ATOPO
Registros actuales: 1.618.838
Objetos digitales disponibles: 504.649

Acta de sesión 2006/09/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-09-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/09/27_Ordinaria

  • Data(s) 2006-09-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e seis minutos do día vinte e sete de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Bernardo Sartier Boubeta, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno correspondente ó día de hoxe. ------ Folla: 1.5437.- AXUDA Á FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA A CREACIÓN DUN SERVIZO MANCOMUNADO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Sr. Presidente.- Temos como primeiro punto da orde do día, axuda á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores para a creación dun Servizo Mancomunado de Prevención de Riscos Laborais. Ten a palabra o Sr. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si, moi bos días, Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. O primeiro punto da orde do día pois trata de apoiar economicamente a creación dun Servizo Mancomunado de Prevención de Riscos Laborais, unha pretensión da Federación de Confrarías da provincia de Pontevedra, pola cal veñen pelexando dende fai xa uns anos. O obxecto pois é promover a seguridade e a saúde dos traballadores, dos traballadores nunha profesión que está cualificada como unha actividade de alto risco. Simplemente lembrar que a Federación Provincial de Confrarías agrupa as 21 Confrarías da provincia e ostentan a representación do subsector da pesca de baixura composta aproximadamente por once mil persoas. Dicir que este servizo mancomunado de prevención de riscos laborais, a creación, supón entendemos unha aposta, un apoio global ó sector da pesca de baixura da nosa provincia, e favorece o cumprimento da Lei promovendo a seguridade e a saúde dos traballadores de acordo co artigo 15 da Lei 31/1995 que fai referencia ós principios desta acción preventiva. E pouco máis que dicir, simplemente que sen dúbida se trata dunha das accións máis importantes, levadas a cabo por parte da Sección de Pesca e Cultivos Mariños do Servizo Agrario da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Enrique Sotelo. Creo que como ben se acaba de explicar era precisamente un convenio moi importante que non é só unha axuda directa á confraría senón que é algo que dalgunha maneira afecta precisamente ó risco da vida das persoas, e creo que neste sentido debía colaborar a Deputación e de aí que chegáramos a este importantísimo acordo que se refrendará nos próximos días. ¿Algunha intervención?. Non habendo intervencións procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, o Pleno acorda por unanimidade conceder unha axuda económica por importe de 90.000,00 euros e con cargo ás partidas 06/711.711.479.01 (45.000,00¤) e 06/711.711.779.02 (45.000,00¤), á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra para a creación dun Servizo Mancomunado de Prevención de Riscos Laborais. ------ Folla: 2.5438.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE OIA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número 2. Adhesión do Concello de Oia ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 23 de agosto de 2006, polo que se acepta a petición do Concello de Oia, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Oia adoptado na sesión do día 26 de xuño de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Oia ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 3.5439.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA LAMA A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLOS POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS MUNICIPAL Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do Concello da Lama a favor do ORAL para a xestión e recadación da taxa polos postos da praza de abastos municipal. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 23 de agosto de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello da Lama para a xestión e recadación da taxa polos postos da praza de abastos municipal, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión e recadación da taxa polos postos da praza de abastos municipal, realizou o Concello da Lama, por acordo do Pleno de data 14 de xullo de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5440.- MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS REGULADORAS DE DIVERSAS TAXAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 4. Modificación das ordenanzas reguladoras de diversas taxas provinciais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Por un lado pensamos que ía a expoñer o Portavoz do Partido Popular, e bueno, nós cando as taxas e impostos se soben nunha porcentaxe que ronda o IPC pois normalmente sempre votamos a favor, o problema é que neste caso hai unha que sobe o 30% dunha maneira que non nos convencen os argumentos e polo tanto ímonos abster. Sr. Presidente.- Moi ben, vaino a explicar ademais o Interventor, agradecemos que nos dea unha explicación. Gracias. Sr. Interventor.- Eso débese como xa expliquei na Comisión Informativa a que se modifica a ordenanza reguladora, esta taxa é de liquidar cun carácter periódico, é dicir, vaise facer unha liquidación única dunha vez e non se vai liquidar todos os anos por Padrón ou matrícula como se viña facendo ata agora, dado que se vén facendo así nas outras Deputacións de Galicia, concretamente na da Coruña, e por outro lado, son cantidades moi pequenas e darlle a paliza todos os anos ós contribuíntes por pequenos importes, e estimamos que non era conveniente seguir con ese sistema de xestión das taxas. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistos os expedientes tramitados para a modificación das ordenanzas reguladoras da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial e da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades realizadas na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", polos motivos que constan nas respectivas memorias da Presidencia, e vistos así mesmo os informes de Intervención que figuran nos respectivos expedientes, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, para incluír os seguintes cambios na mesma: Ø Suprimir os apartados b) dos artigos 7, 8 e 9 da ordenanza. Ø Suprimir nas tarifas o apartado D relativo a aproveitamentos xerais ou múltiples e o parágrafo que fai referencia á redención da taxa. Ø Establecer unha disposición adicional para que os contribuíntes que teñan redimido a taxa por algún aproveitamento en exercicios anteriores, non teñan dereito a ningunha compensación por eliminar a liquidación da taxa na súa modalidade periódica. Ø Actualizar as tarifas nos apartados A e B, cun incremento do 2%, e no apartado C, cun incremento do 30%. Unha vez introducidas as citadas modificacións esta ordenanza queda da seguinte forma: ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL. Artigo 1. Natureza e fundamento. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril (LRBRL), e o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial. Esta taxa ten por obxecto compensar ó común dos cidadáns das limitacións que no uso do dominio público provincial se impoñen polas utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais do dominio público por parte das persoas físicas ou xurídicas que realizan ditos aproveitamentos. Artigo 2. Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial e, en particular, polos supostos que se citan no artigo 20.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. Non están suxeitos a esta taxa os aproveitamentos realizados polos entes públicos territoriais e os seus organismos públicos dependentes, sempre que se trate de aproveitamentos para prestar servizos básicos para o desenvolvemento normal da vida dos cidadáns. Así mesmo, non están suxeitos ós aproveitamentos realizados por persoas particulares ou asociacións de veciños cando se trate de servizos básicos para o desenvolvemento normal da vida destes (auga, saneamento, etc.). Artigo 3. Suxeitos pasivos. - Son suxeitos pasivos desta taxa, en calidade de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 35.4 da Lei 58/2004, de 17 de decembro (LXT) que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades a que fai referencia o artigo anterior. - No suposto de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial con entrada de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas, serán suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os propietarios dos terreos e locais ós que dean acceso as ditas entradas de vehículos, que poderán, no seu caso, repercutir as cotas sobre os respectivos beneficiarios. Artigo 4. Responsables. - Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas referidas nos artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria. - Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 43 da Lei xeral tributaria. Artigo 5. Cota tributaria. As cotas desta taxa fixaranse tomando como referencia o valor de mercado correspondente ou da utilidade derivada dos aproveitamentos que se realicen. A determinación do valor de mercado ou a utilidade dos aproveitamentos farase calculando o custo financeiro que suporía a retribución do capital necesario para adquirir terreos de similares características e análoga situación; para iso, aplicarase un 5 por cento, en concepto de interese estimado a longo prazo, sobre os valores estimados do metro cadrado e lineal do dominio público provincial; valores que se cuantifican no informe dos servizos técnicos provinciais; obtéñense así as cantidades máximas por metro lineal e por metro cadrado que se poderán cobrar por cada aproveitamento. A cota desta taxa será a que figura no anexo desta ordenanza. Artigo 6. Beneficios fiscais. Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais. Artigo 7. Período impositivo e devengo. O período impositivo será anual para todo tipo de aproveitamentos. Non obstante, se o aproveitamento é por período inferior ó anual pódense prorratear as tarifas por meses. O devengo desta taxa será puntual, é dicir, devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial, se ben se esixirá en calidade de depósito previo no momento de presentarse a solicitude de concesión, licenza ou autorización para realizar o aproveitamento do dominio público provincial. O aproveitamento non se poderá autorizar en tanto non se ingrese o depósito previo. Artigo 8. Liquidación. Liquidarase a taxa unha vez presentada a solicitude de concesión, licenza ou autorización para realizar o aproveitamento do dominio público provincial, e antes de proceder á tramitación do expediente de concesión do aproveitamento. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público provincial sen licenza procederase a liquidar e notificar a débeda, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións de contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria. Artigo 9. Ingreso. O ingreso da taxa deberase realizar no momento de presentar a solicitude, ou unha vez recibida a notificación da liquidación, pero, en todo caso, con anterioridade á concesión da autorización do aproveitamento. O pagamento desta taxa realizarase na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras sinaladas na notificación da liquidación ou no edito de exposición pública da matrícula ou do padrón. O ingreso do depósito previo realizarase, en todo caso, con anterioridade á concesión do aproveitamento. Artigo 10. Infraccións e sancións. Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento. Artigo 11. Normas de xestión. As persoas ou entidades interesadas na concesión de autorización ou licenza para realizar os aproveitamentos sobre o dominio público provincial ó que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, detalle da lonxitude ou superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo provincial. Antes de que se autorice ou se conceda a licenza, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo. O Servizo de Vías e Obras examinará o expediente e comprobará a realidade dos datos da solicitude. Posteriormente, remitirallo á sección de Recursos Económicos para proceder á oportuna liquidación, que se lle notificará ó interesado/a para que o aboe antes de retirar a autorización ou licenza. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo. O depósito provisional non implica ningún dereito e non faculta para realizar os aproveitamentos solicitados. DISPOSICIÓN ADICIONAL. Os contribuíntes que teñan redimido a taxa en exercicios anteriores, non teñen dereito a ningunha compensación por eliminar a modalidade de liquidación periódica, xa que esta verase substituída por unha liquidación única de maior importe. DISPOSICIÓN FINAL. O acordo de aprobación inicial de modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día ......de .................. de 2006. As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2007, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa. ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Aproveitamentos de particulares, por cada un: A.1. Mínimo 6,50 ¤ A.2. Metro lineal 0,55 ¤ A.3. Metro cadrado 0,85 ¤ A.4. Máximo 21,65 ¤ B. Aproveitamentos de agrupacións ou asociacións de veciños ou similares, por cada un: B.1. Mínimo 9,75 ¤ B.2. Metro lineal 0,85 ¤ B.3. Metro cadrado 1,10 ¤ B.4. Máximo 32,50 ¤ C. Aproveitamentos de persoas xurídicas, por cada un: C.1. Mínimo 16,55 ¤ C.2. Metro lineal 1,40 ¤ C.3. Metro cadrado 1,75 ¤ C.4. Máximo 138,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. -Aprobar así mesmo a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou actividades que se realizan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", para incluír os seguintes cambios na estrutura da tarifa da mesma: Ø Actualizar as tarifas cun incremento do 2% e con redondeo á alza para facilitar a xestión de cobro. Ø Suprimir o apartado 1.4 "Utilización de instalacións de cociña e comedor...", pasando a ser a nova tarifa "Utilización de aulas...", que anteriormente era o apartado 1.5. Ø O novo apartado 1.4 "Utilización de aulas ...", subdividise en tres subapartados. Ø Ó apartado 2.1. suprímenselle os subapartados 2.1.1. e 2.1.2, eliminando a distinción "con luz ou sen luz" (cobrarase o mesmo). Ø O apartado 1.6. "Utilización de auditorio ..." pasa a ser o apartado 1.5. Ø O apartado 3 "Venda de produtos de cafetería" pasa a recoller a tarifa pola utilización de transporte do Centro de Día que se establece por primeira vez, e a venda de produtos de cafetería pasa a ser o apartado 4. Unha vez introducidas as citadas modificacións que afectan ó "Anexo I" desta ordenanza, esta queda da seguinte forma: ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE. ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1. Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes 420,00 ¤ (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes 271,00 ¤ (almorzo, cea e aloxamento) 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 15,00 ¤ 1.3.1.1. Almorzo, ó día 2,50 ¤ 1.3.1.2. Comida, ó día 4,50 ¤ 1.3.1.3. Merenda, ó día 1,50 ¤ 1.3.1.4. Cea, ó día 3,00 ¤ 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 6,00 ¤ 1.4. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 1.4.1. Teóricas 9,00 ¤ 1.4.2. Informáticas 20,00 ¤ 1.4.3. Talleres 50,00 ¤ 1.5. Utilización do auditorio, cada sesión 90,00 ¤ 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo, cada hora ou fracción 12,00 ¤ 2.2. Campo de fútbol, cada hora ou fracción 15,00 ¤ 2.3. Escolas deportivas. Por actividade e curso. 30,00 ¤ 3. Utilización de transporte escolar do Centro de Día, cada mes 30,00 ¤ 4. Venda de productos en cafetería: 4.1. Refrescos: Cervexa Heineken bote 1,20 ¤ Cervexa Heineken 1/3 1,00 ¤ Cervexa Heineken 1/5 0,75 ¤ Cervexa 1/3 (Águila) 0,75 ¤ Cervexa Buckler sen alcohol 0,80 ¤ Cervexa 1/5 (Águila) 0,60 ¤ Sidra 0,75 ¤ Bitter sen alcohol 0,75 ¤ Coca-cola botella 0,75 ¤ Coca-cola bote 0,75 ¤ Tónica 0,85 ¤ Kas bote 0,75 ¤ Nestea 0,90 ¤ Zumes 0,75 ¤ Mosto 1/2 0,75 ¤ Trinas (bote) 0,75 ¤ Auga mineral 1 0,70 ¤ Auga mineral 1/2 0,50 ¤ Auga mineral 1/4 0,40 ¤ Té e macela 0,40 ¤ Té con leite ou limón 0,45 ¤ Café só 0,60 ¤ Café cortado 0,60 ¤ Café con leite 0,60 ¤ Café con xeo 0,70 ¤ Café dobre con leite 0,70 ¤ Café descafeinado 0,60 ¤ Café descafeinado dobre 0,70 ¤ Cola-cao 0,70 ¤ 4.2. Repostería: Bolo de leite 0,60 ¤ Croissant 0,60 ¤ Croissant con queixo 0,80 ¤ Croissant con xamón 1,30 ¤ Croissant con queixo e xamón 1,50 ¤ Magdalena 0,25 ¤ 4.3. Bocadillos: Xamón 1,40 ¤ 1/2 de xamón 0,75 ¤ Tortilla 1,00 ¤ 1/2 de tortilla 0,60 ¤ Queixo 1,00 ¤ 1/2 de queixo 0,60 ¤ Mortadela 0,75 ¤ Mortadela con queixo 1,05 ¤ 1/2 de mortadela 0,45 ¤ 1/2 de mortadela con queixo 0,60 ¤ Chourizo 1,00 ¤ 1/2 de chourizo 0,60 ¤ Tortilla con xamón 1,50 ¤ 1/2 de tortilla con xamón 0,85 ¤ Xamón con queixo 1,50 ¤ 1/2 de xamón e queixo 0,85 ¤ Chourizo e queixo 1,15 ¤ 1/2 de chourizo e queixo 0,70 ¤ Marmelo 0,75 ¤ 1/2 de marmelo 0,45 ¤ Marmelo e queixo 1,15 ¤ 1/2 de marmelo e queixo 0,70 ¤ Salchichón extra 1,15 ¤ 1/2 de salchichón extra 0,70 ¤ Tacos 0,45 ¤ Salchichón con queixo 1,50 ¤ 1/2 de salchichón con queixo 0,85 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación das ordenanzas destas taxas exporanse ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2007, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia do texto íntegro dos artigos modificados. ------ Folla: 5.5441.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 4/2006 Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de modificación de créditos número 4/2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Antes de nada nos gustaría, nos gustaría, que unha partida que está sen desagregar, a 511.511.210, ou sexa, como sabemos está reiterado, infraestruturas e bens materiais, mantemento, habitualmente o Parque de Maquinaria, chapapote e demais, pois di, inclúe actuacións de emerxencia, supoño que serán os gastos de actuacións de emerxencia, en vertidos do Río Umia e en extinción de incendios. Non está desagregado, nos gustaría saber cal é esa cantidade de gastos extraordinarios que tivo a Deputación como consecuencia das actuacións que tivo se é que as tivo, en relación ós vertidos no Río Umia, en relación ós incendios, e se puidera ser, que eso sería magnífico, separala cada unha delas, que custe, que sobre custe supuxo, que gastos extraordinarios houbo no vertido do Río Umia e que gastos extraordinarios houbo na extinción de incendios. Sr. Presidente.- Creo que falaba antes co Interventor, aínda non temos o resume, esta partida vai a ir, esta cantidade vai a ir para o Parque de Maquinaria e teredes coñecemento todos os grupos unha vez que nos pasen detalladamente precisamente a relación de facturas dos gastos que eso ocasionou, pero a partida é moito maior porque se fai unha modificación de crédito para incorporar precisamente diñeiro ó Parque de Maquinaria, sobre todo para melloras en vías, neste caso provinciais, ou tamén municipais, ou sexa que cando teñamos agora mesmo a modificación de créditos corresponde a diñeiro que se vai transferir directamente ó Parque de Maquinaria e tan pronto como se teñan as facturas aquí se traerán, neste caso á Intervención e aí estarán á disposición de todos porque eso lévao o Parque de Maquinaria, non o levamos nós, e cando o teñamos estará á disposición de todos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero, ¿non hai ningunha estimación?, podemos falar. Sr. Presidente.- Non, agora se están reclamando precisamente, creo que por parte do Parque de Maquinaria. Polo que me di o Interventor sobre 200.000 euros aproximadamente que pode haber de gastos. Entón pois eso é o que se trae, vamos, cando nos pasen detalladamente o traeremos aquí e se lle exporá. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, digo que é un dato que interesa, ou sexa, que previo á comprobación definitiva das contas. Sr. Presidente.- Cando no lo traian. Sr. Mosquera Lorenzo.- Os gastos extraordinarios foron 200.000 euros e se lle mete 1.200.000 euros, ou sexa, un millón máis para este tipo de fins. Sr. Presidente.- Exacto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pois gracias pola aclaración e nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, é que, home, nós non tiñamos pensado intervir, porque a contía tampouco é tan enorme, o que pasa é que dar esa cifra e dar os datos que acaba de dar vostede non se entende moi ben, entre outras cousas, entre outras cousas, porque o Presidente si dispón dunha cantidade moi importante, de libre disposición, moi importante, dos diferentes plans, para poder acometer esa cuestión sen ningún problema e nin sequera esperar á hora, é dicir, para poder intervir no seu momento e de xeito realmente forte e importante no tema. Home, adicar a ese apartado 1.200.000 euros cando a previsión que teñen é de 200.000, loxicamente daría para que sigan explicando que van a facer co resto do millón de euros. Como nos contarán outra milonga, me imaxino, como a que nos acaban de contar, nós ímonos abster neste tema. Sr. Presidente.- Non, eu só dicirlles que o Parque de Maquinaria debe ter un presuposto superior ós 3.000.000 de euros, non quero recordar agora a cifra, pois en principio este ano debe ser a segunda modificación de crédito que se fai para a incorporación de diñeiro a esta actividade importante que fai a Deputación, e que ¿a onde se vai destinar?, pois é evidente que á mellora de vías provinciais así como á mellora de vías municipais. Ou sexa, que non ten máis que ningunha dúbida de que se vai seguir facendo o que se fixo sempre e ata agora. Polo tanto non hai nada que dalgunha maneira non se fixera antes e por eso vamos a proceder tamén a facelo agora. Polo tanto procedemos á votación neste caso do expediente de modificación de créditos número 4/2006, que agora por exemplo non poderán dicir que hai moitos expedientes de crédito, hai catro nada máis, creo que antes no concello de Vigo había cen ou cento e pico, ou sexa que polo tanto é unha cantidade insignificante. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, todos sabemos e o aclaramos noutros Plenos, de que este ano hai moitas menos modificacións de créditos, que me parece ben, porque tiveron moi pouquiños remanentes, cascaron o ano pasado todo o que tiñan e máis, máis ... Esa é a razón, entón non meta ese elemento senón empezamos a discutir outra vez cal é o estado económico en canto á xestión, os gastos ordinarios desta Deputación e como se tira da manivela. Creo que é mellor non meter ese elemento. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Mosquera. Pois dicirlle, como digo van catro expedientes de modificación de crédito, non sei se será o último ou non, pero a verdade é que son relativamente poucos e por eso vamos a proceder á aprobación do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 4/2006, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 1.414.000,00 euros, importe que supón unha modificación cuantitativa de 564.000,00 euros e unha modificación cualitativa de 850.000,00 euros, e que está motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase da seguinte forma: q Os créditos extraordinarios, por importe global de 60.000,00 euros, con cargo a maiores ingresos recadados sobre os previstos no concepto de ingresos "123.601.00", por importe de 60.000,00 euros. q Os suplementos de créditos, por importe de 1.354.000,00 euros, co seguinte detalle: · Con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, por importe de 440.000,00 euros, · Con cargo a maiores ingresos recadados sobre os totais previstos no concepto de ingresos "123.601.00", por importe de 64.000,00 euros, · Con cargo á anulación ou baixa de crédito por un importe total de 850.000,00 euros das seguintes partidas: "611.011.310.00", por importe de 350.000,00 euros; da "711.223.462.01", por importe de 300.000,00 euros e da "911.911.762.08", por importe de 200.000,00 euros. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSOE, aprobar o expediente de modificación de créditos número 4/2006, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos... 1.290.000,00 ¤ Capítulo 3º Gastos financeiros..................................... - 350.000,00 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes............................ - 300.000,00 ¤ Capítulo 6º Investimentos reais.................................... 124.000,00 ¤ Capítulo 7º Transferencias de capital .......................... - 200.000,00 ¤ Total variacións por capítulos ........ 564.000,00 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5442.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES (MEIS)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación inicial do proxecto "EP 9402 Mosteiro-Barrantes (municipio de Meis)". Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Non habendo preguntas procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "EP 9402 Mosteiro - Barrantes", pertencente ó Programa operativo local (POL 2006), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 661.839,36 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 588.000,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 73.839,36 euros, ten por obxecto a terminación do ensanche de dita estrada, así como a mellora do firme actual. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que implica con cargo ás partidas 06/911.511.611.03 e 06/511.511.612.02 e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.A aprobación inicial do proxecto "EP 9402 Mosteiro - Barrantes" pertencente ó Programa operativo local (POL 2006), dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 661.839,36 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 588.000,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 73.839,36 euros. 2.A exposición pública deste e do expediente de expropiación que leva consigo, polo prazo regulamentario, para os efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, no caso de non producirse estas. 3. A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte advertindo da urxencia que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que se sinala que "O vial provincial 9402 Mosteiro - Barrantes non só une os concellos de Meis e de Ribadumia, servindo ademais de conexión coa vía de alta capacidade, senón que ademais se configura como vía alternativa á estrada de Noalla - Caldas; esa circunstancia, unida ó intenso tráfico que soporta ó longo do ano xa que atravesa importantes núcleos de poboación, converten a esta estrada provincial nunha infraestrutura de gran relevancia para a zona. Con máis de 7 quilómetros de lonxitude, a EP 9402 foi obxecto de ensanche en máis da metade do seu percorrido grazas, na maioría dos casos, á colaboración desinteresada duns veciños, conscientes da importancia que supón mellorar este vial. Agora redáctase o presente proxecto co obxectivo de mellorar os distintos tramos de estrada que, por distintas circunstancias, non puideron ser obxecto de mellora. En consecuencia, a urxencia da tramitación do expediente e a necesaria ocupación dos terreos xustifícase porque os distintos tramos de estrada que quedan por mellorar se converteron en puntos negros para a seguridade viaria, xa que o feito de mellorarse gran parte do trazado implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente estado dos distintos tramos obxecto do presente proxecto, poñen en constante perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. A maiores, o feito de que a EP 9402 discorra por unha zona altamente poboada, implica que, co fin de garantir a seguridade duns peóns que ó atoparse con tramos moi estreitos se ven obrigados a invadir a calzada co conseguinte risco que isto supón, as obras deberán executarse o máis axiña posible. Polo exposto e dado que a obra implica a afección de terreos particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxa tramitación polo procedemento de urxencia queda sobradamente xustificado polos motivos antes mencionados." ------ Folla: 7.5443.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DE "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA. DE CAMBADOS ENLACE COA EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES (MEIS)" Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Meis para a realización de obras de "Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados enlace coa EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)". Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Estamos nun caso similar ó que nos ocupou no último Pleno, no que como é coñecido de todos, porque foi tradición nesta Deputación, quitando os concellos de Pontevedra e Vigo que funcionaban vía convenio, funcionaban, ou funcionan, depende dos casos, pois no resto había uns plans e só cos convenios que se facían cos concellos, salvo casos excepcionais, pero non para este tipo de fins, eran para urbanizar estradas provinciais, neste caso non é así, é igual que o Pleno pasado, senón que a Deputación vota man clarisimamente dunha infraestrutura, dun vial e duns servizos que son competencia municipal e que repetimos o mesmo, se esto se vai aplicar a todos os concellos da provincia, se fixa un criterio para que, vamos, con que e para que, e non esta discrecionalidade que a uns concellos se financian tipos de obras que antes non financiaba esta Deputación e segue sen financiar ó resto dos concellos e a outros si se lle fai, dende logo eso non o vamos a avalar e votaremos en contra, moi a pesar, realmente esta Deputación está para colaborar cos concellos pero a todos por igual e neste caso non é así porque unha obra de urbanización e saneamento dun vial, dunha rúa municipal, que polo tanto debería facelo o concello coas axudas da Deputación que lle correspondan e a través dos plans ou como calquera outro concello e non esta excepcionalidade que dá que uns saían primados e cunha discriminación e tratos de favor ou de desfavor duns concellos con relación a outros que non podemos avalar. Se se quere cambiar o criterio, cámbiese, pero entón dedíquese unha partida anual a esto e se vaian firmando estes convenios, que todos os concellos o saiban e poidan acceder. Non é o caso evidentemente porque a Deputación non podería afrontar, de feito esta xa se vai ata 2008, non podería afrontar estes gastos, son casos excepcionais que vostedes van sacando adiante segundo os casos e segundo a relación de amistade ou doutro tipo que poida haber co grupo de goberno e non é precisamente un mecanismo correcto para funcionar, e é romper unha tradición, algo que empezaba a ser xa tradición nesta Deputación que creo que lles foi moi ben a todos, saber cal era o marco de xogo e non esta discrecionalidade que creo que prexudica absolutamente a todo o mundo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, como aquí estamos a falar dun convenio entre o concello e a Deputación, por un importe total de 1.681.000 euros, aproximadamente, no que a Deputación vai a poñer pois 1.189.000 euros, pero curiosamente, curiosamente, deriva 1.130.000 euros ós anos 2007 e 2008, é dicir, realmente pon neste ano 59.000 euros. Esto que legalmente é posible facelo, é dicir, non entro nesa discusión de legalidade, si hai unha cuestión que é certa, é dicir, están vostedes derivando inversións importantes e en partes tamén moi importantes a outros anos nos que probablemente non gobernen vostedes esta institución. Do mesmo xeito que fixeron no Pleno anterior co convenio de Ponteareas, por certo e eso tamén é así, que unha vez máis se prima a un concello dunha determinada cor política. Con toda a claridade do mundo llo estou dicindo, é dicir, aquí se está rompendo o acordo e o anuncio que había por parte de vostedes que convenios en exclusiva para os concellos de Vigo e Pontevedra, e os outros convenios cos outros concellos sería sempre e cando afectara a obra a vías provinciais. E esto en todo caso aquí fala do enlace cunha vía provincial, do enlace, pero realmente, digo polo texto do convenio, e non polo proxecto porque o proxecto non o temos diante e polo tanto non podemos estar discutindo doutras cousas. Pero polo texto, se está falando dun enlace e de 1.681.000 euros e esto parece que non ten nada que ver cos convenios que se adican a outros concellos da provincia, que se fan en vías provinciais e eses concellos teñen que asumir esas vías provinciais e eso foi o que se fixo sistematicamente ata agora. Dende o Pleno anterior vostedes romperon esta cuestión e se dedican co concello, segundo vostedes, que llo solicite, polo tanto o normal e lóxico é que todos os concellos da provincia o soliciten. Dicíalle antes que co proxecto na man podíamos incluso variar parte do discurso. Podería haber ó mellor algunha parte que podería ser susceptible de convenio, pero o proxecto no temos na man, e tamén poderíamos aclarar que parte da obra lle correspondería á Deputación, a financiar pola Deputación, que parte da obra teríaa que financiar o concello, e que parte da obra ó mellor teríaa que financiar a Xunta de Galicia, porque aínda que autorice si é propietaria de parte da obra tamén, entón, eso sería o normal e o lóxico. Pero bueno, dado que vostedes van por outro camiño dende hai un mes aproximadamente, nós esto non o vamos apoiar baixo ningún concepto salvo que o Presidente da Deputación se comprometa agora mesmo a abrir unha partida de convenios para todos os concellos da provincia. Entón poderíamos estar discutindo doutra cuestión, senón efectivamente non vamos apoiar esto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. A verdade é que mo puxo fácil porque este mesmo asunto veu a este Pleno da Corporación Provincial hai agora un ano e catro meses, veu aquí e había unha proposta de acordo na que se faculta ó Presidente da Deputación, para que se firme un convenio a tres partes, Xunta de Galicia, Concello de Meis e Deputación de Pontevedra. Ascendía á cantidade máis ou menos do que figura aí, cerca dos trescentos millóns das antigas pesetas. Pero se dan as circunstancias de que ese acordo practicamente cerrado, porque se trouxo aquí ó Pleno da Corporación en abril do ano 2005, pois houbo un cambio de goberno na Xunta e como vostede me dicía que por interese, probablemente vostede pola súa cabeza pasaba un interese partidista, pois pasaba por ese interese partidista de que é un concello gobernado polo Partido Popular, pois que, neste caso que houbera un trato máis favorable por parte desta Deputación. Se dá o caso de que me poño en contacto coa Conselleira actualmente responsable do ramo, lle traslado unha copia do acordo do Pleno da Corporación Provincial, do borrador do acordo do Convenio para que cada unha das partes poña 100, 100 e 100 porque aféctanos ós tres e resulta que bueno pois, chamamos, intentamos, que nos recibira pero nada de nada, ¿que lle parece?, será que ó mellor, pois claro, agora houbo cambios na Xunta e entón non hai posibilidade, os veciños de Meis se ven imposibilitados de que unha obra que levan demandando moito tempo que non se lle faga ¿por culpa de quen será, cando houbo un acordo entre tres Administracións? que era lóxico e que era o normal, pois non foi así, e polo tanto para que vexa vostede cal é a diferencia de trato en relación ás cuestións, porque nós non pedíamos que foramos preferentes, porque non o vamos a ser co goberno que neste momento hai na Xunta de Galicia, pero pretendíamos ó menos facer un reparto equitativo, dicir bueno, é unha carretera autonómica, vamos, un tramo dela, outro é provincial, incluso hai un tramo de vía municipal, menor, pero hai un tramo de vía municipal, e resulta que claro ó haber este cambio de Goberno pois como aquel concello supostamente, bueno realmente está gobernado por un goberno do Partido Popular, pois non se lle poden dar eses cen millóns das antigas pesetas, que hai un acordo plenario que eu lle podo dar unha copia se o quere ver, que sustentaba dalgunha maneira o poder realizar esta obra, visto que non foi así, pois a obra hai que acometela porque o deterioro que ten é grave, e o Alcalde ademais de que ten dificultades para o mesmo pois non lle queda máis remedio que pedirlle á Xunta de Galicia que traspasen ese tramo de vía autonómica a vía municipal, e de aí que traiamos neste caso a aprobación deste Convenio aquí ó Pleno de novo, este Pleno da Corporación Municipal, ¿e porque o traemos?, pois porque houbo un cambio de Goberno da Xunta de Galicia que priva neste caso a Meis de que a Xunta, como sería a súa competencia, pois invista 100 millóns das antigas pesetas, outros 100 a Deputación e outros 100 o concello de Meis, fíxese vostede onde queda a diferencia do que aplican uns ó que fan neste caso outros, e só aínda porque fose por sentido común, xa non interese partidista, creo que o acordo era interesante para todas as partes porque estabamos dalgunha maneira tres institucións asumindo o custo que máis ou menos nos tocaría, pero reitero unha vez máis que co cambio de goberno pois non lle permite ó concello de Meis disfrutar desta cantidade. Pero bueno supoño que neste caso algunha aclaración nos quererán dar. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente é moi fácil coller e buscar unha xustificación por elevación ou non elevación, que evidentemente comprenderá que vostedes levaron a negociación e saberán exactamente en que termos foron, e se recorda xa naquel Convenio nos puxeramos moitísimas reticencias, si, si, claro, porque entón todo concello que teña un vial en mala situación pois se queren renovar todos os servizos ou arreglar, como dixo o Vicepresidente o Sr. Crespo na pasada, no pasado Pleno, o que ten padriños bautízase e quen non, non, ¿verdade?, non parecía xa moi lóxico a solución que se daba naquel momento pero independentemente deso o que estamos falando é que se esta Deputación independentemente da orixe, que houbera un Convenio antes, non o houbera, que deixara de haber o Convenio, que se botara atrás, que se fixera o que sexa necesario, ou que non sexa, se esta Deputación vai a pagar urbanización de rúas de concellos de calquera tipo dentro da Provincia de Pontevedra, sen ser titularidade da Deputación eso é o que está en discusión, eso é o que está en discusión, esto ata agora non se fixo nunca salvo casos moi excepcionais e xustificados ata o Pleno pasado, entón non me vaia pola orixe, o próximo día virá que o Alcalde de non sei onde ou o concello lle fai non sei que, porque a razón e... calquera outra. Non estamos a razón de que estea mal, nin discutimos que estean mal, o que discutimos son as competencias, ¿imaxínase o melón que está abrindo e os problemas que poden crear facendo algo deste tipo?, non é de recibo nin o pasado nin este, vostede sabe perfectamente, independentemente da orixe, que pode xustificar, e outra vez será porque está moi mal, moi mal, e hai vertido de fecais, e outra vez será ... polo que sexa, pero dende logo estamos falando doutra cousa, estamos falando se esta Deputación, cando son vías de competencia municipal, ou doutra Administración, sobre todo municipal, vai a pagarlle este tipo de obras, e ata agora non se fixo, pode ser brillantísimo ou non, non o coñezo, non o coñezo, xa aquel Convenio era realmente moi estraño e creo que non sei se votamos a favor, pero reticencias puxemos, se non mire a acta, puxemos e bastante serias, e que senón por esta vía vamos a rematar que eso, que os concellos segundo o que sexa vai ter as vías urbanizadas que pagaron outras administracións e outros concellos o teñen que pagar todos os cidadáns a toca teja, pois non é xusto, eso é o que estamos discutindo, non a orixe, na orixe, siga co seu discurso que dá igual, que incluso pode quedar moi bonito e convencer, pero non ten a razón e sabe perfectamente que non a ten. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera, Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si vamos a ver Sr. Presidente, non me descubre nada novo en canto á titularidade da Xunta porque xa lle dixen eu, mireino no expediente, algún os expedientes aínda os mira, o que si contou algunha novidade na súa intervención, o que si dixo foi que o concello pedira a reversión da titularidade da Xunta ó Concello, eso non está no expediente, eso non está no expediente, para nada, o cal sería máis grave aínda o tema, eu na primeira intervención lle dixen á vista do proxecto habería que ver ¿que parte ten que pagar a Xunta? e ¿que parte, se hai algunha parte de conexión, ten que pagar a Deputación? e o resto tería que pagar o concello, que é para que esta tamén cada concello, o que non pode ser é que un concello determinado resulte premiado e os demais non, entón a pregunta segue sendo exactamente a mesma ¿vostede comprométese a que haxa unha cantidade dentro do orzamento actual en vía de modificación ou como sexa para que se abra a posibilidade de que todos os concellos da provincia nestas condicións poidan acceder a un Convenio en vías municipais? Dígao e punto, tan claro como iso, e no resto nós mentres vamos a votar en contra por pura lóxica, porque non van a estar primando uns concellos sobre outros. E mire da súa intervención simplemente se desprende unha cousa e é a súa incapacidade absoluta para poder falar coas demais institucións ese é o gran problema que ten vostede, pero xa llo dixemos, anunciamos aquí hai tempo, é dicir vostede esta utilizando a Deputación como ariete contra a Xunta de Galicia, e claro a partir de aí vostede nin chama, porque cando chama ía a dicir é para insultar, pois case, podo recordarlle as súas intervencións nalgún Pleno neste ano referíndose a Presidentes da Xunta, a Presidentes do Goberno, etc., etc., etc., entón claro quen utiliza esa forma de facer política e quen utiliza esta institución como ariete contra outras, pois institucións, ten dificultades de diálogo porque a vostede mesmo lle dá vergoña despois e non chama, ese é problema de fondo, ese é problema de fondo, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González, a diferencia do discurso e que para eso hai que ter argumentos, para reafirmar o que vostede acaba de dicir hai que ter argumentos, eu estou esperando que o Presidente da Xunta me reciba hai máis dun ano, creo que tomaron posesión en agosto, estamos en setembro, hai máis dun ano, a Conselleira do ramo. A ver Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Levan no Parlamento de Galicia máis tempo esperando por vostede e non foi. Sr. Presidente.- Non, no Parlamento levan esperando por min moitos anos máis, bastantes anos máis porque evidentemente non teño obrigación, el si ten obrigación de recibir institucionalmente ó Presidente desta institución, eso é a única diferencia que é importante. En relación a Conselleira do ramo, tamén levo esperando a que me reciba, falei con ela pois incluso eu creo que nin por teléfono, falamos un día nunha inauguración, me dixo que bueno, que ía a velo cando falamos da peaxe de Rande, tamén me comentou que ía a velo, falei co Secretario Xeral pero bueno se dan as circunstancias que co cambio de goberno e con ese talante pois Meis se ve prexudicado e necesitaba ademais desta obra, que aínda que só sexa por sentido común, ademais eu creo que é razoable que tres partes financiaran a obra, Deputación, Xunta de Galicia, Concello de Meis, e por eso que tomouse esta decisión porque o Alcalde non pode esperar máis ante a demanda que ten dos veciños, a Xunta de Galicia non está, nin se lle espera, e polo tanto nos encontramos con esta decisión, vostede me di que se eu me comprometo, eu si me comprometo ¡home!, se non hai ningún trato discriminatorio exemplo do que estamos a falar por parte da Xunta de Galicia asinaremos convenios a tres partes. Vostede dígalle á Xunta de Galicia, que vostede pode ser un bo interlocutor, fale coa Conselleira do ramo e dígalle: a Deputación esta disposta a asinar convenios a tres partes sen ningún problema, ou sexa que eu lle invito a que participe dese tema e que nos traian aquí propostas nese sentido, por eso que a nosa dispoñibilidade segue en pé, agora si sen ningún caso discriminatorio como é este o caso, que ademais aprobado polo Pleno da Corporación Provincial non se, neste caso, atreveron por parte da Xunta de Galicia a ratificar ese Convenio e dalgunha maneira a poñelo en marcha, e con eso nós como temos que darlle solucións ós problemas aquí estamos e aquí o traemos, e aí lle vamos a dar solución polo tanto a un problema que Meis ten dende fai bastantes anos, que estaba encauzado e que por culpa desta situación, unha situación política que é totalmente allea ós problemas dos veciños non se puido resolver. Por eso que xa sen máis procedemos á votación deste punto que creemos que e de moitísimo interese para o municipio de Meis e de moita importancia xa que é a súa avenida principal con outras adxacentes que ten a Deputación e máis o Concello. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo esta Deputación Provincial e o Concello de Meis teñen a intención de levar a cabo a execución da obra de "Mellora da seguridade vial e dotación de servicios na Avda. de Cambados enlace coa EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)" cun orzamento de 1.681.024,46 euros, financiándose a mesma coas achegas da Deputación e do Concello de Meis de acordo coa seguinte distribución por anualidades: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 59.829,09 ¤ 598.290,83 ¤ 538.461,74 ¤ Concello de Meis 41.634,34 ¤ 239.356,84 ¤ 203.451,62 ¤ Investimento total 1.681.024,46 ¤ E, á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Meis que queda redactado como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA DE CAMBADOS ENLACE COA EP 9402 MOSTEIRO-BARRANTES No Pazo Provincial, a __________ de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José Luis Pérez Estévez, Alcalde-Presidente do Concello de Meis, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis é posibilitar a realización e execución da seguinte obra: O B R A ORZAMENTO · Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados, enlace coa EP 9402 Mosteiro-Barrantes 1.681.024,46 ¤ Segunda.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos que serán financiadas as cantidades do ano 2006 con cargo a partida 06/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial, e as outras anualidades con cargo ás partidas correspondentes dos exercicios futuros. A parte correspondente ó Concello de Meis financiarase nun 50% con cargo ó Plan de Acción Municipal correspondente a cada anualidade, e o restante 50% con fondos propios procedentes dunha operación de crédito. O Concello de Meis poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Meis, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Así mesmo levará a cabo o traslado e reposición dos muros e instalacións afectadas pola ampliación da calzada. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 1.681.024,66 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meis, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 59.829,09 ¤ 598.290,83 ¤ 538.461,74 ¤ Concello de Meis 41.634,34 ¤ 239.356,84 ¤ 203.451,62 ¤ Investimento total 1.681.024,46 ¤ Sexta.- O Concello de Meis comprométese ó mantemento dos tramos urbanos das obras obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que formarán parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na Deputación Provincial de Pontevedra. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de PontevedraRafael Louzán Aval Polo Concello de MeisJosé Luís Pérez Estévez ------ Folla: 8.5444.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NO SECTOR PRIVADO Sr. Presidente.- Punto número oito. Solicitude de compatibilidade para o exercicio de actividades no sector privado. Algunha intervención, en principio a proposta do mesmo: que se desestima a compatibilidade neste caso de Raúl Míguez Graña. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 3 de agosto do ano 2006, por D. Raúl Míguez Graña, contratado laboral fixo coa categoría de Cociñeiro adscrito á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", a través do cal interesa a compatibilidade do seu posto de traballo neste organismo provincial co exercicio de actividades no sector privado; considerando o informe da Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", con fundamento na Lei 53/84, de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ó servizo da Administración Pública e do Real Decreto 598/85, de 30 de abril, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade desestimar a petición formulada polo interesado, por percibir en nómina un concepto equiparable ó complemento específico do persoal funcionario superior ó 30% da retribución básica, excluída a antigüidade, e porque a súa concesión afectaría ó sistema de organización e funcionamento do servizo de cociña da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". ------ Folla: 9.5445.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO RELATIVA Á ACTUACIÓN DA DEPUTACIÓN NA RESTAURACIÓN DOS DANOS DOS INCENDIOS FORESTAIS DO 2006 Neste punto auséntase da sesión para non volver o Sr. Deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Sr. Presidente.- Moción do grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa á actuación da Deputación na restauración dos danos dos incendios forestais do ano 2006. Ten a palabra neste caso o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Esta moción, está que xa foi anunciada con tempo e demais, en principio esta concibida e non hai máis que vela, para dicilo dalgunha maneira, mirando cara ó futuro, en son de paz, no sentido que nin entre a valorar que fixo esta institución cos incendios, nin entra a discutir outra serie de cuestións que hai outros foros que o están discutindo, incluso foro público, é agora pública, incluso con manifestacións nun sentido e outro, e hai outros foros nos que con maior e menor fortuna, se está discutindo que é o que pasou entre o 4 e o 14, pero esta moción o que pretende non é entrar neso, para eso hai outros foros, senón é mirar cara ó futuro, evidentemente estaba aberta total e absolutamente a todo tipo de transacción, negociación ou acordo para mirar cara ó futuro, e o que pasou e está pasando, deixalo para outros foros, ou que podía ser este mesmo, pero non era precisamente esta moción o que pretendía retomar esa discusión ou seguir nesta discusión nestes termos. O outro día na Comisión, xa dou toda impresión que non foi recibida así por parte do grupo de goberno, e de verdade que o lamentamos moitísimo porque non era esa a intención e non hai máis que lela para ver que non era esa a intención nin moito menos, e me parece que hoxe no Pleno non hai ningunha intención de entendela nos termos en que está escrita esta proposta, senón obviar a moción e caer nunha discusión, que xa digo que si hai que dala se da, pero non era para nada a intención desa moción. Xa temos falado moitisimas veces, polo menos por parte deste portavoz, de que está habendo unha descompensación enorme no que é o mundo urbano, e había que definilo, e o que é o mundo rural en canto a riqueza, en canto a reorganización, en canto a cantidade de cousas, en canto a cantidade de cousas, en canto a unha enorme cantidade de factores, e que nesta provincia que é onde nos afecta pois nunca houbo un plano estratéxico que evidentemente tería a Xunta, ou tivo a Xunta, ou ten a responsabilidade de digamos levar as cousas dunha maneira ordenada e evitar o que o rural, que en Galicia chega á porta de todas as cidades e vilas, pois tivera outro tipo de tratamento. Ben, non vamos a incidir nesa liña, se queren despois discutimos todo o que se queira sobre esto, pero os feitos están aí, é evidente que o sostemento de todas as terras agrarias e de monte, e no momento en que cambiou a vida, é que do agro pode vivir pouca xente, e do monte tamén e asinan unhas condicións á parte de explotacións moi precarias, porque senón podería vivir moita menos. Pois esa é a situación na que nos topamos e polo tanto hai que cambiar esta dinámica e poñerlle correccións ou solución. Ben, esta Deputación, como é lóxico e é a súa función primordial, historicamente ten colaborado cos concellos sempre en todo tipo de obra e incluso ten colaborado en cuestións que son competencias, e segue colaborando por exemplo Príncipe Felipe está custando 8 millóns de euros ó ano e non é competencia estrita desta Deputación, que sería da Xunta. Unha situación histórica que esta aí, incluso en viais provinciais ou viais autonómicos etc. Dáse unha situación agora que se acelerou cos incendios, que probablemente esto poderíamos discutir de forma máis tranquila e co marco xurídico e legal exactamente igual, ou sexa non cambiaría, pero o dos incendios digamos que acelerou en encrespou o asunto, de que os concellos teñen unhas obrigas por protección civil, e

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición