ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/07/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-07-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/07/15_Ordinaria

  • Data(s) 2005-07-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día quince de xullo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a Sra. Deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13194.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de xullo de 2005. ------ Folla: 2.13195.- PRÓRROGA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno de esta Excma. Deputación Provincial, en sesión de data 3 de xullo de 2003, polo que se lle adxudicou o contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", á empresa Grupo Cetssa Seguridad ,S.A. (CIF, A-27032671), polo prezo anual máximo ofertado de 42.116,08 ¤ IVE incluído, o que supón a prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), e un prezo mínimo de 36.708,88 ¤ IVE incluído, pola prestación das 2.444 horas/ano de servizo, a razón de 15,02 euros/hora, IVE incluído, con efectos dende o día 1 de xullo de 2003, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso das partes, con posibilidade da actualización anual do prezo do mesmo, en función da variación que experimente o índice de prezos ó consumo (IPC), fixado polo organismo competente. Resultando que a "Xunta de Goberno" acordou na sesión do día 8 de outubro de 2004 acceder a revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A.", co incremento do 3,4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do índice de prezos ó consumo (IPC), ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005, ambos incluídos, á cantidade máxima de 43.548,02 ¤, IVE incluído, a razón do novo prezo revisado de 15,53 euros/hora, IVE incluído. Resultando que a empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A., mediante escrito de data 15 de xuño de 2005 solicita a prórroga para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2007, todo iso de conformidade coa cláusula terceira do contrato formalizado ó efecto o día 28 de xullo de 2003, así como a revisión de prezos do contrato incrementando o mesmo en función do IPC correspondente ó período xullo-2004 a xullo 2005. Resultando que a Dirección de Xestión da Cidade Infantil con data 22 de xuño de 2005 emite informe favorable en relación á solicitude efectuada pola empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A., para prorrogar o contrato correspondente á prestación do servizo de seguridade e vixilancia na Cidade Infantil durante o período comprendido entre 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2007, con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas e técnicas aprobadas pola Comisión de Goberno na sesión do día 5 de xuño de 2003, coas únicas salvidades da revisión de prezos aprobadas pola "Xunta de Goberno" na sesión do 8 de outubro de 2004 e a nova disposición de horas e servizos que figuran no expediente. Considerando que o Instituto Nacional de Estadística (INE) non fixo pública aínda a variación do IPC durante o período comprendido entre o 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005. Visto o informe emitido por Intervención de data 12 de xullo de 2005 e o acordo adoptado polo Pleno en sesión do día 30 de decembro de 1992 polo que delega en Comisión de Goberno diversas competencias que aparecen publicadas no BOP nº 14 de data 22 de xaneiro de 1993. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1) Prorrogar por dous anos a duración do contrato formalizado coa empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A. (CIF A-27032671) para prestación do servizo de seguridade e vixilancia na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", con efectos dende o día 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2007, ambos incluídos. 2) Autorizar os gastos que conleva dita prórroga, sen prexuízo de posteriores revisións de prezos de acordo ó IPC, e que se distribúen da seguinte forma: - Anualidade de 2005 por importe de 21.774,00 euros que se imputará á partida 05/422.422.227.01 do vixente presuposto provincial e á vinculación xurídica da citada partida (Documento RC número 200500068022). - Anualidade de 2006 por importe de 43.548,02 euros, que se imputará ó presuposto para o exercicio 2006 (Documento RCFUT número 200500068023). - Anualidade de 2007 por importe de 21.774,00 euros, que se imputará ó presuposto para o exercicio 2007 (Documento RCFUT número 200500068024). 3) Con respecto ás revisións de prezos de dito contrato, a empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A., deberá solicitar ditas revisións unha vez que se fagan públicas, polo organismo competente, as variacións experimentadas polo IPC nos períodos correspondentes, de conformidade coa cláusula terceira do contrato formalizado ó efecto o día 28 de xullo de 2003. ------ Folla: 3.13196.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO URBANO LIXEIRO (BUL) E DUN VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E RESCATE EN ALTURA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA. Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, 15 de abril de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por porcedemento aberto, do subministro dun vehículo urbano lixeiro (bul) e dun vehículo de extinción e rescate en altura para o consorcio comarcal contra incendios e salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP, DOGA, BOE e DOCE. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 24 de xuño de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Vistos os informes emitidos polos técnicos e a proposta da Mesa de Contratación, de data 14 de xullo do ano en curso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso correspondente á contratación do subministro dun vehículo urbano lixeiro (BUL) e dun vehículo de extinción e rescate en altura para o consorcio comarcal contra incendios e salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, ás empresas que a continuación se detallan e de acordo coa seguinte relación por lotes: - Lote 1: Subministro dun vehículo urbano lixeiro (bul), á empresa Incipresa, SA (CIF A-36.633.600), polo prezo ofertado de cento vinteoito mil euros (128.000 ¤), IVE incluído e matriculado. - Lote 2: Subministro dun vehículo de extinción e rescate en altura, á empresa Iturri, SA (CIF A-41.050.113), polo prezo ofertado de catrocentos setenta e nove mil novecentos oitenta euros (479.980,00¤), IVE incluído e matriculado. O pago dos subministros efectuarase no seu día ós adxudicatarios, con cargo á partida, 05/911.223.662.02 do vixente Presuposto Provincial. Os adxudicatarios constituirán unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 5.120,00¤ (adxudicatario do lote nº 1) e 19.199,20¤ (adxudicatario do lote número 2), que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables o adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os adxudicatarios deberán ingresar, cada un , na Caixa desta Deputación a cantidade de cincocentos vinte e un euros con oito céntimos (521,08 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincial, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial do Estado. ------ Folla: 4.13197.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A)Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 8 de xullo de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500000679 e que contén trinta e sete facturas, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total..................................................... 24.756,52 ¤ Descontos do IRPF......................................... 0 ¤ Descontos do IVE soportado deducible.... 186,08 ¤ Total líquido...................................................... 24.942,60 ¤ B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 13 de xullo de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500000701 e que contén cincuenta e seis facturas, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 92.764,00 ¤ Descontos do IRPF 0 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 92.764,00 ¤ ------ Folla: 5.13198.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª EUGENIA VELASCO PAZOS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. GERMÁN TRABAZO PRESAS E DE MAPFRE MUTUALIDADE DE SEGUROS POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NA RÚA RAFAEL PICÓ (SANXENXO) Dada conta que con data de Rexistro 15/06/05 (nº 019061) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mª Eugenia Velasco Pazos en nome e representación de D. GERMAN TRABAZO PRESAS e MAPFRE MUTUALIDAD DE SEGUROS, con enderezo de notificacións en Rúa A Tablada, 6-baixo dereita de Pontevedra; por danos padecidos en automóbil matrícula 7641-CVX, na rúa Rafael Picó en sentido Sanxenxo á altura da rúa Espiñeiro na Vila de Portonovo (Sanxenxo) o día 9 agosto de 2004, e que individualiza economicamente en 698,71 ¤. Resultando.- Que con data 17/6/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 4/07/2005 co seguinte contido: "... que la calle Rafael Picó en sentido a Sanxenxo NO pertenece a la red de carreteras provinciales". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 6.13199.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, polo que se acepta o desestimento e se ordena o arquivo das actuacións no recurso interposto por Don Manuel Logroño Fernández contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 24 de marzo de 2003 na rúa Santa Margarida (Pontevedra), valorados en 1.194,90 ¤, ordenándose, en consecuencia, o arquivo das actuacións. Dito Auto, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación B) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso-administrativo nº 4018/2002, promovido por Dona Amparo Salgueiro Pereira contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2205 A Estrada-Forcarei, o día 11 de xuño de 2000, e na que se exonera de toda responsabilidade a esta Deputación ó non terse probado a relación de causalidade entre o estado da vía e o accidente con resultado lesivo. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva dun procedemento administrativo seguido polos Servizos Xurídicos da Deputación, ostentando a defensa en xuízo os letrados da aseguradora Axa Aurora Ibérica de Seguros, S.A. C) Dada conta de que con data 6 de xullo de 2005 notifícase sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado núm. 56/05 promovidos por D. Antonio Fandiño Villar contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico solicitando indemnización por importe de 1.931,53 ¤, e na que se desestima parcialmente a demanda obrigando á Deputación ó pago do 50% do reclamado, esto é, de 965,77 ¤, actualizados na cantidade de 73,97 ¤ conforme ó índice de prezos ó consumo e xuros legais, o que ascende a un total de 1.039,74 ¤, de conformidade co ordenado na sentenza. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00 a indemnización recoñecida na mesma polo citado importe total de 1.039,74 ¤ (mil trinta e nove con setenta e catro céntimos). TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia dos NIF, para o que deberán ser notificados do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. CUARTO.- Notificar igualmente o presente acordo á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 438,73 ¤ (catrocentos trinta e oito euros con setenta e tres céntimos) unha vez descontado o importe da franquía (601,01), mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Deputación ------ Folla: 7.13200.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.13201.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "FUNDACIÓN MONTE DO GOZO-PROXECTO HOME GALICIA" Vistos os informes emitidos en xuño, polo Secretario Xeral Accidental e o Interventor considerando xurídicamente correcto o borrador de Convenio entre "Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia" e a Deputación de Pontevedra e constatando a existencia de crédito dispoñible e con base no informe da Xefa de Servicio de Acción Social, acórdase por unanimidade a aprobación do Convenio de colaboración entre Deputación de Pontevedra e Fundación "Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia" ano 2005, para posta en marcha dun programa terapéutico-educativo dirixido a toxicómanos que se oriente á súa reinserción socio-laboral, con achega económica por parte desta Deputación de 36.000 ¤ con cargo á partida 05/313.413.480.02 do vixente presuposto provincial. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO-PROXECTO HOME GALICIA. 2005 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra (de aquí en diante Deputación) reúnense pola Deputación D. Rafael Louzán Abal como Presidente, en virtude do art. 34. 1,b da Lei 7/85, de 2 de abril, e D. Ramón Gómez Crespo, Director do Proxecto Home Galicia e membro da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia (en diante Fundación), con CIF G-15258213. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante o problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda, e a escaseza de recursos a nivel de intregración social e laboral dirixidos a persoas en situación de risco social por outra, consideran de suma importancia o establecemento de accións conxuntas e coordinadas a efectos do desenvolvemento de medidas e accións que permitan a prevención, o tratamento e a reinserción de toxicómanos da provincia de Pontevedra. Asumindo as competencias previstas no artigo 31.2 da Lei 7/85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 22 ó 25 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega e tendo en conta que Proxecto Home Galicia é un programa terapéutico-educativo que se propón promover o desenvolvemento do individuo para que acade ou recupere a súa plenitude e poida ser o verdadeiro protagonista da súa vida sendo un dos seus principios fundamentais a gratuidade; toda vez que nace e que se mantén como un servizo desinteresado e solidario ós toxicómanos, ás súas familias e á sociedade galega en xeral e para toxicómanos que carecen de acompañamento familiar, arbítranse solucións como pisos de acollida ou familias sustitutorias. É polo que as dúas partes intervenientes neste acto en virtude da representación que ostentan, acordan establecer o presente Convenio de colaboración de acordo ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. Apoiar economicamente á Fundación para que o Proxecto Home Galicia poida levar a cabo o seu programa terapéutico-educativo. SEGUNDA. Ámbito de actuación. O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Condicións e financiamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. O Convenio poderá ser rescindido se algunha das partes o solicita, previa comunicación á outra parte cun período de antelación, cando menos, de tres meses. A achega económica da Deputación elévase a TRINTA E SEIS MIL EUROS (36.000 ¤) consignados na partida 05/313.413.480.02 que se aboarán á Fundación conforme vaia xustificando os gastos da mesma en relación con este Convenio, mediante facturas que cumpran os requisitos legais. CUARTA. Participación das Institucións. DEPUTACIÓN: Achega económica e o apoio técnico para o estudio e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. FUNDACIÓN: É o organismo responsable da xestión do programa terapéutico-educativo a través de "Proxecto Home Galicia". Ó remate das súas actividades a Fundación deberá presentar á Deputación unha memoria na que se recollan as actividades desenvolvidas pola mesma, consonte cos obxectivos previstos de tratamento e reinserción de toxicómanos e que xustifiquen a necesidade desta contribución. QUINTA. Publicidade. A Fundación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación a --------- de ----------- de dous mil cinco O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal O DIRECTOR DO PROXECTO HOME GALICIA, Asdo. Ramón Gómez Crespo ------ Folla: 9.13202.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE LALÍN Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Lalín, de data 24 de xuño de 2005 (rexistro de entrada núm. 020897, de data 28/06/05), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lalín, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 8 de xullo de 2005, que literalmente dí: "... A )- El expediente citado contiene dos (2) actuaciones: A-1 - Modificado del trazado del sistema general viario SG-V.5 A-2 - Cambio de categoría del suelo rústico en terrenos Municipales (Mouriscade). B)- Sólo nos referimos a la actuación nº1 C)- En el punto nº 2 (memoria justificativa), pag.6, dice "Este tramo viario (SG-V.5) de 1.600 metros de longitud y anchura de 20 metros, es parte integrante del viario perimetral urbano que enlaza, por el este y norte, las carreteras nacionales N-525 (Ourense-Santiago) y N-640 (Lugo), la carretera autonómica CRG 2.1 (Monforte, antigua C-533) y la carretera provincial PO-VP24 (Vila de Cruces). Más adelante, pag. 8, dice: "La Modificación Puntual propuesta no supone modificación de la clasificación de ese suelo establecida en el planeamiento vigente, ni alteración de su ámbito o de sus parámetros urbanísticos, sino solamente el cambio en el trazado establecido del sistema general viario SG-V.5, en una longitud aproximada de 600 metros, desplazándose hacia el norte una distancia no superior a 60 metros. En referencia al 1º párrafo se hacen las siguientes consideraciones: 1.- La carretera provincial PO-VP 24 (Vila de Cruces) no pertenece a la red de la Diputación Provincial. Se cedió a la Xunta con fecha 18-04-2001. 2.- Se produce la intersección del vial SG.V.5 con la carretera provincial E.P. 6009 Lalín-Rodo-Brántega,, que no se cita (sin embargo sí aparece reflejado en los planos que se acompañan). En referencia al 2º párrafo no hay consideraciones que hacer ya que la modificación del trazado termina justamente en la intersección con la carretera provincial EP 6009 Lalín-Rodo-Brántega, sin que se produzca cambio alguno en dicha intersección. No se puede hacer ninguna puntualización referente a la intersección del vial SG-V5 con la carretera provincial EP 6009 Lalín-Rodo-Brántega en tanto no se disponga del proyecto de dicha intersección. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Lalín. ------ Folla: 10.13203.- APROBACIÓN DE PROXECTOS MODIFICADOS DE DIVERSAS OBRAS. Vistos os proxectos modificados de obras executadas mediante convenio co Concello de Vigo, redactados polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de imprevistos xurdidos no desenvolvemento das mesmas que provocan un incremento no presuposto dos proxectos orixinais, que máis adiante se relacionan; e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/911.911.662.00 acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1. Proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe da Praza de España (Vigo)" cuxo importe líquido ascende á suma de 14.058,64 ¤, IVE incluído. 2. Proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe da Avda. Gran Vía (dende Praza América a Praza de España) (Vigo)" cuxo importe líquido ascende á suma de 49.578,93 ¤, IVE incluído. 3. Proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe da rúa Arquitecto Antonio Palacios (Vigo)" cuxo importe líquido ascende á suma de 39.988,04 ¤, IVE incluído. 4. Proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe da Avda. Camelias (Praza Independencia-Concello) Vigo" cuxo importe líquido ascende á suma de 30.391,78 ¤, IVE incluído. 5. Proxecto modificado de "Pavimentado capa de rodaxe da rúa Martínez Garrido (Vigo)" cuxo importe líquido ascende á suma de 38.333,32 ¤, IVE incluído. 6. Proxecto de "Obras complementarias ó pavimentado capa rodaxe e substitución saneamento e abastecemento en rúa Urzaiz (Vigo)" cuxo importe líquido ascende á suma de 54.805,08 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 11.13204.- ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE POR PARTE DE TELEVISIÓN DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS, S.L. Visto o escrito do Sr. Xefe do Gabinete da Presidencia de data 10 de maio de 2005, polo que solicita que se leven a cabo os trámites necesarios para formalizar un contrato de prestación de servizos de publicidade coa empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., para emitir en "TeleSalnés-Barbanza", 660 spots publicitarios de 25 segundos de duración con contidos que difundan as actividades e actuacións realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra na comarca do Salnés, o patrocinio de 56 emisións do programa "Axenda Cultural" e 20 do magazine "Verán Verán", nos que se incluirán ráfagas e spots publicitarios, cuxo custe global das actuacións citadas cifra en 69.600,00 euros. Visto o documento RC expedido por Intervención de data 23/05/2005, certificando a existencia de crédito para facer fronte o gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Accidental sobre o prego de condicións e o de fiscalización emitido polo Sr. Interventor Accidental e vista a proposta de adxudicación de data 13/07/2005 efectuada polo Xefe do Servizo de Contratación. A Xunta de Goberno, de conformidade co previsto no artigo 210 b) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas, autorizar o gasto e adxudicar mediante procedemento negociado sen publicidade, á empresa, Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (CIF.- B-36.223.600), o contrato para prestación de servizos de publicidade en "TeleSalnés-Barbanza", pola cantidade global de sesenta e nove mil seiscentos euros (69.600,00 ¤ ) IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregado por prezos unitarios: -660 spots publicitarios de 25 segundos a razón de 42,00 euros cada un 27.720,00 ¤ -56 emisións do programa "Axenda Cultural" 26.520,00 ¤ -20 emisións do magazine " Verán Verán" a razón de 768,00 ¤ 15.360,00 ¤ Total 69.600,00 ¤ A adxudicación motívase por ser a única empresa que pode realizar o contrato de acordo ó informe do Xefe de Gabinete da Presidencia, así como por cumprir as condicións esixidas no prego. Así mesmo apróbase o gasto por importe de 69.600,00 euros, cantidade que se librará no seu día con cargo á partida 05/111.111.226.20, número de operación 200500053306, do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.784,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: 12.13205.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación das obras de "Diversas Obras", visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, nas que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberna acorda por unanimidade: 1. Adxudicar a Faro, S.L. a obra de " Ensanche e mellora da seguridade vial E.P. Goulla-Porráns (Portas)" na suma de 146.570,00 ¤, IVE incluído , que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 11.244,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2. Adxudicar a Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. a obra de "Ensanche de beirarrúas, servizos e mellora capa de rodaxe EP Rodeiro-Río" na suma de 273.893,91 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 31.676,00 ¤ e un período de mantemento de dezaoito meses. Os adxudicatarios deben constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 175,64 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 351,28 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación ( arts. 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, o perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo eso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente" ------ Folla: 13.13206.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA "OBRA CIVIL PARA INSTALACIÓN DE PRANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS" Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 01/07/2005, polo que se prestou aprobación a diversos proxectos de obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais incluídas no Proxecto Deputrans; visto o escrito do Enxeñeiro Director de Vías e Obras no que manifesta que para a determinación dos puntos de ubicación das diferentes plantas depuradoras se tiveron uns retrasos inesperados polo que se fai recomendable dar trámite de urxencia o expediente de contratación, que permita, unha vez subsanadas as dificultades mencionadas, poder levar a cabo o Programa Deputrans; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente; e , visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Accidental, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da "Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais", distribuída nos seguintes lotes: Lote 1: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de A Cañiza e Crecente 87.492,54 ¤ Lote 2: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de Arbo Salvaterra do Miño e Mos 94.994,99 ¤ Lote 3: Obra civil para instalación de plantas depuradoras no concello de As Neves 85.000,01 ¤ Lote 4: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de Mondariz e Oia 91.583,47 ¤ As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 05/911.441-662.02. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta do adxudicatario. PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE OBRA CIVIL PARA INSTALACIÓN DE PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 05.911.441.662.02. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que se lle reterá. Así mesmo, reteranse ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Lote 1: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de A Cañiza e Crecente 87.492,54 ¤ Lote 2: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de Arbo Salvaterra do Miño e Mos 94.994,99 ¤ Lote 3: Obra civil para instalación de plantas depuradoras no concello de As Neves 85.000,01 ¤ Lote 4: Obra civil para instalación de plantas depuradoras nos concellos de Mondariz e Oia 91.583,47 ¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación das obras comprendidas en cada lote será de mes e medio, contado a partir da comprobación do replanteo. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas o adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminasen no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo á conta dos adxudicatarios, ós que lle se serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días, contados dende o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no "Boletín Oficial da Provincia", de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que fosen compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, no caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.- DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa no nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a teñan achegada nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose nunha unión temporal de empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios haberán de achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vocais: O Secretario. O Interventor. O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Secretario: O Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que remate o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de valoración: 1.- Reducción do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto no expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto.O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtivesen unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificarase ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicada na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. 15ª.- Ademais ós adxudicatarios obrigaráselles a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrese na demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euro do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no BOP nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. ------ Folla: 14.13207.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" Visto a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación das obras de "Diversas obras a executar mediante convenio co Concello de Vigo" na que, como consecuencia do recurso de reposición presentado pola Federación Galega da Construcción contra a clasificación esixida para as obras de "Humanización da rúa Alfonso XIII", "Humanización da rúa Velázquez Moreno(tramo Príncipe-Policarpo Sanz)" e "Mellora de beirarrúas na rúa Manuel Castro", acorda proceder unicamente á apertura das ofertas presentadas ás obras de "Reparación de beirarrúas en distintas zonas da Cidade" e "Mellora de beirarrúas na rúa Tui", visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar a Construcciones Casas Novas, S.L. a obra de "Reparación de beirarrúas en distintas zonas da Cidade (Vigo)" na suma de 153.029,45¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 5.276,15¤ e un período de mantemento de vintecatro meses. 2. Adxudicar a Construcciones Eiriña, S.L. a obra de "Mellora de beirarrúas na rúa Tui (Vigo)" na suma 341.229,58¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 30.000,00¤, e un período de mantemento de trinta e dous meses. Os adxudicatarios deben constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 87,49¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 437,47¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 15.13208.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación das obras de "Diversas Obras", visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar a Construccións Crespo, S.A. a obra de "Ensanche e mellora do trazado E.P. Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase" na suma de 1.163.836,08¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 76.327,00¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 2. Adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra de "Protección vial e servizos EP Coirón-Ribadumia-Leiro" na suma de 431.324,32¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 39.451,50¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 3. Adxudicar a Elsamex, S.A. a obra de "Protección vial e servizos EP Portela-Souto de Vea (Estrada)" na suma de 380.000,00¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 40.560,57¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. 4. Adxudicar a Movex Vial, S.L. a obra de "Urbanización Rúa Concepción Arenal (A Guarda)" na suma de 401.184,00¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 20.514,12¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. Os adxudicatarios deben constituir unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 107,29¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 429,16¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo isto no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 16.13209.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA DO POL E PPC 2005. Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras incluídos no Programa Operativo Local e Plan Provincial de Cooperación 2005, que máis adiante se detallan; e, vistos os informes emitidos por Intervención relativos a existencia de crédito dispoñible nas partidas 05/911.611.511-03 e 05/911.511-611.09 do vixente Presuposto Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: Con cargo á partida 05/911.511-611.03: 1. "Ensanche e mellora EP 0506 Curro-Portela (Barro)" (POL 2005) por importe de 150.000,00 ¤, IVE incluído. 2. "Ensanche e mellora EP 1001 Cangas-Coiro (Cangas)" (POL 2005) por importe de 390.000,00¤, IVE incluído. 3. "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas, variante de Pontearnelas (Vilanova)" (POL 2005), por importe de 220.000,00¤, IVE incluído. 4. "EP 4201 Ribarteme-Vide (As Neves)" (POL 2005) por importe de 130.000,00¤, IVE incluído. Con cargo á partida 05/911.511.-611.09: 1. "Terminación ensanche e mellora EP 6010 As Lamas-Moimenta-Ventosa (Lalín-Agolada)" (PPC 2005) por importe de 200.000,00¤, IVE incluído. 2. "EP 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)" (PPC 2005) por importe de 266.012,63¤ IVE incluído. 3. "E.P. 7204 Soutelo-Ratel (Forcarei)" (PPC 2005) por importe de 277.023,45¤, IVE incluído. 4. "Mellora capa rodaxe EP 6306 Agolada-Cruces (Agolada)" (PPC 2005) por importe de 217.000,00 ¤, IVE incluído. 5. "Ensanche e mellora EP 7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada) 1ª fase (PPC 2005) por importe de 150.000,00¤, IVE incluído ------ Folla: 17.13210.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "CENTRO SOCIO-CULTURAL DE FEIRA-CABRAL (VIGO)" Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación das obra de "Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral (Vigo)", visto o informe emitido polo Arquitecto Técnico Provincial, no que se valora a única oferta presentada, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Obras e Edificaciones Seixo, S.L. a obra de "Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral (Vigo)" na suma de 150.762,67¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 1.568,98 ¤ e un período de mantemento de vintecatro meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade e 306,54¤, corresponde á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 18.13211.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición