ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/07/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-07-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/07/08_Ordinaria

  • Data(s) 2005-07-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de xullo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13176.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de xullo de 2005. ------ Folla: 2.13177.- ANULACIÓN DA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL CONCEDIDA A D. JULIO MIGUEL GROBA CARBALLIDO, DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS En relación coa axuda de emerxencia social aprobada pola Xunta de Goberno de 10/09/2004 desta Excma. Deputación Provincial a favor de D. Julio Miguel Groba Carballido, por importe de 1.071,00 ¤, para construción de fosa séptica: á vista do informe de 21 de xuño de 2005 da traballadora social do concello de Salceda de Caselas, dando por desestimada a súa solicitude toda vez que o interesado non presentou os xustificantes da obra a realizar pese a requerírselle por medio de notificación e do informe de día 29 do mesmo mes emitido pola traballadora social deste servizo provincial de Acción Social, acórdase por unanimidade a anulación da subvención de emerxencia social concedida no ano 2004 a D. Julio Miguel Groba Carballido, do concello de Salceda de Caselas por importe de 1.071,00 ¤. ------ Folla: 3.13178.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "HUMANIZACIÓN DA RÚA MONTERO RÍOS", DO CONCELLO DE BUEU CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª da execución do presuposto, vistos os informes que se unen o expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Bueu unha subvención por importe de cento vinte e tres mil catrocentos dezaseis euros con oitenta e un céntimos ( 123.416,81 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: "Humanización da rúa Montero Ríos", co número 264/449 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, no podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requerirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro do 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez teña acreditado estar ó corrente nas obrigacións fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 4.13179.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DA OBRA DE "ACONDICIONAMENTO E URBANIZACIÓN DA EP N-541-MONTECELO-C- 531 (PONTEVEDRA) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 26 de abril de 2001, polo que se adxudicou a CONSRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, SA, a obra de "Acondicionamento e urbanización EP N-541 - Montecelo-C-531 (Pontevedra)" na suma de 134.247.000 pesetas (806.840,72 ¤); e, visto o proxecto modificado de dita obra redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que durante o desenvolvemento da obra circunstancias inicialmente non previstas aconsellan ou determinan a introdución dalgunhas modificacións que afectan á execución de canalización para liñas de media e baixa tensión; substitución dalgún muro proxectado en formigón armado por outros de mampostería; construción dun muro, non proxectado inicialmente, para evitar a invasión dunha canle existente; construción de peches de perpiaño non previstos inicialmente, etc., ascendendo o seu importe, unha vez aplicado o coeficiente da baixa da obra inicial, á suma de 806.840,72 ¤ que non varía o presuposto de adxudicación da obra inicial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado da obra de acondicionamento da "EP N-541-Montecelo-C-531 (Pontevedra)" por importe, unha vez aplicado o coeficiente da baixa de adxudicación, de 806.840,72 ¤, toda vez que non se varía o presuposto primitivo da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construccións, Obras e Viais, SA. ------ Folla: 5.13180.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO SEN VARIACIÓN ECONÓMICA DA OBRA DE MELLORA DA "EP 0401 CARBALLEDO-CAROI, 1ª F (COTOBADE) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o 21-11-2002, polo que se adxudicou a Industrias do Deza, SL, a obra "EP 0401 Carballedo-Caroi, 1ª fase (Cotobade)" na suma de 266.345,42 ¤; e, visto o proxecto modificado de dita obra cuxo importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación, ascende á suma de 266.345,42 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras co fin de manter a fisonomía dos muros xa existentes, seguindo as instrucións de Patrimonio, modificándose a natureza dos muros previstos no proxecto orixinal para o entorno da igrexa substituíndo o granito previsto por pedra de rebos, co subministro incluído, o que provoca unha menor medición na partida do proxecto e a aparición de novas partidas que contempla os muros de rebos, recheo de morteiro, o formigón na masa como reforzo para os muros de sostemento e os peches de perpiaño aserrado para peches de fincas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado da obra "EP 0401- Carballedo- Caroi, 1ª fase (Cotobade)" por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, na suma de 266.345,42 ¤, IVE incluído, dado que non se varía o presuposto primitivo da obra e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Industrias do Deza, SL" ------ Folla: 6.13181.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DO "SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16M³ DE CAPACIDADE PARA PRESTAR SERVIZOS DE RECOLLIDA DE LIXO" Resultando que os municipios deben contribuír a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, exercendo a súa competencia en materia de recollida e tratamento de residuos sólidos de conformidade co artigo 25.2 apartado l) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. Vistos os convenios de colaboración cos Concellos de Forcarei e Cotobade, aprobados pola Xunta de Goberno en sesión 3 de xuño de 2005, para adquirir un vehículo recolector de recollida de residuos sólidos para cada municipio coa finalidade de prestar o servizo de recollida de lixo dunha forma adecuada. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 6 de xullo de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 7 de xullo de 2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente para contratar, mediante concurso por procedemento aberto, o subministro de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade para prestar o servizo de recollida de lixo, por un tipo máximo de licitación total de douscentos corenta mil euros (240.000 ¤), sendo o prezo máximo por vehículo de cento vinte mil euros (120.000 ¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/511.511.662.00 do vixente presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o mencionado concurso. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito de prego de cláusulas administrativas e técnicas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16M³ DE CAPACIDADE PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO 1.- OBXECTO.- Os municipios deben prestar ós seus cidadáns os servizos públicos necesarios para satisfacer as súas necesidades, sendo un dos máis esenciais o da recollida dos residuos sólidos. Diversos Concellos da provincia de Pontevedra non contan cos medios adecuados para cumprir con tal función, resultando necesaria a contratación do subministro de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade para prestar de modo satisfactorio o servizo de recollida de lixo en dous concellos da provincia, de acordo coas características mínimas esixidas no prego de prescripcións técnicas que se une como anexo a este prego. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/911.911.662.00 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro efectuarase contra a presentación da correspondente factura, de forma individualizada para cada vehículo, unha vez recepcionados os mesmos e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PRAZO DE ENTREGA.- Os vehículos recolectores serán entregados ou ben no Parque de Maquinaria desta Deputación ou no concello da provincia de Pontevedra que indique a Deputación Provincial de Pontevedra. Os subministros efectuaranse no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de catro meses, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do texto refundido do RDL 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade esixidas. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión deste concurso. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de DOUSCENTOS CORENTA MIL EUROS (240.000 ¤), IVE incluido e cos vehículos matriculados. O prezo máximo por unidade establécese na cantidade máxima de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000 ¤) 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RDL 2/2000) e non se atopen incursas en ningunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada na Caixa da Deputación Provincial de Pontevedra. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituirse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscripción: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16 M3 DE CAPACIDADE PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Catálogo e características técnicas dos vehículos a subministrar. 3. Declaración de compromiso sobre o prazo de entrega. 4. Extensión da garantía. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscripción: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16 M3 DE CAPACIDADE PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal perante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada perante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 del TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refiere o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, en su defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalaciones e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade do vehículo a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en festivo ou sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación, en acto público, procederá á apertura dos Sobres A e dará lectura ás proposicións económicas formuladas, trasladando as mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requeriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documentos administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Presupóstanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 17.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, en dous anos dende a entrega do subministro. 18.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fora suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fora presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no RDL- 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- JURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdicción. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maio de idade, veciño de....................., con enderezo en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó subministro de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 16 m3 de capacidade para prestar o servizo de recollida de lixo, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas. · Polo prezo total de ...........................................................................................euros, sendo o prezo por unidade de.................................................................euros. · As melloras ás características técnicas son:........................................................................ · O prazo de entrega será de................................................... · A extensión da garantía será................................................... (En letra e número). (Data e sinatura do propoñente). ------ Folla: 7.13182.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do 3 de xuño pasado, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello de Valga para a execución de obras de "Remate beirarrúas, servizos e alumeado en Baño" e de "Remate Pavillón Municipal de Beiro" con presuposto de 101.568,54 ¤ e 196.312,81 ¤, respectivamente, financiándose coas achegas da Deputación por un total de 148.949,67 ¤, con cargo á partida 05/911.911-662.00, e do Concello por un total de 148.949,68 ¤, con cargo ó PAM 2004 por importe de 89.208,34 ¤ e o PAM 2005 por importe de 59.741,34 ¤; visto o informe emitido por Intervención en canto ó financiamento do convenio; e, redactados os correspondentes proxectos, a Xunta de Goberno acorda prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Remate beirarrúas, servizos e alumeado en Baño" por importe de 101.586,54 ¤, IVE incluído, dos que a Deputación aporta a suma de 50.793,27 ¤ con cargo á partida 05/911.911-662.00, e o Concello de Valga a suma de 50.793,27 ¤ con cargo ó PAM 2004, por importe de 44.604,17 ¤, e ó PAM 2005 por importe de 6.189,10 ¤. 2.- "Remate pavillón Municipal de Beiro" por importe de 196.312,81 ¤, IVE incluído, dos que a Deputación achega a suma de 98.156,40 ¤ con cargo á partida 05/911.911-662.00, e o Concello de Valga a suma de 98.156,41 ¤ con cargo ó PAM 2004, por importe de 44.604,17 ¤, e ó PAM 2005 por importe de 53.552,41 ¤. Das achegas do Concello de Valga con cargo ó PAM 2004 e 2005 xerárase crédito na partida 05/911.911-662.00." ------ Folla: 8.13183.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON DIVERSOS CONCELLOS" Vistos os acordos adoptados polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión de 30-03-2005, polos que prestou aprobación a diversos convenios de colaboración cos Concellos de Gondomar, Nigrán, Moraña, Illa de Arousa, Poio e Cambados para levar a cabo a execución de diversas obras; visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 29-04-2005, polo que se prestou aprobación, entre outros, ós proxectos obxecto do presente expediente, e que máis adiante se relacionan; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental relativo o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Accidental, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de "Diversas Obras" que a continuación se detallan: 1. "Renovación rodadura e dotación de servizos E.P. Gondomar-Peitieiros (Gondomar)" 712.990,44 ¤ 2. "Renovación rodadura E.P. Parada-Ramallosa (Nigrán)" 110.000,00 ¤ 3. "Mellora do trazado e servizos EP 2105 Panxón-Nigrán (Panxón-Monteferro)(Nigrán)" 357.483,07 ¤ 4. "Beirarrúas e dotación de servizos rúa Padres Franciscanos (Nigrán)" 495.376,50 ¤ 5. "Mellora de rodadura e dotación de servizos EP Acceso a Ceán (Nigrán)" 1.130.689,20 ¤ 6. "Urbanización en Moraña" 300.506,05 ¤ 7. "Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas en EP 9802 de As Aceñas (Illa de Arousa)" 605.767,43 ¤ 8. "Abastecemento, saneamento e pavimentación da Avda. Peirao Besada en Lourido-San Salvador (Poio)" 338.780,07 ¤ 9. "Urbanización, dotación de servizos e acondicionamento de diversas estradas (Cambados)" 593.315,21 ¤ As obras obxecto de expediente financiaranse da seguinte maneira. A obra nº1 con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 184.363,19 ¤, 2006 por importe de 284.363,19 ¤ e 2007 por importe de 268.230,12 ¤. As obras nº 2, 3, 4 e 5, financiaranse con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 701.856,00 ¤, 2006 por importe de 701.856,00 ¤, e 2007 por importe de 701.854,00 ¤. A obra nº6 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 210.354,23 ¤, e de 2006 por importe de 90.151,82 ¤. A obra nº7 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2004 por importe de 41.212,00 ¤, 2005 por importe de 200.000,00 ¤, 2006 por importe de 200.000,00 ¤, e 2007 por importe de 164.555,43 ¤. A obra nº8 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 165.390,03 ¤ e 2006 por importe de 169.390,04 ¤. A obra nº9 financiarase con cargo a partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 197.771,75 ¤, anualidade de 2006 por importe de 197.771,73 ¤, e 2007 por importe de 197.771,73 ¤. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de anuncios e demáis que xera o expediente serán por conta do adxudicatario. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON DIVERSOS CONCELLOS" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 30 deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse da seguinte maneira: A obra nº 1 con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005, por importe de 184.363,19 ¤, 2006 por importe de 284.363,19¤, e 2007 por importe de 268.230,12 ¤. Ás obras nº 2, 3, 4 e 5, financiaranse con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 701.856,00¤, 2006 por importe de 701.855,00¤, e 2007 por importe de 701.854,00¤. A obra nº 6 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 210.354,23¤, e de 2006 por importe de 90.151,82¤. A obra nº 7 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2004 por importe de 41.212,00¤, 2005 por importe de 200.000,00¤, 2006 por importe de 200.000,00¤, e 2007 por importe de 164.555,43¤. A obra nº 8 financiarase con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 165.390,03¤, e 2006 por importe de 169.390,04¤. A obra nº 9 financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 nas anualidades de 2005 por importe de 197.771,75¤, anualidade de 2006 por importe de 197.771,73¤, e 2007 por importe de 197.771,73¤. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, que considerase incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que se lle reterá. Así mesmo, reteranse ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Renovación rodaxe e dotación de servizos EP Gondomar-Peitieiros (Gondomar) 712.990,44 2.- Renovación rodaxe EP Parada-Ramallosa (Nigrán) 110.000,00 3.- Mellora do trazado e servizos CP 2105 Panxón-Nigrán (Panxón-Monteferro) (Nigrán) 357.483,07 4.- Beirarrúas e dotación de servizos rúa Padres Franciscanos (Nigrán) 495.376,50 5.- Mellora de rodaxe e dotación de servizos EP Acceso a Ceán (Nigrán) 1.130.689,20 6.- Urbanizacións en Moraña 300.506,05 7.- Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas en EP 9802 de As Aceñas (Illa de Arousa) 605.767,43 8.- Abastecemento, saneamento e pavimentación da Avda. Peirao Besada en Lourido-San Salvador (Poio) 338.780,07 9.- Urbanización, dotación de servizos e acondicionamento de diversas estradas (Cambados) 593.315,21 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será: de tres meses para a obra nº 3, catro meses para a obra nº 6, e seis meses para as restantes, contado a partir da comprobación do replanteo. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 del R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas o adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminasen no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo á conta dos adxudicatarios, ós que se lle serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no "Boletín Oficial da Provincia", de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que fosen compulsadas coas súas orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, no caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.- DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa no nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obras nº 1 e 5: Grupo E, subgrupo 1, categoría e, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría e. Obra nº 2: Grupo G, subgrupo 4, categoría b. Obra nº 3: Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 4: Grupo E, subgrupo 1, categoría e Obras nº 6 e 8: Grupo E, subgrupo 1, categoría c, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obras nº 7 e 9: Grupo E, subgrupo 1, categoría c. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaran nos últimos doce meses, achegando únicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose nunha unión temporal de empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios haberán de achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vocais: O Secretario. O Interventor. O Viceinterventor. O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Secretario: O Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do mércores da semana seguinte á do día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de valoración: 1.- Reducción do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia có prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto no expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtivesen unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificarase ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicada na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. 15ª.- Ademais ós adxudicatarios obrigaráselles a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrese na demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euro do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no BOP nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. ------ Folla: 9.13184.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" Retírase da orde do día asunto relativo á adxudicación do concurso convocado para a contratación de "diversas obras a executar mediante convenio co concello de Vigo. ------ Folla: 10.13185.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Retírase da orde do día asunto relativo á adxudicación do concurso convocado para a contratación de "diversas obras". ------ Folla: 11.13186.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes Resolucións Xudiciais: A) De Auto do Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Pontevedra polo que se decreta o sobreseimento libre e o arquivo das Dilixencias Previas 1338/03. Resultando que con data 13 de maio de 2005 prestou declaración en calidade de imputado o funcionario provincial adscrito ó Servizo de Vías e Obras, Don Alfredo Montero Vaz, no Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Pontevedra coa asistencia do Letrado dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral, pois os devanditos autos derivaban dunha denuncia interposta por Dona Carmen García García por danos en finca da súa propiedade como consecuencia da execución de obras na estrada de Carballedo-Rebordelo. Resultando que con data 24 de maio de 2005 presentouse por parte dos Servizos Xurídicos escrito perante o devandito Xulgado solicitando o sobreseimento libre con fundamento nos artigos 779.1-11 en relación co 634 da vixente Lei de Axuizamento Criminal. Resultando que con data 16 de xuño de 2005 ten entrada no Rexistro Xeral Auto do Xulgado de referencia, de data 9 de xuño anterior, polo que se decreta o sobreseimento libre e o arquivo das Dilixencias, atendendo así a petición fundamentada dos Servizos Xurídicos da Deputación. Considerando que o Auto non é recorrible en reforma nin apelación, por transcurso do prazo, nin en casación, téndose polo tanto o ata agora imputado como inocente a todos os efectos. A Xunta de Goberno queda enterada do contido do Auto e ordea o arquivo do expediente. B) De Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 69/05, promovidos contra esta Deputación por Don Manuel de Saa Puentes contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico. A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 69/05 promovidos por Don Manuel de Saa Puentes contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 3102 Tomiño-Sabarís o día 15 de outubro de 2004 ó colisionar o vehículo que conducía cunha pedra que se atopaba na calzada, danos que valorou en 243,13¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recorrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. C) De Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 96/05, promovidos contra esta Deputación por Don Pablo Antonio Espantoso Fernández contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico. A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 96/05 promovidos por Don Pablo Antonio Espantoso Fernández contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 25 de febreiro de 2004 na estrada que conduce de Silleda a Merza, ó colisionar o vehículo da súa propiedade conducido por Dona Mª Teresa Sieiro Vivián cun sinal de tráfico que se atopaba na calzada, danos que valorou en 928,00¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recorrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. D)De sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 124/05, promovidos contra esta Deputación por Dona Carmen Iriarte Villasanta contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico. A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 124/05 promovidos por Dona Carmen Iriarte Villasanta contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 10 de decembro de 2003 cando o fillo da recorrente coa súa autorización conducía o vehículo da súa propiedade pola estrada provincial 2602 Peinador-Os Valos, e como consecuencia da existencia de barro na calzada debido a unhas obras na rede de sumidoiro realizadas para o Concello de Mos, danos que valorou en 6.972,68¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recorrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. E) De sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 45/2005, promovidos contra esta Deputación por Don Manuel Estevez Faria contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico. A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 45/2005 promovidos por Don Manuel Estévez Faria contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial que conduce de Meira a Fraga, o día 4 de xuño de 2004, ó colisionar o vehículo que conducía cunha tapa da rede de sumidoiro, danos que valorou en 1.001,66 ¤, e na que se desestima o recurso. Dita sentenza, non recorrible e favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. F) De Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaído na Peza Separada 26/2005 dimanante dos autos de recurso contencioso núm. 135/2005, polo que se denega a suspensión solicitada por Dona María Rosario Afonso Martínez. Resultando que con data 26 de maio de 2005 tivo entrada nesta Deputación Providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra sobre admisión a trámite de recurso promovido por Dona María Rosario Afonso Martínez contra ocupación de finca da súa propiedade para o proxecto "Execución das obras nas Rúas Camposanto e Pintor Laxeiro de Pontevedra". Resultando que con aquela mesma data tivo entrada nova Providencia incoando Peza de Medidas Cautelares ó solicitar a demandante a suspensión da execución das obras obxecto de recurso. Resultando que con data 2 de xuño seguinte a Asesoría Xurídica desta Deputación oponse a dita medida cautelar, presentando o oportuno escrito de alegacións. Resultando que con data 20 de xuño seguinte díctase polo devandito Xulgado Auto polo que acorda desestimar a petición de medida cautelar non accedendo á suspensión solicitada da execución das obras e atendendo así ás alegacións efectuadas por esta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto ordenando se dea traslado do mesmo ó Servizo de Vías e Obras, ós efectos oportunos, estando o desenvolvemento do resto dos trámites procesuais ata o remate do procedemento principal. G) De sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario núm. 160/04 promovidos por Don Edelmiro Lede Noya contra esta Deputación sobre nulidade de expediente expropiatorio da obra "Proxecto de terminación de ensanche da EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro". Primeiro.- Resultando que por D. Edelmiro Lede Noya presentouse recurso contencioso-administrativo contra esta Deputación sobre nulidade de expediente expropiatorio da obra "Proxecto terminación de ensanche da EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro". Segundo.- Na reclamación en vía administrativa o recorrente solicitaba a indemnización de 111.300,59¤, cantidade que reduciu a 61.910,29¤ no "petitum" do escrito de demanda. Terceiro.- Resultando que na citada demanda formulaba as seguintes pretensións: que se declare que as obras de ensanche e terminación do ensanche pertencen a un mesmo expediente; que se declare a retroacción das actuacións; que se declare a nulidade do expediente expropiatorio de urxencia; que se declare ilegal a ocupación dunha franxa de terreo da súa propiedade; que se impida a perturbación da súa propiedade; e que se lle indemnizara na cantidade antes citada máis os xuros legais correspondentes. Resultando que con data 14 de xuño de 2004 o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra dicta sentenza no referido recurso (PO 160/04) na que desestima todas as pretensións formuladas agás a de a indemnización pola indebida ocupación do terreo, coa suma que supoña o 25% do valor do xustiprezo dos bens expropiados, importe que se actualizará de acordo co índice de prezos ó consumo dende o momento en que se ocuparon ditos terreos ata o 23 de setembro de 2004. A Xunta de Goberno acorda o cumprimento de dita sentenza nos seus propios termos, ordenando se dea traslado da mesma ó Servizo de Vías e Obras a efectos do oportuno pago tan pronto se teña coñecemento da resolución do Xurado Provincial de Expropiación e conforme ó fallo citado, así como á Intervención para o seu coñecemento. Dita sentenza, parcialmente favorable ós intereses da Deputación, derivado duns autos de procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. H) De Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sección- 2ª, polo que se ten por desistido a D. Álvaro Martínez Prado Martínez Prado no recurso contencioso-administrativo nº 1 5255/2003 ordenando o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sección- 2ª, de data 22 de febreiro de 2005, notificado a esta Deputación o día 14 de xuño de 2005 (nº rex. entrada 018822), polo que se acepta o desestimento de D. Álvaro Martínez Prado no recurso contencioso administrativo nº 5255/2003 contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en finca da súa propiedade, que valoraba en 68.899,00¤, sendo a taxación do Técnico de Vías e Obras de 1.372,22¤ e a resolución do Xurado de 15.402,00¤, ordenándose, en consecuencia, o arquivo das actuacións. O recorrinte formulou desestimento unha vez asinado acordo de terminación convencional, de data 31 de maio de 2005, polo que acepta unha indemnización de 9.000,00¤ en concepto de danos e prexuízos sufridos nos seus bens e dereitos a causa do expediente expropiatorio para a obra "Terminación do ensanche da EP 9501 dende a EP 9305 á ponte do río Umia", tramitado polo Servizo de Vías e Obras e a Asesoría Xurídica da Secretaría Xeral. I) De sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario 25/04 promovidos por Dona Mª Luisa Eiras Barreira, Dona Carmen Devesa Loureiro e ZURICH ESPAÑA, SA, e de Auto da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do TS de Xustiza de Galicia dictado en recurso de apelación 4062/2005 presentado contra a referida Sentenza pola aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A. Resultando que con data 9 de novembro de 2004 díctase sentenza polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de Procedemento Ordinario núm. 25/04 promovidos por Dona Mª Luisa Eiras Barreira e Mª Carmen Devesa Loureiro contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico solicitando indemnizacións por importes de 8.366,11, 9.489,39 e 3.010,89 euros, respectivamente, e na que se desestima parcialmente a demanda obrigando á Deputación ó pago das seguintes cantidades: 4.183,06¤ a Dona Mª Luisa Eiras Barreira; 2.271,28¤ a Dona Carmen Devesa Loureiro, e 1.505,45 ¤ a ZURICH ESPAÑA, S.A., o cal supón unha diferencia a favor da Deputación de 12.906,06¤ (2.147.477 pts) considerando que o reclamado en demanda eran 20.866,39¤ (3.471.875 pts.) e o estimado 7.959,79¤ (1.324.397 pts.).As devanditas cantidades estimadas deberán ser actualizadas co índice de prezos ó consumo e co xuro legal dende a notificación da sentenza ata o seu completo pago. Resultando que por parte da aseguradora desta Deputación AXA AURORA IBÉRICA, S.A. interponse recurso de apelación perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso ó que non se adhire a Deputación seguindo o criterio da Asesoría Xurídica que desbotou a posibilidade de apelar considerando que un estudio racional da viabilidade de éxito do recurso facía desaconsellable a devandita interposición, sobre todo considerando as circunstancias concorrentes, sirva de exemplo o Fundamento de Dereito segundo da Sentencia no que literalmente se di "...la Diputación no se condujo con la diligencia debida en orden a mantener los arcenes practicables y a limpiar las cunetas para que el agua circulase con fluidez". Resultando que con data 16 de xuño de 2005 notifícase Auto da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se acorda declarar inadmisible o recurso contra a devandita sentenza de 9 de novembro de 2004. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra así como do Auto da Sala do Contencioso do TS de Galicia que declara inadmisible o recurso de apelación interposto por AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto e ordear o pago das indemnizacións recoñecidas na mesma, que se concretan, unha vez emitido informe pola Intervención, nas seguintes cantidades: - A Dona Mª Luisa Eiras Barreira, 4.183,06¤, ós que hai que sumar 228,91¤ en concepto de actualización do IPC e xuros legais, ascendendo o importe total a indemnizar a 4.411,97¤. - A Dona Mª Carmen Devesa Eiras, 2.271,28 ¤, ós que hai que sumar 124,29¤ en concepto de actualización do IPC e xuros legais, ascendendo o importe total a indemnizar a 2.395,57¤. - A ZURICH ESPAÑA, S.A., 1.505,45¤, ós que hai que sumar 82,38¤, en concepto de actualización do IPC e xuros legais, ascendendo o importe total a indemnizar a 1.587,83¤. TERCEIRO.- Nembargantes o pago efectivo das cantidades sinaladas queda sometido á condición suspensiva da achega polos recorrentes de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia dos NIF e CIF, para o que deberán ser notificados do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. CUARTO.- Notificar igualmente o presente acordo á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación das cantidades seguintes, mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618: - 3.810,96¤ correspondentes á indemnización recoñecida a Dona Mª Luisa Eiras Barreiro, unha vez descontado o importe da franquía (601,01¤) que debe asumir esta Deputación en caso de danos materiais. - 2.395,57¤, correspondentes á indemnización recoñecida a Dona Mª Carmen Devesa Loureiro, sen aplicación da franquía ó tratarse de danos persoais. - 1.587,83¤, correspondentes á indemnización recoñecida á aseguradora ZURICH ESPAÑA, S.A., sen aplicación da franquía ó tratarse de aboo parcial por danos persoais asumidos por dita aseguradora no accidente obxecto de recurso. J) De Auto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do TS de Xustiza de Galicia, dictado en recurso de revisión interposto por Don Aquilino Valiño Pino contra Providencia de práctica de proba no recurso de apelación 303/2004 en relación cos autos de Procedemento Abrev. 117/04 promovidos por Don Aquilino Valiño Pino contra expediente disciplinario Resultando que con data 22 de febreiro de 2005 a Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou Providencia declarando pertinente a práctica de proba testifical solicitada pola Asesoría Xurídica desta Deputación no recurso de apelación 303/2004 en relación cos Autos de Procedemento Abreviado 117/04 promovidos por Don Aquilino Valiño Pino contra expediente disciplinario. Resultando que por Providencia de 26 de abril de 2005 a Sala acordou librar exhorto para a práctica de proba ó Xulgado do Contencioso-Administrativo Decano dos de Pontevedra, e que coa mesma data a parte apelada presentou recurso de revisión contra dita Providencia, impugnando a Asesoría Xurídica o devandito recurso pola súa extemporaneidade, dictándose Auto pola Sala con data 20 de xuño de 2005 desestimando o referido recurso de revisión. Considerando que o Auto é favorable ós intereses da Deputación non sendo recorrible. A Xunta de Goberno queda enterada do seu contido, estando ó desenvolvemento do resto dos trámites procesuais ata o remate do procedemento principal. Polo Ilmo. Sr. Presidente faise constar o recoñecemento ó labor dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Excma. Deputación. ------ Folla: 12.13187.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 13.13188.- CONCESIÓN DEPERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO De conformidade ó escrito presentado o 14 de Xuño de 2005, polo cal o Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico solicita permiso e axuda económica para o Funcionario José Luis Castro Carpintero, Arquiveiro-Bibliotecario, poida asistir ó curso "Gestión y Descripción Archivística" que terá lugar os próximos días 25 ó 29 de xullo en Castro Urdiales (Cantabria), acórdase por unanimidade, en virtude das facultades que confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2586/86, de 28 de Novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a D. José Luis Castro Carpintero o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 807,92 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: A) Desprazamentos (Vehículo propio) Pontevedra-Castro Urdiales- Pontevedra: 1.230 Km. 236,56 ¤ Peaxe Autoestrada 20,00 ¤ Parking ( do 24 ó 29) 30,00 ¤ TOTAL 286,56 ¤ B) Dietas: Día 24 ( aloxamento e cea) 77,23 ¤ Días 25 ó 28 ( 80% dieta x 4 días) 305,80 ¤ Día 29 (1/2 manutención) 18,33 ¤ TOTAL 401,36 ¤ C) Inscripción no Curso:120,00 ¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 05/454.451.230.01 de dietas por importe de 401,36¤, á partida 05/454.451.231.01 de locomoción por importe de 286,56 ¤ e á 05/122.314.162.00 pola inscripción ó curso por importe de 120,00 ¤. ------ Folla: 14.13189.- RECOCEÑEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 7 de xullo de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500000690 e que cont

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición