Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-06-24_Ordinaria. Acta de sesión 2005/06/24_Ordinaria
Acta de sesión 2005/06/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-06-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/06/24_Ordinaria
Data(s) 2005-06-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e catro de xuño do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín , co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13138.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de xuño de 2005. ------ Folla: 2.13139.- AXUDA ECONÓMICA Á ASOCIACIÓN DE MARISQUEO, PESCA E ACUICULTURA PEDRA DA OLIVEIRA PARA A ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA PARA A MELLORA DA PRODUCTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS DE VILABOA Vista a solicitude formulada polo Presidente da Asociación de Mariscadores Pedra da Oliveira, o informe económico favorable da intervención, os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o enxeñeiro xefe do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade, conceder unha axuda económica para a adquisición de semente de ameixa á asociación de Mariscadores Pedra da Oliveira de Vilaboa (CIF G-36293272) por importe de doce mil euros (12.000,00 ¤), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente Orzamento provincial. . ------ Folla: 3.13140.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA OBRA "ABASTECEMENTO DE AUGAS EN RAMIL E OIS GRANDE", DO CONCELLO DE LALÍN, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Lalín unha subvención por importe de oitenta mil euros (80.000,00 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Abastecemento de augas en Ramil e Ois Grande", co número 37/389 (este acordo anula a RP nº8365 de data 17-06-05) e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó correntes nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 4.13141.- ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE "PREMIOS Á INVESTIGACIÓN - 2004" De conformidade co disposto na base 5ª da convocatoria de Premios á Investigación 2004, que se achegarán con cargo á partida 05/451.451.481.01.2004 - RC núm. 200400040899, e despois da reunión mantida polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 27 de maio, acórdase por unanimidade aceptar nos seus propios termos a "Acta do Xurado", que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2004 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do día 27 de maio de 2005, reúnese o Xurado cualificador de Premios á Investigación 2004 presidido por Dona TERESA PEDROSA SILVA, Vicepresidenta desta Excma. Deputación Provincial, por delegación do titular desta Corporación e os vocais: D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, Deputado Provincial; Dona JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, Profesora da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo; D. JESÚS HERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Decano da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo; D. XAIME FANDIÑO ALONSO, Decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, D. GERINO CALVO MAQUIEIRA, Director da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; Dona ROSA ANA MALVAR PINTOS, Directora da Misión Biolóxica de Galicia; D. ERNESTO VIEITEZ CORTIZO, Profesor e Presidente da Real Academia Galega; D. CARLOS VALLE PEREZ, Director do Museo Provincial de Pontevedra; D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, Xefe do Servicio de Arquivo Histórico da Deputación e D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, actuando como Secretario D. CARLOS CUADRADO ROMAY, Secretario Xeral desta Deputación. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado , acordouse a concesión dos seguintes: Apelidos e nome DNI Lema Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 ¤ Echavarri Erasun, Carlos 44078544-X Levadura La levadura Phaffia rhodozyma (estado perfecto anthophyllomyces dendrorhous): un proyecto de investigación con un cierto toque de color. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 ¤ Pardo Gato, José Ricardo 34889445-D La realidad social del turismo en Galicia La realidad social del turismo en Galicia: su ordenación administrativa y territorial. PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 6.000,00 ¤ Declarado deserto TESES DOUTORALES : CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.500,00 ¤ Rodríguez Vieites, David 36142218-H Temporal and spatial dynamics of a high mountain etapopulation of Rana temporaria L. TESES DOUTORAIS: Humanidades e Ciencias Sociais.- 1.500,00 ¤ Malheiro Gutiérrez,Xosé M. 76810041 "Mobilización societaria, correntes de pensamento e escolas de emigrantes en Galicia durante o primeiro tercio do século XX: o protagonismo de Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos" TESE DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA : CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.200,00 ¤ Premios Ex Equo Alonso Montes, Carmen 76727092-Q Reconstrucción de imágenes 3D mediante el uso de redes autoorganizativas. Varela Rodríguez, Ruth 33294308-Z Vivienda unifamiliar en el Parrote TESE DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.200,00 ¤ Amoedo Vidal, Mónica 77000957-Q A propaganda do nacionalismo galego a través da música. Caso particular: Suso Vaamonde. INVESTIGACIÓN XUVENIL: Ciencias e Tecnoloxía.- 1.500,00 ¤ Declarado deserto INVESTIGACIÓN XUVENIL: Humanidades e Ciencias Sociais.- 1.500,00 ¤ Raposeiras Roubín, Mirian 76965844-R Coral Propuestas de mejora para la comunicación en la Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Así mesmo, e en atención ó fallo deserto da modalidade de Provincia de Pontevedra e Investigación Xuvenil: Ciencias e Tecnoloxía, este Xurado propón a concesión da totalidade da suma de 1.200,00 ¤ ós dous premios concedidos na modalidade de Teses de Licenciatura e Proxectos Fin de Carreira: Ciencias e Tecnoloxía. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 10.45 horas do mencionado día, remata a reunión asinando a presente todos os asistentes do que eu como Secretario dou fe." ------ Folla: 5.13142.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS Vistos os expedientes de persoal tramitados por diferentes conceptos fóra do prazo establecido por falta de presentación das solicitudes en tempo e forma, acórdase por unanimidade, ó amparo do disposto no artigo 176 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, recoñecer crédito para o aboo dos seguintes gastos de persoal con cargo ás correspondentes partidas do Orzamento provincial: A.- AXUDAS SANITARIAS: Persoal funcionario: Cód./Apelidos e nome/Centro/Importe/Partida orzament.: -01350 Abelleira Solla, Mª Carmen C.I.P.F. 1.547,00 ¤ 05/122.314.160.06 -02201 Canabal Fiestras, Ana C.I.P.F. 1.500,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01461 Chan Ruibal, José Manuel C.I.P.F. 24,50 ¤ 05/122.314.160.06 -00607 Doce Melón, Angeles C.I.P.F. 1.155,00 ¤ 05/122.314.160.06 -02214 Fernández Mallo, Modesto P. Maquinaria 252,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01194 Fernández Mariño, Juan Carlos P. Maquinaria 1.540,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01318 Fernández Nogueira, Paloma Serv.Central 95,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01133 García Andrade, José J. C.I.P.F. 110,00 ¤ 05/122.314.160.06 -00484 García Martínez, Concepción C.I.P.F. 97,50 ¤ 05/122.314.160.06 -00966 Rial Gallego, Vicente Vías e Obras 177,75 ¤ 05/122.314.160.06 -02179 Rodríguez Fernández, José R. Arquivo 2.858,62 ¤ 05/122.314.160.06 -01152 Santos Piñeiro, Fidel Pazo Provincial 133,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01144 Valladares Castro, Jerónimo C.I.P.F. 580,00 ¤ 05/122.314.160.06 -01780 Vereterra Gutiérrez-Maturana, Inés Intervención 152,40 ¤ 05/122.314.160.06 -01918 Vilar García, Fernando Vías e Obras 150,25 ¤ 05/122.314.160.06 -TOTAL 10.373,02 ¤ 05/122.314.160.06 IMPORTE TOTAL: 10.373,02 ¤ Partida orzamentaria: 05/122.314.160.06 B.- DIETAS, DESPRAZAMENTOS E INSCRICIÓNS A CURSOS: Persoal laboral eventual: Dietas: Cód./Apelidos e nome/Centro/Importe/Partida orzament.: -11356 Torrón Casal, Antonio Pazo 149,63 ¤ 05/711.711.479.03.2003 IMPORTE TOTAL: 149,63 ¤ Partida orzamentaria: 05/711.711.479.03.2003 Desprazamentos: Cód./Apelidos e nome/Centro/Importe/Partida orzament.: -11356 Torrón Casal, Antonio Pazo 690,33 ¤ 05/711.711.479.03.2003 IMPORTE TOTAL: 690,33 ¤ Partida orzamentaria: 05/711.711.479.03.2003 Persoal funcionario: Dietas: Cód./Apelidos e nome/Centro/Importe/Partida orzament.: -02102 Llano de la Concha, Rafael Vías e Obras 496,14 ¤ 05/511.511.230.01 -05417 Pérez Otero, Rosa Serv. Agrario 248,46 ¤ 05/711.711.230.01 -00952 Muñiz Abuín, Francisco Vías e Obras 96,81 ¤ 05/511.511.230.01 IMPORTE TOTAL: 841,41 ¤ Partida orzamentaria: 05/711.711.230.01 Importe: 248,46 ¤ Partida orzamentaria: 05/511.511.230.01 Importe: 592,95 ¤ Desprazamentos: Cód. /Apelidos e nome /Centro/Importe/Partida orzament.: -02102 Llano de la Concha, Rafael Vías e Obras 610,00 ¤ 05/511.511.231.01 -05417 Pérez Otero, Rosa Serv. Agrario 255,41 ¤ 05/711.711.231.01 IMPORTE TOTAL: 865,41 ¤ Partida orzamentaria: 05/511.511.231.01 Importe: 610,00 ¤ Partida orzamentaria: 05/711.711.231.01 Importe: 255,41 ¤ Inscrición a cursos: Cód./Apelidos e nome/Centro/Importe: -02102 Llano de la Concha, Rafael Vías e Obras 725,00 ¤ Partida orzamentaria 05/122.314.162.00 IMPORTE TOTAL: 725,00 ¤ Partida orzamentaria: 05/122.314.162.00 C.- ASISTENCIAS A TRIBUNAIS: Membro/Tribunal/Apelidos e nome/nº asistencias/Cargo/Importe: -Presidente / Arévalo Gómez, Nidia / 9 / Deputada Provincial / 376,62 ¤ -Presidente / Figueroa Vila, José M. / 1 / Deputado Provincial / 39,78 ¤ -Secretaria / Torres Peón, María J. / 4 / Xefa Serv. RRHH / 159,12 ¤ -Secretaria / Mateos Escudero, Sonia / 6 / D. Xestión CIPF / 256,98 ¤ -Vocal / Duran Hermida, José J. / 4 / Deputado Provincial / 146,88 ¤ -Vocal / Montero Vaz, Alfredo / 2 / Xefe Zona -Vías e Obras / 73,44 ¤ -Vocal / Llano de la Concha, Rafael / 2 / Xefe Serv. - Vías e Obras / 73,44 ¤ -Vocal / Rozados Porto, Antón / 4 / Repr. Xunta de Persoal / 46,88 ¤ -Vocal / Barros López, Carlos / 4 / Xefe Parque Maquinaria / 146,88 ¤ -Vocal / Soto Espiña, Celia / 1 / Asesor Técnico / 36,72 ¤ -Vocal / Pedrosa Silva, Mª Teresa / 6 / Vicepresidenta / 238,68 ¤ -Vocal / Millán González, Clara / 6 / Deputada Provincial / 238,68 ¤ -Vocal / Valladares Castro, Jerónimo / 6 / Repr. Xunta Persoal / 238,68 ¤ -Vocal / Paz Dacosta, Zoila / 6 / Directora Xerente CIPF /238,68 ¤ -Vocal Villaverde González, Leonor 6 Asistente Social Consellería Asuntos Sociais - Xunta de Galicia 238,68 ¤ -Vocal Viso Touza, Susana 6 Asistente Social Deputación Ourense 238,68 ¤ -Vocal Padín García, Mª Jesús 6 Funcionaria Consellería Xustiza - Xunta de Galicia 238,68 ¤ Importe total: 3.127,50 ¤ Partida orzamentaria: 04/122.121.232.02 ------ Folla: 6.13143.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 7.13144.- PRÓRROGA PARA O PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES PARA "ARRANXO DE VIVENDAS" A FAVOR DO EXCMO. CONCELLO DE VIGO Á vista da petición realizada, o día 16-06-05 polos Servizos Sociais do Excmo. Concello de Vigo, requirindo ampliación do prazo para presentación de solicitudes de axudas para "Arranxo de vivendas" ata o próximo día 5 de xullo do ano en curso, e con base no informe técnico emitido pola Traballadora Social deste Servizo Provincial de Acción Social, acórdase por unanimidade a aprobación da prórroga do prazo para presentación de solicitudes de axudas para "Arranxo de vivendas" a favor do Excmo. Concello de Vigo, ata o día 5 de xullo de 2005. ------ Folla: 8.13145.- RESOLUCIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA FEDERACIÓN GALEGA DA CONSTRUCIÓN CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO Acórdase por unanimidade a adopción do seguinte acordo: 1.- A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 3 do actual mes de xuño, prestou aprobación ós proxectos e ó expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "diversas obras a executar mediante convenio co concello de Vigo". As obras a executar e o tipo de licitación son as seguintes segundo o previsto na cláusula 3ª do prego de condicións económico-administrativas: 1.- "Humanización da rúa Alfonso XIII - 450.000,00 ¤ 2.- "Humanización da rúa Velázquez Moreno (tramo Príncipe Policarpo Sanz) - 341.754,00 ¤ 3.- "Reparación de beirarrúas en distintas zona da cidade (Vigo) - 211.046,00 ¤ 4.- "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro" - 218.877,25 ¤ 5.- "Mellora de beirarrúas na rúa Tui" - 410.625,00 ¤ Os prazos para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será: de tres meses para a obra nº 1, dous meses e medio para a obra nº 2, dous meses para a obra nº 4 e catro meses para as obras nº 3 e 5, contado a partir da comprobación de replanteo de cada obra. A oficina de Supervisión de Proxectos, emite informe favorable con data 27 do pasado mes de maio, non efectuando alegacións no relativo á clasificación nos mesmos esixida. 2.- A clasificación empresarial esixida para licitar as obras foi, segundo o previsto na cláusula 9.7 do prego de condicións foi: Obra nº 1: Grupo G, subgrupo 3, categoría e. Obras nº 2 e 4: Grupo E, subgrupo 1, categoría d, e grupo G, subgrupo 3, categoría e. Obras nº 3 e 5: Grupo G, subgrupo 6, categoría d. 3.- O anuncio de licitación foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, nº 111, do día 10 de xuño e no Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño. 4.- Contra este acordo recorre en reposición Dona Verónica Val Vázquez, en nome e representación da Federación Galega da Construción, alegando que a clasificación esixida nas obras de "Humanización da rúa Alfonso XIII", "Humanización da rúa Velázquez Moreno (tramo Príncipe-Policarpo Sanz)" e "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro" non é a adecuada posto que nos proxectos non existen partidas suficientes que motiven a esixencia de clasificación no subgrupo de viais e pistas con firmes de formigón hidráulico, estimando que debían clasificarse no grupo G Viais e Pistas, subgrupo 6 obras viais sen cualificación específica. Así mesmo, impugnan esixencia da categoría e, obras con anualidade media entre 840.000,00 ¤ e 2.400.000,00 ¤. O recurso tivo entrada nesta Deputación Provincial o día 22 do actual mes de xuño. 5.- A Oficina de Supervisión de Proxectos, unha vez estudiado o recurso de reposición informa de que unha vez ponderado o volume de obras a realizar en cada un dos proxectos a clasificación que debería esixirse será a correspondente ó Grupo G, Viais e Pistas, subgrupo 6, viais sen cualificación específica. Á vista destes antecedentes e, de conformidade cos informes técnicos e xurídicos estimando o recurso de reposición interposto pola Federación Galega da Construción, acórdase por unanimidade: 1.- Rectificar a clasificación esixida para as obras de "Humanización da rúa Alfonso XIII", "Humanización da rúa Velázquez Moreno (tramo Príncipe-Policarpo Sanz)" e "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro" esixindo a seguinte: "Humanización da rúa Alfonso XIII", Grupo G, subgrupo 6, categoría e. "Humanización da rúa Velázquez Moreno (tramo Príncipe-Policarpo Sanz)", Grupo G, subgrupo 6, categoría d e Grupo E, subgrupo 1, categoría d. "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel de Castro", Grupo G, subgrupo 6, categoría d e Grupo E, subgrupo 1, categoría c. 2.- Abrir un período de trece días, contados a partir do seguinte da inserción do anuncio de rectificación no Boletín Oficial da Provincia para que poidan presentarse ofertas con arranxo a esta nova clasificación. 3.- Os contratistas que se presentaron acreditando ter a clasificación do Grupo G, subgrupo 3, ó estar clasificados así mesmo no grupo G, subgrupo 6, que agora se esixe, de conformidade co artigo 35.2, apartado k, do Regulamento da Lei de contratos das Administracións Públicas, considéranse admitidos ó concurso e procederase á apertura das plicas conxuntamente coa que se presenten no novo prazo concedido. 4.- Seguir o trámite establecido no prego de cláusulas económico-administrativas para a licitación correspondente á obras de "Reparación de beirarrúas en distintas rúas da cidade de Vigo" e "Reparación de beirarrúas na rúa Tui". ------ Folla: 9.13146.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "OBRAS COMPLEMENTARIAS NA SEDE DO PARQUE COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO" Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 13-05-2005, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, esta Deputación Provincial e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña, para a adquisición dun vehículo contraincendios e a realización de obras complementarias na sede do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo; visto o proxecto de "Obras complementarias na sede do Parque Comarcal Contraincendios e Salvamento da Comarca do Morrazo" cuxo importe ascende á suma de 58.570,65 ¤; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/911.223.662.05, acórdase por unanimidade aprobar o proxecto de "Obras complementarias na sede do Parque Comarcal Contraincendios e Salvamento da Comarca do Morrazo", por importe de 58.570,65 ¤. ------ Folla: 10.13147.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE "INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 DE CAMPOS DE FÚTBOL" Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación das obras de "Infraestrutura básica para construción de 30 campos de Fútbol", visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que e valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. as obras de "Infraestrutura básica para construción de 30 campos de Fútbol" na suma de 3.736.650,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dezaoito meses e melloras valoradas en 356.481,95 ¤. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa a base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade 328,08 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 11.13148.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO DESEÑO, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SINAIS E PANEIS DE LOCALIZACIÓN E FITOS KILOMÉTRICOS, MIRIAMÉTRICOS, DE LOCALIZACIÓN E INDICADORES DE ESTRADA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do día 15 de abril de 2005, onde se aproba o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do deseño, subministro e instalación de sinais e paneis de localización e fitos kilométricos, miriamétricos, de localización e indicadores de estrada, e anunciándose a convocatoria de dito concurso no B.O.P. (nº 85, de 4 de maio de 2005) e no Diario Oficial de Galicia (nº 87, de 6 de maio de 2005). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 23 de maio de 2005, deuse traslado ó Servizo de Vías e Obras para o seu informe. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras, e a proposta da Mesa de Contratación, de data 22 de xuño do ano en curso, acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (C.I.F. B-32.204.620), o concurso correspondente á CONTRATACIÓN DO DESEÑO, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SINAIS E PANEIS DE LOCALIZACIÓN E FITOS KILOMETRICOS, MIRIAMETRICOS, DE LOCALIZACIÓN E INDICADORES DE ESTRADA, ata unha cantidade máxima de douscentos setenta e dous mil seiscentos euros (272.600,00 ¤), IVE incluído e con arranxo ós seguintes prezos unitarios: unidade concepto Prezo (IVE incluído Aceiro Aluminio M2 Cartel frecha, nivel 2, para un ou dous textos, incluso parte proporcional de postes e colocación. 419,10 ¤ 544,02 ¤ M2 Cartel de localización de entrada e saída de provincia, nivel 2, incluso parte proporcional de postes e colocación 419,10 ¤ 544,02 ¤ M2 Cartel de localización de entrada e saída de concello, nivel 2, incluso parte proporcional de postes e colocación 419,10 ¤ 544,02 ¤ M2 Cartel de localización de entrada e saída de parroquia, nivel 2, incluso parte proporcional de postes e colocación. 419,10 ¤ 544,02 ¤ M2 Cartel de orientación de acceso a puntos singulares, nivel 2, incluso parte proporcional de postes e colocación. 419,10 ¤ 544,02 ¤ Ud. Fito quilométrico de 60x40 cm, nivel 2, incluso parte proporcional de postes e colocación. 135,88 ¤ 175,74 ¤ Ud. Fito miriamétrico de 200x40x40x40 cm,nivel 2,incluso placa de ancoraxe e colocación 364,28 ¤ 473,56 ¤ Ud. Fito de localización de 200x40x40x40 cm,nivel 2, incluso placa de ancoraxe e colocación. 364,28 ¤ 473,56 ¤ Ud. Fito indicador de estrada de 80x200 cm,nivel 2,tipo monolito ou tótem rotulado a ambas caras, incluso placa de ancoraxe e colocación. 1.292,98 ¤ M2 Cartel de identificación de itinerario en lamas, nivel 2, incluso parte proporcional de poste, placa de ancoraxe e colocación. 277,28 ¤ 359,23 ¤ O pago do subministro e instalación efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 05/511.511.612.02 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 10.880,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 64,24 euros e 238,80 euros, (total 303,04 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 12.13149.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE 6.000 TM DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICIÓN DENSA TIPO D-12 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 13 de maio de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de 6.000 Tm de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12, con árido granítico, estendido e compactado, incluído rego de adherencia 1 kg/m2 de ECR-1 de 98% de ensaio Masball, cuxo anuncio do concurso foi publicado no B.O.P. número 100 e no DOGA número 102 de datas 26 e 30 de maio de 2005, respectivamente. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas polas empresas, CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA); CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. e CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., as cales foron admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 17 de xuño de 2005. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 22 de xuño de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA), por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, en base ó informe técnico emitido polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria desta Deputación, de data 22 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) (C.I.F.- A-36.008.886), o concurso convocado para efectuar o SUBMINISTRO DE 6.000 TM. DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICIÓN DENSA TIPO D-12, CON ÁRIDO GRANÍTICO, ESTENDIDO E COMPACTADO, INCLUÍDO REGO DE ADHERENCIA 1 KG/M2 DE ECR-1 DE 98% DE ENSAIO MASBALL, pola cantidade global de douscentos corenta mil euros (240.000,00 ¤), IVE incluído, a razón de 40,00 euros/Tm, e coas melloras ofertadas pola empresa valoradas en 30.914,00 euros. A adxudicación a favor da empresa, CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) , motívase por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pagamento do subministro obxecto do contrato efectuarase no seu día á empresa adxudicataria, con cargo á partida 05/511.511.210.00, do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 9.600,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez que constituíra a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 123,54 euros e 263,25 (total 386,79 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 13.13150.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2005 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 20 de maio de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2005, por un importe de 50.000,00 euros, IVE incluído, a razón dun prezo máximo por cada quenda de campamento realizado de 8.333,33 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2005, foi publicado no B.O.P. número 106 e no DOGA número 106, ambos de data 3 de xuño de 2005. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 22 de xuño de 2005, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas, TRANSGALAICA, S.L.; NADETUR, S.L. e RAMIRO JAVIER FREIRE RIVERA (SELVA LUPI), as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" desta Deputación. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 23 de xuño de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa, TRANSGALAICA, S.L., por resultar la oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, na base ó informe técnico emitido pola Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", de data 22 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, TRANSGALAICA, S.L. (C.I.F.- B-15312838), o concurso convocado para a contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2005 polo prezo ofertado de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤), IVE incluído, a razón de 8.333,33 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado . A adxudicación a favor da empresa TRANSGALAICA, S.L., motívase por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. A asistencia técnico educativa efectuarase de conformidade co establecido nos pregos de condicións aprobados pola Xunta de Goberno na sesión do día 20 de maio de 2005 e terá lugar desde o día 29 de xuño ó 1 de setembro do ano 2005, ambos incluídos. Os campamentos desenvolveranse en 6 quendas cun máximo de 150 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. ASENTAMENTO INICIO-FIN PERSOAS DÍAS Prazas 1º Campamento 29-06-05 ó 08-07-05 150 10 150 2º Campamento 10-07-05 ó 19-07-05 150 10 150 3º Campamento 21-07-05 ó 30-07-05 150 10 150 4º Campamento 01-08-05 ó 10-08-05 150 10 150 5º Campamento 12-08-05 ó 21-08-05 150 10 150 6º Campamento 23-08-05 ó 01-09-05 150 10 150 TOTAL........... 900 O pagamento do prezo dos servizos efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida, 05/452.452.227.20, do vixente Orzamento Provincial e da seguinte forma: o 50% do importe do contrato ó rematar as tres primeiras quendas de campamentos e o 50% restante, ó rematar as tres últimas quendas contra a presentación das correspondentes facturas e unha memoria resumen das actividades desenvolvidas. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.000,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 125,19 euros e 268,65 (total 393,84 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 14.13151.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE HOSTALERÍA (VERÁN 2005) NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 27 de maio de 2005 polo que se aprobou el expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, dos servizos de hostalería (verano 2005) no Centro de Vacacións de "A Lanzada", por un importe de 86.193,50 euros, IVE incluído, en función dun máximo de 10.550 prazas, ó prezo unitario de 8,17 euros/praza/día. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación dos servizos de hostalería no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2005, foi publicado no B.O.P. número 107 e no DOGA número 107, ambos de data 6 de xuño de 2005. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 23 de xuño de 2005, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA, S.L. (PROHOSGA, S.L.) e EUREST COLECTIVIDADES, S.A., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 24 de xuño de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa, PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA, S.L. (PROHOSGA, S.L.), por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, en base ó informe técnico emitido pola Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", de data 23 de xuño de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA, S.L. (PROHOSGA, S.L.) (C.I.F.- B-15051634), o concurso convocado para a contratación dos servizos de hostalería (verán 2005) no Centro de Vacacións de "A Lanzada", polo prezo máximo ofertado de oitenta e cinco mil trescentos corenta e nove euros con cincuenta céntimos (85.349,50 ¤), IVE incluído, en función dun máximo de 10.550 prazas, ó prezo unitario de 8,09 euros/praza/día. Estas cantidades desagréganse nos seguintes servizos e cantidades máximas, todas elas co IVE incluído: -Limpeza 0,45 ¤/praza/día 4.747,50 Euros -Lavandería 0,65 ¤/praza/día 6.857,50 Euros -Alimentación 6,99 ¤/praza/día 73.744,50 Euros TOTAL a razón de 8,09 ¤/praza/día..... 85.349,50 Euros A adxudicación a favor da empresa PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA, S.L. (PROHOSGA, S.L.), motívase por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pagamento das expresadas cantidades serán libradas no seu día ó adxudicatario, con cargo ás partidas, 05/452.452.227.00 (limpeza), 05/452.452.227.12 (lavandería) e 05/452.452.227.21 (alimentación), do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.413,98 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución da fianza provisional constituída polo licitador que non resultou adxudicatario. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 123,54 euros e 218,90 euros, (total 342,44 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 15.13152.- ACTA DO XURADO DE NOVOS VALORES-2005 De conformidade co disposto na base 10ª da convocatoria de Novos Valores-2005, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno do día 25 de febreiro de 2005, que se achegarán con cargo á partida 05/451.451.481.01 - RC núm. 200500007937, e despois da reunión mantida polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 20 de xuño, acórdase por unanimidade aceptar nos seus propios termos a acta do Xurado que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO DA EXPOSICIÓN NOVOS VALORES - 2005 No Edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra, sendo as 17:00 horas do día 20 de xuño de 2005, reúnese o Xurado Cualificador da "EXPOSICIÓN NOVOS VALORES-2005", composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, Deputado Presidente da Comisión Informativa de Cultura. Vocais: D.José Carlos Valle Pérez, Director do Museo Provincial de Pontevedra, D. Jesús Hernández Sánchez, Decano da Facultade de Belas Artes D. Miguel Fernández-Cid, Director do Centro Galego de Arte Contemporánea D. Antón Pulido Novoa, pintor Dona Antía Moure Arias, artista-bolseira da edición Novos Valores 2004 Secretario: D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de Cultura Ten por obxecto a reunión emitir o fallo para adxudicar as cinco axudas económicas por importe de seis mil euros (6.000,00 ¤) cada unha, previstas na base oitava da convocatoria, de entre as obras seleccionadas os días: 26 de maio e 2 de xuño pasados. Despois dun detallado estudo e deliberación das obras seleccionadas, o Xurado acordou conceder e premiar as seguintes obras: Autor Título da obra Debuxo Santiso Villar, Ana Tal cual Fotografía Durán Illanes, Raquel Identidad visual Pintura Rivas Fernández, Juan Ordes Vídeo Castro Martínez, Samuel Pernas Yánez, Laura La autogénesis de Leviatán Éxtasis de Angustia E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as dezaoito trinta horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, asinando a presente todos os asistentes, do que eu, Secretario, dou fe." ------ Folla: 16.13153.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 23 de xuño de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para execución do Orzamento de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500000621 e que contén sesenta e unha facturas, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 46.374,07 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 586,01 ¤ TOTAL LÍQUIDO 46.960,08 ¤ ------ Folla: 17.13154.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO COA FUNDACIÓN PENZOL Vistos os escritos de datas 28 de decembro de 2004 e 25 de maio de 2005 do Vicepresidente da Fundación Penzol, interesando a prórroga do convenio de colaboración subscrito con esta Excma. Deputación Provincial para a catalogación dos fondos depositados por Don Ramón Otero Pedrayo e Don Francisco Fernández del Riego, así como a prórroga dos contratos por obra ou servizo determinado celebrados cun Licenciado en Historia, un Diplomado en Biblioteconomía e Documentación e un Licenciado en Filoloxía ó amparo deste convenio; considerando non existir acordo expreso de prórroga do convenio e que non concluíron os traballos finais de inventario e catalogación que se previran levar a cabo, acórdase por unanimidade en virtude do disposto na cláusula cuarta do convenio e artigo 67 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, prorrogar a vixencia do mesmo ata o 31 de decembro de 2005, data en que se extinguirán os contratos celebrados con motivo deste convenio. ------ Folla: 18.13155.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE ESTUDO DE DETALLE PARA O DESENVOLVEMENTO DO PEI 10 (POLÍGONO DE EXECUCIÓN INTEGRAL) SITO EN BALTAR - ADINA [Portonovo], TERMO MUNICIPAL DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Sra. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 3 de maio de 2005 (rexistro de entrada núm. 013672, de data 05-05-05), pola que se remite copia do expediente sobre Estudo de detalle para o desenvolvemento do PEI 10 (Polígono de execución integral) sito en Baltar-Adina, termo municipal de Sanxenxo, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15.4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, de data 22 de xuño de 2005, que literalmente di: "...Examinada la documentación presentada debo hacer las siguientes puntualizaciones: 1º) La definición del enlace debe ser aprobada por la COPOPV por tratarse de una glorieta situada en la carretera C-550. 2º) Con respecto a la intersección con la Carretera Provincial 9206 PORTONOVO - VICHONA, y al objeto de mejorar la salida de la glorieta hacia la misma, se contemplará en el proyecto de urbanización o en su defecto se tendrá en cuenta a la hora de la ejecución lo siguiente: 1.- Se desplazará la isleta central adaptándola a la definición del plano que se adjunta a fin de conseguir un ancho de 6 m en la entrada a la Carretera Provincial (distancia CD). 2.- Se retranqueará la línea exterior de la isleta que canaliza el tráfico de la calle interior de la urbanización hacia la Carretera Provincial con el mismo fin que en el punto 1.- (línea DE). 3.- Se intentará adaptar lo más posible la isleta central a la definida en el plano que se adjunta (ABC) donde AB es una curva de radio 300 m, BC es la misma que la ya definida (radio 22 m) y AC en una curva de radio 500 m. Lo anteriormente definido representan variaciones mínimas respecto a lo proyectado pero que, considero, mejoran la incorporación de la glorieta hacia la vía provincial..." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Ilmo. Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 19.13156.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota