Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-11-10_Ordinaria. Acta de sesión 2006/11/10_Ordinaria
Acta de sesión 2006/11/10_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-11-10_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/11/10_Ordinaria
Data(s) 2006-11-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día dez de novembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e o señor deputado D. Ramón Campos Durán, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14444.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de novembro de 2006. ------ Folla: 2.14445.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/06/06 A FAVOR DE DONA Mª MANUELA TORRES FONTENLA, VECIÑA DE CAMPO LAMEIRO Concedida pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006, unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 5.461,54 ¤, a favor de Dona Mª Manuela Torres Fontenla, veciña do concello de Campo Lameiro, e á vista da solicitude de prórroga que presenta ante esta Deputación Provincial o Sr. Alcalde do devandito concello no nome da beneficiaria de tal subvención, pola imposibilidade de rematar as obras no prazo establecido; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de marzo de 2007, para a subvención de arranxo de vivenda por importe de 5.461,54 ¤, aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xullo de 2006 a favor de Dona Mª Manuela Torres Fontenla do concello de Campo Lameiro. ------ Folla: 3.14446.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, RESPECTO Ó GASTO ADICIONAL RESULTANTE DO PROGRAMA "VIAXES TERCEIRA IDADE, ANO 2006" Retírase da orde do día asunto relativo ó "Recoñecemento extraxudicial de crédito, respecto ó gasto adicional resultante do programa "viaxes terceira idade, ano 2006". ------ Folla: 4.14447.- AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL Dada conta das Bases de axuda á pesca costeira artesanal cun presuposto de 100.000,00 ¤, aprobadas pola Xunta de Goberno do día 28 de abril de 2006 e publicadas no BOP nº102, de 30 de maio de 2006 e modificadas por Xunta de Goberno de 12 de maio de 2006. Resultando que a Xunta de Goberno de data 27 de outubro de 2006 aproba un primeiro listado de axudas económicas por importe de 87.377,41 ¤. Visto os informes emitidos pola Técnica da Sección de Pesca e cultivos Mariños, do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 4 de novembro de 2006, respectivamente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ás axudas económicas que se relacionan no listado adxunto, por importe de 9.110,00 ¤ e con cargo á partida 06/711.711.779.02. Ditas axudas son como seguen: "LISTADO DE AXUDAS Á PESCA COSTERA ARTESANAL Confraría Remitente Obxecto Axuda Barco Redondela Manuel Vidal Casqueiro Halador 1.000,00 Vizcaya " Francisco Javier Vidal Casqueiro Halador 1.000,00 Gaviota " Ramón Santiago Hortas Bouzón Halador 1.000,00 Isabel " Benito Couñago González Halador 1.000,00 Ruben " José Carlos Alonso Monteagudo Halador 1.000,00 Irene " Juan Ángel Otero Bastos GPS-Plotter 500,00 Carmen " Juan José Rey López Halador 1.000,00 Manolita " José Manuel Covelo Rodríguez Sonda, GPS-Plotter 610,00 Serena Raxó Rapaciña, C.B., Manuel y Evaristo Rosales Pintos Haladores 2.000,00 Rapaciña ------ Folla: 5.14448.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE AGOLADA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "CONSTRUCIÓN AUDITORIO MUNICIPAL EN AGOLADA", INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude do concello de Agolada, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 100/710, denominada "Construción auditorio municipal en Agolada", subvencionada con 45.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31/12/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.14449.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COTOBADE, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "ACCESO PRAIA FLUVIAL XESTEIRA E ACCESOS", INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude do concello de Cotobade, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 83/631, denominada "Acceso praia fluvial Xesteira e accesos", subvencionada con 99.378,51¤, por acordo da Xunta de Goberno de 18/11/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.14450.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADANS (GONDOMAR), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA "REHABILITACIÓN DO CEMITERIO, ILUMINACIÓN, 4ª FASE", INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude da Entidade Local menor de Morgadáns (Gondomar), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 324/720, denominada "Rehabilitación do cemiterio, iluminación, 4ª fase", subvencionada con 15.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31/12/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.14451.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A GUARDA DE AUTORIZACIÓN PARA LEVAR A CABO POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA Nº 19 "REDES DE PLUVIAIS EN A ROCHA", INCLUÍDA NO PPC/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar ó concello de A Guarda, para levar a cabo polo sistema de administración a obra nº19 "Redes de pluviais en A Rocha", por importe de 68.435,07 ¤, incluída no PPC/06, dado que cumpre os requisitos establecidos no artigo 152 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de contratos de Administracións Públicas. ------ Folla: 9.14452.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A GUARDA DE AUTORIZACIÓN PARA LEVAR A CABO POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA Nº 593 "SANEAMENTO NA COSTA DOS SOLDADOS E CAMPAMENTO", INCLUÍDA NO POL/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar ó concello de A Guarda, para levar a cabo polo sistema de administración a obra nº593 "Saneamento na costa dos Soldados e Campamento", por importe de 88.505,12 ¤, incluída no POL/06, dado que cumpre os requisitos establecidos no artigo 152 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de contratos de Administracións Públicas. ------ Folla: 10.14453.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS (BARRO)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23/01/2003, polo que se adxudicou a Construcións, obras e Viais, S.A. a obra de "EP 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro)" na suma de 472.947,07 ¤; e, visto o proxecto modificado de dita obra, cun presuposto de execución por contrata de 472.947,07 ¤, que non varía o importe da adxudicación da obra inicial, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que, con posterioridade á redacción do proxecto primitivo, a Consellería de Agricultura aproba a concentración parcelaria de toda a zona afectada pola obra, contemplándose para a estrada provincial unha anchura de 14 metros, figurando no proxecto primitivo un ancho de 12 metros, o que da lugar a introducir modificacións que afectan ó volume de escavación en desmonte; incremento no volume de terraplén; medición de muros de mampostería, así como ó capítulo de firmes e pavimentos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de "EP 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro)", cun presuposto de execución por contrata de 472.947,07 ¤, toda vez que non se varía o importe da adxudicación da obra inicial. ------ Folla: 11.14454.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE OBRA Nº8 DE INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO Vista a certificación núm.8 relativa as obras de "INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO", adxudicadas no seu día á Empresa CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/123.452-662.08.2005(Deputación) 243.750,17 ¤ Subtotal parcial …… 243.750,17 ¤ Taxa dirección de obra 6.180,28 ¤ Control de calidade 882,90 ¤ Seguridade e saúde 882,90 ¤ TOTAL …… 235.804,09 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axústase o regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 12.14455.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE OBRA Nº9 DE INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO Vista a certificación núm.9 relativa as obras de "INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO", adxudicadas no seu día á Empresa CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/123.452-662.08.2005(Deputación) 626.081,92 ¤ Subtotal parcial …… 626.081,92 ¤ Taxa dirección de obra 15.874,29 ¤ Control de calidade 2.267,76 ¤ Seguridade e saúde 2.267,76 ¤ TOTAL …… 605.672,11 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto tratase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 13.14456.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) De conformidade co escrito da Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe de data 5 de outubro de 2.006, no que se solicita permiso e axuda económica para que o contratado laboral D. Fernando Benasach Torres, Psicólogo do Centro Escola Fogar da Cidade Infantil Príncipe Felipe poida asistir ó curso intensivo "Experto en Psicopatología y Psiquiatría", que terá lugar durante o próximo curso escolar en Madrid; e que obrigará á realización de 5 desprazamentos de Venres e Sábado á Capital de España, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Fernando Benasach Torres o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 3.389,85 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación de detalla: Desprazamentos: Avión: (Vigo-Madrid-Vigo):x 5 desprazamentos 1.300,00 ¤ PO-Aeroporto-PO:(coche propio )x 5despraz. 57,00 ¤ Peaxe autoestrada: (Pontev.-Vigo-Pontev.) x 5 desprazamentos 26,50 ¤ Taxi/autobús:(aeroporto-hotel e despraz. Madrid) x 5 despraz. 300,00 ¤ TOTAL 1.683,50 ¤ Dietas: VENRES: ( 1 dieta) x 5 desprazamentos: 516,85 ¤ SÁBADO: (½ manutención) x 5 desprazamentos: 93,50 ¤ TOTAL dietas: (5 desprazamentos) 610,35 ¤ Inscrición Curso: 1.096,00 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 06/422.422.230.01 de dietas por importe de 610,35 ¤; á 06/422.422.231.01 de locomoción por importe de 1.683,50 ¤ e á partida 06/122.314.162.00 de inscrición ó curso por importe de 1.096,00 ¤ Para o abono das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1.983, adoptado pola Comisión de Goberno, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. b) De conformidade coa proposta de data 20 de outubro de 2.006, pola que o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico solicita permiso e axuda económica para que a contratada laboral eventual Dona Beatriz de la Cruz Casalderrey poida asistir, en representación deste Organismo Provincial, ó "II ENCONTRO DE IBERCARTO", do grupo de traballo de Cartotecas hispano-lusas, que terá lugar os próximos días 23 e 24 de novembro de 2.006 en Lisboa (Portugal), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder á contratada Dona Beatriz de la Cruz Casalderrey o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 587,68 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación de detalla: (Saída día 22 despois das 14 horas e regreso día 25 antes das 16 horas) A)-Desprazamentos: ( vehículo propio) Pontevedra-Lisboa-Pontevedra: (960Km.) 182,40 euros. Peaxe autoestrada 60,00 euros. TOTAL DESPRAZAMENTOS 242,40 euros. B)-Dietas: Día 22 (½ manutención aloxamento):.Portugal 119,30 euros. Día 23 e 24 (80% dieta Portugal) 225,98 euros. TOTAL DIETAS 345,28 euros Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/454.451.230.01 de dietas por importe de 345,28 ¤ e á 06/454.451.231.01 de locomoción por importe de 242,40 ¤. c) De conformidade ó escrito de data 8 de xuño de 2006, onde o xefe do Servizo de Vías e Obras solicita permiso e axuda económica para asistir a unhas Xornadas sobre "Diseño Aeroelástico de Puentes Colgantes" que tivo lugar en Madrid os días 27 e 28 de xuño de 2.006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, convalidar o acto e conceder a D. Rafael Llano da Concha o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 846,53 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación de detalla: (Saída día 26 despois das 14:00 horas e regreso día 28 antes 22:00 horas) Desprazamento: (coche propio) Pontevedra-Madrid-Pontevedra: (1.234 Km.) 234,46 ¤ Peaxe autoestrada: 26,00¤ Parking: 40,00 ¤ TOTAL DESPRAZAMENTO 300,46 ¤ Dietas: Día 26 (½ manutención aloxamento): 84,67 ¤ Día 27 (80% Dieta): 82,70 ¤ Día 28 (½ manutención) 18,70 ¤ TOTAL DIETA: 186,07 ¤ Inscrición xornadas: 360,00 ¤ d) De conformidade á proposta de data 31 de outubro de 2006, na que o xefe do Servizo de Vías e Obras solicita permiso para o contratado laboral Don Rafael Mª Rodríguez Martínez, Arqueólogo adscrito ó citado Servizo, poida asistir ó "IV CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE MUSEALIZACIÓN DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS" que terá lugar os próximos días 13 ó 16 de novembro de 2006 en Santiago de Compostela e a axuda económica para a inscrición ó mencionado congreso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Don Rafael Mª Rodríguez Martínez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 150,00 euros, en concepto de inscrición ó Congreso. Dita cantidade imputarase á partida 06/122.314.163.00 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 14.14457.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14458.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA 2006 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de celebración da Festa da Bicicleta no concello seguinte: MOS 15/10/06 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 16.14459.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 8 de novembro de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto da aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 200600001064, e que contén once facturas, correspondendo a primeira a Bernardo Acevedo López - ICE, por importe de 22.751,57 ¤ e a derradeira a Sail Market, S.L., por importe de 2.220,99 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 59.153,39 ¤ Descontos IRPF 1.578,31 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 57.575,08 ¤ ------ Folla: 17.14460.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL ALBERTO MARTÍNEZ PALMEIRO POR DANOS SUBRIDOS EN VEHÍCULO, NA ESTRADA PO-313 (MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 11/10/2006 (Rex. nº 033012) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Alberto Martínez Palmeiro, veciño de Bueu e con enderezo a efectos de notificacións en Avda. Loureiro nº 37, por danos padecidos en vehículo matrícula 0931-BSZ na estrada PO-313 (Moaña-Marín) o día 30/08/2006 e que cuantifica economicamente en 803,49 ¤. Resultando.- Que con data 16/10/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 18/10/2006 co seguinte contido: " ...pongo en su conocimiento que la PO-313 no pertenece a la red de carreteras provinciales, correspondiendo la titularidad del citado vial a la Xunta de Galicia (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes)". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 18.14461.- INFORME EN RELACIÓN CO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR EN DESENVOLVEMENTO DO P.E.R.I. Nº2 DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Xerente Municipal de Urbanismo do concello de Sanxenxo, de data 6 de outubro (rexistro de entrada núm. 32903, de data 10/10/06), pola que se remite o Plan Especial de Reforma Interior en desenvolvemento do P.E.R.I. Nº 2 do concello de Sanxenxo ós efectos de emitir o preceptivo informe. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias, e Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 7 de novembro de 2006, que literalmente di: "... por parte de este Servicio y dado que se cumplen las previsiones establecidas en el Plan General, se emite informe favorable." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 19.14462.- PRÓRROGA DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O CENTRO EXPERIMENTAL DE VITICULTURA E ENOLOXÍA DE RIBADUMIA De conformidade coa proposta efectuada polo Director do Centro de Formación de Enoloxía e Viticultura de Ribadumia, e tendo en conta que os ensaios e estudos que ambos bolseiros levan a cabo teñen unha relevante importancia dentro do sector vitivinícola da Denominación de Orixe "Rías Baixas", e considerando que a conclusión de ambas Teses Doutorais supoñería ser as primeiras Teses Doutorais de Enoloxía de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas Bases da convocatoria publicada no BOP nº 164, de 27 de agosto de 2003, prorrogar, de forma excepcional, estas bolsas a D. David Landín Roig e Dona Mª Aranzazu Jorge Fernández, polo período dun ANO; con efectos ata o 30 de novembro e 14 de decembro de 2007, respectivamente. A dotación económica destas becas ascenden a 841,41 €/mes, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2.006 dun total de 1.302,79 ¤, cantidade que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 20.14463.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006, A FAVOR DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión de 23/06/06, unha subvención de 1.700,00 euros, a favor da "Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia", para o "Proxecto de mellora das habilidades elementais deste colectivo", e a vista dos escritos de 10 a 26 de outubro de 2006, remitidos pola devandita Federación, solicitando prórroga ante a imposibilidade de concluír as actividades inherentes o proxecto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 16 de febreiro de 2007, respecto á subvención polo importe de 1.700,00 euros concedida pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006, á "Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia", para o proxecto "Mellora das habilidades elementais das persoas con discapacidade intelectual" de 150 horas de duración. ------ Folla: 21.14464.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº7 DO PROXECTO MODIFICADO DA MELLORA E PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS EP CALVARIO-GARRIDA (TRAMO M. CASTRO) Vista a certificación núm.7 relativa as obras do PROXECTO MODIFICADO DA MELLORA E PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS E.P.CALVARIO-GARRIDA (TRAMO M.CASTRO)", adxudicadas no seu día á Empresa CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A.), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 23 do mes de outubro pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/511.511-612.02.2004(Deputación) 160.184,57 ¤ Subtotal parcial …… 160.184,57 ¤ Taxa dirección de obra 4.641,69 ¤ Control de calidade 580,21 ¤ Seguridade e saúde 580,21 ¤ TOTAL …… 154,382,46 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 22.14465.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONSULTORIA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL BASEADO NO SIG GEOPISTA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 8 de setembro de 2006, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da consultoría e asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun Sistema de información territorial baseado no SIG Geopista en Concellos da Provincia de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 179, 18/09/06) e no DOGA (nº 180, 18/09/06). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 6 de outubro de 2006, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación da consultoria e asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG GEOPISTA en concellos da provincia de Pontevedra á empresa CENTRO DE OBSERVACIÓN Y TELEDETECCIÓN ESPACIAL S.A.U. (COTESA) CIF A-47.461.066 polo prezo ofertado de catrocentos oitenta e cinco mil vinte e dous euros con sesenta e oito céntimos (485.022,68 ¤), IVE incluído, por ser a empresa que obtén a maior valoración de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego de condicións, ademais de reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario en dúas anualidades: 125.135,00 euros con cargo á partida 06/911.911.662.07 do vixente Presuposto Provincial e a parte restante, por importe de 359.887,68 euros no ano 2007, con cargo á mencionada partida correspondente ó ano 2007. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 19.400,91 ¤ que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 1.091,41 euros, por gastos de anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. ------ Folla: 23.14466.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN CIRCUÍTO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 28 de outubro de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, dunha Asistencia técnica para a realización dun estudo sobre a implantación dun circuíto de velocidade na provincia de Pontevedra, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 216, 10/11/05) e no DOGA (nº 219, 15/11/05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 16 de decembro de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación do ESTUDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN CIRCUÍTO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, Á ENXEÑEIROS E ARQUITECTOS CONSULTORES, IDOM, S.A. (C.I.F. A-15545437), polo prezo ofertado de corenta e sete mil cincocentos euros (47.500,00 ¤), IVE incluído. O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 06/451.452.227.06.2005 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 1.900,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos noventa e nove euros con cinco céntimos (399,05 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (90,60 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (308,45 ¤). ------ Folla: 24.14467.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO COS CONCELLOS DE CERDEDO E A ESTRADA" Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras a executar mediante convenio cos Concellos de Cerdedo e A Estrada"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L.-URAZCA CONSTRUCCIONES a obra "Beirarrúas na Sagrada E.P. Estrada-Forcarei (A Estrada)" na suma de 226.200,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 14.500,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra "Urbanización en Os Castros- Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo)" na suma de 522.693,09 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de cinco meses e medio, melloras valoradas en 31.924,93 ¤ e un período de mantemento de corenta meses. Así mesmo, acórdase, segundo o establecido no art. 36.4 do Texto Refundido da LCAP, que o adxudicatario da obra nº 1 deposite unha fianza definitiva por importe do 20 % do prezo de adxudicación tendo en conta que, de acordo co informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, aínda que a súa oferta alcanza a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. O adxudicatario da obra nº 2 constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a suma de 191,03 ¤, correspondentes á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 382,07 ¤. ------ Folla: 25.14468.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA DE REMANENTES DO POL E PPC 2006 Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras de obras a executar con cargo ós Remanentes do POL e PPC 2006, que máis adiante se detallan; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "E.P. 2803 Fornelos-Festín (Fornelos)" (Remanentes PPC 2006), por importe de 148.279,22 ¤, con cargo á partida 06/911.511.611.09. 2.- "E.P. Borela-Ponte Caldelas (Cotobade)" (Remanentes PPC 2006) por importe de 134.800,00 ¤, con cargo á partida 06/911.511.611.09. 3.- "E.P. 0307 Peso-Caroi (A Lama)" (Remanentes POL 2006) por importe de 176.179,00 ¤, con cargo á partida 06/911.511.611.03. 4.- "E.P. 8101 Portas-Romai (Portas)" (Remanentes POL 2006) por importe de 360.976,13 ¤, con cargo á partida 06/911.511.611.03. As obras incluídas nos referidos proxectos financiaranse con cargo ás referidas partidas orzamentarias unha vez aprobada a aplicación de ditos remanentes polo MAP. ------ Folla: 26.14469.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA DE "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NAS SEGUINTES ESTRADAS: 1003 RODEIRO-BOUBETA, 1001 CANGAS-COIRO-MAGDALENA, AVENIDA DE LUGO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20/10/2006, polo que se prestou aprobación ó Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Cangas para a realización de diversas obras, cun presuposto de 589.325,07 ¤, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 2 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Mellora da seguridade vial nas seguintes estradas: 1003 Rodeiro-Boubeta; 1001 Cangas-Coiro-Magdalena, Avda. de Lugo", por importe de 589.325,07 ¤, IVE incluído. Visto o escrito do enxeñeiro técnico xefe da Zona Norte, no que propón dar trámite de urxencia á contratación da obra, dado que ambos viais atópanse no propio casco urbano de Cangas e contan cunha densa edificación, e a necesidade de dotalos dunha zona de protección dos peóns onde, na Avda. de Lugo, existe ademais un centro de ensino público con numerosos alumnos. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, e iniciar o procedemento de adxudicación da obra de "Mellora da seguridade vial nas seguintes estradas: 1003 Rodeiro-Boubeta; 1001 Cangas-Coiro-Magdalena, Avda. de Lugo" cun tipo de licitación de 589.325,07 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase coas achegas de ambas Institucións con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 179.359,80 125.551,87 107.615,88 412.527,55 Conc.Cangas 76.868,49 53.807,94 46.121,09 176.797,52 Total 256.228,29 179.359,81 153.736,97 589.325,07 A achega da Deputación na anualidade de 2006 finánciase con cargo á partida 06/511.511.612.02 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos presupostos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello xerará crédito na partida 06/511.511.612.02, unha vez se produza o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NAS SEGUINTES ESTRADAS. 1003 RODEIRO-BOUBETA; 1001 CANGAS-COIRO-MAGDALENA, AVDA. DE LUGO (CANGAS)" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: A obra obxecto do concurso financiarase ó amparo do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Cangas con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 179.359,80 125.551,87 107.615,88 412.527,55 Conc.Cangas 76.868,49 53.807,94 46.121,09 176.797,52 Total 256.228,29 179.359,81 153.736,97 589.325,07 A achega da Deputación na anualidade de 2006 finánciase con cargo á partida 06/511.511.612.02 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos presupostos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello xerará crédito na partida 06/511.511.612.02, unha vez se produza o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 589.325,07 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas nos proxectos será de dezaseis meses, contado a partir da comprobación do replanteo da obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7. Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será: Grupo E, subgrupo 1, categoría c; Grupo G, subgrupo 3, categoría c; Grupo G, subgrupo 6, categoría b. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaron nos últimos doce meses, achegando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución de obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen cuxos requisitos non se confecciona a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euro do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª.- Modelo de proposición: D. ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº ..., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio, a efectos de notificacións, en ..., decatado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de ..., segundo anuncio publicado no B.O.P. nº ..., de data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente, 18ª.- Información pública e convocatoria do Concurso: O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª.- Réxime xurídico aplicable: En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de Xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, na súa falta, de Dereito Privado." ------ Folla: 27.14470.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA "ACONDICIONAMENTO EP 9113 RAMPA-MELOXO (O GROVE)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 3 dos correntes, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Acondicionamiento E.P. 9113 Rampa Meloxo (O Grove)" por importe de 105.080,21 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/511.511.612.02 nas anualidades de 2006 e 2007. Visto o escrito do enxeñeiro técnico xefe da Zona Norte, no que propón dar trámite de urxencia á contratación da obra, dado que a obra consiste na terminación da estrada, que ven realizándose en distintas fases, e que supón solucionar un problema de seguridade vial, tanto para o tráfico rodado coma para os peóns, nunha zona de abundante tráfico. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, e iniciar o procedemento de adxudicación da obra de "Acondicionamiento E.P. 9113 Rampa Meloxo (O Grove)" cun tipo de licitación de 105.080,21 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 06/511.511.612.02 a anualidade de 2006, por importe de 61.811,89 ¤, a anualidade de 2007 por importe de 43.268,32 ¤, e contabilizarase con cargo á partida correspondente do presuposto de 2007, quedando condicionada á aprobación do mesmo. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA DE "ACONDICIONAMENTO E.P. RAMPA MELOXO (O GROVE)" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2ª.- Financiamento: A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 06/511.511.612.02 nas anualidades de 2006, por importe de 61.811,89 ¤, e 2007 por importe de 43.268,32 ¤. 3ª.- Presuposto tipo de licitación: O presuposto tipo de licitación é de 105.080,21¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos nos mesmos todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será de seis meses, contado a partir da comprobación do replanteo de cada obra. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedido polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminaron no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de Dirección das obras serán do 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27/02/98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle serán retidos. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,72% do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. Todas as certificacións de obra irán acompañadas da correspondente factura, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Proposicións.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no D.O.G., de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior ó mesmo, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª.- Documentación: Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre nº 1: Proposición económica: Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12ª. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Sobre nº 2: Documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1. D.N.I., cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2. Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos en art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3. Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4. Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5. Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6. Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecte á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización da mesma, sendo ademais responsable en materia de Prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. Quedan exentos de achegar a documentación todos aqueles contratistas que a achegaron nos últimos doce meses. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedido pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial.. 10ª.- Mesa de Contratación: Estará integrada do seguinte xeito: Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. Vogais: O secretario. O interventor. O enxeñeiro director de Vías e Obras. Secretario: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11ª.- Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Proposicións: O acto de celebración de cualificación da Documentación Xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª.- Criterios de Valoración: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado, non téndose en conta aquel que, a xuízo dos Servizos Técnicos, sexa irrealizable polas características da obra... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 2 puntos. 4. Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións do mesmo, non devolvéndose a fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado.... ata 2 puntos. 5. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 1 punto. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª.- Adxudicación definitiva: O Órgano de Contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 14ª.- Gastos a cargo do adxudicatario: Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 450,00 ¤, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra 15ª.- Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución de óbraa obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª.- Demora na execución: Cando o cont
Ãrea de notas
Nota