ATOPO
Registros actuales: 1.625.395
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/02/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-02-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/02/18_Ordinaria

  • Data(s) 2005-02-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dezaoito de febreiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12786.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de febreiro de 2005. ------ Folla: 2.12787.- AXUDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDÁN E SAN MARTÍN DE BUEU PARA O EQUIPAMENTO DAS SÚAS INSTALACIÓNS Vistas as solicitudes presentadas polos Patróns Maiores das Confrarías de Pescadores San Cipriano de Aldán e San Martín de Bueu. Vistos así mesmo os informe da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, e o informe da Intervención de data 8 de febreiro de 2005, acórdase por unanimidade aprobar as axudas económicas ás Confrarías de Pescadores San Cipriano de Aldán e San Martín de Bueu, para o equipamento das súas instalacións, nas contías que se indican na táboa que se adxunta e sumando as axudas un importe total de vinte e tres mil setecentos cincuenta e cinco euros (23.755,00 ¤), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. OBXETO ORZAMENTO AXUDA COFRADÍA C.P. SAN CIPRIANO DE ALDÁN (F-36.007.714) Equipo informático 1.475,00 ¤ 1.100,00 ¤ Mobiliario de Oficina 4.407,42 ¤ 3.300,00 ¤ COFRADÍA C.P. SAN MARTÍN DE BUEU (G-36.013.712) Caixas de plástico 13.514,00 ¤ 10.135,00 ¤ Camas para Barcos 12.296,00 ¤ 9.220,00 ¤ TOTAL 23.755,00 ¤ ------ Folla: 3.12788.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 10 de febreiro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar: - A relación comprensiva de catorce facturas, que figuran na referencia 200500000083, por un importe global de sete mil setecentos tres euros con noventa e cinco céntimos (7.703,95 ¤), a primeira das cales é a relativa a Sevia, S.L. por un importe de 1.669,52 euros, e finaliza coa correspondente a Sistel -Sistemas Telefónicos e Informáticos, S.L., por un importe de 298,70 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de oito mil douscentos oitenta e dous euros con dez céntimos (8.282,10 ¤), correspondendo a cantidade de 578,15 euros a descontos do IRPF. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12789.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cincocentos corenta e dous euros con corenta céntimos (1.542,40 ¤), para responder do lote nº 2 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013473, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de oitocentos noventa e seis euros (896,00 ¤), para responder do lote nº 8 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013474, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catrocentos euros (400,00 ¤), para responder do lote nº 28 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013475, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento vinte euros (1.120,00 ¤), para responder do lote nº 30 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013476, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. O.T.C. FONTEFRÍA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cincocentos corenta e dous euros con corenta céntimos (1.542,40 ¤), para responder do lote nº 3 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013469, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos oitenta e oito euros (288,00 ¤), para responder do lote nº 7 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013470, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de novecentos vinte e oito euros (928,00¤), para responder do lote nº 12 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 18/02/2004, núm. de operación 200400013472, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12790.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DE "REINVERSIÓN ECONÓMICA EN PARTIDAS NOVAS NA REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO O POMBAL (CAMBADOS) Visto o presuposto de "Reinversión económica nas partidas novas na reforma e ampliación do Pavillón Polideportivo O Pombal (Cambados)", cuxo importe ascende á suma de 70.382,11 ¤, redactado polo arquitecto director da obra como consecuencia da baixa capacidade portante do terreo facéndose necesario unha serie de obras como incremento de demolicións, tanto de cerramento dos vestiarios como da estructura, divisións interiores, soleira, instalación, etc.; e, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto que unha vez incorporado o remanente de 2004 á partida correspondente haberá saldo dispoñible para facer fronte ó gasto, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido presuposto. ------ Folla: 6.12791.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA JOSÉ CABANELAS RIVAS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JORGE JUAN TARRÍO FERNÁNDEZ POR DANOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA DE ACCESO Á PONTE INTERPROVINCIAL DE CATOIRA Dada conta que con data de rexistro de 11 de decembro de 2004 (nº037016) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María José Cabanelas Ribas en nome e representación de Don Jorge Juan Tarrío Fernández, con enderezo a efectos de notificacións no despacho da Sra.. Cabanelas Ribas, sito na Praza da Estrela, num. 2-2º, de Pontevedra, por danos nas rodas dianteira e traseira do lado esquerdo do seu automóbil, matrícula C-3123-CG, na estrada de acceso á ponte interprovincial de Catoira, debido á existencia dunha focha sen sinalizar, o día 4 de decembro de 2003, e que individualiza economicamente en 179,58 ¤. Resultando que con data 15 de decembro de 2004 e por conducto da Presidencia foi requerida Dona María José Cabanelas Ribas, a fin de que, de conformidade co disposto no artigo 32.3 da Lei 30/92, modificada pola 4/99, aportara ó expediente o apoderamento da representación que di ostentar, mediante poder notarial ou comparecencia "apud acta" nas dependencias da Secretaría Xeral, sendo cumprimentado dito requisito o día 30 de decembro de 2004. Resultando que con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 21 de xaneiro de 2005, co seguinte contido literal: "Sí, la carretera de acceso á ponte interprovincial de Catoira es Vía Provincial. Según se desprende del testimonio de la Guardia Civil parece que sí lo había, no que hubiese causado significación especial. Que no atestigüa la Guardia Civil que se hubiese producido los daños reclamados en el lugar". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descrito nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o presente suposto atopa perfecto encaixe no descrito no artigo 139 e ss. da Lei 30/92 (dano efectivo, individualizado, relación de causalidade, cuantificación económica e exclusión de forza maior), así como no disposto no RD 429/93, que aprobou o regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial e que do consignado no atestado da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra -Posto de Vilagarcía, así como do informe do Servizo de Vías e Obras, cabe ter por probada a relación de causalidade esixida polos artigos anteriormente citados, pois se ben non existe proba concluínte, si unha pluralidade indiciaria bastante para ter por acreditada a vinculación entre o funcionamento anormal do servizo e o dano, por exemplo, a existencia da focha (Garda Civil e enxeñeiro técnico-xefe de zona), solapamento da mesma con auga de choiva, facilidade, por iso mesmo, da introdución da roda involuntariamente naquela, datos todos eles obxectivos por contraste entre o informado pola Garda Civil e o propio enxeñeiro técnico-xefe de zona. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 en RD 429/93. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Dona María José Cabanelas Ribas en nove e representación de Don Jorge Juan Tarrío Fernández, con NIF número 52450903-R, por danos en automóbil da súa propiedade na estrada de acceso á ponte interprovincial de Catoira, por importe de 179,58 ¤ (cento setenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos). 2º.- En consecuencia, aprobar o gasto e, no seu caso, sometido á condición suspensiva da achega da factura orixinal que cumprimente os requisitos legais e regulamentarios no prazo improrrogable e perentorio de dez días (copia cotexada do NIF ou CIF, así como número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria), e declarar de aboo ó seu favor dita cantidade, con cargo á partida 05/511.511.210.00 do presuposto, segundo informe da Intervención de data 27-01-2005. 3º.- A anterior documentación, xunto co expediente tramitado, trasladarase posteriormente á Intervención, os efectos oportunos. ------ Folla: 7.12792.- COMUNICACIÓNS Queda enterada a Xunta de Goberno de comunicación de D. A. Jesús Bahíllo Fernández, Director do Club Financiero Vigo, S.A., de data 31 de xaneiro de 2005, polo que manifesta que o Consello de Administración acordou incrementar a prima de emisión das últimas accións que queden pendentes de desembolsar o día 1 de marzo próximo; e que quedan doce accións pendentes de desembolsar para cubrir o total da cifra de capital social. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.12793.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TODO TERREO 4 x 4 PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria para a contratación do subministro dun vehículo todo terreo 4 x 4 para o Parque de Maquinaria, cuxo custo estima en 40.000,00 euros, e no que propón que o vehículo matrícula PO-8670-AU, marca Opel Frontera 2.3, propiedade desta Deputación, dada a súa antigüidade e defectuoso funcionamento, sexa entregado como parte do pago en especie na adquisición do novo vehículo, cunha valoración mínima de 1.650,00 euros. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 15 de febreiro de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación do subministro do citado vehículo e vistos así mesmo, o documento RC de data 08-02-05, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/511.511.624.01 polo importe máximo a aboar en metálico, cifrado en 38.358,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 17 de febreiro de 2005. Acórdase por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun vehículo todo terreo 4 x 4 para o Parque de Maquinaria, por un tipo máximo de licitación de cuarenta mil euros (40.000,00 ¤), IVE incluído e co vehículo matriculado. O pago de dita cantidade efectuarase mediante o aboo en efectivo de ata un máximo de 38.350,00 euros e o resto mediante a entrega en especie do vehículo usado, marca Opel, modelo Frontera 2.3, matrícula PO8670-AU, propiedade desta Deputación Provincial, cunha valoración mínima de 1.650,00 euros. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3. Autorizar o gasto correspondente á parte a aboar en metálico por importe máximo de 38.350,00 euros, con cargo á partida 05/511.511.624.01. 4. Comezar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRACIÓN DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TODO TERREO 4 x 4 PARA O PARQUE DE MAQUINARIA 1. OBXECTO. O subministro dun vehículo todo terreo 4x4 para o Parque de Maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade coas características técnicas que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo xefe xeral do Parque de Maquinaria con data 26 de xaneiro de 2005 e que se une anexo a este prego. 2. FINANCIAMENTO. O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.511.624.01. do vixente presuposto provincial. 3. PAGAMENTO. O pagamento do prezo do subministro efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibido este e prestada a conformidade por parte desta Deputación Provincial. 4. PRAZO DE ENTREGA. O vehículo todo terreo 4x4 entregarase ou ben nas instalacións do Parque de Maquinaria desta Deputación ou no Pazo provincial, segundo o indique a Deputación Provincial de Pontevedra; o subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e, en todo caso, no prazo máximo de corenta e cinco días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal e como sinala o artigo 190.1 do Texto refundido do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. 5. TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de corenta mil euros (40.000,00 ¤), IVE incluído e co vehículo matriculado. De dita cantidade aboarase en efectivo ata un máximo de 38.350,00 euros e o resto mediante entrega en especie do vehículo usado, marca Opel, modelo Frontera 2.3, matrícula PO-8670-AU, existente no Parque de Maquinaria desta Deputación Provincial, cunha valoración mínima de 1.650,00 euros. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización destas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de contratos das administración públicas. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN. FORMALIDADES. DOCUMENTACIÓN 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Deputación, en horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ós da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do Rd 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TODO TERREO PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta ningunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de xeito individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS", que deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TODO TERREO PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do Tr da lei de contratos das administracións públicas Rdl 2/2000. 3. Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do Tr da Lei de contratos das administracións públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos institutos ou servizos oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade do vehículo a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. f) Descrición e características técnicas do vehículo todo terreo a subministrar, así como os catálogos deste. 9. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - o secretario xeral da Corporación - o interventor da Corporación - o xefe xeral do parque de maquinaria. SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contración, Facenda e Patrimonio da Corporación. 10. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación o secretario da Mesa de Contratación procederá a abrir os sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado destas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos 2) melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos 3) prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos 4) extensións á garantía, ata 1 punto 12. ADXUDICACIÓN. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificáraselles ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e a forma establecidas na cláusula 7ª. 13. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documentos administrativos, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista, á súa costa. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 15. INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en demora ó recibilos. 16. GARANTÍA. O prazo de garantía fíxase, como mínimo, en dous anos desde a entrega do vehículo todo terreo e sen límite de quilómetros. 17. RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA. A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se isto fose suficiente, dos bens subministrados que presente vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos por conta do contratista. 18. RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do Tr da LCAP. 19. RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administración públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20. XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraos o órgano de contratación cunhas resolucións que esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora de dita xurisdición. 21. MODELO DE PROPOSICIÓN. D./Dª. . . . . . . . . . . . . . . . , maior de idade, veciño de . . . . . . . . . . . , con domicilio en . . . . . . . . . . titular do DNI núm. . . . . . . . . . . , expedido con data . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . . . . . . . . con domicilio en . . . . . . . . . . . . . . , teléfono . . . . . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TODO TERREO PARA O PARQUE DE MAQUINARIA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: ? Polo prezo de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . euros (En letra e número) ? Valoración do vehículo usado PO-8670-AU (Indicar valoración vehículo usado e desagregación de cantidades para efectos de especificar o importe total a aboar en metálico). ? Melloras ás características técnicas: (detallar as melloras ofertadas). ? Prazo de entrega do subministro: (indicar prazo). ? Extensións á garantía: (relacionar estas). (Data e sinatura do propoñente) Pontevedra, 15 de febreiro de 2005 O PRESIDENTE O SECRETARIO" ------ Folla: 9.12794.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición