ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/01/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-01-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/01/20_Ordinaria

  • Data(s) 2006-01-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 10 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte de xaneiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13656.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de xaneiro de 2006. ------ Folla: 10 2.13657.- APROBACIÓN DE PRÓRROGA, RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, CONCEDIDA A DONA Mª SOLEDAD DIÉGUEZ VILLAVERDE EN SESIÓN DE DATA 22/07/05 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobándose por Xunta de Goberno de 22/07/05 a subvención para "arranxo de vivenda" a favor de Dona Mª Soledad Diéguez Villaverde, por importe de 2.086,69 euros e á vista do escrito de 28/12/05 do Sr. Alcalde do concello de Forcarei solicitando prórroga para a citada subvención, toda vez que as condicións climatolóxicas adversas impediron a conclusión en tempo das obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga ata o 31 de maio de 2006, a Dona Mª Soledad Diéguez Villaverde, veciña de Forcarei, respecto da subvención por importe de 2.086,69 euros que lle foi concedida o 22/07/05, por acordo da Xunta de Goberno e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 10 3.13658.- APROBACIÓN DE PRÓRROGA, RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, CONCEDIDA A DONA Mª DOLORES PEÑA VIEITEZ EN SESIÓN DE DATA 22/07/05 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobándose por Xunta de Goberno de 22/07/05 a subvención para "arranxo de vivenda" a favor de Dona Dolores Peña Vieitez, veciña de Forcarei, por importe de 1.752,47 euros e á vista do escrito de 28/12/05 do Sr. Alcalde do concello de Forcarei solicitando prórroga para a citada subvención, toda vez que as condicións climatolóxicas adversas impediron a conclusión en tempo das obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga ata o 31 de maio de 2006, a Dona Dolores Peña Vieitez, veciña de Forcarei, respecto da subvención por importe de 1.752,47 euros que lle foi concedida o 22/07/05, por acordo da Xunta de Goberno e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 10 4.13659.- APROBACIÓN DE PRÓRROGA, RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, CONCEDIDA A DON PLÁCIDO GONZÁLEZ DAPARTE EN SESIÓN DE DATA 22/07/05 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobándose por Xunta de Goberno de 22/07/05 a subvención para "arranxo de vivenda" a favor de Don Plácido González Daparte, veciño de Rodeiro, por importe de 2.307,69 euros e á vista do escrito de 27 de decembro de 2005 do Sr. Alcalde do concello de Rodeiro, solicitando prórroga para a mencionada subvención, toda vez que as inclemencias do tempo impediron a conclusión das obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga ata o 20 de febreiro de 2006, a Don Plácido González Daparte, veciño de Rodeiro, respecto á subvención de 2.307,69 euros para "arranxo de vivenda", concedida o 22/07/05, pola Xunta de Goberno e con cargo á partida 05/313.313.780.01. ------ Folla: 10,11 5.13660.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE "VARIANTE DE PONTEARNELAS INCLUÍDA A PONTE SOBRE O RÍO UMIA (RIBADUMIA)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Variante de Pontearnelas incluída a ponte sobre o río Umia (Ribadumia)"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar á UTE SERCOYSA, S.A.-ALDESA,S.A. a obra "variante de Pontearnelas incluída a ponte sobre o río Umia (Ribadumia)" na suma de 2.311.072,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de quince meses, melloras valoradas en 207.149,96 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 326,44 ¤ correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP e DOG. ------ Folla: 11 6.13661.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "MELLORA DE TRAZADO E RODADURA EP 0407 PONTE CALDELAS-BORELA (PONTE CALDELAS)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno,en sesión de 26/11/2004, polo que se adxudicou a construccións, Obras e Viais, S.A. a obra "EP 0407 Ponte Caldelas-Borela (Ponte Caldelas)" na suma de 363.476,95 ¤; visto o proxecto modificado de dita obra, cuxo importe ascende á cantidade de 436.172,34 ¤, redactado como consecuencia de que, efectuada a comprobación do replánteo da obra, faise necesario corrixir os radios de curvatura en determinados tramos co fin de obter un trazado que garanta un mínimo de seguridade na condución, incrementando, ademais, o ancho do pavimento asfáltico ata 7,00 m, co que se varían as medicións do proxecto inicial, e que supón un aumento sobre a adxudicación de 72.695,39 ¤; e vistos os documentos RC emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto na partida 06/511.511.612.02.2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "mellora de trazado e rodadura EP 0407 Ponte Caldelas-Borela (Ponte Caldelas)" por importe de 436.172,34 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 72.695,39 ¤". ------ Folla: 11 7.13662.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DO PORRIÑO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "PAVIMENTACIÓN, iluminación E OBRAS COMPLEMENTARIAS NA PRAZA CENTRAL E O SEU ENTORNO", INCLUÍDA NO PAM/04 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de O Porriño, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/04, co núm. 141/110, denominada "Pavimentación, iluminación e obras complementarias na praza central e o seu entorno", subvencionada con 170.406,27 euros, pola Xunta de Goberno de data 30/04/2004. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2006, con carácter improrrogable. ------ Folla: 11,12 8.13663.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MANUEL ESTEVEZ CONDE, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA GONDOMAR-RAMALLOSA Á ALTURA DO CRUCE DE NANDE-COSTA (GONDOMAR) Dada conta que con data de Rexistro 25/11/05 (Rex. nº 035267) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Estévez Conde con DNI 36093294-S por danos padecidos en vehículo matrícula PO-8370-BL o día 2 de novembro de 2005, e que individualiza economicamente en 2.931,25 ¤. Resultando.- Que con data 02/12/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 05/12/2005 co seguinte contido: "a) La carretera que desde la de Gondomar-Ramallosa conduce a Nande es la EP 2305 Mañufe-Nande. b) En este Servicio no existe constancia de la caída de un árbol en el cruce de Costa, ni en otro punto de dicha vía provincial, ni la Brigada de la zona ha sido requerida en momento alguno para retirar un árbol en ese vial. c) No constan otros accidentes en ese punto en fechas anteriores o posteriores a la de ese accidente" Resultando.- Que con data 20/12/2005 solicitouse informe á Policía Local de Gondomar, o cal foi recibido nesta Deputación o 02/01/06 co seguinte contido: "...Que en relación a la solicitud de informe complementario de Atestado, que reclama la Diputación Provincial de Pontevedra, sobre la retirada de un árbol que ha causado unos daños a un vehículo con matrícula PO-8370-BL, cuyo propietario resulta ser D. Manuel Estévez Conde, se informa, que consultado a los Agentes actuantes manifiestan que fueron ellos quienes ayudaron al antes mencionado a retirar el árbol de la carretera. En el lugar también tuvo que personarse la brigada de electricidad de este Ayuntamiento, para retirar los cables del tendido eléctrico que se habían descolgados a causa de la caída del árbol." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a caída dunha árbore na estrada constitúe, para a Administración, un claro caso de forza maior, caracterizado por un elemento externo e irresistible que é nos seus efectos inicuos, imprevisible e inevitable. A maiores, unha árbore non é elemento intrínseco á estrada, nin sequera é súa zona de servidume, posto que se atopa situado en terreo alleo a Administración Provincial. Así o entendeu a Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 42/05 e a do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 19/02/04, que rexeitaron os pedimentos da demanda en supostos similares. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 12 9.13664.- COMUNICACIÓNS Queda enterada a Xunta de Goberno do auto do Tribunal de Contas, de data 11 de xaneiro de 2006, Sección de enxuizamento (rexistro de entrada 946, de data 16/01/06), en relación co "Informe de Fiscalización da Xestión contractual realizada polas Deputacións Provinciais, exercicio 2002, respecto dos Servizos de Asistencia Domiciliaria", segundo o cal se "Desestima o recurso de súplica interposto polos representantes da Excma. Deputación Provincial de Zamora e da Excma. Deputación Provincial de Lugo e confírmase o Auto recorrido, propoñendo o nomeamento de Delegado Instructor". FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 12,13 10.13665.- RESOLUCIÓN CONVENIO COA FABRICA NACIONAL DE MONEDA Y TIMBRE - REAL CASA DE LA MONEDA REFERENTE Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE CERTIFICACIÓN DE SINATURA ELECTRÓNICA Dada conta da factura remitida pola Real Casa de la Moneda-Fábrica Nacional de Moneda y Timbre referente ó servizo de certificación electrónica do ano 2005 e por un importe de 55.822,01 ¤ e, Resultando que o convenio entre a Xunta de Galicia, as excelentísimas Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre-Real Casa de la Moneda para a prestación de servizos de certificación de sinatura electrónica foi asinado o 24 de xuño de 2002. Resultando que na súa cláusula sexta establécese que o Convenio expirará o 31 de decembro de 2004 e que producirase a prórroga automática do mesmo, por período de tres anos. Resultando que se establece un Plan de implantación no Anexo II do citado convenio, do cal esta Deputación nunca tivo coñecemento. Resultando que de conformidade co informe do servizo de Proceso de Datos ó largo da vixencia do convenio apenas foron utilizados os servizos de certificación de sinatura electrónica, polo que o convenio no é rentable. Considerando que de conformidade co art. 67.1 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda prórroga nos contratos ademais de estar prevista "terá que ser expresa, sen que poida prorrogarse o contrato por consentimento tácito das partes". Considerando que de conformidade co art. 111 g) do citado texto legal é causa de resolución do contrato, o incumprimento das obrigas contractuais. Visto o disposto na cláusula oitava do citado convenio referente á resolución do mesmo, Por conseguinte de conformidade co anterior a Xunta de Goberno acorda por unanimidade resolver o citado convenio subscrito o día 24 de xuño de 2002 entre a Xunta de Galicia, as excelentísimas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre-Real Casa de la Moneda para a prestación de servizos de certificación de sinatura electrónica. ------ Folla: 13 11.13666.- APROBACIÓN DO "PROXECTO CHRONOS" PARA A SÚA PRESENTACIÓN Á CONVOCATORIA DO ARTIGO 6 DO FONDO SOCIAL EUROPEO, ANO 2006 Á vista da convocatoria de Accións Innovadoras financiadas en virtude do artigo 6 do Regulamento do fondo social europeo "Enfoques innovadores na xestión do cambio", ano 2006, esta Excma. Deputación Provincial, pretende presentar á mesma o "Proxecto CHRONOS" con orzamento global de 2.482.464,56 euros cuxo obxectivo específico será redefinir o papel dos traballadores de maior idade nas empresas e emitíndose informe o 18/01/06 polo Sr. Interventor, sinalando que unha vez aprobado definitivamente dito Proxecto pola U.E. procederase á apertura da oportuna partida no orzamento provincial do ano 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do "Proxecto CHRONOS", para a súa presentación á Convocatoria Europea do artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo, cun orzamento global de 2.482.646,56 euros, a financiar nun 75% polo Fondo Social Europeo (1.861.848,42 euros) e nun 25% polos socios (620.616,14 euros) cunha achega económica desta Deputación provincial de 183.625,39 euros. ------ Folla: 13,15 12.13667.- APROBACIÓN DE BASES DO PLAN CULTURAL 2006 De conformidade co informe favorable da Comisión Informátiva de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases do Plan Cultural 2006, que son do seguinte teor: "PLAN CULTURAL 2006 B A S E S 1.- OBXECTO A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coa cantidade fixada na partida 06/451.451.226.11 ós grupos da provincia polas actuacións aprobadas e realizadas. 2.- DESTINATARIOS Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música Masas corais Grupos folclóricos Grupos de gaitas Roldas Teatro Música clásica Música tradicional Ballet e danza Humor ... 3.- PRAZO DE INCLUSIÓN Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no Rexistro Xeral deste organismo desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 17 de febreiro de 2006, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8. As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: Grupo Importe/Euros Bandas de música: Grupo AGrupo BGrupo C 600500450 Masas corais: Grupo AGrupo B 270240 Grupos folclóricos: Grupo AGrupo BGrupo C 270210170 Música tradicional: Bandas de gaitasGrupos de gaitasRoldasFolk 240170240270 Música clásica: Grupo AGrupo BOrquestras 240210340 Teatro: Grupo AGrupo BMaxia 500375300 Grupos varios: Ballet e danzaHumoristasOutros.... 240210210 6.- PAGAMENTO O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar desde a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGA As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade b.- Certificación da conta bancaria c.- Relación nominal de compoñentes e DNI De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou en anos anteriores, e non houbo variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA: as que teñan a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música b.- un mínimo de 50 membros c.- un mínimo de 35 membros Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS: as que teñan a.- un mínimo de 50 membros b.- un mínimo de 30 membros 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan a.- 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b.- 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile c.- 16 membros e grupo instrumental propio Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI - Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI - Relación de alumnos da escola de baile - Breve historial da agrupación. 4.- TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Programación para desenvolver e custo de montaxe - Breve historial da agrupación 5.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS Música clásica: a.- Grupo A: grupos de cámara b.- Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos d.- Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento) Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de compoñentes co seu DNI - Breve historial da agrupación 10.- SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. 11.- PRAZO DE SOLICITUDES As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 12.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 13.- VIXENCIA O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2006, condicionado á existencia de consignación orzamentaria." ------ Folla: 15 13.13668.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición