCENTAS OITENTA E DÚAS MIL PESETAS (54.482.000) para suplementos de créditos, motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose o seu expediente con cargo á parte do remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas asbtencións do PSOE e do BNG: - Prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 1º Gastos de persoal 4.925.727 2º Gastos en bens correntes 7.000.000 2.000.000 6º Inversións reais 0 37.200.000 7º Transferencias de capital 0 15.282.000 TOTAL 11.925.727 54.482.000 Este expediente presenta resumindo por capítulos o seguinte resultado: Capítulo 1º.- Gastos de persoal 4.925.727 Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 9.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 37.200.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 15.282.000 Total expediente de modificación de crédito 66.407.727 - Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, expoñerase ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 7.4476.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 7. Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales que se dictaron entre el 28 de marzo y el 24 de abril por la Presidencia y que ya se trasladaron a los distintos grupos políticos como viene siendo habitual. Y no hay nada más en comunicaciones. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 28 de marzo e o 24 de abril do ano 2000, que foron trasladados ós distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día traemos dous temas que ó meu entender non teñen maior importancia senón é a presa que nos esixe poñer en marcha estes dous temas. ------ Folla: 8.4477.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NO Pleno DO CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS Sr. Presidente.- O primeiro tema é nomear representantes no Consorcio de bombeiros do Salnés. Proponse a D. Rafael Louzán Abal e a D. Juan Luis Pedrosa. ¿Hai algún problema?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, para anunciar que nós votamos a favor da urxencia, son fóra da orde do día e hai que vota-la urxencia, e abstémonos nos nomeamentos. Sr. Presidente.- Votamos a urxencia polo tanto deste tema. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vótase a urxencia. ¿Algunha intervención agora sobre o tema?. Non. Vótase tamén. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Abstencións os dous grupos da oposición e a favor o Grupo Popular. A proposta da Presidencia, que foi aprobada por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG e de conformidade co establecido no artigo 9 dos Estatutos do Consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés, acordouse designar representantes da Deputación Provincial no Pleno do Consorcio ós Deputados Provinciais D. Rafael Louzán Abal e D. Juan Luis Pedrosa Fernández. ------ Folla: 9.4478.- APROBACIÓN INICIAL DOS PROXECTOS DE ENSANCHE E MELLORA DAS ESTRADAS "PO-4513 TRAMO PORTONOVO - ADINA", "PO-4503 TRAMO C-550- AIOS" E "ESTRADA DE ENLACE C-550 COA PO-4503" E DO CADRO DE TERREOS E PROPIETARIOS AFECTADOS. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN: MOTIVACIÓN DA URXENCIA. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO EXPEDIENTE [SANXENXO] Sr. Presidente.- O segundo punto de fóra da orde do día é solicitar a urxente ocupación de terreos correspondentes a tres estradas no municipio de Sanxenxo que temos en convenio coa Consellería de Política Territorial onde se estipula que a Deputación adquire a obriga de poñer a disposición da Consellería os terreos e a Consellería faría as estradas que son de titularidade provincial. Estas estradas son Portonovo - Adina, Noalla-Aios e Igrexa - Praia da Lanzada. Votamos polo tanto a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase a urxencia. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Este é un exemplo típico de como fan funciona-las administracións cando as gobernan vostedes. Explícome. Por un lado a COTOP fai as estradas da Deputación, por outro lado a Deputación dedícase a facer camiños veciñais e camiños municipais, a uns Concellos cando se urbanizan o máximo que se lle daba é o 50% se acaso. Outros, vai saír gratuito. Non parece segundo as competencias que ten cada quen moi riguroso ou moi serio, pero como Deputados desta Institución teremos que dicir que si. Votaremos a favor, pero a verdade é que non lle queda a un bo corpo. A COTOP que se dedique a arranxa-las súas estradas, a Deputación as súas, os Concellos as súas, e en todo caso pode haber convenios ou o que sexa, pero así, de repente, unhas estradas provinciais arranxaas todas a COTOP cando as súas teñen bastante que rascar. Como neste caso veñen cartos para a Deputación para arranxa-las estradas provinciais, teremos que dicir que si, pero non dende logo con demasiado bo corpo. Nada máis. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Pois a min, Sr. Mosquera, o corpo é todo o contrario, ou sexa a min deixame un corpo extraordinario. Porque temos 1.800 quilómetros de estradas cun presuposto moi reducido para atendelas, e se a Consellería de Política Territorial nos vota unha man, coma neste caso, o interesante é face-las estradas mediante convenio. Eu creo que está perfectamente ben e a min deixame un corpo bárbaro neste sentido. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Non me expliquei ou non me quixo entender?. Sr. Presidente.- Home, eu o entendín. Sr. Mosquera Lorenzo.- Resulta que en Sanxenxo se van face-las beirarúas e non sei que, e noutros Concellos cando é unha estrada provincial ten que poñe-lo 50%. A COTOP tamén ten as súas estradas. A Deputación non ten cartos, pero sen embargo si os está usando en camiños municipais. É todo unha trapallada; os cartos van saír do mesmo sitio e o normal é que cada un se encargue. E xa lle dixen que como veñen cartos para a Deputación lle vamos a votar a favor. Vale, pois moi ben, pero creo que a reflexión é clara, se non me quere entender é outra cousa. Sr. Presidente.- Ben. Non vamos a discutir máis porque creo que se poden seguir facendo convenios deste tipo, aínda que ó Sr. Mosquera lle pareza un pouco raro. ¿Hemos votado ya la urgencia?. La urgencia si. ¿Votos polo tanto en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Con base no Convenio de colaboración entre a CPTOPV e esta Excma. Deputación Provincial para as obras de ensanche e mellora das estradas "PO-4513 tramo Portonovo- Adina", "PO-4503 tramo C-550-Aios" e "Estrada de enlace C-550 coa PO-4503", con presupostos para coñecemento da administración de 197.880.794 pesetas, 259.475.974 pesetas e 81.403.621 pesetas, respectivamente; á vista do acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial de 31-03-2000, adoptando o compromiso de posta a disposición, libres de cargas e gravames, dos terreos necesarios para a execución das obras; e, vistos os Documentos RC nº 2000005610, 2000005611 e 2000005612, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de crédito dispoñible para facer frente ó gasto derivado das expropiacións previstas en ditos proxectos, así como o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial dos seguintes proxectos así como dos cadros de propietarios e terreos afectados por tales obras: - PO-4513 Tramo Portonovo- Adina, contando o proxecto cun presuposto para coñecemento da Administración de CENTO NOVENTA E SETE MILLÓNS OITOCENTAS OITENTA MIL SETECENTAS NOVENTA E CATRO PESETAS (197.880.794) (execución por contrata: 173.071.394 pesetas, e expropiacións 24.809.400 pesetas). - PO-4503 Tramo C-550-Aios, tendo o proxecto un presuposto para coñecemento da Administración de DOUSCENTOS CINCUENTA E NOVE MILLÓNS CATROCENTAS SETENTA E CINCO MIL NOVECENTAS SETENTA E CATRO PESETAS (259.475.974) (execución por contrata: 214.594.574 pesetas, e expropiacións: 44.881.400 pesetas). - Enlace da C-550 coa PO-4503, cun presuposto para coñecemento da Administración de OITENTA E UN MILLÓNS CATROCENTAS TRES MIL SEISCENTAS VINTEUNHA PESETAS (81.403.621) (execución por contrata: 70.610.461 pesetas, e expropiacións: 10.793.160 pesetas). 2.- A declaración de utilidade pública das obras a realizar e a necesidade de ocupación dos terreos afectados. 3.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 4.- A motivación da urxencia requerida para tales expropiacións, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte unido ó expediente. 5.- Expoñer ó público os referidos proxectos, así como os expedientes, polo prazo de quince días hábiles, de conformidade coa Lei de Expropiación Forzosa. ------ Folla: 10.4479.- MOCIÓN DE D. XOSÉ CARLOS PAZOS DOCAMPO DO BNG, EN RELACIÓN COA PESCA NO BANCO CANARIO - SAHARIANO Sr. Presidente.- Hai unha moción. Ten a palabra o ponente da moción D. Xosé Carlos Pazos. Sr. Pazos Docampo.- O problema da flota que faena no banco canario-sahariano é un tema que agora mesmo, a pesar de que leva poucos meses, se fai vello. No seu momento, antes de remata-lo acordo pesqueiro da Unión Europea con Marrocos, xa se plantexaba a necesidade de renegocia-lo novo acordo á vista dos problemas que ía a traer aparellados para comarcas coma o Morrazo, o Barbanza e a zona da Guarda. A día de hoxe, despois de pasar seis meses de paro da flota, está o tema sen solucionar, non hai negociacións en marcha e esto leva camiño de convertirse nun paro indefinido, nun amarre indefinido da flota, e coa perda dunha cantidade importante de postos de traballos e afección a un sector que é básico nesas zonas. Quere dicir que non só se perderían eses postos de traballo, senón que afecta enormemente a un sector que coadxuva ó desenvolvemento económico desas zonas. Como a día de hoxe esto está totalmente paralizado e o sector está e síntese moi afectado por esta situación, o sector en principio mobilízase e entón nós consideramos importante que esta Deputación manifestara o seu apoio en reclamar a través da Xunta e do Ministerio de Agricultura e Pesca que a Unión Europea inicie e chegue a uns acordos con Marrocos que permitan manter a flota galega no caladoiro canario-sahariano. A moción en liñas xerais vai por eso e por eso solicitamos o apoio desta Deputación nos acordos, tanto o primeiro coma o segundo, que van na parte dispositiva da moción. Non ten máis milagres que ese. Sr. Presidente.- Ben. ¿Podía le-los puntos concretos?. Sr. Pazos Docampo.- Si. Leo a moción porque é cortiña. A parte dispositiva é: Solicitar da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura e Pesca que reclame á Unión Europea a negociación dun novo acordo pesqueiro con Marrocos en base ós seguintes principios: a) Mante-lo número de barcos e tripulantes galegos nese caladoiro; b) Mante-la titularidade galega das empresas e o pavillón do Estado Español nos barcos a través dun acordo de primeira xeración; e c) Mante-las axudas a tripulantes e armadores durante o tempo de paralización da flota. E dous, apoiar a manifestación convocada pola Mesa en defensa do sector pesqueiro galego que se celebrará en Vigo o día 11 de maio. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia desta moción. ¿Algunha intervención máis?. O Partido Popular está totalmente de acordo co que nesta moción se plantexa. Simplemente eu vexo aquí un pequeno fallo no apartado dous: "Apoia-la manifestación convocada pola Mesa en defensa do sector pesqueiro galego que se celebrará en Vigo o día 11 de maio". Eu creo que hai outra manifestación tamén no Morrazo ou en Santiago. Teño entendido. Polo tanto, apoia-las manifestacións. Eu diría apoia-las manifestacións convocadas pola Mesa, ou sexa, poñelo en plural. ¿De acordo?. Sr. Pazos Docampo.- Perfectamente. Sr. Presidente.- Bueno, pois nese sentido corríxese o punto 2, no sentido de apoia-las manifestacións convocadas pola mesa en defensa do sector pesqueiro galego que se celebrará en Vigo e Santiago. Sr. Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Si. Bos días a todos e gracias Sr. Presidente. Eu, en primeiro lugar, me alegro de que os membros do BNG pidan que se manteña o pavillón español nestes barcos. Estamos de acordo evidentemente, non podía ser doutro xeito, no fondo da cuestión. Hai que dicir claramente que a negociación non depende nin da Xunta nin do Goberno Español, pero tamén queremos dicir que cun goberno do Partido Popular neste momento os mariñeiros están recibindo unhas prestacións e os armadores tamén. Noutros tempos, creo recordar que no ano 95, os barcos estiveron amarrados a porto sen recibir ningunha prestación. En canto a ese punto que fai referencia o Presidente, a nós nos gustaría que figurara que apoiamos esa manifestación ou outras, porque temos constancia de que se vai a celebrar outra mobilización en Santiago, creo recorda-lo día 14, sempre que transcorra dentro do marco da estricta legalidade e así queremos que sexa. Sr. Presidente.- Por suposto, deso se trata. Sr. Pazos Docampo. Sr. Pazos Docampo.- Despois de manifesta-lo Sr. Presidente o apoio á nosa moción non vou provocar puntos de desencontro co Voceiro do Grupo Popular. Pero o que si é certo é que a realidade é esta no día de hoxe. Agora, tendo en conta que o Partido Popular vai da-lo seu apoio, totalmente de acordo. Nada máis. Sr. Presidente.- Bien. Sr. Muradas Ramos. Sr. Muradas Ramos.- Yo quería manifestar que el Grupo Socialista también va apoiar esta moción así como la otra manifestación que se va a celebrar en Santiago y sobre todo nos alegramos del apoio unánime de toda la Corporación, sobre todo recordando las opiniones tanto del Grupo Popular como del Bloque Nacionalista Galego, en el año 95, cuando se firmó el acuerdo vigente, que fue rechazado absolutamente por todos los grupos a excepción obviamente del PSOE. Pasado el tiempo parece que nos da la razón y vamos apoyarlo. Nos alegramos mucho del apoyo de toda la Corporación. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación da moción, que non vou a repetir, xa a coñecemos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-la moción de D. Xosé Carlos Pazos Docampo do BNG, en relación coa pesca no banco canario-sahariano, sendo o seu texto o seguinte: MOCIÓN A inexistencia de iniciativas, e en consecuencia de resultados cara acada-la sinatura dun novo acordo pesqueiro con Marrocos, está a levar á flota galega que faena no Banco Canario-Sahariano a un amarre indefinido, coa incidencia negativa que supón a paralización dunha actividade básica e motor de desenvolvemento en varias Comarcas de Galicia e mesmo da provincia de Pontevedra. Diante desta situación o Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego solicita ó Pleno desta Deputación a adopción dos seguintes acordos: 1.- Solicitar da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura e Pesca que reclame á Unión Europea a negociación dun novo acordo pesqueiro con Marrocos en base ós seguintes principios: a) Mante-lo número de barcos e tripulantes galegos nese caladoiro. b) Mante-la titularidade galega das empresas e o pavillón do Estado Español nos barcos, a través dun acordo de primeira xeración. c) Mante-las axudas a tripulantes e armadores durante o tempo de paralización da flota. 2.- Apoia-las manifestacións convocadas pola Mesa en defensa do sector pesqueiro galego que se celebrarán en Vigo o día 11 de maio e outra en Santiago. ------ Folla: 11.4480.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- ¿Rogos?. Non hai. ¿Preguntas?. Tampouco hai. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota