ATOPO
Registros actuales: 1.625.391
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/08/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-08-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/08/12_Ordinaria

  • Data(s) 2005-08-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día doce de agosto do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Díz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13252.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de agosto de 2005. ------ Folla: 2.13253.- RENUNCIA DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA POLA COMISIÓN DE GOBERNO DE 31 DE OUTUBRO DE 2003 Á SOCIEDADE COOPERATIVA "VALLE DEL DEZA" Visto o escrito formulado por D. José Diéguez Lamas, Presidente da Sociedade Cooperativa Valle del Deza, o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o acordo da Comisión de Goberno do 31 de outubro de 2003 na que se concede unha axuda económica a "Valle del Deza Sociedad Cooperativa", por importe de 11.340,00 ¤, acórdase por unanimidade proceder á anulación da mencionada axuda económica. ------ Folla: 3.13254.- REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS DENTRO DO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL E DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN DO ANO 2005 Visto o acordo da Xunta de Goberno, de data 15 de xullo do ano 2005, aprobando os proxectos de obra incluídos dentro do POL e do PPC do presente ano, a excepción da "Terminación ensanche e mellora E.P. 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas), que foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 29 de xuño de 2005. Vistos así mesmo, os informes do Secretario Xeral e do Interventor da Deputación de Pontevedra, acórdase por unanimidade aprobar o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, por procedemento aberto, a realización de diversas obras incluídas dentro do Programa Operativo Local e do Plan Provincial de Cooperación do ano 2005. As obras son as que a continuación se detallan: PROGRAMA OPERATIVO LOCAL 1. Ensanche e mellora E.P. 0506 Curro-Portela (Barro) 410.000,00 ¤ 2. Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas) 390.000,00 ¤ 3. E.P. 9703 Vilanova-Pontearnelas, vte. Pontearnelas (Vilanova) 220.000,00 ¤ 4. E.P. 4201 Ribarteme-Vide (As Neves) 130.000,00 ¤ 5. Terminación mellora e ensanche E.P. 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas) 118.642,60 ¤ PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 1. Terminación do ensanche de mellora E.P. 6010 As Lamas-Moimenta- Ventosa (Lalín-Agolada) 200.000,00 ¤ 2. E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior) 266.012,63 ¤ 3. E.P. 7204 Soutelo-Ratel (Forcarei) 277.023,45 ¤ 4. Mellora da capa de rodaxe E.P. 6306 Agolada- Cruces (Agolada) 217.000,00 ¤ 5. Ensanche e mellora E.P. 7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada) 1ª fase150.000,00 ¤ A obra "Terminación, ensanche e mellora E.P. 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas)", queda condicionada a que a Xunta de Galicia declare de urxente ocupación os bens e terreos afectados por dita actuación. Así mesmo acórdase por unanimidade iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2005" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 05/911.511.611.03 (obras nº 1 á nº 5) e 05/911.511.611.09 (obras nº 6 á nº 10) do vixente Presuposto provincial. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: Os presupostos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reterase o adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. POL 2005: 1.- "Ensanche e mellora E.P. 0506 Curro-Portela (Barro)" 410.000,00 2.- "Ensanche e mellora E.P. 1001 Cangas-Coiro (Cangas)" 390.000,00 3.- "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas, vte. Pontearnelas (Vilanova)" 220.000,00 4.- "E.P. 4201 Ribarteme-Vide (As Neves)" 130.000,00 5.- "Terminación ensanche e mellora EP 8004 Vilanoviña-Caldas" 118.642,60 PPC 2005: 6.- "Terminación ensanche e mellora E.P. 6010 As Lamas- Moimenta-Ventosa (Lalín-Agolada)" 200.000,00 7.- "E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)" 266.012,63 8.- "E.P. 7204 Soutelo-Ratel (Forcarei)" 277.023,45 9.- "Mellora capa rodaxe E.P. 6306 Agolada-Cruces (Agolada)" 217.000,00 10.- "Ensanche e mellora E.P. 7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada) 1ª fase" 150.000,00 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será: de doce meses para as obras nº 1, 2 e 8; seis meses para as obras nº 3, 9 e 10; catro meses para as restantes, contado a partir da comprobación do replanteo. 5ª.- Prazo de garantía: Establecese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo có establecido no art. 36 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que se depositara na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse o acta de recepción se as obras terminaran no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer o contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior o 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, e no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no "Boletín Oficial da Provincia", de nove a trece horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará o día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada o modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica serán orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida una plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1.- D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financiera e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte a súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial esixíndose a seguinte: Obras nº 1 e 2: Grupo A, subgrupo 2, categoría d, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Obra nº 3: Grupo A, subgrupo 1, categoría d; Grupo G, subgrupo 4, categoría d.. Obras nº 4 e 7: Grupo G, subgrupo 4, categoría b. Obra nº 6: Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obras nº 8 e 10: Grupo A, subgrupo 2, categoría c, e, Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obra nº 9: Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaran nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren o concurso habéndose constituído en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, cumprirán para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar o día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas có Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Integrarase da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vocais: O Secretario. O Interventor. O Viceinterventor. O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. Secretario: O Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construcción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia có prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou de algunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que ó obter unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente o valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificaráselle ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. A adxudicación da obra nº 5, "Terminación ensanche e mellora E.P. 8004 Vilanoviña-Caldas", queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos terreos necesarios para a súa execución. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade, sen cuxos requisitos non se confeccionará o acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables o mesmo, incorrese na demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euro do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente,) 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial de la Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 4.13255.- PRÓRROGA DO SERVIZO DE LIMPEZA E ASEO NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" COA EMPRESA EULEN, S.A. Resultando que con data 22 de agosto de 2003 a Xunta de Goberno adxudicou á empresa EULEN, S.A. (C.I.F. A-28.517.308) o contrato para a prestación do servizo de limpeza na C.I.P.F. A máis, acordouse a revisión de prezos, efectuada polo mesmo órgano en sesión de 22 de outubro de 2004. Resultando que a mencionada empresa solicita a prórroga do contrato, así coma a Directora Xerente da C.I.P.F. facendo petición en idéntico sentido. Resultando que o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, de conformidade co estipulado no artigo 198.1 do R.d.l. 2/2000, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, viabiliza a devandita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó resultar máis apropiado por razóns de execución orzamentaria, efectuar a prórroga ata o 31-12-2005 do servizo de limpeza e aseo da Cidade Infantil Príncipe Felipe coa empresa EULEN, S.A. (C.I.F. A-28.517.308), pola cantidade total de cento oitenta e sete mil oitocentos noventa e dous euros con trinta céntimos (187.892,30 ¤), a razón de trinta e sete mil cincocentos setenta e oito euros con corenta e seis céntimos cada mes (37.578,46 ¤/mes). O contrato terá unha duración de cinco meses, a contar dende o día 1 de agosto de 2005 ata o 31 de decembro de 2005, podendo revisarse o prezo de dito contrato de conformidade coa variación que experimente o Índice de Prezos o Consumo(IPC), previa solicitude xustificada formulada polo contratista. Así mesmo, deberá trasladarse este acordo a Intervención coa finalidade de deixar sen efecto o RC de EE.FF. nº 200500076902. ------ Folla: 5.13256.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: WATERS CROMATOGRAFÍA, S.A. (CIF A60631835) - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil cento oitenta euros con noventa e sete céntimos (1.180,97 ¤), para responder do subministro dun equipo de cromatografía líquida para o laboratorio da Finca Mouriscade, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-03-2004, núm. de operación 200400020730, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. VARIAN IBÉRICA, S.L. (CIF B28310290) - A constituída en valores, mediante aval de The S. Paul, por importe de mil trescentos dez euros con vinte e un céntimos (1.310,21 ¤), para responder do subministro dun espectrofotómetro de absorción atómica, para o laboratorio da Finca Areeiro, adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 15-11-01, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 04-12-2001, núm. de operación 200100063368, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RIAS BAIXAS DE COMUNICACIÓN, S.A. (CIF A36643674) - A constituída en metálico, por importe de mil seiscentos oitenta euros (1.680,00 ¤), para responder da prestación de servizos de publicidade en "Atlántico Diario", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24-11-2004, núm. de operación 200400082534, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. AGIP ESPAÑA, S.A. (CIF A28188464) - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de catro mil seiscentos oitenta e tres euros con vinte e catro céntimos (4.683,24 ¤), para responder do subministro de gasóleo A, con destino ó Parque de Maquinaria, adxudicado mediante acordo da Comisión de Goberno de data 30-04-03, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 23-05-2003, núm. de operación 200300036550, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TELEVISIÓN DE PONTEVEDRA, S.A. (CIF A36064228) - A constituída en metálico, por importe de setecentos vinte e un euros con sesenta e un céntimos (721,61 ¤), para responder da prestación de servizos de publicidade en Localia TV (canal 44 - canal 41), e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24-09-2004, núm. de operación 200400067937, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO PONTEVEDRA, S.A. (CIF A36005346) - A constituída en metálico, por importe de mil setecentos cincuenta e nove euros con sesenta e seis céntimos (1.759,66 ¤), para responder da prestación de servizos de publicidade nas emisoras de Radio Pontevedra O.M. 1116 kz e F.M. 98.7 mhz, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24-09-2004, núm. de operación 200400067935, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.13257.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE GONDOMAR, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "ACONDICIONAMENTO E PROXECTO PRAZA CONCELLO, 1ª FASE, INCLUÍDA NO PAM/04 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Gondomar, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/04, co número 202/842, denominada "Acondicionamento e Proxecto Praza Concello, 1ª fase", subvencionada con 55.786,51 ¤, por Resolución Presidencial de 31-12-2004. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2006, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.13258.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.13259.- RECTIFICACIÓN DE ERRO NUN ACTO DO EXPEDIENTE DE APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA DO POL E PPC 2005, ASÍ COMO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 16.13209 Visto o erro padecido na petición de informe e no informe sobre a existencia de consignación orzamentaria da obra "Ensanche e mellora da E.P. 0506 Curro-Portela (Barro) (POL 2005), de data 14-07-05, e por conseguinte no texto do acordo 16.13209 adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 15 de xullo de 2005 referente á APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA DO POL E PPC 2005. Vista a rectificación do informe de Intervención, de data 09-08-05, sinalando a existencia de consignación suficiente, por importe de 410.000,00 euros, para a realización da obra anteriormente sinalada. E resultando que as administracións publicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos e convalidándoos subsanando os vicios de que adoezan, todo elo segundo o disposto nos artigos 105.2 e 67.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, acórdase por unanimidade: Primeiro.- Rectificar os erros padecidos coa emisión do informe de Intervención, de data 9 de agosto do presente ano, convalidando o acto e conservando os demais actos e trámites que se manteñen igual. Segundo.- Rectificar o acordo da Xunta de Goberno 16.13209 no seguinte sentido: - Onde di "...1. "Ensanche e mellora EP 0506 Curro-Portela (Barro)" (POL2005) por importe de 150.000,00 ¤, IVE incluído..." - Debe dicir "...1. "Ensanche e mellora EP 0506 Curro-Portela (Barro)" (POL 2005) por importe de 410.000,00 ¤, IVE incluído..." Permanecendo invariable o resto do texto no acordo da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: 9.13260.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE MELLORA DE RODADURA E.P. 3301 ROSAL-PORTOCELO (ROSAL). Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 08-05-2003, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A., a obra "Mellora rodaxe E.P. 3301 Rosal-Portocelo (Rosal) na suma de 118.870,00 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión de 03-06-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 de dita obra polo importe de 142.642,41 ¤, unha vez aplicada a baixa da adxudicación da obra inicial, e que supón un incremento sobre a mesma de 23.772,41 ¤, que non supera o 20% do contrato primitivo; visto o escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade o proxecto modificado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto o procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe e fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido o art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. 2. Adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. a obra relativa ó proxecto modificado núm. 1 de "Mellora rodaxe E.P. 3301 Rosal-Portocelo (Rosal)", na suma de 23.772,41 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos da Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 10.13261.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 10 de agosto de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500000839 e que conten vinte e cinco facturas, sendo a primeira correspondente a Gas Galicia, SDG,S.A. por importe de 235,09 ¤ e a derradeira a Floristería Jardín-Angeles Casares Escudero por importe de 243,00 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe Total 47.174,64 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 335,17 ¤ Total Líquido 47.509,81 ¤ ------ Folla: 11.13262.- ASISTENCIA A CURSOS a) Resultando que mediante escrito presentado en data 24 de xuño de 2005, o Xefe do Servizo Agrario, solicitou permiso e axuda económica para a asistencia á Reunión de Traballo Proxecto NEA que tivo lugar o día 29 de xuño en Porto (Portugal). Considerando que de conformidade disposto nos arts. 3 e 4 do R.d. 462/2002, de 24 de maio, as actividades ou cometidos especiais que circunstancialmente se ordenen ó persoal contarán coa autorización expresa na correspondente orde de designación. Considerando que de acordo co previsto no art. 67 da Lei 30/92, de 26 de novembro, os actos administrativos que carezan de autorización poderán ser convalidados mediante o outorgamento da mesma polo órgano competente. En virtude das facultades que confire o art. 61.12 do Real Decreto 2.568/86, de 28 de novembro, e o art. 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido no art. 16.6a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, convalidar o acto, e conceder a D. Carlos Bengoechea Pere o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 107,72 euros, desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: A) Desprazamentos vehículo propio Pontevedra-Porto-Pontevedra.......342 km 65,78¤ Peaxe autoestrada 20,00¤ total Despr.. 85,78¤ B) Dietas: Día 29 (1/2 manutención Portugal) 21,94¤ total Dietas 21,94¤ TOTAL 107,72¤ Ditas cantidades imputaranse con cago ás partidas 05/711.713.230.01 de Dietas Proxecto NEA por importe de 21,94 ¤ e a 05/711.713.231.01 de Locomoción Proxecto NEA por importe de 85,78 ¤. b)Visto o escrito presentado o 2 e agosto de 2005, polo que a Directora d a Unidade de Promoción de Desenvolvemento (U.P.D.), solicita permiso e axuda económica para que o seguinte persoal da U.P.D.: Dona Ruth González Reyes e D.José Manuel Martelo Núñez poidan realizar un Curso de Aplicación de Sistemas de Información Geográfica a la Gestión de los Recursos Naturales de carácter non presencial, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno de 11 de novembro de 1983, artigo 16.6a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, conceder ós interesados o permiso solicitado e unha axuda Económica por importe de 560,00 ¤, en concepto de Inscrición ó Curso. Dita cantidade imputarase á partida 05/313.324.163.00. c) De conformidade á proposta presentada no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 28 de xullo de 2005, pola cal a Xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que Dona Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora Xeral do Proxecto MERCURIO, poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, á Xornada de conferencias sobre o pequeno comercio e marketing que terá lugar o próximo día 04 de novembro en Manchester (Reino Unido), acórdase por unanimidade, en virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2586/86, de 28 de novembro, do artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 771,41 euros, có carácter de "A Xustificar", que se librará quince días antes da data de comezo do curso, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: Desprazamento: Avión: Santiago-Manchester-Santiago 381,61¤ Taxi: Pontevedra-Santiago-Pontevedra e estancia en Manchester 150,00 ¤ total desprazamento 531,61¤ Dietas: Día:03 (1/2 manutención e aloxamento) 198,33¤ Día 04 (1/2 manutención) 41,47¤ total dietas 239,80¤ TOTAL 771,41¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/313.623.231.01 de locomoción por importe de 531,61 ¤ e 05/313.623.230.01 de dietas por importe de 239,80 ¤. ------ Folla: 12.13263.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinto minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición