ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/11/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-11-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/11/11_Ordinaria

  • Data(s) 2005-11-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 75 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as doce horas do día once de novembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 75 1.13469.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de novembro de 2005. ------ Folla: 75 2.13470.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 7 de novembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200500001119 e que contén cento vinte e nove facturas, sendo a primeira correspondente a Climatizaciones Juan Rodríguez, S.L., por importe de 600,00 ¤ e a derradeira a Pavimentos de Meaño, S.L., por importe de 929,68 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe Total 241.498,07 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 604,38 ¤ Total Líquido 241.985,25 ¤ ------ Folla: 75 3.13471.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO Visto o expediente de persoal tramitado fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do disposto no artigo 176 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, recoñecer crédito para o aboo do seguinte gasto de persoal con cargo á correspondente partida do Presuposto provincial: DESPRAZAMENTOS - PERSOAL DE EMPLEOCITIES Código Apelidos e nome Centro Importe 11356 Otero Sérrano, David Palacio 278,00 ¤ Partida Orzamentaria: 05/711.711.231.01 Importe Total: 278,00 ¤ Partida Orzamentaria: 05/711.711.231.01 ------ Folla: 75 4.13472.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS EN CIENCIAS DO MAR, BIOLOXÍA, BIOQUÍMICA, QUÍMICA, FARMACIA E VETERINARIA CON DESTINO Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS Retírase da orde do día asunto relativo adxudicación de dúas bolsas de Licenciado en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria con destino ó Instituto de Investigacións Mariñas. ------ Folla: 75 5.13473.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 75,77 6.13474.- CONTRATO PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE COOPERATIVA SERAGRO Dado o interese que manifesta a Sociedade Cooperativa SERAGRO na realización de traballos de investigación concretamente na mellora da eficiencia de produción de leite mediante a maior inclusión de forraxe nas racións. Resultando que a Deputación de Pontevedra a través do Laboratorio sito na Finca Mouriscade ten experiencia probada nas citadas actividades de alimentación de gando ademais de posuír medios e persoal para a súa realización. Resultando que o citado Convenio terá unha duración de tres anos e suporá para a Deputación uns ingresos de 5.500 ¤ + IVE (2005), 11.000 ¤ + IVE (2006) e 4.400 ¤ + IVE (2007). Vistos os informes do secretario xeral de data 10/11/2005 e do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 10/11/2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: - Aprobar o "Contrato para a realización de traballos de investigación e desenvolvemento entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Sociedade Cooperativa Seragro" e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito contrato é como segue: "CONTRATO PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO ENTRE EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE COOPERATIVA SERAGRO En Pontevedra, ......................... COMPARECEN Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, con CIF P3600000-H, e enderezo en r/ Montero Rios, s/n, 36071 Pontevedra, no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta, segundo o art. 34, 1, b da Lei 7/85 do 2 de abril de Bases de réxime local. De outra parte, Seragro Sociedade Cooperativa Galega con C.I.F. F-15771793, e enderezo en Rúa Castiñeiras, nave 112-A2 Polg. Ind. Novo Milladoiro 15895 Ames - A Coruña, e no seu nome e representación D. Rogelio Grille Barbeira con D.N.I. 33258754-H, actuando en calidade de Presidente. Ambos representantes, recoñecéndose mutuamente capacidade xurídica suficiente, subscriben en nome das súas respectivas entidades o presente contrato e, ó efecto EXPOÑEN PRIMEIRO.-Que a "Ley de Fomento y Coordinación General de la Investigación Científica y Técnica de 14 de Abril de 1986 (Ley 13/1986)" e a "Lei de Fomento da Investigación e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia de 6 de agosto de 1993 (Lei 12/1993)", constitúen un marco de referencia para promover a colaboración dos organismos públicos de investigación e as empresas. SEGUNDO.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra é unha entidade que desenvolve actividades de Formación, Investigación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, estando interesada en colaborar cos sectores socioeconómicos para asegurar un dos fins da formación e a investigación, que é a innovación e a modernización do sistema productivo. TERCEIRO.-Que Seragro é unha empresa dedicada á dar servizo de alimentación. CUARTO.- Que Seragro presenta unha solicitude de axuda para a realización do proxecto "MEJORA EN LA EFICIENCIA DE PRODUCCIÓN DE LECHE MEDIANTE LA MAYOR INCLUSIÓN DE FORRAJE EN LAS RACIONES" dentro da convocatoria correspondente ó PROGRAMA DE RECURSOS AGROPECUARIOS convocadas no anexo I de febreiro de 2005 (D.O.G. 10/02/05) dito proxecto foi aprobado (D.O.G. 05/08/05) PGIDIT05RAG003E. QUINTO.- Que o Laboratorio de Mouriscade ten experiencia probada en actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico relacionadas coa alimentación do gando, estando por iso Seragro interesada en contratar os seus servizos para o correcto desenvolvemento do proxecto anteriormente referido. E en consecuencia, ambas partes acordan as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO DO CONTRATO O obxecto deste Contrato é regular a colaboración de Seragro e Laboratorio de Mouriscade para a realización dos traballos de investigación do Proxecto titulado "MEJORA EN LA EFICIENCIA DE PRODUCCIÓN DE LECHE MEDIANTE LA MAYOR INCLUSIÓN DE FORRAJE EN LAS RACIONES" presentado por Seragro no marco do PGIDT. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN DO PROXECTO A Excma. Deputación de Pontevedra acepta realizar esta investigación de acordo co plan de traballo, persoal e presuposto de gastos que no seo día foi presentado. TERCEIRA.- DURACIÓN A duración prevista para o desenvolvemento dos traballos de investigación será de tres anos, contándose como data de inicio do mesmo aquela na que o proxecto foi aprobado oficialmente. CUARTA.- RESPONSABILIDADE E SEGUIMENTO DO PROXECTO O proxecto será desenvolvido por un equipo do Laboratorio de Mouriscade baixo a dirección da Directora do mesmo María Hermida Ferro e por parte da empresa a D. Adolfo Alvarez Aranguiz. QUINTA.- EMISIÓN DE INFORMES O Laboratorio informará a Seragro da marcha dos traballos para o que remitirá informes periódicos para a xustificación ante o organismo financiador. Rematado o proxecto emitirá un informe final establecendo as conclusións ás que se chegue no mesmo. SEXTA.- IMPORTE E CONDICIÓNS DE PAGAMENTO Como contraprestación para a realización do proxecto, SERAGRO comprométese a aboar á Deputación de Pontevedra a cantidade de 20.900,00 Euros (Vinte mil novecentos), a este importe debemos incrementarlle o IVE que lle corresponda, que se fará efectiva con arranxo as seguintes condicións : - Ano 2.005 5.500 Euros + IVE - Ano 2.006 (Antes do 30 Set.) 11.000 Euros + IVE - Ano 2.007 (Antes do 30 Set.) 4.400 Euros + IVE Estas cantidades faranse efectivas na c/c nº 2080.0401.68.0040106618 de CAIXANOVA, sita en Pontevedra, contra factura dirixida a nome de Seragro. SÉTIMA.- CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN E DOS RESULTADOS Cada unha das partes se compromete a non difundir, baixo ningún aspecto, as informacións científicas ou técnicas propiedade da outra parte ás que tivo acceso no desenvolvemento do proxecto de IDT obxecto deste contrato, sempre que ditas informacións non sexan de dominio público. Os datos e informes obtidos durante a realización do proxecto, así como os resultados finais, terán carácter confidencial. Cando unha das partes desexe utilizar os resultados parciais ou finais, en parte ou na súa totalidade, para a súa publicación como artigo, conferencia, etc. deberá solicitar a conformidade da outra parte por escrito, mediante carta certificada dirixida ó responsable da mesma no seguimento do proxecto. A outra parte deberá responder nun prazo máximo de trinta (30) días, comunicando a súa autorización, as súas reservas ou a súa desconformidade sobre a información contida no artigo ou conferencia. Transcorrido dito prazo sen obter resposta, entenderase que o silencio é a tácita autorización para a súa difusión. Tanto en publicacións como en patentes, respectarase sempre a mención ós autores do traballo. En calquera dos casos de difusión de resultados farase sempre referencia especial ó presente contrato E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por triplicado o presente documento no lugar e data enriba indicados. Pola Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal Por Seragro S.C.G. D. Rogelio Grille Barbeira" ------ Folla: 77,78 7.13475.- ENTREGA DE MAQUINARIA A MANCOMUNIDADES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 27 de abril de 2005, polo que se aprobou o expediente de modificación de créditos número 1/2005, dentro do vixente Presuposto provincial, no que figuraba a partida 05/511.511.662.09, dotada con 622.047,00 euros, destinada á adquisición de diversa maquinaria para a súa posterior entrega a Mancomunidades da Provincia de Pontevedra. Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación na sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2005 aprobou ambos expedientes de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de dúas motoniveladoras, dous rolos compactadores-vibradores e dúas cargadoras retroescavadoras. Resultando que o anuncio do concurso correspondente ó subministro de dous rolos compactadores-vibradores e dúas cargadoras retroescavadoras foi publicado no B.O.P. número, 119 e no DOG número 121 de datas 22 e 24 de xuño de 2005, respectivamente, e que o anuncio do concurso correspóndente ó subministro de dúas motoniveladoras foi enviado para a súa publicación no suplemento ó Diario Oficial das Comunidades Europeas, o día 17 de xuño de 2005, aparecendo publicado no suplemento do citado Diario o 21 de xuño de 2005, así mesmo o anuncio de licitación foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 121 de data 24 de xuño de 2005, no Diario Oficial de Galicia número 137 do 18 de xullo de 2005 e no Boletín Oficial do Estado número 156 do 1 de xullo de 2005. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 30 de setembro de 2005 acordou adxudicar os citados concursos ás seguintes empresas: · Á empresa BERAUTO MOTOR, S.L. (CIF B-36872042), o concurso convocado para efectuar o subministro de dúas motoniveladores, pola cantidade global de trescentos dezanove mil euros (319.000,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 159.500,00 euros por cada motoniveladora. · Á empresa COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (CIF B-36137099), o lote número 1 do concurso correspondente ó subministro de dous rolos compactadores-vibradores, pola cantidade global de cento vinte mil cento setenta e seis euros (120.176,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 60.088,00 euros por cada rolo compactador-vibrador. · Á empresa COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (CIF B-36137099), o lote número 2 do concurso correspondente ó subministro de dúas cargadoras retroescavadoras 4x4, pola cantidade global de cento vinte e dúas mil catrocentos noventa e seis euros (122.496,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 61.248,00 euros por cada cargadora retroescavadora 4x4. Resultando que a "Mancomunidade de concellos do Val Miñor" e a "Mancomunidade de Terras de Deza", teñen carencia de maquinaria para realizar os servizos de conservación de estradas e camiños dentro dos respectivos territorios dos municipios que forman parte das mesmas. Considerando que o artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases de réxime local, atribúe entre as competencias das Deputacións Provinciais, a cooperación coas entidades locais para que estas poidan prestar os servizos que teñen encomendados e dada a finalidade coa que foi adquirida a citada maquinaria. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Destinar á "Mancomunidade de Terras de Deza" da que forman parte os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces e á "Mancomunidade de concello do Val Miñor", formada polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, a maquinaria correspondente ós concursos convocados para contratar o subministro de dous rolos compactadores-vibradores, dúas cargadoras retroescavadoras e dúas motoniveladoras, os cales foron adxudicados na sesión do día 30 de setembro de 2005 ás empresas, Comercial Custodio, S.L. e Berauto Motor, S.L. 2. Unha vez sexan recibidas as máquinas por esta Deputación Provincial, a cada unha das Mancomunidades citadas faráselle entrega dun rolo compactador-vibrador, unha cargadora retroescavadora e unha motoniveladora. 3. A "Mancomunidade de Terras de Deza" e a "Mancomunidade de Concellos do Val Miñor", quedan obrigadas á conservación e mantemento da maquinaria que lle sexa entregada, así como a asumir os gastos correspondentes a seguros e impostos. ------ Folla: 78,79 8.13476.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DO DE "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN LEIRADO (SALVATERRA)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 19/11/2004, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a obra de "Acondicionamento do entorno do Pavillón Polideportivo en Leirado (Salvaterra)" na suma de 77.812,00 euros, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o día 16/09/2005, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 05/123.452.662.00, ó proxecto modificado nº1 de dita obra por importe de 84.856,75 ¤, supoñendo un incremento sobre o importe de adxudicación da obra inicial de 7.044,75 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos que figuran no proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Acctal., en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor Acctal., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado nº1 de "Acondicionamento do entorno do Pavillón Polideportivo en Leirado (Salvaterra)" na suma de 7.044,75 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 79,80 9.13477.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS DO CONCURSO CONVOCADO PARA O ANO 2005 Vista a proposta formulada polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 11 de outubro de 2005, para a contratación da ampliación do subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2005, ata un máximo de 27.000,00 euros, ó resultar insuficiente a cantidade máxima autorizada no concurso para facer fronte á demanda de material de sinalización e seguridade diverso que precisa o Parque de Maquinaria para o que resta do ano. Visto o documento RC Expedido por Intervención de data 25/10/2005 e número de operación 200500097935, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto por importe de 27.000,00 euros. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación de data 04/11/2005, propoñendo a adxudicación da ampliación de dito subministro á mesma empresa adxudicataria do concurso do ano 2005, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes favorables do Secretario Xeral de data 09/11/2005 e de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 11 de novembro de 2005. De conformidade co disposto no artigo 189 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administración Públicas, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda: - Adxudicar á empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (SEBAGASA) (CIF A-36.617.942), a ampliación do subministro do material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2005, ata un importe máximo de 27.000,00 euros, IVE incluído, polos mesmos prezos unitarios ofertados no concurso que lle foi adxudicado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 20 de maio de 2005, e que son os seguintes: SINAIS DE PERIGO TIPO P SINAL TRIANGULAR DE 90 cm lado a 33,02 ¤ud SINAL TRIANGULAR DE 135 cm lado a 67,26 ¤ud SINAL TRIANGULAR DE 70 cm lado (tipo TP) a 27,35 ¤ud OCTÓGONOS SINAL STOP DE 60 cm a 33,44 ¤ud SINAL STOP DE 90 cm a 58,51 ¤ud SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R SINAL CIRCULAR DE 60 cm a 32,84 ¤ud SINAL CIRCULAR DE 90 cm a 54,34 ¤ud SINAL CIRCULAR DE 60 cm (tipo TR) a 25,05 ¤ud SINAIS DE INDICACIÓN XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 SINAL CADRADO DE 60 X 60 a 29,25 ¤ud SINAL CADRADO DE 90 X 90 a 56,62 ¤ud SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 a 51,32 ¤ud SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 a 99,48 ¤ud FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVOS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN DE FRECHA a 143,00 ¤m2 DE CARTEL a 143,00 ¤m2 PLACAS COMPLEMENTARIAS 60 X 20 a 20,47 ¤ud 60 X 30 a 24,66 ¤ud 50 X 16 a 17,67 ¤ud 40 X 20 a 7,67 ¤ud PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL 195 X 95 a 90,44 ¤ud 195 X 45 a 54,39 ¤ud 160 X 40 a 45,66 ¤ud 80 X 40 a 26,60 ¤ud VARIOS DE POSTE DE 80X40X2 a 7,52 ¤ ml DE POSTE DE 100X50X3 a 10,45 ¤ ml DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X15a 0,05 ¤ud DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X55a 0,07 ¤ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 60 E TRIÁNGULOS DE 90 a 14,47 ¤ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 90 ETRIÁNGULOS DE 1,35 a 17,73 ¤ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA TRIÁNGULOS DE 70 a 14,47 ¤ud DE PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA a 17,73 ¤ud DE VALO CON PÉS (un panel) 165x20 a 105,11 ¤ud DE VALO MÓBIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 a 51,73 ¤ud DE BALIZA BORDE DEREITO OU ESQUERDO 300X950 (azul-branco/vermello-branco) a 48,75 ¤ud DE BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ.400X400 (azul-branco/vermello branco) a 28,50 ¤ud DE DISPOSITIVO DE GUÍA a 70,00 ¤ud DE CINTA BALIZAMENTO a 0,20 ¤ml DE CONO PLÁSTICO DE 50 cm a 9,79 ¤ud DE BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA a 14,29 ¤ml DE POSTE CPN-120 9,44 ¤ml DE TERMINAL COLA DE PEZ a 13,35 ¤ud DE TOPE FINAL BARREIRA DOBRE a 30,27 ¤ud DE TOPE FINAL BARREIRA SIMPLE a 30,27 ¤ud DE FINAL BARREIRRA COLA DE PEZ APLASTADA a 20,07 ¤ud DE SEPARADOR ESTÁNDAR a 4,23 ¤ud DE SEPARADOR CURTO a 12,00 ¤ud DE PEZA ANGULAR a 30,49 ¤ud DE CAPTADORES DÚAS CARAS a 0,80 ¤ud DE XOGO PARAFUSERÍA (12 parafusos,torcas e arandelas) BIONDAS a 3,87 ¤ud DE ESPELLO COMPLETO DE 60 cm(anti vandálico) a 99,09 ¤ud DE ESPELLO COMPLETO DE 80 cm(anti vandálico) a 36,33 ¤ud DE POSTE PARA ESPELLO a 15,48 ¤ ml DE TUBO PARA VARANDA PROTECCIÓNPONTES (50 ou 60 mm/) a 5,16 ¤ml DE POSTE TIPO XAMÓN a 115,00 ¤ml DE POSTE TIPO XAMÓN RECTO a 115,00 ¤ml DE REMATE VARANDA DOUS/TRES TUBOSa 40,00 ¤ud DE VARANDA TUBO RECTANGULAR: a 110,00 ¤ml Pasamáns superior de perfil 80 x 40 Pasamáns inferior de perfil 60 x 30 Barrotes separación perfil 20 x 20 Perfil inferior 60 x 30 DE PINTURA BRANCA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a 37,51 ¤ud DE PINTURA AMARELA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a 38,78 ¤ud DE ESFERA DE VIDRO a 0,86 ¤kg DE LINTERNA TIPO GARDA CIVIL E CAPUCHA(con cargador 12/24 V.) a 78,00 ¤ud DE BALIZA INTERMITENTE (con pilas) a 23,71 ¤ud DE PILAS PARA BALIZAS a 3,06 ¤ud Así mesmo apróbase o gasto por importe global de 27.000,00 euros para facer fronte á ampliación do subministro do material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2005, con cargo á partida 05/511.511.210.00 do vixente Presuposto Provincial. - Esta ampliación efectúase conforme ó previsto nas bases polas que se rexeu o concurso para poder atender á demanda de material de sinalización e seguridade diverso que precisa o Parque de Maquinaria para o que resta de ano 2005. - A empresa adxudicataria Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (SEBAGASA), deberá constituír unha fianza definitiva complementaria, por importe de 1.080,00 euros, que representa o 4% do prezo de adxudicación da ampliación do subministro de material de sinalización e seguridade vial con destino ás vías provinciais para o ano 2005, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación do acordo de adxudicación, cuxa fianza será ingresada na Tesourería desta Deputación. Caso de non cumprirse este requisito, declararase resolto o contrato. ------ Folla: 80,83 10.13478.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA DE "ENSANCHE E MELLORA EP 9213 GRANXA-DORRÓN (SANXENXO) (REMANENTES POL 2005) Visto o proxecto, redactado polo Servizo de Vías e Obras, para a execución da obra de "Ensanche e mellora EP 9213 Granxa-Dorrón (Sanxenxo) (remanentes POL 2005)" cuxo importe ascende á suma de 635.271,70 ¤, IVE incluído; visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de consignación na partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente; visto o informe do Servizo de Contratación no que propón dar ó expediente trámite de urxencia toda vez que as obras deberán estar contratadas antes do próximo día 1 de decembro, o que de non producirse dará lugar á perda das subvencións concedidas polo MAP para a execución das obras; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Acctal., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto de "Ensanche e mellora EP 9213 Granxa-Dorrón (Sanxenxo) (Remanentes POL 2005)", por importe de 635.271,70 ¤, IVE incluído. 2.- Aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, médiente concurso, trámite de urxencia, da referida obra. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA DE "ENSANCHE E MELLORA EP 9213 GRANXA-DORRÓN (SANXENXO)" 1. Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2. Financiamento das obras: A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/911.511.611.03 do vixente Presuposto provincial. 3. Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 635.271,70 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4. Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será de doce meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción das mesmas. 6. Fianzas: Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. Forma de pagamento: O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8. Proposicións: O prazo para presentar as ofertas será de trece días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Documento, expedido polo Organismo competente, acreditativo da clasificación empresarial que será: Grupo G, subgrupo 6, categoría d. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN: Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - O secretario. - O interventor. - O enxeñeiro director de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11. Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do segundo día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. Criterios de valoración: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. Adxudicación definitiva. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. Modelo de proposición D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18. Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado." ------ Folla: 80,86 11.13479.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DE "REMODELACIÓN DO ALA SURSUESTE NA PLANTA PRIMEIRA DO PAZO PROVINCIAL Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 30/09/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Remodelación do ala sursueste na planta primeira do Pazo Provincial", por importe de 116.938,74 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/432.432.622.03; visto o informe polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administraivas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor Acctal., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso da referida obra por un tipo de licitación de 116.938,74 ¤, IVE incluído. As obras financiaranse con cargo á partida 05/432.432.622.03 do vixente Presuposto provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DE "REMODELACIÓN DO ALA SURSUESTE NA PLANTA PRIMEIRA DO PAZO PROVINCIAL" 1. Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2. Financiamento das obras: A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/432.432.622.03 do vixente Presuposto provincial. 3. Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 116.938,74 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4. Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será de seis meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción das mesmas. 6. Fianzas: Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. Forma de pagamento: O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. Así mesmo, ós efectos do sinalado no parágrafo f) do art. 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, a Deputación provincial non será responsable das obrigas tributarias relativas a tributos que deban repercutirse ou cantidades que deberán reterse a traballadores, profesionais ou outros empresarios, na parte que corresponda ós traballos obxecto do concurso. A tales efectos, o contratista deberá facer entrega no Servizo de Contratación de certificado específico de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias emitido a estes efectos pola Administración tributaria durante os 12 meses anteriores ó pago de cada factura correspondente á contratación. 8. Proposicións: O prazo para presentar as ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, de 9:00 a 13:00 horas, no Rexistro xeral desta Deputación. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se achegan á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN: Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - O secretario. - O interventor. - O arquitecto provincial. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11. Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. Criterios de valoración: 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. Adxudicación definitiva. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. Modelo de proposición D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18. Información pública e convocatoria do concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. ------ Folla: 87 12.13480.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE AGOLADA, PARA A XUSTIFICACIÓN DAS OBRAS: "SANEAMENTO DE AUGAS EN SAN PAIO (BAIS)" E "PAVIMENTACIÓN PRAZA PÚBLICA EN VENTOSA", INCLUÍDA NO PAM/2004, COS NUMS. 164/811 E 168/840 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as solicitudes do Concello de Agolada, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución das obras incluídas no PAM/2004, cos núms. 164/811 e 168/840 denominadas: "Saneamento de augas en San Paio (Bais)" e "Pavimentación praza pública en Ventosa", subvencionadas por Resolucións Presidenciais nº 017313 de 27/12/04 por importe de 32.120,86 euros e nº 0017776 de 31/12/04 por importe de 18.000,00 Euros, respectivamente. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 87 13.13481.- SOLICITUDE DE PRORROGA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CONSTRUCCIÓN DE CEMITERIO PÚBLICO LOCAL", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 286/594 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra incluída no PAM/2004, co núm. 286/594 denominada: "Construcción de Cemiterio Público Local", subvencionada por Resolución Presidencial nº 011327 de 26/08/04 por importe de 15.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 87 14.13482.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE BAIONA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CENTRO CULTURAL VECIÑAL BELESAR", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 355/818 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Baiona, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra incluída no PAM/2004, co núm. 355/818 denominada: "Centro Cultural Veciñal Belesar", subvencionada por Acordo da Xunta de Goberno nº 33.12710 de 29/12/04 por importe de 70.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 87 15.13483.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE BARRO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "PARQUE PÚBLICO E REMATE CAPELA DE SAN CIBRÁN", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 256/472 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Barro, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra incluída no PAM/2004, co núm. 256/472 denominada: "Parque Público e Remate Capela de San Cibrán", subvencionada por Resolución Presidencial nº 009104 de 09/07/04 por importe de 4.922,08 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 87 16.13484.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE CERDEDO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "PAVIMENTACIÓN ACCESO CEMITERIO DE QUIREZA (LIBRE DISPOSICIÓN)", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 290/626 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Cerdedo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra incluída no PAM/2004, co núm. 290/626 denominada: "Pavimentación Acceso Cemiterio de Quireza (Libre Disposición)", subvencionada por Resolución Presidencial nº 012431 de 24/09/04 por importe de 13.794,80 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 87 17.13485.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE O COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "GARDERÍA INFANTIL", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 342/767 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de "O Covelo", pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución da obra incluída no PAM/2004, co núm. 342/767 denominada: "Gardería Infantil", subvencionada por Resolución Presidencial nº 017132 de 22/12/04 por importe de 37.374,77 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 31 de outubro de 2006. ------ Folla: 88 18.13486.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE O COVELO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANISTICO XERAL 2004: "MODIFICACIÓN, ACTUALIZACIÓN E CARTOGRAFÍA DO PLAN XERAL URBANÍSTICO" CO NUM. 8 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de O Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Modificación, actualización e cartografía do Plan Xeral Urbanístico", co núm. 8, subvencionada por Resolución Presidencial nº 017723 de 31/12/04 por importe de 30.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 88 19.13487.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE PONTEAREAS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA ACTIVIDADE: "DETERMINACIÓN DA DÉBEDA REAL DO CONCELLO", INCLUÍDA NO PAM/2004, CO NUM. 146 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Ponteareas, pola que interesa a concesion dunha prórroga para xustificar a execución da actividade incluída no PAM/2004, co núm. 146 denominada: "Determinación da débeda real do concello", subvencionada por Resolución Presidencial nº 012331 de 22/09/04 por importe de 20.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con caracter improrrogable, ata o 31 de decembro de 2005. ------ Folla: 88 20.13488.- SOLICITUDE DE PRORROGA DO CONCELLO DE RIBADUMIA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA REDACCIÓN DO PLANEAMENTO URBANISTICO XERAL 2004: "ADAPTACIÓN DO PXOM DE RIBADUMIA Á LEI 9/2002, DE 30 DE DECEMBRO, ORDENACIÓN URBANÍSTICA E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL DE GALICIA" CO NUM. 25 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Ribadumia, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a execución do Planeamento Urbanístico Xeral 2004: "Adaptación do PXOM de Ribadumia á Lei 9/2002 , de 30 de decembro, Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia", co núm. 25, subvencionada por Resolución Presidencial nº 017719 de 31/12/04 por importe de 21.000,00 Euros. Esta prórroga concédese, con caracter improrrogable, ata o 20 de decembro de 2006. ------ Folla: 88 21.13489.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO Nº 5.13415 ADOPTADO NA SESIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DE 21/10/05 Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 3 de novembro, polo que se pon de manifesto o erro producido na relación de facturas nº200500001043, relativo ó nome do terceiro da operación ADO 200500094349, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Anular a operación ADO nº 200500094349 por importe de 3.034,57 euros, incluída na relación de facturas 200500001043 aprobada pola Xunta de Goberno de data 21/10/05. 2º Aprobar e declarar de abono a favor de "La Ley Actualidad", CIF A08627333, a factura nº20050000007364 por importe de 3.034,57 euros con cargo á partida 05/121.121.220.01. ------ Folla: 88 22.13490.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición