ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/02/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-02-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/02/25_Ordinaria

  • Data(s) 2005-02-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día vinte e cinto de febreiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12795.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de febreiro de 2005. ------ Folla: 2.12796.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "EMILIA PARDO BAZÁN" DE SANXENXO Á SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA CURSO A Xunta de Goberno queda enterada da renuncia por parte da Asociación de Mulleres Rurais "Emilia Pardo Bazán" de Sanxenxo, a un Curso Informático de 36 horas, e por conseguinte, acorda por unanimidade deixar sen efecto a mencionada subvención concedida no seu día, en virtude de Acordo da Xunta de Goberno, celebrada o 30 de xullo de 2004, por importe de 360,00 ¤ a favor da Asociación de Mulleres Rurais "Emilia Pardo Bazán" de Sanxenxo, para realización do citado curso informático. ------ Folla: 3.12797.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS DO SALNÉS Á SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA CURSO A Xunta de Goberno queda enterada da petición da Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas do Salnés, de reconducir a subvención concedida á mesma para curso formativo de Camareiras de Piso, ó pagamento dun seguro para tal Asociación e por conseguinte, acorda por unanimidade deixar sen efecto a mencionada subvención outorgada no seu día, pola Xunta de Goberno de 30 de xullo de 2004, por importe de 600,00 ¤, a favor da reseñada Asociación, para curso formativo de Camareira de Piso, toda vez, que de conformidade coas Bases das axudas para Asociacións de Mulleres sen ánimo de lucro (2004), e coa lexislación vixente en materia de subvencións, resulta inviable reconducir unha subvención a un fin distinto ó que orixinariamente motivou o seu outorgamento. ------ Folla: 4.12798.- PRÓRROGA DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL A DONA DALIA FONTENLA PÉREZ DE CAMPO LAMEIRO Acórdase por unanimidade a concesión de prórroga para a Axuda de Emerxencia Social concedida en Xunta de Goberno de data 10 de setembro de 2004, a favor de Dona Dalia Fontenla Pérez, de Campo Lameiro, por importe de 769,00 ¤, ata o 31 de marzo de 2005. ------ Folla: 5.12799.- PRÓRROGA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL A BENEFICIARIOS DE VILA DE CRUCES a) Acórdase por unanimidade a concesión de prórroga para as axudas de emerxencia social concedidas en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, a favor de Dona Virtudes Vilariño Navaza, Dona Rosa Casas García e D. Antonio Pereiro Becerra, do concello de Vila de Cruces, por importes de 1.966,29 ¤, 1.785,71 ¤ e 2.811,88 ¤, respectivamente, ata o 31 de maio de 2005. b) Acórdase por unanimidade a concesión de prórroga para axuda de emerxencia social concedida en Xunta de Goberno de data 10-09-04, a favor de Dona Lucinda Castro Lareo, do concello de Vila de Cruces, por importe de 1.260,00 ¤, ata o 31 de maio de 2005. ------ Folla: 6.12800.- AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES LA ANUNCIADA DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE ADECUACIÓN DE SUBSTRATO, RAREO E SEMENTE DE AMEIXA BABOSA EN BANCOS SUBMAREAIS DA ENSENADA DE BAIONA Vista a solicitude formulada por D. Jesús López Méndez, Patrón Maior da Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, os informes do enxeñeiro director e a técnico do Servizo Agrario, e o informe económico favorable da Intervención de data 15-02-05, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona (CIF: G-36.618.510), para a realización do proxecto de adecuación de substrato, rareo e semente de ameixa babosa en bancos submareais da ensenada de Baiona, por importe de quince mil euros (15.000,00 ¤), con cargo á partida 05/711.711.479.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 7.12801.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA "DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS" Vistos os informes de Intervención e da técnica de Medio Ambiente así como o escrito de solicitude de cambio de aplicación da subvención presentado polo Sr. Alcalde-Presidente do concello de Vilagarcía en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 14-05-04, por importe de 24.000,00 ¤, para "Dotación de servizos para Compostela e Bamio", acórdase por unanimidade conceder o cambio de aplicación de parte da axuda económica para a "Adquisición de equipo de climatización para Centro de Atención ó Visitante situado na praia de Compostela. ------ Folla: 8.12802.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 330.000,00 ¤ na partida 05/711.711.789.00 do vixente orzamento provincial, segundo retención de crédito número 200500008058; visto así mesmo o Dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 16 de febreiro de 2005 acórdase por unanimidade aprobar as "Bases Reguladoras de Axudas a Cooperativas da Provincia de Pontevedra" Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRINCIPIOS XERAIS A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e do movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases. 1.- OBXECTO Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 05/711.711.789.00 cun crédito inicial de trescentos trinta mil euros (330.000,00 ¤), dos cales detraerase a cantidade de 153.000,00 ¤, para atender a peticións formuladas e non atendidas no año 2004. 2.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 2.1.- Serán obxecto de axuda as inversións realizadas polas cooperativas, para mellorar os servizos que preste ós socios (construcións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan inversións, estudos técnicos, mobiliario, etc.). 2.2.- As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% da inversión realizada, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para a mesma inversión por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custo da inversión realizada. 3.- ÓRGANO DE CONCESIÓN El Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería conceder a axuda e dando conta posteriormente á Comisión. 4.- BENEFICIARIOS Poderá solicitar as axudas calquera cooperativa agraria da Provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado e as cooperativas que teñan maior número de socios. 5.- FORMULACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, achegándose a documentación seguinte: a) Instancia asinada polo Presidente da Cooperativa. b) Acordo do órgano de Goberno da mesma. c) Memoria descritiva da inversión a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc. Nas obras achegarase Orzamento Técnico das mesmas, coas unidades de obra desagregada e prezo unitario das mesmas. d) Certificado de acordo da Xunta de Goberno da Cooperativa comprometéndose á realización das obras. e) Certificación, na que conste se se solicitaron ou se obtiveron axudas para as inversións para as que solicita axuda de outras administracións públicas, e a súa contía en relación co orzamento total das inversións a realizar. f) Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria. g) Número de Socios de cada cooperativa e categoría da mesma. h) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 ¤, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000,00 ¤ no suposto de subministro de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizara con anterioridade á solicitude da subvención (art. 31.3 Lei 38/03) Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida. 6).- PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As axudas que se contemplan na presente Convocatoria poderán solicitarse desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7).- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS 7.1.- Para recibir as subvencións concedidas será necesario presentar na Deputación Provincial, os seguintes escritos: a) Escrito firmado polo Presidente da Cooperativa, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pagamento da axuda concedida. b) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas asinada por técnico competente. c) Certificación da axuda recibida ou concedida para as mesmas inversións por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. d) Certificación de estar ó corrente de pago coa seguridade Social e a AEAT. 7.2.- A efectos de xustificación do gasto, en ningún caso consideraranse gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda (art. 31.8 Lei 38/03), polo que tales extremos se xustificaran no expediente. 7.3.- Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade ó financiamento do período de xustificación (art. 31.2 Lei 38/03, Xeral de Subvencións). 7.4.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de outubro de 2006. 8).- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS Os servicios técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente as inversións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo os resultados no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9).- RESPONSABILIDADES O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas BASES e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación." ------ Folla: 9.12803.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ALGORITMOS, PROCESOS Y DISEÑOS, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil cincocentos setenta e oito euros con noventa e sete céntimos (1.578,97 ¤), para responder do subministro de 25 ordenadores con destino ós distintos servizos desta Deputación, adxudicado por Comisión de Goberno 08/06/2000, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 28/06/2000, núm. de operación 2000033313, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil catrocentos noventa e un euros con once céntimos (1.491,11 ¤), para responder do subministro de 25 ordenadores con destino ós distintos servizos desta Deputación, adxudicado por Comisión de Goberno 05/07/2001, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/08/2001, núm. de operación 200100043880 (SIC 2001047451), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TITERESCOLA "ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN DO TÍTERE" - A constituída en metálico, por importe de mil corenta euros (1.040,00 ¤), para responder da organización da "XV Campaña Os Títeres na Escola", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 02/11/2004, núm. de operación 200400076272, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EDUARDO BOAN ÁLVAREZ, (NIF 34975864V) - A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil setecentos setenta e un euros con tres céntimos (2.771,03 ¤), para responder da EP A Lama - Ponteverdugo (A Lama), pertencentes a POL-2001, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/01/2002, núm. de operación 200200001403, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONCELLO DE SANXENXO (NIF P3605100A) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos trinta e seis mil setecentos cincuenta e nove euros con dezaoito céntimos (236.759,18 ¤), para responder da achega Concello Sanxenxo Convenio execución diversas obras no ano 2004 (urb. Igrexa de Vilalonga e Urb. EP Sanxenxo - Meaño), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 20/02/2003, núm. de operación 200300010916, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 10.12804.- BASES DO CERTAME "NOVOS VALORES - 2005" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases do certame "Novos Valores 2005", que son do seguinte teor: "BASES CERTAME "NOVOS VALORES" 2005 PRIMEIRA.- Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.), susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores convocatorias deste mesmo certame. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptarán dúas obras por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 kg e a súa máxima dimensión non excederá os 2 m. TERCEIRA.- As obras presentaranse no edificio "Sarmiento" do Museo Provincial, ben persoalmente, ben por calquera medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de entrega estenderase desde o día 3 ata o 13 de maio deste ano, de martes a venres, entre as 10:00 e as 13:00 horas. Xunto coa obra ou obras, os artistas entregarán unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición debidamente cuberto. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo de Pontevedra. No momento da entrega, os concursantes recibirán un recibo que o documenta. A súa presentación será imprescindible para a posterior retirada da obra. CUARTA.- A Deputación, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas pero non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que se puidesen producir durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. Recoméndase, por iso, que todas veñan aseguradas. QUINTA.- Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío e de devolución das obras. A súa retirada, conforme ós prazos que se sinalan na base oitava, deberá realizarse de maneira persoal prioritariamente. Se non se fai así, será responsabilidade dos interesados a xestión directa da devolución. SEXTA.- As obras presentadas ó certame serán obxecto dunha primeira selección coa que se conformará a exposición Novos Valores 2005, que estará aberta ó público, no lugar que oportunamente se indicará, durante o mes de agosto. SÉTIMA.- Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se editará como complemento da exposición. Corresponderalles ós seus autores, non obstante, a xestión ou a obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica. OITAVA.- As obras non seleccionadas deberán retiralas os seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do xurado seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para tomar as decisións que sobre elas estime oportunas. NOVENA.- O xurado seleccionador, que será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial, estará composto polos seguintes membros: Presidente: O titular da Corporación provincial ou deputado en quen delegue. Vogais: O deputado-presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica, das Artes ou da Historia da Arte. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMA.- Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de cinco axudas económicas para a ampliación dos seus estudos artísticos, por un importe de seis mil euros (6.000,00 ¤) brutos cada unha, con cargo á partida 05/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial. UNDÉCIMA.- O beneficiarse da axuda económica será obxecto dun convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento de asinalo e o 50% restante á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado, e de dúas obras orixinais e asinadas. DUODÉCIMA.- A participación neste certame implica a aceptación plena destas bases. O xurado seleccionador, cuxas decisións serán inapelables, queda facultado, ademais, para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións." ------ Folla: 11.12805.- BASES DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES - 2005" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases da "Festa da bicicleta e marchas populares 2005", que son do seguinte teor: "BASES FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2005 Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito acadado en anos anteriores, considera conveniente conservar. A súa programación rexerase polas seguintes B A S E S 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos: a) O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. b) Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do Rd 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento de circulación, en particular o referente a "probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos". c) A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial. 3.- Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2005, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases. 4.- A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria. 5.- Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais subscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes. A empresa adxudicataria organizará as probas nos concellos da provincia tal e como se establece no apartado 3) destas bases, achegando a Deputación a cantidade de cincocentos euros (500,00 ¤) por proba celebrada. O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 05/451.452.227.06, por un importe de trinta mil euros (30.000,00 ¤). 6.- A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes. A adquisición realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno, que se fará con cargo á partida 05/451.452.226.14, por importe máximo de corenta e dous mil euros (42.000,00 ¤)." ------ Folla: 12.12806.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Dada conta da comunicación de Intervención de data 21 de febreiro do ano actual, para o recoñecemento extraxudicial de créditos, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2005, acórdase por unanimidade aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos e aprobación das facturas que figuran na seguinte relación: Nº Relación: nº facturas: Facturas: IMPORTE total: 200500000097-77-A primeira das cales é a referida a Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L. (1.745,80 ¤) e finaliza coa correspondente a Telefónica de España, S.A., (1.760,90 ¤): 27.047,28 ¤ 200500000100-73-A primeira das cales é a referida a Floristería Pacheco-Socorro Pacheco Gamallo (348,00¤) e finaliza coa correspondente a Restaurante Bar Alameda-Alischu Restauradores, S.L. (222,99 ¤): 44.876,36 ¤ 200500000101-78-A primeira das cales é a referida a Tecno Copy Galicia, S.L. (572,41 ¤) e finaliza coa correspondente a Unión Fenosa Distri-bución, S.A. (172,49 ¤): 31.348,35 ¤ 200500000102-84-A primeira das cales é a referida a Centro Asistencial San Juan de Díos - Palencia (4,684,20 ¤) e finaliza coa correspondente a Oficina-Administración de Correos de Pontevedra (2.666,88 ¤): 67.926,58¤ 200500000103-62-A primeira das cales é a referida a Ferretería Blanco Marcón, S.L. (105,37 ¤) e finaliza coa correspondente a Sokes - Julio César Acevedo Ruibal (535,00 ¤): 36.402,77 ¤ 200500000104-62-A primeira das cales é a referida a Audio Vídeo Ogando, S.L. (600,00 ¤) e finaliza coa correspondente a Quemarropa (138,20¤): 11.150,57 ¤ 200500000105-62-A primeira das cales é a referida a Serviocio (500,00 ¤) e finaliza coa correspondente a Joven Sport - María Elena Rajoy Ramos (169,38 ¤): 20.055,41 ¤ 200500000106-65-A primeira das cales é a referida a Papelería Montes - María Luísa Costas Abeledo (178,80 ¤) e finaliza coa correspondente a José Rubén Rozados e Hijos, S.L. (2.999,93¤): 24.311,38 ¤ 200500000107-65-A primeira das cales é a referida a José Rubén Rozados e Hijos, S.L. (2.159,83 ¤) e finaliza coa correspondente a Finanzauto, S.A. (185,23 ¤): 29.377,48 ¤ 200500000108-65-A primeira das cales é a referida a Finanzauto, S.A. (69,14 ¤)e finaliza coa correspondente a Papelería Montes - María Luísa Costas Abeledo (70,44 ¤): 10.353,92 ¤ 200500000109-66-A primeira das cales é a referida a Librería Escolma, S.A.L. (55,99 ¤) e finaliza coa correspondente a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A. (47,95 ¤): 21.422,70 ¤ 200500000110-87-A primeira das cales é a referida a Transportes Liste, S.L. (62,57 ¤) e finaliza coa correspondente a Ferretería Blanco Marcón, S.L. (303,03 ¤): 47.425,01 ¤ TOTAIS: número de facturas 846 Importe total: 371.697,81 ¤ Nas relacións figuran as aplicacións orzamentarias á que se imputan e que contan con crédito dispoñible nas respectivas vinculacións. ------ Folla: 13.12807.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JESÚS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ POR SUPOSTOS DANOS PADECIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE, NA ESTRADA 2605 PUXEIROS A REBULLÓN (MOS) Dada conta que con data de rexistro 16 de decembro de 2004 (rexistro nº 037736) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. JESÚS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por supostos danos en accidente de tráfico en automóbil matrícula 7441 BMJ o día 4 de setembro de 2004, na estrada 2605 Puxeiros - Rebullón (Mos) e que individualiza economicamente en 475,54 ¤. Resultando.- Que con data 20/12/2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 18/01/05 co seguinte contido: " La carretera Puxeiros a Rebullón es, efectivamente, vía provincial y en fechas próximas anteriores se procedió, dentro de unas obras de mejora de su tramo, adjudicadas a C.O.V.S.A., a la apertura de dos zanjas de cruce para instalación de conductos para líneas de UNION FENOSA, que fueron repuestas provisionalmente en espera de habituales asentamientos, con zahorra de cantera (mezcla de áridos tamaño 0-3 a 40-60). En los primeros días de septiembre y como quiera que se tuvo conocimiento de que, por efectos de las lluvias caídas en días anteriores, la reposición se había deteriorado por eliminación del árido frío (arenas, etc.), se procedió a su corrección con mezcla asfáltica. Por ello, es posible que el día 4 de dicho mes, tales zanjas no estuviesen perfectamente en rasante. Como do tenor literal do devandito informe non se deducía a sinalización das obras, nin con fundamento nos feitos concretos podía colixirse existencia de responsabilidade atribuíble a ninguén, cursouse dende esta Asesoría Xurídica nova petición de informe co fin de clarexar o antedito, remitíndose aquel con data 20/01/05 co seguinte contido: "Las obras estaban señalizadas con las señales verticales de obra que indican "peligro obras" (triangular amarilla) y las circulares amarillas de prohibido adelantar y de límite de velocidad. La única negligencia que puede observarse es que, aunque si bien la zanja se rellenó con zahorra, por efecto de la lluvia esta zahorra se eliminó en parte, provocando un desnivel, hecho que no fue subsanado, posiblemente, de inmediato pudiendo causar el accidente que, por otra parte, no se produciría si se circulase a baja velocidad. De cualquier forma, no parece que la responsabilidade directa, sea en este caso, de la Diputación, sino de la adjudicataria de las obras, C.O.V.S.A". Resultando.- Que unha vez no ámbito da Asesoría Xurídica este informe, e visto que no mesmo mencionábase a empresa "COVSA" como responsable das obras, oficióuselle a esta para que alegara o que tivese por oportuno, extremo que cumprimentou con data 14-02-05 co seguinte contido: "Habiendo recibido escrito bsb/pal sobre reclamación del accidente de D. Jesús González Rodríguez debemos manifestar que efectivamente COVSA es adjudicataria, por parte de esa Excma. Diputación, de las obras DOTACIÓN SERVICIOS Y MEJORA PAVIMENTO EN CP 2604 PUXEIROS A LA CP MEIXOEIRO-CUVI (MOS), y también de que se realizaron los trabajos de apertura de zanjas para las canalizaciones de Unión FENOSA, y que debido a condiciones climatológicas, provoco un desnivel suave con respecto a la calzada que fue reparado. En todo momento se mantuvieron las señales perceptivas de obras, en las que estaban incluida la de limitación de velocidad a 40Km/hora. Por todo ello debemos indicar, que si el vehículo hubiese respetado el límite de velocidad, tal y como indica el Director de las Obras en su informe, casi con toda seguridad, los daños que reclama nunca se hubiesen producido, ya que al circular en una zona de obras la precaución es siempre necesaria". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que no presente expediente cumprimentouse o esixido no artigo 97.3 da lei de Contratos coas Administracións Públicas no senso de dar audiencia no expediente e alegar o que ó seu dereito conviñera respecto da empresa adxudicataria. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do contraste obxectivo dos sucesivos informes do Servizo de Vías e Obras en relación co da Empresa "C.O.V.S.A." dedúcese o seguinte: a) As obras consistían na apertura de dúas gabias para liñas de electricidade e adxudicadas por esta Deputación a empresa "C.O.V.S.A." b) Tales gabias, ata a súa cubrición definitiva con mestura asfáltica, foron repostas con zahorra. c) A devandita reposición provisional, como consecuencia das choivas, ocasionou un desnivel suave. d) Ditas obras permaneceron en todo momento sinalizadas. e) De térense respectado as medidas limitadoras de velocidade (40 Km/h) en ningún caso se houberan producido os danos. Polo tanto, non existe relación de causalidade da que se poida facer título de imputación a esta Excma. Deputación ou a empresa. Considerando.- Que de existir algún tipo de responsabilidade, extremo que segundo o razoado, negase de plano, sería atribuíble, en todo caso, a empresa adxudicataria das obras a tenor do artigo 97 da Lei de Contratos de las Administracións Públicas que, con linguaxe meridianamente claro sinala que: "Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato", reforzado tal mandato legal pola sentencia do Tribunal Supremo de 12/02/00 que, apoiándose nunha de 31/07/89 deixou dito que, "...cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con la que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público, o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre la estructura administrativa y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas". Todo o razoado resulta dabondo para, por forza, desestimar o instado. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 14.12808.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA CARMEN IRIARTE VILLASANTA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA 2602 (MOS - LOUREDO), NO CONCELLO DE MOS Dada conta que con data de Rexistro 09-12-2004 (nº 036781) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por DONA CARMEN IRIARTE VILLASANTA, con enderezo a efectos de notificacións no despacho do letrado D. Fidel Díez Udías, sito en la c/ Marques de Valladares num. 14 - 4º oficina 8 de Vigo, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Opel Astra matrícula M-2351-OK, na estrada P-2602 (Mos - Louredo) o día 10 de decembro de 2003 e que individualiza economicamente en 6.972,68 ¤. Resultando.- Que con data 16.12.04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 18-02-05 co seguinte contido: "Efectivamente, la C.P. 2602 Peinador-Los Valos pertenece a la Diputación Provincial. A la Brigada de la zona no le consta ningún accidente en el tramo que citan ni en la fecha del accidente ni próximas. No obstante, fruto de las indagaciones llevadas a cabo en el día de ayer, se recogió información en el lugar de los hechos, exactamente P.Km.0,400 en el sentido de que, en el mes de diciembre de 2003, sin precisar fecha, el accidente se produjo "debido a que había barro en la calzada a causa de unas obras de canalización de alcantarillado, realizadas para el Ayuntamiento de Mos", sin que conste en este Servicio la solicitud o autorización para la realización de dichas obras. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentado os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto no informe do Servizo de Vías e Obras manifestase que as obras que deron lugar ó mal estado da vía (barro na calzada) foron levadas a cabo polo Concello de Mos, ou máis concretamente, pola empresa que as realizou para dito Concello, consistentes na canalización da rede de sumidoiro, e que, a maior abundamento, o fixo sen a preceptiva licencia desta Deputación, o que despraza o xuízo de responsabilidade a carón da devandita administración municipal exonerando correlativamente da mesma a esta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 15.12809.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR "ZURICH ESPAÑA, CÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A." POR SUPOSTOS DANOS PADECIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO AUTOMÓBIL PROPIEDADE DE D. IGNACIO ABALDE ROMÁN, NA AVDA. DO REBULLÓN-TAMEIGA (MOS) Dada conta que con data de rexistro 21 de outubro de 2004 (rexistro nº 032100) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por ZURICH España, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por supostos danos en accidente de tráfico en automóbil propiedade de D. Ignacio Abalde Roman, matrícula 1297BDG, o día 28 de agosto de 2004, na Avda. de Rebullón-Tameiga (Mos) e que individualiza economicamente en 176,84 ¤. Resultando.- Que con data 23/12/2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 18/01/05 co seguinte contido: " La carretera Rebullón -Tameiga es, efectivmante, vía provincial y en fechas próximas anteriores se procedió, dentro de unas obras de mejora de su tramo, adjudicadas a C.O.V.S.A, a la apertura de dos zanjas de cruce para instalación de conductos para líneas de UNION FENOSA, que fueron repuestas provisionalmente en espera de habituales asentamientos, con zahorra de cantera (mezcla de áridos tamaño 0-3 a 40-60). En los primeros días de septiembre y como quiera que se tuvo conocimiento de que, por efectos de las lluvias caídas en días anteriores la reposición se había deteriorado por eliminación del árido frío (arenas, etc.), se procedió a su corrección con mezcal asfáltica. Por ello, es posible que el día 28 de agosto, tales zanjas no estuviesen perfectamente en rasante". Como do teor literal do devandito informe non se deducía a sinalización das obras, nin con fundamento nos feitos concretos podía colixirse existencia de responsabilidade atribuíble a ninguén, cursouse dende esta Asesoría Xurídica nova petición de informe co fin de clarexar o antedito, remitíndose aquel con data 25/01/05 co seguinte contido: "Las obras estaban señalizadas con las señales verticales de obra que indican "peligro obras" (triangular amarilla) y las circulares amarillas de prohibido adelantar y de límite de velocidad. La única negligencia que puede observarse es que, aunque si bien la zanja se rellenó con zahorra, por efecto de la lluvia esta zahorra se eliminó en parte, provocando un desnivel, hecho que no fue subsanado, posiblemente, de inmediato pudiendo causar el accidente que, por otra parte, no se produciría si se circulase a baja velocidad. De cualquier forma, no parece que la responsabilidad directa, sea en este caso, de la Diputación, sino de la adjudicataria de las obras, C.O.V.S.A". Resultando.- Que unha vez no ámbito da Asesoría Xurídica este informe, e visto que no mesmo mencionábase a empresa "COVSA" como responsable das obras, oficióuselle a esta para que alegara o que tivese por oportuno, extremo que cumprimentou con data 14-02-05 co seguinte contido: "Habiendo recibido escrito bsb/pal sobre reclamación del accidente de D. Ignacio Abalde Roman con vehículo matrícula 1297 BDG, debemos manifestar que efectivamente COVSA es adjudicataria, por parte de esa Excma. Diputación, de las obras DOTACIÓN SERVICIOS Y MEJORA PAVIMENTO EN CP 2604 PUXEIROS A LA CP MEIXOEIRO-CUVI (MOS), y también de que se realizaron los trabajos de apertura de zanjas para las canalizaciones de Unión FENOSA, y que debido a condiciones climatológicas, provoco un desnivel suave con respecto a la calzada que fue reparado. En todo momento se mantuvieron las señales perceptivas de obras, en las que estaban incluida la de limitación de velocidad a 40 Km/hora. En el escrito de reclamación no vemos el parte de la policía local al que hacen referencia, les agradeceríamos nos lo aportasen pues puede ser aclaratorio. Por todo lo expuesto debemos indicar, que si el vehículo hubiese respetado el límite de velocidad, tal y como indica el Director de las Obras en su informe, casi con toda seguridad, los daños que reclama nunca se hubiesen producido, ya que al circular en una zona de obras la precaución es siempre necesaria." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que no presente expediente cumprimentouse o esixido no artigo 97.3 da lei de Contratos con las Administracións Públicas no senso de dar audiencia no expediente e alegar o que ó seu dereito conviñera respecto da empresa adxudicataria. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do contraste obxectivo dos sucesivos informes do Servizo de Vías e Obras en relación co da Empresa "C.O.V.S.A." dedúcese o seguinte: a) As obras consistían na apertura de dúas gabias para liñas de electricidade e adxudicadas por esta Deputación a empresa "C.O.V.S.A." b) Tales gabias, ata a súa cubrición definitiva con mestura asfáltica, foron repostas con zahorra c) A devandita reposición provisional, como consecuencia das choivas, ocasionou un desnivel suave. d) Ditas obras permaneceron en todo momento sinalizadas. e) De térense respectado as medidas limitadoras de velocidade (40 Km/h) en ningún caso se houberan producido os danos. Polo tanto, non existe relación de causalidade da que se poida facer título de imputación a esta Excma. Deputación ou a empresa. Considerando.- Que de existir algún tipo de responsabilidade, extremo que segundo o razoado, negase de plano, sería atribuíble, en todo caso, a empresa adxudicataria das obras a tenor do artigo 97 da Lei de Contratos de las Administracións Públicas que, con linguaxe meridianamente claro sinala que: "Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato", reforzado tal mandato legal pola sentencia do Tribunal Supremo de 12/02/00 que, apoiándose nunha de 31/07/89 deixou dito que, "...cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con la que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público, o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre la estructura administrativa y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas". Todo o razoado resulta dabondo para, por forza, desestimar o instado. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 16.12810.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE DE DESLINDE ENTRE OS TERMOS MUNICIPAIS DE VILABOA E MOAÑA QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL DA CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, pola que se remite expediente de deslinde entre os termos municipais de Vilaboa e Moaña (Pontevedra) e, Resultando que o expediente foi promovido polo Concello de Vilaboa. Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe o día 16 de febreiro de 2005, no que manifesta que "...no existiendo más que antecedentes y deslindes contradictorios y careciendo el servicio de procedimiento ni mecanismos para dilucidar acerca de las divergencias que mantienen los Concellos de Vilaboa y Moaña, consideramos que la propuesta del Instituto Geológico Nacional tiene, con toda probabilidad, razones como para ser considerada la más acertada." Considerando que o artigo 44 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece o procedemento a seguir nos casos de existencia de diverxencias entre os Concellos implicados en relación coa liña divisoria entre ambos. Visto o apartado terceiro do artigo 44 da Lei 5/97, acórdase por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e remitir o acordo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. ------ Folla: 17.12811.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 18.12812.- CONVENIO DE COLABORACIÓN "XXX EDICIÓN DE COPA DE S.M. O REI" DE BALONMÁN Acórdase por unanimidade aprobar e ratificar o Convenio de colaboración asinado o pasado 19 de xaneiro de 2005 entre a Fundación do Deporte Galego, o Concello de Pontevedra, Asobal, e a Deputación Provincial de Pontevedra, que ten por obxecto a celebración da "XXX Edición da Copa de S.M. o Rei de Balonmán na cidade de Pontevedra os días 25 e 29 de maio de 2005, mediante a achega de sesenta e cinco mil euros (65.000,00 ¤) que se financiará con cargo á partida 05/451.452.489.04 do presente exercicio orzamentario. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN "XXX COPA DE S.M. O REI" DE BALONMÁN En Pontevedra, a 19 de xaneiro de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, D. Jordi Pallarés Vendrell, Xerente da Asociación de Clubes Españois de Balonmán (ASOBAL). E doutra parte: Dona Pilar Rojo Noguera, na súa calidade de Presidenta do Pleno do Padroado da Fundación Deporte Galego. Don Rafael Louzán Abal, na súa calidade de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. D. Miguel Anxo Fernández Lores, na súa calidade de Alcalde do Concello de Pontevedra. D. Evaristo Estevez Vila, na súa calidade de Presidente da Sociedade Deportiva Teucro. INTERVEÑEN Dunha parte, D. Jordi Pallarés Vendrell, Xerente da Asociación de Clubes Españois de Balonmán (ASOBAL), na súa condición de titular dos dereitos de organización da Copa de S.M. o Rei, dereitos que lle foron outorgados pola Real Federación Española de Balonmán (RFEBM). Doutra parte interveñen, Dona Pilar Rojo Noguera, na súa calidade de Presidenta do Pleno do Padroado da Fundación Deporte Galego, Don Rafael Louzán Abal, na súa calidade de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e Don Miguel Anxo Fernández Lores, na súa calidade de Alcalde do concello de Pontevedra e finalmente de outra Don Evaristo Estevez Vila, na súa calidade de Presidente da Sociedade Deportiva Teucro. Que as partes reunidas consideran conveniente para as entidades que representan, a formalización do presente convenio de Colaboración, polo que por parte de ASOBAL, designase como Sede da XXX Edición da Copa de "S.M. o Rei" á cidade de Pontevedra. Os reunidos na representación con que actúan, conveñen libremente en obrigarse de conformidade coas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- ASOBAL designa á cidade de Pontevedra como Sede do citado evento, que terá lugar os días 25 a 29 de maio de 2005. Tres dos encontros de cuartos de final, que se celebrarán os días 25 e 26 de maio de 2005, disputaranse en localidades a consensuar entre as partes. O encontro de Cuartos de Final que en adiante se dirá, as Semifinais e Final terán lugar no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra os días 25, 28 e 29 de maio de 2005, respectivamente. Os horarios quedarán fixados a teor das retransmisións de TVE. SEGUNDA.- Na XXX Edición da Copa de "S.M. o Rei" participarán os 8 equipos primeiros clasificados ó final do Campionato denominado Liga Allianz Asobal. No suposto de que a Sociedade Deportiva Teucro non estivese dentro destes oito primeiros equipos clasificados, participarán os 7 primeiros equipos clasificados ó final do mencionado Campionato, xunto coa Sociedade Deportiva Teucro. Esta Competición xogarase baixo a fórmula de eliminatoria a partido único en Cuartos de Final, Semifinais e Final. O emparellamento dos equipos farase de acordo co establecido na normativa vixente. O sorteo terá lugar na Cidade de Pontevedra en data a convir. TERCEIRA.- O terreo de xogo e o seu perímetro deberá encontrarse totalmente libre de publicidade a fin de que por parte de ASOBAL poidan atenderse os compromisos publicitarios cos seus Patrocinadores e coa RFEBM. ASOBAL garantiza a presencia, en tres minutos por encontro para cada unha das institucións antes mencionadas, nos soportes publicitarios (leeds luminosos) que instalarán nos 40 metros frontais do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Así mesmo, ASOBAL garantiza a presencia, en seis minutos para o seu uso polos patrocinadores da SD TEUCRO. Para os restantes encontros porase a súa disposición os soportes publicitarios estáticos adecuados e a súa presencia. CUARTA.- O terreo de xogo onde se celebrarán os encontros de Semifinais e Final, disporá dunha pista que será aportada por ASOBAL, na que unicamente estarán as liñas de xogo de Balonmán. QUINTA.- ASOBAL comprométese a: · Desprazamento e estancia dos clubes participantes. · Desprazamento, estancia, dieta e dereitos de arbitraxe dos colexiados que sexan designados para dirixir os encontros. · Desprazamento e estancia do persoal de ASOBAL, necesario para o control da competición. · Desprazamento e estancia dos Directivos de ASOBAL e RFEBM. · A instalación da pista onde se celebrarán os encontros de Semifinal e Final. SEXTA.- A Sociedade Deportiva Teucro, na súa calidade de coordinador ASOBAL e de organizador do evento comprométese a: · Gastos inherentes á organización do evento (carteis, taquillaxe, programas, persoal da instalación, megafonía, servicio médico e ambulancia, e auga mineral para adestramentos e partidos). · Posta a disposición do evento os Pavillóns de Deportes suficientes e nas condicións que se requiren para a organización da Copa do S.M. o Rei, así como para os adestramentos dos Clubes. · Instalación e acondicionamento de plataformas e tarimas en función dos requirimentos que realice Televisión Española para a ubicación das cámaras e posibles reforzos de luz. · Sala de prensa, sala de VIPS e Protocolo do palco en colaboración con ASOBAL. · Comida ou cena oficiais e 30 invitacións para ASOBAL, RFEBM, Clubes e Árbitros. · Entregar 20 localidades sen cargo a cada un dos equipos contendentes e 50 a ASOBAL, en cada un dos encontros que se disputen. · Os traslados locais dos equipos, que non viaxen en autocar propio, e das parellas arbitrais, cubrindo os traxectos, aeroporto/estación ó Hotel e viceversa, así como os desprazamentos á pista de xogo. Dispoñibilidade de catro coches oficias para cubrir as necesidades de transporte local dos VIPS e membros de organización ASOBAL. · Dispoñibilidade dun mínimo de catro persoa e dunha carretilla mecánica (toro), para o montaxe e desmontaxe da pista. · No guión de requisitos quedan establecidas as necesidades de organización. SÉTIMA.- Como contrapartida á celebración deste evento, as entidades públicas intervenientes, Fundación Deporte Galego, Deputación Provincial de Pontevedra e Concello de Pontevedra aboarán individualmente a ASOBAL, a cantidade máxima de 65.000,00 ¤, debendo aboarse o 50 % deste importe antes do 31 de marzo de 2005 e o outro 50 % antes do 30 de abril. O pago destas cantidades realizarase mediante transferencia bancaria á conta de ASOBAL. O número da conta é 2100.3080.14.2200264126. E para que así conste e xurda os efectos oportunos, fírmase o presente Protocolo de Colaboración, por cuadriplicado exemplar, no lugar e data ó encabezamento indicados. A PRESIDENTA DO PLENO DO PADROADO DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO Asdo. Pilar Rojo Noguera PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal O ALCALDE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Asdo. Miguel Anxo Fernández Lores O PRESIDENTE DA SOCIEDADE DEPORTIVA TEUCRO Asdo. Evaristo Estevez Vila O XERENTE DE ASOBAL Asdo. Jordi Pallarés Vendrell" ------ Folla: 19.12813.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO DE PLANTAS DEPUTADORAS DE AUGAS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO "PROXECTO DEPUTRANS 2004-2005" Visto que o Pleno desta Deputación en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 2004 presta aprobación ó proxecto de "Depuración transfronteriza de núcleos de contas que desembocan no río Miño (Deputrans)", solicitando fondos comunitarios a través da convocatoria do programa Interreg III-A España-Portugal, actuando este Organismo como Xefe de Fila deste ambicioso proxecto que ten como finalidade frear a degradación do espazo medioambiental contendo na eurorexión Galicia-Norte de Portugal, a través do tratamento das augas residuais domésticas producidas polos pequenos núcleos de poboación do rural nas Provincias de Pontevedra, Ourense e Norte de Portugal. Resultando que o Subcomité de Xestión do Subprograma 1, no súa reunión do 20 de xullo de 2004, no marco do programa de iniciativa comunitaria Interreg III-A España-Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), acordou a concesión dunha axuda de 6.110.625,00 € a este Proxecto, correspondendo a esta Deputación a cantidade de 4.100.000,00 € e unha vez axustado o programa de financiamento e asinado o correspondente acordo entre a Autoridade de Xestión e o Xefe de Fila, o Pleno corporativo na sesión do día 27 de outubro de 2004 prestou aprobación definitiva a este Proxecto, correspondendo aportar a esta Deputación a contía de 1.366.667,00 € equivalente ó 25%, sendo a inversión total a efectuar por este Organismo de 5.466.667,00 €. Resultando que neste Proxecto está prevista a adquisición de plantas depuradoras compactas que se desenvolverá entre o cuarto trimestre do 2004 e o segundo trimestre do 2005, e que coa finalidade de determinar o número de plantas depuradoras en función dos núcleos de poboación, a Deputación dirixiuse ós 18 concellos implicados neste Proxecto a fin de que manifestaran as súas necesidades, o lugar de asentamento e número de habitantes dos núcleos afectados e tendo en conta a cantidade prevista para abordar a adquisición das plantas depuradoras, os técnicos informaron que o número idóneo para satisfacer a demanda sería adquirir 30 para núcleos de máis de 500 habitantes e 5 para máis de 250 habitantes, fixando o orzamento de licitación en 4.640.000 €. Resultando que por acordo da "Xunta de Goberno" desta Deputación Provincial do día 29 de outubro de 2004, acordouse a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005", cuxo anuncio do concurso foi enviado para a súa publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas, o día 29 de outubro de 2004, aparecendo publicado no citado diario o 6 de novembro de 2004, e que así mesmo o anuncio de licitación foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 213 de data 4 de novembro de 2004, no Diario Oficial de Galicia número 217 del 8 de novembro de 2004 e no Boletín Oficial do Estado número 275 do 15 de novembro de 2004. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2004, procedeu á cualificación da documentación xeral e apertura das plicas presentadas polas empresas, SOLUCIONES MEDIAMBIENTALES E AUGAS, S.A. (SMA) e GALAICO EUROPEA DE ENXEÑERÍA E MEDIO AMBIENTE, S.L. (GEIMA), as cales foron admitidas ó concurso. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 25 de febreiro de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa SOLUCIONES MEDIAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., por resultar a oferta más vantaxosa das presentadas E admitidas, de acordo co informe técnico emitido polo Sr. enxeñeiro Director do Servicio de Vías e Obras desta Deputación, de data 23 de febreiro de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, SOLUCIONES MEDIAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (SMA) (C.I.F. 36888931), o concurso convocado para efectuar o subministro de PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO PROXECTO "DEPUTRANS 2004-2005", das cales 30 unidades son para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes e 5 unidades para poboacións de ata 250 habitantes-equivalentes, polo prezo de catro millóns seiscentos vinte e dous mil trescentos sesenta e oito euros (4.622.368,00 €), IVE incluído, e as melloras ofertadas que se concretan no subministro dunha planta depuradora FACET modelo STP-25 a maiores, valorada en 104.400,00 €, motivando dita adxudicación por resultar a oferta más vantaxosa de entre as presentadas e admitidas segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e por reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo ás partidas, 05/911.441.662.02.2004 e 05/911.441.662.02 del vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír una fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 184.894,72 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acordase a devolución da fianza provisional constituída polo licitador que non resultou adxudicatario. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 723,97 euros, 263,25 euros e 870,41 (total 1.857,63 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial do Estado, respectivamente. ------ Folla: 20.12814.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "CONSTRUCCIÓN GARDERÍA INFANTIL, 2ª FASE", DO CONCELLO DE BARRO, CON CARGO O PAM/2005 Na aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Barro unha subvención por importe de setenta mil douscentos cincuenta e nove euros con tres céntimos (70.259,03 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Construción Gardería Infantil, 2ª fase" (libre designación), co número 2/11 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, solo efectuarase unha vez se comprobara non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 21.12815.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "CONSTRUCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN MEAÑO" Visto o acordo adoptado polo Pleno da Deputación, na sesión de 17-12-04, polo que se prestou aprobación ó Convenio de Colaboración entre esta Deputación Provincial, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o concello de Meaño para a "Construción dun Pavillón Polideportivo en Meaño, con orzamento de 639.125,20 ¤, que foi subscrito polas partes intervenientes o 23-12-04, e que será financiado coas achegas da Deputación Provincial, por importe de 360.000,00 ¤ da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por importe de 150.000,00 ¤, e do concello de Meaño, por importe de 129,125,20 ¤; visto o proxecto relativo á referida obra remitido polo concello de Meaño; e visto o informe de Intervención, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 22.12816.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE INSTALACIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN DE CIDADE+ NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o proxecto básico e de execución de reforma e acondicionamento interior de instalacións para a implantación de Cidade+ na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", cuxo importe ascenda á contía de 780.000,00 ¤ (IVE incluído), redactado polo arquitecto D. Manuel Abilleira Argibay e supervisado polo Servizo de Arquitectura, e visto o informe de intervención sobre a existencia de crédito dispoñible na partida 422.323.622.03 do vixente orzamento provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 23.12817.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición