ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2005/12/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-12-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/16_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 157 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dezaseis de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 157 1.13562.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de decembro de 2005. ------ Folla: 157 2.13563.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA A "ASOCIACIÓN DE MULLERES EMPRESARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Acordándose pola Xunta de Goberno de 22/07/05 a concesión da subvención por importe de 2.000,00 euros, a favor da Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra, para a Xornada "Acceso ós créditos para Pymes" e vista a solicitude de prórroga presentada o 02/12/05 pola Presidenta de tal Asociación, ante a imposibilidade de dispoñer de poñente para a referida Xornada antes do 14 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga ata o 30 de decembro de 2005, a favor da Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra, respecto da subvención de 2.000,00 euros que se lles concedeu no seu día, para a Xornada "Acceso ós créditos para Pymes". ------ Folla: 157 3.13564.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA A "ASOCIACIÓN PARA PROTECCIÓN DE ANCIÁNS DE LALÍN E A SÚA COMARCA" Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 07/10/05 aprobando a subvención de 1.000,00 euros, a favor da "Asociación para protección de Anciáns de Lalín e a súa comarca", para realización do curso "Formación na enfermidade de Alzheimer", e vista a solicitude de 28/11/05 da mencionada Asociación, formulando petición de prórroga para o desenvolvemento de tal actividade, ante a imposibilidade material de levala a cabo nestas datas, posto que aínda se están realizando as xestións oportunas cos profesionais encargados de impartir tal curso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga á "Asociación para Protección de Anciáns de Lalín e a súa Comarca", en canto á realización do curso "Formación na enfermidade de Alzheimer", ata finais do mes de xaneiro de 2006. ------ Folla: 157 4.13565.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA A "FEDERACIÓN FAMILIARES ENFERMOS MENTAIS-FEAFES" Visto o acordo de 7 de outubro de 2005 da Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, aprobando a Subvención de 1.105,00, a favor da "Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES)", para curso de "Alfabetización informática" e ante a imposibilidade de dita Federación de realizar tal actividade nestas datas por carencia de aulas para iso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a dita Federación (FEAFES), ata o 28 de febreiro de 2006, para realización do curso obxecto da subvención. ------ Folla: 157,158 5.13566.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA A "ASOCIACIÓN DE NENOS CON HIPERACTIVIDADE E DÉFICIT DE ATENCIÓN (ANHIDA)" Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 07/10/05 aprobando a subvención de 2.000,00 euros, a favor da "Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención", para realización da "I Xornada Provincial de Hiperactividade e Déficit de Atención", e vista a solicitude de prórroga para o desenvolvemento de tal xornada, formulada pola mencionada Asociación, a fin de garantir unha maior difusión da actividade que garanta o éxito da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga á "Asociación de Nenos con Hiperactividad e Déficit de Atención", ata o 11 de febreiro de 2006, para levar a cabo a Xornada obxecto da subvención. ------ Folla: 158 6.13567.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA A "FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO" DE VILAGARCÍA DE AROUSA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 7 de outubro de 2005, aprobando a subvención de 1.500,00 euros a favor da "Fundación Galega contra o Narcotráfico", para realización da xornada "A información e o poder: Entre todos vamos a vencer á droga", e vista a solicitude de prórroga para levar a cabo tal actividade, formulada por esta Fundación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga á "Fundación Galega contra o Narcotráfico", ata finais de marzo de 2006, para o desenvolvemento da mencionada xornada de sensibilización. ------ Folla: 158 7.13568.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DONA PALMIRA COTO GOMEZ DO CONCELLO DE CUNTIS Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 22/07/05 unha subvención, por importe de 2.132,14 euros, a favor de Dona Palmira Coto Gómez, veciña do concello de Cuntis, para arranxo de vivenda e vista a solicitude de prórroga para rematar o referido arranxo, presentada o 07/12/05 pola Sra. Alcaldesa de Cuntis ante a imposibilidade material da beneficiaria de concluílo en prazo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a Dona Palmira Coto Gómez, ata o 31 de xaneiro de 2006, para rematar a obra subvencionada respecto á súa vivenda. ------ Folla: 158 8.13569.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DON MANUEL SOTO FRAGA E DONA TERESA FIGUEROA REY DO CONCELLO DE CERDEDO Concedéndose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 22/07/05 subvencións a favor de Don Manuel Soto Fraga e Dona Teresa Figueroa Rey, por importes de 1.322,92 ¤ e 1.846,18 ¤, respectivamente, para arranxo das súas vivendas e visto o escrito de 28/11/05 do Sr. Alcalde solicitando prórroga para tales beneficiarios da subvención, por imposibilidade material de concluír as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a Don Manuel Soto Fraga e Dona Teresa Figueroa Rey, ata o 31 de maio de 2006, para concluír o arranxo das súas vivendas, obxecto das mencionadas subvencións. ------ Folla: 158 9.13570.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DONA ADELAIDA DUARTE OGANDO E DONA Mª JESÚS GÓMEZ ALONSO DO CONCELLO DA LAMA Aprobándose pola Xunta de Goberno de 22/07/05, a concesión de subvencións para arranxo de vivendas, a favor de Dona Adelaida Duarte Ogando e Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciñas da Lama, por importe de 2.307,69 e 2.726,18 euros, respectivamente, e visto os escritos de 15 e 23 de novembro do presente ano do Sr. Alcalde da Lama, solicitando prórroga para os beneficiarios de tales subvencións, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a Dona Adelaida Duarte Ogando e Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciñas da Lama, ata o 31 de maio de 2006, para rematar as obras obxecto da subvención. ------ Folla: 158 10.13571.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DON LUÍS PEREIRA RODRÍGUEZ E DONA LUÍSA FRIEIRO SANTOS DO CONCELLO DE PORTAS Aprobándose pola Xunta de Goberno de 22/07/05, a concesión de sendas subvencións para arranxo de vivendas, a favor de Don Luís Pereira Rodríguez e Dona Luísa Frieiro Santos, veciños de Portas, por importes de 377,57 ¤ e 5.800,00 ¤, respectivamente, e visto o escrito de 23/11/05 remitido polo Sr. Alcalde de Portas, solicitando a prórroga para tales beneficiarios por imposibilidade material de concluír as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga a Don Luís Pereira Rodríguez e a Dona Luísa Frieiro Santos, ata o 30 de maio de 2006, para concluír as obras de arranxo das súas vivendas, obxecto da subvención concedida. ------ Folla: 158,159 11.13572.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DONA NIEVES AMOEDO AMOEDO DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Deputación en sesión de 22 de xullo de 2005, a subvención para arranxo de vivenda a favor de Dona Mª Nieves Amoedo Amoedo, veciña do concello de Ponte Caldelas, por importe de 766,43 ¤ e vista a solicitude de prórroga, ó non poder concluír as obras de reformas interiores en tempo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga ata o 30 de maio de 2006 a Dona Mª Nieves Amoedo Amoedo, para concluír as obras obxecto da subvención concedida. ------ Folla: 159 12.13573.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DON ALFONSO CALVO CALVO DO CONCELLO DE BARRO Retírase da orde do día asunto relativo á solicitude de prórroga para arranxo de vivenda concedida a Don Alfonso Calvo Calvo do concello de Barro. ------ Folla: 159 13.13574.- AXUDAS ECONÓMICAS A MOTORES DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Dada conta das Bases da Axudas económicas a Embarcacións Tradicionais, publicada no BOP nº96 de 20 de maio de 2005 e resultando que no Presuposto do ano 2005 existe un programa de axudas económicas destinadas á recuperación e construcción de embarcacións tradicionais. Vistos os expedientes de solicitude de axudas económicas formuladas por diversas Asociacións, os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario, o da bióloga de Pesca e Cultivos Mariños e o documento RC nº200500111446 emitido por Intervención que xustifica a existencia de crédito suficiente para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das axudas económicas que figuran no listado adxunto por importe de dez mil euros (10.000,00 ¤), con cargo á partida 05/711.711.779.02. ------ Folla: 159,160 14.13575.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ABIGAIL POMBAL GARCÍA POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA QUE UNE MOAÑA E CANGAS Á ALTURA DE ABELENDO (MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 11/01/05 (Rex. nº 000446) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Dona Abigail Pombal García con enderezo en rúa Fragata Lealtad, nº 21-1º de Moaña por danos padecidos en vehículo matrícula PO-0274-BK o día 07/01/2005, e que individualiza economicamente en 266,657 ¤. Resultando.- Que con data 11/02/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 17/02/2005 cos seguintes contidos respectivamente: "...a) Se a estrada que une Moaña e Cangas, pasando por Abelendo, A Meixoada, Coiro, á altura de Abelendo (Moaña), é vía provincial. b) En caso afirmativo, se no punto quilométrico citado se ten coñecemento por ese Servizo da existencia na data sinalada dunha mancha dalgún producto deslizante que puidera causar o accidente obxecto de reclamación. c) Se nese Servizo hai constancia doutros accidentes por esa causa, na mesma data ou en datas anteriores ou posteriores, coincidentes coa mesma. d) Se nos arredores do lugar do accidente tense coñecemento da existencia dalgunha gasoliñeira ou calquera tipo de empresa ou actividade susceptible de verter substancias deslizantes. e) Calquera outro extremo que considere de interese." " ...el técnico que subscribe tiene a bien informar en referencia a los puntos a), b) e c) a respuesta es SI. En cuanto al punto d) NO, puede ser que lo motiven las obras de a vía rápida del MORRAZO, estamos estudiando las causas e va a procederse á solución del problema. No se debía atender a reclamación sin actuación de TRAFICO o en "EXTREMO" de la POLICIA LOCAL, YA QUE POR TRATARSE DE UN HECHO CONOCIDO puede llegarse a un ABUSO DE DENUNCIA BASADAS EN EL MISMO." Resultando.- Que con data de 09/03/2005 solicitouse novo informe o Servizo de Vías e Obras o cal foi emitido en 23/03/2005 co seguinte contido: "... Que se va reponer la carretera a fin de evitar futuros daños, si hay parte policial hay que atender los daños" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes emitidos o 17 de febreiro de 2005 e o 23 de marzo polo enxeñeiro xefe Zona Norte do mesmo ano se colixe o seguinte: a) Non se trataba de substancia deslizante producto de actividade industrial cercana (gasolineira por exemplo) b) Houbo algún accidente máis, cuxa causa posible podería ser o arrastre de lodos e barro procedente das obras do corredor do Morrazo. c) Tratábase dun feito público que houbera algún outro accidente nese mesmo punto. d) A estrada sería obxecto de mellora. Así as cousas, a presunción de responsabilidade desta Deputación esvaecerse cando ningún medio de proba se achega á reclamación, agás unha declaración dun suposto -non acreditado- testemuña, que contradí o afirmado pola reclamante na súa instancia, pois esta fala de "...mancha dalgún producto deslizante" e aquel faina compatible con "grava e arenilla", o cal debe conducir a desestimación da reclamación por canto e dogma inveterado e reiterado neste tipo de reclamación que é imprescindible a acreditación da relación de causalidade coma concreción do principio xeral do dereito procesual de que incumbe a carga da proba a quen reclama, por todas, sentencia de 15-02-94, Aranzadi 890, Poñente Sanz Bayon. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 160 15.13576.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ ANTONIO SOTELO RIOBÓ POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA COIRO-PORTA DO CEGO (MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 06/05/05 (Rex. nº 013875) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por DON JOSE ANTONIO SOTELO RIOBO con enderezo de notificacións en Lugar de Casal, 89 de Moaña por danos padecidos en vehículo matrícula 4882CDL o día 1 de decembro de 2005, e que individualiza economicamente en 1.812,55 ¤. Resultando.- Que con data de 18/08/05 e posterior de 17/11/05 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 21/11/05 co seguinte contido: "...Que no es posible la perdida de control a 30Km por hora que es la velocidad de un tramo en obra perfectamente señalizada". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servizo de Vías e Obras elaborado polo enxeñeiro xefe da Zona Norte dedúcese claramente que o da perda de control a 30 Km/h. non é posible, sendo esta a velocidade establecida na sinalización de limitación por causa das obras. Considerando.- Que, a maiores, precedentemente á reclamante conducía o seu propio vehículo Dona Loreto García Rodríguez, que non resultou accidentada pola sinxela razón de que circulaba a 20 Km/h, o que evitou contratempo algún e que, sen dúbida de ningún tipo, conduce o racional razoamento de que a velocidade da accidentada resultaba inapropiada con claro quebrantamento do disposto no artigo 45 e 46 do R.d. 1.428/2003, de 21 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento xeral de circulación, que taxativamente di que "...todo conductor está obrigado a respectar os límites de velocidade e a ter en conta (...) o estado da vía (...) e cantas circunstancias concorran en cada momento, a fin de adecuar a velocidade do seu vehículo a elas, de xeito que sempre poida detelo dentro dos límites do seu campo de visión ante calquera obstáculo que poida presentarse (...) especialmente nos casos seguintes (...) al circular por pavimento deslizante" . Obvio resulta que tal precepto e as súas esixencias non se satisfixeron, polo que esta Deputación non pode estimar tal reclamación aínda lamentando os seus efectos. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 161 16.13577.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ALFONSO PÉREZ SANTOS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON DOMINGO ANTONIO PORTELA SANTOS E DA ENTIDADE MERCANTIL "BILBAO, CÍA. ANÓNIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS" POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA FORESTAL QUE VAI DESDE O LAGO CASTIÑEIRAS ATA A ESTRADA PO-313 (VILABOA) Dada conta que con data de Rexistro 25/11/2005 (Rex. nº 035350) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Alfonso Pérez Santos en nome e representación de D. Domingo Antonio Portela Santos e a entidade mercantil "Bilbao, Cía. Anónima de Seguros y Reaseguros", con enderezo de notificacións en rúa Cabo Santiago Gómez núm. 10 -1º da CORUÑA, por danos padecidos en automóbil matrícula PO-7409-BL da súa propiedade, na estrada forestal que vai desde o Lago Castiñeiras ata a estrada PO-313 o día 16/09/2005, e que individualiza economicamente en 1.847,72 ¤. Resultando.- Que con data 30/11/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 02/12/2005 co seguinte contido: "... pongo en su conocimiento que dicho vial no está incluído dentro de la red de carreteras provinciales. Según los datos recabados por el técnico que suscribe, la competencia sobre la carretera de referencia correspondía al desaparecido Servicio Forestal, existiendo en la actualidad un vacío en cuanto a la titularidad de dicha vía. En todo caso cabe señalar que, en ciertas ocasiones, la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra con el objetivo de prestar asistencia y cooperación técnica a los distintos municipios, especialmente a los de menor capacidad económica y de gestión, realiza trabajos de mantenimiento en la zona descrita, pero siempre de forma esporádica y la petición del Ayuntamiento de Vilaboa, sin que eso implique que, por parte de esta Administración, se haya asumido la titularidad de la citada carretera forestal". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 161,162 17.13578.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA AURORA RITA OTERO MARTÍNEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL COIRO-ABELENDO (MOAÑA) Dada conta de que con data de Rexistro de 06/05/2005 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Aurora Rita Otero Martínez sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente de tráfico na estrada provincial Coiro-Abelendo (Moaña) o día 23 de xuño de 2004, que individualiza economicamente en 2.930,51 ¤, segundo copia de factura que achega coa reclamación. Resultando que con data 18 de agosto de 2005, e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data de 21 de novembro de 2005, co seguinte contido, "...Visto informe de ATESTADO de a policía local de Moaña en o que nos dice que aunque o asfalto estaba en buen estado a zona se encontraba resbaladiza. o Técnico que subscribe informa: Que habrá que aceptar a responsabilidad" Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93, pois tanto o informe de 18 de febreiro de 2005 (".... debe asumirse a responsabilidad") como o de 23 de marzo seguinte ("... se va a reponer a carretera a fin de evitar futuros daños, si hay parte policial hay que atender los daños") conducen de xeito indubitado á indemnización dos danos e resarcimento dos prexuízos. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Dona Aurora Rita Otero Martinez, titular do NIF nº 35.279.270 F, por danos en automóbil da súa propiedade marca Citroen C 3, matrícula 2606CLD, como consecuencia da existencia de substancia deslizante na estrada provincial que vai de Coiro (Cangas) a Abelendo (Moaña) á altura de Fonte de Figueirido (Moaña) o día 23 de xuño de 2004, valorados en 2.930,51 ¤, segundo copia de factura de reparación do vehículo que se acompaña á reclamación. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 2.930,51 ¤ (dous mil novecentos trinta euros con cincuenta e un céntimo) con cargo á partida 05/511.511.210.00 do Presuposto. Terceiro.- A ordenación do pago da indemnización queda sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF, da factura de reparación do automóbil e de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria no prazo de DEZ DÍAS a partir da notificación do presente acordo. Cuarto.- Dar traslado do presente acordo a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con enderezo na Praza de América 1-2ª planta de Vigo, C.P. 36211, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 2.329,50 ¤ (dous mil trescentos vinte e nove euros con cinco céntimos) unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 601,01 ¤, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Quinto.- Dar traslado así mesmo á Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 162 18.13579.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade co establecido nas bases da convocatoria de dúas bolsas de investigación para o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, cuxa adxudicación foi publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 5 de data 9 de xaneiro de 2004, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, a proposta do xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, prorrogar estas bolsas a Dona Manuela González Rey e Don Ernesto Trabazo Freire, con efectos 1 de xaneiro de 2006 e ata o 31 de decembro de 2006. A dotación económica de estas bolsas ascenden a 841,41 ¤/mes cada unha, o cal supón un custo, a efectos económicos e para o exercicio 2006, dun total de 20.193,84 ¤, cantidade que se imputará á partida 454.451.481.01 do Presuposto provincial. ------ Folla: 162 19.13580.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 162,163 20.13581.- ERRO MATERIAL NO NÚMERO DO DOCUMENTO DE RETENCIÓN DE CRÉDITO 200500089153 SOBRE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE MULLERES- ANO 2005 APROBADAS EN XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE OUTUBRO DE 2005 E CON CARGO Á PARTIDA 05/313.313.480.02, CANDO DEBERÍA SER O NÚMERO 200500077650 Acordándose por Xunta de Goberno de 7 de outubro de 2005 a concesión de subvencións de Asociacións de Mulleres ano 2005, por importe de 19.350,00 ¤ e padecéndose erro en dito acordo, ó mencionar o documento RC nº 200500089153, con cargo á partida 05/313.313.480.02 cando debería ser RC nº 200500077650, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a corrección do erro material padecido, no sentido de que onde dicía "e a visto do Documento RC nº200500089153 emitido por Intervención o 26/09/05" debe dicir "e a vista do documento RC nº200500077650 emitido por Intervención o 10/08/05" ------ Folla: 163 21.13582.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA CONCEDIDA A DON ALFONSO CALVO CALVO DO CONCELLO DE BARRO Aprobándose por Xunta de Goberno de 10/09/04 unha subvención para arranxo de vivenda, a favor de Don Alfonso Calvo Calvo veciño do concello de Barro, por importe de 1.923,00 euros e visto o escrito de 15/11/05 do Sr. Alcalde de Barro, comunicando a renuncia do beneficiario a tal subvención, por imposibilidade de levar a cabo as obras por causas legais, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención para arranxo de vivenda, concedida no seu día a Don Alfonso Calvo Calvo, veciño do concello de Barro, por importe de 1.923,00 euros. ------ Folla: 163 22.13583.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "FASE 1ª DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE (VIGO)" Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Fase 1ª de Rehabilitación da Antiga rectoral de Alcabre (Vigo)"; visto o informe emitido polo arquitecto provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida obra a DICSA (Decoración, Instalaciones e Construcciones, S.A.U.) na suma de 140.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de setenta e cinco días, melloras valoradas en 12.698,30 ¤ e un período de mantemento de vinte e catro meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.C.A.P. que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 323,14 ¤ correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP e DOG. ------ Folla: 163 23.13584.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Redactados os proxectos que máis adiante se detallan, e a vista dos documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Acondicionamento interior do Auditorium da Cidade Infantil Príncipe Felipe, 1ª fase" por importe de 191.841,77 ¤ con cargo á partida 05/422.422.622.03. 2.- "Recalce cimentación Nave Taller e Oficinas de Maquinaria", por importe de 124.995,89 ¤, con cargo á partida 05/511.511.212.00. ------ Folla: 163 24.13585.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO A CERO DE "REFORMA DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE DEPORTES DO GROVE Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 27/02/2004, polo que se prestou aprobación á "Memoria valorada para a reforma do Pavillón de Deportes do Grove", por importe de 107.372,63 ¤; visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 30/04/2004, polo que se adxudicou a GPD (Planificación, Desarrollo y Gestión de Construciones, S.A.) a referida obra na suma de 96.613,89 ¤; e, visto o proxecto modificado de dita obra cuxo importe ascende á suma de 107.372,63 ¤, redactado como consecuencia de mellorar a acústica do pavillón, dado que no mesmo se desenvolverán diversas actividades musicais, ademais das deportivas, para o que se levará a cabo a insonorización mediante un illamento e un dobrado da cuberta, todo iso sen variar o presuposto inicial da obra, que foi conformado pola empresa adxudicataria da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó Proxecto Modificado para a reforma da cuberta do Pavillón de Deportes do Grove" por importe de 107.372,63 ¤, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de GPD (Planificación, Desarrollo y Gestión de Construcciones, S.A.). ------ Folla: 164 25.13586.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "OBRAS COMPLEMENTARIAS DE ACONDICIONAMENTO DE TRAVESÍA Á EP 0007 RÚAS DE SANTA MARGARIDA E DA POMBA" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 02/07/2004, polo que se adxudicou a INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. a obra de "Acondicionamento de Travesía á EP 0007 Rúas de Santa Margarida e da Pomba (Pontevedra)" na suma de 904.789,92 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 25/11/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "obras complementarias de Acondicionamento de Travesía á EP 0007, rúas de Santa Margarida e da Pomba (Pontevedra)" por importe de 137.114,64 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02, que será financiado ó 50% entre a Deputación Provincial e o concello de Pontevedra de acordo co estipulado no convenio subscrito no seu día entre ambos Organismos; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ó proxecto de obras complementarias; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto de obras complementarias é inferior ó 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. a obra comprendida no proxecto de "Obras complementarias de Acondicionamento de Travesía á EP 0007, rúas de Santa Margarida e da Pomba (Pontevedra)" na suma de 137.114,64 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.C.A.P, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince día naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 164 26.13587.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE EP 0002 PONTEVEDRA-TOMEZA-C 550 (VILABOA) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 12/12/2002, polo que se adxudicou a INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. a obra de EP 0002 Pontevedra-Tomeza-C 550" na suma de 540.293,18 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18/11/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra" por importe de 648,207,04 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02, supoñendo un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 107.913,86 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ó proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acórda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado é inferior ó 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. a obra comprendida no proxecto modificado de "EP 0002 Pontevedra-Tomeza-C 550" na suma de 107.913,86 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.C.A.P, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince día naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 164,165 27.13588.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE + Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 26 de agosto do presente ano, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da asistencia técnica para crear un portal de información para o Proxecto Cidade+, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº173, 08/09/05) e no DOG (nº172, 07/09/05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de contratación con data 27 de setembro de 2005, deuse traslado ó servizo técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe da directora xerente da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e o xefe de Proceso de Datos, así como, a proposta da Mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da asistencia técnica para crear un portal de información para o proxecto Cidade+, á empresa Bonaval Multimedia, S.L. (CIF B-36.837.706) polo prezo de setenta e cinco mil cincocentos euros (75.500,00 ¤), IVE incluído. O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de tres mil vinte euros (3.020,00 ¤), que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén se deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de douscentos oitenta e sete euros con noventa e catro céntimos (287,94 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (88,94 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (199,00 ¤). ------ Folla: 165,170 28.13589.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA "ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS" CON DESTINO A TRABALLOS DE INFRAESTRUTURAS, BENS NATURAIS E OUTRAS OBRAS DURANTE O ANO 2006 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que se solicita a contratación de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais con destino á realización de traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras, durante o año 2006, cuxa execución axustarase ó establecido no prego de prescricións técnicas. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares de data 15 de decembro de 2005, que conta co informe favorable do Sr. Secretario Xeral, e no que se fai constar na cláusula XII do mesmo que "A adxudicación queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2006", a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69.4. del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, en canto á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio 2006. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 16 de decembro de 2005, que figura no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais", con cargo ó Plan de Inversións 2006, para a realización dos traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras, por un tipo máximo de licitación de 977.000,00 euros, para o alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e de 1.694.900,00 euros para o subministro de materiais, IVE incluído, condicionando a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso e que a continuación se relacionan, á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2006, e á existencia de crédito adecuado e suficiente na partida 06/511.511.210 do mesmo, de conformidade co establecido no artigo 69.4. del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE Nº 1 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 58,00 ¤/h. 46.400,00 ¤ LOTE Nº 2 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 58,00 ¤/h. 46.400,00 ¤ LOTE Nº 3 800 H. de motoniveladora de 125 CV. a 58,00 ¤/h. 46.400,00 ¤ LOTE Nº 4 600 H. de rodillo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 5 600 H. de rodillo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 6 600 H. de rodillo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 7 600 H. de rodillo vibrador de 10 Tm. a 30,00 ¤/h. 18.000,00 ¤ LOTE Nº 8 800 H. de retro pala 4 x 4 de 12 Tm. a 34,00 ¤/h. 27.200,00 ¤ LOTE Nº 9 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 34,00 ¤/h. 27.200,00 ¤ LOTE Nº 10 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 34,00 ¤/h. 27.200,00 ¤ LOTE Nº 11 800 H. de retro pala 4 x 4 de 70 CV. a 34,00 ¤/h. 27.200,00 ¤ LOTE Nº 12 650 H. de retro pala 4 x 4 (con martelo) a 36,00 ¤/h. 23.400,00 ¤ LOTE Nº 13 600 H. de retro Exc.(1 m3. cazo)de 100 CV. a 45,00 ¤/h. 27.000,00 ¤ LOTE Nº 14 400 H. de retro Exc.(con martelo) 150 CV a 52,00 ¤/h. 20.800,00 ¤ LOTE Nº 15 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ LOTE Nº 16 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ de 110 CV. brazo 5 mts. LOTE Nº 17 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ de 110 CV. brazo 5 mts. LOTE Nº 18 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ de 110 CV. brazo 5 mts. LOTE Nº 19 500 H. de tractor cortamalezas hidráulica a 40,00 ¤/h. 20.000,00 ¤ de 110 CV. brazo 5 mts. LOTE Nº 20 700 H. de pala rodas (2 m3.cazo) 130 CV. a 38,00 ¤/h. 26.600,00 ¤ LOTE Nº 21 600 H. de pala de cadeas de 130 CV. a 42,00 ¤/h. 25.200,00 ¤ LOTE Nº 22 500 H. de Bulldozer de 150 CV. a 60,00 ¤/h. 30.000,00 ¤ LOTE Nº 23 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 35,50 ¤/h. 21.300,00 ¤ LOTE Nº 24 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 35,50 ¤/h. 21.300,00 ¤ LOTE Nº 25 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 35,50 ¤/h. 21.300,00 ¤ LOTE Nº 26 600 H. de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. a 35,50 ¤/h. 21.300,00 ¤ LOTE Nº 27 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 28 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 29 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 30 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 31 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 32 700 H. de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. a 29,00 ¤/h. 20.300,00 ¤ LOTE Nº 33 500 H. de cisterna asfáltica de 8 Tm. a 39,00 ¤/h. 19.500,00 ¤ LOTE Nº 34 600 H. de camión góndola de 40 Tm. a 45,00 ¤/h. 27.000,00 ¤ LOTE Nº 35 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 36 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 37 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 38 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 39 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 40 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ LOTE Nº 41 500 H. de camión art. PMA 36/40 Tm. a 43,00 ¤/h. 21.500,00 ¤ SUMINISTRO DE MATERIALES LOTE Nº 42 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 43 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 44 200 Tm. de emulsión ECM-1 a 260,00 ¤/Tm 52.000,00 ¤ LOTE Nº 45 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 46 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 47 250 Tm. de emulsión ECR-2 a 250,00 ¤/Tm 62.500,00 ¤ LOTE Nº 48 100 Tm. de emulsión ECM-1 especial a 270,00 ¤/Tm 27.000,00 ¤ LOTE Nº 49 A 800Tm. de emulsión ECM-72 a 290,00 ¤/Tm 232.000,00 ¤ 49 B 4.000 Tm. de árido 0/6 en betún quente a 28,00 ¤/Tm 112.000,00 ¤ LOTE Nº 50 1.000 Tm. de árido 0/6 a 14,00 ¤/Tm 14.000,00 ¤ LOTE Nº 51 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 52 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 53 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 54 6.900 Tm. de árido 2/6 ó 6/12 a 15,00 ¤/Tm 103.500,00 ¤ LOTE Nº 55 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 56 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 57 6.750 Tm. de árido 40/63 a 15,00 ¤/Tm 101.250,00 ¤ LOTE Nº 58 5.000 Tm. de zahorra ZA-0/40 a 9,00 ¤/Tm 45.000,00 ¤ LOTE Nº 59 4.000 Tm. de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico a 31,00 ¤/Tm 124.000,00 ¤ LOTE Nº 60 200 m3. de formigón H-175 árido 25 a 76,00 ¤/m3 15.200,00 ¤ LOTE Nº 61 100 m2. de muro sostenimiento de granito a 60,00 ¤/m2 6.000,00 ¤ LOTE Nº 62 A 50 Tubos hormigón de 1 m. Æ 100 a 38,00 ¤/Ud 1.900,00 ¤ 62 B 300 Tubos hormigón de 1 m. Æ 60 a 18,00 ¤/Ud 5.400,00 ¤ 62 C 400 Tubos hormigón de 1 m. Æ 50 a 16,00 ¤/Ud 6.400,00 ¤ 62 D 800 Tubos hormigón de 1 m. Æ 40 a 12,00 ¤/Ud 9.600,00 ¤ LOTE Nº 63 50 Tubos P.V.C. de 3 m., Æ 315 de 6,2 de espesor xunta incluída a 76,00 ¤/Ud 3.800,00 ¤ LOTE Nº 64 A 25.000 ml. de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,15 a 0,80 ¤/ml 20.000,00 ¤ 64 B 12.500 ml. de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,10 a 0,70 ¤/ml 8.750,00 ¤ 60 C 100 m2. de pintura cebreados, simboloxía, Stop, etc. a 26,00 ¤/m2 2.600,00 ¤ 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe global de 2.671.900,00 euros, con cargo á partida 06/511.511.210 do Presuposto Provincial para 2006. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos citados alugamentos de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS PARTICULARES QUE, COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO TRAMITADO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", DURANTE O EXERCICIO DE 2006. I.-OBXECTO DO CONTRATO. É obxecto do contrato o "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" e "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", para traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras, durante o año de 2006, de conformidade coas prescricións técnicas contidas no Anexo I. Os lotes poderán ser ampliados sempre que exista consignación no vixente Presuposto e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación por concurso. Así mesmo poderase traspasar de un lote a outro, ou no mesmo lote, subministros de material ou do alugamento de maquinaria e vehículos de transporte das mesmas características, sempre que no supoña incremento algún do custo total e coa previa autorización do órgano de Contratación. II.- FINANCIAMENTO DO SUBMINISTRO. O alugamento e subministro obxecto do contrato financiarase con cargo á partida 511.511.210 do Presuposto Provincial de 2006. III. PAGO DO PREZO DE ADXUDICACIÓN do SUBMINISTRO. O pago do prezo do remate efectuarase contra la presentación das correspondentes facturas. IV.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO. O subministro efectuarase en calquera punto da provincia, segundo as características das obras a realizar, sempre que se manteña o mesmo prezo e se cumpran as previsións de programación de conservación e mantemento de Infraestructuras. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do Real decreto lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. V.- BASE OU TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total global de 977.000,00 Euros (IVE incluído) para Alugamento de Maquinaria e Vehículos de Transporte, e de 1.694.900 Euros (IVE incluído) para Subministro de Materiais, de acordo co detalle e presuposto para cada lote que figuran no Anexo I. VI.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos personais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. VII. GARANTÍA DEFINITIVA. A garantía definitiva será do 4% do importe de adxudicación, e poderá constituírse de calquera das formas previstas no art. 36 da Lei de contratos das Administracións Públicas. Dita fianza haberá de ingresarse exclusivamente na Caixa desta Deputación. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da adxudicación do concurso. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. VIII. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN. 8.1. Lugar e prazo de presentación.? As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación Provincial, das 9 ás 13 horas, durante os quince días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de plicas coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades.? As proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B e en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, e o nome do licitador. A) Sobre A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final e presentarase pechado, podendo ser lacrado e precintado, a petición do interesado e deberá ter a seguinte inscrición: Proposición económica para o concurso de ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E SUBMINISTRO DE MATERIAIS. LOTE Nº ... Cada licitador unicamente poderá presentar unha sola proposición por cada lote. Tampouco poderá subscribirse ningunha proposta de unión temporal con outros, se o fixo individualmente ou figuran en máis dunha unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) Sobre B, denominado "DE DOCUMENTOS", expresará a inscrición de: Documentos xerais para o concurso de ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E SUBMINISTRO DE MATERIAIS. LOTE Nº ... Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, consistentes en: 1.1. Documento Nacional de Identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, por fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou Escritura de constitución da Sociedade Mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fora persoa xurídica. 1.2. Poder debidamente bastanteado. 1.3. En caso de concorrer á licitación varias empresas, constituíndo una unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou Entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión ante a Administración. 2. Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no art. 20 e concordantes da LCAP. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social impostas pol as disposicións vixentes. 4. Documentos acreditativos da solvencia técnica e económica: 4.1. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 4.2. Para as Sociedades balance ou extractos de balances. 4.3. Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 4.4. Relación dos principais subministros efectuados durante os tres últimos años, indicándose seu importe, datas e destino, público o privado. 4.5. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 4.6. Mostras nas ofertas para subministro de áridos. IX. MESA DE CONTRATACIÓN. A Mesa de Contratación estará constituída do modo seguinte: Presidente: - que o será o da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. Vocais: ? o interventor da Excma. Deputación Provincial. - o secretario da Excma. Deputación Provincial. - o enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras - o xefe xeral do Parque de Maquinaria. Secretario: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. X. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar a as 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, si este fora sábado o primeiro día hábil seguinte, procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando ós licitadores excluídos as causas de súa exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa procederá á apertura dos sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas e as elevará ós Servizos Técnicos correspondentes a efectos de que emitan o preceptivo informe. XI. CRITERIOS BASE PARA LA ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orden decrecente de importancia, serán: -Menor prezo ofertado: ata 4 puntos. -Situación xeográfica da planta ou canteira e capacidade de subministro: ata 4 puntos. -Prazo de entrega do subministro: ata 2 puntos. -Outras melloras: ata 2 puntos. Polos Servicios Técnicos valorarase a calidade dos materiais. XII.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. A adxudicación definitiva queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2006. O Órgano de Contratación, recibida a proposta de adxudicación da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, será notificada ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma indicadas na cláusula VII. XIII. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación do subministro en Documento Administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó de notificación da adxudicación, constituíndo título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, dito contrato administrativo poderá elevarse a Escritura Pública a petición do contratista e á súa costa. XIV. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos: Os gastos de os anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600 euros. XV. REVISIÓN DE PREZOS. Dada la duración do contrato non é aplicable ó mesmo a revisión de prezos. XVI. INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista no terá dereito a que se lle indemnicen os danos que se lle produciran por perdas, avarías ou prexuízos nos bens antes da súa entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. XVII.-GARANTÍA. O prazo de garantía se fixase nun año. XVIII.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE o PRAZO DE GARANTÍA. A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fora suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados no son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fora presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para acadar aquel fin, poderá, dentro de aquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. XIX.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución anunciadas nos arts. 111 e 192 do Rdl, 2/2000 de 16 de xuño. XX.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 por o que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. XXI.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestiones litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán la vía Contencioso?Administrativa, a tenor da Lei de dita xurisdicción. XXII.- MODELO DE PROPOSICIÓN. Don ... maior de idade, veciño de ... con domicilio en ... titular do DNI nº ... expedido con data ...,en nome propio ou en representación de ... con domicilio en ..., conforme acredito con poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso, o "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" ou "Subministro de Materiais", Lote nº..., comprométese a realizalo, con suxeición ó Prego de Cláusulas Económico-Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas, nas seguintes condicións: · Prezo ofertado polo Lote núm. ... (En letra e número) ... euros, a razón do prezo unitario de ... euros. · Outras melloras (relacionar as mesmas). · Prazo de entrega do subministro (Indicar o mesmo). · Situación xeográfica da planta ou canteira e capacidade de subministro (Indicar a mesma). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 170,173 29.13590.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, A CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DUN PROXECTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DUNHA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DE PONTEVEDRA Visto o crecente interese existente por parte dos xóvenes da nosa provincia para recibir unha formación seria, rigurosa e de calidade no ámbito da música galega, a Deputación de Pontevedra estima oportuno e necesario iniciar os trámites para a posta en marcha dun proxecto que dea resposta a esta demanda, contratando para iso, unha asistencia técnica para elaborar un proxecto de creación e xestión dunha escola de gaitas e percusión en Pontevedra. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de cen mil euros (100.000,00 ¤), IVE incluído. A adxudicación deste contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento, tras a pertinente aprobación do Presuposto provincial para o ano 2006. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/451.451.227.25 correspondente o Presuposto Provincial do ano 2006. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o Concurso como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORIA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DUN PROXECTO DE CREACIÓN E XESTIÓN DA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DE PONTEVEDRA. 1.- OBXECTO.- A Deputación de Pontevedra, tras a crecente demanda existente por parte dos xóvenes da nosa provincia, para recibir unha formación seria, rigurosa e de calidade no ámbito da música galega, estima oportuno e necesario iniciar os trámites para a posta en marcha dun proxecto que dea resposta a esta demanda. En consecuencia, convócase un concurso para a elaboración dun proxecto de creación dunha escola de gaitas na provincia de Pontevedra e a adxudicación da xestión. Os obxectivos xerais desta escola de gaitas será o estudo deste instrumento musical tradicional galego e o seu patrimonio cultural, así como o fomento do s

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición