ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2004/07/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-07-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/07/09_Ordinaria

  • Data(s) 2004-07-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 9 de xullo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vintecinco minutos do día nove de xullo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar, que escusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12272.-ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de xullo do ano 2004. ------ Folla: 2.12273.- PRÓRROGA DE GASTOS DE CENTROS BENÉFICOS A proposta do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga das cantidades que se vén concedendo a diversos acollidos en centros benéficos polo gasto derivado de cada paciente no exercicio 2004, facturando con prezos aprobados en Comisión de Goberno de 26-12-2002, e xerando un gasto de 41.986,73 euros con cargo á partida 04/313.313-227.20, número de operación 200400045228, que a continuación se relacionan: HOGAR SANTA ISABEL, VIGO.- Xaneiro, febreiro, marzo 3.689,16 euros CENTRO ASISTENCIAL "SAN JUAN DE DIOS" , PALENCIA.- Xaneiro, febreiro, marzo, abril 20.256,00 euros CENTRO ASISTENCIAL "SANTA TERESA", ÁVILA.- Xaneiro, febreiro, marzo, abril 5.049,33 euros COLEXIO "NTRA. SRA. FÁTIMA" DON ORIONE, ASTURIAS.- Xaneiro, febreiro, marzo, abril 12.031,6 euros RESIDENCIA AFANÍAS-CANILLEJAS, MADRID.- Xaneiro, febreiro, marzo, abril 960,64 euros TOTAL 41.986,73 euros ------ Folla: 3.12274.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CO "PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NO SALNÉS" Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración co PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS, para o "Programa de prácticas hospitalarias durante os meses de xullo, agosto e setembro no Hospital do Salnés", mediante a achega de VINTESETE MIL EUROS (27.000,00), e con cargo á partida 04/451.422.454.00 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA No Pazo Provincial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o de xuño de 2004. REÚNENSE Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando na súa representación segundo o establecido no art. 34.1.b) da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local e demais disposicións concordantes, e doutra, D. Juan Varela Durán, con DNI 33.205.260, catedrático de Medicina da Universidade de Santiago, na súa condición de coordinador do Programa de Prácticas Hospitalarias con CIF núm. Q-6550046-D e domicilio en Avda. Rodrigo Padrón, 2, do Concello de Santiago de Compostela (15705). EXPOÑEN 1º).- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS en Hospitais de nivel comarcal da Comunidade Autónoma de Galicia representa unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das tres universidades galegas, e de transcendental importancia e significado na formación dos futuros médicos galegos, rehabilitadores e fisioterapeutas galegos. 2º).- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS está auspiciado, protexido e contemplado pola Lei de sanidade de Galicia (Título VIII, Art. 100-Docencia e formación: "A Rede Pública Galega de Asistencia Sanitaria estará en disposición de ser utilizada para a docencia pregraduada e posgraduada"). 3º).- A subvención económica recibida da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, representa a única posibilidade de que o Programa de Prácticas Hospitalarias poida realizarse no único hospital de nivel comarcal desta provincia. 4º).- En xullo de 1996 comezou a realizarse o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS no hospital de Verín, estendéndose posteriormente dito programa ás provincias de Lugo e A Coruña, coa única subvención das deputacións provinciais de Ourense, Lugo e A Coruña, respectivamente. 5º).- Nos últimos sete anos (1996 a 2002, ámbolos dous inclusive), e subvencionado exclusivamente polas deputacións provinciais de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS levouse a cabo durante os tres meses do verán (xullo, agosto e setembro) nos hospitais de nivel comarcal, sempre cun grande éxito e aproveitamento, tanto por parte dos alumnos en prácticas como por parte dos facultativos dos distintos hospitais que participaron en dito programa. 6º).- O creador, iniciador, organizador e director do Programa de Prácticas Hospitalarias e coordinador xeral do mesmo, é o profesor D. Juan Varela Durán. 7º).- A través deste programa realizaron prácticas en hospitais comarcais da nosa Comunidade Autónoma máis de 800 futuros especialistas galegos das distintas ramas sanitarias durante os últimos sete anos. 8º).- No verán do 2002 tiveron lugar con grande aproveitamento e recoñecido éxito por parte dos alumnos e facultativos as primeiras prácticas hospitalarias na Fundación Hospital do Salnés. 9º).- Interesa a ambas partes acadar un acordo que permita garantir no Hospital do Salnés, de Vilagarcía de Arousa, a continuidade dunha actividade docente xa institucionalizada por sete anos de funcionamento satisfactorio e de vital importancia na formación dos futuros médicos, rehabilitadores e fisioterapeutas da Comunidade Autónoma de Galicia. Interesa, así mesmo, axilizar os trámites para que os provedores de servizos ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS poidan cobrar os seus honorarios sen a dilación que supón xestionar anualmente a necesaria subvención da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Polo exposto, asinan o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTIVO DO CONVENIO A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra subvencionará os gastos de diversa índole, ós que se refire a súa cláusula terceira, que supoñen a realización das prácticas hospitalarias no hospital de nivel comarcal Fundación Hospital do Salnés, por parte de alumnos das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e durante os meses de xullo, agosto e setembro do ano 2004. SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONVENIO Establécese unha duración para o convenio dun ano, é dicir, que afectará ás prácticas hospitalarias a levar a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro do ano 2004. TERCEIRA.- TIPOS DE GASTOS INCLUÍDOS NA SUBVENCIÓN Ó igual que noutros hospitais de nivel comarcal das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña incluídos no programa, os gastos que se derivan da realización do PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS, de Vilagarcía de Arousa, e que se inclúen dentro da subvención que se solicita á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, abarcan os seguintes conceptos: C Organización das prácticas. C Coordinación dos equipos de traballo tanto a nivel universitario como hospitalario. C Publicidade do programa na que figurará o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. C Revisión e cualificación dos expedientes académicos dos aspirantes. C Proceso de selección de alumnos e adxudicación das prazas. C Aloxamento dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. C Manutención dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. C Seguro de responsabilidade civil de todos os alumnos do programa. C Seguro de accidentes de todos os alumnos do programa. C Seguimento do programa de prácticas con visitas hospitalarias. Debe sinalarse que todos os gastos de hostalería ocasionados polo programa (aloxamento, comidas, etc. ...) realizaranse sempre con empresarios de hostalería do Concello de Vilagarcía de Arousa. CUARTA.- CUSTO TOTAL ANUAL DO PROGRAMA A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, diante da demanda de colaborar no citado programa, destina para este obxecto a cantidade de VINTESETE MIL EUROS (27.000,00) na partida 04/451.422.454.00 do seu presuposto. QUINTA.- COORDINADOR DO PROGRAMA DE PRÁCTICAS A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra recoñece o Programa de Prácticas Hospitalarias en hospitais comarcais como unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, así como doutras universidades españolas e como único coordinador do Programa ó Profesor D. Juan Varela Durán. SEXTA.- PROCESO DE PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN ANUAL 6.1.- O coordinador do programa presentará no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra orixinais ou fotocopias cotexadas de todas as facturas dos gastos xerados na realización das prácticas, acompañado de escrito dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. As facturas xeradas por acredores do programa de prácticas (hostais, hoteis, cafeterías/bares/restaurantes seleccionados para aloxamento e manutención dos alumnos, seguro de accidentes e seguro de responsabilidade civil dos alumnos) expediranse polos citados acredores a nome do PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS. As facturas xeradas polo propio programa (organización, coordinación, publicidade, revisión e cualificación de expedientes, proceso de selección de alumnos, e seguimento do programa) expediranse polo PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS a nome da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, figurando nas mesmas o tipo de gasto e a contía, entendendo que as mesmas cumpren exclusivamente a función de xustificar unha parte da subvención concedida, nunca como xustificante de prestación de servizos á Deputación Provincial. Esta circunstancia fai posible que ditas facturas sexan substituídas por unha certificación ou certificacións con igual detalle e cuantificación. 6.2.- Unha vez recibidos os xustificantes, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aboará a contía da subvención ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS, mediante transferencia bancaria á conta corrente aberta a nome do programa na entidade bancaria de que se trate, ó igual que viñeron facendo en anos anteriores tanto a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra como as Excmas. deputacións provinciais de Ourense, Lugo e A Coruña, segundo os respectivos convenios similares. Asdo.-D. Rafael Louzán Abal Asdo.-Prof. Dr. Juan Varela Durán Presidente da Excma. Deputación Coordinador do Programa de Provincial de Pontevedra Prácticas en Hospitais Comarcais ------ Folla: 4.12275.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos que máis adiante se detallan, e vistos o informe e os documentos RC, emitidos por Intervención, sobre existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño)" (POL 2004), por importe de 227.900,00 euros, con cargo á partida 04/911.511-611.03 do vixente presuposto provincial. 2.- "Campo de fútbol en Arbo", por importe de 546.289,09 euros, obra incluída no IV Convenio Xunta-Deputación sobre infraestructuras deportivas con cargo á partida 123.452-622.01 nas anualidades de 2004 por importe de 175.953,83 ¤, 2005 por importe de 220.335,26 ¤, e 2006 por importe de 150.000,00 ¤. ------ Folla: 5.12276.- CAMBIO DE DENOMINACIÓN DA EMPRESA ADXUDICATARIA DA OBRA DE "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO" Retírase da orde do día expediente relativo a cambio de denominación da empresa adxudicataria da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento". ------ Folla: 6.12277.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS POR IMPORTE TOTAL DE 9.000,00 EUROS Vista a proposta da señora xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 30 de xuño de 2004, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 9.000,00 euros, coa finalidade de afrontar os gastos que se derivan da contratación de persoal para o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Visto o informe de Intervención, de data 30 de xuño de 2004, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a "Xunta de Goberno" por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores, acórdase por unanimidade, de conformidade co disposto na base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2004, aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 9.000,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 611.611.131.01 Persoal laboral eventual 6.000,00 611.611.160.01 Cuotas Sociais S.S. Persoal laboral eventual 3.000,00 TOTAL 9.000,00 PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 122.121.120.01 Retribucións básicas. Soldo 6.000,00 122.121.121.01 Retribucións complementarias. Complemento de destino 3.000,00 TOTAL 9.000,00 ------ Folla: 7.12278.- DEVOLUCIÓNS DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo.47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CEITO, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de TRESCENTOS QUINCE EUROS CON DEZAOITO CÉNTIMOS (315,18), para responder de: "VALOS EN VALGA", (FONDOS PROPIOS-1997), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-09-97, segundo núm. 19970366489 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ORSE, OVIDIO RODRÍGUEZ OTERO .- A constituída en metálico, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS CINCUENTA E TRES EUROS CON CINCUENTA CÉNTIMOS (2.353,50), para responder de: "OBRAS DE REMODELACIÓN PAVIMENTO E HERBA NATURAL NO CAMPO DE FÚTBOL PRÍNCIPE FELIPE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-12-02, segundo núm. 200200109356 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SILVA E GONZÁLEZ, S.L, CONSTRUCCIONES .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS TRINTA E CINCO EUROS CON NOVENTA E OITO CÉNTIMOS (2.335,98), para responder de: "OBRAS VALO E VERXA DE PECHE POSTERIOR NA ZONA DA ESCOLA DE HOSTALERÍA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-11-02, segundo núm. 200200097133 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CALDEVERGAZO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de MIL CATROCENTOS OITENTA E DOUS EUROS CON NOVENTA E CATRO CÉNTIMOS (1.482,94), para responder de: "EP MONDARIZ-MEIROL (MONDARIZ)", pertencente a Fondos Propios 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-10-2001, segundo núm. 200100049558 de operación, (SIC/2001053809), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CERES OFICINA TÉCNICA AGRÍCOLA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixagalicia, por importe de SEISCENTOS OITENTA E DOUS EUROS CON OITO CÉNTIMOS (682,08), para responder de: "TOMA DE DATOS PARA EXPROPIACIÓN DE DENA A MEAÑO E ESTRADA DE LORES", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24-04-03, segundo núm. 200300004319 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INZAMAC, ASISTENCIAS TÉCNICAS, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Caja España, por importe de DEZ MIL TRESCENTOS SETENTA E CATRO EUROS CON SESENTA E SETE CÉNTIMOS (10.374,67), para responder de: "ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DUNHA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS COMPLETA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-10-01 segundo núm. 200100051512 de operación (SIC/2001055894), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caja España, por importe de VINTETRÉS MIL CINCOCENTOS CORENTA E CATRO EUROS CON SESENTA E SEIS CÉNTIMOS (23.544,66), para responder de: "ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DUNHA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS COMPLETA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-03-03, segundo núm. 200300018771 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDEZA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de CATRO MIL DOUSCENTOS OITENTA E NOVE EUROS CON TRINTA CÉNTIMOS (4.289,30), para responder de: "EP VILANOVA-TENORIO (COTOBADE)", pertencente a Fondos Propios - 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-2001, segundo núm. 200100054004 de operación (SIC/2001058677), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de CINCO MIL NOVECENTOS CINCUENTA E NOVE EUROS CON OITENTA E OITO CÉNTIMOS (5.959,88), para responder de: "EP 6202 RODEIRO-OSERA (RODEIRO)", pertencente ó POL-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-08-2002, segundo núm. 200200067449 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de TRES MIL OITOCENTOS CINCUENTA E OITO EUROS CON OITENTA E TRES CÉNTIMOS (3.858,83), para responder de: "EP 6105 MACEIRA-ALVARELLOS (DOZÓN)", pertencente ó POL-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-08-2002, segundo núm. 200200067445 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de CINCO MIL OITENTA E CINCO EUROS CON VINTEOITO CÉNTIMOS (5.085,28), para responder de: "EP 6104 CASTRO-DOZÓN-SAA-ROCHA (DOZÓN)", pertencente ó POL-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-08-2002, segundo núm. 200200067447 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de MIL CATROCENTOS NOVENTA E TRES EUROS CON TRINTA E CINCO CÉNTIMOS (1.493,35), para responder de: "OBRAS VILANOVA-PUNTA DE ALADA (CANGAS)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-11-2002, segundo núm. 200200100897 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de CINCOCENTOS DOCE EUROS (512,00), para responder de: "EP 2107 PARADA-RAMALLOSA A VILARIÑO (NIGRÁN)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-04-2003, segundo núm.200300022624 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de TRESCENTOS SESENTA EUROS (360,00), para responder de: "DRENAXES E BLANDÓNS EP PORRIÑO-MOSENDE (PORRIÑO)", pertencente a DAÑOS-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-04-2003, segundo núm. 200300022621 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de MIL CEN EUROS (1.100,00), para responder de: "RENOVACIÓN RODADURA PK 0+600 GOIÁN-EMBARCADOIRO (TOMIÑO)", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-04-2003, segundo núm.200300022623 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de B.B.V., por importe de MIL OITOCENTOS CINCUENTA E CINCO EUROS CON CINCUENTA E DOUS CÉNTIMOS (1.855,52), para responder de: "RENOVACIÓN RODADURA EP PUXEIROS-PEINADOR (MOS)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-11-2002, segundo núm. 200200100901 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de MIL SEISCENTOS OITENTA E NOVE EUROS CON SESENTA E UN CÉNTIMOS (1.689,61), para responder de: "OBRAS COMPLEMENTARIAS RENOVACIÓN RODADURA EP 2603 MOS-PUXEIROS", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-07-2003, segundo núm. 200300055966 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de B. POPULAR, por importe de MIL DOUSCENTOS SETENTA E CINCO EUROS CON OITENTA E CINCO CÉNTIMOS (1.275,85), para responder de: "RENOVACIÓN RODADURA E PAVIMENTACIÓN MEIXOEIRO-CUVI", pertencente a Fondos Propios-2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-04-2003, segundo núm. 200300027794 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.12279.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada a Xunta de Goberno de escrito da Cidade Universitaria, S.A. (rexistro de entrada número 023030, data 02-07-2004), comunicando á Excma. Deputación Provincial que se desexa acudir á segunda ampliación de capital de dita Cidade Universitaria, deberá ingresar na conta corrente de dita sociedade e antes do 21 do corrente mes de xullo de 2004, a cantidade de 3.190 euros. ------ Folla: 9.12280.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 10.12281.- DAR CONTA DE SENTENZAS A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en recurso procedemento abreviado 51/ 2004 promovido por Dª Yolanda Pousada Abilleira e Dª Carmen Bernárdez Vales contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na rúa Esqueiriños de San Salvador de Poio, o día 4 de febreiro de 2003, na que desestima o devandito recurso ó non considerar probada a relación de causalidade entre o accidente e a actuación da Deputación na vixilancia e conservación da estrada en cuestión. Así mesmo a Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense, recaída en autos de Procedemento Abreviado 27/ 2004 promovidos por PROYECÓN GALICIA, S.A. contra Resolución Presidencial recaída en expediente sancionador nº 91/03 por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se impoñía ó recorrente unha sanción de 3.000,00 euros e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, estimando integramente o Xulgado a demanda interposta, con anulación da sanción, en base ó allanamento no recurso efectuado por este organismo mediante Resolución Presidencial de data rexistro de saída de 21/06/04 nº 008153, que de seguido se transcribe: "Resultando.- Que con data 19 de abril de 2004 dictáronse polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense sendas Sentenzas nos Procedementos Abreviados números 27/04 e 28/04, sobre expedientes sancionadores incoados por esta Deputación á empresa PROYECÓN GALICIA, S.A., por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, números, respectivamente, 75/03 e 66/03. Resultando.- Que as devanditas Sentenzas -idénticas en canto ós seus feitos, fundamentos xurídicos e fallo- poñen de manifesto unha serie de defectos procedimentais na tramitación dos correspondentes expedientes, dos que, sen facer unha enumeración prolixa, compre destacar a ausencia de notificación da cualificación xurídica da infracción que se imputa (dunha relación de infraccións graves con subapartados concretos para cada conducta, non se especifica en cal destes se subsume a conducta do suposto infractor), inconcreción respecto a quen das Administracións participantes na obra que deu lugar á conducta infractora, ou, no seu caso, á empresa constructora, lle correspondía a petición das licenzas e permisos, ou o feito de que o procedemento sancionador se refira á ausencia de permiso ou autorización para facer a obra cando este extremo non se correspondía coa realidade, por canto o 8 de novembro de 2001 presentárase no Rexistro Xeral desta Deputación solicitude do Concello de Cangas, Administración beneficiaria das obras, pedindo autorización para a realización das mesmas, constatado isto pola copia rexistrada entregada na vista no momento da práctica da proba, e verificado logo polos Servizos Xurídicos en xestión co histórico-informático do propio Rexistro. Resultando.- Que con data 21-05-04 deuse conta á Xunta de Goberno do acontecido, é dicir, da estimación dos recursos á empresa recorrente e conseguinte declaración de nulidade dos expedientes sancionadores e as correspondentes resolucións, facéndose fincapé na necesidade de rigorizar o trámite destes expedientes coa finalidade de non facer inútiles os esforzos na instrucción dos mesmos ou dos Técnicos da Deputación que en Sala deban defender a validez da Resolución. Resultando.- Que con data 5-03-04 fíxase o xuízo para o terceiro destes recursos, concretamente o 67/04, interposto contra o terceiro destes expedientes sancionadores, concretamente o 91/03, expediente este que non se diferencia dos dous anteriormente reseñados pois incoouse pola mesma causa e feitos (obra, terreos e intervenientes), polo que existe absoluta identidade de razón entre eles o que induce a pensar de xeito inequívoco que seguirá o mesmo destino que os anteriores, pois non se diferencia no seu baseamento fáctico, polo que parece procedente, a fin de evitar litixios innecesarios, non opoñerse ás peticións da recorrente. Considerando.- Que o artigo 75 da Lei 29/98, no que aquí interesa, dispón que "... los demandados podrán allanarse (...) para que produzca efecto en juicio será necesario que la Administración Pública presente testimonio del acuerdo adoptado". Considerando.- Que o artigo 34.1."i" da Lei 7/85 en relación coa atribución 19 do artigo 61 do R.D. 2568/86 establecen a competencia do Presidente para o exercicio de accións xudiciais e administrativas e, a "sensu contrario", para a non continuación dos procedementos xudiciais cando razóns fundamentadas así o aconsellen. Considerando.- Os preceptos invocados e demais de xeral e pertinente aplicación, RESOLVO, O allanamento desta Deputación no recurso contencioso-administrativo nº 67/04 que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense a instancias da empresa PROYECÓN GALICIA, S.A., contra o expediente sancionador por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais nº 91/03, ó resultar, por identidade do obxecto procesal cos recursos que no corpo desta Resolución se deixaron expresados, innecesaria a continuación do procedemento". Dese traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras e á Intervención, ós efectos oportunos. ------ Folla: 11.12282.- AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES LA ANUNCIADA DE BAIONA PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPOS DE SEGURIDADE PARA A AGRUPACIÓN DE PERCEBEIROS Vista a solicitude formulada por D. Jesús López Méndez, Patrón Maior da Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, os informes do Enxeñeiro Director e a Técnica do Servizo Agrario, e o informe económico favorable da Intervención núm. 200400048041 de data 07-07-2004, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona (CIF: G-36.618.510), para a adquisición de equipos de seguridade para a agrupación de percebeiros, por importe de doce mil trescentos cinco euros con vinteoito céntimos (12.305,28), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 12.12283.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE REDONDELA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS EP REDONDELA-CATAPEIXE (REDONDELA)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 07-05-2004, polo que se ratificou o convenio de colaboración co Concello de Redondela para a execución da obra de "Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)", con presuposto de 649.141,30 euros, que fora subscrito entre ambos organismos o día 6 do mesmo mes, establecéndose na súa 2ª as achegas da Deputación Provincial, por importe de 370.554,64 euros, e do Concello de Redondela, por importe de 278.586,66 euros; e, visto o escrito do enxeñeiro técnico xefe da Zona Sur, no que se pon de manifesto que por razóns orzamentarias o Concello de Redondela se ve obrigado a reducir o importe da súa achega ata a suma de 150.253,03 euros, acórdase por unanimidade modificar a cláusula 2ª do referido convenio que queda redactada como segue: 2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 498.888,27 euros, e do Ilmo. Concello de Redondela, por importe de 150.253,03 euros. A achega do Ilmo. Concello de Redondela ingresarase na Deputación Provincial previamente á licitación da obra. A achega da Deputación Provincial será con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 13.12284.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE VIGO E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 06-04-2004, polo que se ratificou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vigo e a Entidade Local Menor de Bembrive para a execución de diversas obras con presuposto total de 655.813,30 euros, que fora subscrito o día 25-03-2004, establecéndose na súa cláusula 3ª as achegas da Deputación Provincial, por un total de 404.662,96 euros, e da Entidade Local Menor de Bembrive, por un importe total de 251.150,34 euros; e, visto o escrito do enxeñeiro técnico xefe da Zona Sur, no que se pon de manifesto que razóns orzamentarias a referida Entidade Local Menor se ve obrigada a reducir o importe da súa achega ata a suma de 120.202,42 euros, acórdase por unanimidade modificar a cláusula 3ª do referido convenio que queda redactada como segue: 3ª.- O importe das obras a realizar ascende á cantidade de 655.813,30 euros, que será financiado da seguinte forma: .- Tramo Mosteiro-Mourelle: 93.593,93 euros, que aporta a Entidade Local Menor e 440.270,00 euros que aporta a Excma. Deputación Provincial. .- Tramo Colexio-Mosteiro: 26.608,49 euros, que aporta a Entidade Local Menor e 94.340,88 euros, que aporta a Excma. Deputación Provincial. ------ Folla: 14.12285.- SOLICITUDE DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DO DEZA-TABEIRÓS, INTERESANDO O LIBRAMENTO DA ACHEGA PARA GASTOS DE SOSTEMENTO CORRESPONDENTE O ANO 2004 POR IMPORTE DE 239.379,02 EUROS Vista a solicitude do Consorcio contra Incendios e Salvamento do Deza-Tabeirós, pola que interesa se proceda o aboamento da achega desta Deputación para gastos de sostemento correspondente o ano 2004, e o informe de Intervención, ademais de ter en conta que na partida 04/911.223.467.01, só quedan dispoñibles nesta data a cantidade de 175.528,09 euros, acórdase por unanimidade: 1º.- Aprobar a cantidade de 239.379,02 euros pola Xunta de Goberno, como achega da Deputación para 2004 ó Consorcio. 2º.- Aprobar só o pagamento de 175.000,00 euros a conta da achega, debido a que non existe neste momento crédito dispoñible. 3º.- Acordar suplementar a partida 04/911.223.467.01 coa cantidade de 63.850,93 euros para afrontar o resto da achega ó consorcio. Así mesmo terase en conta para este Consorcio a recente modificación dos Estatutos do Consorcio do Salnés, aprobada no último Pleno da Deputación. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición