ATOPO
Registros actuales: 1.619.227
Objetos digitales disponibles: 504.660

Acta de sesión 2004/01/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-01-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/01/23_Ordinaria

  • Data(s) 2004-01-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 23 de xaneiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vintetrés de xaneiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11824.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de xaneiro de 2004. ------ Folla: 2.11825.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS PARA A ADQUISICIÓN DE DOUS CARROS DE VARADA E SOPORTE TIPO CUNA Vista a solicitude formulada por D. Manuel Martínez Fernández, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San José de Cangas, onde solicita un cambio de aplicación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, para a adquisición de dous carros de varada e soporte tipo cuna, segundo as Bases de Axuda ás Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra, na contía de dez mil cincocentos sesenta euros (10.560,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, acórdase por unanimidade o cambio de aplicación da axuda concedida no seu día para destina-lo importe íntegro da mesma á adquisición de dous remolques de varada e oito soportes tipo cuna. ------ Folla: 3.11826.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DE VALLADO DA ZONA DE VARADA Vista a solicitude formulada por D. Manuel Martínez Fernández, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San José de Cangas, onde solicita un cambio de aplicación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, para realiza-lo vallado da zona de varada, segundo as Bases de Axuda ás Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra, na contía de nove mil trinta e cinco euros (9.035,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, acórdase por unanimidade o cambio de aplicación da axuda concedida no seu día para destina-lo importe íntegro da mesma á adquisición de cámaras de vixilancia para o recinto de varada e a construcción dunha caseta para alberga-los equipos de vixilancia. ------ Folla: 4.11827.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN SODINÁUTICA PARA A CONSTRUCCIÓN DUN BOTE POLBEIRO, VELAS E CABOS Vista a solicitude formulada por D. Oswaldo Davila Piñeiro, representante legal da Asociación Sodináutica, onde solicita o cambio de aplicación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 10 de decembro de 2002 e prorrogada en Comisión de Goberno de 26 de xuño de 2003, para a construcción dun bote polbeiro, velas e cabos, segundo as Bases de Axuda ás Embarcacións Tradicionais 2002, na contía de dous mil novecentos euros (2.900,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e os acordos da Comisión de Goberno de data 10 de decembro de 2002 e 26 de xuño de 2003, acórdase por unanimidade o cambio de aplicación da axuda concedida no seu día, para destina-lo importe íntegro da mesma á construcción dun galeón. ------ Folla: 5.11828.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. MIGUEL ÁNGEL GREGORIO FIGUEROA, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDÁN, PARA REALIZAR E XUSTIFICA-LO PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA ZONA VILARIÑO COMO PRAIA DE PRODUCCIÓN DE ESPECIES COMERCIAIS Vista a solicitude formulada por D. Miguel Ángel Gregorio Figueroa, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 23 de decembro de 2003, na contía de dez mil euros (10.000,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 23 de decembro de 2003, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de 5 meses para a realización e xustificación da axuda, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 6.11829.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. RAMÓN SOTO PIÑEIRO, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL ROSARIO DE VILAXOAN, PARA REALIZAR E XUSTIFICA-LA ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA PARA REXENERACIÓN DOS SEUS BANCOS MARISQUEIROS Vista a solicitude formulada por D. Ramón Soto Piñeiro, Patrón Maior da Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilaxoan, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, segundo as Bases de Axuda para Adquisición de Semente para Rexeneración dos Bancos Marisqueiros, na contía de cinco mil douscentos euros (5.200,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de 6 meses para a realización e xustificación da axuda concedida no seu día. ------ Folla: 7.11830.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías definitivas: MARÍA DEL PILAR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ .- A constituída en metálico por importe de seiscentos euros (600,00), para responder de: "CONTRATO PARA ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-06-03, segundo número 200300039550 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) .- A constituída en valores mediante aval do Banco Simeón, por importe de cinco mil seiscentos corenta e un euros con cincuenta e tres céntimos (5.641,53), para responder de: "EP PO-5106 COVELO-BARCIA DE MERA, VARIANTE DE REDONDO", pertencente a Fondos Propios-1999, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-04-00, segundo número 2000020937 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Pastor, por importe de seis mil setecentos sete euros con trinta céntimos (6.707,30), para responder de: "PO-1008 HÍO-VILANOVA VILARIÑO-CANGAS", pertencente ó POL-2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-12-00, segundo número 2000065799 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de St. Paul Insurance España, por importe de mil cincocentos euros con trece céntimos (1.500,13), para responder de: "EP 8702 CATOIRA-TORRES DO OESTE", pertencente ó PPC-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-08-01, segundo número 200100038755 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de St. Paul Insurance España, por importe de seis mil corenta e nove euros con cincuenta e cinco céntimos (6.049,55), para responder de: "EP 7017 AS CASETAS (FORCAREI)", pertencente a FP-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-08-01, segundo número 200100038752 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de St. Paul Insurance España, por importe de catro mil cento oitenta e sete euros con trinta e sete céntimos (4.187,37), para responder de: "EP 7204 SOUTELO-RATEL (FORCAREI)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-08-01, segundo número 200100038751 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de mil cento noventa e seis euros con once céntimos (1.196,11), para responde de: "OBRAS COMPLEMENTARIAS EP 7017 AS CASETAS (FORCAREI)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-04-02, segundo número 200200038555 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de doce mil setecentos cincuenta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (12.757,56), para responde de: "EP 8004 CALDAS-VILANOVIÑA (CALDAS-PORTAS)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-10-01, segundo número 200100050626 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil catrocentos corenta euros con noventa e sete céntimos (2.440,97), para responde de: "EP 9801 PONTE-LAXES (ILLA DE AROUSA)", pertencente ó PPC-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-09-01, segundo número 200100045556 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de sete mil setecentos vinteún euros con oitenta céntimos (7.721,80), para responde de: "PO-0401 CARBALLEDO-CAROI", pertencente ó POL-2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-10-00, segundo número 2000054513 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de mil catrocentos trinta e cinco euros con trinta e seis céntimos (1.435,36), para responder de: "RENOVACIÓN RODADURA VARIANTE FRANQUEIRA EP 5102 LAMOSA-FRANQUEIRA (A CAÑIZA)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-07-02, segundo número 200200058157 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil oitenta e un euros con cincuenta e tres céntimos (2.081,53), para responder de: "VALOS EP 7204 SOUTELO-RATEL", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-07-02, segundo número 200200058156 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil cento corenta e sete euros con setenta e cinco céntimos (2.147,75), para responder de: "ENSANCHE EP SOUTELO-RATEL", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-04-02, segundo número 200200058159 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil catrocentos oitenta e nove euros con corenta e nove céntimos (6.489,49), para responder de: "EP 9205 MEAÑO-SAN BENITO DE LORES (MEAÑO)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-10-01, segundo número 200100053205 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil cincocentos cincuenta e sete euros con trinta e cinco céntimos (4.557,35), para responder de: "EP 3101 TEBRA-CRISTELOS (TOMIÑO)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-10-01, segundo número 200100053208 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil seiscentos oitenta e sete euros con dous céntimos (6.687,02), para responder de: "EP 2703 Pazos-Ponteareas", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-07-01, segundo número 200100035822 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de cinco mil trescentos sesenta e cinco euros con trinta e seis céntimos (5.365,36), para responder de: "EP TOMIÑO-SABARÍS", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-07-01, segundo número 200100035823 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de cinco mil cento setenta e cinco euros con trece céntimos (5.175,13), para responder de: "EP 8305 Chacente-Morillas-San Isidro (Campolameiro)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo número 200100046244 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de cinco mil setecentos noventa e tres euros con setenta e seis céntimos (5.793,76), para responder de: "EP 0203 Caritel-Anceu (Ponte Caldelas)", pertencente ó POL-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo número 200100046242 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de seis mil oitocentos oitenta e sete euros con sesenta céntimos (6.887,60), para responder de: "EP 3002-3003 Malvas-Pexegueiro (Tui)", pertencente ó POL-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo número 200100046241 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de mil catrocentos cincuenta e un euros con oitenta e oito céntimos (1.451,88), para responder de: "Pavimentación Sisán rotonda vía rápida (Ribadumia)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-09-02, segundo número 200200076748 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de tres mil corenta e tres euros con cincuenta e tres céntimos (3.043,53), para responder de: "EP MORAÑA-SOUTO-CEQUERIL (MORAÑA)", pertencente ó PPC-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-12-01, segundo número 200100200053 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de cinco mil setecentos trinta e nove euros con sesenta e sete céntimos (5.739,67), para responder de: "EP 4201 SETADOS-RIBARTEME (AS NEVES)", pertencente ó POL-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo número 200100046240 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. Seguros, por importe de cinco mil cincocentos cincuenta e nove euros con trinta e seis céntimos (5.559,36), para responder de: "EP 7022 CODESEDA-SEVIL (A ESTRADA)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo número 200100046246 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.11831.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TUI Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Tui de data 5 de xaneiro de 2004 (rexistro de entrada número 000197, de data 07-01-04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Tui, a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 13 de xaneiro de 2004, que literalmente di: "... En el Punto 4.3.4 y en lo que se refiere a las Carreteras pertenecientes a la Red Provincial de be señalarse que las mismas se regirán por la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de Carreteras Provinciales. (B.O.P. de 16 de Enero de 1996). Deberá aclararse en el apartado relativo a la línea de cierre, que de acuerdo con la mencionada Ordenanza pudiera entrarse en una contradicción en lo referente a la línea de edificación en suelo urbano. Aclarados estos términos y una vez introducidos en el Plan General de Ordenación Municipal de Tui, por parte de este Servicio se emitiría informe favorable". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Excmo. Concello de Tui. ------ Folla: 9.11832.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.11833.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.11834.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN NO PAM/2003 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de LALÍN unha subvención por importe de sesenta e tres mil seiscentos cincuenta euros con sesenta e tres céntimos (63.650,63), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2003, partida 03/911.911.762.45 para financia-la obra: "Depuradora en Corpiño e abastecimiento en Catasós", (este acordo anula á RP núm. 16850 de data 31-12-03), co núm. 74/905 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2004, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 12.11835.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE-2004, ATA A CONTÍA MÁXIMA DE SEIS MIL EUROS De conformidade co disposto no artigo 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, acórdase por unanimidade aproba-las base da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2004 ata a contía máxima de seis mil euros (6.000,00), elaboradas pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvemento do previsto no citado artigo 78 do IV Acordo Regulador Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas se arbitran as normas correspondentes para a concesión de ditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificacións documentais precisas. A concesión de ditos préstamos financiarase con cargo á partida 04/122-314.830.07, dotada con cento vinte mil douscentos euros (120.200,00). ------ Folla: 13.11836.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA -CAIXANOVA-", EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratifica-lo Convenio de colaboración asinado o pasado 19 de xaneiro de 2004 entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra -Caixanova-, tendo como obxecto o de colaborar en materia de desenvolvemento de actuacións de apoio a sectores productivos, actuacións en accións formativas e en materia socio-cultural, mediante a achega de catrocentos setenta e sete mil euros (477.000,00). Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA -CAIXANOVA-", EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con CIF P-3600000H e sede social en Pontevedra, r/. Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Director Xeral da "Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova", con CIF G-36600369, domiciliada en Vigo, r/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. EXPOÑEN 1.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, en adiante, tamén, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, en base á normativa vixente, o goberno e a administración con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servicio de tódolos cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisface-los intereses xerais e para dinamizar e moderniza-la sociedade e as administracións locais que dela dependen. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, encóntrase o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da Administración Pública adscritos a esta Deputación e ós Concellos integrados na mesma. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexan organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un dos seus primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de accións de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potencia-la expansión e a salvagarda-la viabilidade das empresas, a promove-lo desenvolvemento de infraestructuras urbanísticas e sociais, a fomenta-lo turismo e o comercio, a facilita-la aplicación das novas tecnoloxías, a potencia-la formación do capital humano nos seus diferentes graos, a difundir e alenta-la cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsa-la puxanza da provincia de Pontevedra e mellora-lo nivel de vida dos seus cidadáns. 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construcción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio ó desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestructuras sociais ..., ademais de ter participado de forma destacada nos procesos de compra-venda ou privatización de empresas da provincia, e de ter constituído unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sede en Galicia ou que teñen na nosa Comunidade unha presencia relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha destacada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora da calidade de vida de tódolos galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra -en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio ós sectores productivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova mante-lo elevado grao de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención hacia todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida plantexa-la Deputación, contemplándose non só a axuda financeira e social, senón tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Excma. Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canaliza-la involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de tódolos axentes económicos e sociais con intereses que conflúan na mesma finalidade de contribución ó desenvolvemento socio-económico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en canto a potencial elemento clave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo deste acordo. 8.- Paralelamente ó presente, subscríbese un convenio de colaboración entre ambas entidades, para a execución por parte da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, dos traballos necesarios e elaboración do denominado "Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra para o período 2003-2010", como patente demostración do desexo de ambas entidades de contribuír á mellora da competitividade dos sectores productivos e desenvolvemento territorial de Galicia. 9.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cun desenvolvemento que pode seguir realizándose de maneira conxunta, e, en base ó labor que as dúas institucións teñen encomendado, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto ACORDAN: PRIMEIRO.- No marco desta longa e fructífera colaboración histórica entre ambas entidades, e ó obxecto de dar continuidade á mesma, a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos a efectos de contempla-la súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regula-las colaboracións de Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia de achegas de Caixanova con cargo a súa obra social para o presente exercicio 2004. SEGUNDO.- Con cargo ó orzamento da obra social de Caixanova, esta realiza unha dotación orzamentaria global por un importe máximo de ata 477.000,00 euros, regulándose a súa disposición polo expresado no presente convenio, incluíndose aspectos de carácter asistencial, formativo, cultural, social, apoio ó deporte base, protección do medio ambiente e de apoio ós sectores productivos. TERCEIRO.- Aspectos específicos relativos á colaboración de Caixanova coa Deputación en materia de desenvolvemento de actuacións de apoio a sectores productivos: S Para colaborar na realización dos traballos necesarios e elaboración do denominado "Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra para o período 2003-2010", Caixanova dota un orzamento, imputable ó exercicio 2004, de 90.000,00 euros, que fará efectivo en función das condicións reguladas no convenio específico entre a Deputación e a Escola para as Administracións Públicas Caixanova. S Adicionalmente, ambas partes manifestan a súa especial dedicación á colaboración que poida realizarse en materia de promoción empresarial, desenvolvemento e mellora dos sectores e actividades máis relevantes da provincia de Pontevedra, potenciación das actividades ligadas ó turismo, apoio a emprendedores, fomento e potenciación do emprego, inserción socio laboral das persoas con maiores dificultades para mantemento do seu emprego ou para a súa incorporación ó mercado laboral, apoio e potenciación de iniciativas no marco comunitario que potencien a interrelación das rexións comunitarias, fomento e potenciación da utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación nas empresas e comercios, elaboración de análises sectoriais e estudios socio económicos e a súa publicación, mantemento e seguimento de observatorios socioeconómicos, ... CUARTO.- Aspectos específicos relativos á colaboración de Caixanova coa Deputación en materia de desenvolvemento de actuacións en accións formativas: S Para colaborar no desenvolvemento dun plan de formación denominado "I Curso de Especialización para cargos electos", a impartir por parte da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, en convenio que o regulará especificamente, ascendendo o seu custo global a 24.000,00 euros, Caixanova reserva unha dotación orzamentaria de co-financiamento de 12.000,00 euros, sendo os restantes 12.000,00 euros con cargo á Deputación. QUINTO.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter xeral: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida orzamentaria total de 300.000,00 euros, que fará efectiva mediante consumos de carácter trimestral e contra solicitude expresa da Deputación, ó vencemento de cada período. En concreto, é interese de ambas partes que o destino dos fondos mencionados neste capítulo teñan como destino preferente: S O copatrocinio da programación cultural realizada baixo a denominación "Plan Cultural 2004", promovido polo Servicio de Cultura e Deportes da Deputación, que contempla o desenvolvemento de actividades culturais nos diferentes municipios da provincia, por parte de bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, rondallas, grupos de ballet, de danza, de teatro, de música clásica ou tradicional, etc. Para este capítulo resérvase unha dotación orzamentaria máxima de Caixanova de 150.000,00 euros. Neste capítulo, Caixanova resérvase a posibilidade de propoñer, cun mes de anticipación, a realización de actos en colaboración coa Deputación, con cargo a este orzamento, a desenvolver nos diferentes municipios da provincia e que poderá integrar na súa programación cultural. S O desenvolvemento doutras actividades socio culturais, como as enumeradas seguidamente, para o cal Caixanova destina unha partida global conxunta de 150.000,00 euros: C O mantemento e desenvolvemento de actividades por parte do "Museo Provincial de Pontevedra", e, en concreto, o desenvolvemento da denominada "Bienal de Arte". C O desenvolvemento de actividades de carácter cultural e científico, como o denominado "Día de la ciencia en la calle", nas que asuman un especial protagonismo os escolares da provincia. C O desenvolvemento de actividades que teñan como obxectivo fundamental a promoción do deporte, e, en especial, o deporte destinado ós máis xoves. C A dotación de infraestructura para as instalacións deportivas, co obxectivo de apoio específico ó deporte base. C Todas aquelas outras actividades que, de mutuo acordo, se consideren de interese desenvolver. S A Deputación comprométese a que nos programas ou catálogos comunicativos que se elaboren para a súa difusión e distribución, xa sexa en actividades propias ou realizadas en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, se faga consta-lo mecenazgo de Caixanova. Por outra parte, Caixanova poderá face-la publicidade que considere conveniente sobre os eventos a desenvolver, pero facendo constar que o é en colaboración coa Deputación. S Antes de que Caixanova proceda ó pagamento imputable ó último trimestre do exercicio das partidas orzamentarias reseñadas no presente acordo, a Deputación acreditará o pagamento das facturas que teña emitido a Escola para as Administracións Públicas (ou a entidade que no seu defecto se determine por Caixanova) pola realización dos seus servicios en materia do "Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra 2003-2010", e en materia do "I Curso de Especialización para cargos electos". SEXTO.- Aspectos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter especial: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural de carácter especial na provincia de Pontevedra, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida presupostaria total de 75.000,00 euros. Este capítulo ten por obxecto a contratación de actuacións musicais e culturais de gran prestixio e de promoción da cultura galega, a plantexar de mutuo acordo entre Caixanova e a Deputación, acordándose, en principio, a colaboración financeira de ambas partes nun 50% dos custos derivados de cada acto nos que exista un mutuo interese na súa celebración. SÉTIMO.- Caixanova atenderá, de forma prioritaria e personalizada, as solicitudes de asesoramento e apoio que se realicen dende a Excma. Deputación de Pontevedra, en apoio ós proxectos e plantexamentos que se realicen a través da mesma. Pola súa parte, a Deputación dirixirase preferentemente perante Caixanova para o plantexamento de colaboración e apoio en aqueles proxectos que considere relevante levar a cabo, co obxecto de acadar sinerxias no seu desenvolvemento e posta en marcha. OITAVO.- A Deputación e Caixanova abren con este convenio un marco de colaboración mutua, mediante o que poden propoñerse e establecerse outro tipo de medidas e instrumentos de apoio ós fins pretendidos nos apartados anteriores e que, en definitiva, melloren a situación económica dos sectores productivos que representa. De maneira prioritaria, será obxecto de especial dedicación a colaboración que poida realizarse a través da Escola de Negocios Caixanova e a través da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, co fin común de colaborar no desenvolvemento de programas de formación directiva empresarial e de responsables da función pública. NOVENO.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, no seu caso, se regularán por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós concidadáns desta provincia das accións da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxias coas que satisface-las posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. DÉCIMO.- A Excma. Deputación de Pontevedra, dará preferencia ás solicitudes que, fronte a outros, Caixanova lle plantexe para o posible uso de instalacións propiedade ou xestionadas pola Deputación, con obxecto de celebración de actividades diversas en beneficio dos concidadáns da provincia e o público en xeral. Así mesmo, a Deputación dará especial relevancia á promoción da imaxe institucional de Caixanova no seu ámbito de actuación, coidando dos soportes publicitarios que de común acordo se instalen nas súas dependencias. De igual maneira, a Deputación fará figurar expresamente o patrocinio de Caixanova en todos cantos actos culturais, formativos, sociais, educativos, empresariais, de promoción do turismo e o comercio, etc., nos que non conste o patrocinio exclusivo de outras entidades, e que puideran resultar de interese institucional para Caixanova. Os representantes da Deputación farán mención ó patrocinio e apoio financeiro de Caixanova na realización dos diferentes eventos nas rodas de prensa, conferencias, medios de comunicación, ..., que ó efecto se convoquen. UNDÉCIMO.- Ó obxecto de instrumenta-la necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilita-la canalización de propostas e o estudio dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión Consultiva de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a que se reunirá sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo de dita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, consonte ós acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexa non figure o patrocinio de Caixanova. DÉCIMOSEGUNDO.- A Excma. Deputación de Pontevedra, como administración pública que é, en apoio á formación impartida dende a Escola para as Administracións Públicas Caixanova en materia do curso "Master en Xestión e Dirección de Administracións Públicas", comprométese a presta-la súa colaboración como centro de acollida dalgún alumno adscrito ó mencionado curso de formación (ou de outro que ó efecto puidera resultar de interese para ambas partes), para o desenvolvemento nas súas instalacións da fase de prácticas correspondentes, valorándose e facéndose constar por parte de Caixanova, a tódolos efectos e instancias, este apoio da Deputación neste ámbito formativo. DÉCIMOTERCEIRO.- En cumprimento da normativa en vigor sobre acreditación da utilización dos fondos aportados con cargo á Obra Social de Caixanova, a Deputación comprométese a elaborar una memoria sintética das actividades realizadas cos fondos financiados -en todo ou en parte- por Caixanova en relación ó presente convenio, que remitirase á Área de obra Social de Caixanova antes de finaliza-lo primeiro trimestre do 2005. DÉCIMOCUARTO.- O presente convenio, nos seus aspectos de carácter orzamentario, estenderá a súa vixencia ata o 31-12-2004. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado, en Pontevedra a 19 de xaneiro de 2004. Por EXCMA. DEPUTACIÓN DE Por CAIXANOVA, PONTEVEDRA, Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Julio Fernández Gayoso Así mesmo faise constar que en relación co acordado punto sexto do devandito Convenio, a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra farase sempre que haxa acordo no gasto por ámbalas dúas partes. ------ Folla: 14.11837.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos que máis adiante se relacionan, e vistos os documentos RC emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 do vixente Orzamento Provincial, acórdase por unanimidade aproba-los seguintes proxectos: 1.- "Travesía EP 9702 As Sinas-Vilanova (Vilanova)", por importe de 122.699,58 euros, IVE incluído. 2.- "Mellora de trazado e seguridade vial acceso ó Instituto EP Baiona-Rosal (Baiona)", por importe de 178.842,81 euros, IVE incluído. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición