ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/02/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-02-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/02/03_Ordinaria

  • Data(s) 2006-02-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 43 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as de horas do día tres de febreiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13687.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de xaneiro de 2006. ------ Folla: 43 2.13688.- RENUNCIA DA "ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS" DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, EN SESIÓN DE 07/10/2005 DE XUNTA DE GOBERNO Concedéndose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, de 07/10/05, unha subvención a favor da "Asociación de Personas Sordas" de Vigo, por importe de 1.965,00 euros, para "Taller de Internet para adultos", con 120 horas de duración e á vista do escrito de 24/01/06 do Presidente da mencionada Asociación renunciando á subvención concedida, por imposibilidade de levar a cabo o "Taller de Internet para adultos" debido á carencia de fondos económicos, toda vez que tiveron que acometer obras na nova sede social da Asociación, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da "Asociación de Personas Sordas" de Vigo, á subvención de 1.965,00 euros, concedida no seu favor para "Taller de Internet para adultos", con cargo á Partida 05/313.313.480.02, por imposibilidade de levalo a cabo. ------ Folla: 43 3.13689.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DA "ASOCIACIÓN UNIVERSIA", PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POR XUNTA DE GOBERNO DE 07/10/05 E AUTORIZACIÓN DO PAGO ANTICIPADO DO 50% DE TAL SUBVENCIÓN Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 07/10/05, a subvención de 2.100,00 euros, a favor da "Asociación Universia" para a actividade de "Intervención educativa e social na diversidade", dentro da convocatoria 2005 de subvencións para Asociación enmarcadas en Servizos Sociais Especializados e solicitándose o 29/12/05 pola mencionada Asociación unha prórroga respecto a tal subvención para poder culminar integramente o programa a desenvolver, así como un anticipo do 75% da subvención concedida, á vista do informe de 25/01/06, emitido polo Sr. Interventor Accidental desta Excma. Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: a) Conceder prórroga ata o 31/03/06 á "Asociación Universia", para xustificación da subvención por importe de 2.100,00 euros para actividade de "Intervención educativa e social na diversidade", concedida pola Xunta de Goberno de 07/10/05 b) Autorizar o anticipo do 50% da subvención concedida a tal Asociación, de conformidade coa Base 25-11 de Execución do Orzamento Provincial. ------ Folla: 43,44 4.13690.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DA "ASOCIACIÓN REXURDIR PROVINCIAL", PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POR XUNTA DE GOBERNO DE 07/10/05 E AUTORIZACIÓN DO PAGO DO 50% DE TAL SUBVENCIÓN Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación de 7 de outubro de 2005, a subvención por importe de 2.475,00 euros, a favor do Asociación "Rexurdir Provincial" de axuda ó toxicómano, para un "Curso de agricultura ecolóxica" de 150 horas de duración e solicitándose polo Sr. Secretario de tal Asociación, o 29/12/05 unha prórroga respecto da referida subvención, así como o pagamento anticipado do 50% do seu importe e á vista do informe emitido o 25/01/06 polo Sr. Interventor Accidental desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: a) A concesión de prórroga ata o 31 de marzo de 2006, a favor da Asociación "Rexurdir Provincial" para a xustificación da subvención por importe de 2.475,00 euros que no seu día a Xunta de Goberno de 07/10/05 outorgoulle para un "Curso de agricultura ecolóxica". b) A autorización do pagamento anticipado do 50% da referida subvención, e dicir, 1.237,50 euros, a favor da Asociación "Rexurdir Provincial" en conformidade coa Base 25-11 de Execución do Orzamento Provincial. ------ Folla: 44 5.13691.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: APPLERA HISPANIA, S.A. (CIF A-28.139.434) (antes PERKIN-ELMER HISPANIA, S.A.) - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre Caución y Crédito, por importe de sesenta e oito euros con corenta e nove céntimos (68,49 ¤), para responder do mantemento do Espectrofotómetro de Absorción atómica do laboratorio na Finca Areeiro, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/04/1999, núm. de operación 1999015311, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANOR-TRATAMIENTOS DEL NORTE, S.L. (CIF B-15.279.912) - A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cento oitenta e tres euros con vinte céntimos (1.183,20 ¤), para responder dos aforos para coñecer a intensidade media diaria das estradas da rede provincial, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/09/2004, núm. de operación 200400064292, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (CIF B-36.477.677) - A constituída en metálico, por importe de novecentos cincuenta e seis euros (956,00 ¤), para responder do contrato de coordinación ,control e seguimento dos cursos incluídos nos proxectos piloto "Pensa en Ti" e "Ti tamén contas", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/05/2005, núm. de operación 200500051981, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CIENTISOL, S.L. (CIENYTECH) (CIF B-15.869.605) - A constituída en metálico, por importe de dous mil setenta e seis euros con cincuenta e dous céntimos (2.076,52 ¤), para responder do subministro de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/05/2005, núm. de operación 200500052219, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RESTAURACIÓN & CONSERVACIÓN ARA, S.C. (CIF G-36.868.578) - A constituída en metálico, por importe de mil oitenta euros (1.080,00 ¤), para responder da restauración e conservación do retablo de Santa Baia en Mos, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2005, núm. de operación 200500086281, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ICA FORMACIÓN, C.B. (CIF E-36.931.681) - A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e seis euros (1.196,00 ¤), para responder do módulo "Formación de coidadores de enfermos dependentes: Alzheimer, demencias e outras enfermidades neurolóxicas dexenerativas", incluído no Proxecto Camiño cara unha integración laboral, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2004, núm. de operación 200400059022, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de douscentos vinteoito euros (228,00 ¤), para responder da ampliación do módulo "Formación de coidadores de enfermos dependentes: Alzheimer, demencias e outras enfermidades neurolóxicas dexenerativas", incluído no Proxecto Camiño cara unha integración laboral, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/12/2004, núm. de operación 200400085676, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DEZA VISION, S.A. - CANAL DEZA (CIF A-36.341.436) - A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder de prestación de servizos de publicidade no Canal Deza, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/01/2005, núm. de operación 200500000121, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------Folla: 45,576.13692.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO PARA OS TALLERES OCUPACIONAIS DO CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN A EMIGRANTES E INMIGRANTES DO PROXECTO CIDADE+ Visto o escrito da directora xerente do Proxecto Cidade+ e a xefa de Acción Social participando que para levar a cabo as accións formativas incluídas no Proxecto é necesario adquirir diverso equipamento para os talleres ocupacionais do centro integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes, cuxo custo estímase en 220.159,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de equipamento para os talleres ocupacionais do centro integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes do proxecto Cidade+, por un tipo máximo de licitación de douscentos vinte mil cento cincuenta e nove euros (220.159,00 ¤), IVE incluído, e en función da seguinte división por lotes: LOTE 1: Maquinaria e ferramenta electroportátil, cuxo custo estímase en 122.150,00 ¤. LOTE 2: Ferramenta manual e pequena ferramenta, cuxo custo estímase en 21.927,00 ¤. LOTE 3: Outro equipamento, cuxo custo estímase en 76.032,00 ¤. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/422.323.623.01.2005 do vixente Orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO PARA OS TALLERES OCUPACIONAIS DO CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN A EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES DO PROXECTO CIDADE+ 1.- OBXECTO.- A iniciativa comunitaria Interreg III-A, subprograma Galicia-Norte de Portugal, desenvolve un programa denominado Cidade +. Este proxecto pretende mellorar o sistema de atención e información, así como prestar axuda ós inmigrantes e emigrantes retornados na cidade de Pontevedra e Melgaço. Así mesmo, este proxecto ten nas súas instalación talleres ocupacionais onde se pretende impartir formación ó colectivo beneficiario deste proxecto en áreas como carpintería metálica e de madeira, instalación, fontanería, electricidade, etc., sendo preciso dotalos do equipamento necesario. Polo exposto resulta necesaria a contratación do subministro de diverso equipamento, clasificándoa nos seguintes lotes: · Lote nº1: Maquinaria e ferramentas electroportátil. · Lote nº2: Ferramenta manual e pequena ferramenta. · Lote nº3: Outro equipamento. No prego de prescricións técnica que se une como anexo descríbense con detalle os elementos a subministrar. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/422.323.623.01.2005, do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade dos subministros por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO.- A entrega dos subministros efectuaranse no prazo de 30 días a contar desde o día seguinte á formalización do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de douscentos vinte mil cento cincuenta e nove euros (220.159,00 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administración Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha da prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unión temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: Proposición Económica para optar ó Concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, o subministro de equipamento para os talleres ocupacionais do centro integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes do Proxecto Cidade + (Lote nº______). Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Descrición dos productos a subministrar. Cada licitador so poderá presentar unha proposición por lote, podendo participar en calquera dos tres lotes nos que se desagrega o concurso. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "Documentos Xerais para optar ó Concurso para adxudicar mediante procedemento aberto, contratación do subministro de equipamento para os talleres ocupacionais do centro integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes do Proxecto Cidade+ (Lote nº____). Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión ante a Administración. 2.- As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espacio Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na Lcap e demais normativas vixentes. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non , deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdicción dos tribunais e xulgados españois. 3.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. do R.d.l. 2/2000 da Lcap. 4.- Documento que acrediten estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 5.- Resguardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 6.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 7.- Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 8.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario Xeral da Corporación O interventor da Corporación. A directora de xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe. A xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Calidade dos productos a subministrar: ata 4 puntos. 2) Prazo de entrega: ata 3 puntos. 3) Outras melloras: ata 2 puntos. 4) Menor prezo: ata 1 punto. 12- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso.O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdicción. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á contratación do subministro de equipamento para os talleres ocupacionais do centro integral de atención a emigrantes retornados e inmigrantes do Proxecto Cidade + (Lote nº____), comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo prezos unitarios que se relacionan a continuación. LOTE 1: MAQUINARIA E FERRAMENTA ELECTROPORTÁTIL Código Unidades Descrición Importe máximo unidade(IVE incluído) Importe total(conIVE) 01-1 1 Trade de columna Trade de sobremesa con motor eléctrico monofásico de 1,1 kw de potencia con selector de 12 velocidades de xiro (reversible) desde 200 a 3160 rpm. Mesa de 280 x 280 mm con posibilidade de xiro sobre la columna, regulable en altura por cremalleira. Dotado con portabrocas protexido e autobloqueante de capacidade ata 20 mm e percorrido vertical ata 82 mm. Dotado con sistema de parada de emerxencia. 01-2 2 Equipo soldadura por electrodo Equipo de soldadura con transformador trifásico bitensión (230/400 V), con protección por fusible de 35/20, con regulación de 40 a 260 A. Electrodos utilizables de 1,6 a 5 mm de diámetro. Con accesorios: careta de protección, pinza de masa, picaraña e cepillo metálico. 01-3 3 Esmeril. Esmeril eléctrico monofásico de 220 V e 370 w de potencia, con carcasa de aceiro e rodamentos a bólas. Con dúas moas de distinto gran e dimensións 200 x 20 mm (húmido) e 150 x 20 (seco) con protectores incluídos. Velocidades de xiro máximas de 2.950 rpm (seco) e 140 rpm (húmido). 01-4 8 Trade eléctrico. Trade eléctrico de 220V e 750 w de potencia, con percusor. Capacidade de trade e parafuso, xiro reversible e par de apertado de 30 Nm. Preselección de número de revolucións e portabrocas con sistema autobloqueante. 01-5 16 Trade eléctrico. Trade eléctrico de 230 V e 500 w de potencia, preselección de número de revolucións e posibilidade de xiro reversible. Par de apertado de 6 Nm e portabrocas autobloqueante. 01-6 9 Desbarbadoras angulares Desbarbadora angular de 1.800 w de potencia, con devanado blindado, empuñadura ergonómica antivibracións, e discos de 180 mm de diámetro, con protectores e ferramenta incluída. 01-7 14 Desbarbadoras angulares Desbarbadora angular de 750 w de potencia, con devanado blindado, e discos de 115 mm de diámetro, con protectores e ferramenta incluída. 01-8 7 Trade batería Trade/parafuso de batería con empuñadura ergonómica e portabrocas autobloqueante. 15 posicións de apertado e unha de trade con xiro reversible. Par de xiro máximo en parafusado 35 Nm. Tensión do acumulador de 14.4 V e unha capacidade de 1.4 Ah. 01-9 1 Cepilladora. Máquina para cepillado con motor eléctrico de 3.3 kw (trifásico a 380 V) e toma de aspiración de 100 mm. Ancho de cepillado mínimo de 300 mm e mesa de 2.700 x 510 mm. 01-10 1 Regrosadora. Máquina de regroso con elevación automática e mesa de 500 mm de ancho. Velocidade de avance en regrosado mínimo de 8 m/min e groso máximo de 220 mm. Motor eléctrico trifásico a 380 V de 5.5 kw. 01-11 2 Serra para bispeis. Serra para bispeis con mesa de aliaxe de aluminio, con motor eléctrico monofásico de 220 V e 1.800 w de potencia con serra de 254 mm de diámetro, con regulación de corte en bispel e en inclinación. Ancho máximo de corte de 305 mm e altura máxima de corte ata 87 mm. 01-12 2 Serra circular manual. Serra circular manual con motor eléctrico monofásico de 230 V e 1.150 w de potencia con protección de sobrecarga e sistema de control de revolucións. Diámetro de serra de 160 mm e profundidade máxima de corte de 54 mm e 35 mm en cortes inclinados (ata 45º). Dotada de carril guía. 01-13 3 Serra caladora. Serra de calar de motor eléctrico monofásico de 220 V e potencia de 650 w con placa base de aluminio e camisa de aceiro regulable de -45º a +45º. Profundidade de corte máxima en madeira de 120 mm. Número de carreiras en baleiro desde 500 a 2800 por minuto. 01-14 3 Cepillo. Cepillo eléctrico manual de 220 V e 850 w de potencia. Ancho de cepillado de 82 mm, profundidade de rebaixe axustable ata 24 mm e de grosor de labra ata 3.6 mm. Coitelas reversibles de metal duro e dotado de bastidor de apoio para traballo estacionario. 01-15 3 Fresadora portátil. Fresadora manual eléctrica de 900 w de potencia con tope paralelo de axuste exacto, con boquilla portaferramentas de 6/8 mm e axuste rápido mediante rodas corredeiras. Control electrónico de velocidade, preseleccción de número de revolucións e posibilidade de arranque suave. 01-16 3 Lixadora de banda. Lixadora de banda eléctrica de 750 w de potencia con ancho de lixado de 75 mm. Rodetes portantes de aluminio e correa dentada de transmisión. Axuste fino de tensión de rodetes e palanca de suxeición rápida para cambio de banda. Acople de saco colector e aspirador. Velocidade da banda entre 200 e 330 m por minuto. 01-17 2 Lixadora orbital. Lixadora eléctrica orbital con cerre de cardillo, 180 w de potencia e placa de lixado de 92 x 182 mm. Sistema de control electrónico e soporte ergonómico. Dotada de saco aspirador. 01-18 3 Cravadora pneumática. Cravadora pneumática para presións de traballo entre 4 e 7 bares e cravos de entre 1 e 2 polgadas de lonxitude. 01-19 1 Compresor portátil. Compresor portátil sobre carro de rodas con motor eléctrico monofásico de 220 V e 1.5 CV, con depósito de capacidade de 25 litros, produción de 230 lpm e presión máxima de 8 atm. 01-20 1 Grupo electróxeno portátil.Grupo electróxeno portátil para produción de corrente alterna a 220 v e 50 Hz, con potencia máxima subministrada de 2.6 kw. 01-21 1 Taladro de columna Taladro fresador de columna con motor eléctrico trifásico de 400 V e 0,75 kw de potencia con selector de 6 velocidades de xiro reversible desde 50 a 1250 rpm. Cabezal con xiro de 360º sobre a columna. Mesa de 585 x 190 mm regulable en altura, dotada de desprazamento lonxitudinal e transversal. Dotado con portabrocas autobloqueante de capacidade ata 32 mm e percorrido vertical ata 130 mm. e diámetro máximo de fresa de 20 mm. Con cuberta de seguridade portafresas e interruptor de paro de emerxencia. 01-22 3 Equipo soldadura por electrodo Equipo de soldadura con transformador trifásico bitensión (230/400 V), con protección por fusible de 35/20, con regulación de 60 a 350 A. Electrodos utilizables de 2 a 7 mm de diámetro. Con accesorios: careta de protección, pinza de masa, piqueta e cepillo metálico. 01-23 3 Equipo soldadura inverter MAG/MIG Equipo de soldadura por fío, que permita soldadura continua, intermitente e por puntos, con transformador monofásico de 230 V, protexida mediante fusible de 20 A e intensidade regulable de 15 a 190 A. Diámetro de fío de 0,6 a 1,0 mm. Accesorios: careta, pinza de masa e facho. 01-24 1 Equipo de soldadura TIG con argón. Equipo de soldadura TIG, monofásico de 400 V, protexido con fusible de 32 A. Regulación de corrente de 20 a 200 A. Dotado de facho TIG con toba de gas, e pinzas portaelectrodo para electrodo de tungsteno. 01-25 3 Equipo de soldadura e corte oxiacetilénica Equipo semiportátil de soldadura e corte oxiacetilénica, con carro de transporte para botellas de osíxeno de 1,8 kg e de acetileno de 2.680 kg, con accesorios: carro transportador, soprete de soldadura e corte (completo), valvulería, manorredutores e retrousos de subministro de gases flexibles normalizados. 01-26 1 Equipo de corte inverter plasmaEquipo de corte por arco-plasma de alta frecuencia, para corte de aceiro ó carbono, inoxidable, aluminio, cobre, latón, etc. Alimentación monofásica a 230 V protexido con fusible de 16 A e potencia absorbida de 4 kw. Regulación da intensidade de corte de 5 a 35 A. Máximo espesor de corte en aceiro de 10 mm. 01-27 1 Tronzadora de cintaTronzadora de cinta con motor eléctrico monofásico de 230 V e 0,5 CV de potencia con transmisión directa, velocidade de serra de 45 mpm, e capacidades de corte de 100 mm de diámetro en redondos e 100x150 mm en seccións rectangulares, incluída serra para metal e mesa soporte. Cabezal con posibilidade de inclinación de corte ata 45º, mordaza de acción rápida e interruptor de emerxencia. 01-28 1 Serra de cinta semiautomática Tronzadora de cinta con motor eléctrico trifásico de 400 V e 1,1 CV de potencia, velocidade de serra ata 72 mpm e capacidad de corte de 110 mm de diámetro en redondos e 260x110 mm en seccións rectangulares, incluída serra para metal e mesa soporte. Cabezal con posibilidade de inclinación de corte ata 45º, descenso mediante pistón hidráulico, bomba con dobre circuíto refrixerante, mordaza de acción rápida, interruptor de seguridade de tensión da folla e de apertura da tapa e interruptor de emerxencia. 01-29 1 Curvadora de tuboCurvadora de perfís, con capacidade de curvado de tubo de sección circular (ata 30 mm de diámetro). Motor eléctrico de 1.5 HP protexido contra sobrecarga, con tres rodetes traccionados. Dobre posición de traballo, en vertical e horizontal. Regulación hidráulica do rodete superior, con display dixital. Potencia de tracción do rodete hidráulico ata 6 T. Dotada de mando con dobre pedal. 01-30 1 CompresorCompresor de aire estacionario bicilíndrico con motor eléctrico trifásico bitensión a 230-400 V de 5.5 HP, con capacidade de depósito de 300 litros e desprazamento de aire de 680 lpm. Presión entre 6 e 8 atm e dotado con regulador de presión e filtro con electroválvula. 01-31 3 Pistola de pintar Pistola de pintar multiuso de baixo consumo de aire e alimentación por succión con regulador de caudal, produto e abano e depósito de aluminio de 1 litro, provista de mangueira con acoples rápidos. 01-32 2 Equipo pneumático Equipo pneumático con inflador, verificador de presión, manómetro de 10 bar, pinza para válvula de pneumáticos, pistola estándar para petróleo e pistola sopradora. 01-33 2 Chave pneumática de impactoEquipo pneumático composto por chave de impacto de accionamento pneumático ata 7.000 rpm e con par mínimo de 35 kg-m, con conexión de aire de 1/4", regulador de aire incorporado, retedor de vasos de accionamento rápido, posibilidade de inverter o xiro, incluída mangueira con acoples e xogo de vasos de 8 a 24 e adaptadores de vasos de 1/2", 3/4" e 3/8". 01-34 1 Formigoneira Formigoneira eléctrica con motor monofásico de 220 V e 3.2 C.V de potencia. Capacidade 270 l. 01-35 1 Cortadora diamante Motor monofásico de 1,5 CV, para cerámicas de revestimento, gres, mármore, granito e outros materiais. Con 2 discos diamante de Ø200 mm. Protector térmico seguridade. Refrixeración do disco por bomba de auga de gran resistencia. 01-36 1 Motoserra Motoserra con motor de explosión de cilindrada mínima 44 cc e 3.0 HP con espada de 38 cm e paso de cadea de 0,325". Con acendido electrónico, freo de cadea automático, sistema antivibracións, e regulación da lubricación da cadea. Equipada con ferramentas (chave de buxía, lima e portalimas), protector de cadea, bidón homologado para combustible de 5 litros e bidón homologado para aceite de 2,5 litros. 01-37 2 RozadoraRozadora con motor de explosión de 2T de cilindrada mínima 34 cc e 2,2 HP, con acendido electrónico, embrague sen amianto, guiador tipo bicicleta, transmisión por vara ríxida en barra de 28 mm de diámetro. Piñón angular de transmisión asentado sobre catro rodamentos. Dotada de sistema antivibracións. Equipada con arnés dobre, casco con careta e protectores auditivos, ferramentas (buxías e chave de buxías), bidón homologado para combustible de 5 litros, disco tripuntal e carrete de fío automático universal (con rolo de fío de nylon de 180 m e diámetro axustado ó cabezal). 01-38 1 CortacéspedeCortacéspede con motor de explosión de catro tempos e 4.5HP, con arranque manual, tracción traseira con velocidade de avance fixa. Ancho de corte de 46 cm e altura de corte regulable de 30 a 75 mm. Guiador pregable e chasis de material sintético. Dotado de bolsa recolledora de 50 litros de capacidade mínima. Nivel de ruído non superior a 96 dB(A). Equipado con ferramenta (buxía e chave de buxía), coitela de reposto e bidón para combustible homologado. 01-39 1 CortasebesCortasebes con motor de gasolina de dous tempos, 27 cc de cilindrada mínima e 1 CV de potencia con acendido electrónico, con coitelas cortantes por ambos lados de 60 cm de corte, freo de coitelas, guiador con empuñadura antivibracións e xiratorio. 01-40 1 Cortadora manual de cerámicas Cortadora manual profesional para corte recto ou en curva de cerámicas de pavimento e revestimento. Equipado cun separador monopunto de gran potencia e suavidade. Xogo de ferramentas e maleta. 01-41 1 Martelo demoledor Martelo demoledor eléctrico de 1.500 w de potencia, regulador de velocidade de xiro (6 posicións) e de cicelamento (12 posicións), baixo nivel de vibracións e baixo nivel acústico. Con maletín e xogo de ciceis, punteiros e brocas con conexión SDS. 01-42 1 Nivel láserNivel de burbulla con punteiro láser adaptable a trípode e con alcance mínimo de 25 m, incluído trípode e caixa. 01-43 1 EscuadradoraMáquina escuadradora con motor eléctrico trifásico de 5.5 kw a 380 V. Diámetro de serra de 250 mm. Percorrido do carro deslizante de 1.250 mm. Cortes con inclinación de 0 a 45º. Toma de aspiración de 100 mm de diámetro. 01-44 1 Tupí. Tupí de eixe horizontal de 50 mm, con bancada e mesa de fundición dotada de carro espigador lateral, con alimentador de tres rodas e catro velocidades, con motor eléctrico trifásico a 380 V de 5.5 kw. 01-45 1 Serra de cintaSerra de cinta continua con motor eléctrico trifásico de 2.2 kw a 380 V. Serra de 40 mm de ancho e velocidade de rotación de 600 rpm. Mesa inclinable de 0 a 50º e toma de aspiración de 100 mm. 01-46 2 CompresorCompresor de aire estacionario bicilíndrico con motor eléctrico trifásico bitensión a 230-400 V de 5.5 HP, con capacidade de depósito de 300 litros e desprazamento de aire de 680 lpm. Presión entre 6 e 8 atm e dotado con regulador de presión e filtro con electroválvula. 01-47 1 Grupo aspiradorGrupo aspirador con motor trifásico de 380 V e 3.7 kw de potencia. Caudal aspirable de 4.000 m3/h. Cinco tomas de aspiración de 100 mm e tres baterías de dous sacos cada unha. Instalado coas correspondentes tomas de aspiración a cada unha das máquinas. TOTAL LOTE 01 IVE INCLUÍDO LOTE 2: FERRAMENTA MANUAL E PEQUENA FERRAMENTA Código Unidades Descrición Importe máximo unidade(IVE incluído) Importe total(con IVE) 02-1 25 Ferramenta de corte. Arco de serra para metal con corpos de aluminio unidos por tubo de aceiro, pintada con pintura epoxi e con mango ergonómico, para follas de 300 mm e con capacidade de corte de 90 mm. 02-2 75 Xogo de: flexómetros con freo e cinta de aceiro de lonxitudes 3 e 5 metros e ancho de folla de 16 e 19 mm. 02-3 16 Ferramentas de trazado e medida. Chumbada de aceiro de peso 500 g. Con cinco metros de corda e separador de pletina de aceiro. 02-4 14 Ferramentas de trazado e medida. Xogo de niveis burbulla de aluminio de lonxitudes 400 e 600 mm, con precisión mínima de 0.5 mm/m. 02-5 27 Ferramentas de trazado e medida. Pé de rei de aceiro inoxidable con pulsador e bocas de 40 mm, de lonxitude 150 mm e graduacións de 0.05. 02-6 17 Ferramentas de trazado e medida. Xogo de regras de nivel ríxidas de aceiro e medidas 1.000x40x8 e 2.000x60x12. 02-7 12 Ferramentas de trazado e medida.Xogo de regras de medir ríxidas de aceiro milimetradas de dimensións 500x25x5 e 1.000x30x6. 02-8 12 Ferramentas de trazado e medida.Compás con puntas marcadoras de aceiro e lonxitude e apertura máxima de 250 mm. 02-9 20 Alicates universais niquelados con mangos en material plástico, con capacidade de corte de 1,6 mm de diámetro en arame semiduro con illamento ata 1.000 V. 02-10 15 Tenaces de canal de sete posturas de apertura cromo vanadio pintado epoxi antiesvarante. 02-11 14 Tenaces de encofrador modelo ruso pintado epoxi antiesvarante de 250 mm de lonxitude. 02-12 15 Mordaza tipo grip de bocas curvadas para redondos, niquelada e con porca de retención de apertura con capacidade ata 42 mm de diámetro. 02-13 12 Chave tipo stillson, de aceiro forxado temperado e temperado local do dentado, pintado en epoxi antiesvarante e apertura máxima de 62 mm. 02-14 12 Chave para redondos de aceiro ó cromo-vanadio, temperado local do dentado, pintado en epoxi antiesvarante e apertura máxima 62 mm. 02-15 23 Xogo de: chave tipo inglés con moleta lateral de 150 e 300 mm de lonxitude e aperturas máximas de 21 a 39 mm. 02-16 16 Xogo de: chaves planas ó cromo-vanadio de dúas bocas de medidas 4x5 6x7 8x9 10x11 12x13 14x15 16x17 18x19 e 20x22. 02-17 16 Xogo de: chaves de estrela acobadadas ó cromo vanadio de medidas similares ás anteriores. 02-18 16 Xogo de: chaves tipo "allen" niqueladas de medidas 1.5, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10. 02-19 8 Xogo de: chaves de vaso de 3/8" bihexagonais cromadas de medidas 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20. 02-20 8 Carraca reversible 3/8" ó cromo-vanadio de 200 mm de lonxitude. 02-21 5 Xogo de: desparafusos de vara de cromo-molibdeno-vanadio de bocas planas forxadas de 0.8x4x75, 1x1.5x100, 1.2x8x150, 2x12x250 de bocas tipo Philips números 0, 1, 2 e 3, con illamento ata 1.000 V. 02-22 15 Martelo de bola con fixación de mango cónica, mango de madeira e bocas de 25, 28 e 30 mm de diámetro 02-23 25 Xogo de: cortafríos de aceiro ó cromo vanadio de 200 mm e boca de 20x12 e de 300 mm e boca de 25x14. 02-24 25 Xogo de: cortafríos de aceiro ó cromo, reafiables, pintados en epoxi antiesvarante e con protector contra golpes de 300 e 400 mm de lonxitude e bocas de 26x13. 02-25 9 Xogo de: pata de cabra de lonxitudes 50 e 70 e diámetros 18 e 20. 02-26 10 Cortatubos para tubos de cobre ata diámetro 35 mm. 02-27 5 Cortatubos para tubos de aceiro ata diámetro 2". 02-28 5 Cortatubos para tubos de plástico ata diámetro 40 mm. 02-29 10 Alicates pelacables con mango forrado en material plástico e illamento ata 1.000 V, con capacidade de pelado ata cable de 4 mm de diámetro. 02-30 5 Alicates tipo grip para engastar terminais en cable ata 6 mm2. 02-31 10 Tesoira forte con patas e argolas en material plástico. 02-32 5 Soldador-estañador eléctrico de pistola de 100 w e temperatura ata 540 ºC. 02-33 20 Caixa de ferramentas metálica de 500x210x190 mm. 02-34 5 Parafuso para tubos con mordazas de aceiro temperado e corpo abatible, con capacidade ata 2" de diámetro. 02-35 3 Dobradora de tubo de cobre ata 22 mm de diámetro. 02-36 10 Soprete de soldadura para butano/propano. 02-37 5 Multímetro dixital. 02-38 3 Xogo de:Serróns de corte con folla de aceiro temperado de lonxitudes 16 e 19 polgadas e paso de dente de 2.8 e 3.5. 02-39 3 Ferramenta de corteSerrón de punta con folla de aceiro temperado de lonxitude 12 polgadas e paso de dente de 2.8. (3 unidades) 02-40 3 Ferramenta de corteSerrón de costela con folla de aceiro temperado de lonxitude 12 polgadas e paso de dente de 1.9. (3 unidades) 02-41 3 Ferramenta de tallado Xogo de formóns con mango de madeira e folla de aceiro temperado de anchos desde 6 a 20 mm. 02-42 3 Ferramenta de tallado Xogo de gubias con mango de madeira e folla de aceiro temperado con anchos de 6 a 16 mm. 02-43 11 Ferramenta de apertadoXogo de torniquetas con mango de madeira e pletina de aceiro de dimensións 18x7 e 30x8, con apertura ata 400 mm e lonxitudes do cabezal fixo de apertado de 70, 90 e 120 mm. 02-44 11 Ferramentas de trazado e medida.Xogo de escuadros con folla graduada de aceiro e dimensións 200 x 125 e 400 x 200 mm. 02-45 8 Ferramentas de trazado e medida. Xogo de falsos escuadros de aceiro e madeira de dimensións 150 x 160 e 250 x 160 mm 02-46 20 Alicates universais niquelados con mangos en material plástico, con capacidade de corte de 1,6 mm de diámetro en arame semiduro. 02-47 4 Tenaces carpinteiro tipo francés de 180 mm de lonxitude. 02-48 9 Xogo de: desparafusos de vara de cromo-molibdeno-vanadio de bocas planas forxadas de 0.8x4x75, 1x1.5x100, 1.2x8x150, 2x12x250 e de bocas tipo Philips números 0, 1, 2 e 3. 02-49 10 Xogo de: martelo uña cónico mango madeira bocas 27/29, uña mango madeira bocas 20/27, boca nylon 22/28. 02-50 10 Maza mango madeira fixación cónica bocas 55/65. 02-51 5 Machada peso cabeza 500/700 gramos. 02-52 15 Extintor de po ABC 6KG segundo UNE 23110EN 3. 02-53 5 Tenaces de encofrador modelo ruso pintado epoxi antiesvarante de 250 mm de lonxitude. 02-54 5 Martelo de enchapador con mango de madeira e boca de 28 mm. 02-55 10 Ferramenta de corteArco de serra con folla americana. 02-56 15 Martelo encofrador curvo con mango de fibra. 02-57 15 Maceta tipo español con mango de fibra 02-58 15 Alcotana pico con mango de fibra 02-59 15 Punteiro forxado con protección medida 20 x 400 02-60 15 Cicel forxado con protección medida 20 x 400. 02-61 10 Picachón con pico e pala 440 x 47 con mango de fibra. 02-62 20 Fixas de albanel medida 250 02-63 15 Paleta tipo Madrid 200 x 107 02-64 15 Paleta tipo Norte 180 x 115 02-65 10 Paletín punta aguda 130 x 75 02-66 10 Paletín punta roma 120 x 70 02-67 10 Esparavel aceiro inoxidable mango de madeira 300x150 02-68 10 Esparavel dous peites de aceiro inoxidable mango de madeira 300x150 02-69 10 Talocha rectangular de plástico 270x350 02-70 10 Talocha rectangular con esponxa 140x220 02-71 5 Raedeira con ollo redondo e mango. 02-72 5 Angazo cinco puntas aguzadas con ollo e mango. 02-73 10 Pa redonda con mango de madeira tipo muleta 02-74 2 Tesoira poda de dúas mans con mangas metálicas de 200 mm de lonxitude, con coitela e contracoitela en aceiro temperado. 02-75 4 Tesoira poda dunha man con mangas metálicas de 600 mm de lonxitude, con coitela e contracoitela en aceiro temperado. 02-76 5 Baqueta xardín con mango de madeira tipo muleta. 02-77 5 Vasoira metálica graduable de 22 puntas, con mango de madeira. 02-78 5 Angazo 14 dentes en aceiro con mango de madeira. 02-79 5 Aixada de xardín con pa e galla 115 x 80, con mango de madeira. 02-80 10 Aixada de xardín punta recta 160x140, con mango de madeira. TOTAL LOTE 02 IVE INCLUÍDO LOTE 3: OUTRO EQUIPAMENTO Código Unidades Descrición Importe máximo unidade(IVE incluído) Importe total(con IVE) 03-01 15 Banco de traballo. Banco de traballo de metal (lonxitude 1.5 metros, profundidade 0.9 metros) con mural frontal con cerre con chave para almacenar pequena ferramenta (capacidade 80 pezas), con parafuso de apertado de apertura ata 200 mm. 03-02 2 Medidor de enerxía solar. Medidor de enerxía solar con precisión mínima do 5% e rango de medidas de 50 a 1.000 W/m2, con célula fotovoltaica de silicio monocristalina calibrada. 03-03 1 Módulo de entrenamento en enerxía solar fotovoltaica.Entrenador modular para o estudo teórico práctico de instalacións de enerxía solar fotovoltaica, cos seguintes módulos: control de baterías de 12 V, medidor de radiación solar, regulación electrónica, cargas en DC, convertidor DC/AC, medida de tensións en DC, cargas en AC, inversor de rede e vatímetro para AC. 03-04 1 Módulo de entrenamento en enerxía solar térmica. Entrenador modular para o estudo teórico práctico de instalacións de enerxía solar térmica, para obter auga quente sanitaria e climatización. Dotado do equipamento seguinte: un panel solar con soporte, compoñente de almacenamento, sistema hidráulico, sistema de control de parámetros con conexión a PC, software de dimensionado de instalacións e sistema de abastecemento. 03-05 1 Módulo de entrenamento en enerxía eólica. Entrenador modular para o estudo teórico práctico de instalacións de enerxía eólica, dotado do seguinte equipamento: aeroxerador de 600 w con mastro e sensor de vento, anemómetro, sistema de medidas e regulacións, conversor DC/AC, control de baterías, cargadores a 12 e 220 V, e vatímetro. 03-06 1 Módulo de entrenamento de instalacións de iluminación e sinalizacións domésticas e comerciais. Fonte de alimentación de sobremesa para conexión á rede monofásica/trifásica de 220 V e bastidor metálico modular de sobremesa con porta con cerradura pintado en epoxi, que incorpore os seguintes módulos de prácticas: interruptores domésticos, conmutadores domésticos, interruptores unipolares de dobre acción, inversores de rede, relés conmutadores con bobina a 24 e 220 V, lámpadas a 220 V, bases de rede de 10 A, módulo de fusibles de rosca, tubos fluorescentes con cebador e reactancia a 220 V, transformador de 110/220 a 12/24 V, relé de tempo, variador de intensidade luminosa, interruptor por tacto, timbres e zumbadores a 24V, pulsadores e lámpadas a 24 V, abreportas a 12 V, lámpadas de dirección a 24 V, interruptores a 24 V, pulsadores a 24 V, relés a 24 V e intercomunicador con fonte de alimentación. 03-07 1 Módulo de entrenamento de instalacións eléctricas para residencias e comercios. Bastidor metálico modular de sobremesa con porta con cerradura pintada en epoxi, que incorpore os seguintes módulos de prácticas: motor/xerador de 24 V con control de velocidade e sentido de xiro, motor monofásico con condensador, motor trifásico, fonte de alimentación DC 24 V, interruptor diferencial monofásico, interruptor magnetotérmico trifásico, relé arranque estrela/triángulo, dos finais de carrera, autómata programable de seis entradas e catro saídas, simulador de porta con detector fotoeléctrico, apertura/cerre remoto, detector magnético, sensores de proximidade indutivo e capacitivo, pulsador de arranque/parada, transformador de intensidade e analizador de liñas (tensión, corrente e potencia). 03-08 1 Módulo de entrenamento de electrotecnia. Bastidor metálico modular de sobremesa con porta con cerradura pintado en epoxi, que incorpore os seguintes módulos para prácticas: alimentación en corrente continua e alterna, compoñentes resistivos, relés bobinados, conxunto de transformadores, conxunto de diodos rectificadores, conxunto de indutancias, conxunto de condensadores, equipo de iluminación a 24 V (tubos fluorescentes, balastro, interruptor, conmutador e premedor), contactores e premedores de control de motores e motores trifásico, monofásico e universal de CC/CA. 03-09 5 Módulos fotovoltaicos policristalinos Módulo fotovoltaico policristalino de 125 w de potencia máxima, 17,4 V de voltaxe máxima e 7,2 A de corrente máxima, incluído soporte. 03-10 1 Inversor/cargador Inversor-cargador de onda sinusoidal modificada, con entradas de AC máxima de 230 V-25 A e DC máxima de 31 V e voltaxe de saída de 230 V e 50 Hz. Función de carga axustable ata corrente máxima de 35 A DC. 03-11 1 Controlador de carga Controlador derivador de carga para sistemas de 12/24/48 VDC cunha tensión máxima do sistema fotovoltaico de 125 V DC en circuíto aberto. Corrente de carga de baterías de 40 A DC, e axuste para baterías de chumbo-ácido ou níquel-cadmio. 03-12 4 Baterías/Acumuladores de cargaBaterías de chumbo-ácido, con baixo contido en antimonio, electrolito de alta pureza e carcasa con alta resistencia ó impacto. Terminais anticorrosión. Capacidade nominal (10 horas de descarga continua a 20º C e 1,8 Vpe) de 200 Ah. Posibilidade de conexión en paralelo. 03-13 4 Banco de carpinteiro. Banco de carpinteiro de madeira maciza de dimensións mínimas 1600x650x850 mm, con táboa de madeira maciza de 40 mm de espesor, con mordazas frontal e lateral con dobre guía e gran capacidade. Presebe para ferramentas, dúas filas de perforacións cadradas e dous topes de ferro fundido. Estrutura reforzada interiormente con vara de aceiro e patas macizas de sección mínima de 80x50 mm. 03-14 6 Carro portaferramentasCarro portaferramentas dotado con caixa de ferramentas, dous caixóns, espazo para grandes obxectos, elásticos e cerres metálicos, elaborada en chapa de aceiro. Con mango telescópico e rodas con recubrimento de goma. 03-15 10 Carreta europea Carreta europea de chapa e tubo de aceiro pintados cunha roda. TOTAL LOTE 03 IVE INCLUÍDO TOTAL LOTE PREZO MÁXIMO ESTIMADO LOTE 01 - Maquinaria e ferramenta electroportátil LOTE 02 - Ferramenta manual e pequena ferramenta LOTE 03 - Outro equipamento TOTAL IVE INCLUÍDO · Polo prezo máximo de ................................................ Euros, IVE incluído. · O Prazo máximo de entrega será de ............................................................... · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 57,60 7.13693.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO DO ALUGAMENTO DE DOUS EQUIPOS DE COPIA-IMPRESIÓN PARA O SERVIZO DE PROCESO DE DATOS Visto o escrito do xefe do Servizo de Proceso de Datos no que participa a necesidade de contratar o alugamento de dous equipos de copia-impresión por un período de corenta e oito meses, cuxo custo estímase na cantidade de 57.600,00 ¤, IVE incluído, en función de 1.200,00 ¤/mes. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación para adxudicar médiente concurso, procedemento aberto, o alugamento de dous equipos de copia-impresión para o Servizo de proceso de Datos, por un tipo máximo de licitación de cincuenta e sete mil seiscentos euros (57.600,00 ¤), IVE incluído, en función de mil douscentos euros mensuais (1.200,00 ¤/mes). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/132.121.206.00 do vixente Orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DE DOUS EQUPOS DE COPIA-IMPRESIÓN PARA O SERVIZO DE PROCESO DE DATOS. 1.- OBXECTO.- O alugamento de dous equipos de copia-impresión con destino ó servizo de proceso de datos. Os equipos deberán ter as seguintes características mínimas: · Velocidade de impresión 45 páxinas por minuto. · Capacidade do papel 3.000 · Dobre cara automatica · Conexión red ethernet 100baseT con protocolo TCPIP · Alimentador automatico de 75 follas. · Disco duro. · Memoria 128 Mb · Ampliación/reducción con escalas prefixadas e zoom · Clasificador electronico infinito por desprazamento. · Linguaxes Postscript e PCL. A empresa adxudicataria transportará os equipos ata o servizo de proceso de datos, os instalará e os porá en funcionamento. No Prego de Prescricións que se une como anexo ven detallado de forma máis exhaustiva as características que deben comprender os equipos. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/132.121.206.00, do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez se preste conformidade polo Servizo de Proceso de Datos desta Deputación Provincial. 4.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración inicial de 48 meses, poidéndose prorrogar de forma expresa por mutuo acordo das partes por un período de tempo que non poderá ser superior á metade do contrato inicial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cincuenta e sete mil seiscentos euros (57.600,00 ¤), IVE incluído, en función de mil douscentos euros/mensuais, IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l.2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato: 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4 % do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- A proposición constará de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSTA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DE DOUS EQUIPOS DE COPIA-IMPRESIÓN PARA O SERVIZO DE PROCESO DE DATOS Cada licitador so poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1.-Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Breve descrición dos equipos a subministrar 3.-Proposta do servizo de mantemento. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DE DOUS EQUIPOS DE COPIA-IMPRESIÓN PARA O SERVIZO DE PROCESO DE DATOS Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición consistentes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade Mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espacio Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na LCAP e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdicción dos tribunais e xulgados españois. 3.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. do R.d.l. 2/2000 da LCAP. 4.- Documentos que acrediten estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 5.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 6.- Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 7.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. O xefe do Servizo de Procesos de Datos. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación o secretario da Mesa de Contratación procederá en acto público, á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Melloras ás características técnicas, ata 5 puntos. 2. Menor prezo ofertado, 4 puntos. 3. Proposta de servizo de mantemento, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evaluados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentarán na contía máxima de 600,00 euros. Así mesmo, tamén farase cargo dos gastos de transporte, entrega e instalación dos productos subministrados ata os diferentes concellos da provincia de Pontevedra que sinale a Deputación. 15.- PRAZO DE GARANTÍA.- Establécese como prazo de gara

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición