Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-09-09_Ordinaria. Acta de sesión 2005/09/09_Ordinaria
Acta de sesión 2005/09/09_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-09-09_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/09/09_Ordinaria
Data(s) 2005-09-09 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 9 de setembro de 2005 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día nove de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13312.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 2 de setembro de 2005 ------ Folla: 2.13313.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA "OBRA CIVIL PARA INSTALACIÓN DE PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS" Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da "Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais", visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e ,a vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1. Adxudicar a NAROM, SL a Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais nos Concellos de A Cañiza e Crecente (lote 1) na suma de 77.692,52 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 6.544,50 € e un período de mantemento de vinte e catro meses. 2. Adxudicar a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, SA a obra Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais nos Concellos de Arbo, Salvaterra do Miño e Mos (lote2) na suma de 83.595,59 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de un mes, melloras valoradas en 35.809,54 € e un período de mantemento de vinte meses. 3. Adxudicar a CONSTRUCCIONES VALE, SL a Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais no Concello de As Neves (lote3) na suma de 68.683,35 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de un mes, melloras valoradas en 4.000,00 € e un período de mantemento de doce meses. 4. Adxudicar a NAROM, SL a Obra civil para instalación de plantas depuradoras de augas residuais nos Concellos de Mondariz e Oia (lote4) na suma de 79.659,31 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 7.949,45 € e un período de mantemento de trinta meses. CONSTRUCCIONES VALE, S.L., adxudicataria do lote 3, plantas depuradoras no Concello de As Neves, constituirá, segundo o establecido no art. 36.4 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. Os demais adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, Cada adxudicatario de ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións economico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 114,67 ¤, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 458,67¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo eso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estima conveniente. ------ Folla: 3.13314.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON DIVERSOS CONCELLOS" Retírase da orde do día o asunto relativo a "Adxudicación do concurso para a contratación de Diversas Obras a executar mediante convenio con diversos Concellos. ------ Folla: 4.13315.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DO ENSANCHE DA EP 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO (MEAÑO-RIBADUMIA) Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 26-12-2002, polo que se adxudicou a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra "E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)" na suma de 651.152,98 ¤, IVE incluído; visto o proxecto modificado nº1 de dita obra, redactado polo Servicio de Vias e Obras no que se plantea a construcción dunha glorieta na intersección de dita estrada coa PO-300 (Nogueira-Cambados), pertencentes á rede de estradas da Xunta de Galicia, que solucione as notables deficiencias tanto en planta como en alzado, así como a súa reducida visibilidade, e que supón un punto negro para a seguridade vial, ascendendo o seu importe á suma de 781.383,57 ¤ que supón un incremento sobre o presuposto inicial da obra de 130.230,59 ¤; e, visto o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº 1 do de "E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)" na suma de 781.383,57 ¤ que supón un incremento sobre o importe de adxudicación da obra inicial de 130.230,59 ¤". ------ Folla: 5.13316.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA GRUPO CETSSA SEGURIDADE SA, PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión de data 3 de xullo de 2003, polo que se adxudicou o contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", á empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A. (CIF -A-27032671), polo prezo anual máximo ofertado de 42.116,08 ¤, IVE incluído, o que supón a prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón de 15,02 euros/hora, IVE incluído, con efectos dende o día 1 de xullo de 2003, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso das partes, con posibilidade de producirse prórroga do contrato, do incremento de prezo do mesmo, en función do Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente. Resultando que a Xunta de Goberno acordou na sesión do día 8 de outubro de 2004 acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A., co incremento do 3,4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período de 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005, ambos incluídos, a cantidade de máxima de 43.548,02 ¤, IVE incluído, a razón do novo prezo revisado de 15,53 euros/hora, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 15 de xullo de 2005 acordou prorrogar por dous anos a duración do contrato formalizado coa empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A. para prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil Príncipe Felipe, con efectos desde o día 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2007, ambos incluídos. Resultando que a empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A., mediante escrito de data 29 de agosto de 2005, solicita a revisión do prezo do citado contrato aplicando sobre o mesmo unha actualización do prezo en base ó IPC interanual nacional (Xullo 2004 - Xullo 2005), fixado nun 3,3%, en base á cláusula terceira do contrato formalizado ente á empresa e esta Deputación Provincial o 28 de xullo de 2003. Resultando que o Xefe do Servizo de contratación en escrito de data 6 de setembro manifesta que a revisión de prezos a aplicar sería a correspondente ó período de xuño de 2004 a xuño de 2005, o que supón a actualización do prezo do contrato nun 3,1% do acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC) para o citado período, cuantificado o incremento do mesmo da seguinte forma: Prezo actual Hora Incremento 3,1% Prezo revisado 15,53 ¤ 0,48 ¤ 16,01 ¤ - Prezo actual do contrato 43.548,02 ¤ - Importe anual do incremento do contrato no 3,1 % 1.349,99 ¤ - Prezo anual revisado 44.898,01 ¤ Visto o informe de Intervención de data 8 de setembro de 2005, no que se deixa constancia de que en función do previsto na cláusula terceira do contrato procede a revisión de prezos ó 3,1 %, existindo crédito suficiente na partida 05/422.422.227.01 para afrontar o incremento imputable ó exercicio 2005, polo que se emite o documento RC número de operación 200500085283 por importe de 675,00 ¤ e o documento RCFUT número de operación 200500085284 por importe de 675,00 ¤ para o incremento correspondente ó exercicio de 2006. Acórdase por unanimidade: Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa Grupo Cetssa Seguridad, S.A. (CIF A 27032671) para prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil Príncipe Felipe, có incremento do 3,1 % sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2005 ó 30 de xuño de 2006, ambos incluídos, á cantidade máxima de corenta e catro mil oitocentos noventa e oito euros con un céntimo (44.898,01 ¤), IVE incluído, pola prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que se inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón do novo prezo revisado de 16,01 euros/hora, IVE incluído. O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 1.349,99 euros, correspondendo 675,00 euros ó período do 1 de xullo a 31 de decembro de 2005, que serán libradas no seu día con cargo á partida 05/422.422.227.01 do vixente Presuposto Provincial e a cantidade de 675,00 euros ó período de 1 de xaneiro a 30 de xuño de 2006, ambos incluídos, con cargo o Presuposto Provincial do ano 2006. ------ Folla: 6.13317.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE", FORMALIZADO COA EMPRESA EULEN, S.A. Visto o acordo da Xunta de Goberno, de 12 de agosto de 2005, prorrogando o servizo de limpeza e aseo na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" coa empresa Eulen, S.A. (C.I.F. A-28.517.308), pola cantidade de cento oitenta e sete mil oitocentos noventa e dous euros con trinta céntimos (187.892,30 ¤), a razón de trinta e sete mil cincocentos setenta e oito euros con corenta e seis céntimos cada mes (37.578,46 ¤/mes). Vista a petición efectuada pola empresa Eulen, solicitando a revisión de prezos nun 3,3% sobre o prezo do contrato, e de conformidade co IPC interanual e o contrato formalizado entre a Deputación e a empresa adxudicataria. Visto o informe favorable de intervención e o documento RC, de data 9 de setembro do ano 2005. E considerando o art. 103 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e demais lexislación vixente, acórdase por unanimidade: Acceder a revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" formalizado coa Empresa Eulen, con un incremento do 3,3 % sobre o prezo do contrato de acordo co Índice de Prezos ó Consumo (IPC), e con efectos dende o 1 de agosto ata o 31 de decembro de 2005. O novo prezo revisado obedece ó seguinte esquema: Prezo certo actual do contrato 32.395,22 ¤ Incremento revisión do 3,3% 1.069,04 ¤ Prezo certo revisado 33.464,26 ¤ IVE 16% 5.354,28 ¤ Importe mensual desde agosto 2005 38.818,54 ¤ Importe ata decembro 2005 194.092,70 ¤ Así mesmo apróbase o gasto por importe de seis mil douscentos euros con corenta céntimos (6.200,40 ¤), en concepto da diferencia entre o prezo do contrato inicial e o prezo do contrato incrementado durante o período de 1 de agosto ó 31 de decembro de 2005, cuxo pago será librado con cargo á partida 05/422.422.227.00 do vixente presuposto provincial. Dado que só existe crédito por importe de 3.303,44 ¤, queda condicionada a revisión de prezos pola parte restante a que se incremente o crédito de dita partida na correspondente modificación de crédito. ------ Folla: 7.13318.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE 73 EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 3 de xuño de 2005, aprobando o expediente para a contratación , mediante concurso por procedemento aberto, do subministro e instalación de 73 equipos informáticos para diversos concellos da provincia de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado o BOP (nº 116, 17-06-05) e no DOGA (nº 118, de 21-06-05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 6 de xullo de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Técnico de Informática do CPAM e a proposta da Mesa de Contratación, de data 7 de setembro do ano en curso, acórdase por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro e instalación de 73 equipos informáticos para diversos concellos da provincia de Pontevedra, á empresa Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L. (CIF: B-36.100.337), polo prezo ofertado de 92.750,00 ¤, IVE incluído. O pago do subministro efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/551.551.662.00 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.710 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas prevista no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos dezaseis euros con oito céntimos (316,08 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (97,18 ¤) e no Diario Oficial de Galicia. (218,90 ¤). ------ Folla: 8.13319.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.13320.- PROPOSTA DE CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES "VOLVO OCEAN RACE 2005" Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Consello Superior de Deportes con obxecto da dotación de equipamento deportivos, có gallo da celebración da "Volta ó Mundo a Vela 2005 Volvo Ocean Race", mediante a achega por parte do Consello Superior de Deportes da cantidade de douscentos corenta mil euros (240.000,00 ¤), acórdase a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ANO 2005 ENTRE O CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A DOTACIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS, CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA VOLTA Ó MUNDO A VELA 2005 (VOLVO OCEAN RACE). En Madrid, a REUNIDOS Dunha parte, D. Jaime Lissavetzky Díez, Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes (en adiante CSD) con CIF Q-2828001-D e domicilio na rúa Martín Fierro s/n (28040-Madrid), en nome e representación deste Organismo en virtude de nomeamento mediante R.d. 649/2004, de 19 de abril (BOE nº 96, de 20 de abril) e no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 4 do Real Decreto 2195/2004, de 25 de novembro, polo que se regula a estructura orgánica e as funcións do Consello Superior de Deportes. De outra parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con CIF P3600000H e domicilio en rúa Montero Ríos núm. 1 (36001-Pontevedra), en nome e representación da mesma en virtude do nomeamento plenario de data 12 de xullo de 2003 e no exercicio da competencia que lle confire o artigo 34.1.b) da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambos representantes, recoñecéndose mutuamente capacidade xurídica suficiente, subscriben en nome das respectivas entidades o presente Convenio e, ó efecto EXPOÑEN PRIMEIRO.- O deporte é un elemento determinante da calidade de vida da poboación ó formar parte da educación integral da persoa posto que supón un factor de mantemento da saúde, corrector de desequilibrios sociais, inserción social, fomento da solidaridade e elemento fundamental do sistema educativo. SEGUNDO.- A Lei 10/1990 de 15 de outubro, do Deporte, determina no seu artigo 1.2 que "A práctica do deporte é libre e voluntaria. Como factor fundamental da formación e do desenvolvemento integral da personalidade, constitúe unha manifestación cultural que será tutelada e fomentada polos poderes públicos do Estado" Así mesmo no artigo 8.j de dita Lei establécese que é competencia do CSD "Elaborar e executar, ..., coas Entidades Locais, os plans de construción e mellora de instalacións deportivas para o desenvolvemento do deporte de alta competición...". Un dos obxectivos do CSD é a cooperación e colaboración coas Entidades Locais no desenvolvemento de competicións internacionais que se celebren en España e nos que a participación se estableza a nivel estatal, contando coas preceptivas autorizacións, e é misión da Administración Xeral do Estado, procurar o éxito das mesmas facilitando os medios orientados a dito fin, comezando por facilitar que ditas competicións se desenvolvan en instalacións cun nivel óptimo de dotacións deportivas. TERCEIRO.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra ten atribuída pola Lei de Bases de Réxime Local o fomento do deporte, no seu ámbito territorial. En relación co anterior, a citada Deputación ten concedida a organización da Volta ó Mundo de Vela, 2005. En Resolución do Secretario de Estado-Presidente do CSD de data 27 de xuño de 2005, pola que se conceden axudas ás Corporacións Locais para a execución de infraestructuras deportivas e dotación de equipamentos deportivos, con motivo da celebración de competicións deportivas de carácter internacional, acordouse a concesión da axuda que máis adiante se indica en contía e finalidade. No ámbito das competencias que a lexislación vixente confire ó CSD e á Deputación Provincial de Pontevedra, subscríbese o presente Convenio, que se someterá ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente Convenio é regular a colaboración entre o CSD e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a dotación de equipamentos deportivos, con motivo da celebración da Volta ó Mundo a Vela (Volvo Ocean RACE), no año 2005. SEGUNDA.- ACTUACIÓNS QUE CORRESPONDEN Ó CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES. O CSD comprométese a: Outorgar unha subvención á Deputación Provincial de Pontevedra por un importe máximo de 240.000,00 ¤ (douscentos corenta mil euros), para a dotación de equipamentos deportivos. TERCEIRA.- ACTUACIÓNS QUE CORRESPONDEN Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a: 1. Contribuír cos seus presupostos ou outros recursos suficientes para, xunto coa presente subvención, financiar a totalidade do proxecto informado polo CSD. 2. Destinar os fondos achegados polo CSD á finalidade contemplada na subvención. 3. Xustificar o cumprimento da finalidade da subvención e da aplicación material dos fondos percibidos, dentro dos tres meses seguintes á data da percepción. 4. Incluír a imaxe institucional do CSD como cofinanciador, na instalación. CUARTA.- RÉXIME XURÍDICO A subvención a que se refire este Convenio queda suxeita á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; á Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria; á Orden Ministerial de 23 de xaneiro de 1988 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas e subvencións con cargo a créditos orzamentarios do CSD; á resolución de 10 de febreiro de 2005, de Presidencia do CSD, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais para a execución de infraestructuras deportivas e dotación de equipamentos deportivos, con motivo da celebración de competicións deportivas de carácter internacional e ás demais normas vixentes que sexan de aplicación. En todo caso, será de aplicación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. QUINTA.- FINANCIAMENTO E PAGAMENTO O CSD achegará un máximo de 240.000,00 ¤ (douscentos corenta mil euros) con cargo á aplicación orzamentaria 18-101-336A-761 do seu presuposto de gastos para o ano 2005. Procederase ó aboo da subvención comprometida a partir da sinatura do presente Convenio, previo cumprimento dos requisitos esixidos para o pago das subvenciones pola normativa orzamentaria estatal e previa acreditación por parte do beneficiario dos seguintes extremos: - Permiso internacional concedido por parte do CSD a través da Federación Española correspondente. - Acta de constitución do comité organizador do que formará parte o CSD. - Proxecto de xestión e presuposto de organización definitivo da competición. O pago da subvención realizarase da seguinte forma: O 50% da subvención farase efectiva á presentación do contrato de adxudicación dos subministros e o resto cando se acredite a recepción final da totalidade dos subministros. O CSD poderá realizar cantas visitas técnicas de inspección crea conveniente, resultando obrigada a institución beneficiaria da subvención de facilitar o acceso ás instalacións e a entregar calquera documentación relativa ás adquisicións. SEXTA.- XUSTIFICACIÓN Unha vez libradas as cantidades a conta do total da subvención, a Deputación Provincial de Pontevedra presentará ó CSD, no prazo máximo dos tres meses seguintes á data da súa percepción, a xustificación documental necesaria que acredite o cumprimento da finalidade da subvención e da aplicación material dos fondos percibidos e que se axustará, en todo caso, ó sinalado no art. 30 da Lei xeral de subvenciones. O CSD poderá, a tal fin, realizar cantas inspeccións considere oportunas. Todo iso con independencia da suxeición ó cumprimento das obrigas impostas no art. 14 da anteriormente citada Lei xeral de subvenciones. SÉTIMA.- DURACIÓN O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura por ambas partes e a súa vixencia esténdese ata o 31 de decembro de 2005. OITAVA.- RESOLUCIÓN A modificación substancial das adquisicións efectuadas con respecto á documentación técnica remitida, sen que sexa aprobada previamente polo CSD, poderá dar lugar á anulación da subvención. Será causa de resolución del presente convenio el mutuo acordo entre las partes, así como la denuncia del incumprimento de calquera de seus cláusulas mediante preaviso debidamente comunicado no prazo de un mes desde que aquel fose detectado. NOVENA.- NATUREZA As posibles cuestións litixiosas ou controversias a que poida dar lugar a aplicación, interpretación, modificación, efectos e resolución do presente convenio, serán resoltas de conformidade co disposto na Lei 28/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. E como mostra de conformidade as partes asinan o presente convenio por duplicado e a un so efecto no lugar e data indicados no encabezamento. O SECRETARIO DE ESTADOPRESIDENTE DO CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES, asdo. Jaime Lissavetzky Díez O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA asdo. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 10.13321.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE REFORZO DE RODAXE EP REBULLÓN-CUVI E EP PUXEIROS-REBULLÓN (MOS) Redactándose polo servizo de Vías e Obras o proxecto de "Reforzo de rodaxe EP Rebullón - CUVI e EP Puxeiros-Rebullón (Mos)", por importe de 237.409,09 ¤, IVE incluído, e existindo crédito suficiente na partida 05/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 11.13322.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 9 de setembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500000920 e que conten trinta e nove facturas, sendo a primeira correspondente a Interlingua Traduccións, S.L. por importe de 2.854,75 ¤ e rematando coa factura de C. Estaciones de Servicio S.A. por importe de 2.731,35 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 32.350,95 ¤ Descontos do IRPF 461,45 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 365,91 ¤ Total líquido 32.255,41 ------ Folla: 12.13323.- INFORME SOLICITADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE REXISTROS E DO NOTARIO DO MINISTERIO DE XUSTIZA EN RELACIÓN CO PROXECTO DE REAL DECRETO POLO QUE SE MODIFICA A DEMARCACIÓN E CAPITALIDADE DE DETERMINADOS REXISTROS DE PROPIEDADE, MERCANTÍS E DE BENS MOBLES Dada conta da comunicación da Directora Xeral do Ministerio de Xustiza de data 15 de xullo de 2005 solicitando informe en relación co proxecto do Real Decreto polo que se modifica a demarcación e a capitalidade de determinados rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles. Resultando que afecta ós municipios de Poio, Vigo, Pontevedra, Nigrán e Marín. Resultando que por escrito de 3 de agosto, amplíase o prazo para remitir o informe solicitado ata o 20 de setembro. Resultando que os anteriores concellos remitiron a esta Deputación tal como os foran solicitado no seu día os respectivos informes. A vista do anterior, A Xunta de Goberno informa en sentido favorable coñecido que a citada modificación atende ó interese xeral debido ó incremento do tráfico civil e mercantil. ------ Folla: 13.13324.- INFORME RELATIVO O ESTUDIO DE DETALLE DESTINADO Á AMPLIACIÓN DO VIAL NO CRUCE DA AVDA. DO REBULLÓN - N120 EN PUXEIROS, TAMEIGA, DO CONCELLO DE MOS Dada conta da comunicación do Concello de Mos, de data 25 de agosto de 2005 (rexistro de entrada núm. 026974, de data 01/07/09), pola que se remite o Estudio de Detalle do destinado á ampliación do vial no cruce da Avda. do Rebullón - N120 en Puxeiros, Tameiga do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Resultando que a Xunta de Goberno desta Deptuación en sesión de 22 de xullo e a petición do Concello de Mos acordou prestar conformidade ó informe técnico de 20 de xullo que foi remitido ó Concello e que literalmente di : "Habiéndose recibido para Informe "Texto Refundido según estudio de detalle en Puxeiros-Mos. Según convenio urbanístico" por parte de este Servicio se informa lo siguiente: La documentación recibida parece responder a un Estudio de Detalle, cuyos antecedentes no obran en este Servicio, lo que origina un desconocimiento de los primeros pasos dados en torno a este Convenio" Según los datos que se reflejan en la memoria justificativa parece ser que el 16 de noviembre se aprueba y se da licencia, por parte del Concello de Mos, al Proyecto Básico visado el 28 de mayo de 2004, entrando en una contradicción, a nuestro juicio, dado que, de acuerdo con las fechas reflejadas en dicha memoria justificativa se resuelve una solicitud de licencia sin estar informada, como es preceptivo por esta Diputación, al ser titular de uno de los viales a los que da frente. Por otra parte, con la documentación aportada se acompaña un plano de planta en el que no se define la calificación urbanística que afecta a la zona. Por lo que se carece de información suficiente como para establecer las condiciones atribuibles a la línea de edificación del Estudio de Detalle presentado, por lo que se requiere conocer éstos términos a fin de poder elaborar el preceptivo informe con conocimiento de causa". Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 12 de setembro de 2005, que literalmente di: " 1. Dada la múltiple documentación presentada, entendemos como documento a informar el titulado "TEXTO REFUNDIDO SEGUNDO ESTUDIO DE DETALLE EN PUXEIROS - MOS, SEGÚN CONVENIO URBANÍSTICO" de fecha febrero 2005, visado por el COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA el día 23 de febrero de 2005. 2. En el plano que se adjunta, se define la alineación exterior sótanos/p. baja/p. pisos, a siete metros cincuenta centímetros (7,50 m) del eje de la Carretera Provincial 2604 PUXEIROS A LA E.P. MEIXOEIRO - CUVI. 3. Esta distancia (7,50 m.) no se conserva en la obra ya iniciadas en la parcela objeto del estudio de detalle (7,10 m. y 7,40 m. en los puntos externos). 4. Este informe es preceptivo, previo a la aprobación definitiva del estudio de detalle, por ser la Diputación, titular de uno de los viales a los que da frente." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Mos. ------ Folla: 14.13325.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota