Fondos
2000-09-29_Ordinaria. Acta de sesión 2000/09/29_Ordinaria
Acta de sesión 2000/09/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/2.2000-09-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2000/09/29_Ordinaria
Data(s) 2000-09-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de setembro de 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintenove de setembro do ano dous mil, baixo a Presidencia do Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araujo, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro e D. David Raposeiras Correa, quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a esta sesión ordinaria do 29 de setembro. 1.4509.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 28 de xullo do ano 2000. Vai informar o Secretario dun pequeno erro. Sr. Secretario.-En la anterior sesión del Pleno, en la cuál no estuve por estar de vacaciones, al debatirse el asunto relativo al expediente de modificación de créditos se aprobó, parece ser, una enmienda del Sr. Pedrosa en virtud de la cuál había que incluir en el expediente de modificación de créditos la cantidad para financiar la exposición de Carlos V que se inauguró ayer, lo cuál suponía un montante de 19.720.000 pesetas. Al trasladarse la propuesta de acuerdo, que ya estaba hecha antes de la sesión como es lógico, a las actas no se reflejó así esa enmienda por lo cuál hay que hacer esa modificación en el montante total de dicho expediente de 19.720.000 que faltan, o sea, que es una omisión y es simplemente rectificarla. Sr. Presidente.- Ben, estamos todos de acordo. Prestouse aprobación por unanimidade á acta da sesión anterior, celebrada o 28 de xullo de 2000, coa corrección do erro por omisión, advertido ó Pleno polo Sr. Secretario Xeral, consistente en incluir no expediente de modificación de créditos debatido en dita sesión unha partida por importe de 19.720.000 pesetas para financiar ou subvenciona-la exposición sobre Carlos V, precisamente inaugurada no día de onte, en virtude de aprobación polo Pleno dunha emenda do Sr. Pedrosa Fernández en tal sentido, co que o citado expediente de modificación de créditos se incrementa na citada cantidade de 19.720.000 pesetas. ------ Folla: 2.4510.- QUINTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto número dous. Quinto expediente de modificación de créditos. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias, buenos días. Gracias Presidente. Este quinto expediente de modificación de créditos extraordinarios y suplementos de crédito, todos ellos con cargo al remanente de Tesorería disponible, suma un total de 117.368.213 pesetas. La partida más importante es de 55.000.000 de pesetas para hacerse cargo de los intereses del préstamo refinanciado que mantiene esta Institución con la Caja. En segundo lugar hay una partida de 25.000.000 de pesetas para infraestructuras y otras obras, concretamente carreteras, caminos vecinales y vías públicas. Hai dos partidas de 10.000.000 de pesetas cada una de ellas, una en actividades culturales para el Plan Cultural, y otra en promoción y difusión de la cultura, juventud y deportes para subvenciones culturales. Las dos partidas siguientes serían para la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe", en mejoras 5.750.000, y para Acción Municipal y compensación a Ayuntamientos que no llegan las obras a los diez millones de pesetas como se exige en el POL del 2000, y esa partida se suplementa con la cantidad de 5.725.000 pesetas. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, está xa descrito polo Portavoz do PP cal é a modificación de crédito e os intereses subiron e non hai nada que facerlle, pero con respecto á seguinte partida máis significativa non estaríamos de acordo; sempre sucede igual, é a famosa partida do chapapote, para andar por aí facendo camiños que non son nin competencia da Deputación. É consecuencia da execución dun orzamento co que non estivemos de acordo nin estamos de acordo coa execución que se está facendo e polo tanto vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si. Simplemente decir que el Grupo Socialista va a votar en contra obviamente al haber votado negativamente el presupuesto; cualquier modificación también la vamos a votar negativamente. Sr. Presidente.- De acordo. Polo tanto procedemos á votación do quinto expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. PSOE e Bloque. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Partido Popular. Visto o quinto expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de CENTO DEZASETE MILLÓNS TRESCENTAS SESENTA E OITO MIL DUASCENTAS TRECE PESETAS (117.368.213), de dita cantidade 1.092.813 pesetas son para Créditos Extraordinarios e 116.275.400 pesetas para Suplementos de Créditos, motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose dito expediente con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible por importe de 117.368.213 pesetas, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, tendo en conta que os gastos que se pretenden financiar co expediente de crédito extraordinario son específicos e determinados. Este expediente presenta, resumido por capítulos a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 1.092.813 Total crédito extraordinario 1.092.813 Os gastos que se pretenden financiar co expediente de suplemento de crédito son específicos e determinados. O detalle destes gastos que se pretenden financiar con este expediente figura a continuación: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 37.800.000 Capítulo 3º.- Intereses 55.000.000 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 10.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 5.750.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 7.725.400 Total suplemento de crédito 116.275.400 Estes gastos fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería. Os expedientes presentan, resumidos por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 38.892.813 Capítulo 3º.- Intereses 55.000.000 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 10.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 5.750.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 7.725.400 Total expediente de modificación de crédito 117.368.213 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 3.4511.- CESIÓN DE PARCELA NA FINCA MOURISCADE Ó CONCELLO DE LALÍN CON DESTINO A VIVEIRO FORESTAL Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Cesión de parcela na Finca de Mouriscade ó Concello de Lalín con destino a Viveiro forestal. Creo que esto xa foi debatido no seu día na Comisión, polo tanto, se non hai ningunha intervención procedemos á súa votación. O punto está perfectamente claro que é a cesión, creo que son 2000 m2, para un viveiro forestal en Lalín, en colaboración co Concello e máis coa Consellería de Familia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Apróbase por unanimidade o expediente e o prego de condicións para a cesión, mediante procedemento negociado sen publicidade, do uso dunha parcela de 2.000 m2 da Finca Mouriscade para o seu destino como viveiro forestal, encadrado no proxecto de taller de emprego existente entre o Concello de Lalín e a Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia. ------ Folla: 4.4512.- APROBACIÓN DEFINITIVA DOS ESTATUTOS DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Aprobación definitiva dos Estatutos da Escola de Canteiros. ¿Algunha intervención?. Adiante. Sr. Araujo Quintas.- Vamos a ver. Eu en nome do grupo provincial do BNG fixemos no seu momento unha serie de alegacións ós Estatutos. Algunhas delas foron aceptadas e a maioría non foron aceptadas, evidentemente. Se ben é certo que as alegacións aceptadas dalgunha maneira melloran un pouco o inicialmente previsto e incluso podíamos dicir que suavizan a linguaxe ou civilizan máis ben, creo que sería a palabra correcta. Aínda así, digamos que está moi lonxe o que nós entendemos que debe ser a Escola de Canteiros do que aquí se prevé. Nós, unha vez repasados os Estatutos e como quedarían con esas alegacións, seguimos vendo que aquí hai dúas posturas ou dúas maneiras de entender a Escola de Canteiros perfectamente diferenciadas de como debería de funcionar. Unha evidentemente é a do grupo de goberno, que digamos que para nós está aínda un pouco lastrada dun certo aire digamos intervencionista ou antiguo ou decimonónico ou como lle queiran chamar. Ver o artigo 24, aí aclara algo. E outra, que sería a do BNG que pretendemos que a Escola de Canteiros, que tamén entendemos e o dixemos sempre que é unha institución importante desta casa pero que nós entendemos que debe modernizarse, facerse máis áxil e dende logo máis integrada no que é a sociedade actual, incluso votando man das novas tecnoloxías e todo canto ofrece hoxe en día a sociedade moderna. Realmente queda aínda lonxe. Xa digo de todo o non aceptado hai un par de cousas que a nós nos parecen importantes, e que non se recolleron. Unha delas sería que non queda claro que esa Comisión Executiva que aí se crea, no artigo 12, que é certo que foi clareado e aclarouse gracias á emenda do BNG, seguimos tendo dúbidas se esa representación por parte que agora se recoñece dos Deputados deste Pleno, eses dous Deputados e a oposición imos ter algo que ver aí. Eso non está aclarado, ese extremo conviña aclaralo tamén. E logo hai outro aspecto que tamén nos parece importante e que estaría no artigo 23, que fai referencia ós recursos patrimoniais e que a nós nos preocupa sobremaneira e é que deso se deduce que a Escola de Canteiros pode correr un pouco o risco de ser unha especie de empresa ou de factoría para facturar obra para obter recursos, para autofinanciarse, digamos. Nós nos opoñemos a que alí se faga obra e se fagan encargos porque entendemos que é unha maneira de poñer ós rapaces que alí traballan en contacto real e directo co mundo empresarial etc., etc., pero si que nos dá un pouco de medo que eso conleve, porque eso tampouco se aclara, insisto, conleve a unha perda da calidade do ensino, en detrimento das horas de clase e da aprendizaxe das novas tecnoloxías que eu creo que son importantes para o futuro, aínda que evidentemente tamén é certo que o oficio de canteiro que é o cerne deso segue sendo o mesmo, pero hai unha realidade que hai que atender e polo tanto hai que aprender. E aí está un dos nosos temores, que eso poida entorpecer o labor de aprendizaxe dos alumnos. Polo tanto, eso non queda regulado e eu non sei se o seu grupo de goberno está en disposición de aceptar esas dúas propostas. Por un lado aclarar se nesa Comisión Executiva vai ter participación ou van ter participación os grupos da oposición e por outro lado se están dispostos a regular nese último artigo 23 que fai referencia ós recursos patrimoniais, a regular insisto o tema da realización de obras, dos horarios, etc., etc. Se vostedes aceptan eso, nós estaríamos dispostos a apoia-los Estatutos, pero se non é así vemos que eso sigue sendo unha diferencia grande. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araujo. Sr. Fernández Rodríguez. Sr. Fernández Rodríguez.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver. A filosofía fundamental da modificación dos Estatutos da Escola de Canteiros é axilizar ó máximo o funcionamento da mesma. Os Estatutos dende o ano 88 non foron renovados nin modificados e no Pleno último do 30 de xuño aprobouse inicialmente os mesmos. Houbo unha reclamación por parte do BNG no período de exposicións, reclamación que na Comisión da Escola de Canteiros admitíronse modifica-los artigos 3, 6, 12 e 15 e por último na última Comisión Informativa da Comisión de Cultura modificouse tamén o artigo 19. Nós, dende logo, vamos a seguir e aproba-los Estatutos tal e como sairon da Comisión e en canto ós Vocais designaraos este Pleno; hai dous Deputados que no seu día se elixirán aquí, eu non sei se serán do grupo de goberno ou serán algún da oposición. E en canto ó réxime interno xa se lle dixo en Comisión que unha vez aprobados os Estatutos vaise a face-lo réxime interno dos alumnos e aí contemplaranse tódalas melloras que poida haber na Escola. Polo tanto non vamos a modificar eses dous artigos que vostede di e vamos a manter tal e como saiu da Comisión. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. García. Sr. García García.- O Grupo Socialista vai votar a favor xa que na Comisión se lle aceptou a modificación do artigo 19 onde había unhas frases que non eran lóxicas do tempo en que vivimos, falaba de sometementos e de disciplinas, que foron admitidas e entón votaremos a favor. Sr. Presidente.- De acordo. Moitas gracias. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Si, bueno, eu xa dixen ó principio e díxenno na Comisión tamén, que a linguaxe non é algo inocente nin aséptico, e nese aspecto evidentemente suavizouse e civilizouse digamos o que aí se dicía. Bueno, é un avance, non cabe dúbida. Pero aínda así está lonxe do que nós entendemos que debe se-la Escola de Canteiros. O tema de axiliza-lo funcionamento é un pouco o eterno discurso. Cando se quere axilizar algo resulta que sempre vai en detrimento da participación, do debate, do diálogo, etc. Eu dixen na Comisión que nós non entendíamos ó Patronato da Escola de Canteiros coma un lugar para fiscalizar nada, en absoluto, e a proba está en como eso funciona máis ou menos consensuadamente. Pero entendíamos que eso si que é un foro importante de debate, de contrastación de ideas e sobre todo para poñer en contacto coa sociedade que avanza bastante rápido, bastante máis rápido que os políticos, para eso trasladalo á propia Escola de Canteiros. En canto a axilizar nós tamén dixemos que se o que se pretende é axilizar a Escola de Canteiros déanlle vostedes a autonomía que debe ter á dirección do centro, claustro de profesores, os alumnos, etc., etc., que eles son á fin de conta os que deben saber e os que teñen que saber programar, saber o que queren. Nós, en último caso, como Patronato ou como Corporación, deberemos de fiscalizar ou avaliar se eses obxectivos que se marcan se cumpren. Eu creo que ese debería se-lo papel desta Institución e axilización que vaia no sentido ese de que eles sexan quen organicen, programen e todo o demais. Bueno, agora se vai a dirixir esto ou teledirixir directamente dende unha Comisión Executiva, que como moi ben acaba de dici-lo Sr. Deputado non está garantido que os Deputados da oposición esteamos aí dentro, polo tanto, nós ímonos abster, entendemos que si que hai avances pero estamos aínda lonxe do que nós entendemos que debe se-la Escola de Canteiros. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Araujo. Bueno, eu reafirmo o que dixera xa o compañeiro noso e que así o dixo tamén o do PSOE. En principio son Estatutos que se reformaron, necesitaban quizá esa reforma, dende o ano 88 non se reformaran, polo tanto cremos que esta reforma vai dar máis axilidade e facilidade á hora de funcionar e polo tanto queremos poñelo en práctica. Evidentemente sempre todo é susceptible de melloras. Nós cremos que con esta mellora vai funcionar mellor e polo tanto así a plantexamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿Votos a favor?. Partido Popular e Partido Socialista. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, apróbase por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, modifica-los artigos dos Estatutos da Escola de Canteiros, que se detallan quedando vixentes o resto, aprobados en sesión de 30 de xuño de 2000: No Art. 3: Constitúe o obxectivo da Escola de Canteiros o fomento, promoción, protección e defensa do nobre oficio de "Canteiro", oficio que lle deu forma pétrea e permanente a unha grande parte da Historia de Galicia, que van dende as construccións megalíticas ata os modernos usos da pedra, pasando pola cultura castrexa, o románico ou a sinxela e fermosa arquitectura popular, e dirixido de maneira especial a: ... 1) A formación de Canteiros e Mestres Canteiros mediante o ensino relativo do traballo e talla de pedra, que permita a existencia dun colectivo de profesionais que poidan traballar en: ... No art. 6: Modificar "o Presidente da Caixa..." por "un representante a determinar pola Caixa Vigo, Ourense e Pontevedra". No artigo 10: O Director Xerente designarase pola Xunta Rectora. No artigo 12: Vocais: - Dous Vocais deputados elixidos por e entre aqueles que ostenten este cargo dentro da Xunta Rectora. No artigo 15: A Xunta Rectora celebrará sesión ordinaria cada seis meses. No artigo 19: A condición de alumno conleva parello a aceptación das normas ou regulamentos da Escola de Canteiros. ------ Folla: 5.4513.- DAR CONTA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE ESTATAL PARA A CONMEMORACIÓN DOS CENTENARIOS DE FELIPE II E CARLOS V, SA. En Madrid, a 10 de xullo de 2000. Dunha parte: o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, como Presidente da Deputación de Pontevedra, con domicilio social en Pontevedra (36071), Avda. Montero Rios s/n, en adiante Deputación de Pontevedra. Doutra parte: D. Juan Carlos Elorza Guinea, provisto de DNI número 16.170.824, en nome e representación, como Presidente Executivo do Consello de Administración, da Sociedade Estatal para a Conmemoración dos Centenarios de Felipe II e Carlos V, SA, Compañía Mercantil constituída consonte ás Leis de España e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid ó Tomo 979 xeral, 513 da sección terceira do Libro de Sociedades, folio 22, folla 3058 e inscrita a súa adaptación á vixente Lei de Sociedades Anónimas ó folio 144, folla nº M-49044 e con CIF A-28/062578, con domicilio en Madrid, Paseo de Recoletos, 16, segundo poder outorgado perante o Notario de Madrid, D. José Manuel Rodríguez-Escudero Sánchez, con data 21 de marzo de 1997 e número de protocolo 1.059, en adiante, a Sociedade Estatal. Recoñecéndose ámbalas dúas partes as respectivas cualidades en que actúan, así como a capacidade legal para convir e obrigarse, MANIFESTAN I.- Que a Sociedade Estatal para a Conmemoración dos Centenarios de Felipe II e Carlos V, SA, ten como obxecto social a prestación de servicios para a preparación, organización, administración e celebración de toda clase de feiras, conferencias, congresos e exposicións, nacionais e internacionais e moi especialmente respecto das actividades conmemorativas culturais, científicas, e de promoción turística, dos Aniversarios de Felipe II e Carlos V. II.- Que en cumprimento do seu obxecto social, a Sociedade Estatal vai a producir e organizar unha Exposición denominada "Carlos V, a naútica e a navegación" que se celebrará no Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento) do 28 de setembro ó 17 de decembro do ano 2000. III.- Que a Deputación de Pontevedra ofreceu as instalacións necesarias para sede da exposición, oferta que foi aceptada pola Sociedade Estatal. E a tal fin, as partes acordan o presente convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Deputación de Pontevedra cede á Sociedade Estatal o uso temporal do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra para a súa utilización como sede da exposición "Carlos V, la naútica y la navegación" que se celebrará dende o día 28 de setembro ó 17 de decembro do ano 2000. Como Anexo I ó presente Convenio figura o plano da superficie do Edificio Sarmiento que a Deputación de Pontevedra pon a disposición da Sociedade Estatal. Para levar a cabo estas actividades e contando coa expresa aprobación da Deputación de Pontevedra, asignáronse funcións de Comisario da Exposición a D. José Ignacio González-Aller Hierro. Como Anexo II a este Convenio especifícanse os cometidos e competencias do Comisario. SEGUNDA.- A Sociedade Estatal asume, por enteiro, a organización e financiamento de tódolos gastos necesarios para a celebración da Exposición. Con este fin, o Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra ponse a disposición da Sociedade Estatal en perfecto estado de conservación. Correrán a cargo da Sociedade Estatal, e de conformidade co disposto no parágrafo primeiro desta cláusula, os diferentes servicios e instalacións necesarios para a debida atención desta mostra (deseño, montaxe e desmontaxe, seguro dos obxectos a expoñer, transporte, información e asistencia durante a apertura ó público, seguridade, vixiancia e -no caso- limpeza). Para iso concertará dita Sociedade Estatal, de maneira directa, as relacións xurídicas que deban suscribirse con suxeitos de dereito distintos ós que interveñen no presente convenio, con suxeición ás normas reguladoras do vixente ordenamento xurídico. No suposto de efectuarse contratacións no ámbito do dereito laboral, non implicarán ningunha relación coa Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- Dado o esforzo que supón a organización da mostra, e tendo en conta que non reportará retornos por visitantes, por se-la visita gratuita, a Deputación de Pontevedra acorda colaborar ó patrocinio da mencionada exposición, coa aportación de 17.000.000 millóns de pesetas (DEZASETE MILLÓNS DE PESETAS ) máis o 16% de IVE. A Deputación de Pontevedra aboará a cantidade antedita en dous pagos, contra presentación da correspondente factura pola Sociedade Estatal: - 50% trala inauguración da exposición, o día 28 de setembro de 2000. - 50% á clausura da exposición, o día 17 de decembro de 2000. Ademais a Deputación de Pontevedra colaborará coa Sociedade Estatal na promoción da mostra a través dos seus canles habituais de promoción e difusión de actividades, antes e durante a celebración da mesma. CUARTA.- En contraprestación á asunción dos custes de financiamento da Exposición, a Sociedade Estatal asume así mesmo tódolos dereitos de contido económico, coa finalidade de obte-la súa rendabilidade mercantil na forma que se determina no Anexo III. A Sociedade Estatal asume o compromiso de utilizar adecuadamente os dereitos que adquire polo presente Convenio e precisará autorización escrita da Deputación de Pontevedra para ceder ou transferi-los seus dereitos e obrigas a calquera entidade distinta daquelas que obteñan a condición de Patrocinador ou Patrocinadores da Exposición. QUINTA.- A Sociedade Estatal queda autorizada pola Deputación de Pontevedra para seleccionar e negociar con entidades de relevante prestixio, nacional ou internacional, outros posibles Patrocinadores da Exposición. A Sociedade Estatal fará súa a totalidade dos ingresos derivados deste concepto e reunirá tódalas facultades necesarias para pecha-la relación xurídica de patrocinio e subscribi-lo oportuno contrato, coa entidade ou entidades que seleccione. SEXTA.- Coa finalidade de coordina-la actividade de ámbalas dúas Institucións, créase unha Comisión Paritaria de Seguimento do presente Convenio, integrada polas persoas que designen o Presidente da Sociedade Estatal e o Presidente da Deputación de Pontevedra. No caso de discrepancias entre os membros da Comisión de Seguimento, someterase a solución das mesmas á decisión dos Señores Presidente da Sociedade Estatal e Presidente da Deputación de Pontevedra. A Comisión reunirase coa frecuencia que os seus integrantes consideren necesaria e poderán asistir ás súas reunións as persoas que en cada momento consideren oportuno os membros da Comisión. Estas persoas asisten á mesma sen dereito de voto. As decisións adoptáranse por maioría. Con carácter xeral a Sociedade Estatal informará no seo da Comisión de Seguimento do desenvolvemento de tódalas actuacións que lle corresponde efectuar a teor da regulación que se contén no presente Convenio. SÉTIMA.- A Sociedade Estatal comprométese a difundi-la colaboración da Deputación de Pontevedra e a menciona-la súa denominación, escudo e logotipo completo no catálogo da exposición, en tódolos soportes publicitarios, rodas de prensa, carteis, programas de man, etc., que fagan referencia ás actividades obxecto do presente acordo. A Sociedade Estatal entregará á Deputación de Pontevedra, 150 (cento cincuenta) exemplares do catálogo que se edite para a mostra con destino a fins institucionais, e en consecuencia non venais. OITAVA.- O presente Convenio será eficaz dende a súa sinatura e permanecerá vixente ata o 15 de xaneiro de 2001. Nesa data a Sociedade Estatal restituirá á Deputación de Pontevedra os recintos e espacios utilizados, nas mesmas condicións nos que foron recibidos. A Deputación de Pontevedra establecerá quen, pola súa parte, verificará a recepción á súa satisfacción. NOVENA.- Unha vez concluído o presente Convenio por consumación dos seus efectos, os dereitos de imaxe e publicitarios que quedaron asumidos pola Sociedade Estatal de acordo ó previsto na estipulación quinta anterior, revertirán á Deputación de Pontevedra. Os dereitos de reedición do catálogo da Exposición, poderán revertir á Deputación de Pontevedra se así o solicita, nas mesmas condicións que os ostenta a Sociedade Estatal e sempre que sexan transferibles, unha vez rematadas por parte da Sociedade Estatal tódalas actividades conmemorativas do V Centenario do Nacemento de Carlos V, no ano 2001. DÉCIMA.- Ámbalas dúas partes acordan facilitarse asistencia recíproca ó obxecto de resolver satisfactoriamente calquera clase de requisito administrativo, procedemento ou esixencia que deba ser cumprida ó obxecto de logra-la execución adecuada deste contrato ou de calquera acordo relacionado co mesmo. UNDÉCIMA.- Calquera modificación que sexa necesaria segundo este contrato, será convida de mutuo acordo entre as partes e considerarase validamente realizada, se é envíada por télex ou facsímil con acuse de recibo, telegrama ou carta por conducto notarial, a calquera das partes, na dirección que se estableza. DUODÉCIMA.- Nada do aquí contido se considerará en ningún modo constitutivo de asociación, unión temporal de empresas ou axencia entre as partes do contrato, nin ningún tipo de sociedade, nin contrato de conta en participación. A Sociedade Estatal non ten a calidade de representante da Deputación de Pontevedra nin ningunha das partes queda obrigada solidaria ou mancomunadamente pola actividade da outra. DÉCIMOTERCEIRA.- As partes acordan someter calquera conflicto, controversia ou reclamación que xurda do presente Convenio de natureza administrativa, a súa interpretación, execución, incumprimento, resolución ou nulidade á lexislación española e ós Tribunais da xurisdicción contencioso-administrativa. Conformes ámbalas dúas partes co contido e condicións do presente contrato, asínanno por duplicado e a un só efecto, con reserva dun exemplar en poder de cada unha das partes que nel interveñen, no lugar e data citados ó encabezamento. POLA SOCIEDADE ESTATAL,Excmo. Sr. D. Juan Carlos Elorza POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA,Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López ANEXO II EXPOSICIÓN: "CARLOS V, LA NAÚTICA Y LA NAVEGACIÓN". FUNCIÓNS DO COMISARIADO. As funcións do comisariado da Exposición comprenderán, de maneira especial, e sen exclusión de calquera outras inherentes ó concepto de comisario, as seguintes: 1.- Formulación do proxecto e guión da Exposición con definición da mesma e o seu alcance. 2.- Decisión do listado de pezas ou obxectos a expoñer, con selección das máis adecuadas ós fins que se pretenden. 3.- Dirección do Catálogo a editar en tódolos seus aspectos, tanto dos traballos a incluir, coma da selección de fotografías e de textos. 4.- Seleccionar, de común acordo coa Sociedade Estatal, os equipos que se encargarán das diferentes tarefas, supervisando o seu traballo e asumindo a responsabilidade dos seus resultados. 5.- Proposta das actividades complementarias que poidan organizarse en torno á Exposición (coloquios, conferencias, rodas de prensa, concertos, etc.) 6.- En xeral a dirección e supervisión da Exposición, ó longo do seu desenvolvemento. ANEXO III Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE ESTATAL PARA A CONMEMORACIÓN DOS CENTENARIOS DE FELIPE II E CARLOS V, SA PARA A UTILIZACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO DO MUSEO DE PONTEVEDRA COMO SEDE DA EXPOSICIÓN "CARLOS V, LA NAÚTICA Y LA NAVEGACIÓN". Establécese este Anexo ó Convenio de data 10 de xullo de 2000 coa finalidade de determina-los dereitos e as obrigas que cada parte asume nos aspectos de contido económico (imaxe e publicidade, venda de entradas á Exposición, venda do catálogo, "merchandising", difusión e comunicación, etc.). 1.- A Exposición titulada "Carlos V, la naútica y la navegación" celebrarase dentro do recinto asignado no Anexo I no Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento). A visita terá carácter gratuito. 2.- Segundo o establecido na cláusula segunda do Convenio, a totalidade dos gastos para o desenvolvemento da exposición son asumidos pola Sociedade Estatal, incluíndose entre eles a contratación de persoal e servicios para a xestión e seguridade da mesma que excedan a dotación ordinaria do Museo. Se fose preciso que o persoal dependente da Deputación de Pontevedra ou das empresas que tivese contratadas, realizasen horas ou cometidos extraordinarios, que tivesen a súa orixe na exposición, o custe dos mesmos será reintegrado pola Sociedade Estatal previa presentación dos correspondentes xustificantes ou facturas. En todo caso os maiores custes ou gastos extraordinarios que se deparen para a Sociedade Estatal por conceptos distintos ós expresados no parágrafo que antecede, esixirán a aprobación expresa da Comisión Paritaria de Seguimento á que se fai referencia na cláusula sexta e serán satisfeitos pola Sociedade Estatal. 3.- A Sociedade Estatal asumirá a obriga de edita-lo catálogo, baixo a fórmula xurídica que determine, así como os folletos, paneis publicitarios e calquera soporte de divulgación que poidan deseñarse con dita finalidade. A Sociedade Estatal non asume ningún compromiso económico coa Deputación de Pontevedra nin con ningún terceiro, distinto ós expresados nos epígrafes que anteceden. 4.- Corresponderán á Sociedade Estatal as actuacións mercantís de comercialización e distribución do catálogo, así como a adopción da decisión de efectuar sucesivas reedicións, durante o período de vixencia do presente Convenio e en calquera caso, durante o período de celebración da Exposición, tal e como quedou definida no expoñendo II. ------ Folla: 6.4514.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de las Resoluciones de la Presidencia dictadas desde el día 24 de julio hasta el 23 de setiembre del año en curso. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno de extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 24 de xullo e o 23 de setembro do ano 2000, e que foron trasladados ós distintos grupos políticos. ------ Folla: 7.4515.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas, punto sete. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si. Bos días. Vamos a ver a min gustaríame saber, derivado dunha Resolución do día 27 de xuño que di que se resolve aproba-lo recoñecemento da obrigación de declara-lo abono de 144.946 pesetas a favor do Arzobispado de Santiago, importe pago de servicios relixiosos prestados na Cidade Infantil durante o mes de maio. É dicir eu quería saber que tipo de servicios se prestan e se hai algún compromiso previo de pagar unha cantidade tácita ou implicitamente, unha cantidade fixa mensual, ou se se paga en función dos servicios que realizan cada mes ou como se paga. Gracias. Sr. Presidente.- Si. Sr. Santiago, eso é algo que pudeches ve-la Resolución agora, pero eu creo que esa Resolución é mensual, tódolos meses me soa habela asinado. Hai un convenio co Arzobispado de Santiago de Compostela para a asistencia relixiosa neste centro. Esto creo que xa estaba incluso doutras épocas e polo tanto en principio é algo que se vén producindo dende fai bastante tempo. De tódalas maneiras xa digo estará ó voso alcance porque se vos pasará o convenio asinado no seu día entre o Arzobispado de Santiago de Compostela e a propia Institución provincial. De tódalas maneiras tamén pediremos, si é necesario, un informe ó Director do Centro Príncipe Felipe para que nos diga realmente en que consiste aínda que teñen que aparecer reflexados, se supón, no Convenio que se firmou no seu día. Eso é para contestarche xa agora á pregunta. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Si, eu teño un par de preguntas e un rogo tamén. A primeira pregunta ten relación co arranxo, co proxecto de arranxo da estrada provincial en Tomiño, que vai dende Tabagón a Goián. A pregunta sería ¿cales son as razóns para non contempla-lo arranxo na súa totalidade desta estrada, posibilidade non contemplala no proxecto, e que deixen sen amañar un treito importante da mesma xustamente onde máis o precisan, que é un treito digamos urbano, por dicilo dalgunha maneira, que vai dende o centro da vila ata a estrada A Guarda-Tui?. Esa é a primeira pregunta. A segunda pregunta sería se ¿teñen pensado ter en conta este arranxo, esta ampliación, e incluso ter en conta a recomendación feita pola propia Corporación Municipal de Tomiño?. Eu creo que fixo algunha recomendación ou algunha petición neste sentido a esta Deputación. Estas son as dúas preguntas respecto desa estrada. E logo a outra pregunta ten que ver cun tema que xa non é novo aquí, o que pasa é que agora vouno volver a plantexar porque o tempo pasa e os riscos aumentan, e ten que ver coa estrada que a Deputación fixo en Gondomar, entre a estrada da Ramallosa-Gondomar e a parroquia de Donas, unha estrada na que vostedes gastaron sesenta e cinco ou sesenta e dous e pico millóns de pesetas coa construcción dunha ponte sobre o río Miñor incluso. Esa estrada, á parte de que no proxecto se dicía que tiña unha importancia fundamental para comunicar esta parroquia con Nigrán, resulta que é peza clave na comunicación coa depuradora do noso Concello.O problema está en que segundo coñecemento do BNG a través dunha interpelación parlamentaria a Consellería da Presidencia contestounos que os prazos para remata-la primeira fase desta obra rematan o 31 de decembro. Vostedes saben que tanto a EDAR como o saneamento de Gondomar son fondos europeos, cerca de tres mil millóns que non é ningunha broma, e resulta que neste momento pois a realidade é que temos unha estrada que sirve ademais para comunicar esta obra feita pola Deputación, sesenta e pico millóns de pesetas, e unha depuradora con máis de cincocentos e pico millóns de pesetas investidos alí nunha propiedade particular. Pois ben, no que lle corresponde a esta casa digamos que a estrada está feita, leva case un ano feita e o propietario, loxicamente como está en terreos privados, puxo unha barricada ó principio e ó final e por alí non se pode pasar. Eso é grave, eso é grave. Pero máis grave é que Gondomar pode perder eses fondos europeos segundo contestación da Xunta de Galicia por este despiste ou esta "inxenuidade" que nós non entendemos. E entón a pregunta miña é ¿que pensa face-la Deputación para abrir esta vía por eso que acabo de dicir e polo propio servicio que esto ten que dar e se están facendo algo ó respecto?. Esas son as preguntas que lles fago. Realmente gustaríame que tomaran conciencia da gravidade deste asunto. É un asunto bastante máis grave do que parece e dende logo bastante incomprensible como dúas administracións invisten seiscentos millóns aproximadamente nunha propiedade particular, esto é alucinante. A nós non nos gustaría, e esto que o entendan como queiran, en Gondomar temos debatido moito sobre este tema, ter que recorrer a outras instancias para que se resolva este problema. O tempo pasa, faltan escasamente noventa días para que remate ese prazo dado pola Unión Europea, a estrada está feita e sen abrir, ¿que pensan facer vostedes?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Araujo. Vamos a ver, en relación á primeira, Tabagón - O Rosal. Esta estrada, que comprende os Concellos de Tomiño e O Rosal, foi adxudicada no día de onte en sesenta millóns de pesetas cunha baixa máis ou menos importante e á parte hai o compromiso na mellora que ofrece a empresa de facer un quilómetro máis de estrada. Ese quilómetro máis de estrada, xa está falado co Concello de Tomiño, cos directores de obra, ese quilómetro máis de estrada que se pretende facer é o que vamos a facer para conexionala coa que vai face-la Xunta no seu día para uni-la famosa ponte internacional. Polo tanto quero dicirlle que estamos ó día xa en todo eso, está coordinado e polo tanto en principio non vai haber ningún problema porque hai unha baixa moi importante e así se contemplou xa que coa baixa e coa mellora se levase a cabo esa obra. Polo tanto eso está en principio resolto; evidentemente haberá problemas de obra cando xurdan, pero neste momento está resolto. En relación ó segundo. O segundo é un tema que xa é vello aquí. Vostede xa preguntou por el varias veces. Agora temos ademais un compañeiro aquí que é concelleiro noso alí. Resolvelo é moi fácil, relativamente fácil. Vostedes están preguntando aquí moitas veces; o que pasa é que poñen trabas moitas veces para non facelo, pero se puxeran vontade probablemente ó mellor estaría resolto. Me refiero a que van a levar ó Pleno, e xa está previsto, unha modificación puntual urbanística desa zona, como vostede sabe, que vostede é de alí. Se vostedes, esa modificación puntual ante unha cesión de terreos que hai alí por parte dun señor que lle cedeu á Deputación e que nós en principio aceptamos esa cesión porque cremos interesante levar a cabo esta obra, outro tema é o problema que ten neste caso a depuradora, a Xunta, que vostede comenta, que se remata o prazo, ese xa é un tema evidentemente municipal, pero no noso caso nós temos o compromiso por parte neste caso da propiedade, de que unha vez resolto eso e polo tanto vostedes aleguen o que sexa á modificación urbanística que se plantexa, pero o que deben facer é apoiala en certa medida para saca-lo tema adiante e a partir de aí pois xa resolvemos un problema dunha estrada que por parte da Deputación está case rematada e que se abrirá cando o propietario chegue a un acordo co Concello, que xa ten un convenio asinado como vostede sabe, e que se vai levar proximamente ó Pleno e que se non se levou noutro momento foi por un problema persoal que vostede sabe que tivo o Alcalde de Gondomar. Polo tanto, neste sentido creo que en próximas fechas resolverase e daralle solución a aqueles veciños da zona de Donas. E dicirlle tamén, xa que se preocupa por Gondomar, que vamos adxudicar outra estrada provincial, por importe tamén de sesenta e cinco millóns de pesetas que é a saída da autopista para dar acceso directo a Gondomar. Polo tanto, dicirlle que a preocupación súa é a nosa tamén, pero que cando é así hai que colaborar e intentar buscar solucións e non poñer trabas para que esto se leve a cabo. ¿Algunha intervención máis?. Sr. García. Sr. García García.- O Pleno provincial aprobou unha moción xa no mes de decembro sobre a ponte de Catoira para o seu arranxo. Quería saber en que situación están as xestións que a Deputación quedara de facer coa Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia e cando se van a empezar a tomar medidas nesta ponte porque de feito séguese deteriorando e segue sendo un perigo para os vehículos e para os viandantes, están ocurrindo accidentes, aínda hai un mes alí ocurreu un accidente na propia ponte. Sr. Presidente.- Dicirche que tivemos unha conversa o Presidente da Deputación da Coruña e máis eu, haberá aproximadamente un mes. Os técnicos están traballando xa neso, e unha vez que teñamos o borrador definitivo, se quere elaborar un proxecto novo, e a partir de aí planifica-la inversión e o financiamento desta obra que probablemente sexa incluso antes de terminar este mesmo ano o reparto do financiamento como o vamos a facer. Estamos xa traballando e coordenados neste sentido, hai preocupación por parte da Deputación da Coruña, por parte nosa e por parte túa coma Alcalde. En principio xa dixeran os técnicos que non había perigo para os conductores, etc., pero estou de acordo totalmente contigo, a imaxe que dá esa ponte non é nin máis nin menos a adecuada. Polo tanto hai por parte desta Deputación vontade total de sacar adiante este tema e pola Deputación da Coruña o mesmo e xa tivemos a conversa e agora están traballando os técnicos neste sentido. Si. Sr. García García.- Efectivamente, os informes técnicos din que non hai perigo de derrumbe da ponte pero o que non di o informe técnico, que é do instituto Torroja, que a propia Deputación no fixo, non di que non haxa perigo de accidentes de vehículos que eso si que ocurre e está ocurrindo e o informe, que consta aquí na Deputación, non se refire precisamente ós accidentes de vehículos ou diríamos á circulación de vehículos e persoas, senón que se refiere ó aspecto técnico da propia ponte. Sr. Presidente.- Estamos plenamente de acordo e é un tema que temos interese mutuo en que se resolva e busca-lo financiamento adecuado e polo tanto neso estamos xa traballando. ¿Algunha pregunta máis?. Se non hai máis pasamos a fóra da orde do día que temos aquí varias cousas. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa unánime declaración de urxencia tratáronse os seguintes asuntos ------ Folla: 8.4516.- SUSPENSIÓN PRAZO PARA RESOLUCIÓN ALEGACIÓNS ÁS OBRAS EN VARIAS ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Traemos ó Pleno fóra da orde do día motivado a que se termina o prazo, a suspensión do prazo para resolución de alegacións presentadas en información pública das obras de ensanche e acondicionamento da estrada provincial 4513, tramo Portonovo - Adina; ensanche e acondicionamento da PO-4503, tramo comarcal 550-Aios; e ensanche e acondicionamento da estrada de enlace da comarcal 550 coa provincial 4503, todas elas en Sanxenxo e que xa foron aprobados no seu día aquí neste Pleno. Hai aproximadamente oitenta alegacións presentadas; como había un tempo evidentemente para poder contestalas hai algunhas que hai que pasarllas ó equipo redactor do proxecto e polo tanto traemos a este Pleno a ampliación dun mes máis do prazo para que se poida dar contestación ás alegacións presentadas por algúns dos afectados. En principio, na reunión que tivemos cos técnicos, non supoñen grandes diferencias e creemos que vamos chegar a acordo e que no prazo dun mes ou quizá menos estarían resoltas. Polo tanto procedemos a vota-la urxencia deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque. ¿Votos a favor?. Partido Socialista e Partido Popular. Acórdase por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG a suspensión do prazo para resolver alegacións formuladas en relación cos proxectos das obras: "Ensanche e acondicionamento da EP 4513 (Tramo Portonovo-Adina)". "Ensanche e acondicionamento da EP 4503 (Tramo C-550-Aios)" "Ensanche e acondicionamento da estrada de enlace da C-550 coa PO 4503", por un período dun mes, sen prexuízo de que, se fose posible a súa resolución con anterioridade ó remate de dito prazo, se provea o levantamento da suspensión. ------ Folla: 9.4517.- APROBACIÓN DE VARIOS PROXECTOS DE OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS E DECLARACIÓN DE URXENCIA DOS MESMOS Sr. Presidente.- Trátase da aprobación inicial de varios proxectos para solicitar á Xunta a declaración de urxente ocupación. O Sr. Mosquera ten comentado aquí que é preferible levalo antes para que despois non haxa que traelos unha vez que estean adxudicadas as obras. Entón traemos aquí un total de 6 obras que agora paso a mencionar: - Aprobación inicial do proxecto conexión variante de Cambados, exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, solicitando á Xunta de Galicia a declaración da urxente ocupación desta obra. Esta é en Cambados, é unha variante, preténdese un ensanche para o xiro de autobuses, camións, etc., que en principio ten un presuposto de 4.345.733 pesetas. - Aprobación inicial do proxecto rotonda na estrada provincial 9802, estrada de Aceñas na Illa de Arousa, exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación polo cal se lle solicita á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación. Trátase dunha estrada da Deputación que remata practicamente nun valo. A Illa, como todos sabemos, é moi pequena e neste caso o que se vai facer é expropiar a ámbalas dúas marxes do tramo final da estrada para facer unha rotonda. - Outro é exposición pública da solicitude de urxente ocupación da estrada provincial 9501, Ribadumia - Grenla, que é a estrada que dá acceso ó Polígono Industrial de Cabanelas. - A aprobación inicial do proxecto pertencente ó POL 2000, estrada provincial 4203, Tortoreos - Estación, no municipio das Neves. - A estrada provincial 2208, Arcade - Amoedo, tamén a declaración de utilidade pública e de urxente ocupación. - O enlace autovía en Mondaríz - Meirol, tamén pertencente ó POL-2000. Estes son os 6 proxectos que se traen aquí para enviar á Xunta e polo tanto para que se declare a urxente ocupación destes terreos. Votamos entón a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Co fin de acomete-la obra correspondente ó Proxecto de "Conexión variante de Cambados (Cambados)" e pertencente a Fondos propios 2000 cun presuposto para coñecemento da Administración de CATRO MILLÓNS TRESCENTAS CORENTA E CINCO MIL SETECENTAS TRINTA E TRES PESETAS (4.345.733) pesetas, desglosado en presuposto de execución por contrata, 1.590.633 pesetas, e expropiacións 2.755.100 pesetas; visto o informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, sinalando a apremiante necesidade de acometer tal obra para dotar á Variante de Cambados, ubicada no entorno do núcleo urbano de Cambados duns abanicos de entrada e saída no seu enlace coa estrada Pontevedra - Cambados da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e, vistos os documentos RC certificando a existencia de crédito dispoñible na partida 00/511.511-612.02 para facer frente ó gasto de dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto "Conexión variante de Cambados (Cambados)", pertencente a Fondos propios 2000, cun presuposto para coñecemento da Administración de CATRO MILLÓNS TRESCENTAS CORENTA E CINCO MIL SETECENTAS TRINTA E TRES PESETAS (4.345.733), desglosado en presuposto de execución por contrata, 1.590.633 pesetas, e expropiacións, 2.755.100 pesetas. 2.- A exposición pública do mesmo, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse aquelas. 3.- A autorización do gasto que conleva tal obra. 4.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, de 26-09-2000. 5.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 6.- A motivación da urxencia a que se pretende somete-lo expediente expropiatorio en base ó mentado informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, advirtindo a apremiante necesidade de dotar á Variante de Cambados duns abanicos de entrada e saída no seu enlace coa estrada Pontevedra - Cambados da CPTOPV, co fin de dotar de maior fluidez ó tráfico en tal variante. Á vista do Proxecto "Rotonda en EP 9802 Estrada-Aceñas (Illa de Arousa)", con presuposto para coñecemento da Administración de CINCO MILLÓNS CENTO SETE MIL CATROCENTAS OITENTA PESETAS (5.107.480), desglosado en presuposto de execución de contrata (4.802.480 pts.) e no capítulo de expropiacións (305.000 pts.) emitíndose pola Intervención, con data 4 de setembro de 2000, Documento RC nº 2000.020.580 certificando a existencia de crédito dispoñible para facer frente ó gasto indicado e sobre a base do informe do Enxeñeiro Director de Vías e Obras polo que se manifesta a urxente necesidade de dotar á EP 9802 Estrada-Aceñas (Illa de Arousa) dunha rotonda que proporcione fluidez ó tráfico que se dirixe á Illa con destino ás súas praias, acórdase por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto "Rotonda en EP 9802 Estrada-Aceñas (Illa de Arousa)" pertencente a Fondos propios 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de CINCO MILLÓNS CENTO SETE MIL CATROCENTAS OITENTA PESETAS (5.107.480) (execución por contrata: 4.802.480 pts. e expropiacións 305.000 pts.) 2.- A exposición pública do proxecto por prazo de 15 días hábiles a efectos de posibles reclamacións; entendéndose aprobado definitivamente de forma automática, en caso de non producirse reclamacións. 3.- A autorización do gasto que conleva tal obra. 4.-A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación con fundamento no informe de 18 de setembro de 2000 emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se sinala como fin primordial da obra o dotar de fluidez ó tráfico que chega á Illa con destino ás praias. 5.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 6.- A motivación da urxencia da expropiación sobre a base da imperiosa necesidade de acometer tal obra, coa finalidade de facilita-lo acceso e retorno das praias da Illa, actualmente dificultado pola angostura da vía, o estacionamento de vehículos e a densidade do tráfico, tal e como advirte o informe de data 18 de setembro emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Á vista do Proxecto de "PO-9501 Ribadumia-Grenla (Ribadumia)", co nº 77 do Programa Operativo Local 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de CINCUENTA E SEIS MILLÓNS DE PESETAS (56.000.000), desglosado en presuposto de execución por contrata 53.665.480 pesetas e capítulo de expropiacións 2.334.520 pesetas; emitíndose informe por Intervención, con data 19 dos correntes, no que se manifesta a existencia de consignación para atender ó gasto da referida obra con cargo á partida 00/911.511-611.03 do vixente presuposto provincial; e, emitíndose informe polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, o 18 de setembro de 2000, sinalando a imperiosa necesidade de iniciar un expediente expropiatorio para a execución de tal obra, dada a falta de conformidade dun afectado, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto "PO-9501 Ribadumia-Grenla (Ribadumia)", co nº 77 do Programa Operativo Local 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de CINCUENTA E SEIS MILLÓNS DE PESETAS (56.000.000), desglosado en presuposto de execución por contrata 53.665.480 pesetas e capítulo de expropiacións 2.334.520 pesetas. 2.- A exposición pública de dito proxecto por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva, de forma automática. 3.- A autorización do gasto que conleva a obra de referencia. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 5.- A motivación da urxencia do expediente expropiatorio con base no informe do Enxeñeiro Técnico Director de Vías e Obras, sinalando que, dada a conformidade dos afectados, a excepción dun, resulta imprescindible iniciar unha expropiación urxente que garinta a dispoñibilidade de tódolos terreos. Á vista do Proxecto de "PO-4203 Tortoreos-Estación (As Neves)", obra nº 80 do Programa Operativo Local 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de SESENTA E OITO MILLÓNS DUASCENTAS CORENTA E UNHA MIL SEISCENTAS PESETAS (68.241.600), desglosado en presuposto de execución por contrata 60.000.000 de pesetas e capítulo de expropiacións 8.241.600 pesetas; emitíndose informe por Intervención, con data 15 dos correntes, corroborando a existencia de consignación para atender ó gasto da referida obra con cargo á partida 00/911.511-611.03 do vixente presuposto provincial; e, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, sinalando a imperiosa necesidade de acometer con urxencia a mencionada obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto "P-4203 Tortoreos-Estación (As Neves), obra nº 80 do Programa Operativo Local 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de SESENTA E OITO MILLÓNS DUASCENTAS CORENTA E UNHA MIL SEISCENTAS PESETAS (68.241.600), desglosado en presuposto de execución por contrata 60.000.000 de pesetas e capítulo de expropiacións 8.241.600 pesetas. 2.- A exposición pública de dito proxecto por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva, de forma automática. 3.- A autorización do gasto que conleva a obra de referencia. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 5.- A motivación da urxencia que se solicita para o expediente expropiatorio con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, sinalando a imperiosa necesidade de executar tal obra, dado que o trazado da actual estrada, coa súa acusada sinuosidade, xenera un dos puntos negros da rede provincial. Aprobándose polo Pleno da Corporación Provincial de 28 de xullo de 2000, o Proxecto "Ensanche e mellora de trazado EP 2908 Arcade-Amoedo", pertencente a Fondos Propios 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de CENTO SESENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA MIL SEISCENTAS TRES PESETAS (162.970.603), das que 14.666.200 pesetas corresponden a expropiacións, con base no informe emitido por Intervención o 18-07-2000, corroborando a existencia de consignación presupostaria na partida 00/511.511-612.02 para a suma de 28.304.403 pesetas, correspondentes ó exercicio 2000 e para as expropiacións que conleva a referida obra; e á vista do informe de 13 dos correntes do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur manifestando a imperiosa necesidade de acometer tal obra para dotar á estrada Arcade - Amoedo dunha mellora que eliminará as numerosas curvas altamente perigosas existentes na actual traza, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A exposición pública do Proxecto "Ensanche e mellora de trazado EP 2908 Arcade-Amoedo", pertencente a Fondos Propios 2000, con presuposto para coñecemento da Administración de CENTO SESENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA MIL SEISCENTAS TRES PESETAS (162.970.603), das que 14.666.200 pesetas corresponden a expropiacións, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva, de forma automática. 2.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, con base no informe de 13-09-2000 emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur. 3.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados pola obra de referencia. 4.- A motivación da urxencia que se pretende dar ó expediente expropiatorio de acordo co informe de 13 dos correntes do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur manifestando a necesidade apremiante de mellora-lo actual trazado da estrada entre Arcade e Amoedo, mediante a creación dunha vía rápida e segura que dote de fluidez ó tramo entre o PK 0+000 e o PK 3+125, eliminando numerosas curvas perigosas existentes na actualidade. Á vista do Proxecto "PO-4304 Meirol -enlace autovía (Mondariz)" (POL 2000), con presuposto para coñecemento da Administración de CORENTA E NOVE MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E SEIS MIL OITOCENTAS QUINCE PESETAS (49.756.815), (presuposto de execución por contrata: 41.500.000 pesetas; e, expropiacións: 8.256.815 pesetas); emitíndose informe por Intervención, o 11-08-2000, corroborando a existencia de consignación presupostaria para facer frente ó gasto ocasionado por tal obra con cargo á partida 00/911.511-611.03; e, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, de 13 dos correntes, sinalando a imperiosa necesidade de acometer con urxencia a mencionada obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto "PO-4304 Meirol- Enlace Autovía (Mondaríz)" (POL 2000), con presuposto para coñecemento da Administración de CORENTA E NOVE MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E SEIS MIL OITOCENTAS QUINCE PESETAS (49.756.815) (execución por contrata: 41.500.000 pesetas; e, expropiacións: 8.256.815 pesetas). 2.- A exposición pública de dito proxecto por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, o que de non producirse determinará a aprobación definitiva, de forma automática. 3.- A autorización do gasto que conleva a obra de referencia. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados por dita obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ó expediente expropiatorio con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur sinalando a imperiosa necesidade de efectuar esta obra como alternativa ó actual trazado da estrada, que discorre polo núcleo urbano con edificacións situadas ó borde do firme, co grave perigo que iso supón para a seguridade vial na zona. ------ Folla: 10.4518.- MOCIÓN PRESENTADA POR DONA CLARA MILLÁN GONZÁLEZ, DO BNG, SOBRE A MARCHA MUNDIAL DE MULLERES Sr. Presidente.- Fóra da orde do día hai dúas cousas que me presentou a Sra. Clara Millán, que eu creo que ela mesma pode proceder á súa lectura. Sra. Millán González.- Bos días. Gracias. En principio vou a proceder á lectura da Moción sobre a Marcha Mundial das Mulleres que se vai a celebrar o vindeiro 14 de outubro. Di o seguinte: O vindeiro 14 de outubro celébrase unha manifestación en Bruxelas á que acudirán mulleres galegas e de todo o continente para reclamar das institucións internacionais medidas concretas de carácter mundial sobre a pobreza, a violencia e a igualdade en apoio das actuacións que se desenvolverán os días seguintes. Así o día 16 de outubro, na cidade de Washington, unha delegación de mulleres provenientes do mundo enteiro reunirase co Sr. James D. Wolfenshon, Presidente do Banco Mundial, e logo co Director Xeral do Fondo Monetario Internacional. O día 17 de outubro a mesma delegación estará en Nova Iorque para entregar ó Secretario Xeral da ONU Kofi Annan os dez millóns de sinaturas que apoian as reivindicacións mundiais. Por primeira vez na historia as mulleres dos cinco continentes únense para demandar medidas destinadas a elimina-la pobreza e garantir unha distribución equitativa da riqueza mundial entre ricos e pobres, entre mulleres e homes, e erradica-la violencia sobre as mulleres e asegura-la igualdade entre as mulleres e os homes. A participación de máis de cinco mil grupos en 157 países e territorios fai que a marcha mundial constitúa unha mobilización de mulleres sen precedente. A marcha mundial forma parte do movimento social que compoñen asociacións, movimentos sociais, sindicatos, grupos, ONGS, etc. que loitan contra a mundialización neoliberal actual propondo alternativas e forzando a solidariedade a escala planetaria. É por iso que o grupo provincial do BNG presenta esta moción e solicita do Pleno da Corporación Provincial a adopción dos seguintes acordos: 1.- A Institución provincial súmase publicamente á celebración da Marcha Mundial das Mulleres, a través dos medios de comunicación; 2.- A Institución provincial colaborará na realización de cantos actos se celebren no país por este motivo e apoia as mobilizacións convocadas pola Coordenadora Galega pola Marcha Mundial das Mulleres. Iso é todo. Gracias. Sr. Presidente.- Moi ben. Hai unha intervención. Sra. Abelairas Rodríguez.- Por parte do Partido Socialista, creo que había que votar a urxencia. Sr. Presidente.- Si, vamos a proceder á votación da súa urxencia. Sra. Abelairas Rodríguez.- Vamos a ver. Por parte do Partido Socialista apoiamos esta moción e dicir que na Comisión da Muller recibimos unha petición de subvención e que se está estudiando e vai haber unha subvención para ese tipo de actos. Sr. Presidente.- Pois moi ben. Me parece moi ben esa iniciativa. Polo tanto, o Partido Popular tamén que entende que debemos apoiar esta moción e vamos a votar a favor da súa urxencia e da propia moción. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Votamos a moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Apróbase por unanimidade a Moción presentada por Dona Clara Millán González, do BNG, sobre a Marcha Mundial de Mulleres sendo o seu texto o seguinte: "O vindeiro 14 de outubro celébrase unha manifestación en Bruxelas á que acudirán mulleres galegas e de todo o continente, para reclamar das institucións internacionais medidas concretas de carácter mundial sobre a pobreza, a violencia e a igualdade, e en apoio das actuacións que se desenvolverán nos días seguintes. Así o día 16 de outubro, na cidade de Washington, unha delegación de mulleres provenientes do mundo enteiro, reunirase co Sr. James D. Wolfenshon, Presidente do Banco Mundial, e logo có Director Xeral do Fondo Monetario Internacional, Sr. Horst Köhler. E o día 17 de outubro a mesma delegación estará en Nova Iorque para entregar ó Secretario Xeral da ONU, Kofi Annan, os dez millóns de sinaturas que apoian as reivindicacións mundiais. Por primeira vez na historia as mulleres dos cinco continentes únense para demandar medidas destinadas a - Eliminar a pobreza e garantir unha distribución equitativa da riqueza mundial entre ricos e pobres, entre mulleres e homes; e, - Erradicar a violencia sobre as mulleres e asegurar a igualdade entre as mulleres e os homes. A participación de máis de 5.000 grupos en 157 países e territorios fai que a Marcha Mundial constitúa unha mobilización de mulleres sen precedente. A Marcha Mundial forma parte do movimento social que compoñen asociacións, movimentos sociais, sindicatos, grupos, ONGS, etc., que loitan contra a mundialización neoliberal actual propondo alternativas e forxando a solidariedade a escala planetaria. É por iso que o Grupo Provincial do BNG presenta esta Moción e solicita do Pleno da Corporación Provincial a adopción do seguinte ACORDO 1.- A Institución Provi
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota