ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/09/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-09-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/09/23_Ordinaria

  • Data(s) 2005-09-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e tres de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13343.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de setembro de 2005. ------ Folla: 2.13344.- CONCESIÓN DE AXUDAS PARA "ARRANXO DE VIVENDAS CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA. ANO 2005 Aprobadas por Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 23 de marzo de 2005 as Bases Reguladoras de Subvencións para Arranxo de Vivenda ano 2005, e á vista das solicitudes presentadas por familias dos Concellos de Agolada, A Guarda, Silleda, Tui, Baiona e Redondela, e do informe emitido por Intervención o 12-09-05 confirmando a existencia de consignación orzamentaria, acórdase por unanimidade: 1. Conceder as Axudas para Arranxo de Vivendas para os Concellos de Agolada, A Guarda, Silleda e Tui, por importe global de 17.810,71 segundo as porcentaxes de participación e contías individualizadas que obran no estadillo presente no expediente da súa razón. 2. Denegar a axuda solicitada por D. José Ramón Iglesias Méndez do Concello de Baiona, por renuncia expresa do mesmo, e as solicitadas por Dª Francisca Crespo Barros, Dª. Carmen Conde Giráldez e D. Ramón Rodríguez Covelo, do Concello de Redondela, por falta de documentación complementaria e superar o baremo de ingresos establecidos nas Bases Reguladoras da Convocatoria ------ Folla: 3.13345.- CONCESIÓN DE AXUDAS PARA "ASOCIACIÓNS DE SERVIZOS ESPECIALIZADOS". ANO 2005 Retírase da orde do día asunto relacionado coa concesión de axudas para "Asociacións de Servizos Especializados". Ano 2005 ------ Folla: 4.13346.- CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE UNIPERSOAL SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE, S.L. (SANOR, S.L.) Vistos os informes de Secretaría Xeral de 24 de agosto de 2005, de Intervención de 13 de setembro de 2005, do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e do Contrato de Prestación de Servizos, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó Contrato de Prestación de Servizos para a recollida de mostras de materias primas para alimentación animal en diferentes Portos de Galicia, segundo o establecido nas cláusulas do contrato. Dito contrato é como segue: "CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE UNIPERSOAL SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE S.L. (SANOR, S.L.) REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal como Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta segundo o artigo 34.1.b de la lei 7/85, de 2 de abril de Réxime Local. Doutra D. Ramón Collazo Trazar, con DNI 33.233.822-H, intervindo como Administrador de Seguridad Alimentaria del Noroeste S.L., domiciliada no Muelle de San Diego s/n, 15006 A Coruña e con CIF: B15982796. Ambas partes recoñécense con capacidade legal para contratar. ANTECEDENTES Que o estudo efectuado pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento do Rural de la Xunta de Galicia do ano 2002 sobre "O Sector de Alimentación Animal en Galicia" puxo de releve a gran variabilidade da fabricación de pensos, tanto en capacidade de producción e en controis de calidade como en seguridade alimenticia. Sendo unha das principais conclusións a de incrementar e unificar a Seguridade Alimenticia (S.A.) nas fábricas de pensos de Galicia. Como consecuencia, o sector, por medio da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC) e en colaboración con IMASDE AGROPECUARIA, S.L. levou a cabo diferentes accións para establecer un PLAN DE CONTROL DE SEGURIDADE ALIMENTICIA, froito deste traballo realizouse o programa gmp.GALIS que se presenta á convocatoria do Plan Galego de I+D+I constituíndose unha sociedade unipersoal de AGAFAC denominada SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE S.L. (SANOR). Tamén hai que ter presente a lexislación específica que estará en vigor durante 2002-2006 e son de aplicación tres regulamentos claves que expoñen o cambio na concepción da fabricación dos pensos, especialmente no sentido da hixiene e a obriga de traballos con criterios APPCC. Regulamento (CE) Nº 178/2002 Regulamento (CE) Nº 882/2004 Regulamento (CE) Nº 183/2005 MANIFESTAN a) Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra dispón dun Laboratorio de análise acreditado por ENAC que entre outras actividades efectúa análise de silos, pensos e materias primas, que está dotada de equipos, instalacións e persoal cualificado que lle capacita para actuar como Laboratorio coordinador no proxecto I+D+I gmp.GALIS. b) Que é desexo da empresa SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE S.L. (SANOR) ampliar o marco de colaboración coa Excma. Deputación a través do Laboratorio de Mouriscade dependente do Servizo Agrario na prestación dun servizo de toma de mostras das materias primas que entran vía portos en Galicia, segundo as seguintes CLÁUSULAS 1.- Tomaranse mostras das materias primas que entren polos portos de Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ribadeo con medios materiais e persoais que poña a Excma. Deputación para a realización de dita actividade. 2.- As mostras tomaranse mediante o sistema que se estableza por SANOR S.L. 3.- Por SANOR S.L., con antelación suficiente, disporase da programación de entrada de barcos para planificar a toma de mostras e as analíticas a realizar conxuntamente co Laboratorio de Mouriscade, onde se establecerá un orden de viaxe para a toma de mostras. No caso de que houbese barcos atracados en diferentes portos, por SANOR S.L. priorizarase a toma de mostras, tendo presente a programación efectuada da semana. 4.- Será por conta de SANOR S.L. a formación do persoal que tomará mostras nos portos así como a acreditación para efectuar dito traballo. 5.- Será por conta de SANOR S.L. o pago dos cargos que efectúe a Excma. Deputación. Nel figuran os gastos de persoal, dietas, horas fora da xornada normal de traballo, gastos de desprazamento do coche reenvío de mostras e material funxible estimándose un importe máximo ata o 31-12-2005 de quince mil corenta euros con noventa e cinco céntimos (15.040,95 ¤) segundo se manifesta en o ANEXO ECONÓMICO. 6.- Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra efectuarase a contratación dunha persoa por obra ou servizo ata o 31-12-2005 que será encargada da toma de mostras. 7.- A Excma. Deputación porá para a posta en marcha do servizo de recollida de mostras nos diferentes portos (Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ribadeo) unha furgoneta Vanette pertencente ó Servizo Agrario da Deputación matricula PO-2797-AK. 8.- Unha vez chegadas as mostras recollidas ó Laboratorio de Mouriscade, procederase ó cuarteado das mostras e remisión posterior das mesmas a diferentes laboratorios (Universidade da Coruña, LIGAL, CIAM, L. Pecuario de Lugo) mediante axencia de transporte. 9.- O material funxible, sacos, bolsas, papel, etc. que sexa necesario empregar para a identificación das mostras, a remisión, etc., como se mencionou, serán con cargo a SANOR, S.L. 10.- A responsabilidade que se derive, da toma de mostras efectuadas segundo o sistema adoptado por SANOR S.L., fronte a terceiros, será exclusivamente de dita empresa. 11.- Tómase ata o 31-12-2005 a duración do contrato de prestación de servizos podendo modificarse se se estima oportuno nos próximos anos as achegas a realizar por SANOR S.L. se fose necesario. 12.- O presente contrato de servizos empezará a producir os seus efectos a partir da data da sinatura e terá unha duración de ata o 31-12-2005 podendo prorrogarse por acordo de ambas partes estudiándose as novas achegas si fose necesario. 13.- O presente contrato poderá denunciarse por calquera de ambas partes por incumprimento das obrigas e con previo aviso dun mes. Como proba de conformidade asinan o presente contrato de prestación de servizos no lugar e data indicados. En Pontevedra a ....................................................... Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo: D. Rafael Louzán Abal Por SANOR S.L., Asdo: Ramón Collazo Trazar" ------ Folla: 5.13347.- CONSTRUCIÓN DUNHA BASE NÁUTICA NO CONCELLO DE CAMBADOS Vista a Certificación da Xunta de Goberno do Concello de Cambados, onde se solicita financiamento e execución con cargo ó Proxecto NEA (INTERREG III-A) pola Excma. Deputación dunha Base Náutica. Visto, o Proxecto cun presuposto total de execución por contrata de 60.000,00 ¤, vista a certificación do Secretario do Concello, da dispoñibilidade dos terreos, o informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e a retención de crédito RC nº 200500086682 por importe de 60.000,00 ¤ con cargo á partida 05/711.713.662.40. Acórdase por unanimidade ó financiamento das obras solicitadas polo Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de Cambados. ------ Folla: 6.13348.- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005 Visto o expediente tramitado o efecto para a contratación dos servizos de actualización do sistema de información e asistencia técnica para a elaboración da enquisa de infraestructura e equipamentos locais 2005. Vistos así mesmo, o documento RC de data 20-09-2005 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización emitidos ambos por Intervención. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 20 de setembro de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares. Acórdase por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación mediante concurso procedemento aberto para a contratación dos servizos de actualización do sistema de información e asistencia técnica para a elaboración da enquisa de infraestructura e equipamentos locais 2005, por un tipo máximo de licitación de cento sesenta e sis mil euros (166.000,00 ¤), IVE incluído. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 166.000,00 euros, con cargo á partida 05/911.911.227.06 do vixente Presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos referidos servizos, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ NO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O CONTRATO DE SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A contratación dos servizos de actualización do sistema de información xeográfico da enquisa de infraestructura e equipamentos locais (EIEL) dispoñible na Deputación, así como, a asistencia técnica para os traballos de elaboración da enquisa na súa fase 2005. Os traballos a realizar consisten en: ð Validación dos datos contidos na enquisa ð Recompilación de información de melloras efectuadas. ð Toma de datos da nova información requirida polo Ministerio de Administracións Públicas (MAP) no modelo 2005. ð Implementación de sistemas de información xeográfica (GIS) ó novo modelo 2005. ð Dixitalización da información. ð Paso das validacións esixidas polo MAP. ð Xeración das táboas da enquisa. ð Envío de táboas ó MAP. ð Aprobación da actualización polo MAP. ð Validación e toma de datos máis exhaustiva. ð Visitas en campo dos elementos máis significativos con escasa información achegada. ð Visitas no campo de control de calidade dos datos achegados polo concello. ð Edición dun CD polo concello coa información municipal recollida na enquisa. Un dos principais obxectivos consiste na posta ó día do inventario, relativo á enquisa de infraestructura e equipamentos locais, como ferramenta fundamental para coñecer a situación actual dos municipios e os seus estados de dotación. Da mesma maneira inclúese a adaptación do GIS existente, segundo novas especificacións, de modo que manteña a calidade da información e a súa correcta presentación, ademais de facilitar a súa posterior xestión e explotación durante a fase de 2005. Por todo isto se require a actualización do sistema de información de modo que cumpra coas condicións iniciais establecidas, tales como ser un sistema aberto e modularmente escalable que permite a posibilidade de futuras ampliacións e a incorporación de outros departamentos e servizos da Deputación, ademais da xestión de toda a información territorial do conxunto e de cada un dos municipios da provincia de Pontevedra. O proxecto divídese en dous servizos de interese para a Deputación Provincial de Pontevedra: 1. Adaptación do sistema de información xeográfico da EIEL que consiste na implementación das aplicacións SIG para a inclusión dos cambios introducidos polo Ministerio de Administracións Públicas segundo o novo modelo de datos 2005. 2. Asistencia técnica nos traballos de actualización da enquisa. No que se engloban os correspondentes labores para o cumprimento de todos os requisitos establecidos polo MAP. Con respecto á actualización do sistema segundo o novo modelo 2005, a implementación do sistema de información xeográfico debe basearse nas seguintes especificacións: a) A solución SIG debe basearse nunha solución que inclúa AutodeskMap2005 con ArcGis9 cunha base de datos espacial como repositorio da enquisa. A aplicación terá que ser modulable de forma que poida integrar aplicacións para a consulta de información sen necesidade de licenzas base ou xestores de informes e validacións. b) Debe cumprir o novo modelo de datos para a fase 2005 da EIEL, todo isto sen prexuízo para o mantemento de aquelas variables que, se ben foron eliminadas da nova enquisa, constitúen unha fonte de información adicional para a Deputación. c) O SIG implementado debe ser capaz de cumprir cos requisitos legais de forma áxil, permitir a actualización posterior de datos por parte da Deputación e facilitar a explotación da enquisa mediante mapas temáticos e informes. Con respecto á asistencia técnica nos traballos de actualización e unha vez adaptado o GIS ó novo modelo, deberase levar a cabo a actualización da información dispoñible na Deputación de forma que esta recolla a situación actual dos municipios, tendo en conta, tanto os proxectos executados dende a realización da fase anterior, como os novos datos a incorporar na enquisa. Tamén será preciso a carga da información gráfica e alfanumérica no sistema e a xeración das táboas a entregar ó Ministerio de Administracións Públicas de maneira que se cumpra con todos os requisitos legais esixidos. Neste sentido, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra actualmente dispón de: § Base de datos coa información alfanumérica. Esta base de datos segue o modelo marcado polo MAP na fase 2000. § Información cartográfica dos municipios da EIEL enquisados. Así mesmo proporcionarase a formación necesaria a Deputación para o manexo do sistema de información, segundo os cambios efectuados, de modo que sexa capaz de realizar a posterior xestión e actualización da enquisa de forma autónoma. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/911.911.227.06 do presuposto de gastos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación Provincial de Pontevedra e da seguinte forma: 1. O 40% do importe do contrato á finalización da actualización do sistema de información. 2. O 40% do importe do contrato á finalización da asistencia técnica. 3. O 20% do importe do contrato á recepción definitiva dos traballos por parte da Deputación incluíndo a aceptación dos datos por parte do Ministerio de Administracións Públicas. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo de entrega dos traballos é de 10 meses a contar dende o día seguinte á formalización do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de cento sesenta e seis mil euros (166.000,00 ¤) IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación (Grupo L, Subgrupo 3, Categoría B) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto, por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005 " Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual o con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA O CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005 " Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 del T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l.2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º del T.R. de la Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance o extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. 6.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial seguinte: (Grupo L, Subgrupo 3, Categoría B). 10.-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: § O Secretario Accidental da Corporación. § O Interventor Accidental da Corporación. § O Xefe do Servizo de Cooperación. SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que si coincidira en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación del concurso, por orden decrecente de importancia, serán los seguintes: 1) Idoneidade da solución proposta para a actualización da aplicación existente, ata 25 puntos. 2) Metodoloxía e plan de traballos proposto para a asistencia técnica, ata 20 puntos. 3) Equipo de persoal de traballo proposto para a execución do contrato, ata 20 puntos. 4) Melloras, ata 15 puntos. 5) Menor prezo ofertado, ata 10 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicándoo contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA .- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non deban imputarse á Administración. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 del TR de la LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido de la Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a via xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdicción, 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don................................, maior de idade, veciño de................., con domicilio en .....................titular do DNI/NIF Nº..................,expedido en data, en nome propio ou en representación de ..................con domicilio en ............., teléfono.............., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a prestación dos "SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005" comprométese a realizalos, con suxeición ós pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas. Polo prezo máximo de:__________Euros_________________(En nº e letra) § Solución proposta para a actualización da aplicación existente (Describir a mesma) § Metodoloxía e plan de traballos proposto para a asistencia técnica (Describir a mesma) § Traballos prestados en relación coa EIEL en diversas Deputacións (Relacionar os mesmos). § Equipo de traballo proposto (Relacionar o mesmo) § Melloras ofertadas (Relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 7.13349.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO De conformidade coa proposta de data 5 de setembro, polo cal o Xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para a asistencia a Reunión do Comité de Coordinación NEA que terá lugar os próximos días 26 e 27 de setembro en Cardiff (Reino Unido), acórdase por unanimidade, conceder a D. Carlos Bengoechea Peré o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 955,52 euros, desagregándose por conceptos tal e como a continuación se detalla: a) Desprazamentos: Pontevedra-Santiago-Pontevedra (coche propio) 23,08 ¤ Avión: Santiago Londres (ida e volta) 150,00 ¤ Londres-Cardiff-Londres (coche alugado) 200,43 ¤ Total 373,51 ¤ b)Dietas: Día 25 (1/2 manut. + Aloxamento:R.U.) 198,33 ¤ Días 26 e 27 (80 % dietas R.U.) 383,68 ¤ Total 582,01 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 25/711.713.230.01 de Dietas por importe de 582.01 ¤ e 05/711.713.231.01 de Desprazamentos por importe de 373,51 ¤. ------ Folla: 8.13350.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada do escrito do Interventor Delegado Territorial do Ministerio de Economía e Facenda manifestando que se procederá a realizar un control en relación cos expedientes dos Plans Provinciais de Cooperación de obras e servizos, exercicios 2001 a 2003, referido ás subvenciones percibidas en relación coas obras dos concellos de Porriño e Tui. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.13351.- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS DO POL 2005 Visto o escrito do Servizo de Cooperación polo que se da traslado da concesión de prórroga pola Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio para as Administracións Públicas para a contratación de diversas obras do POL 2005 ata o próximo día 1 de novembro, entre as que se inclúen as que son obxecto do presente expediente, e que se solicitada polo Servizo de Vías e Obras ante as dificultades xurdidas na definición do trazado e a toma de datos para a redacción dos proxectos; visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 16 dos correntes, polo que se prestou aprobación a diversos proxectos de obras incluídas no POL 2005, que máis adiante se detallan; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Acctal., relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso; visto o informe do Servizo de Contratación no que se propón dar ó expediente trámite de urxencia toda vez que as obras estarán contratadas antes do próximo día 1 de novembro o que de non producirse dará lugar á perdida das subvencións concedidas polo MAP para a execución das obras e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Acctal., acórdase por unanimidade: 1. Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16 dos correntes, polo que se aproban diversos proxectos do POL 2005 no sentido de que o importe do proxecto "EP 2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes)" é de 249.614,08 ¤, IVE incluído. 2. Aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de "Diversas obras do POL 2005" que a continuación se relacionan: 1.- E.P. Baredo á E.P. 2202 Baiona-Loureza (Baiona) 200.000,00 2.- E.P. 2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes) 249.614,08 3.- E.P. 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas) 280.000,00 4.- Ensanche Puente Loureza e E.P. Baiona-Loureza (Oia-Baiona) 348.000,00 As obras financiaranse con cargo á partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos obxecto do concurso por prazo de 15 días, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios y demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE DIVERSAS OBRAS DO POL 2005 1. OBXECTO. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das obras que se detallan na base 3ª deste prego, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2. FINANCIAMENTO DAS OBRAS. As obras obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto provincial. 3. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN. Os presupostos tipo de licitación son os que mais adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos nestes todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- E.P. Baredo á E.P. 2202 Baiona-Loureza (Baiona) 200.000,00 2.- E.P. 2803 Fornelos-Festín (Fornelos de Montes) 249.614,08 3.- E.P. 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas) 280.000,00 4.- Ensanche Puente Loureza e E.P. Baiona-Loureza (Oia-Baiona) 348.000,00 4. PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para a executar e rematar todas as obras incluídas nos proxectos será de: catro meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. PRAZO DE GARANTÍA. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6. FIANZAS. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. FORMA DE PAGAMENTO. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. A todas as certificacións de obra xuntarase a factura correspondente, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. PROPOSICIÓNS. O prazo para presentar as ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarse pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, esixíndose a seguinte: Obra nº 1: Grupo C, subgrupo 2, categoría c, Grupo E, subgrupo 1, categoría b; Grupo G, subgrupo 4, categoría a. Obras nº 2 y 4: Grupo C, subgrupo 2, categoría c e Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Obra nº 3: Grupo C, subgrupo 2, categoría d e Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - o secretario. - o interventor. - o enxeñeiro de Vías e Obras. SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ....ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. ADXUDICACIÓN definitiva. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. DEMORA NA EXECUCIÓN: Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estricta suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: Data e sinatura do propoñente 18. INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO. O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. RÉXIME XURÍDICO APLICABLE. En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de dereito privado." ------ Folla: 10.13352.- CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VALGA Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada por la Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras a executar mediante convenio co concello de Valga"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1. Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "Remate beirarrúas, servizos e alumeado en Baño (Valga)" na suma de 82.557,32 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 2.954,06 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2. Adxudicar a Obras y Construciones SISAN, S.L. a obra "Remate pavillón municipal de Veiro (Valga)" na suma de 159.013,38 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de cinco semanas, melloras valoradas en 18.564,49 ¤ e un período de mantemento de vinte e dous meses. Construcións, Obras e Viais, S.A. adxudicataria da obra "Remate beirarrúas, servizos e alumeado en Baño (Valga)", constituirá, de acordo co establecido no artigo 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe de 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso, incorre en baixa temeraria. Obras y Construcciones SISAN, S.L. constituirá unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación na forma que determina o art.36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declarará resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 207,82 ¤, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 415,64 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 11.13353.- CONCURSO PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL EN TRINTA CAMPOS DE FÚTBOL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Deputación Provincial na sesión do día 27 de abril de 2005, no que acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro e instalación de herba artificial en trinta campos de fútbol da provincia de Pontevedra para a promoción do deporte base, ata un importe máximo de 8.100.000,00 euros, autorizando dito gasto con cargo á partida 123.452.662.08 correspondente ós Presupostos provinciais dos anos 2005, 2006 y 2007. Resultando que o anuncio do concurso foi enviado para a súa publicación no suplemento ó Diario Oficial das Comunidades Europeas, o día 29 de abril de 2005, aparecendo publicado no suplemento do citado Diario o 6 de maio de 2005 e que así mesmo o anuncio de licitación foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 90 de data 11 de maio de 2005, no Diario Oficial de Galicia número 88 do 9 de maio de 2005 e no Boletín Oficial do Estado número 117 do 17 de maio de 2005. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 23 de xuño de 2005, procedeu á cualificación da documentación xeral e apertura das plicas presentadas polas empresas, UTE SIMA CCNES, S.A., GREEN FLORO, S.L., POLIGRÁS IBÉRICA, S.A.; OBRAS E PAVIMENTOS ESPECIAIS, S.A. (OPSA); CALFENSA; COMPOSÁN CONSTRUCCIÓN, S.A.; MOVEX VIAL, S.L.; DEMAIN, S.L.; o CORTE INGLÉS, S.A. e MONDO IBÉRICA, S.A., as cales foron admitidas ó concurso. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 22 de setembro de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa MONDO IBÉRICA, S.A., por resultar a oferta mais vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe técnico emitido polo Sr. Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras desta Deputación, de data 11 de setembro de 2005. Acórdase por unanimidade: - Adxudicar á empresa, MONDO IBÉRICA, S.A. (CIF A50308139), o concurso convocado para efectuar o subministro e instalación de herba artificial en trinta campos de fútbol da provincia de Pontevedra para a promoción do deporte base, polo prezo ofertado de trinta e sete euros con corenta e tres céntimos por metro cadrado de céspede artificial subministrado e instalado, (37,43 ¤/m2) IVE incluído, ata un importe máximo de 8.100.000,00 euros e coas melloras ofertadas pola empresa. A adxudicación a favor da empresa, MONDO IBÉRICA, S.A., motívase por resultar a oferta mais vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó concurso ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario ata un importe máximo de 8.100.000,00 euros, con cargo á partida, 123.452.662.08 correspondente ós presupostos provinciais dos anos 2005, 2006 e 2007, coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade de 2005 2.000.000,00 ¤ Anualidade de 2006 3.000.000,00 ¤ Anualidade de 2007 3.100.000,00 ¤ O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 324.000,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polo licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez se teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 47,77 euros, 218,90 euros e 813,83 euros (total 1.080,50 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial do Estado, respectivamente. ------ Folla: 12.13354.- CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CON CONCELLOS Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras a executar mediante convenio con diversos concellos"; visto o informe emitido polo enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "Renovación rodadura e dotación de servizos EP Gondomar-Peitieiro (Gondomar)" na suma de 577.950,05 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución tres meses, melloras valoradas en 71.388,77 ¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. 2.- Adxudicar a Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra "Mellora de trazado e servicios EP 2105 Panjón-Nigrán (Panjón-Monteferro) (Nigrán)" na suma de 297.604,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 21.000,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e cinco meses. 3.- Adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "Mellora rodadura e dotación de servizos EP acceso a Cean (Nigrán)" na suma de 955.432,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 135.828,60 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 4.- Adxudicar a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra "Urbanizacións en Moraña" na suma de 249.420,02 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 15.443,82 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 5.- Adxudicar a CONTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas en E.P. 9802 As Aceñas (Illa de Arousa)" na suma de 502.786,96 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 37.109,29 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 6.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra "Abastecemento, saneamento e pavimentación Avda. Peirao Besada en Lourido-San Salvador (Poio)" na suma de 274.714,76 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 34.410,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 7.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra "Urbanización, dotación de servizos e acondicionamento de diversas estradas (Cambados)" na suma de 480.585,32 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valores en 32.148,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. As adxudicatarias das obras nº1, 2 e 7, constituirán, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanzan a máxima puntuación , unha vez aplicados os criterio de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorren en baixa temeraria. As demais adxudicatarias constituirán unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p. As fianzas serán depositadas na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito se declarará resolto o contrato. Así mesmo, os adxudicatarios deben ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11º do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondentes á publicación de anuncios do concurso, no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu a un total de 596,53 ¤: CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a suma de 198,84 ¤; PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a suma de 132,56 ¤, e os restantes adxudicatarios a suma de 66,28 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de Xaneiro), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de Xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativo, e todo eso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente ------ Folla: 13.13355.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de xuño pasado, polo que se prestou aprobación ós convenios de colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta Deputación e o Concello de o Rosal para a reforma e ampliación do Auditorio, e entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta Deputación e o concello de Ribadumia para o remate do Auditorio Municipal, establecéndose en ditos convenios as achegas das administracións colaboradoras; vistos os proxectos correspondentes ás referidas obras remitidos por ditos Concellos; e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/451.451.662.10 nas anualidades de 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Reforma e ampliación do Auditorio (O Rosal)" por importe de 574.932,42 ¤, IVE incluído, que será financiado con cargo á partida 05/451.451-662.10 consonte ó seguinte detalle: Anualidade Conselleríade Xustiza Consellería de Cultura Deputación Total 2005 60.000,00 60.000,00 174.932,42 294.932,42 2006 8.000,00 60.000,00 68.000,00 2007 6.000,00 120.000,00 126.000,00 2008 15.000,00 15.000,00 2009 71.000,00 71.000,00 TOTAL 160.000,00 240.000,00 174.932,42 574.932,42 2.- "Centro Socio-Cultural y Juvenil Santa Eulalia (Ribadumia)" por importe de 986.729,47 ¤, IVE incluído, que será financiado con carto á partida 05/451.451.662.10 consonte ó seguinte detalle: Anualidade Conselleríade Xustiza Consellería de Cultura Deputación Total 2005 140.000,00 60.000,00 386.729,47 586.729,47 2006 8.000,00 120.000,00 128.000,00 2007 6.000,00 180.000,00 186.000,00 2008 15.000,00 15.000,00 2009 71.000,00 71.000,00 TOTAL 240.000,00 360.000,00 386.729,47 986.729,47 3.- A adxudicación das obras queda condicionada a que os Técnicos correspondentes adecúen os programas de traballo previstos nos proxectos ó financiamento das obras, de conformidade co previsto na Lei de Contratos das Administracións Públicas e o seu Regulamento. ------ Folla: 14.13356.- PROXECTO MODIFICADO DE "PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE TUI Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 28-05-2004, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado nº1 de "Pavillón Polideportivo de Tui" por importe de 926.188,75 ¤, que supoñía un incremento sobre o proxecto inicial de 154.309,41; visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 02-07-2004, polo que se adxudicou á empresa UTE OBRAL, S.L. - CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., a obra de "Proxecto modificado nº1 de Pavillón Polideportivo de Tui" na suma de 149.371,50 ¤, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial (3,2 %); e, visto o proxecto modificado de "Pavillón Polideportivo de Tui", cuxo importe ascende á suma de 926.188,75 ¤, redactado polo enxeñeiro director da obra como consecuencia de intentar un aproveitamento óptimo das instalacións e unha mellora no entorno que permita a urbanización, producíndose cambios nas medicións que non significan modificación orzamentaria e o que prestou conformidade a UTE adxudicataria, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "Pavillón Polideportivo de Tui", por importe de 926.188,75 ¤, toda vez que non se varía o presuposto da obra e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor da UTE OBREAL, S.L. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. ------ Folla: 15.13357.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO DE DETALLE UA-4 BELUSO DO CONCELLO DE BUEU Dada conta da comunicación da Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Bueu, de data 1 de setembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 027352, de data 06-09-05), pola que se remite documentación relativa ó estudo de detalle UA-4 Beluso, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 21 de setembro de 2005, que literalmente di: "... 1. Lo que en los Planos se define como "Camino Vecinal Beluso-Portela", se corresponde con la Carretera Provincial C.P. 1301 Alto da Portela-Beluso 2. Las alineaciones de bordillos y fachadas que dan al vial provincial serán las definidas en las Normas Subsidiarias municipais 3. La intersección que se produce debido a la apertura del nuevo vial, se señalizará horizontal y verticalmente de forma adecuada, teniendo especial cuidado con los giros a la izquierda que se puedan originar. 4. Se corregirá la definición del eje del tramo de Carretera Provincial que va desde la carretera autonómica PO-315 al paso de peatones, al objeto de que los carriles de circulación sean iguales. A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Bueu. ------ Folla: 16.13358.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición