ATOPO
Registros actuales: 1.625.388
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/08/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-08-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/08/11_Ordinaria

  • Data(s) 2006-08-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día once de agosto do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. Xosé Crespo Iglesias, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. José Fernández López. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14197.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de agosto de 2006. ------ Folla: 2.14198.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A. PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL Visto o acordo adoptado por la Xunta de Goberno na sesión do 27 de maio de 2005, polo que se lle adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, á empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763), polo prezo anual ofertado de 108.000,00 euros, a razón de 9.000,00 euros/mes, por un período de dous anos e con efectos dende o día 1 de xuño de 2005. Resultando que na cláusula segunda do contrato formalizado con data 20 de xullo de 2005, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista e que a primeira actualización terá lugar unha vez transcorra o primeiro ano de contrato e con efectos a partir de dita data. Resultando que a empresa CLARO SOL, S.A., mediante escrito de data 31 de maio de 2006, solicita a actualización do prezo do contrato que lle foi adxudicado para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial nun 4 % de acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC), correspondente ó período de maio de 2005 a maio de 2006. Resultando que o custo do contrato para o período do 1 de maio de 2006 ó 31 de maio de 2007, coa revisión de prezos ó 4%, supón un incremento de 4.320,00 euros, quedando o prezo anual do mesmo cifrado en 112.320,00 euros, a razón de 9.360,00 euros mensuais. Visto o informe emitido por Intervención ó respecto, de data 4 de agosto de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2006 ó 31 de maio de 2007, ambos incluídos, á cantidade de CENTO DOCE MIL TRESCENTOS VINTE EUROS (112.320,00 ¤), a razón de 9.360,00 euros/mes, de acordo ó seguinte detalle: -Prezo actual do contrato (Importe anual) 108.000,00 ¤ -Importe anual do incremento do contrato nun 4% 4.320,00 ¤ -Prezo anual revisado 112.320,00 ¤ -Prezo mensual revisado 9.360,00 ¤ O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 4.320,00 euros, correspondendo 2.520,00 euros ó período do 1 de xuño a 31 de decembro de 2006, que serán libradas no seu día con cargo á partida 06/121.121.227.00, do vixente Presuposto Provincial e a cantidade de 1.800,00 euros ó período de 1 de xaneiro a 31 de maio de 2007, ambos incluídos, con cargo ó Presuposto Provincial do ano 2007. A empresa Claro Sol, S.A. deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 172,80 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: 3.14199.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DE DIVERSAS OBRAS DO PPC E DO POL 2006 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 28 de xullo de 2006, polo que se prestou aprobación ós proxectos de obras de PPC 2006 "E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño)" e "E.P. 0102 Acuña - Pedra dás Navallas (Vilaboa)" e de POL 2006 "E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro)" e "E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama)". Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2006, polo que se prestou aprobación ós proxectos de obras de PPC 2006 "E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda)" e "E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña)" e de POL 2006 "E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño)" E vistos, así mesmo, os informes do Secretario Xeral e do Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o prego de condicións económico - administrativas e o expediente de contratación para adxudicar, mediante concurso, por procedemento aberto, a realización de diversas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e no Programa Operativo Local (POL) do ano 2006. As obras son as que a continuación se detallan: Plan Provincial de Cooperación (PPC) 2006 1 E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño) 132.000,00 ¤ 2 E.P. 0102 Acuña - Pedra das Navallas (Vilaboa) 95.000,00 ¤ 3 E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) 329.000,00 ¤ 4 E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) 300.000,00 ¤ Programa Operativo Local (POL) 2006 5 E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro) 200.000,00 ¤ 6 E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama) 240.000,00 ¤ 7 E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) 100.000,00 ¤ As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo ás partidas 06/911.511.611.09 (obras nº1, 2, 3 e 4) e 06/911.511.611.03 (obras nº 5, 6 e 7) do vixente Presuposto provincial. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS DO PPC E POL 2006". 1ª.- OBXECTO.- A realización das seguintes obras: PPC 2006 1- E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño) 2- E.P. 0102 Acuña - Pedra das Navallas (Vilaboa) 3- E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) 4- E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) POL 2006 5- E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro) 6- E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama) 7- E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) As obras realizaranse con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- FINANCIAMENTO DAS OBRAS.- As obras financiaranse con cargo ás partidas 06/911.511.611.09 (obras nº1, nº2, nº 3 e nº 4) e 06/911.511.611.03 (obras nº 5, nº 6 e nº 7) do vixente Presuposto provincial. 3ª.- ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN.- Os presupostos tipo de licitación son os que se detallan de seguido, IVE incluído: PPC 2006 1 E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño) 132.000,00 ¤ 2 E.P. 0102 Acuña - Pedra das Navallas (Vilaboa) 95.000,00 ¤ 3 E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) 329.000,00 ¤ 4 E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) 300.000,00 ¤ POL 2006 5 E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro) 200.000,00 ¤ 6 E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama) 240.000,00 ¤ 7 E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) 100.000,00 ¤ Entenderanse comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, en sesión do 27 de febreiro de 1998, que se considera incluída dentro dos gastos xerais e sendo a conta dos adxudicatarios ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- Os prazos para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos comezarán a contar a partir da comprobación do replanteo e serán os seguintes: PPC 2006 1 E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño) 4 meses 2 E.P. 0102 Acuña - Pedra das Navallas (Vilaboa) 4 meses 3 E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) 6 meses 4 E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) 12 meses POL 2006 5 E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro) 8 meses 6 E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo (A Lama) 4 meses 7 E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) 4 meses 5ª.- PRAZO DE GARANTÍA.- Establécese un prazo de garantía dun ano, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- FIANZAS.- Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- FORMA DE PAGO.- O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberase acompañar a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección de obra serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- PROPOSICIÓNS.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia, de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen no artigo 38.4º da Lei 30/92, e 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 80 do Rd 1098/2001, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e máis a hora de imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- DOCUMENTACIÓN.- Os contratistas interesados na contratación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: SOBRE A denominado "PROPOSTA ECONÓMICA", que se presentará nun sobre pechado, que poderá lacrarse e precintarse a petición do interesado e deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DO PPC E POL 2006. OBRA Nº _____________ (Nota importante: Especificar o número e denominación da obra) O sobre deberá conter a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas co seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. SOBRE B denominado "DOCUMENTOS", que deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS DO PPC E POL 2006. OBRA Nº _________________________________________ (Nota importante: Especificar o número e denominación da obra. O sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico- financeira e técnica polos medios establecidos nos arts. 15 e seguintes do RDL 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, unha vez notificada a adxudicación das obras, certificacións acreditativas de estar ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte a súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será a seguinte: PPC 2006 1 E.P. 2402 Porriño - Torneiros (Porriño) Grupo G Subgrupo 4 Categoría c 2 E.P. 0102 Acuña - Pedra das Navallas (Vilaboa) Grupo A Subgrupo 2 Categoría cGrupo G Subgrupo 4 Categoría c 3 E.P. 6510 Lamela - Moalde - Senra 2ª fase (Silleda) Grupo A Subgrupo 2 Categoría dGrupo G Subgrupo 4 Categoría d 4 E.P. 0503 Mane - Rebón (Moraña) Grupo A Subgrupo 2 Categoría dGrupo G Subgrupo 4 Categoría d POL 2006 5 E.P. 0505 N-550 Igrexa de Perdecanai (1ª fase) (Barro) Grupo A Subgrupo 2 Categoría c 6 E.P. 0306 Acceso a Barcia do Seixo(A Lama) Grupo G Subgrupo 4 Categoría b 7 E.P. 3303 Eiras - Tabagón - Goián (Tomiño) Grupo G Subgrupo 4 Categoría a Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a teñan presentado nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso téndose constituído en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios haberán de achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó corrente no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, a continuación procederase á apertura das proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo Rdl 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- CRITERIOS DE VALORACIÓN: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra .... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado .... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto .... ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que tendo obtido unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente por lo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no Boletín Oficial da Provincia dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade, sen tales requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- DEMORA NA EXECUCIÓN.- Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.-INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO.- O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 18ª.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.- En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. 19ª.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don________________, maior de idade, veciño de_____________, con enderezo en ________________titular do DNI___________, actuando en nome propio/ou en representación de _______________con domicilio en ______________, e teléfono núm. _____________, expón que: Coñece e acepta o prego de condicións económico-administrativo particulares e o proxecto da obra, e comprometese a executar a obra___________________ (especificar número e denominación da obra enumerada na cláusula 1ª deste prego), polo prezo total de ____________________________(en número e letra). - O prazo de execución será de :_______________________________ - As melloras ofertadas cífranse en:____________________________ - O período de mantemento será de:____________________________ (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 4.14200.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO DO PARQUE CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Visto que a Deputación de Pontevedra participa no Proxecto COFROEM, encadrado dentro do programa Interreg III-A, financiado pola unión europea para o fomento e optimización dos servizos de emerxencia e de salvamento. Resultando que dentro destas actuacións é necesario o equipar o Parque de Bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de Baixo Miño, Condado e Louriña, cuxo custo estímase en 192.000,00 ¤, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación e vistos así mesmo, o documento Rc e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expte. de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de equipamento do Parque Contra Incendios e Salvamento de Baixo Miño, Condado e Louriña, por un tipo máximo de cento noventa e dous mil euros (192.000.00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar 115.333,30 euros con cargo á partida 06/911.223.662.02.2005 do vixente presuposto provincial e 76.666,70 euros con cargo á partida 06/911.223.662.03.2005. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO EQUIPAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA. 1.- OBXECTO.- A subministración de diverso material para equipar o parque de bombeiros de Baixo Miño, Condado e Loriña que se enumera de forma xeral de seguido: · Equipo de respiración autónomo · Botellas de reposto de aire comprimido para equipos de respiración autonómos. · Compresor para recarga de botellas de equipos autonómos · Explosimetro · Camara de visión térmica · Lanza tapafugas · Maquinaria e ferramentas varias · Botica primeros auxilios · Tramos de manguera · Equipos de telecomunicacións · Sistema de megafonia · Sistemas informáticos · Mobiliario · Menaxe · Material de ximnasio No prego de prescricións técnicas que se une como anexo descríbense con detalle os elementos a subministrar. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/911.223.662.02.2005 a cantidade de 115.333,30 euros, e a cantidade de 76.666,70 euros con cargo a partida 06/911.223.662.03.2005 do vixente Presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade dos subministros por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO.- A entrega dos subministros efectuaranse no prazo de 45 días a contar dende o día seguinte á formalización do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cento noventa e dous mil euros (192.000 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administración Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha da prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unión temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: Proposición Económica para optar ó Concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, o subministro de EQUIPAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Descrición dos produtos a subministrar. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "Documentos Xerais para optar ó Concurso para adxudicar mediante procedemento aberto, contratación do subministro de EQUIPAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión ante a Administración. 2.- As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espacio Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na Lcap e demais normativas vixentes. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non , deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 3.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. do R.d.l. 2/2000 da Lcap. 4.- Documento que acrediten estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 5.- Resguardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 6.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 7.- Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 8.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: Presidente: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. O enxeñeiro director do Servizo Agrario. A delegada provincial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia Secretario: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Calidade dos produtos a subministrar: ata 4 puntos 2) Outras melloras: ata 3 puntos 3) Prazo de entrega: ata 2 puntos 4) Menor prezo: ata 1 punto 12- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600,00 euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio do concurso para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á contratación do subministro de EQUIPAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo total: ________________________________ euros, IVE incluído. · O Prazo máximo de entrega será de: · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) · O valoración económica das melloras é de: (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 5.14201.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.14202.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DA OBRA "INSTALACIÓN PARA KARTING (FORCAREI)" Visto o acordo da Xunta de Goberno, de data 19/09/2003, polo que se adxudicou á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra de "Instalación de Karting (Forcarei)" na cantidade de 521.876,90 euros, IVE incluído. Visto o proxecto modificado redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun presuposto de 626.188,70 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 104.311,71 euros. E visto o documento RC, con nº de operación 200600068104, emitido polo Servizo de Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/123.452.662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o proxecto modificado nº 1 de "Instalación de Karting (Forcarei)", por importe cento catro mil trescentos once euros con setenta e un céntimos (104.311,71 ¤), IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14203.- APROBACIÓNDO EXPTE. PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA DO CAMPO DE FÚTBOL NA ZONA DE O TERRÓN, EN VILANOVA DE AROUSA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 4 de agosto de 2006, aprobando o proxecto de campo de fútbol de O Terrón, en Vilanova de Arousa, cun presuposto de oitocentos tres mil setecentos corenta e nove euros con catro céntimos (803.749,04 ¤) Vista a acta de replanteo que comproba a realidade xeométrica do lugar onde se van a realizar as obras, o documento Rc certificando a existencia de crédito e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da obra do campo de fútbol na zona de O Terrón, en Vilanova de Arousa, cun presuposto de oitocentos tres mil setecentos corenta e nove euros con catro céntimos (803.749,04 ¤). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/123.452.662.00 do vixente Presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DA OBRA DO CAMPO DE FÚTBOL NA ZONA DE O TERRÓN, EN VILANOVA DE AROUSA 1ª.- OBXECTO.- A realización dun campo de fútbol na zona de Terrón en Vilanova de Arousa. A obra se realizará con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2ª.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase con cargo á partida 06/123.452.662.00 do vixente Presuposto. 3ª.- TIPO DE LICITACIÓN.- oitocentos tres mil setecentos corenta e nove euros con catro céntimos (803.749,04 ¤) IVE incluído. Enténdense comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, en sesión de 27 de febreiro de 1998, que se considera incluída dentro dos gastos xerais e sendo a conta dos adxudicatarios ós que lle será retida. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72 % del presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- PRAZO DE EXECUCIÓN: O prazo para a execución e terminación de toda a obra incluída no proxecto comezará a contar a partir da comprobación do replanteo e será de CUATRO MESES. 5ª.- PRAZO DE GARANTÍA: Establécese un prazo de garantía dun ano,contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- FIANZAS: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- FORMA DE PAGO: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberase acompañar a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no piega, de cordo co previsto no art. 95 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección de obra serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e se consideran incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reterase ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- PROPOSICIÓNS.- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- DOCUMENTACIÓN: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: SOBRE A, denominado "PROPOSTA ECONÓMICA", que se presentará nun sobre pechado, que poderá lacrarse e precintarse a petición do interesado e deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA OBRA DO CAMPO DE FÚTBOL NA ZONA DE O TERRÓN, EN VILANOVA DE AROUSA Contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas co seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. SOBRE B, denominado "DOCUMENTOS", deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DA OBRA DO CAMPO DE FÚTBOL NA ZONA DE O TERRÓN, EN VILANOVA DE AROUSA O sobre conterá os seguintes documentos: 1.- D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2.- Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3.- Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4.- Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5.- Acreditación da capacidade e solvencia económico-financieira e técnica polos medios establecidos nos arts. 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, os adxudicatarios haberán de achegar, unha vez notificada a adxudicación das obras, certificacións acreditativas de estar ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 6.- Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte a súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será do Grupo C subgrupo 6 categoría e. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a teñan presentado nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso téndose constituído en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán de achegar, previamente a la formalización del contrato, certificacións acreditativas de estar ó corrente no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- MESA DE CONTRATACIÓN: Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS: O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura das proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- CRITERIOS DE VALORACIÓN: 1. Redución do prezo sobre o Presuposto máximo do contrato .. ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que tendo obtido unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garante a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade, sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- DEMORA NA EXECUCIÓN: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.-INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 18ª.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. 19º.- Modelo de proposición: Don______, maior de idade, veciño de________, con domicilio en _________titular do DNI________, actuando en nome propio/ou en representación de ________con domicilio en ________, e teléfono núm. ________, expón que: Coñece e acepta o prego de condicións económico-administrativo particulares e o proxecto da obra, e comprométese a executar a obra do Campo de fútbol na zona de O Terrón, en Vilanova de Arousa, polo prezo total de _________ (en número e letra). - O prazo de execución será de :_______________________________ - As melloras ofertadas se cifran en:_____________________________ - O período de Mantemento será de:____________________________ (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14204.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA ÁREA PANORÁMICA DE TUI Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación provincial, 12 de maio de 2006, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da realización de diversas obras, entre elas a obra de humanización do entorno da área panorámica de Tui. Posteriormente, polo mesmo órgano, en sesión de 16 de xuño de 2006, rectificouse a clasificación esixida para a mencionada obra, concedendo o novo prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións. Resultando que o pasado día 31 do mes de xullo constituíuse a mesa de contratación, prevista na base 11 do prego de condicións económico-administrativas, procedéndose á apertura das ofertas presentadas ó concurso e trasladándose o expediente ós servizos técnicos correspondentes ó obxecto de emitir informe sobre as mesmas. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a realización da obra de humanización do entorno da Área Panorámica de Tui á empresa Sercoysa Proyectos y Obras S.A. (CIF A-36.319.622), por un prezo total de catrocentos setenta mil novecentos cincuenta e un euros (470.951,00 ¤), IVE incluído. O pago do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 06/511.511.612.02 do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 18.838,04 ¤, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos da Administracións Publicas, no prazo de quince días naturais contado dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar a resolución do contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14205.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE REDE INTRANET E SERVIDORES PARA OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 30 de xuño de 2006 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do subministro e instalación dunha rede Intranet e servidores para os concellos da provincia de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de 208.630,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do subministro e instalación dunha rede Intranet e servidores para os concellos da provincia de Pontevedra, foi publicado no BOP número 134 e no DOGA número 135, ambos de data 13 de xullo de 2006. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 1 de agosto de 2006, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura da única plica presentada pola empresa, Sistemas Telefónicos e Informáticos, S.L. (SISTEL), a cal foi admitida ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Centro Provincial de Asesoramento Municipal desta Deputación. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 10 de agosto de 2006 para que se lle adxudique o concurso á empresa, Sistemas Telefónicos e Informáticos, S.L. (SISTEL), ó resultar a única empresa presentada e admitida ó concurso e cumprir a súa oferta co especificado nos pregos de condicións de conformidade con informe emitido polo Técnico de Informática do Centro Provincial de Asesoramento Municipal, de data 7 de agosto de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar á empresa, SISTEMAS TELEFÓNICOS E INFORMÁTICOS, S.L., (C.I.F.- 36.370.245), o concurso convocado para a contratación do subministro e instalación dunha rede Intranet e servidores para os concellos da provincia de Pontevedra, polo prezo ofertado de douscentos cinco mil euros (205.000,00 ¤), IVE incluído e coas seguintes melloras: Ø Asistencia post-venda: tempo de reparación in-situ: 1 hora.Ø Prazo de entrega do subministro: 24 horas.Ø Extensións á garantía: 3 años.Ø Número de unidades a maiores de Intranet dentro do importe máximo: 10.Ø Número de unidades a maiores de ordenadores dentro do importe máximo: 1.Ø Opción de seleccionar o programa en idioma portugués: Si. A adxudicación a favor da empresa, SISTEMAS TELEFÓNICOS E INFORMÁTICOS, S.L., motívase por resultar a única empresa presentada e admitida ó concurso para a contratación do subministro e instalación de rede Intranet e servidores para os concellos da provincia de Pontevedra e por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. O pago do prezo do subministro e instalación dunha rede Intranet e servidores para os concellos da provincia de Pontevedra efectuarase no seu día ó adxudicatario, contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez recepcionado o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación, con cargo á partida, 06/551.551.662.00, do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 8.200,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase que a fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constitúa a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 114,37 euros e 261,30 (total 375,67 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14206.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE SAN AMARO, NA PARROQUIA DE ALDÁN A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da provincia. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, asinouse, o día 9 de agosto de 2006, un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cangas para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Visto así mesmo, o informe emitido por Intervención, de data 10 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Ratificar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cangas para a Instalación dun campo de fútbol de céspede artificial de última xeración no campo de San Amaro, na parroquia de Aldán. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE SAN AMARO, NA PARROQUIA DE ALDÁN En Cangas, a 9 de agosto de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. D. José Enrique Sotelo Villar, Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia munic

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición