ATOPO
Registros actuales: 1.625.388
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/10/14_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-10-14_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/10/14_Ordinaria

  • Data(s) 2005-10-14 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 15 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día catorce de outubro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 15 1.13395.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 7 de outubro de 2005. ------ Folla: 15 2.13396.- TRANSFERENCIAS ORZAMENTARIAS ENTRE PARTIDAS DO ORZAMENTO PROVINCIAL a) Aprobada pola xunta de Galicia o 15 de setembro de 2005, a Orde pola que se amplía a gratuidade de Libros de Texto nos Centros sostidos con fondos públicos, e aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 7 de outubro de 2005, a modificación das subvencións para Libros de Texto 2005, motivada pola devandita Orde, sendo a cantidade global concedida 39.046,08 ¤, prodúcese un remanente de crédito dispoñible na Partida orzamentaria 05/313.313.462.05, por todo o cal a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a transferencia de 53.000,00 ¤ da partida 05/313.313.462.05 "A Concellos. Material Escolar" á partida 05/313.313.480.02 "Atencións Asistenciais a Institucións Asistenciais" coa finalidade de completar as subvencións para Asociacións de Servizos Especializados ano 2005, que se presentaron en prazo e cumprindo os requisitos esixidos nas Bases reguladoras da súa convocatoria. b) Producido na partida orzamentaria 05/313.313.480.01 "Atencións Asistenciais a Familias. Vacacións en Paz", un remanente de crédito dispoñible de 12.000,00 ¤ ó non levarse a cabo tal proxecto por falta de coordinación entre as diferentes Delegacións do Pobo Saharauí; xerando na partida orzamentaria 05/313.323.462.00 "A concellos" outro remanente de crédito de 68.000,00 ¤ e existindo na partida 05/313.313.780.01 "Atencións Asistenciais a Familias, Vivenda" outro sobrante de crédito de 64.114,52 ¤; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a transferencia orzamentaria de 12.000,00 ¤ da partida 05.313.313.480.01; 68.000,00 ¤ da partida 05/313.323.462.00 e 14.851,74 ¤ da partida 05/313.313.780.01, á partida 05/313.313.227.20 "Traballos realizados por outras Empresas", coa finalidade de liquidar as contías do IPC anos 2003, 2004 e 2005 das sumas que lle concede esta Deputación ós Centros Benéficos Concertados, así como a contía principal do ano 2005 pendente de librarse por esta Excma. Corporación Provincial a tales Centros. ------ Folla: 15,16 3.13397.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA Vista a Resolución Presidencial número 6.382 de data 5 de maio de 2005, pola que se lle adxudicou á Librería Follas Vellas-Victor Manuel Fojo González (NIF 32.376.888-H), o subministro dunha colección única de discos de música galega, na cantidade global de 15.000,00 euros, todo iso motivado no grande interese desta Deputación Provincial en poder contar con esta colección de discos que recolle parte do patrimonio musical galego e debido así mesmo a que os dereitos da colección son propiedade de D. Víctor Manuel Fojo González. Resultando que para responder deste subministro o adxudicatario quedaba obrigado a constituír unha fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación por importe de 600,00 euros. Resultando que D. Víctor Manuel Fojo González mediante escrito de data 13 de xullo de 2005, solicitou a devolución da fianza correspondente ó subministro da colección única de discos de música galega que lle foi adxudicada por Resolución Presidencial número 6.382 de data 5 de maio de 2005 e que o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico emitiu informe favorable no sentido de que o obxecto do contrato cumpriuse de forma satisfactoria. Visto o informe de Intervención de data, 8 de agosto do ano en curso no que se deixa constancia do seguinte: "...Revisados los antecedentes de las operaciones contables relativas al tercero citado, se desprende que hasta el día de la fecha dicha fianza no fue constituida, sino que se dedujo del importe de la factura, por lo que puede aprobarse el pago de la citada cantidad, directamente al adjudicatario, por el órgano competente". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Prestar aprobación á devolución de garantía definitiva solicitada pola Librería Follas Vellas-Victor Manuel Fojo González (NIF 32.376.888-H), por importe de seiscentos euros (600,00 ¤), para responder do subministro dunha colección única de discos de música galega que lle foi adxudicado por Resolución Presidencial número 6.382 de data 5 de maio de 2005, así como efectuar o pago de dita cantidade, retida no seu momento do prezo do contrato, con cargo á partida 05/454.451.629.01, do vixente Orzamento provincial. ------ Folla: 16 4.13398.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2005" Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada por a Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras do POL e PPC 2005"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "Terminación ensanche e mellora E.P. 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro-Portas) (POL 2005)", na suma de 122.463,82¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de quince días, melloras valoradas en 19.792,18 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2.- Adxudicar CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. a obra "Ensanche e mellora E.P. 6202 Rodeiro-Osera (Rodeiro) (PPC 2005)" na suma de 144.500,00¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 13.000,00¤ e un período de mantemento de tinta e cinco meses. 3.- Adxudicar Pavimentos de Meaño, S.L. a obra "EP 0397 Peso-Caroi (A Lama) (PPC 2005)" NA SUMA DE 229.600,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 13.984,55 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. As adxudicatarias constituirán, de acordo co establecido no artigo 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20 % do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicado os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorren en baixa temeraria. As fianzas serán depositadas na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 127,59 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 382,77 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 16,17 5.13399.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "Reforzo rodadura E.P. Rebullón-CUVI e E.P. Puxeiros-Rebullón (Mos)" na suma de 197.927,95 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de quince días, melloras valoradas en 24.720,89 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2.- Adxudicar CONSTRUCCIONES TABOADA E RAMOS, S.L., a obra "Melloras E.P. 2906 Os Valos Guizan (Mos)" na suma de 98.432,00¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 6.000,00¤ e un período de mantemento de trinta e cinco meses. A empresa adxudicataria da obra nº 1 constituirá, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000 de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso, incorren en baixa temeraria. A empresa adxudicataria da obra nº2 constituirá unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P. que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 185,59¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no B.O.P. e D.O.G que ascendeu a un total de 371,18¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 17 6.13400.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SANXENXO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "REDE DE SANEAMENTO EN BARREIRO DE ARRIBA (DORRÓN)", INCLUÍDA NO PAM/04 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Sanxenxo, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/04, co número 34/71, denominada "Rede de saneamento en Barreiro de Arriba (Dorrón), subvencionada con 59.715,81 ¤, por Resolución Presidencial de 30-03-04. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31-10-06, con carácter improrrogable. ------ Folla: 17 7.13401.- INFORME SECTORIAL EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 8 DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE CAMBADOS Dada conta da comunicación do concello de Cambados, de data 8 de setembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 027753, de data 09/09/05), pola que se remite copia do expediente sobre modificación puntual nº8 das Normas Subsidiarias do concello de Cambados, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 7 de outubro de 2005, que literalmente di: "De acuerdo con el punto 4.8.6- del mencionado documento y en relación con la posible afección a la Estrada Provincial 9002 (Fefiñans-Oubiña), en el correspondiente desarrollo se deberá estar a lo establecido en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreterras Provinciales. En la fase actual puede emitirse informe favorable." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Cambados. ------ Folla: 17,18 8.13402.- INFORME SECTORIAL EN RELACIÓN CO PLAN DE SECTORIZACIÓN DE FREIXEIRA DO CONCELLO DE FORCAREI Dada conta da comunicación do concello de Forcarei, de data 6 de setembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 027755, de data 09/09/05), pola que se remite copia do expediente sobre Plan de Sectorización de Freixeira do concello de Forcarei, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 7 de outubro de 2005, que literalmente di: "Si bien el mencionado Plan de Sectorización está próximo a la Red Provincial de Carreteras, y de acuerdo con documentación remitida no tiene en estos momentos una conexión directa con la misma por lo que al no existir afección alguna éste Organismo no encuentra motivo para establecer ningún juicio negativo sobre el determinado Plan. En cualquier caso y si a raíz del desarrollo de la zona mencionada se hiciese preciso habilitar un acceso a cualquiera de las Vías Provinciales que pudieran afectarle se deberá remitir el correspondiente Proyecto a este Servicio a fin de proceder a su informe y valoración." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Forcarei. ------ Folla: 18 9.13403.- INFORME SECTORIAL EN RELACIÓN CON PLAN DE SECTORIZACIÓN DE VILAPOUCA DO CONCELLO DE FORCAREI Dada conta da comunicación do concello de Forcarei, de data 6 de setembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 027754, de data 09/09/05), pola que se remite copia do expediente sobre Plan de Sectorización de Vilapouca do concello de Forcarei, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 7 de outubro de 2005, que literalmente di: "Dado que la documentación remitida se establecen las referencias a la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, en todo aquello que afecta a las Carreteras de la Red Provincial, por parte de este Servicio se emite informe favorable." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Forcarei. ------ Folla: 18,19 10.13404.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO UN EMPREGADO E CONVALIDAR A DE OUTROS DOUS a) De conformidade á proposta presentada o 29 de setembro de 2005, pola cal a xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que D. Lois Manuel Juncal Sampedro, Técnico Local de Emprego, poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, ó Seminario "Acciones Esperimentales de Promoción de Empleo en el Sector Termal", que terá lugar os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro en Ourense, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, e virtude das facultades que confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2586/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a D. Lois Manuel Juncal Sampedro o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 74,42 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: Desprazamento: (Coche propio) Pontevedra-Ourense-Pontevedra (250 km) 48,09 ¤ Autopista 8,00 ¤ TOTAL 56,09 ¤ Dietas: ½ manutención 18,33 ¤ TOTAL 18,33 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/313.313.231.01 de locomoción, por importe de 56,09 ¤ e 05/313.313.230.01 de dietas, por importe de 18,33 ¤. b) De conformidade á proposta presentada no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 2 de febreiro de 2005, pola que a xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que Dona Remedios Pérez González, Técnico de Apoio do Proxecto "Mercurio", poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, ás xornadas de traballo organizadas pola "Unidad Administradora del Fondo Social Europeo" e que terá lugar os próximos días 5 e 6 de outubro en Gijón, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, e virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2586/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona Remedios Pérez González o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 684,72 euros, autorizando a elevar a contía da dieta por aloxamento ata o importe realmente gastado, posto que en calquera caso considerarase dita contía gasto elixible dentro do Proxecto; estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: Desprazamento: Avión: Vigo-Madrid-Oviedo-Madrid-Vigo 247,88 ¤ Taxi: Pont.-Vigo-Pont.. e Oviedo-Gijón-Oviedo 300,00 ¤ TOTAL 547,88 ¤ Dietas: Día 5: (½ manutención e aloxamento) 100,18 ¤ Día 6: (manutención) 36,66 ¤ TOTAL 136,84 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/313.623.230.01 de dietas por importe de 136,84 ¤ e 05/313.623.231.01 de locomoción por importe de 547,88 ¤. c) De conformidade ó escrito polo Interventor Accidental desta Excma. Deputación solicitando para que a funcionaria Dona Inés Vereterra Gutiérrez-Maturana poida asistir ó Seminario sobre a "Ley General de Subvenciones" que terá lugar os próximos días 25 e 26 de outubro en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, e virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2586/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona Inés Vereterra Gutiérrez-Maturana o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.182,38 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: Desprazamento: Avión: Vigo-Madrid-Vigo 150,00 ¤ Pontevedra-Vigo-Pontevedra (60 km coche propio) 11,54 ¤ Autopista 6,00 ¤ Taxi (aeroporto-hotel) ida e volta 30,00 ¤ TOTAL 197,54 ¤ Inscrición: Inscrición seminario 984,84 ¤ TOTAL 984,84 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/611.611.231.01 de locomoción, por importe de 197,54 ¤ e 05/122.314.162.00 da inscrición ó Seminario, por importe de 984,84 ¤. ------ Folla: 19,20 11.13405.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse contas das seguintes: a) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, polo que se acepta o desestimento e se ordena o arquivo das actuacións no recurso interposto por Don Otilio González Álvarez contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 897,63 ¤, ordenándose, en consecuencia, o arquivo das actuacións, atendendo as alegacións formuladas polos Servizos Xurídicos desta Deputación en escrito de 1 de xullo de 2005 no que se poñía de manifesto a extemporaneidade na presentación do recurso por parte do demandante. b) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra en Procedemento Abreviado 160/2004, polo que se estima o recurso de súplica interposto polos Servizos Xurídicos desta Deputación contra liquidación de xuros legais en execución de sentenza, atendendo así as alegacións da Deputación sobre o cálculo erróneo efectuado pola representación dos demandantes. O Auto considera que debe prevalecer a tese da Deputación no sentido de que os xuros soamente deben computarse ata que o requirido de pago manifesta a súa vontade expresa e terminante de efectualo, o que cumprimentou a Deputación co dictado de Resolución Presidencial e notificación ó interesado, prevalecendo esta data á do pago efectivo. c) A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario núm. 101/04, promovidos por Don José Carlos Campo Domínguez contra o Concello de Mos sobre demolición de nave industrial sita no nº 19 do barrio de Portela (Tameiga), do Concello de Mos, e na que se estima o recurso presentado, anulando o expediente de reposición de legalidade. Dita sentenza é susceptible de recurso de apelación, acordándose non plantexalo por parte do demandado no procedemento, que pode reiniciar o expediente sancionador. A Deputación só ostentaba a calidade procesal de interesada nos Autos pola proximidade da nave obxecto de litixio a unha estrada provincial, e considerando o reinicio do expediente acórdase a non presentación de recurso. d) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 154/05 promovidos contra esta Deputación por Don Ubaldo Bautista Bugarín, e na que se desestima o recurso presentado contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 4.042,12 ¤, absolvendo a este organismo de toda responsabilidade por entender o xulgador que a causa do accidente non pode achacarse á falta de conservación e mantemento da estrada provincial. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. e) Dada conta de que con data 4 de outubro de 2005 notifícase sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado núm. 122/2005 promovidos por D. Jesús González Rodríguez contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico solicitando indemnización por importe de 475,54 ¤ e na que se estima en parte o recurso, condenando á Deputación ó pago da citada indemnización, se ben sen atender a petición de actualización da indemnización conforme ó índice de prezos ó consumo e xuros legais, de conformidade co ordenado na sentenza. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida de 475,54 ¤ a favor de Don Jesús González Rodríguez, que se concreta, unha vez sumados os xuros legais que ascenden a 19,78 ¤, segundo informe da Intervención na cantidade de 495,32 ¤. e con cargo á partida orzamentaria 05/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo. ------ Folla: 20 12.13406.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 20,22 13.13407.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SILLEDA PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE OUTEIRIÑO Visto que a Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestructuras deportivas da provincia. Considerando o artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Silleda para instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, ambos de data 11 de outubro de 2005. A Xunta de Goberno acordo por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Silleda para a instalación dun campo de fútbol de céspede artificial de última xeración no campo de Outeiriño Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SILLEDA PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE OUTEIRIÑO Pazo da Deputación Provincial, .... de ............. de 2005 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. D. José Fernández Viéitez, alcalde-presidente do Concello de Silleda, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de Medidas de modernización do goberno local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de réxime local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva destes, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de cultura física e deportes, prestou unha especial atención á promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos organismos internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Outeriño, no concello de Silleda. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades) · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades) · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades) · Bancos de suplentes (2 unidades) · Un marcador · Asentos (200 unidades) Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Silleda comprométese ás seguintes obrigas: 1- Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros por campo, de conformidade coas cantidades e anualidades que se establecen de seguido: Anualidade 2005 2006 2007 Cantidade 30.050,61 ¤ 30.974,70 ¤ 30.974,69 ¤ Investimento total 92.000,00 ¤ En caso de non ingresar nos prazos establecidos a porcentaxe que lle corresponde, autorízase á Deputación a descontar a cantidade da participación que de fondos provinciais lle poida corresponder ó concello. 2- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producido por unha modificación do proxecto inicial, será financiado polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a institución provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do dito convenio. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á xurisdición contencioso-administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincialde Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello de Silleda José Fernández Viéitez" ------ Folla: 22,25 14.13408.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FIGUEROA A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestructuras deportivas da provincia. Considerando o artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello da Estrada para instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, de data 13 e 14 de outubro de 2005, respectivamente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello da Estrada para a instalación dun campo de fútbol de céspede artificial de última xeración no campo de Figueroa. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FIGUEROA No Pazo da Deputación Provincial, .... de ............. de 2005 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. D. Ramón Campos Durán, alcalde-presidente do Concello da Estrada, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de Medidas de modernización do goberno local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de réxime local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva destes, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de cultura física e deportes, prestou unha especial atención á promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos organismos internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Figueroa, no concello da Estrada. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades) · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades) · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades) · Bancos de suplentes (2 unidades) · Un marcador · Asentos (200 unidades) Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello da Estrada comprométese ás seguintes obrigas: 1- Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros por campo, de conformidade coas cantidades e anualidades que se establecen de seguido: Anualidade 2005 2006 Cantidade 12.000,00 ¤ 80.000,00 ¤ Investimento total 92.000 ¤ En caso de non ingresar nos prazos establecidos a porcentaxe que lle corresponde autorízase á Deputación a descontar a cantidade da participación que de fondos provinciais lle poida corresponder ó concello. 2- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producido por unha modificación do proxecto inicial, será financiado polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que a financiamento da súa construción, o 75% a institución provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2006. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do dito convenio. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á xurisdición contencioso-administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincialde Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello da Estrada Ramón Campos Durán" ------ Folla: 25 15.13409.- XESTIÓNS EFECTUADAS POLA INTERVENCIÓN E ASESORÍA XURÍDICA CO FIN DE ASINAR ACORDO POLA PRESIDENCIA TENDENTE A MINORAR CANTIDADE QUE A DEPUTACIÓN VEU CONDENADA A PAGAR POR SENTENZA Vista pola Xunta de Goberno a sentenza do TSXG dictada nos autos de recurso contencioso-administrativo nº02/0004.1110/2001 seguidos a instancias de "OBRASCÓN HUARTE LAÍN, S.A." na que se condena a Deputación o pago de 151.214,65 euros máis os xuros legais, concretados en 176.362,00 euros, o que supón unha cantidade de 327.577,57 euros. Resultando que segundo informe verbal da Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica a interposición do recurso de casación arriscaría a Deputación ó pago da devandita cantidade e, con moitas posibilidades, a unha moito maior polo transcorrer do tempo namentres o recurso non fose resolto, iso sen contar a hipotética condena en costas a que tamén deviría exposto o ente provincial, todo o cal resulta apoiado pola Letrada que ostentou a dirección técnica do asunto que non garante o éxito do recurso. Resultando que na Xunta de Goberno do día 30 de setembro polo Sr. Presidente comisionouse "in voce" ó Sr. Interventor e ó Sr. Asesor Xurídico para desenvolver xestións perante os demandantes coa finalidade de acadar o acordo máis beneficioso posible para os intereses económicos da Deputación, xestións que se desenvolveron co Letrado da constructora, Don Álvaro Serrano, acadándose un principio de acordo a medio de Fax concretado no pago dentro do primeiro trimestre do exercicio orzamentario de 2006 de 180.303,63 ¤, e dicir, 147.273,94 euros menos do que a Deputación viña obrigada a pagar e á que a Constructora tería dereito en execución de sentenza, contraprestando, pola súa banda a Deputación a renuncia á interposición do recurso de casación perante o Tribunal Supremo. De chegar ó 31 de marzo sen facerse efectivo o pago dos 180.303,63 euros, a Construtora tería dereito ós xuros devengados e recoñecidos na sentenza, é dicir, 176.362,00 euros Considerando os artigo 34, apartado 1, subapartados "a", "b", "f", "i" e "k" da Lei 7/85, 111 do Real decreto lexislativo 781/86 e 61, facultades 1, 2, 11, 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2568/86 que aprobou o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, en relación co artigo 35.2 "a" da xa citada Lei 7/85 a Xunta de Goberno ACORDA Facultar ó Sr. Presidente para a sinatura de acordo coa empresa "OBRASCÓN HUARTE LAÍN" mediante o cal a Deputación renuncia a interposición do recurso de casación nos autos dos que se fixo mérito comprometéndose ó pagamento de 180.303,63 dentro do primeiro trimestre do exercicio orzamentario de 2006, e o devandito fin deberá ser incluída tal cantidade no Proxecto de Orzamento do ano 2006, iso en cumprimento do artigo 168.1 da Lei Reguladora de Facendas Locais. ------ Folla: 25 16.13410.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición