ATOPO
Registros actuales: 1.625.395
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2006/12/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-12-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/12/22_Ordinaria

  • Data(s) 2006-12-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día vinte e dous de decembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14640.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de decembro de 2006. ------ Folla: 2.14641.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE D. MANUEL FERREIRÓS CAMPAÑA, VECIÑO DO CONCELLO DE CATORIA Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para "arranxo de vivenda" de 18.461,54 euros, a favor de D. Manuel Ferreirós Campaña, veciño do Concello de Catoira, e solicitada o 9 de decembro do presente ano, polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención ante a imposibilidade do beneficiario de rematar as obras no prazo esixido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 28 de febreiro de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" que por importe de 18.461,54 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 ó seu favor. ------ Folla: 3.14642.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE D. ROSENDO ALONSO RODRÍGUEZ, VECIÑO DO CONCELLO DE A CAÑIZA Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 4.194,82 euros, a favor de D. Rosendo Alonso Rodríguez, veciño do Concello de A Cañiza, e solicitada o 11 de decembro do presente ano, polo Sr. Tenente Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención, ante a imposibilidade do beneficiario da mesma de rematar as obras no prazo esixido debido as condicións climatolóxicas sumamente adversas; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de abril de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" que por importe de 4.194,82 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 ó seu favor. ------ Folla: 4.14643.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE DONA MODESTA ISABEL OTERO OTERO, VECIÑA DO CONCELLO DE SANXENXO Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención de 1.866,67 euros, para "arranxo de vivenda" a favor de Dona Modesta Isabel Otero Otero, veciña do Concello de Sanxenxo, e solicitada o 11 de decembro do presente ano, polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para tal subvención, ante a imposibilidade da beneficiaria de rematar as obras no prazo esixido, por causas alleas á súa vontade; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de marzo de 2007, para a subvención de "arranxo de vivenda" que por importe de 1.866,67 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 ó seu favor. ------ Folla: 5.14644.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 28 DE XULLO DE 2006, A FAVOR DE DONA PASTORA SALGUEIRA TORRES, VECIÑA DO CONCELLO DE SANXENXO Aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para "arranxo de vivenda" por importe de 1.489,91 euros, a favor de Dona Pastora Salgueiro Torres, veciña do Concello de Sanxenxo, e solicitada o 11 de decembro do presente ano, polo Sr. Alcalde do devandito Concello, unha prórroga para a citada subvención, ante a imposibilidade da beneficiaria de rematar as obras en prazo por causas alleas á súa vontade; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de marzo de 2007, respecto á subvención para "arranxo de vivenda" que por importe de 1.489,91 euros aprobou a Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 ó seu favor. ------ Folla: 6.14645.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA "CURSO DE INFORMÁTICA" CONCEDIDA Á ASOC. MM RR "A PEREGRINA" DE CUNTIS, NA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 23 de xuño de 2006, unha subvención de 2.000,00 euros para "curso de informática" a favor da Asociación de Mulleres Rurais "A Peregrina" de Cuntis, e solicitada o 9 de decembro de 2006, pola súa Presidenta, unha prórroga para a xustificación da devandita subvención, ante a imposibilidade de rematala no prazo esixido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de marzo, para a xustificación da citada subvención para "curso de informática" por importe de 2.000,00 euros. ------ Folla: 7.14646.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN CORRESPONDENTE Á SUBVENCIÓN DE LIBROS DE TEXTO, ANO 2004/2005, A FAVOR DO CONCELLO DE PONTECESURES Aprobada pola Xunta de Goberno de 10 de setembro de 2004, unha subvención para Libros de Texto, curso 2004/2005, por importe de 1.565,38 euros, a favor do Concello de Pontecesures e presentada polo devandito Concello a xustificación por importe de 1.830,00 euros, dos que corresponden á Deputación 1.407,69 euros e 422,31 euros ó Concello de Pontecesures, unha vez descontados 205,00 euros dos beneficiarios que perderon a súa condición, por trasladarse fóra do citado Concello antes do comezo do curso; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da xustificación da subvención, polo procedemento extraxudicial de crédito, para Libros de Texto, curso 2004/2005, a favor do citado concello pola contía sinalada. ------ Folla: 8.14647.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DERIVADAS DA AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES LA PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO PARA A LONXA DE VILANOVA DE AROUSA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES DO ANO 2005 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 28 de outubro de 2005, con rexistro de saída núm. 16489 do 23 de novembro de 2005, no que se concede unha axuda de 2.500,00 ¤ á Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova de Arousa, con CIF núm. G-36013597 e domicilio na rúa Castro, s/n, CP 36620, do Concello de Vilanova de Arousa, para a adquisición de diverso equipamento para a lonxa de Vilanova de Arousa con cargo ó programa de axudas a confrarías de pescadores do ano 2005 e o documento Rc. núm. de operación 200500112633; vista a documentación xustificativa do gasto; e visto o informe emitido pola Intervención, do 7 de decembro de 2006, no que informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno por terse xustificado fóra de prazo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer polo procedemento extraxudicial de crédito a obriga derivada da concesión dunha axuda á Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova de Arousa, con CIF núm. G-36013597, para a adquisición de diverso equipamento para a lonxa de Vilanova de Arousa, con cargo ó programa de axudas a confrarías de pescadores do ano 2005, por un importe global de dous mil cincocentos euros (2.500,00 ¤) con cargo á partida 06/711.711.779.01.2005. ------ Folla: 9.14648.- CONCESIÓN DUNHA AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES "SAN CIPRIANO" DE ALDÁN - HÍO, PARA A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DENOMINADO "RECUPERACIÓN INTEGRAL DOS AREAIS DE SAN CIBRÁN E VILARIÑO, DA RÍA DE ALDÁN O día 3 de novembro do presente ano dáselle entrada no Rexistro Xeral á solicitude de axuda para realizar o proxecto de recuperación integral dos areais de San Cibrán e Vilariño da ría de Aldán, asinada o día 2 de novembro por Jorge Pérez Rodal, patrón maior da Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío, con CIF núm. F-36007714, e domicilio en Muelle de Aldán, s/n, edificio da lonxa, CP 36945, en Cangas. Vistos os informes favorables da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, ambos os dous con data 3 de novembro de 2006; e á vista do informe de fiscalización de Intervención, do día 21 de novembro de 2006 e do documento Rc. núm. de operación 200600100103 no que se certifica a existencia de crédito para dita finalidade, por un importe total de 9.000,00 ¤, imputables á partida 06/711.711.479.01; e visto o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 22 de novembro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha axuda económica á Confraría de Pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío, con CIF núm F-36007714, para a realización dun proxecto de recuperación integral dos areais de San Cibrán e Vilariño, da ría de Aldán, por un importe total de nove mil euros (9.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 06/711.711.479.01, núm. de operación 200600100103. ------ Folla: 10.14649.- AXUDA ECONÓMICA A D. JOSÉ M. MASCATO GUILLÉN PARA PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2006 Dada conta das solicitudes formuladas por D. José M. Mascato Guillén. Resultando que por Xunta de Goberno de data 28 de abril de 2006, aprobáronse as Bases Reguladoras de Axudas á Pesca Costeira Artesanal e publicadas no BOP nº 102 de 30 de maio 2006. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro Director do Servizo Agrario e da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ás axudas económicas a D. José M. Mascato Guillén, unha por importe de 1.900,00 ¤, para estibador de peóns e radar e outra por importe de 2.000,00 ¤, para caixa azul e dúas sondas, ambas con cargo á partida 06/711.711.779.02. ------ Folla: 11.14650.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS PARA O CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO A Xunta de Goberno desta Deputación na sesión ordinaria do día 29 de setembro de 2006 aprobou un convenio de colaboración co concello de Mondariz-Balneario para a adquisición dun camión recolector compactador de recolleita de residuos sólidos, convenio que foi ratificado pola Xunta de Goberno Local do concello de Mondariz-Balneario na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de novembro de 2006. Resultando que con data 22 de novembro de 2006 asinouse o citado convenio no que figuran as seguintes cláusulas: "Primeira.- Ámbalas dúas institucións financiarán a compra dun camión compactador recolector de residuos sólidos cun importe máximo de cento trinta mil euros (130.000,00), IVE incluído; todo isto de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base á licitación. Segunda.- O financiamento da actuación sinalada na cláusula anterior realizarase polas administracións asinantes, cunha participación do 50% cada unha, é dicir, cunha achega de sesenta e cinco mil euros (65.000,00) por cada entidade. A achega da Deputación farase con cargo á partida do Orzamento Provincial 06/911.911.662.02, e a do Concello de Mondariz-Balneario con cargo ó seu orzamento para o exercicio de 2006. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Deputación segundo o procedemento e forma máis axeitada no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Unha vez adxudicado o contrato e no seu caso de producirse unha baixa no prezo do camión recolector compactador de recollida de residuos sólidos con respecto ó orzamento de licitación, dita baixa aplicarase por igual entre o Concello de Mondariz-Balneario e a Deputación Provincial de Pontevedra. Cuarta.- Unha vez efectuado e recibido o subministro, pasará a ser propiedade do Concello de Mondariz-Balneario, quen será responsable e asumirá a súa conservación e mantemento." Resultando que o Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria con data 23 de novembro de 2006 elabora o prego de prescricións técnicas para a adquisición do mencionado vehículo, cun orzamento de licitación de 130.000,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 14 de decembro de 2006 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación do subministro do citado camión e vistos así mesmo, os documentos Rcs de datas 27/09/2006 e 30/11/2006, polos que se certifica a existencia de crédito na partida 06/911.911.662.02 para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 19 de decembro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos, por un tipo máximo de licitación de cento trinta mil euros (130.000,00 ¤), IVE incluído e co camión matriculado. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 130.000,00 euros, con cargo á partida 06/911.911.662.02. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar dende o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. 1.- OBXECTO.- O subministro dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade para prestar o servizo de recolleita de lixos, de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 23 de novembro de 2006 e que se une como anexo a este prego. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/911.911.662.02. do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo do subministro efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recibido o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PRAZO DE ENTREGA.- O vehículo recolector será entregado ou ben no Parque de Maquinaria desta Deputación ou no concello da provincia de Pontevedra que se indique pola Deputación Provincial de Pontevedra; o subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de 120 días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da L.c.a.p. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade a que se refire a cláusula 1. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cento trinta mil euros (130.000,00 ¤), IVE incluído e co vehículo matriculado. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 da devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada na Caixa da Deputación Provincial de Pontevedra. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado PROPOSICIÓN ECONÓMICA, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase así mesmo a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado DOCUMENTOS deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación en cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade do vehículo a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións (que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte) procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo devandito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 17.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, en dous anos dende a entrega do subministro. 18.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da L.c.a.p. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación da empresa ................................. (CIF-nº.......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó subministro dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Polo prezo de ................................euros (En letra e número). Melloras ás características técnicas: (Detallar as melloras ofertadas). Prazo de entrega do subministro: (Indicar prazo). Extensións á garantía: (Relacionar as mesmas). . (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 12.14651.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA "PAVILLÓN MUNICIPAL DE COIRÓN-DENA (MEAÑO) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 25-02-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Construción dun Pavillón Polideportivo en Meaño" por importe de 639.125,20 ¤, adxudicándose, tras a tramitación do oportuno expediente de contratación, a OPAIN, S.L. na suma de 553.482,42 ¤, en sesión celebrada o día 29-04-2005; visto o proxecto modificado de dita obra, redactado polo Arquitecto Director da mesma, cuxo importe ascende á suma de 738.964,04 ¤, unha vez aplicada a baixa de adxudicación (13,40%), debendo as indefinicións do proxecto inicial detectadas durante a execución da obra e que fan necesarios o aumento nas unidades relativas á cimentación e movemento de terras; aumento en unidades na drenaxe; inclusión de novas partidas que afectan á fachada e cuberta; aumento de partida e albanelería; e outras partidas que afectan ó saneamento, carpintería, instalación eléctrica, urbanización exterior e accesos á edificación; e, visto o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/123.452-662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "Pavillón Municipal de Coirón-Dena (Meaño)" por importe de 738.964,04 ¤, unha vez aplicada a baixa de adxudicación (13,40 %), que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 185.481,62 ¤." ------ Folla: 13.14652.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. VICTOR REPRESAS TATO POR DANOS PERSOAIS E MATERIAIS NA ESTRADA NANDE A MAÑUFE (GONDOMAR) Dada conta que con data de rexistro 5/10/2006 (rex. nº 032327) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Víctor Represas Tato con enderezo en Barrio Morgadanes nº 10 de Gondomar, por danos persoais e materiais padecidos en vehículo matrícula PO-8500-BJ o día 18/04/2005, na estrada que vai de Nande a Mañufe e que individualiza economicamente en 38.077,97 ¤. Resultando.- Que con data 9/10/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 30/11/2006 co seguinte contido: "1. La carretera Nande a Mañufe está incluída dentro de la red viaria provincial. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tiene constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por las mismas causas en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Señala textualmente D. Víctor Represas Tato en su escrito de reclamación "De dicho accidente y por la Policía Local de Gondomar se realizó atestado con fotografías… en donde se hace constar como causa inmediata del mismo: a) Curva cerrada sin señalizar (Escasa señalización vertical en toda la vía). b) Deficitario estado de conservación por parte del titular de la vía en ese tramo. c) La gran cantidad de sedimentación depositada en los márgenes como consecuencia de una zona densamente poblada de árboles que no permite visualizar el trazado original y correcto de la vía, extremo que facilitaría el tránsito de dicho punto." Ante dicha información cabe realizar las siguientes apreciaciones: A) D. Víctor Represas Tato olvida mencionar en su escrito de reclamación que en el propio atestado levantado por la policía local de Gondomar se indica literalmente que "Estos tres puntos indicados, unido a la causa inmediata como es la falta de atención en la circulación por parte del conductor del Nissan, (recordemos D. Víctor Represas Tato), le lleva a invadir el sentido contrario de circulación con el resultado de un raspado angular izquierda con el autocar de la empresa Galisur. De los dos conductores implicados, el único que realiza una maniobra encaminada a la no colisión es la hecha por el conductor del autocar, quedando reflejada en el pavimento con una huella de frenada. El conductor del Nissan en ningún momento realiza acto alguno para rectificar su trazado que evite la colisión. Por tanto es el propio atestado de la policía local el que pone de manifiesto que la causa inmediata del accidente fue "la falta de atención en la circulación por parte del conductor del Nissan lo que le lleva a invadir el sentido contrario de circulación", en consecuencia la causa inmediata o próxima, es decir, aquella que influye de tal manera que no hay ninguna otra que esté más cercana al efecto, es la negligencia mostrada por D. Víctor Represas Tato a la hora de circular con su vehículo ya que invadió el sentido contrario de circulación poniendo en peligro tanto su integridad física como la del conductor del autobús. En este punto se hace preciso traer a colación una serie de disposiciones recogidas tanto en el Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, así como en el Real Decreto 1428/2003, de 21 de Noviembre, por el que se aprueba el Reglamento General de Circulación para aplicación y desarrollo del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor y Seguridad Vial. Señala el artículo 3 del Reglamento General de Circulación que "Se deberá conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño, propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor como a los demás ocupantes del vehículo y al resto de los usuarios de la vía. Queda terminantemente prohibido conducir de modo negligente o temerario (art. 9.2 del texto articulado). Las conductas referidas a la conducción negligente tendrán la consideración de infracciones muy graves, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 65.4 a) y 5 c) del texto articulado de la Ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial, respectivamente. B) Analiza la causa inmediata del accidente (negligencia de D. Víctor Represas Tato a la hora de circular con su vehículo invadiendo el carril contrario) cabe hacer referencias a las causas mediatas del accidente apuntadas en el atestado de la policía local. A) En cuanto a la existencia de una "curva sin señalización", cabe recordar que el artículo 29 del Reglamento General de Circulación dispone que "como norma general; y muy especialmente en las curvas y cambios de rasante de reducida visibilidad; los vehículos circularán en todas las vías objeto de la Ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial por la derecha y lo más cerca posible del borde de la calzada, manteniendo la separación lateral suficiente para realizar el cruce con seguridad (en el mismo sentido el artículo 13 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor y Seguridad Vial) Aunque cuando no exista señalización expresa que los limite, en los cambios de rasante y curvas de reducida visibilidad (como sucede en este supuesto) todo conductor, salvo en los supuestos de rebasamiento previsto en el artículo 88, debe dejar completamente libre la mitad de la calzada que corresponda a los que puedan circular en sentido contrario" obligación que no fue respetada por D. Víctor Represas Tato al invadir el carril contrario de circulación. B) Se apuntan también como causas mediatas del accidente el "Deficitario estado de conservación por parte del titular de la vía en ese tramo y la gran cantidad de sedimentación depositada en los márgenes como consecuencia de una zona densamente poblada de árboles que no permite visualizar el trazado original y correcto de la vía, extremo que facilitaría el tránsito en dicho punto", afirmaciones que merecen las siguientes puntualizaciones; sin pasar por alto el período de tiempo transcurrido entre el atestado levantado por la policía local (abril de 2005) y las fotografías del lugar que se adjuntan al presente informe (realizadas en octubre 2006), en ambos casos se puede apreciar que el estado de conservación del firme, principal elemento del vial susceptible de producir daños, es correcto, sin que el aglomerado asfáltico se encuentre deteriorado; en cuanto a la sedimentación depositada en los márgenes, no parece ser elemento de entidad suficiente para obligar a un conductor a invadir el carril contrario. En todo caso hay que recordar que según dispone el artículo 45 del Reglamento General de Circulación, "Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse (artículo 19.1 del texto articulado)" En este accidente y según se desprende del atestado de la policía local (vid características de la vía) son varias las condiciones que el conductor debería haber tenido en cuenta y que no tuvo, como son: a) Superficie mojada, b)Configuración de la calzada: curva fuerte no señalizada/puente, c) Límite de velocidad a 40 Km/hora, d) Factores atmosféricos: lluvia-llovizna, e) Visibilidad: reducida por la configuración del terreno. Todas esas circunstancias tuvieron que ser advertidas por D. Víctor Represas Tato a la hora de circular con su vehículo, debiendo incluso detener el mismo tal y como dispone el artículo 46 del Reglamento General de Circulación al hablar de la moderación de la velocidad: 1. Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: h) Al aproximarse…a lugares de reducida visibilidad o a estrechamientos. I) En el cruce con otro vehículo, cuando las circunstancias de la vía, de los vehículos o las meteorológicas o ambientales no permitan realizarlo con seguridad. 4. A la vista de lo expuesto esta Unidad Administrativa concluye que la única causa determinante del accidente fue la falta de atención en la circulación por parte del conductor del Nissan (recordemos D. Víctor Represas Tato), lo que le llevó a invadir el sentido contrario de circulación, sin que las causas mediatas señaladas en el atestado (desvirtuadas según las razones expuestas en el presente informe) tengan la entidad suficiente como para hablar de una exclusiva responsabilidad de la Administración, como manifiesta el reclamante. Y por todo ello porque el accidente, y por tanto también el resultado lesivo, se debió a la conducta imprudente de la víctima, ya que la invasión del carril contrario hizo que su actuación interfiriese de forma significativa en el curso de los acontecimientos; ello determina que dicho resultado lesivo debe ser soportado por el perjudicado, ya que su actuar no es un mero aditamento sino causa esencial del resultado producido, razones todas ellas que conllevan claramente la ruptura del nexo causal entre el actuar de la Administración y el resultado producido. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, amósase a responsabilidade exclusiva e directa do reclamante no accidente sufrido e isto polos seguintes extremos que se relatan de xeito literal pola súa orde de consignación nos antecedentes expedientais: 1º.- "….vehículo todo terreo o cal circulaba en sentido contrario e invadía o carril non podendo evitar a colisión" (declaración do conductor do autobús feita á Policía Municipal o mesmo día do suceso, é dicir, con absoluta inmediatez e constante no atestado/dilixencia de informe). 2º.- "…causa inmediata la falta de atención en la circulación por parte del conductor del NISSAN, le lleva a invadir el sentido contrario de circulación con resultado de un raspado angular izquierdo con el autocar de la empresa "Galisur" (…) el único conductor que realiza una maniobra encaminada a la no colisión es la hecha por el conductor del autocar (…) el conductor del "NISSAN" en ningún momento realiza acto alguno para rectificar su trazado y evitar la colisión. Considerando.- Que nesa mesma data, ou en datas anteriores ou posteriores non se produzo ningún outro accidente por esa mesma causa. Considerando.- O ditado dos artigos 9.2, 29, 45 e 46 do Real Decreto 1.428/03 que, respectivamente, obrigan a evitar a condución neglixente, circular pola dereita e o máis cerca posible da calzada, mantendo a suficiente separación lateral para realizar o cruce con seguridade e a conducir tendo en conta as características e o estado da vía detendo incluso o vehículo se fose necesario, obrigas que no presente suposto foron quebrantadas, exonerando polo tanto á Deputación de toda responsabilidade. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 14.14653.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14654.- CONTRATO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) E VIVEIROS RÍO TOLLO PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO "INTRODUCIÓN DE TÉCNICAS PARA PINZADO, APLICACIÓN FITORREGULADORES E MICORRIZACIÓN PARA A PRODUCIÓN COMERCIAL DE VARIEDADES GALEGAS NON REXISTRADAS DE CAMELIA XAPÓNICA" Dada conta do Contrato para a realización do proxecto "Introdución de técnicas de pinzado, aplicación fitorreguladores e micorrización para a produción comercial de variedades galegas non rexistradas de camelia xapónica", con código PGIDIT06RAG019E. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención, do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e do Xefe de Fitopatoloxía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o contrato entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Viveiros Río Tollo para a realización do proxecto "Introdución de técnicas de pinzado, aplicación fitorreguladores e micorrización para a produción comercial de variedades galegas non rexistradas de camelia xapónica", con código PGIDIT06RAG019E, que reportará uns ingresos á Excma. Deputación de 10.440,00 ¤. Dito contrato é como segue: CONTRATO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E VIVEIROS RÍO TOLLO SL, PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO PGIDIT06RAG019E DENTRO DO PLAN GALEGO DE I+D En Pontevedra, a 20 de novembro de 2006 COMPARECEN Dunha parte, a Deputación Provincial de Pontevedra, con CIF P-3600000-H, e sede na Avda. Montero Ríos s/n, 36071-Pontevedra, e no seu nome e representación o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, con NIF número 35451643-H, que tomou posesión do cargo de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o día 12 de xullo de 2003, con poderes suficientes actuando de conformidade co establecido no artigo 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril. Doutra parte, D. José Collazo Alonso, con DNI 36134134-F actuando en calidade de Xerente, e en nome e representación de Viveiros Río Tollo SL (en adiante, a EMPRESA) con CIF B-36359982 e sede en Barrio de Tollo, 47, Goián, 36750-Tomiño, con poderes que non lle foron derrogados nin modificados. Ambos os dous representantes, recoñecéndose mutuamente capacidade xurídica suficiente, subscriben no nome das súas respectivas entidades o presente contrato e, a tal efecto EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que a Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica do 14 de abril de 1986 (Lei 13/1986) e a Lei de Fomento da Investigación e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia do 6 de agosto de 1993 (Lei 12/1993), e a Lei Orgánica de Universidades (Lei 6/2001) constitúen un marco de referencia para promover a colaboración dos organismos públicos de investigación e as empresas, co fin de dar unha resposta eficaz ás esixencias do cambio tecnolóxico. SEGUNDO.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro ( en adiante EF Areeiro) é unha entidade que desenvolve actividades de Formación, Investigación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, estando interesada en colaborar cos sectores socioeconómicos para asegurar un dos fins da formación e a investigación, que é a innovación e a modernización do sistema produtivo. TERCEIRO.- Que a EMPRESA é unha empresa que leva sete anos producindo planta de camelia que comercializa no mercado nacional e internacional, buscando innovación e competitividade está interesada na busca, selección, rexistro e propagación de variedades de camelia a partir de germoplasma antigo distribuído por toda Galicia. CUARTO.- Que Viveiros Río Tollo SL, está interesada en contar coa colaboración da EF Areeiro no proxecto titulado "Introdución de Técnicas de pinzado, aplicación de fitorreguladores e micorrización para a produción comercial de variedades galegas non rexistradas de Camelia xapónica" (en adiante o PROXECTO), ó cal lle foi concedida unha subvención pola Xunta de Galicia na convocatoria do ano 2006 do Programa de Investigación de Recursos Agropecuarios pertencente ó Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Proxecto núm PGIDT06RAG019E). E en consecuencia, todas as partes acordan as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- DEFINICIÓNS 1.1. Parte.- Calquera entidade que subscribe o presente contrato e calquera empresa raíz, subsidiaria ou filial de dita entidade así como calquera organización que sexa propiedade ou estea controlada, legalmente ou de feito, directa ou indirectamente por tal entidade ou por unha organización que sexa propietaria ou controle á referida entidade da mesma forma. Se considera que unha entidade está controlada ou é propiedade doutra entidade ou organización cando aquela estea participada por esta en ó menos un 50% ben sexa das súas accións ou ben sexa na elección dos representantes do seu consello de administración que interveñen na toma de decisións. 1.2. Información Preexistente.- Para os propósitos do presente contrato, Información Preexistente, fai referencia a todos aqueles datos e información non pública incluíndo os secretos industriais, solicitudes de patentes, técnicas, procesos, protocolos experimentais, deseños, etc. que obran en poder dunha das partes xa sexa con anterioridade á data de inicio do presente contrato, ou ben foran desenvolvidos ou adquiridos a partires da citada data fóra do marco das investigacións obxecto do presente contrato e, que tiveran sido comunicados de forma oral, escrita, gráfica e/ou electrónica pola parte propietaria á outra. 1.3. Información Adquirida.- Por Información Adquirida enténdese o conxunto de datos, informes e resultados que foran obtidos como consecuencia das investigacións obxecto do presente contrato. SEGUNDA.- OBXECTO DO CONTRATO 2.1. Obxecto do contrato.- O obxecto deste contrato é regular a relación entre a EMPRESA e a EF Areeiro para a realización dos traballos de investigación relacionados co PROXECTO, e que figuran na memoria do mesmo. TERCEIRA.- CONDICIÓNS DO PROXECTO 3.1. Obrigas da EF Areeiro.- A EF Areeiro acepta realizar esta investigación de acordo co plano de traballo e persoal que figuran na memoria do PROXECTO e co orzamento de gastos que se especifican no anexo ó presente contrato. 3.2. Obrigas de EMPRESA.- As actividades a realizar pola empresa figuran descritas na memoria do PROXECTO. CUARTA.- DURACIÓN O presente contrato entrará en vigor á súa sinatura e a súa duración será ata o 31 de decembro do 2009, podendo ampliarse expresamente de mutuo acordo se as investigacións e desenvolvementos non produciran aínda o froito esperado e as partes consideran oportuna a súa prosecución. Así mesmo as prórrogas expresas serán por anos e o período máximo de duración será de 4 anos. QUINTA.- RESPONSABILIDADE E SEGUIMENTO DO PROXECTO 5.1. Responsabilidade do traballo.- O responsable do proxecto por parte da EF Areeiro será a Dra. Dona Carmen Salinero Corral adscrita ó Departamento de Fruticultura e Ornamentais da EF Areeiro e terá como interlocutor válido a D. José Collazo Alonso, por parte da EMPRESA. 5.2. Seguimento do proxecto.- As partes manterán unha comunicación constante sobre os traballos de investigación realizados e acordan reunirse ó obxecto de revisar os resultados obtidos e decidir sobre os pasos a seguir. 5.3. Persoas de contacto.- Para o correcto seguimento do proxecto os interlocutores válidos por ambas partes serán: Pola EF Areeiro: Dra. Dona Carmen Salinero Corral Dpto. Fruticultura e Ornamentais Estación Fitopatolóxica do Areeiro Subida a la Robleda s/n 36153 Pontevedra Tel: 986 841491 Fax: 986 866133 Correo-E: mcs@efa-dip.org Pola EMPRESA: D. José Collazo Alonso Viveiros Río Tollo SL Barrio do Tollo, 47 Goián 36750 Tomiño Pontevedra Tel: 986609709 Fax: 986609715 Correo-E: josecollazo@riotollo.com SEXTA.- EMISIÓN DE INFORMES 6.1. Informes periódicos.- A EF Areeiro informará á EMPRESA da marcha dos traballos realizados para o que remitirá informes periódicos [cada 12 meses] ó interlocutor designado pola EMPRESA. 6.2. Informe final.- Unha vez rematados os traballos a EF Areeiro emitirá un informe final establecendo as conclusións ás que se chegara. SÉTIMA.- IMPORTE E·CONDICIÓNS DE PAGO 7.1. Contraprestación.- Como contraprestación para a realización dos estudos correspondentes a este contrato, a EMPRESA aboará á EF Areeiro a cantidade de 10.440,00 euros, sen IVE. 7.2. Prazos de pago.- Establécense as seguintes condicións temporais de pago: 2.610,00 Euro/novembro 2006 2.610,00 Euro/setembro 2007 2.610,00 Euro/setembro 2008 2.610,00 Euro/setembro 2009 7.3. Forma de pago.- As cantidades indicadas, faranse efectivas mediante transferencia bancaria á c/c 2080 0401 68 0040106618 (Caixanova sucursal 0401), contra cargos dirixidos a D. José Collazo Alonso, Viveiros Río Tollo SL, Barrio do Tollo, 47, Goián. 36750-Tomiño (Pontevedra), a nome da EMPRESA. OITAVA.- CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN E DOS RESULTADOS 8.1. Uso da Información Preexistente.- A EF Areeiro resérvase a facultade de utilizar a información preexistente da que é propietaria en actividades propias da súa función investigadora así como noutras posibles aplicacións futuras, e de facer a difusión que considere adecuada salvagardando na medida do posible os intereses comerciais da EMPRESA. 8.2. Confidencialidade.- As partes manterán confidencial calquera información preexistente, sempre que non sexa de dominio público, que reciban da outra parte, non desvelándoa de ningunha forma sen autorización expresa da outra parte e non utilizándoa para calquera outro propósito que non sexa o expresamente permitido polo presente contrato. A información adquirida, como datos e informes obtidos durante a realización do estudo obxecto do presente contrato, así como os resultados parciais e/ou finais, terán carácter confidencial. Cando unha das partes desexe utilizar, en parte ou na súa totalidade, a información adquirida para a súa publicación como artigo, conferencia, etc. deberá solicitar a conformidade á outra parte por escrito, mediante carta certificada dirixida ó responsable da mesma no seguimento do proxecto. A outra parte deberá responder nun prazo máximo de trinta (30) días, establecendo a súa autorización, as súas reservas ou a súa desconformidade sobre a información que se pretende difundir. Tanto en publicacións como en patentes respectarase sempre a mención ós autores do traballo. En calquera dos casos de difusión farase sempre especial referencia ó presente contrato. En calquera caso a EF Areeiro poderá facer uso dos coñecementos adquiridos durante a realización do proxecto en actividades propias da súa función investigadora. 8.3. Limitación da Confidencialidade.- As obrigacións de confidencialidade contraídas no presente contrato cesarán só cando se poida demostrar clara e convincentemente, mediante evidencia escrita, que dita información preexistente e/ou información adquirida (i) faise de dominio público sen que exista incumprimento do presente contrato pola parte que a divulgara, ou que, (ii) era coñecida pola parte que a divulgou antes de serlle revelada pola outra parte, ou que, (iii) lle foi revelada á parte que a divulgou por un terceiro que non ten ningún compromiso ou obriga de secreto ou confidencialidade, ou que, (iv) é ou faise dispoñible á parte que a divulgou a partires de desenvolvementos propios executados polos seus empregados ou axentes sen que estes fosen coñecedores, ou tiveran acceso ou utilizaran a referida información preexistente e/ou información adquirida ou que (v) é requirida a unha das partes polas autoridades, caso no que deberá notificar inmediatamente esta circunstancia á outra parte. A parte requirida só revelará aquela información preexistente e/ou información adquirida que sexa requirida legalmente e achegará á outra parte garantías de que á dita información se lle dará un tratamento confidencial. NOVENA.- DEREITOS SOBRE PATENTES, EXPLOTACIÓN DE RESULTADOS E REGULACIÓN DE REGALÍAS 9.1. Dereitos de propiedade específicos da EF Areeiro sobre a información preexistente.- Os dereitos de propiedade da información e dos coñecementos preexistentes achegados pola EF Areeiro pertencen á EF Areeiro. 9.2. Dereitos de propiedade xerais das Partes sobre a información adquirida.- Na medida que o desenvolvemento do PROXECTO obxecto deste contrato dea lugar á obtención de resultados que sexan patentables e que non estean suxeitos a protección de acordo ó especificado no apartado 9.1 anterior, as partes comprométense a elaborar un acordo, que especifique a titularidade, compartida ou non, de ditos resultados. Para isto terase en conta a contribución intelectual de cada unha das partes na consecución dos resultados segundo o especificado na memoria do PROXECTO e considerarase a propiedade previa dos coñecementos utilizados. 9.3. Explotación de resultados e regulación de regalías.- A EMPRESA terá prioridade para a explotación comercial dos resultados obtidos no proxecto. En calquera caso, as partes comprométense a definir, un acordo onde se especifiquen as condicións e limitacións da posible explotación dos resultados, patentados ou non, así como a regulación de regalías, tendo neste caso en conta tanto a achega intelectual como económica de cada unha das partes que colaboran no proxecto. No referido acordo deberá especificarse que se por razóns comerciais ou de calquera outra índole a EMPRESA subcontratara a fabricación e/ou explotación comercial dos resultados de investigación, deberán comunicalo á EF Areeiro e salvagardar os dereitos da EF Areeiro respeto á confidencialidade e/ou segredo estipulados neste contrato así como das regalías que puideron acordarse. 9.4. Interlocutores.- A EMPRESA acorda que para a elaboración dos acordos citados nos apartados 9.2 e 9.3 o interlocutor válido por parte da EF Areeiro será persoal técnico pertencente ó Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía dependente do Vicerreitorado de Investigación e Innovación. DÉCIMA.- MODIFICACIÓN, CANCELACIÓN, RESCISIÓN E PRÓRROGA DO CONTRATO 10.1. Modificación do Contrato.- As partes poderán modificar os termos do presente contrato por acordo mutuo debendo quedar todo reflectido por escrito nun novo contrato ou addenda ó actual. 10.2. Cancelación do Contrato.- As partes poderán negociar a cancelación do presente contrato por acordo mutuo previndo as correspondentes compensacións económicas pola non execución final do mesmo. 10.3. Rescisión do Contrato.- O presente contrato poderá ser obxecto de rescisión cando unha das partes non cumpra coas obrigas e termos estipulados no mesmo. A parte infractora poderá reparar a falta dentro dos trinta (30) días seguintes tras recibir a notificación, por escrito certificado con acuse de recibo emitida pola outra parte, na que se indicarán as causas polas que se comunica a decisión de rescindir o contrato. No caso de rescisión quedarán automaticamente anulados os dereitos da parte infractora estipulados neste contrato. 10.4. Prórroga do Contrato.- As partes poderán negociar a posibilidade de continuar cos estudos de investigación obxecto deste contrato tras o remate do mesmo o que quedará reflectido nun novo contrato onde se establecerán as novas condicións no que se refire ós traballos a realizar, a duración e a contía do mesmo. No caso de non chegar a ningún acordo se dará por rematado o contrato. UNDÉCIMA.- XURISDICIÓN As partes comprométense a resolver de maneira amigable calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente contrato. En caso de conflito as partes acordan renunciar expresamente ó foro xudicial e someter a arbitraxe toda controversia, cuestión ou incidencia que entre elas poida xurdir en relación con este contrato. Dita arbitraxe será de Dereito e a súa administración encomendase á Asociación Galega para a Arbitraxe. Todos os gastos derivados do sometemento a dita arbitraxe irán por conta da parte que resultara vencida segundo o laudo que se dite. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por triplicado o presente documento no lugar e data arriba indicados. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Pola EMPRESA O Presidente O Xerente D. Rafael Louzán Abal D. José Collazo Alonso ------ Folla: 16.14655 CONTRATO DE PRESENTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CASTRO SOCIEDADE COOPERATIVA Dada conta do contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e O Castro Sociedade Cooperativa. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención, do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería, de 20 de decembro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e O Castro Sociedade Cooperativa, para o asesoramento mediante dúas visitas ó mes do veterinario da Explotación Gandeira da Finca Mouriscade, que coordinará na explotación de recría os traballos con outros técnicos de O Castro, a coordinación dos estros, o control reprodutivo, diagnóstico por medio de ecografía a xestación das novillas receptoras, percibindo por estas visitas a Deputación 200,00 ¤/mes, máis o 7% do IVE correspondente. Dito contrato é como segue: CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CASTRO SOCIEDADE COOPERATIVA En Pontevedra, a de de 2006 REUNIDOS Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, con DNI núm. 35.451.643-H, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, de conformidade co art. 34.1, b da Lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. E doutra parte os socios D. Antonio Penas Novoa, con NIF-76.821.574-X e D. Jesús Pena Novoa, con NIF-76.822.329-Y, ambos propietarios de O CASTRO SC e domicilio social en Avda. Recinto Feiral, 2 - 36540-Silleda. Ambas partes recoñécense con capacidade legal para contratar. ANTECEDENTES Que en Silleda, creouse unha empresa para recría de 80 novillas, de idades a partir dos 3 meses e permanecendo na explotación ata os 7 meses de xestación, momento en que se devolven ós propietarios, que son distintos gandeiros da provincia de Pontevedra. Tendo presente que o gando procede de diferentes explotacións gandeiras, orixina que o traballo na explotación de recría se complica en manexo de animais, alimentación, sanidade e reprodución. Co obxecto de amañar esas dificultades e tendo presente a experiencia en recría da explotación gandeira da Finca Mouriscade dende o ano 2001 na xestión dun rabaño permanente de novillas receptoras de embrións procedentes de distintas explotacións da provincia. MANIFESTAN a) Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dispón dunha explotación gandeira na Finca Mouriscade, con ampla experiencia en tarefas de reprodución segundo os descritos no apartado de antecedentes, persoal cualificado e medios e equipos para asesorar en todo o tema reprodutivo da explotación de recría. b) Que é desexo da empresa O CASTRO SC con NIF G-36479525 e domicilio social en Avda. Recinto Feiral, 2 - 36540-Silleda, establecer un contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación a través da finca gandeira de Mouriscade, dependente do Servizo Agrario, na prestación de servizo de reprodución, segundo as seguintes cláusulas: CLÁUSULAS 1) Polo veterinario da finca gandeira de Mouriscade da Deputación efectuarase o asesoramento mediante a visita á explotación de recría dúas veces ó mes, onde se comprobará o estado xeral dos animais, distribución por lotes e a coordinación cos técnicos da empresa O CASTRO SC (nutrólogos, veterinarios de ADS, etc). 2) Efectuarase polo veterinario da Finca Mouriscade o control reprodutivo que consistirá no diagnóstico de xestación por ecografía a partir dos 30 días de xestación. A sincronización de estros. Diagnóstico e tratamentos de patoloxías reprodutivas, os gastos farmacéuticos destes tratamentos serán por conta de O CASTRO SC. 3) Pola prestación deste servizo O CASTRO SC, ingresará á Excma. Deputación a cantidade de 204,00 ¤/mes máis o 7% do IVE correspondente, revisándose segundo o nº de cabezas presente na explotación de recría, de forma que se cifra en 2,5 ¤/mes por animal máis o IVE correspondente. 4) O prezo anteriormente establecido revisarase anualmente tendo presente o incremento do IPC. 5) Tendo presente que na Finca Mouriscade, se efectúa un programa de mellora xenética vía femia, a empresa O CASTRO SC utilizará os embrións producidos na Finca Mouriscade, na Deputación Provincial en recría como receptoras dos mesmos, ó prezo público establecido pola Excma. Deputación. 6) O contrato de prestación de servizos contempla dúas opcións: 1).- Pagar por xestación. 2).- Pagar por embrión implantado. No primeiro caso, tendo presente a taxa de fertilidade na implantación de embrións é do 50%, o pago por xestación equivale á implantación de dous embrións. O prezo das implantacións de embrións, será o prezo público actualmente existente e publicado no BOP número 202 de data 20 de outubro de 2006. 7) O presente contrato de prestación de servizos empezará a producir os seus efectos a partir da data da sinatura e terá unha duración ata o 31 de decembro de 2007, prorrogable de forma expresa, anualmente durante un máximo de tres anos, por acordo de ambas partes, establecéndose novas achegas se fose necesario. 8) O presente contrato poderá denunciarse por calquera de ambas partes por incumprimento das obrigas e con previo aviso dun mes. Como proba de conformidade asinan o presente contrato de prestación de servizos no lugar e data indicada. Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal Por O Ca

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición