Fondos
2007-09-07_Extraordinaria. Acta de sesión 2007/09/07_Extraordinaria
Acta de sesión 2007/09/07_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/4.2007-09-07_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2007/09/07_Extraordinaria
Data(s) 2007-09-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 7 de setembro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día sete de setembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Convocatoria do Pleno extraordinario que dalgunha maneira era o Pleno ordinario correspondente ó mes de agosto e que se celebra no día de hoxe. 1.5572.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións extraordinaria do 12 de xullo e ordinaria do 27 de xullo. Apróbanse. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 12 de xullo e ordinaria do día 27 de xullo, ámbalas dúas de 2007. 2.5573.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 19 DO CONCELLO DE COVELO, INCLUÍDA NO PPC/2007, POLA OBRA NÚMERO 44 DO PLAN COMPLEMENTARIO E CO MESMO FINANCIAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 2. Cambio de aplicación da obra nº 19 do concello de Covelo, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2007 pola obra número 44 do plan complementario e co mesmo financiamento. Neste caso o cambio que procede é da obra número 19, denominada “Alcantarillado en Loureiros e Prado”, pola actuación número 44, “Traída de augas en Cubillos”, por importe de 41.599,97 euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 19 denominada “Alcantarillado en Loureiros en Prado”, incluída no PPC/2007, pola actuación nº 44 denominada “Traída de augas de Cubillos en Godones” do Plan Complementario co mesmo financiamento, é dicir: - Achega MAP ................................................................................. 16.639,98 € - Achega Deputación ...................................................................... 12.479,99 € - Achega Concello ........................................................................... 12.480,00 € TOTAL ............................................................................ 41.599,97 € 3.5574.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 30 DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, INCLUÍDA NO PPC/2007, POLA OBRA NÚMERO 21 DO PLAN COMPLEMENTARIO E CO MESMO FINANCIAMENTO Sr. Presidente.- O punto número 3. Cambio de aplicación da obra nº 30 do concello de Pazos de Borbén, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2007, pola obra número 21 do Plan Complementario e co mesmo financiamento, que neste caso era “Ampliación do saneamento en Amoedo”, por “Ampliación da rede de saneamento en Areeiro”, o importe da mesma son 58.588,67 euros. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación obra número 30 denominada “Ampliación rede saneamento en Amoedo”, incluída no PPC/2007 pola actuación nº 21 denominada “Ampliación rede saneamento en Areeiro” do Plan Complementario co mesmo financiamento, é dicir: - Achega MAP .................................................................................. 23.435,46 € - Achega Deputación ....................................................................... 17.576,60 € - Achega Concello ............................................................................ 17.576,61 € TOTAL ............................................................................. 58.588,67 € 4.5575.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 34 DO CONCELLO DE RIBADUMIA, INCLUÍDA NO PPC/2007, POLA OBRA NÚMERO 45 DO PLAN COMPLEMENTARIO E CO MESMO FINANCIAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 4 da orde do día. Cambio de aplicación da obra número 34 do concello de Ribadumia, incluída no Plan Provincial de Cooperación, pola obra número 45 do plan complementario e co mesmo financiamento, que era “saneamento e abastecemento en Amoedo” incluída no Plan Provincial 2007 polo “Abastecemento e saneamento en Regueira”, importe 49.937,97 euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bueno, non habendo máis asuntos que tratar. ¡Ah!, adiante D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días, vamos a ver, está claro que este Pleno se tomou como se tomou, de feito tan preocupado está na mesa que o punto 3 nin se votou, habería que votar e demais, pero iso resólvano como, supoño que será subsanable e subsánense. Pero de todas maneiras ó fío deste Pleno e do que está a suceder, pois non podemos por menos que dicir algunha cousiña, ou sexa, aquí íamos a ter unha, verdade, no discurso de investidura íamos a cambiar a dinámica desta institución, de verdade, dos dereitos dos Deputados pois recortados ó máximo, pois ía haber moita transparencia e demais e seguimos erre que erre co mesmo, un vai a un servizo por exemplo a ver un expediente e o máis normal é que lle digan que non, porque teñen a orde de Presidencia de non ensinalo. Se o funcionario é así moi probo e moi tal déixacho ver de esguello, pero copia, copia, non, iso hai que pedilo, hai que pedir unha instancia á Unión Europea de ter un milagro, un expediente que foi á Xunta de Goberno, público, notorio, en fin, que calquera cidadán podía ver, e vivan os dereitos dos Deputados e demais. E agora rematamos cun Pleno ordinario, ou sexa extraordinario, substitutivo do ordinario, no que non hai nin rogos nin preguntas nin hai nada, ou sexa, vimos aquí a facer o ridículo en tres minutos e marchar, supoño que eses lapsus de tempo que o Presidente tivo aí de silencios entre os puntos era para alargalo un pouquiño, de verdade, isto non é que vaiamos a mellor, é que vamos a peor, a peor, en todos os aspectos, en todos os aspectos. Se é o Pleno de agosto e agora é substitutivo do ordinario pode haber rogos e preguntas e demais, e con respecto ó labor dos Deputados de poder mirar expedientes e de copias, pois seguimos igual, hai unha solicitude do Pleno anterior de que se responda unha pregunta, non se responde nin vén aquí nin se respondeu por escrito, etc., etc. De verdade estou ... Sr. Presidente.- A iso lle ía a contestar Sr. Mosquera, o que pasa que non me deixou rematar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ía levantar a sesión, ía levantar a sesión, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Non, non, dixen, o que pasa é que non me deixou rematar, dixen se querían intervir, ía a dicir que non habendo máis asuntos que tratar quero dicir que se lle van a contestar por escrito a unha serie de preguntas que xa están practicamente listas para contestarlle, e que se lle van a contestar por escrito ás preguntas do Pleno pasado. Como este é un Pleno extraordinario pois iso é o que eu realmente quería comentarlle, o que pasa é que vostede non me deixou e como vexo que, bueno, pois quere intentar facer un pouco de política, home, estamos na temporada e creo que é bo tamén, pero a realidade é a realidade. Os Plenos, como vostede ben sabe que coñece como todos os que formamos esta Corporación, aqueles Plenos que non teñen unha periodicidade establecida serán extraordinarios, independentemente de que exista un acordo cos portavoces dos grupos para cambialo. Polo tanto a realidade é a que é, bueno, eu entendo que vostede queira hoxe facer algún tipo de política, que sempre non vén mal, como diríamos aquilo, non, pero, bueno, iso é á parte e a realidade é a que é. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón Sr. Presidente, pero noutras institucións locais cando hai esta situación se mete no Pleno extraordinario rogos e preguntas, porque se mete e punto, o Presidente o mete e punto. Sr. Presidente.- ¿Pero vostedes non pediron meter algunha pregunta?. Entón, bueno, a ver se somos sensatos, se vostedes dixeran, oe, nos gustaría, falan co portavoz do Partido Popular, e nos gustaría meter neste Pleno dúas, tres, quince preguntas, nós lle houbéramos dito ou si ou non, que o diga vostede agora non me parece razoable. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, é o último que interveño porque creo que dar lugar a debate neste lugar non sería, iso si que é perder ... as normas do Pleno, pero rogos e preguntas podía habelos perfectamente. Mire, nós podemos crer en contra de todos os feitos, de que hai algo, si, por exemplo hoxe de aquí chama e manda unha circular a todos os servizos que os Deputados temos dereito a pedir copia dos expedientes cando queiramos e demais. Vamos a velo, dea esa orde, e non me veña con que igual interrompe, se hai ese volume de peticións e non sei que o regulamos, pero en principio dea esa orde como está dada en bastantes institucións, por exemplo, para empezar a crerme algo desto, para empezar a crerme, porque os feitos van todos polo lado contrario. Dea esa orde e xa nos damos por satisfeitos e damos por bo este paripé de Pleno que temos hoxe aquí. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Mosquera. Pois xa digo, para outra ocasión que serva o momento para poder plantear calquera, antes, como digo, previamente, están as Comisións Informativas para dicirnos que queren trasladar unha serie de preguntas que eu estou totalmente seguro que non vai haber ningún problema. Sr. Portavoz do Partido Popular. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Bueno, o Sr. Mosquera segue na mesma tónica de sempre, especialista en intentar desvirtuar os Plenos e desvirtuar unha situación de normalidade. Mire, Sr. Mosquera, nós a última comisión convocamos a Xunta de Voceiros, que se vai a convocar todos os Plenos, onde participou a compañeira Dona María Méndez e o representante do Partido Socialista, lle entregamos a orde do día do Pleno, lle preguntei se había algunha suxerencia, algunha cuestión, e me dixeron que ningunha. Polo tanto hoxe está descualificando sen ter razón, sen ter razón, intentando buscar como sempre, como sempre fai vostede, porque é un especialista, pero lle digo que estamos dispostos a devolverlle a pelota, facer o mesmo que fai vostede. Polo tanto eu creo que hoxe fixo unha intervención fóra de tono, de lugar, sabe vostede que os Plenos que non son nas datas que están establecidas son extraordinarios, pero tamén sabe vostede que eu lle entreguei na mesma Xunta de Voceiros o mesmo día das comisións informativas, pero agora como vexo que vostedes non queren colaboración, lle vamos a convocar as comisións, a Xunta de Voceiros, cando correspondan, virán e falaremos da orde do día, pero que saiban os medios de comunicación que o Partido Popular, o goberno desta institución, convocou ós voceiros para tratar a orde do día do Pleno e non houbo nin unha soa intervención. Polo tanto Sr. Mosquera, hoxe, que quere que lle diga, non estivo afortunado. Sr. Presidente.- Bueno, moi ben. Creo que quedan claras as posturas de cada unha das partes, se iso realmente foi o que pasou. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón, xa houbo nesta institución Plenos así, suponse que ían ser así, por iso non houbo ningunha suxerencia, ou sexa que non hai ningunha contradición e non me busque agora, respóndame, ¿vamos a poder conseguir copias dos expedientes, si ou non?, como en calquera institución normaliña, xa non digo moi democrática, ¿si ou non?, respóndame se nos Plenos vamos a poder facer tal, ¿si ou non?, contésteme, contésteme. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera este debate eu creo que é interesante, eu creo que non corresponde nin é o momento nin é o lugar, pero pois hai que dicilo, a verdade que vostedes sempre queren dicir que son máis papistas que o Papa, son os que realmente aplican a transparencia, pero despois resulta que chega a hora da verdade, polo menos o que si di é unha cousa e a realidade éche ben distinta. Pero iso fano vostedes con normalidade, case con asiduidade, eu diría, polo tanto vostede sabe, que xa nos coñecemos e levamos bastante tempo nesta institución, vostedes cando pediron algunha documentación, puido ir con máis retraso ou con menos, pero sempre calquera documentación que nos pediron, se lle dou, puido ir con máis ou menos retraso, pero aquí se lle dá, a todos evidentemente que nola pida como membros desta Corporación Provincial toda a documentación. Polo tanto non creo, bueno, se iso é para xustificar un pouco a súa intervención pois me parece razoable, pero nada máis de aí. Por iso que vamos a proceder a levantar esta sesión extraordinaria do día de hoxe. Moi bos días e moitas grazas. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 34 do Concello de Ribadumia, denominada “Saneamento e abastecemento en Mamuela”, incluída no PPC/2007, pola actuación nº 45, denominada “Abastecemento e saneamento en Regueira” do Plan Complementario co mesmo financiamento, é dicir: - Achega MAP ............................................................................. 19.975,18 € - Achega Deputación ...................................................................... 14.981,39 € - Achega Concello ........................................................................... 14.981,40 € TOTAL ............................................................... 49.937,97 € E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e tres minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota