ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/02/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-02-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/02/17_Ordinaria

  • Data(s) 2006-02-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 100 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezasete de febreiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13726.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de febreiro de 2006. ------ Folla: 100,102 2.13727.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS Á ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO, ANO 2006 A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e en consideración as dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral, convoca para o ano 2006 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou aquelas outras que conten con departamentos ou vogalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de mulleres cara a súa integración no mundo laboral, e a vista dos informes emitidos o 31 de xaneiro de 2006 polo Secretario Xeral e o 6 de febreiro polo Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo o dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases de axudas para Asociacións de Mulleres Sen Fins de Lucro, ano 2006, por importe de 165.000,00 euros, con cargo á Partida 06/313.313.480.02 do vixente Presuposto provincial, e con arranxo o clausulado que figura nas mesmas. Ditas bases son come seguen: "BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO - ANO 2006 A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel que ha de desenvolver a muller na sociedade actual e considerando as dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2006 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vogalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- Actividades para subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2006 e que sexan de carácter formativo a través da organización de cursos que poidan facilitar o acceso das alumnas ó mundo laboral. O listado de cursos subvencionables para o ano 2006 atópase relacionado no anexo 2. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da asociación ó longo do ano. SEGUNDA.- Financiamento. A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas asociacións ascende a 165.000,00 euros cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a este programa de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida 06/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial. TERCEIRA. Requisitos. 1. Nin a asociación ni a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2. As asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra e terán que estar recoñecidas na Xunta. 3. Cada asociación só poderá presentar un proxecto, que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "anexo 1". No caso de que presente varios a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de mulleres, as cales realizarán o número total de horas que a asociación fai constar no proxecto do curso. 5. Só se subvencionarán cursos a partir de 60 horas de duración; a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. 6. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. CUARTA. Concesións. 1. Non se lles concederán axudas a aquelas asociacións que non tivesen a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito a actividade (ou actividades) subvencionada pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses desde a publicación da convocatoria, esgotando a referida resolución do procedemento a vía administrativa. QUINTA. Documentación. As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no rexistro da Deputación Provincial ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cubertas e xunto cos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do "anexo 1" 2. Fotocopia do DNI da representante legal da asociación debidamente autenticada e acreditar o seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. 3. Fotocopia do CIF da asociación, debidamente autenticada. 4. No caso de que non sexa unha asociación de mulleres e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, achegar certificación conforme ten constituída a vogalía da Muller. 5. Copia da aprobación da adaptación de estatutos da asociación á L.O. 1/2002, de 22 de marzo (regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No seu defecto, copia da solicitude da adaptación de estatutos presentada en dita Delegación. 6. Declaración xurada da secretaria da asociación de que nin esta nin a súa representante legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 7. Certificación ou documento acreditativo de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social. 8. Certificación ou documento acreditativo de estar a Asociación ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Facenda do Estado, podendo a Asociación solicitante autorizar á Excma. Deputación de Pontevedra a solicitar no seu nome a devandita certificación (Anexo 3). De non cumprirse ditos requisitos poderán ser emendados segundo o disposto no artigo 71 da Lei de 30/1992 de procedemento administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro, concedéndose a teor do indicado precepto legal un prazo de 10 días para que se repare a falta ou achegue os documentos preceptivos con indicación de que se así non o fixese se entenderá que rexeita a petición. SEXTA. Prazos. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partir do día seguinte ó da publicación das bases no B.O.P. SÉTIMA. Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria concederanse axudas ata que se esgote o presuposto. 1. A contía máxima para subvencionar será de 3.500 euros 2. A contía da axuda para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente polos seguintes factores: a) Tipo de curso (escollerase un curso do "anexo 2" ), puntuarase segundo a posibilidade de inserción dependendo da demanda laboral actual. b) Número de horas do curso (mínimo 60 horas), puntuaranse máis os cursos de maior número de horas, ata un máximo de 300 horas. c) Intensidade do curso (número de horas á semana), puntuándose este criterio a partir das cinco horas de curso semanais. d) Repercusión formativa e de inserción laboral da actividade no ámbito local ou provincial. A redución do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación levará consigo a súa redución segundo o baremo establecido para determinar a contía da subvención. En ningún caso a contía das axudas recibidas por todos os conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA. Xustificación e pagamento. As asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, en conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, nos tres meses seguintes á súa realización e, en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2006 salvo situacións excepcionais de prórroga. Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte: · No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado aboarase a totalidade subvencionada. · No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención. Os documentos para presentar serán os seguintes: 1. Xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda ou subvención: a) Memoria explicativa da actividade: descrición do curso, número de horas impartidas, nome e DNI do monitor e título acreditativo para impartir o curso, relación de participantes co seu DNI e cumprimento dos obxectivos propostos. b) Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda etc.) 2. Xustificación de gastos: a) Conta xustificativa de gastos: nela se determinará o custo ou gasto total da actividade subvencionada, coa declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron para a finalidade subvencionada (detalle dos gastos por conceptos, sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto). b) Xustificación dos gastos con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. c) Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron á finalidade subvencionada. 3. Xustificación dos ingresos: a) Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares, etc.). b) Recursos propios utilizados. c) Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade subvencionada. 4. Certificación de datos bancarios: Cando o monitor que imparta o curso pertenza á asociación que solicita a axuda deberá acreditar a súa formación específica para tal fin e ser aprobado en asemblea xeral. NOVENA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das cláusulas da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos desde a súa concesión. Infracción e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, xeral de subvencións. DÉCIMA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito supletorio. En todo o que non prevexan as presentes Bases, estarase ó disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e demais normas de pertinente aplicación. DÉCIMO SEGUNDA. Órgano competente para a súa aprobación. O abeiro da Base 16.2 de Execución do Presuposto para o ano 2006, o órgano competente para a aprobación destas Bases Reguladoras é a Xunta de Goberno". ------ Folla: 102,106 3.13728.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS Á ASOCIACIÓNS ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, ANO 2006 A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral, pero especialmente daquela máis desfavorecida convoca para o ano 2006, axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro, que represente a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993, de 14 de abril) e que vaian dirixidas basicamente a formación dos referidos colectivos de cara a súa integración social e laboral, e a vista dos informes emitidos o 02/02/06 polo Secretario Xeral e o 06/02/06 polo Sr. Intervención, respectivamente, e con arranxo o dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases de axudas para Asociacións sen fins de Lucro que represente a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, ano 2006, por importe de 200.000,00 euros con cargo á partida 06/313.313.480.02 do vixente Presuposto provincial, con arranxo o clausulado que figura nas mesmas. Ditas Bases son como seguen: "BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2006 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e da ausencia ou escaseza de recursos en xeral, pero especialmente dos destinados a aquela poboación máis desfavorecida, feito que impide ou dificulta a súa integración social ou laboral, convoca para o ano 2006 axudas destinadas a subvencionar actuacións desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993, de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración social e/ou laboral, segundo as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA. Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, con carácter xeral soamente poderán ser financiadas aquelas actuacións que se desenvolvan no ano 2006, promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados. As actividades obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados: 1. Formación e integración laboral dirixida ós colectivos incluídos nos servizos sociais especializados e máis concretamente daqueles de maior vulnerabilidade por estar en exclusión social ou en risco de estalo. Estarían incluídos neste apartado os talleres, cursos ou actividades de carácter formativo, primándose segundo se recolle no ANEXO 3 os que contemplen a integración laboral do alumno, que inclúan un apartado de busca de emprego ou aqueles que leven a cabo prácticas en empresas e apoio técnico. Tamén apoiarase a posta en marcha de novas fórmulas de emprego (como as cooperativas ...) e o autoemprego. 2. Formación e integración socio-familiar. Actividades ou cursos de carácter socioeducativo e formativo dirixidas ós colectivos incluídos no ámbitos dos SS.SS. Especializados que terán como fin a participación social dos colectivos afectados facilitándolles o acceso a tódolos recursos, actividades que levarían consigo a maior autonomía dos afectados e en definitiva unha mellora da calidade de vida tanto destes como a de a súas familias. Neste apartado tamén se contempla a recollida de escolares con transporte adaptado. 3. Familia, coidadores e outros axentes sociais. Este ámbito ten unha dobre finalidade: - cubrir as necesidades dos colectivos mais vulnerables e ó mesmo tempo desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados e - dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos Neste apartado estarían incluídos os cursos ou actividades onde se fomente o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da enfermidade ou problemática que vai ser atendida, etc. 4. Prevención, sensibilización e divulgación: dirixida a tódolos ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares, etc. 5. Celebración de Xornadas, Congresos ou Simposios: estas celebracións deberán cursar sobre temas específicos da Asociación dirixidos ós propios afectados ou interesados. Non se contemplarán as celebracións de menos de catro horas nin tampouco aquelas actuacións que non formen parte da programación do evento, como comidas, excursións, etc. 6. Estudos de investigación: a nivel socioeducativo, sociosanitario, sociolaboral, etc. sobre temas específicos dos colectivos afectados. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Subvencionaranse programas específicos que leven a cabo itinerarios persoais de inserción laboral para persoas xa formadas. Tamén poderán subvencionarse aqueles programas que se recollen nos apartados anteriores, sempre que teñan carácter supramunicipal. Non serán obxecto de subvención: - As peticións dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. - As actividades socioeducativas, informativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. - As actividades dirixidas á 3ª idade que estean incluídas no catálogo de actividades do Programa "Ti tamén contas" da Deputación: áreas de desenvolvemento persoal e saúde, arte e manualidades, cultura tradicional e informática. - Xornadas, Congresos e Estudos de investigación. SEGUNDA. Financiamento. A contía consignada para este fin na Partida 06/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 200.000,00 ¤, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. No caso de que o importe das axudas supere o presuposto destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas solicitudes, que reunindo tódolos requisitos, completaran antes toda a documentación. TERCEIRA. Requisitos. 1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente recoñecidas ou inscritas como tales na Xunta. 3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "ANEXO 2". No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4. No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de persoas polo que se computarán as horas dun só grupo. 5. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 1ª. 6. Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que unha vez aprobada a axuda, realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso. 7. Só se subvencionarán cursos de 60 horas en adiante. 8. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. 9. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. CUARTA. Concesións. 1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores no momento da concesión das axudas do 2006. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses desde a publicación da convocatoria, esgotando a devandita Resolución á vía administrativa. QUINTA. Documentación. As solicitudes, no modelo oficial adxunto "ANEXO 1" ou similar, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do "ANEXO 2" especificando presuposto detallado da actividade. 2. Fotocopia do DNI do representante legal da Asociación que debe estar debidamente autenticada, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade. 3. CIF da entidade, debidamente autenticada. 4. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. 5. Para as Asociacións que presenten unha solicitude por primeira vez o non a presentaran no ano 2005, copia da aprobación da adaptación de estatutos da Asociación á L.O. 1/2002 de 22 de marzo (Lei Orgánica Reguladora do Dereito de Asociación) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. 6. Declaración xurada do/a presidente/a da Asociación de que nin esta nin a súa representante legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 7. Certificación ou documento acreditativo de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social. 8. Certificación ou documento acreditativo de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Facenda do Estado. *Nota aclaratoria: esta certificación pode solicitala directamente a persoa física ou xurídica que representa a Asociación ou facultar á Deputación para facelo (Ver ANEXO 4). De non cumprirse ditos requisitos poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de procedemento administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro, concedéndose, a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición. SEXTA. Prazos. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. SÉTIMA. Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o presuposto seguindo os criterios expostos no ANEXO 3, tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes: 1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral dos colectivos afectados: 4.425,00 ¤. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: 7.200 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal. 2. Para actividades de formación e integración socio-familiar: 3.600 ¤ 3. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais: - Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 3.600 ¤ - Para actividades de información-formación, apoio etc.: 2.100 ¤ 4. Para actividades de Prevención, Sensibilización e Divulgación: 2.100 ¤ 5. Para a celebración de Xornadas, Congresos ou Simposios: 2.100 ¤ 6. Para estudos de investigación: 3.600 ¤ En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superalo custo total da actividade. OITAVA. Xustificación e Pagamento. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 xeral de subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2006 salvo situacións excepcionais de prórroga. Xustificación da subvención. Para xustificalo cumprimento e posterior pagamento é necesario presentar: 1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais o nome do proxecto, descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e expectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor así como a relación de participantes e D.N.I. 2. Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda, etc.) Xustificación de gastos: 1. Relación de gastos por importe total do presuposto presentado pola Asociación . 2. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.d. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto. 3. Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron a finalidade subvencionada. Xustificación dos ingresos: 1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares, etc.) 2. Recursos propios utilizados. 3. Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade, proxecto, etc. subvencionado. Certificación de datos bancarios Na realización de cursos terá que respectarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A reducción do número de horas no momento da xustificación, levará consigo a reducción da axuda segundo baremo establecido no ANEXO 3 para a determinación da contías das subvencións. Cando a actividade consista na celebración de Cursos os monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación. NOVENA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. DÉCIMA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito Supletorio. En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 xeral de subvencións. DÉCIMO SEGUNDA. Órgano Competente. O Órgano Competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno, segundo se establece na base 16.2 das de Execución de Presuposto desta Deputación para 2006. Publicación no BOP. Darase cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións en canto á publicación no BOP das subvencións concedidas ó amparo destes programas". ------ Folla: 106,109 4.13729.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA ARRANXO DE VIVENDAS, DIRIXIDAS Á FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA, ANO 2006 A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da existencia de colectivos desfavorecidos da sociedade, quere contribuír a facer realidade o dereito de todos os cidadáns a unha vivenda digna, polo que convoca as subvencións para arranxo de vivenda, ano 2006, e á vista dos informes emitidos o 31/01/06 polo Secretario Xeral e o 08/02/06 polo Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo ó dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases de axudas para arranxo de vivenda, ano 2006, por importe de 288.000,00 euros con cargo á Partida 06/313.313.780.01 do vixente Presuposto provincial. Ditas Bases son como seguen: "BASES PARA AXUDAS DE ARRANXO DE VIVENDA CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA ANO 2006 A política de vivenda constitúe uns dos principias elementos dunha política de benestar. A Deputación de Pontevedra, sensibilizada cos colectivos mais desfavorecidos, quere contribuír a facer realidade o dereito de todos os cidadáns a unha vivenda digna, recoñecido no artigo 47 da Constitución Española de 1.978, por isto en colaboración cos Concellos da provincia interesados, convoca un ano mais, axudas para acondicionamento de vivendas, con destino a familias con problemática socio-económica, establecendo as seguintes bases: BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA. FINANCIAMENTO. A cantidade consignada para este fin na Partida 06/313.313.780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 288.000,00 euros, dos cales destinaranse 6.000,00 euros, para situacións específicas de catástrofe (incendios, inundacións, etc.) que poidan presentarse durante ó ano. SEGUNDA. DESTINATARIOS. Poderán solicitar estas axudas os Concellos da Provincia que acorden asumir as Bases, como entidades colaboradoras, para os seus beneficiarios que reúnan os requisitos establecidos nas mesmas. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 222.498 euros, e para os que teñan de 20.000 en diante, 59.502 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes. Unha vez realizada a totalidade do reparto, e no suposto de que non se esgotase todo o presuposto, a Deputación de Pontevedra seguindo ó artigo 109 da Lei de Administración Local de Galicia e ó artigo 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais de Galicia (apoiar prioritariamente ós Concellos de menos capacidade económica ) financiará ó cen por cen, as seguintes: a) Persoas ou unidades familiares pertencentes a Concellos que fixeron unha maior achega e obtiveran maior puntuación. b) Que quedaran en lista de espera por falta de capacidade orzamentaria e non puideran completar a totalidade de a obra pola mesma causa. c) Que teñan presentada a documentación esixida para todos os solicitantes. As solicitudes en lista de espera resolveranse a criterio do técnico/a, en función ós requisitos expostos. TERCEIRA. REQUISITOS 1) Dos Concellos. Os Concellos participantes na presente convocatoria de axudas para arranxo de vivenda con destino a familias con problemática socio-económica, deberán achegar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Achega inicial máximada Deputación Achega Concello De menos de 5.000 4.009,80 ¤ 30 % = 1.202,94 ¤ De 5.001 a 10.000 4.194,82 ¤ 40 % = 1.677,92 ¤ De 10.001 a 20.000 4.490,00 ¤ 50 % = 2.245,00 ¤ De 20.001 a 50.000 6.375,20 ¤ 70 % = 4.462,64 ¤ De máis de 50.000 7.437,75 ¤ 100 %= 7.437,75 ¤ As solicitudes resolveranse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a achega que faga a Deputación ) e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación . 2) Dos beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo a favor dos solicitantes. b) Que a vivenda non reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro da instalación eléctrica, auga, servizos hixiénicos, fosa séptica, malas condicións da cuberta ou necesidade doutras reformas interiores. c) Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes e eliminación de Barreiras. d) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria. e) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases (apartado 3). 3) Dos Ingresos da Unidade Familiar. Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2005, descontando gastos derivados de enfermidade crónica, discapacidades que xeren gastos extraordinarios e gastos derivados de situacións de emerxencia. Se superan este baremo non terá dereito a axuda. Nº de membros da familia Ingres. netos anuais (ingr. Netos medios mensuais) " 1 membro ata 7.182 (598,50 euros/mes) " 2 membro ata 8.406 (700,50 euros/mes) " 3 membro ata 9.630 (802,50 euros/mes) " 4 membro ata 10.854 (904,50 euros/mes) " 5 membro ata 12.078 (1.006,50 euros/mes) " 6 membro ata 13.302 (1.108,50 euros/mes) " 7 membro ata 14.526 (1.210,50 euros/mes) " 8 membro ata 15.750 (1.312,50 euros/mes) " 9 membro ata 16.974 (1.414,50 euros/mes) Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinte e seis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais. 4) Valoracións das solicitudes. A teor do previsto no artigo 17.3.e da Lei 38/03 xeral de subvencións, respecto ós criterios de outorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan. CUARTA. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS. 1) A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción do procedemento ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 2) Na tramitación de expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento dos requisitos previstos no Artigo 14 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións así como achega dunha declaración de no estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario. 3) O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses desde a publicación da convocatoria, transcorrido o cal, si non se notificou a resolución lexitima ós interesados, entenderase desestimada por silencio administrativo, a solicitude de concesión, como aparece recollida no punto 5 do artigo 25 da Lei xeral de subvencións. 4) Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata ó 5 de maio inclusive, os seguintes documentos: a) Certificado do Acordo do Órgano de Goberno Competente, facendo constar expresamente: 1.- A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposta a achegar . 2.- Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando a contía total da axuda e os conceptos. b) Proxecto económico segundo Anexo 1. c) Fotocopia da solicitude. d) Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda. e) Presuposto das obras. f) Estadillo 1. g) Estadillo 2. (en caso de que houbese lista de espera , ou persoas pendentes de completar as obras, por falta de capacidade orzamentaria). 5) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimentar o expediente. 6) As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. QUINTA. PUBLICIDADE. En toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SEXTA. PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN. Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses desde a súa finalización e como máximo ata o 15 de decembro, nos termos do artigo 30 da Lei 38/03 xeral de subvencións, ó cumprimento das condicións impartidas e á consecución dos obxectivos previstos no obxecto da concesión da subvención, cos seguintes documentos: 1) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas e demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra ). 2) Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras. 3) No caso de percibir outras axudas para a mesma finalidade, deberan achegar unha declaración responsable de que os ingresos e recursos alleos obtidos, non superan o custo da finalidade subvencionada. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se estableza a garantía de constituírse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantados. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: 1º) No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. 2º) No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. SÉTIMA.- REINTEGRO. No caso de incumprir as presentes bases, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos desde a súa concesión. OITAVA.- CONTROL. Os beneficiarios someteranse as actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial. NOVENA.-En todo o non previsto nestas bases reguladoras, será de aplicación a Lei 38/2003, de 7 de novembro, xeral de subvencións. DÉCIMA.-O órgano competente para aprobación das Bases reguladoras destas subvencións é a Xunta de Goberno ó abeiro das Bases 16.2 e 25.15 de Execución do Presuposto 2006. Asemade en conformidade co artigo 18 da Lei xeral de subvencións (38/2003, de 17 de novembro) farase publica no BOP a relación das subvencións concedidas". ------ Folla: 109,121 5.13730.- APROBACIÓN DE VARIOS CONVENIOS DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA A INSTALACIÓN DE CAMPOS DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN Visto que a Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestructuras deportivas da provincia. Considerando que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, preténdese subscribir Convenios de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os Concellos de A Cañiza, Ponte Caldelas, Soutomaior, Cambados, Meaño e Ponteareas para a instalación dos campos de fútbol de herba artificial de "Augas Ferreas", "Chan da Barcia", "Arcade", "Complexo Deportivo do Pombal", "As Cachizas-Dena" e "Pardellas", respectivamente. Vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, de datas 13 e 15 de febreiro de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os seguintes convenios de colaboración: 1. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Cañiza para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no campo de "As Augas Férreas". 2. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponte Caldelas para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no campo de "Chan da Barcia". 3. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no campo de Arcade. 4. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no Complexo Deportivo de "O Pombal". 5. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no campo de "As Cachizas-Dena". 6. Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración no campo de "Pardellas". Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación para a formalización de ditos convenios mediante a súa sinatura. Ditos convenios son como seguen: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA CAÑIZA PARA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FÚTBOL DAS AUGAS FÉRREAS No Pazo da Deputación Provincial, a .... de ............. de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local D. César José Mera Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello da Cañiza, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestructura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol das Augas Férreas, no Concello da Cañiza. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestructura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). · Bancos de suplentes (2 unidades). · Un marcador. · Asentos (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello da Cañiza comprométese as seguintes obrigas: 1- Achegar para a realización das obras de infraestructura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros por campo, de conformidade coas cantidades e anualidades que se establecen de seguido: Anualidade 2005 2006 Cantidade 23.000,00 ¤ 69.000,00 ¤ Investimento total 92.000,00 ¤ En caso de non ingresar nos prazos establecidos a porcentaxe que lle corresponde autorizase á Deputación a descontar a cantidade da participación que de fondos provinciais lle poida corresponder ó concello. 2- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestructura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2006. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello da Cañiza, Rafael Louzán Abal César José Mera Rodríguez" "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FÚTBOL DE CHAN DA BARCIA. No Pazo da Deputación Provincial, a .... de ............. de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local D. Perfecto Rodríguez Muiños, Alcalde-Presidente do Concello de Ponte Caldelas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestructura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Chan da Barcia, no Concello de Ponte Caldelas. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestructura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). · Bancos de suplentes (2 unidades). · Un marcador. · Asentos (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello da Ponte Caldelas comprométese as seguintes obrigas: 1- Achegar para a realización das obras de infraestructura e da instalación do céspede artificial o 25 % do seu custo que se estima nuns 92.000,00 euros por campo, de conformidade coas cantidades e anualidades que se establecen de seguido: Anualidade 2006 2007 Cantidade 32.000,00 ¤ 60.000,00 ¤ Investimento total 92.000,00 ¤ En caso de non ingresar nos prazos establecidos a porcentaxe que lle corresponde autorizase á Deputación a descontar a cantidade da participación que de fondos provinciais lle poida corresponder ó concello. 2- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.-Unha vez concluídas as obras de infraestructura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Ponte Caldelas, Rafael Louzán Abal Perfecto Rodríguez Muiños" "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FÚTBOL DE ARCADE No Pazo da Deputación Provincial, a .... de ............. de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local D. Agustín Reguera Ocampo, Alcalde-Presidente do Concello de Soutomaior, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestructura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Arcade, no Concello de Soutomaior. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestructura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: · Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). · Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). · Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). · Bancos de suplentes (2 unidades). · Un marcador. · Asentos (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo ás partidas 123.452.662.00 e 08. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a direc

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición