ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/03/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-03-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/03/03_Ordinaria

  • Data(s) 2006-03-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 177 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día tres de marzo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13776.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de febreiro de 2006. ------ Folla: 177 2.13777.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO, CORRESPONDENTE Ó PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO 2006 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 80.950,69 ¤ para gastos de funcionamento correspondente ó primeiro trimestre do ano 2006, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 80.950,69 ¤ pola Xunta de Goberno, como achega da Deputación para o ano 2006 ó Consorcio durante o primeiro trimestre. 2.- Aprobar o pagamento de 80.950,69 ¤ con cargo á partida 06/911.223.467.01 reservándose o crédito a operación R.C. núm. 200600011946. ------ Folla: 177 3.13778.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO Retírase da orde do día expediente relativo á solicitude do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da comarca do Morrazo, relativa á achega desta Excma. Deputación Provincial ó orzamento do citado consorcio. ------ Folla: 177,178 4.13779.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON CLAUDIO AMOEDO SOTELINO POR DANOS EN VEHÍCULO NA RÚA CEBOLEIRA, Nº58 DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 03/02/2006 (Rex. nº 002817) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Don Claudio Amoedo Sotelino, con enderezo de notificacións en D.A.S. Internacional, S.A. na rúa López de Neira, 22 -1º de Vigo, por danos padecidos en vehículo matrícula 2396-BBS o día 3 de febreiro de 2005 na rúa Ceboleira nº 58 de Vigo, e que individualiza economicamente en 69,00 ¤. Resultando.- Que con data 07/02/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 14/02/2006 co seguinte contido: " La rúa Ceboleira en Vigo, forma parte de la E.P. Calvario -La Garrida. No se tiene conocimiento en este Servicio del accidente ocurrido el 03 de febrero de 2005 ni algún otro por la misma causa en fechas próximas. Según me informa el Capataz de la zona, Sr. Pintos, en visita realizada al lugar del accidente el pasado 10 del corriente mes, ha observado que frente al nº 58 de la citada calle se aprecia en la alineación de lo que sin duda es la reposición del firme de una zanja y pegado justo a un registro de llave de abastecimiento, una reposición del firme de notables dimensiones que debe corresponder a alguna avería producida en la red, sin que podamos precisar los días que se tardó en reponer el pavimento." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do material probatorio achegado ó expediente soiamentes pode considerarse o relatado polo reclamante como manifestación subxectiva e interesada carente do máis mínimo contraste obxectivo, xa que non se achega elemento indiciario ou probatorio algún, agás o plasmado na instancia. Considerando.- Que do informe do Servizo de Vías e Obras dedúcese que a hipotética causa do sinistro puidera ser unha obra (xa que foi reposto o firme) efectuada ben polos adxudicatarios dalgún servizo, ben polo propio Concello, o que exoneraría á Deputación de calquera responsabilidade a teor dos artigos 25 e 26 da Lei 7/85. Considerando.- Que polo que respecta a petición de solicitude por esta Deputación ó Concello de Vigo e, máis en concreto, á Policía Local, dun suposto "parte interno", compre dicir que na fase de instrución dos procedementos administrativos ten liberdade a Administración para decidir se practica ou non os medios probatorios propostos pola parte recorrente (por todas, sentenza do Tribunal Supremo de data 11/06/1976 dependendo da súa utilidade, e que no presente suposto a obriga de achega é da parte recorrente, que debeu cumprimentar o disposto no artigo 265.2, parágrafo segundo, da Lei de Axuizamento Civil, aplicable de xeito analóxico que literalmente di: "...Si lo que pretenda aportarse al proceso se encontrara en archivo, protocolo, expediente o registro del que se puedan pedir y obtener copias fehacientes, se entenderá que el actor dispone de ello y deberá acompañarlo a la demanda, sin que pueda limitarse a efectuar la designación a que se refiere el párrafo anterior". Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 178 5.13780.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ALBERTO MÉNDEZ ABAL POR DANOS EN FINCA DA SÚA PROPIEDADE SITA NO LUGAR DE GÜIMIL (BARRO) COMO CONSECUENCIA DAS OBRAS DE ENSANCHE E MELLORA DA EP PORTELA-VALIÑAS Retírase da orde do día expediente relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Don Alberto Méndez Abal por danos en finca da súa propiedade sita no lugar de Güimil (Barro) como consecuencia das obras de ensanche e mellora da EP Portela-Valiñas. ------ Folla: 178,179 6.13781.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL LORENZO MIRANDA POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA ESTACAS-FORNELOS (FORNELOS) Dada conta que con data de rexistro 25 de xaneiro de 2006 (Rex. nº 001921) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita María Jesús Ardao Fernández en nome e representación de D. Manuel Lorenzo Miranda con enderezo de notificacións en rúa Castelao, 9-entlo. Pontevedra por danos padecidos en vehículo matrícula M-9480-PF na estrada Estacas-Fornelos (Fornelos) o día 26/01/2005, e que individualiza economicamente en 965,12 ¤. Resultando.- Que con data 09/02/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 24/02/2006 co seguinte contido: " a) Efectivamente, se trata de una vía provincial. b) Según información facilitada por el Capataz de la zona, en la fecha señalada y en las coincidentes, no se tiene constancia de ningún vertido de aceite, gasóleo o similar que pudiese afectar a la normal circulación de los vehículos. c) Dentro de las actuaciones de conservación de la carretera, el día señalado y en previsión del temporal de frío y nieve anunciado, se procedió a echar sal en algunos tramos, si bien, debido al volumen de trabajo esta tarea se realizó hacia el mediodía." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a marxe da falla de concreción en que incorre a reclamante (sustancias deslizantes) non se achega instrumento probatorio algún (atestado, fotografías, por exemplo) que poida mover sequera indiciariamente, a acreditación obxectiva do alegado na instancia. A maiores, o informe de Vías e Obras asevera a non ocorrencia de ningún outro accidente nesa mesma zona e datas, sen prexuízo de que na previsión do temporal de frío e neve anunciado votárase sal na estrada en evitación de sinistros. Todo o exposto, unido a incumbencia da carga da proba a quen reclama (Sentenza de 15/02/1994, Poñente Sanz Bayón) conducen de xeito inevitable á desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación: ------ Folla: 179 7.13782.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 179,180 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.13783.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO E DESEÑO DUN AUTOBÚS PUBLICITARIO PARA A PROMOCIÓN DOS PROXECTOS EUROPEOS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 27 de xaneiro de 2006, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso por procedemento aberto, para o alugamento e deseño dun autobús publicitario para a promoción dos proxectos europeos, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 29 e no DOGA número 29, ambos de data 10 de febreiro de 2006. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas polas empresas, EMPRESA MONFORTE, S.A.; MÓVIL BUS PUBLICIDAD; NOVAS RÍAS, S.L.; SILMAN97PROMOCIONES e SICMA; as cales foron admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 2 de marzo de 2006. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 3 de marzo de 2006 para que se lle adxudique o concurso á empresa EMPRESA MONFORTE, S.A., por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, en base ó informe técnico emitido pola Sra. Directora da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) desta Deputación, de data 2 de marzo de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar á empresa "EMPRESA MONFORTE, S.A." (CIF A-15019243), o concurso convocado para efectuar o "Alugamento e deseño dun autobús publicitario para a promoción dos proxectos europeos, polo prezo ofertado de cento nove mil seiscentos euros (109.600,00 ¤), IVE incluído. A adxudicación a favor da "Empresa Monforte, S.A.", motívase por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do alugamento e deseño do autobús publicitario para a promoción dos proxectos europeos efectuarase da forma que a continuación se indica e con cargo ás seguintes partidas orzamentarias: PROXECTO PARTIDA ORZAMENTARIA CONTA CON ELAS 313.326.227.06 (Ano 2007) DEPUTRANS 06/911.441.226.02 VÍAS ATLÁNTICAS 06/911.453.226.02 CIDADE + 06/422.323.226.02 MERCURIO 06/313.623.226.02 PAGO DATA IMPORTE 1º Abril-06 28.825,00 ¤ 2º Agosto-06 30.729,62 ¤ 3º Decembro-06 30.729,62 ¤ 4º Marzo-07 19.315,76 ¤ O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.384,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de no cumprirse este requisito por causas imputables o adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 55,51 euros e 201,00 euros (total 256,51 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 180 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.13784.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº5.13709 DA XUNTA DE GOBERNO DE 10 DE FEBREIRO DE 2006 Visto o erro tipográfico padecido no texto do acordo 5.13709 adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 10 de febreiro de 2006 referente á devolución da garantía definitiva da empresa DALONGA, S.A., constituída para responder do subministro dun vehículo - furgoneta para o Parque Móbil e depositada na Tesourería Provincial o 15/04/2004 con núm. de operación 200400027804, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o mesmo no sentido de que: - Onde di ".... a constituída en metálico, por importe de mil cento catro euros con sesenta e oito céntimos (1.104,68 ¤) para responder do subministro dun vehículo furgoneta para o Parque Móbil..." - Debe dicir ".. a constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil cento catro euros con sesenta e oito céntimos (1.104,68 ¤), para responder do subministro dun vehículo furgoneta para o Parque Móbil..." Permanecendo invariable o resto do texto no acordo da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: 180 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.13785.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO De conformidade coa proposta de data 27 de febreiro, polo cal o xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica, en comisión de servizo e representando a esta Excma. Deputación Provincial, para a asistencia a unha "Reunión do Comité de Coordinación NEA" que terá lugar os próximos días 28 ó 30 de marzo en Granville (Manche-Francia), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Don Carlos Bengoechea Pere o permiso solicitado e unha axuda económica, ante a imposibilidade de determinar o/os medio/s de transporte/s que serán utilizados para dito desprazamento, por importe total de 1.179,46 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (Saída día 28 ás 9 da mañá dende Porto regreso día 31 ás 24 horas). Desprazamentos: (incluído alugamento de coche sen condutor) Utilización dos medios regulares dispoñibles, de acordo co establecido no R.d. 462/2002, de 24 de maio. TOTAL 500,00 ¤ Dietas: Día 28 (½ manut. Reino Unido + ½ manut. e aloxamento Francia) 196,84 ¤ Día 29 (dieta enteira Francia) 188,12 ¤ Día 30 (½ manut. Francia + ½ manut. e aloxamento Reino Unido) 231,09 ¤ Día 31 (½ manut. Reino Unido + ½ manut. Portugal) 63,41 ¤ TOTAL DIETAS 679,46 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partida 06/711.713.230.01 de Dietas por importe de 679,46 ¤ e 06/711.713.231.01 de Desprazamentos por importe de 500,00 ¤. ------ Folla: 180 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.13786.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 3 de marzo de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto da aprobadas para a execución do orzamento de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A factura que figura ca referencia 200600000143, correspondente a Manufacturas Martín Casal, S.L., por importe de 17.284,00 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 17.284,00 ¤ Descontos IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 17.284,00 ¤ ------ Folla: 180 12.13787.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición