ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/09/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-09-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/09/08_Ordinaria

  • Data(s) 2006-09-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Sr. Don José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal e o Deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14262.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de setembro de 2006. ------ Folla: 2.14263.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOAÑA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "MELLORA DE ACCESOS Ó CAEIRO-MEIRA", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Moaña, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 175/201, denominada "Mellora de accesos ó Caeiro-Meira", subvencionada con 26.121,03 ¤, por Resolución Presidencial de 27/04/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31/10/07 con carácter improrrogable. ------ Folla: 3.14264.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "REFORMA PRAZA DE ABASTOS", INCLUÍDA NO PAM/05 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Cuntis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 292/550, denominada "Reforma praza de abastos", subvencionada con 32.941,84 ¤, por Resolución Presidencial de 31/08/05. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31/10/07 con carácter improrrogable. ------ Folla: 4.14265.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Vistos os documentos RP-16427/05, no que se concede unha axuda de 740,00 ¤ á Asociación de Festas Santo Cristo da Victoria de Mos para a celebración da "VII Edición da Festa da Orella e do Rabo de porco", e RP 16330/04, no que se concede unha axuda por importe de 180,00 ¤ para adquisición de plantas ó CEIP de Cabanas-Salcedo; vista a documentación xustificativa dos gastos que presenta ambos beneficiarios conforme ás bases das citadas axudas, presentada fóra do prazo establecido; vistos os informes emitidos pola intervención nos que informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial destes créditos pola Xunta de Goberno por haberse xustificado fóra de prazo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer os créditos citados con cargo ás partidas que se relacionan a continuación e da maneira seguinte: Asunto Beneficiario Importe Partida VII Edición da Festa da Orella e do Rabo de Porco Asociación de Festas Santo Cristo da Victoria de Mos 740,00 ¤ 06/711.711.489.01.2005 Axuda para adquisición de plantas CEIP de Cabanas-Salcedo 180,00 ¤ 06/711.711.489.01.2004 ------ Folla: 5.14266.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.14267.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE XOGADORES DE AZAR (AGAJA) PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ASISTENCIAIS Como queira que a ludopatía, recoñecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como enfermidade mental, supón para as persoas que a sofren unha perda do control sobre a súa vida, introducíndoas nuns graves problemas familiares, na súa economía e incluso coa xustiza, e dado que a Asociación Gallega de Jugadores de Azar (AGAJA) ven desenvolvendo unha importante labor nesta materia, a Deputación de Pontevedra pretende subscribir un Convenio de Colaboración coa mesma para o desenvolvemento dun programa de prevención e tratamento terapéutico individual e grupal dirixido as persoas que padecen ludopatía e outras adicións, polo importe de 3.000,00 ¤, polo que ó abeiro das Leis 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e á vista dos informes de 2 e 24 de agosto, respectivamente, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor Accidental, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Gallega de Jugadores de Azar (AGAJA) para o desenvolvemento dun programa de prevención e tratamento terapéutico polo importe de 3.000,00 ¤ e con cargo á Partida 06/313.313.480.05 do vixente presuposto provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALLEGA DE JUGADORES DE AZAR (AGAJA) PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ASISTENCIAIS No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ----de ---- 2006, reunidos Don Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril e Don Juan José Lamas Alonso, en calidade de Presidente da Asociación Gallega de Jugadores de Azar (AGAJA), con CIF: G36730059, e domicilio social en Rúa Alcalde Gregorio Espiño nº38 - entreplanta, of.2 do Concello de Vigo. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e AGAJA para levar a cabo a prevención e unha atención asistencial con tratamento terapéutico e seguimento das persoas afectadas pola ludopatía e outras adiccións existentes para unha mellora da súa saúde e a colectiva no ámbito da Provincia de Pontevedra, a través dun equipo terapéutico. SEGUNDA. Obrigas das Partes De acordo có presente Convenio · AGAJA comprométese a: 1. Realizar as actividades de prevención, información e tratamento mediante terapias individuais (con intervención de psicólogos profesionais) e grupais con persoas afectadas pola ludopatía e as distintas adiccións existentes para unha mellora da súa saúde e a colectiva, no horario semanal establecido, no ámbito da Provincia de Pontevedra. 2. Proporcionar o persoal necesario para o funcionamento e realización de ditas actividades, con persoal voluntario da Asociación e persoal profesional contratado, responsabilizándose, neste último caso, de todas as obrigas que isto cause (impostos, seguridade social, etc...) 3. Contratar os servizos de asistencia psicolóxica profesional para un tratamento integral da actividade asistencial. 4. Executar as actividades nas instalacións do seu local social sito en Vigo, có seguinte horario semanal provisional: de luns a venres de 18:00 a 22:30 horas. 5. Presentar Memoria anual das actividades realizadas. · A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a: 1. Entregar á Asociación unha cantidade anual de 3.000,00 euros para axudar ó pago da contratación de asistencia psicolóxica profesional especialista para a realización da actividade asistencial descrita. TERCEIRA. Duración e Financiamento O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro do ano 2006, podendo prorrogarse sempre que se acorde con dous meses de antelación. A prórroga terá que ser expresa, e non poderán exceder incluído o Convenio dos catro anos. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 3.000,00 euros consignados na partida 06/313.313.480.05 e contraerase a obrigación de pago ata o 31/12/06 en que se terminará o pago total. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata alcanzar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin xunto coa presentación da memoria final das actividades desenvolvidas e a conclusión ás que se chegaron. CUARTA. Comisión de Seguimento Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico - formada por representantes das partes asinantes - consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación das actividades. Esta comisión estará formada por parte da Deputación por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de AGAJA, polo secretario da asociación ou a persoa en quen delegue, e un dos membros do equipo terapéutico. As reunións da comisión de seguimento serán convocadas por calquera das partes asinantes. QUINTA. - Forma de Terminación das Actuacións. O presente Convenio pode rematar por expiración do prazo de vixencia, ou por resolución. Neste último caso, as causas poden deberse ó incumprimento dalgunha das partes en relación ó contido do convenio, ou por incumprimento da xustificación da subvención por parte de AGAJA. SEXTA. - Réxime Xurídico Aplicable. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. SÉTIMA.- Publicidade. A Deputación de Pontevedra reservase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio. Cando AGAJA desexe utilizar ditos resultados para a súa publicación deberá obter a autorización previa e escrita por parte da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Calquera que sexa o medio de difusión, ambas partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio. En calquera caso AGAJA poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización da actividade. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no pazo da Deputación Provincial na data arriba indicada. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal O PRESIDENTE DE AGAJA Asdo.: D. Juan José Lamas Alonso" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14268.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondestes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONFITERÍA E PANADERÍA A DEVESA, S.L. - A constituída en metálico, por importe de 948,92 euros, para responder do contrato do subministro de panadería e bolería para a Cidade Príncipe Felipe no ano 2005, que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/04/2005 co número de operación 200500040911, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ARIDOS SAYAR, S.L. - A constituída en metálico, por importe de 1.186,80 euros, para responder do contrato de subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamos, cargado en camión para traballos imprevistos a realizar polo parque de maquinaria, que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/12/2006 co número de operación 200500112344, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GASOLEOS DE GALICIA, S.L. - A constituída en metálico, por importe de 2.787,20 euros, para responder do contrato do Subministro de gasóleo "A" para as máquinas e vehículos do parque de maquinaria, que foi depositado na Tesourería Provincial o día 23/05/2005 co número de operación 200500053087, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ARIDOS DE CURRO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Popular, por importe de 1.186,80 euros para responder do subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamos cargado en camión, e que foi depositada na Tesourería provincial o día 20/07/2005 co número de operación 200500070965, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DOCUMENTACIÓN E IMAGEN DEL NOROESTE -PONTEVEDRA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Sabadell, por importe de 479,61 euros para responder do contrato para o subministro de unha fotocopiadora dixital para a estación fitopatolóxica de areeiro e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/05/2002, co número de operación 200200041540, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14269.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS CONSTITUÍDAS PARA RESPONDER DO PAGAMENTO DE ACOPIOS CORRESPONDENTES Ó SUBMINISTRO DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO PROXECTO "DEPUTRANS 2004-2005" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (C.I.F.- A-3688931), o concurso para o subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005", por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar o día 30 de marzo de 2005, entre outras, a recepción das plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9316-241416; 9325-241419; 9326-241419 e 9560-250308 e o día 10 de novembro de 2005, entre outras, as plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9539-250335; 9540-250335 e 9543-250336, que quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pago: "Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pago das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, abonándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta". Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., para que se procedese ó pago da factura número 1580505 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros e da factura número 1701105 de data 11/11/2005, por importe de 2.008.876,46 euros, que corresponden ó 85% do total do prezo correspondente á entrega das 30 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes, modelo FACET tipo STP-50 e 5 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, que quedaron acopiadas nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., presentou, entre outros, unha serie de avales bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), tal como figura nos respectivos informes do Sr. Enxeñeiro de Vías e Obras, de datas 8 de xuño e 21 de agosto de 2006, procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: · A planta 9316-241416 no municipio de Crecente, núcleo de Filgueira. · A planta 9325-241419 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Mougás. · A planta 9326-241419 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9560-250308 no municipio de Crecente, núcleo de Freixo. · A planta 9539-250335 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9540-250335 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes. · A planta 9543-250336 no municipio de Cambados, núcleo de Castrelo. Vistos os informes de Intervención de data 8 de setembro de 2006, para a devolución das fianzas constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-50 número de serie: 9316-241416; 9325-241419; 9326-241419; 9560-250308 ; 9539-250335; 9540-250335 e 9543-250336. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., das seguintes garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-50 número de serie: 9316-241416; 9325-241419; 9326-241419; 9560-250308; 9539-250335; 9540-250335 e 9543-250336. A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9316/241416 que queda instalada no municipio de Crecente, núcleo de Filgueira, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050730, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9325/241419 que queda instalada no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Mougás, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110104, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9326/241419 que queda instalada no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110106, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9560/250308 que queda instalada no municipio de Crecente, núcleo de Freixo, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110108, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9539/250335 que queda instalada no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104089, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9540/250335 que queda instalada no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Pedornes, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104086, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de OITENTA E SETE MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9543/250336 que queda instalada no municipio de Cambados, núcleo de Castrelo, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104109, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14270.- APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Visto o escrito do enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras mediante o que participa, con data de 25 de agosto de 2006, a necesidade de levar a cabo o desenvolvemento e implantación dun sistema de Información Territorial baseado no SIG GEOPISTA en varios concellos da provincia de Pontevedra. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas economico-administrativas particulares que rexerán na contratación da asistencia técnica, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a consultoría e asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG GEOPISTA en varios concellos da Provincia de Pontevedra, cun presuposto máximo de cincocentos mil cincocentos corenta euros (500.540,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar o gasto de 125.135,00 ¤ con cargo á partida 06/911.911.662.07 do vixente Presuposto Provincial e a cantidade restante, 375.405,00 ¤, irá con cargo á partida correspondente ó exercicio 2007, estando condicionado á aprobación do presuposto. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- A consultoría e asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG GEOPISTA en varios concellos da provincia de Pontevedra, debendo contemplar os seguintes aspectos: § Consultoría e análise dos traballos necesarios para definir as necesidades para a implantación do sistema. § Preparación de datos. § Formación. § Posta en marcha. § Probas e seguimento. No prego de prescricións técnicas que se une como anexo descríbense con detalle as características desta contratación. 2.- FINANCIAMENTO.- Dito contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que achega unha subvención de 250.000 euros, xerando crédito na partida 06/911.911.662.07 do vixente Presuposto provincial. Con cargo a dita partida financiase a cantidade de 125.135,00 euros, correspondente ó cuarto trimestre do ano 2006, incorporándose como remanente ó presuposto do exercicio 2007 o resto da subvención recibida da Secretaría de Estado. Dita cantidade e a achega da Deputación necesaria para completar o importe total do contrato, 500.540,00 euros, quedará condicionado a aprobación do Presuposto do próximo exercicio 2007. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO.- O prazo de realización e implantación do sistema será de un ano contado a partir da sinatura do contrato coa empresa adxudicataria. A partir da entrega e posta en marcha do sistema nun determinado concello establécese un prazo de seis meses para a realización de probas e seguimento do mesmo. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cincocentos mil cincocentos corenta euros (500.540,00 euros). 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administración Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha da prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unión temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para debida execución do contrato. 7.-GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ingresarse exclusivamente na Caixa da Deputación de Pontevedra. 8.-GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, das 9,00 ás 13,00 horas, durante un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do contrato á oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas e que se especificará no anuncio que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas cadrase en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos que establecen os artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. Os licitadores deberán presentar un Sobre A "Proposición Económica", por cada lote no que participen, e un único Sobre B de "Documentación Administrativa". A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.-Descrición dos traballos a realizar sobre o análise que definirán a situación actual do cliente e as súas necesidades de cara a implantación do sistema. 3.-Descrición das actuacións para a instalación e posta en marcha do sistema. 4.- Proposta de tratamento de datos. 5.- Proposta dun programa de formación, asistencia técnica e seguimento do sistema. 6.- Outras melloras. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión ante a Administración. 2.- As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espacio Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na L.C.A.P. e demais normativas vixentes. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 3.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. do R.d.l. 2/2000 da LCAP. 4.- Documento que acredite estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 5.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 6.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 7.- Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 8.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. O enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras. SECRETARIO: O técnico adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Proposta metodolóxica e de contido para a realización do análise para a implantación do sistema, ata un máximo de 40 puntos. 2) Actuacións para a instalación e posta en marcha do sistema, ata un máximo de 40 puntos. 3) Proposta para o tratamento de datos, ata un máximo de 30 puntos. 4) Programa de formación, asistencia técnica e seguimento do sistema, ata un máximo de 20 puntos. 5) Outras melloras, ata un máximo de 20 puntos 6) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 10 puntos. 13- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 1.500,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do T.r. da L.c.a.p. 18.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso á contratación da CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo prezo de_____________ Euros, IVE incluído. · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) A valoración económica das melloras é de________ (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14271.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras"; visto o informe emitido polo enxeñeiro técnico do Servizo de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra "Ensanche e mellora E.P. 9006 Bouza-O Facho (Castrelo-Cambados)", na suma de 85.000,00¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 4.030,16 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2.- Adxudicar a CONSTRUCIÓNS TABOADA E RAMOS, S.L. a obra "Terminación e mellora E.P. 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces)", na suma de 103.500,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de cinco días, melloras valoradas en 2.614,13 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 3.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra "Ensanche e dotación de beirarrúas en Oubiña E.P. 9002 Fefiñanes-Oubiña (Cambados)", na suma de 109.460,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 14.465,21 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. Os adxudicatarios, constituirán unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 197,77 ¤, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 593,31¤. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14272.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, adoptado en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2006, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vigo para a realización de obras en diversas rúas, por un importe total de 1.502.205,00 ¤, establecéndose na súa cláusula 1ª que o importe total do investimento ascende á suma de 1.502.205,00 ¤, asumindo a Deputación Provincial o financiamento e execución das obras con cargo á partida 06/911.911.662.00. Visto o escrito do Concello de Vigo no que se propón a modificación do convenio no sentido de incluír no mesmo a adecuación do edificio "Anexo" ó Reitorado de Vigo, por importe de 240.000,00 ¤, coa finalidade de ceder gratuitamente á Deputación Provincial o dereito de uso do mesmo para ubicar unha sé do Organismo Provincial, de acordo co protocolo subscrito no seu día entre ambas Institucións. E, á vista do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar as cláusulas 1ª e 2ª do Convenio de Colaboración subscrito entre a Deputación Provincial e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras, que quedan redactadas como segue: PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA Presuposto Humanización da rúa República Arxentina entre Urzaiz e García Barbón 489.113,00 Repavimentación rúas Gravina e Churruca 507.154,00 Humanización rúa Rogelio Abalde 324.071,00 Mellora pavimentación da Praza Independencia 181.867,00 Adaptación de edificio Anexo ó Reitorado de Vigo 240.000,00 TOTAL 1.742.205,00 SEGUNDA.- A Excma. Deputación de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a un millón setecentos corenta e dous mil douscentos cinco (1.742.205,00) euros, con cargo á partida 06/911.911.662.00. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ambas partes, poderán realizarse cambios de aplicación respectando a cantidade existente para este fin. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14273.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A REUNIÓN DE PROXECTO DE INVESTIGACIÓN De conformidade coa proposta de data 31 de agosto, pola cal o Xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria Dona Carmen Salinero Corral e os funcionarios interinos Dona María Pilar Vela Fernández e Don José Manuel Cores Fernández, adscritos á Finca Areeiro, pertencente ó Servizo Agrario, poidan asistir á Reunión do Proxecto de Investigación "Caracterización agromorfolóxica e identificación mediante marcadores moleculares de especies, híbridos e cultivares de Camelia" XUGA-CÓDIGO PGIDIT03RAG60301PR, subvencionado pola Xunta de Galicia e que terá lugar o próximo día 12 de setembro de 2006 en Porto (Portugal), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder á funcionaria Dona Carmen Salinero Corral e os funcionarios interinos Dona María Pilar Vela Fernández e D. José Manuel Cores Fernández o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 159,60 euros, desagregada da seguinte forma: DESPRAZAMENTO (En coche propio: Saída e regreso mesmo día antes das 22:00) (Pontevedra-Porto-Pontevedra): (342 Km.) a pagar por José M. Cores 64,98 ¤ Peaxe autoestrada 30,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTO 94,98 ¤ DIETAS: (Comida en Portugal) Media manutención: (Grupo II.) x 2 persoas 43,88 ¤ Media manutención: (Grupo III.) 20,74 ¤ TOTAL DIETAS 64,62 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 06/711.711.230.01 de dietas por importe de 64,62 ¤ e á 06/711.711.231.01 de desprazamentos por importe de 94,98 ¤ do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 13.14274.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición