ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2004/06/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-06-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/06/11_Ordinaria

  • Data(s) 2004-06-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 11 de xuño de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día once de xuño do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12182.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de xuño do ano 2004. ------ Folla: 2.12183.- AXUDA ECONÓMICA INCONDICIONADA Á FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DE PONTEVEDRA Vistos os informes favorables do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o informe económico favorable da Intervención, acórdase por unanimidade aprobar a concesión dunha axuda económica incondicionada á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (CIF: G-36.621.282), por importe de vintecatro mil euros (24.000,00), con cargo á partida 711.711.479.01, do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 3.12184.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DAS FACTURAS DE VIAJES DEZA, S.L., CORRESPONDENTE ÓS DESPRAZAMENTOS A GRANADA E BRUSELAS REALIZADOS POR D. DAVID OTERO SERRANO Visto o informe emitido por Intervención de 28 de maio de 2004 e RC núm. 200400037666 no que se da conta da existencia de crédito suficiente por importe de 1.212,44 euros na partida 04/711.711.479.03 do vixente presuposto to, así como o do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade aprobar o pagamento das viaxes a Granada e Bruselas realizadas polo anterior coordinador xeral de Empleocities, D. David Otero Serrano, que ascenden a un total de 1.212,44 euros e que sexan librados a VIAJES DEZA, S.L. ------ Folla: 4.12185.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "HUMANIZACIÓN CALLE PLATA", DO CONCELLO DE REDONDELA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Redondela unha subvención por importe de cento trinta e oito mil catrocentos vintedous euros con corenta e tres céntimos (138.422,43), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Humanización calle Plata", co núm. 236/365 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.12186.- APROBACIÓN DE CONVENIOS CON "PROXECTO HOME GALICIA", ASOCIACIÓN "AMENCER" E "CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA" Vista a proposta do xefe do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar os Convenios que a continuación se relacionan e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, así como o gasto por un total de 198.000,00 euros con cargo á partida 04/313.313.780.02-RC200400032589, rectificándose ó mesmo tempo o erro padecido no acordo da Xunta de Goberno do pasado día 7 de maio ó aprobarse o borrador do Convenio a subscribir con diversas asociacións e entidades para inversión e material, no sentido de que ó referirse a Cáritas Interparroquial de Arousa mencionábase a partida orzamentaria 04/313.313.480.02, cando debe ser a 04/313.313.780.02, como figura no convenio. 1.- Fundación Monte do Gozo "PROXECTO HOME GALICIA" de Vigo, por 120.000,00 euros para acondicionamento de inmoble en Vigo e desenvolvemento do programa "Acougo" (a asinar o 10 de xuño). 2.- Asociación de País de Paralíticos Cerebrais "AMENCER" de Pontevedra, por 60.000,00 euros para "Construcción de centro de atención integral en Vilagarcía de Arousa" (a asinar o 8 de xuño). 3.- "CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA" de Vilagarcía de Arousa, por 18.000,00 euros para "Actividade diaria e mantemento do Centro" (a asinar o 8 de xuño). Ditos convenios son como seguen: CONVENIO COA FUNDACIÓN MONTE DO GOZO "PROXECTO HOME GALICIA" DE VIGO En Pontevedra, a 10 de xuño de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Ramón Gómez Crespo, Presidente da Fundación Monte do Gozo "PROXECTO HOME GALICIA", con domicilio social en Avda. Ramón Nieto, 245 de Vigo e CIF G-15.258.213. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións Asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Fundación Monte do Gozo "PROXECTO HOME GALICIA", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención á Fundación Monte do Gozo "PROXECTO HOME GALICIA", con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 120.000,00 euros para acondicionamento de inmoble en Vigo, para o desenvolvemento do programa "Acougo", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA FUNDACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA MONTE DO GOZO "PROXECTO HOME GALICIA" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Ramón Gómez Crespo CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE PAIS DE PARALÍTICOS CEREBRAIS "AMENCER" DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a 8 de xuño de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Carlos Godoy Casalderrey, Presidente da Asociación de Pais de Paralíticos Cerebrais "AMENCER", con domicilio social en R/. Iglesias Vilarelle, s/n, e CIF B-36.153.757. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación de Pais de Paralíticos Cerebrais "AMENCER", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención á Asociación de Pais de Paralíticos Cerebrais "AMENCER", con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 60.000, euros para "Construcción de centro de atención integral en Vilagarcía de Arousa", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PAIS DE PARALÍTICOS CEREBRAIS "AMENCER" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Carlos Godoy Casalderrey CONVENIO CON "CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA", VILAGARCÍA DE AROUSA En Pontevedra, a 8 de xuño de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Salvador Abalo Castro, Presidente de "CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA", de Vilagarcía de Arousa, con domicilio social en Praza de la Constitución, 16 e CIF Q-1500053-B Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA, de Vilagarcía de Arousa, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención a CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA, con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 18.000,00 euros para "Reparacións do Centro", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DE CÁRITAS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INTERPARROQUIAL DE AROUSA Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.-D. Salvador Abalo Castro ------ Folla: 6.12187.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Redactados polo Servizo de Vías e Obras diversos proxectos de obras que máis adiante se relacionan, incluídas no Plan Provincial de Cooperación e o Programa Operativo Local correspondentes ó exercicio de 2004; e, emitidos por Intervención informes sobre a existencia de consignación nas partidas 04/911.511-611.03 e 04/911.511-611.09 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos. Con cargo á partida 04/911.511-611.03: 1.- "Mellora de trazado EP 0307 Peso-Caroi (A Lama)" (POL 2004) por importe de 300.000 ¤, IVE incluído. 2.- "Mellora de trazado en Barreiro EP Salceda-Picoña (Salceda)" (POL 2004) por importe de 214.000 ¤, IVE incluído. 3.- "EP 0207 Ponte Caldelas-Parada-San Vicente (Ponte Caldelas)" (POL 2004) por importe de 318.000 ¤, IVE incluído. 4.- "EP 6504 Negreiros- Carboeiro (Silleda)" (POL 2004) por importe de 340.000 ¤, IVE incluído. 5.- "EP 6101 Vidueiro-Amedo (Dozón)" (POL 2004) por importe de 300.000 ¤, IVE incluído. 6.- "EP 9205 Sanxenxo-Meaño, travesía de Lores (Meaño)" (POL 2004) por importe de 180.000 ¤, IVE incluído. 7.- "EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga)" (POL 2004) por importe de 243.998,25 ¤, IVE incluído. 8.- "EP 7106 Folgoso-Forcarei (Forcarei)", por importe de 190.000 ¤, IVE incluído. Con cargo á partida 04/911.511-611.09: 1.- "EP 8101 Portas-Romai (Portas)", (PPC 2004), por importe de 400.000 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 7.12188.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de maio do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a relación comprensiva de cento dezaseis facturas que figuran na referencia 200400000416 que importa un total global de oitenta e seis mil oitocentos oitenta e sete euros con setenta e catro céntimos (86.887,74), que comeza coa emitida por Opagraf, S.L., por importe de 1.447,39 euros e remata coa de Gas Galicia, SDG S.A., por importe de 10,61 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de oitenta e cinco mil cincocentos noventa e cinco euros con oitenta e seis céntimos (85.595,86), correspondendo a cantidade de 1.291,88 euros a descontos do IVE soportado deducible, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 8.12189.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS POR IMPORTE DE 11.900,00 EUROS Vista a proposta da señora xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 11.900,00 euros, coa finalidade de afrontar os gastos que se derivan da contratación laboral, por circunstancias de producción ou por obra ou servizo determinado, de persoal para os distintos servizos desta Deputación Provincial. Visto o informe de Intervención, de data 4 de xuño de 2004, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola señora xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3º, correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2004, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 11.900,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos e o responsable do Centro Xestor do Arquivo, Biblioteca e Publicacións, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 454.451.131.01 Arquivos, bibliotecas e publicacións. Persoal laboral e eventual 9.000,00 454.451.160.01 Arquivos, bibliotecas e publicacións. Persoal laboral eventual 2.900,00 TOTAL 11.900,00 PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 122.121.120.01 Recursos Humanos. Retribucións básicas. Soldo 5.000,00 122.121.121.01 Recursos Humanos. Retribucións complementarias. Complemento destino 2.000,00 122.121.121.02 Recursos Humanos. Retribucións complementarias. Complemento específico 9.000,00 122.121.160.03 Recursos Humanos. Cuotas Sociais. SS. Persoal funcionario 2.900,00 TOTAL 11.900,00 ------ Folla: 9.12190.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO DA OBRA "EP 9205 SANXENXO-MEAÑO", ADXUDICADA A CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. Retírase da orde do día expediente relativo a "Resolución do contrato da obra EP 9205 Sanxenxo-Meaño, adxudicada a Construcciones Carro, S.L.". ------ Folla: 10.12191.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO DE POSTGRADO Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación Provincial o 27 de maio de 2004, polas funcionarias Dona Mª Elena Aguete Landín, Técnica Auxiliar de Arquivo, Dª. Lourdes Pérez-Santamarina Feijoo, Arquiveira Bibliotecaria e Dª Mª Eugenia Valenzuela Senn, Técnica Medio de Arquivo, adscritas ó Servizo de Arquivo-Biblioteca e Publicacións, interesando permiso e axuda económica para asistir á terceira sesión presencial do curso de Postgrado de "Especialista Universitario en Archivística", organizado pola Universidade Nacional a Distancia en colaboración coa Comunidade de Madrid e a Fundación Carlos de Amberes, que se celebrará en Madrid os días 18 e 19 de xuño de 2004, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983 e o artigo 16.6.a) do IV Acordo Regular-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, conceder ás interesadas o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 772,33 euros, desglosada por conceptos e tal e como a continuación se sinala, que deberá xustificarse consonte ó disposto no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servizo: AXUDAS DE CUSTO: .- Aguete Landín, Mª Elena 129,83 euros .- Pérez-Santamarina Feijoo, Lourdes 172,01 euros .- Valenzuela Senn, Mª Eugenia 172,01 euros DESPRAZAMENTOS: .- En coche propio 298,48 euros Ditas cantidades imputaranse ás partidas 04/454.451.230.01 e 04/454.451.231.01 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 11.12192.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 1 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TOMIÑO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Tomiño, de data 28 de abril de 2004 (rexistro de entrada núm. 017691, de data 12-05-04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Modificación Puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Tomiño, a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 10 de xuño de 2004, que literalmente dí: "... que a devandita modificación puntual, non afecta ó establecido para as Estradas Provinciais e polo tanto, segue vixente o criterio Recollido nos Artigos 3 ó 12 da ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 11 de data 16 de xaneiro de 1996". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Tomiño. ------ Folla: 12.12193.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MANUELA VÁZQUEZ DURO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-9402 BARRANTES-RIBADUMIA Dada conta que con data de Rexistro de 2 de xuño de 2004 (núm. 19849) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Manuela Vázquez Duro, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Marqués de Valladares nº 21-3º drta., de Vigo, por danos e lesións padecidas en accidente de tráfico acaecido o día 7 de marzo de 2004 na estrada de Barrantes a Ribadumia, polas que, segundo afirma, leva tres meses de baixa médica. Resultando que con data 14 de maio de 2004 a Xunta de Goberno adoptou acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Ramón Vázquez Castro, por danos en automóbil matrícula PO-2166-BN, que valoraba en 2.173´30 euros, no mesmo accidente do que trae causa a reclamación formulada por Dona Manuela Vázquez Duro, desestimación que se fundamentou no seguinte; 1.- Informes do Servicio de Vías e Obras, de data 29 de marzo de 2004 que, textualmente di: " a) Si, la Estrada que une Barrantes con Mosteiro (PO-9402) es Vía Provincial. b) Si existe gravilla, lo de gran cantidad es un término relativo. c) Se encuentra en obras perfectamente señalizada. La Empresa es Seixo, con esta fecha se solicita informe a la empresa". 2.- Informe da empresa contratista, "Construcciones Seixo", de 26 de abril do 2004 que literalmente di: " 1. La carretera que une Barrantes con Mosteiro PO-9402 es vía provincial. 2. En la fecha del siniestro Obras y Edificaciones Seixo estaba realizando obras en dicha vía. 3. En el tramo zona Besan en dirección a Mosteiro existía algo de gravilla, ya que se había llevado a cabo la pavimentación con grava y riego y sellado con gravilla. 4. La citada carretera en obras estaba perfectamente señalizada (señales de obra, limitaciones de velocidad a 60, 40 y 20, de escalón lateral y de gravilla al principio y final de obra, así como señales intermedias en zonas de actuación puntuales)". 3.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes evacuados pola empresa constructora e o Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona, dedúcese con claridade que a pouca cantidade de gravilla existente na zona non era causa idónea para a ocorrencia do sinistro, máxime cando as obras estaban perfectamente sinalizadas con limitacións de velocidade a 60, 40 e 20, de escalón lateral e de gravilla ó principio e fin das mesmas. O tenor dos citados informes compadécese mal co aseverado no feito primeiro da instancia polo reclamante: "... gran cantidad de gravilla esparcida por la carretera", e isto por que non é concebible unha obra de asfaltado sen sinalización. Máis ben, todo parece apuntar a un exceso de velocidade contraventor do disposto nos artigos 19 da Lei de Tráfico e 46 do RD 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, xa que os preceptos citados obrigan a adaptación da velocidade as circunstancias da vía. 4.- Que á marxe do exposto, o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que "...será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato", mandato Legal que foi reforzado de xeito contundente e paradigmático nas sentencias do Tribunal Supremo de datas 31 de xullo de 1989 e 12 de febreiro de 2000. Considerando que a instancia de Dona Manuela Vázquez Duro se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando que dada a identidade substancial e íntima conexión de ambas reclamacións, procede fundamentar o acordo da Xunta de Goberno nos mesmos informes e consideracións legais que no adoptado con ocasión da reclamación formulada por D. Ramón Vázquez Castro, dando cumprimento así ó establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 13.12194.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. FÉLIX SALGADO GÁNDARA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP-8001 DE CATOIRA A CALDAS DE REIS Dada conta que con data de Rexistro 19-05-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Pedro Sanjuán Fernández en nome e representación de D. Felix Salgado Gándara, con enderezo a efectos de notificacións na rúa García Camba, nº2, 5ºA, de Pontevedra, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Seat, modelo Toledo 1,9 TDI, e matrícula PO-3537-BF, na EP-8001 que conduce de Catoira a Caldas de Reis á altura do km. 1.700, o día 16 de xuño de 2003, e que individualiza economicamente en 577,96 euros. Resultando.- Que con data 21 de maio de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, a fin de que contestara expresamente ós seguintes extremos: "a) Se a estrada de Catoira a Caldas é vía provincial. b) Se á altura do Km. 1.700, término municipal de Caldas, existía unha substancia deslizante na curva susceptible de causar accidentes. c) Calquera outro extremo que considere de interés". Resultando.- Que o Servicio de Vías e Obras emitíu informe en data 01-06-04 co seguinte contido: "1. Se trata de la E.P. 8001 Carracedo - Catoira. 2. Se avisó de que había una mancha deslizante, pero cuando acudió la brigada, no detectó nada. 3. Entiendo que debe tomarse muy en cuenta la hora y el comentario de la Guardia Civil en lo referente a la inadecuada velocidad". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a Brigada de Vías e Obras non detectou nada na calzada nin se recibiron máis chamadas co gallo doutros accidentes pola mesma causa, ou que unido ó contido do atestado da Garda Civil, do que interesa entresacar os datos da " ... velocidade inadecuada, velocidade aconsellable 60 (cando o propio conductor recoñoce ir a 70), curva forte, descendente, condicións de rodadura (...) húmedo", que constitúen todos eles xuntamente pluralidade indiciaria bastante para chegar a proba cumprida, cabal e indubidable da ausencia de relación de causalidade, imputable sequera obxectivamente a esta Deputación, antes o contrario, o exposto apunta a unha falta da dilixencia debida a conducción adaptando a velocidade as circunstancias da vía, iso en cumprimento dos artigos 19 da Lei de Tráfico e 45 do R.D. 1428/03, de 21 de novembro, polo que se aprobou o regulamento xeral de circulación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 14.12195.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 15.12196.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 16.12197.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA, SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración a subscribir entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, para o financiamento de diversas obras, achegando a Deputación unha subvención a fondo perdido por un importe total de 600.000,00 euros, con cargo á partida 04/911.911.762.45 do vixente presuposto e sen que o gasto orixinado por todas elas exceda a dotación consignada. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS En .........................., a .......... de ....................... de 2004 REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno de 7 de maio de 2004. Ilmo. Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, en calidade de Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Pontevedra, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3,c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Pontevedra, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA ORZAMENTO RENOVACIÓN INTEGRAL DE SERVIZOS E FIRME NO ENTORNO DO MUSEO PROVINCIAL (RÚA PADRE LUIS...) 286.209,00 REFORZO DE FIRME, EXECUCIÓN DE SOBREANCHOS, FORMACIÓN DE DRENAXES E SINALIZACIÓN DOS CAMIÑOS DE ACCESOS AOS LUGARES DE CARITEL E IGRESARIO, NA PARROQUIA DE LORIZAN 35.419,00 AFIRMADO DO ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL DE MOURENTE 58.125,00 AFIRMADO, FORMACIÓN DE CUNETAS E SINALIZACIÓN DO CAMIÑO DO MONTE CARRASCO 12.800,00 REFORZO DO FIRME, EXECUCIÓN DE SOBREANCHOS, FORMACIÓN DE DRENAXES E SINALIZACIÓN DO CAMIÑO QUE ENLAZA A EP 0011 CON GATOMORTO DE ABAIXO E O SEU NÚCLEO, NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE XEVE 100.932,00 REFORZO DO FIRME, EXECUCIÓN DE SOBREANCHOS, FORMACIÓN DE DRENAXES SUPERFICIAIS E SINALIZACIÓN DO CAMIÑO DE CIRCUNVALACIÓN A SAN BLAS (PTE. AUTOESTRADA/PTE. AUTOESTRADA) 70.899,00 REFORZO DE FIRMES, BRANDONS, SOBREANCHOS E SINALIZACIÓN NO CAMIÑO DE ACCESO AO CEMITERIO DE LÉREZ 35.616,00 TOTAL 600.000,00 Segunda.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará ó Excmo. Concello de Pontevedra, en concepto de subvención a fondo perdido o financiamento das obras, na contía sinalada na Cláusula primeira, ascendendo o seu importe total a seiscentos mil euros (600.000,00), con cargo á partida 04/911.911.762.45. Terceira.- O Excmo. Concello de Pontevedra comprométese a destinar integramente a cantidade recibida ó financiamento das obras indicadas, sen que poidan ser destinadas para outros fins distintos, se ben, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes, poderán realizarse cambios de aplicación, respectando a cantidade existente para esta finalidade. Cuarta.- As devanditas obras serán executadas polo Excmo. Concello de Pontevedra, ben directamente ou a través dos contratistas seleccionados nos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez realizadas as mesmas, poderase proceder a súa comprobación e inspección polos Servizos técnicos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Quinta.- O Concello de Pontevedra, como titular das obras, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das obras, de modo que se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Sexta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno Local dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Excma. Deputación Provincial no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. A resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada comisión, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdicción contencioso-administrativa. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas, que así o aconsellen. Novena.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. c) A execución total das obras ou a imposibilidade de levalas a cabo. Décima.- Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos se llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Pontevedra. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Polo Concello de Pontevedra Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Miguel Anxo Fernández ------ Folla: 17.12198.- BASES DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA MATERIAL DE ACCESO PRAIAS A DISCAPACITADOS De conformidade coa proposta do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar as bases reguladoras de axudas a Entidades Locais para cesión en uso de material específico de praias que figuran en anexo aparte, para o que existe unha consignación de 36.000,00 euros na partida 04/313.323.623.01. Ditas bases son como seguen: BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA A CESIÓN EN USO DE MATERIAL ESPECÍFICO DAS PRAIAS Esta Deputación coñecedora das dificultades das persoas discapacitadas para o acceso ás praias da nosa costa, e tendo en conta; a Lei Orgánica 1/81 do 6 de abril do Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 4.2 onde se lle atribúen ós poderes públicos de Galicia a promoción das condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivos, removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude; e a Lei Galega 8/97 de 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na CC.AA. de Galicia que ten por obxecto "A promoción de axudas Técnicas para mellorar a calidade de vida das persoas con mobilidade reducida" e "A desaparición das barreiras ou dos obstáculos físicos ou sensoriais, existentes", desexa por en marcha un programa para equipamento específico das praias que consistirá na dotación dunha cadeira mariña-anfibia e de muletas anfibias que permitan a mobilidade no baño e o acceso á praia dos usuarios que as precisen. BASES PRIMEIRA.- Presuposto. A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313-323-762.07 do presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 36.000,00 euros. SEGUNDA.- Obxecto da convocatoria. O obxecto desta convocatoria é a cesión en uso ós concellos costeiros da Provincia, dunha cadeira mariña-anfibia para facilitar o baño das persoas que están en cadeira de rodas, e/ou de muletas anfibias que permitan a mobilidade no baño e o acceso á praia dos usuarios que as precisen. O custe do material será subvencionado integramente pola Deputación. Tamén ten por obxecto o estudio da rendibilidade social da cadeira mariña-anfibia e das muletas anfibias, para en anos sucesivos valorar a cesión de dito material ós concellos. TERCEIRA.- Destinatarios. Os Concellos costeiros da Provincia: Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Marín, Moaña, Nigrán, Oia, Poio, Redondela, O Rosal, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que carezan dos servizos que se especifican na base anterior. CUARTA.- Requisitos. Os Concellos interesados en beneficiarse do uso do material deberán: 1. Aceptar as Bases da presente convocatoria. 2. Responsabilizarse do material e do seu mantemento durante o período de cesión. 3. Ter unha praia que reúna os seguintes requisitos: C Ser unha praia totalmente accesible para persoas discapacitadas ou co compromiso municipal de acometer as obras necesarias para selo. C Ter servizo de Protección Civil ou algún outro que poida facerse cargo do control e correcto uso do material polos usuarios, e de cubrir o protocolo para valorar o uso e rendibilidade social do material. Na cesión do material priorizaranse aquelas praias que teñan bandeira azul ou sexan candidatas a obtela. Tales requisitos deberán certificarse ou xustificarse coa debida documentación. QUINTA.- Formalización das solicitudes. As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante, dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra achegando unha Certificación do Acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía, no que se faga constar expresamente: .- Aceptación do material cedido pola Deputación. .- Compromiso de que o Concello responsabilizarase do mantemento do material durante a cesión. .- Nome da praia á que se destinará o material. .- E que a praia reúne os requisitos establecidos na base Cuarta. A presentación de solicitudes implica a aceptación das Bases da Convocatoria. SEXTA.- Período da Cesión. A duración da cesión en uso, do material propiedade da Deputación, poderá estenderse ós meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha vez finalizado o período de cesión a Deputación recollerá o material. SÉTIMA.- Do material. Ó rematar o período estival o material será recollido pola Deputación. No caso de deterioro por uso indebido o concello farase cargo da reparación do mesmo. OITAVA.- Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. NOVENA.- Resolución das solicitudes. 1.- A instrucción e o procedemento para a concesión do material realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 2.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, podendo ampliarse por tres meses máis, se as circunstancias o aconsellan e non se causa prexuízo a terceiros, segundo dispón o artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse Recurso de Reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispón os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 13 de xullo do Contencioso-Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo. ------ Folla: 18.12199.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a proposta do Xefe do Servizo de Cultura e Deportes e os informes de Intervención, acórdase por unanimidade aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de "Piñeiro Sport", Graciela Piñeiro Pérez, con NIF 35.453.973 W, pola súa factura núm. 072 e importe de 41.579,21 euros, con cargo á partida 04/451.452.789.00, RC 200400040894, así como aprobar a factura e declarala de abono. Vista a proposta do Xefe do Servizo de Cultura e Deportes e os informes de Intervención, acórdase por unanimidade aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de "Piñeiro Sport", Graciela Piñeiro Pérez, con NIF 35.453.973 W, pola súa factura núm. 150 e importe de 14.294,10 euros, con cargo á partida 04/451.452.22614, RC 200400040448, así como aprobar a factura e declarala de abono. ------ Folla: 19.12200.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PENZOL Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Penzol, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PENZOL Pontevedra, 11 de xuño de 2004 COMPARECEN Dunha parte o Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra E doutra Dª Blanca Jiménez Alonso, Presidenta da Fundación Penzol. Ambas partes recoñécense mutuamente a capacidade legal necesaria para se outorgaren este Convenio polo que, E X P O Ñ E N Primeiro.- A Fundación Penzol, unha das principais institucións especializada en temas de Galicia, foi creada en Vigo no ano 1963 por Fermín Fernández e Penzol Labandera para acoller a doazón da súa biblioteca. Dende aquela este conxunto bibliográfico e documental está ó servicio da investigación de todos os aspectos da realidade histórica e actual da nosa Comunidade Autónoma. A meirande parte dos fondos están relacionados dun xeito ou doutro con Galicia. A rica colección bibliográfica está constituída na actualidade por uns 35.000 títulos de libros e folletos e uns 1.700 títulos de publicacións periódicas. O arquivo da Fundación Penzol, formado por documentos de diversa procedencia, pero sempre referidos a Galicia, conta con 6.000 unidades físicas. O principal interese reside en que constitúen unha fonte de primeira orde para a investigación histórica, literaria e lingüística galega. Segundo.- A Deputación de Pontevedra como institución provincial vén ocupando un papel central no desenvolvemento cultural, económico e social da nosa provincia. Terceiro.- No marco das súas competencias ambas institucións teñen interese en establecer un Convenio de colaboración que, dentro das actividades que respectivamente lles corresponde realizar, se dirixa a satisfacer as necesidades e demandas dos investigadores, así como animar a execución de proxectos de investigación e todas aquelas actuacións que favorezan o seu coñecemento e desenvolvemento, motivo polo que A C O R D A N Primeiro.- Para que a Fundación Penzol poida desenvolver eficazmente as súas actividades de carácter cultural e investigador, a Deputación comprométese a subvenciona-las para o ano 2004 cunha cantidade de 6.000 euros da partida orzamentaria 454. 451. 489. 01, tendo en conta que se preveu o seguinte presuposto de necesidades da Fundación para os devanditos anos: - Adquisicións bibliográficas 14.000,00 euros - Subscricións publicacións periódicas 3.800,00 euros - Adquisición publicacións dixitais 20.000,00 euros - Organización de actividades culturais, centenario do no- so fundador Fermín Penzol 12.000,00 euros - Equipamento informático 3.000,00 euros - Módulos de catalogación programa Sabini 8.352,00 euros Segundo.- A Deputación Provincial colaborará durante este ano 2004 na catalogación dos fondos depositados polos seus patronos, D. Otero Pedrayo e D. Francisco Fernández del Riego. Os citados fondos están formados por documentos textuais, impresos e gráficos, no que se atopan numerosos orixinais, algúns inéditos, que os autores gardaron sen orde. Para levar adiante o proxecto precísase a colaboración dun equipo de traballo interdisciplinar, que constará de dous arquiveiros e un filólogo especializado na obra de Ramón Otero Pedrayo. Estes técnicos serán contratados pola Deputación Provincial de Pontevedra, correspondéndolle a dirección técnica do proxecto ó director da Biblioteca Penzol. Terceiro.- Co fin de plasmar canto proceda en proxectos, accións e actividades concretas, susceptibles de desenvolvemento entre ambas partes, as colaboracións que, ó fío do presente Convenio, as partes acorden realizar e para tomar calquera decisión sobre elas, designarase unha Comisión Mixta Paritaria composta por dous membros representantes depor cada unha das partes, estes ademais encargaranse de controlar e facer o seguimento da aplicación do presente Convenio. Dita Comisión Mixta Paritaria servirá así mesmo para canalizar as propostas de colaboración mutua entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Penzol que cada parte expón á outra, sendo, así mesmo, o órgano encargado de elevar a quen corresponda tomar as decisións correspondentes dentro de cada institución, as propostas que en cada caso se formulen. Cuarto.- A duración deste Convenio estenderase durante o ano 2004, podendo ser prorrogado anualmente nas condicións que as partes establezan. Non obstante o anterior, a duración do Convenio no referente á cláusula primeira, estenderase durante o período 2004. POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POLA FUNDACIÓN PENZOL D. Rafael Louzán Abal Dª Blanca Jiménez Alonso E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición