ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/08/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-08-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/08/04_Ordinaria

  • Data(s) 2006-08-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día catro de agosto do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. Xosé Crespo Iglesias, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14179.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xullo 2006. ------ Folla: 2.14180.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA PARA A "ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS E LIMPEZA VIARIA" Vista a necesidade de mellorar un servizo tan esencial como é o da recollida de residuos sólidos no Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e este concello pretenden asinar un convenio de colaboración para a adquisición de diverso material de limpeza viaria, constituíndo o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. E vistos así mesmos, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de datas 1 e 3 de agosto do ano en curso, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o concello de Baiona para a adquisición de maquinaria para a recollida de residuos sólidos e limpeza viaria. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA E PARA A ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA. En Baiona, ........ de ............... de 2006 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. D. Jesús Vazquez Almuiña, Alcalde do Concello de Baiona, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 61 1ª) da Lei de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes intervenientes, actúan en nome e representación das súas respectivas institucións, e recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración. EXPOÑEN I.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, e entre estas está a recollida de residuos. Polo tanto, e para a mellora na prestación dun servizo tan esencial, que neste momento é bastante deficiente, e que ademais contribuirá ó mantemento do medio ambiente evitando a proliferación de vertedoiros incontrolados estímase necesario a compra dunha nova maquinaria de limpeza no concello de Baiona. III.- Que de conformidade co disposto nos artigo 36 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión. IV.- Co fin de cooperar a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, na prestación adecuada do Servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos acordan subscribir o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio é a compra da maquinaria necesaria para a prestación adecuada do Servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos que se enumera de seguido e cuxo custo total e de cincocentos vinte e cinco mil euros (525.000,00 ¤), IVE incluído: · Un vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 24 m³, cun presuposto de 153.000,00 euros. · Unha maquina varredora, cun presuposto de 122.000,00 euros. · Dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 10 m³, cun presuposto de 125.000,00 euros cada un. Todo isto de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base á licitación. Segunda.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación segundo o procedemento e a forma máis axeitada no Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e serán financiadas a parte correspondente a anualidade 2006 con cargo a partida 06/911.911.662.02 do vixente Presuposto provincial e a anualidade 2007 coa correspondente da partida do futuro exercicio. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 Deputación Provincial de Pontevedra 125.000,00 ¤ 87.500,00 ¤ Concello da Baiona 312.500,00 ¤ 0 ¤ Investimento total 525.000,00 ¤ A cantidade a achegar polo Concello de Baiona, que supón un ingreso de dereito publico, xerará crédito na partida mencionada na cláusula segunda. Cuarta.- Unha vez efectuado e recibido o subministro, pasará a ser propiedade do Concello de Baiona, quen será responsable e asumirá a súa conservación e mantemento. Quinta.- O convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose o seu estrito cumprimento, recoñecendo así mesmo á xurisdición contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor a partires da data da súa sinatura. e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. Sétima.- Serán causas de Resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio En proba de conformidade as partes intervenientes asinan o presente convenio por duplicado no lugar e data arriba sinalados. Pola Deputación ProvincialD. Rafael Louzán Abal Polo Concello de BaionaD. Jesús Vazquez Almuiña" ------ Folla: 3.14181.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TORRES Y CARRERA CONSULTORES DE COMUNICACIÓN, S.L - A constituída en valores, mediante aval bancario de Banco de Galicia , por importe de mil sesenta e dous euros con corenta céntimos (1.062,40 ¤),para responder do contrato do SERVIZO DE MEDICIÓN E VALORACIÓN INFORMATIVA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/05/2005 co número de operación 200500052271, así coma a constituída en metálico, por importe de catro euros con oitenta céntimos (4,80 ¤), para responder igualmente dos servizos citados anteriormente, e que foi depositada na Tesourería Provincial ó día 20/05/2005 co número de operación 200500052273 sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DRAGADOS,S.A. - A constituída en valores, mediante aval bancario do Banesto, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de: "ANTICIPO A CONTA DE ACOPIOS DE MAQUINARIA DA OBRA DE AMPLIACIÓN MUSEO E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055199 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación de carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval bancario de Caixa Galicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de: "ANTICIPO A CONTA DE MATERIAIS ACOPIADOS PARA A OBRA DE AMPLIACIÓN MUSEO E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086050 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación de carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval bancario de Caixa Galicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de: "ANTICIPO A CONTA DE MATERIAIS ACOPIADOS PARA A OBRA DE AMPLIACIÓN MUSEO E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086052 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación de carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval bancario de Caixa Galicia, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de: "ANTICIPO A CONTA DE MATERIAIS ACOPIADOS PARA A OBRA DE AMPLIACIÓN MUSEO E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm. 200400086051 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación de carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 4.14182.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONTRATO ASINADO COA EMPRESA COTESA PARA "SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICO DA ENQUISA DE INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS (EIEL), ASÍ COMO, A ASISTENCIA TÉCNICA PARA OS TRABALLOS DE ELABORACIÓN DA ENQUISA NA SÚA FASE 2005" A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o contrato asinado coa empresa COTESA, para "Servizos de actualización do sistema de información xeográfico da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais, así como, a asistencia técnica para os traballos de elaboración da enquisa na súa fase 2005. O motivo da solicitude son as continuas modificacións no manual da Enquisa, ademais non supón ningunha traba de acordo ó cumprimento das obrigas da Deputación con respecto ó Ministerio para as Administracións Públicas, xa que esta outorga un prazo límite de 31/12/2006. Esta prórroga concédese, con carácter improrrogable, ata o 16 de outubro de 2006. ------ Folla: 5.14183.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos para a realización de actividades e eventos deportivos a desenvolver ó longo do ano 2006, ás Entidades e Clubs que se relacionan, por un total de 99.992,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.04. Ditas subvencións son como seguen: "ACTIVIDADES DEPORTIVAS - NON ORZAMENTADA (ADEPN / 2006) CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE BAIONA G36733970 CLUB FÚTBOL ERIZANA 261,00 Campus De Fútbol Base TOTAL CONCELLO DE BAIONA (1) 261,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS G36011187 ALONDRAS C.F. 600,00 II Torneo Alevin De Fútbol 7 G36194900 CLUB ANFORA PATINAXE ARTÍSTICO 600,00 Campionato Autonómico 2ªCategoria G36457877 CLUB NÁUTICO DE CANGAS 600,00 Campionato Galego De Windsurf TOTAL CONCELLO DE CANGAS (3) 1.800,00 ¤ CONCELLO DA CAÑIZA G36489144 CLUB CICLISTA A CAÑIZA 1.200,00 Carreira De Escolas TOTAL CONCELLO DA CAÑIZA (1) 1.200,00 ¤ CONCELLO DE CATOIRA G36035202 CLUB AS TORRES 2.500,00 Congreso Internacional De Adestradores De Augas Tranquilas TOTAL CONCELLO DE CATOIRA (1) 2.500,00 ¤ CONCELLO DE CUNTIS G36373439 CLUB MARATHÓN SAN ANTÓN ASOC. DEPORTIVA 700,00 Marathon San Antón TOTAL CONCELLO DE CUNTIS (1) 700,00 ¤ CONCELLO DE FORCAREI G36198570 AGRUPACIÓN DEPORTIVA TERRA DE MONTES 600,00 Olimpíada escolar terra de montes. TOTAL CONCELLO DE FORCAREI (1) 600,00 ¤ CONCELLO DO GROVE G36048684 CLUB DE REMO MECOS 6.000,00 Regata Da Liga ACT TOTAL CONCELLO DO GROVE (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE LALÍN G36179802 CLUB AGOLADA BALONCESTO 600,00 Campus de Verán G36104800 CLUB BALONMAN LALÍN 1.000,00 Torneos fase de ascenso G36463701 FUNDACION DEPORTE EN Lalín 3.000,00 Torneo internacional de balonmán base. TOTAL CONCELLO DE LALÍN (3) 4.600,00 ¤ CONCELLO DE MOAÑA G36039352 DOMAYO FÚTBOL CLUB 244,00 Mundialito de fútbol base TOTAL CONCELLO DE MOAÑA (1) 244,00 ¤ CONCELLO DE NIGRÁN G36686715 PEÑA CICLISTA VAL MIÑOR 305,00 Marcha cicloturista BTT G36631539 UNIÓN RECREATIVA DE LA CAJA DE AHORROS DE VIGO 575,00 Torneo I. Alevín de Fútbol-7 TOTAL CONCELLO DE NIGRÁN (2) 880,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA G36259240 AGRUPACIÓN DEPORTIVA FÚTBOL EMPRESAS DE PONTEVEDRA 1.500,00 XXXVII Campionato Fútbol Empresas. G36524080 ASOC. EUROPOLYB 2.000,00 I Torneo de Policías y Bomberos G36218162 CLUB BALONCESTO CIUDAD DE PONTEVEDRA 6.000,00 Copa LEB-2. G36149714 CLUB MONTAÑEIROS DE PONTEVEDRA 2.500,00 I Campionato Ibérico Raids Orientación G36481232 CLUB SERAUTO 4X4 1.000,00 Campionato de España de Trial 4x4 Cidade de Pontevedra G36052637 CLUB TREBOADA RÍTMICA 1.000,00 III Torneo de Nadal G36376630 CLUB DE TENIS DE MESA DE MONTEPORREIRO 1.200,00 VIII Torneo de Verán de Tenis de Mesa G36513158 CLUBE NATACIÓN SINCRONIZADA PONTEVEDRA 1.200,00 Trofeo Natación Sincronizada G15055890 COMITÉ TÉCNICO GALLEGO DE ÁRBITROS FÚTBOL.DELG.PON 1.000,00 Captación E Capacitación Árbitros De Fútbol G36271476 DIPUTACIÓN CLUB DE FÚTBOL 900,00 Tempada 2006 G36344364 ESCUELA DE FÚTBOL PORTERO 2000 6.000,00 VIII Torneo I. de F-7 "Cidade de Pontevedra" G15125206 FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SÁ 1.200,00 Copa Intercontinental G15055890 FEDERACIÓN TERRITORIAL GALLEGA DE FÚTBOL 1.000,00 Cursos De Iniciación Ó Arbitraxe G36430643 MOTO TURISTICA PONTUS VETERIS 1.200,00 IV Concentración Moto Turística Villa de Marín G36058410 MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA 900,00 I Torneo Internacional Rugbi Feminino G36041499 SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA 1.200,00 XI Medio Maraton Ciudad De Pontevedra TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (16) 29.800,00 ¤ CONCELLO DO PORRIÑO G36320380 CLUB ATLETISMO PORRIÑO 800,00 I Carreira De Xoves Atletas G36246858 CLUB BALONMÁN PORRIÑO 1.200,00 Charla E Convivencia De Balonmán. TOTAL CONCELLO DO PORRIÑO (2) 2.000,00 ¤ CONCELLO DE PORTAS G36399137 ESCUDERÍA CHARLI ROMEO 1.000,00 I Slalom Concello De Valga TOTAL CONCELLO DE PORTAS (1) 1.000,00 ¤ CONCELLO DE POIO G36363083 CLUB ATENEO COMBARRO F.S. 600,00 Torneo Internacional De Fútbol Sá Feminino TOTAL CONCELLO DE POIO (1) 600,00 ¤ CONCELLO DE PONTEAREAS G36451482 ASOC. DEPORTIVA CULTURAL PICARAÑA 500,00 III Marcha en Bicicleta de Montaña Cruceiro de Covelo. G36511566 BTT PONTEAREAS ESCOLA ALVARO PINO 500,00 Trofeo Vila Do Corpus G36298404 PEÑA CICLOTURISTA TEA 1.200,00 Marcha Cicloturística TOTAL CONCELLO DE PONTEAREAS (3) 2.200,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA G36041994 CLUB DEPORTIVO CHOCO REDONDELA 340,00 Participación en la Donosti-Cup en S. Sebastian TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1) 340,00 ¤ CONCELLO DE RIBADUMIA G36252831 CLUB NÁUTICO O MUIÑO 6.000,00 XII Baixada O Río Umia TOTAL CONCELLO DE RIBADUMIA (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO G36324523 ASOC. JUVENIL SARAIBA DO MAR 200,00 I Campionato Galego De Fútbol Sá G36190528 CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO 270,00 Campionato De Pesca Deportiva Dende Embarcación Fondeada TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (2) 470,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36622793 A.VV. CRISTO DE LA VICTORIA 366,00 XXVIII Medio Maratón Popular De Coia G36661205 AGRUPACIÓN DEPORTIVA PRIMAVERA 366,00 Intercambio Co Juventus De Pedroso. G36681633 ASOC. DEPORTIVA FAMU 6.000,00 XIV Festa Do Judo Infantil E Vii Curso Internacional Aikido G36947596 ASOC. DEPORTIVA DE BAILE EN GALICIA 287,00 VI Trofeo Cidade de Pontevedra G36904530 ASOC. DE VECINOS DE BEADE DE VIGO 270,00 XXIX Xogos Intersociais G36637890 CLUB MONTAÑEIROS CELTAS 306,00 IV Gran Travesía Ría de Vigo G36763084 CLUB SAN ROQUE CASABLANCA 418,00 Torneo Armando Cajaraville G36705101 CLUB TRIATHLON VIGO 470,00 XX Triatlón Cidade de Vigo G36841906 CLUB DE ATLETISMO VETERANOS DE SAMIL 340,00 I Milla Popular Praia Samil de Vigo G36942142 CLUB DE BALONCESTO SEIS DO NADAL 566,00 II Campus I. de Baloncesto Seis do Nadal-Unicef G36642247 ESPELEO CLUB ARADELAS 401,00 II Campionato Espeleo Club Aradelas G15109267 FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E DISCIPLINAS ASOCIADAS 9.000,00 Concentracion Nacional-Congreso De Maestros-G.P.Ciudad De Vigo G36690832 FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN 1.500,00 I Congreso Internacional De Balonman G36663664 FEDERACIÓN GALEGA DE MOTONÁUTICA 523,00 Probas para o Campionato de España de Motos Acuáticas- Trofeo Ibérico de Motos Acuaticas G36633022 SODIM 401,00 II Campionato de España de Vela G36645018 SOCIEDADE DEPORTIVA ATLETISMO SAN MIGUEL DE OIA 1.200,00 XXIX Trofeo Campo A Través G36810075 UNIÓN BALONMÁN LAVADORES 1.200,00 Campeonato Gallego Cadete Masculino de Balonmano. TOTAL CONCELLO DE VIGO (17) 23.614,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA G36059202 A.D. CORTEGADA 1.500,00 III Memorial Infantil Feminino Miguel A. Glez. G36447019 ASOC. CULTURAL E DEP. PEÑA SECTOR CRÍTICO 217,00 II Torneo I.Minibasket Santa Rita G36483675 ASOC. DEPORTIVA AROUSA FÚTBOL 7 9.000,00 Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 G36186047 CLUB CICLISTA XIABRE 270,00 XI Marcha Cicloturista Arousa G15780455 CLUB DEPORTIVO PÉREZ SUB 296,00 Campionato Galego de Pesca Submarina Zona Sur G36043354 CLUB DE TENIS EL RIAL 1.000,00 Torneo Santa Rita 2006 TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (6) 12.283,00 ¤ CONCELLO DE OUTROS CONCELLOS G15111156 FEDERACIÓN GALLEGA DE RUGBI 2.900,00 Master en Dirección y Gestión de Entidades TOTAL CONCELLO DE OUTROS CONCELLOS (1) 2.900,00 ¤" ------ Folla: 6.14184.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA NÁUTICOS) De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións para o deporte de competición federado, categoría náuticos, ás Entidades e Clubs que se relacionan, por un total de 179.000,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.20. Ditas subvencións son como seguen: "DEPORTE BASE NÁUTICOS (DBNAU/2006) CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE BAIONA G36623346 MONTE REAL CLUB DE YATES 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado TOTAL CONCELLO DE BAIONA (1) 3.000,00 ¤ CONCELLO DE BUEU G36427508 CLUB NÁUTICO DE BELUSO 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36039501 CLUB DO MAR DE BUEU 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE BUEU (2) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE CALDAS DE REIS G36036150 CLUB NÁUTICO UMIA DE CALDAS DE REIS 2.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CALDAS DE REIS (1) 2.500,00 ¤ CONCELLO DE CAMBADOS G36217701 CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CAMBADOS (1) 4.000,00 ¤ CONCELLO DE CANGAS G36040756 CLUB NÁUTICO RODEIRA 3.500,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. G36040756 CLUB NÁUTICO RODEIRA 3.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36457877 CLUB NÁUTICO DE CANGAS 3.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36043149 CLUB DE MAR RÍA DE ALDÁN 7.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36040681 CLUB DE REMO VILA DE CANGAS 3.500,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (5) 21.000,00 ¤ CONCELLO DE CATOIRA G36035202 CLUB AS TORRES 9.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CATOIRA (1) 9.000,00 ¤ CONCELLO DO GROVE G36015634 AGRUPACIÓN CULTURAL BREOGÁN 7.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36037950 AMEGROVE CLUB DE REMO 5.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36048684 CLUB DE REMO MECOS 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO GROVE (3) 18.500,00 ¤ CONCELLO DA GUARDA G36111300 CLUB DE REMO ROBALEIRA 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA GUARDA (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE MARÍN G36039659 CLUB DE MAR DE AGUETE ASOC. DEPORTIVA 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE MARÍN (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE MOAÑA G36039808 SOCIEDAD DEPORTIVA SAMERTOLAMEU 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36187367 SOCIEDAD DEPORTIVA TIRÁN 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE MOAÑA (2) 12.000,00 ¤ CONCELLO DE NIGRÁN G36626026 CLUB NÁUTICO DE PANJÓN 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36921302 CLUB DE SALVAMENTO E PIRAGÜISMO VAL MIÑOR 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE NIGRÁN (2) 10.000,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA G36043032 CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36050789 CLUB RÍO VERDUGO PONTEVEDRA 1.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (2) 4.500,00 ¤ CONCELLO DE POIO G36250991 CLUB ESCOLA DE PIRAGÜISMO POIO 7.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE POIO (1) 7.000,00 ¤ CONCELLO DE PONTECESURES G36401727 CLUB NÁUTICO DE PONTECESURES 2.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTECESURES (1) 2.500,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA G36039915 CLUB DE REMO CHAPELA 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1) 4.000,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO G36027621 CLUB NÁUTICO DE SANXENXO 8.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36397669 CLUB PIRAGÜISMO PORTONOVO 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (2) 12.000,00 ¤ CONCELLO DE TUI G36029908 CLUB KAYAK TUDENSE 9.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36020758 CLUB PIRAGÜISMO PENEDO 2.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE TUI (2) 11.500,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36630127 CLUB MARÍTIMO DE CANIDO 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36726750 CLUB DE REMO CORUXO 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VIGO (2) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE VILABOA G36163681 CLUB PIRAGÜISMO VILABOA 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VILABOA (1) 4.000,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA G36205698 CLUB DE REMO VILAXOÁN 3.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36010577 LICEO CASINO VILAGARCÍA 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado, vela. G36010577 LICEO CASINO VILAGARCÍA 1.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado, piragüísmo. G36010056 REAL CLUB DE REGATAS 1.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (4) 9.500,00 ¤ CONCELLO DA ILLA DE AROUSA G36042067 CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA 20.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA ILLA DE AROUSA (1) 20.000,00 ¤ ------ Folla: 7.14185.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA NACIONAIS) De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións para o deporte de competición federado, categoría nacional, ás Entidades e Clubs que se relacionan, por un total de 721.000,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.20. Ditas subvencións son como seguen: "DEPORTE BASE CATEGORÍA NACIONAL (DBN / 2006) CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE CANGAS G36011187 ALONDRAS C.F. 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36102705 CLUB BALONMÁN CANGAS 90.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE CANGAS (2) 105.000,00 ¤ CONCELLO DE LALÍN G36104800 CLUB BALONMAN LALÍN 18.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36011518 CLUB DEPORTIVO LALÍN 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado TOTAL CONCELLO DE LALÍN (2) 33.000,00 ¤ CONCELLO DAS NEVES G36367662 CLUBE BADMINTON AS NEVES 6.000,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DAS NEVES (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE PONTEVEDRA G36218162 CLUB BALONCESTO CIUDAD DE PONTEVEDRA 50.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36039584 CLUB BALONCESTO ARXIL DE PONTEVEDRA 30.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36024164 CLUB CISNE BALONMANO 20.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36217461 CLUB NATACIÓN GALAICO 5.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36319903 ESCUDERÍA CELSO MÍGUEZ COMPETICIÓN 20.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (automovilismo) G36029577 PONTEVEDRA C.F. 50.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36041499 SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA 12.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (7) 187.000,00 ¤ CONCELLO DO PORRIÑO G36246858 CLUB BALONMÁN PORRIÑO 18.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO PORRIÑO (1) 18.000,00 ¤ CONCELLO DE REDONDELA G36429132 C.D. BALONMÁN CHAPELA 10.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1) 10.000,00 ¤ CONCELLO DO ROSAL G36105542 SOCIEDADE DEPORTIVA ATL. NOVÁS 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DO ROSAL (1) 15.000,00 ¤ CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS G36129948 CLUB CASELAS F.C. 15.000,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (1) 15.000,00 ¤ CONCELLO DE SANXENXO G36010163 CLUB PORTONOVO S.D. 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36116465 VILLALONGA F.C. 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (2) 30.000,00 ¤ CONCELLO DE SOUTOMAIOR G36345023 CLUB BERTOLA FEMININO C.F. 5.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE SOUTOMAIOR (1) 5.000,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36681633 ASOC. DEPORTIVA FAMU 25.000,00 Solicita subvención para axuda ó deporte de competición federado. G36684850 ATLÁNTICO HOCKEY CLUB 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36690519 C.D. AREOSA 8.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36711380 CLUB AMFIV 35.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36927689 CLUB ATLETISMO FEMENINO CELTA 8.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36685345 CLUB BOWLING CELTA 2.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36713493 CLUB DEPORTIVO XUVENIL TEIS 14.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36711513 CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36817203 CLUB VIGO F.S. 8.000,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. G36658219 CLUB VIGO VOLEIBOL 40.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36708212 CORUJO CLUB DE FÚTBOL 15.000,00 Solicia axuda ó deporte de competición federado. G36858587 JUNIORS HOCKEY CLUB DE VIGO 8.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36945319 REAL CLUB CELTA DE ATLETISMO 9.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36680924 VIGO RUGBY CLUB 7.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VIGO (14) 200.500,00 ¤ CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA G36059202 A.D. CORTEGADA 50.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36053536 BASKET BASE CLUB 12.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36026680 CLUB AROSA S. C. 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. G36300655 CLUB ATLÉTICO AROUSANA 4.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (4) 81.500,00 ¤ CONCELLO DA ILLA DE AROUSA G36030260 CÉLTIGA F.C. 15.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado. TOTAL CONCELLO DA ILLA DE AROUSA (1) 15.000,00 ¤" ------ Folla: 8.14186.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do concello de Mos pola que se ofrece a esta Deputación posibilidade de persoarse como parte codemandada ante o TSX de Galicia no recurso contecioso-administrativo 2/4527/2005. Á vista do informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, de 7 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade non persoarse. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14187.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DAS OBRAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE BELUSO (BUEU) Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do día 2 de xuño de 2006, aprobando o expediente para a contratación , mediante concurso por procedemento aberto , da realización das obras do Pavillón Polideportivo de Beluso, cuxo anuncio do concurso foi publicado no DOGA (nº 141, 21/06/06) e no BOP (nº 117, 20/06/06). Resultando que o pasado día 21 do mes de xullo constituíuse a mesa de contratación, prevista na base 11 do prego de condicións económico-administrativas, procedéndose á apertura das trece ofertas presentadas ó concurso e trasladándose o expediente ós servizos técnicos correspondentes ó obxecto de emitir informe sobre as mesmas. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras, e aceptando a súa proposta e a da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a realización das obra do pavillón polideportivo de Beluso (Bueu) á empresa Suso Fernández, CIF B- 32.283.624, polo prezo total de cincocentos corenta e un mil douscentos setenta e un euros con dezaseis céntimos (541.271,16 ¤). O pago do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 06/123.452.662.00 do vixente Presuposto provincial a anualidade de 2006, e a do 2007 coa correspondente do exercicio futuro. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 21.650,84 ¤, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na caixa desta Deputación a cantidade de 380,68 ¤, por gastos de anuncios nos boletíns oficiais ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14188.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA DO POL E PPC 2006 Redactándose polo Servizo de Vías e Obras diversos proxectos de obras incluídas no POL e PPC 2006, que máis adiante se detallan; e emitíndose por Intervención informes relativos á existencia de consignación nas partidas 06/911.511.611.03 e 06/911.511.611.09, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: Con cargo á partida 06/911.511.611.03: 1.- E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) (POL 2006) por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤) IVE incluído. Con cargo á partida 06/911.511.611.09: 1.- E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) (PPC 2006) por importe de trescentos mil euros (300.000, 00 ¤) IVE incluído. 2.- E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) (PPC 2006) por importe de trescentos vinte e nove mil euros (329.000,00 ¤) IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14189.- APROBACIÓN DO PROXECTO DO CAMPO DE FÚTBOL DE VILANOVA DE AROUSA (VILANOVA DE AROUSA) Visto o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a construción e reforma de instalacións deportivas na provincia de Pontevedra, no período 2002-2006, fixando as achegas económicas de ámbalas dúas Administracións. Visto que o Concello de Vilanova de Arousa participa a necesidade da construción un novo campo de fútbol, redactándose o pertinente proxecto que se supervisou polo Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial e que conta cun presuposto de oitocentos tres mil setecentos corenta e nove euros con catro céntimos (803.749,04 ¤), IVE incluído. E vista a existencia de consignación orzamentaria na partida 06/123.452.662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto de obra dun campo de fútbol na zona de O Terrón, en Vilanova de Arousa por importe de oitocentos tres mil setecentos corenta e nove euros con catro céntimos (803.749,04 ¤), IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14190.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN VARIAS RÚAS Visto que os Convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo coa finalidade de realizar obras na rúa República de Argentina entre Urzaiz e García Barbón, pavimentación das rúas Gravina e Churruca, humanización da rúa Rogelio Abalde, e mellora da pavimentación da Praza da Independencia, cuxo custo total estímase na cantidade dun millón cincocentos dous mil douscentos cinco euros (1.502.205,00 ¤). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, de data 2 e 3 de agosto de 2006, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Vigo para a realización de obras en varias rúas. Así mesmo, facúltase o Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN VARIAS RÚAS En Vigo, a........ de dous mil seis REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno. E doutra a Excma. Sra. Dna. Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, e facultada para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3,c) do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA ORZAMENTO Humanización da rúa República Argentina entre Urzaiz e García Barbón. 489.113,00 Repavimentación das rúas Gravina e Churruca. 507.154,00 Humanización da rúa Rogelio Abalde. 324.071,00 Mellora da pavimentación da Praza Independencia. 181.867,00 TOTAL 1.502.205,00 SEGUNDA.- A Excma. Deputación de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a un millón cincocentos dous mil douscentos cinco euros (1.502.205,00 ¤), con cargo á partida 06/911.911.662.00. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes, poderán realizarse cambios de aplicación, respectando a cantidade existente para este fin. TERCEIRA.- O Concello de Vigo, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. CUARTA.- As devanditas obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez realizadas as mesmas, procederase a súa entrega ó Concello de Vigo. QUINTA.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Vigo, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. SEXTA.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándolle traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida pór obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días dende a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puidesen suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada Comisión, dado o carácter administrativo do Convenio, pola xurisdición contencioso administrativa. OITAVA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2008, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. NOVENA.- Será causa de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. DÉCIMA.- Ámbalas dúas partes, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Vigo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Excma. Deputación de PontevedraD. Rafael Louzán Abal Polo Concello de VigoDna. Corina Porro Martínez" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14191.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2006 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta da remisión pola FEGAMP do convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a realización durante o ano 2006 de accións formativas para o persoal ó Servizo da Administración Local da provincia de Pontevedra e vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención da Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo e así mesmo, ratificar as resolucións de iniciación de accións formativas (R.P. nº4589, de 06/04/06), nomeamento de profesores (R.P. nº4793, de 12/04/06) e coordinadores dos cursos (R.P. nº4794, de 12/04/06), así como facultar ó Sr. Presidente para a sinatura do citado convenio. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2006 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. En Santiago de Compostela, a 17 de xullo de 2006 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. José Crespo Iglesias, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. E X P O Ñ E N: Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2006, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudo de necesidades e de programación de actividades con accións dos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita asegurar o cumprimento dos programas de acción municipal e a satisfacción dos intereses cidadáns. Ámbalas dúas partes, consideran atender as necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes ós procesos de cambio e á crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entre estes posibles instrumentos cabe sinalar os Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree conveniente delegar na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativos da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ámbalas dúas partes: C O N V E Ñ E N: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo ó presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc., facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída a FEGAMP. 6º.- A FEGAMP financiará a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de TRINTA MIL CATROCENTOS CINCUENTA E DOUS EUROS E NOVENTA CÉNTIMOS (30.452,90¤) das que se fará aboamento á Deputación de Pontevedra, o 50% á sinatura do mesmo e o 50% restante ó remate das citadas accións. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra comprométese a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar tódalas accións formativas antes do 31 de decembro de 2006, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar ante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2007 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendendo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal o servizo da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha Certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ámbalas dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garantir o cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en duplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O PRESIDENTE DA FEGAMP, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: José Crespo Iglesias Asdo.: Rafael Louzán Abal" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14192.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE PARA A REDUCIÓN DA LIÑA LÍMITE DA EDIFICACIÓN NUNHA PARCELA SITA NO PK 16/696 DA LIÑA FÉRREA REDONDELA-SANTIAGO DE COMPOSTELA Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Ferrocarrís, de data 20 de xuño de 2006, recibida nesta Deputación o día 29 de xuño de 2006 (nº rexistro entrada 23299), solicitando informe sobre a redución da liña límite da edificación nunha parcela sita no pk 16/696 da liña férrea Redondela-Santiago de Compostela, e Resultando que o Enxeñeiro Técnico xefe da zona norte do Servizo de Vías e Obras, emite informe con data 3 de agosto de 2006, no que textualmente di: "... Como quiera que la carretera provincial 0105 Bértola-Ramalleira - C-550, se encuentra en las proximidades del lugar donde se pretende construir un edificio-exposición por la citada empresa, la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra ostenta la condición de interesado en el procedimiento. Examinada la documentación enviada, el técnico que subscribe entiende que en modo alguno la solicitud planteada por la empresa EXGAL S.L. afectará a la zona de influencia de la citada carretera provincial. FUNDAMENTOS JURÍDICOS Considerando que, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 31 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra ostenta la condición de interesado en el procedimiento. Considerando que de acuerdo con lo dispuesto en el párrafo2º del art. 35 del Real Decreto 2387/2004, de 30 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento del Sector Ferroviario, en el procedimiento para la determinación de la línea límite de edificación, "La Dirección General de Ferrocarriles remitirá el correspondiente estudio de determinación a las Entidades Locales y Comunidades Autónomas afectadas, con objeto de que, en el plazo de un mes, informen sobre si la determinación propuesta es la más adecuada para el interés general y para los intereses que representan. Considerando que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 35 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia, y en el artículo 10 de la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales... la línea límite de edificación se situará a las distancias que se indican a continuación, medidas horizontalmente a partir de la arista exterior de la explanación correspondiente a las calzadas previstas y a sus elementos funcionales y perpendicularmente al eje de la calzada más próxima: - Carreteras de la red primaria: nueve metros y medio. - Resto de carreteras: siete metros. Considerando que el articulo 8 de la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, delimita una zona de afección, en las carretas provinciales, de treinta metros medidos en horizontales desde la arista exterior de la explanación. Considerando que según dispone el artículo 6 de la Ley 7/1985, de 2 de abril Reguladora de las Bases de Régimen Local, . Conclusión. A la vista de los antecedentes de hecho y los fundamentos jurídicos mencionados, el Servicio de Vías y Obras tiene a bien informar que la reducción de la línea límite de edificación en una parcela situada en el p.k. 16/696 de la línea férrea Redondela-Santiago de Compostela, en el término municipal de Vilaboa, solicitada por la empresas EXGAL S.L. en modo alguno tendrá repercusión en la zona de influencia de la carreta provincial 0105 Bértola-Ramalleira- C-550, y en consecuencia no procede realizar ningún tipo de alegación al respecto." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Ferrocarrís da Secretaría de Estado de Infraestruturas e Planificación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14193.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO 2006 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 123.293,78 ¤ para gasto de funcionamento do 2º trimestre do ano 2006, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 123.293,78 ¤, como achega da Deputación para o ano 2006 ó Consorcio durante o segundo trimestre. 2.- Declarar de aboamento a favor do Consorcio a cantidade de 123.293,78 ¤ con cargo á partida 06/911.223.467.01 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14194.- CORRECCIÓN DE ERROS EXISTENTES NOS ORZAMENTOS DAS OBRAS NOS 157 E 135, DENOMINADAS "ACONDICIONAMENTO E URBANIZACIÓN DO PARQUE IRMÁNS DIOS MOSQUERA" E " SANEAMENTO EN CAMPAÑA, CORDEIRO E XANZA" DO CONCELLO DE VALGA, SUBVENCIONADAS CON CARGO Ó PAM/06-08, ANUALIDADES 2007 E 2008 Detectados uns erros aritméticos no cadro de distribución das subvencións, concedidas ó Concello de "Valga" con cargo ó PAM/ 06-08, anualidades 2007-2008, por acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril do 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder a súa rectificación debendo figurar o importe de 39.462,88 euros de presuposto total na obra nº 157, denominada "Acondicionamento e urbanización do Parque Irmáns Dios Mosquera", en vez dos 39.462,30 que figuraba anteriormente, así como debe constar a cantidade de 98.417,78 euros, no presuposto da obra nº 135, denominada "Saneamento en Campaña, Cordeiro e Xanza", en vez de 98.417,30 que figuraban anteriormente. O cadro de distribución de subvencións da devandita Entidade Local, queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Total Subv. Saneamento Cordeiro 60.744,65 60.774,12 60.774,12 Saneamento en Cordeiro e Xanza 76323,72 76.323,72 76.323,72 Acondicionamento e urbanizazción do Parque Irmáns Dios Mosquera 39.462,88 39.462,30 39.462,30 Saneamento en Campaña, Cordeiro e Xanza 98.417,78 98.417,30 98.417,30 60.744,65 60.774,12 115.786,60 115.786,02 98.417,78 98.417,30 274.977,44 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14195.- CORRECCIÓN DE ERROS EXISTENTES NO ORZAMENTO DA OBRA NO 34, DENOMINADA "MURO CAMPO DE FÚTBOL DE AUGAS FÉRREAS" DO CONCELLO DE A CAÑIZA, SUBVENCIONADAS CON CARGO Ó PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Detectado un erro aritmético no cadro de distribución das subvencións, concedida ó Concello de "A Cañiza" con cargo ó PAM/ 06-08, anualidades 2007 e 2008, por acordos da Xunta de Goberno de 7 de abril do 2006 e 30 e xuño do 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder a súa rectificación debendo figurar o importe de 48.166,84 euros de presuposto total na obra nº 34, denominada "Muro campo de fútbol de augas férreas", en vez dos 36.125,13 euros que figuraba anteriormente. O cadro de distribución de subvencións da devandita Entidade Local, queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención Total Subv. Pavimentación Rúa Oriente 79.145,21 79.145,21 79.145,21 Mellora iluminación pública en Oroso, Franqueira e Valeixe 31.293,00 31.293,00 31.293,00 Pavimentación Rúa do Carme e Praza do Mercado 83.243,71 83.243,71 83.243,71 Cemiterio de A Cañiza 54.325,15 54.325,15 54.325,15 Muro Campo Fútbol de Augas Férreas 48.166,84 36.125,13 36.125,13 Construción Muro de Pedra en Almuiña-Valeixe 36.711,39 36.711,39 36.711,39 Pavimentación camiños rurais: Ribadil,-Oroso 29.993,37 29.993,37 29.993,37 Pavimentación camiños rurais: Oroso, Achas, Deva e A Cañiza 37.088,49 37.088,49 37.088,49 Construción Parque Infantil na Travesía Sifón-A Cañiza 111.761,22 111.761,22 111.761,22 110.438,21 110.438,21 222.447,09 210.405,38 178.843,08 178.843,08 499.686,67 ------ Folla: 18.14196.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición