ATOPO
Registros actuales: 1.625.391
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2007/12/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-12-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/12/19_Ordinaria

  • Data(s) 2007-12-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezanove de decembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15678.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de decembro de 2007. ------ Folla: 2.15679.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 10/10/07, A FAVOR DE DONA Mª JOSEFA ARES EIRIZ, VECIÑA DO CONCELLO DE BARRO Aprobada pola Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, unha subvención de 3.035,63 €, para arranxo de vivenda, a favor de Dona Mª Josefa Ares Eiriz, veciña do concello de Barro, e solicitada o 13/12/07 pola devandita beneficiaria da subvención, unha prórroga dado que non puido levar a cabo as obras, por non concedérselle a licenza oportuna ata o 11 de decembro deste ano, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga, ata o 31 de marzo do 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 3.035,63 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dona Mª Josefa Ares Eiriz, veciña do concello de Barro. ------ Folla: 3.15680.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 10/10/07, A FAVOR DE DON ERNESTO RODRÍGUEZ CARRERA, VECIÑO DO CONCELLO DE MOS Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do 10 de outubro de 2007, unha subvención para arranxo de vivenda por importe de 2.000 €, a favor de D. Ernesto Rodríguez Carrera veciño do Concello de Mos e solicitada o 12/12/07, unha prórroga polo citado beneficiario da subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de xaneiro de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 2.000,00 € aprobo a Xunta de Goberno do 10 de outubro de 2007, a favor de D. Ernesto Rodríguez Carrera, veciño do concello de Mos. ------ Folla: 4.15681.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA Mª JESÚS ÁLVAREZ PÉREZ, VECIÑA DO CONCELLO DE A CAÑIZA Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/07, unha subvención polo importe de 4.194,82 € para arranxo de vivenda, a favor de Dona Mª Jesús Álvarez Pérez, veciña do concello de A Cañiza, e solicitada por escrito do 4/12/07, unha prórroga pola beneficiaria da subvención, ante a imposibilidade de rematar as obras no tempo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata ó 31 de maio de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda que polo importe de 4.194,82 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dona Mª Jesús Álvarez Pérez, veciña do concello de A Cañiza. ------ Folla: 5.15682.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DON CARLOS CONDE MOURE, VECIÑO DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/07, unha subvención de 2.882,94€ para arraxo de vivenda, a favor de D. Carlos Moure Conde, veciño do concello da Estrada, e comunicada o 4/12/07, a súa solicitude de prórroga respecto a tal subvención, xa que por causas alleas a súa vontade, non puido rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de xuño de 2008, para a subvención de arraxo de vivenda, que polo importe de 2.882,94 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de D. Carlos Moure Conde, veciño do concello da Estrada. ------ Folla: 6.15683.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA CATALINA TOBÍO RODRÍGUEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE COTOBADE Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/07, unha subvención polo importe de 771,95 para arranxo de vivenda, a favor de Dona Catalina Tobío Rodríguez, veciña do concello de Cotobade, e comunicada o 5/12/07 polo Sr. Alcalde de tal Concello, a solicitude de prórroga formulada pola citada beneficiaria da subvención, ante a imposibilidade de rematalas obras no prazo previsto, por problemas acaecidos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 771,95 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, a favor de Dona Catalina Tobío Rodríguez, veciña do concello de Cotobade. ------ Folla: 7.15684.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA MARINA SÁNCHEZ CAAMAÑO, VECIÑA DO CONCELLO DE COTOBADE Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/07, unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 3.076,92 €, a favor de Dona Marina Sánchez Caamaño, veciña do concello de Cotobade, e solicitada o 5/12/07 pola devandita beneficiaria de tal subvención, unha prórroga ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, por problemas do construtor da mesma, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 3.076,92 € aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dona Marina Sánchez Caamaño, veciña do concello de Cotobade. ------ Folla: 8.15685.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA ROSA LAGO RODRÍGUEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE MOS Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/07 unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 2.000,00 €, a favor de Dona Rosa Lago Rodríguez, veciña do concello de Mos, e comunicada o 10/12/07 pola Traballadora Social de dito concello, a solicitude de prórroga formulada pola devandita beneficiaria da subvención, ante a imposibilidade de rematar as obras por mor da enfermidade e falecemento do seu pai, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de marzo de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 2.000,00 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07 a favor de Dona Rosa Lago Rodríguez, veciña do Concello de Mos. ------ Folla: 9.15686.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN “DOUTOR FLEMING” DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07, DENTRO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES 2007 Aprobado pola Xunta de Goberno do 20/04/2007, unha subvención de 500,00 €, en favor da Asociación “Doctor Fleming” de Vigo, para curso de prevención de riscos laborais, cunha duración de 80 horas; e comunicada o 7 de decembro de 2007, a renuncia a tal subvención pola citada Asociación, toda vez que non pode afrontar os gastos do curso, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “Doctor Fleming” de Vigo, á subvención que polo importe de 500,00 €, aprobou no seu favor a Xunta de Goberno do 20/04/2007, para un curso de prevención de riscos laborais. ------ Folla: 10.15687.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN “CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE CORUXO” DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07 NA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES 2007 Aprobado pola Xunta de Goberno do 20 de abril de 2007, unha subvención de 800,00 €, en favor da Asociación “Centro Recreativo Cultural de Coruxo (Vigo)”, para curso de limpeza profesional, dentro da convocatoria de 2007 de subvencións para Asociacións de Mulleres ou con vogalía da muller, e comunicada o 5 de decembro de 2007 pola devandita asociación a súa renuncia a tal subvención dado que non puideron reunir o número de alumnas preciso para a celebración do curso; a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “Centro Recreativo Cultural de Coruxo (Vigo)”, á subvención de 800,00 €, que aprobou no seu favor a Xunta de Goberno do 20/04/2007, para curso de limpeza profesional. ------ Folla: 11.15688.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “ILLA DE CORTEGADA” DE VILAGARCÍA DE AROUSA, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07 Aprobada pola Xunta de Goberno do 20/04/2007, unha subvención de 1.100,00 €, en favor da Asociación de Mulleres Rurais “Illa de Cortegada” de Vilagarcía de Arousa, para curso de tapicería, cunha duración de 100 horas, e comunicada o 4 de decembro de 2007, pola citada asociación, a súa vontade de renunciar a tal subvención, toda vez que por causas alleas á Asociación non poden levar a cabo o curso previsto, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de Mulleres Rurais “Illa de Cortegada”, de Vilagarcía de Arousa, á subvención de 1.100,00 €, que no seu favor, aprobou a Xunta de Goberno o 20 de abril de 2007, para curso de tapicería. ------ Folla: 12.15689.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DE DELITOS VIOLENTOS (AVIDEV) Retírase da orde do día expediente relativo á “Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de apoio a Vítimas de Delitos Violentos”, ó non estar completo o mesmo. ------ Folla: 13.15690.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 – FINAL, RELATIVA Á OBRA “REPARACIÓN DE BRANDÓNS E REPOSICIÓN DE RODADURA E SINALIZACIÓN NAS EE.PP. DA SUBZONA DA A LAMA E FORNELOS (A LAMA-FORNELOS) Vista a certificación núm. 1-Final relativa á obra da “Reparación de Brandóns e reposición de rodadura e sinalización nas E.PP. da subzona de A Lama e Fornelos (A Lama-Fornelos)”, adxudicada no seu día a Empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 3 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF. A-36.319.622) 07/511-511-210.00 (Deputación) 527.819,84 € SUBTOTAL..................... 527.819,84 € Taxa Técnicos Directores 15.294,69 € Seguridade e Saúde TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR........................... 512.525,15 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 14.15691.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) Dada conta que con data 21 de novembro de 2007 notifícase a esta Deputación sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 198/07, promovidos por Winterhtur Seguros, D. Fernando Cabaleiro Cabaleiro e Dna. Nuria Cabaleiro Bastos, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP-2005 Vigo-CUVI como consecuencia da existencia na calzada dunha substancia deslizante. Resultando que en dita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ós demandantes na cantidade de 6.870,89 €, actualizada conforme ó índice de prezos ó consumo desde o día do accidente ata a data en que se puxo fin ó procedemento, máis os xuros legais ata a data da sentenza, acadando así un importe total de 7.386,51 €, segundo informe da Intervención de data 4 de decembro de 2007. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Quedar enterada da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 198/07, promovidos por Winterhtur Seguros, D. Fernando Cabaleiro Cabaleiro e Dna. Nuria Cabaleiro Bastos, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP-2005 Vigo-CUVI, ordenando o cumprimento no seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 7.386,51€ (sete mil trescentos ostenta e seis euros con cincuenta e un céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada en autos de procedemento abreviado núm. 198/07, promovidos por Winterthur Seguros, D. Fernando Cabaleiro Cabaleiro e Dna. Nuria Cabaleiro Bastos. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Orzamento e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3597.0000.85.198007. Cuarto.- Dar traslado desta Resolución ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 416/07), con enderezo en Lariño, Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 6.786,51 € (seis mil setecentos oitenta e seis euros con cincuenta e un céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), e mediante ingreso na conta que esta Deputación ten na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. b) Dada conta da sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra, en procedemento núm. 293/07 sobre dilixencias abertas polo Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra, por presunto delito de estafa, e na que se condena ó funcionario provincial D. Alfonso Sánchez Quintela como autor responsable dun delito de falsidade a seis meses de prisión coa accesoria legal de inhabilitación especial do exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, con imposición das custas do xuízo, A Xunta de Goberno queda enterada da mesma, ordenando se pasen as actuacións ó instrutor do expediente disciplinario aberto no seu día a dito funcionario, co obxecto de reiniciar o mesmo. c) Dada conta do Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra, ditado no procedemento ordinario 239/2007 promovido pola entidade mercantil COTRAGUA, S.L. sobre expediente de contratación para o subministro de plantas depuradoras, polo que se declara caducado o recurso ó non formalizarse a demanda pola recorrente, ordenándose, en consecuencia, o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. ------ Folla: 15.15692.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.15693.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS 2007-2008 De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario desta Excma. Deputación de Pontevedra, así como informe favorable da Comisión Paritaria Mixta, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de axudas de estudos do ano 2007/2008, que se rexerá polas seguintes BASES, segundo se trate de estudos universitarios ou non universitarios: a) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS Segundo o establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo para persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión paritaria mixta, aproba a convocatoria de axudas de estudos para o curso 2007 – 2008, que se rexerá polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo dependente desta Excma. Deputación, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador e do I Convenio. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismo europeos, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. No suposto de que a bolsa comprenda soamente a exención dos pagamentos de matrícula, terase dereito á axuda, descontando o seu custo. De igual modo, aqueles funcionarios ou traballadores exentos do pagamento de taxas, por ser un dos membros da súa familia funcionario do MEC ou da Xunta de Galicia, percibirán a diferenza existente entre a cantidade que lle corresponde pola axuda e o importe das taxas (neste caso deberase acreditar o importe dos pagamentos exentos). Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. No caso de expedientes de familias numerosas, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na partida 122-321-481-01 do orzamento provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A B C D E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters en domicilio 380,00 € 430,00 € 460,00 € 510,00 € 545,00 € Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio 750,00 € 800,00 € 900,00 € 1.010,00 € 1.100,00 € Curso de Adaptación Pedagóxica, DEA e proxecto fin de carreira 160,00 € 170,00 € 190,00 € 200,00 € 210,00 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) 100,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión paritaria mixta revisará as cantidades establecidas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS A- ESTUDOS DOS FUNCIONARIOS Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen estudos de grao medio ou superior, cursos de posgrao, cursos da escola de Idiomas, CAP, DEA, cursos da Universidade correspondentes a aulas de formación aberta ou que realicen masters, percibirán o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público, non estando suxeitos os límites previstos na táboa de módulos da base cuarta. Non obstante, as axudas por master non poderán superar a contía de 1.000,00 € (deberase achegar a totalidade dos pagamentos fraccionados). B.- ESTUDOS DOS BENEFICIARIOS 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a) Aplicando a totalidade do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, catro ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b) Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a tres nas ensinanzas non REPETIDAS ou menos de 50 créditos nas REPETIDAS. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros, se é fóra do concello. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 26 de decembro de 2007 e o 31 de xaneiro de 2008, este incluído, debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.). - Certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou masters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do FUNCIONARIO, certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. c) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao, da Escola de Idiomas, da Universidade de aulas de formación aberta ou masters en domicilio. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. De non figurar o esixido nos apartados a) e b) no xustificante de pagamento, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, no orzamento provincial do ano 2008, consignarase na partida 122.321.481.01, de axudas de estudos, a cantidade de 150.000,00 €. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” b) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS Segundo o establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo para persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión paritaria mixta, aproba a convocatoria de axudas de estudos para o curso 2007 – 2008, que se rexerá polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo dependente desta Excma. Deputación, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador e do I Convenio. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismos europeos, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) Escola oficial de idiomas e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. d) Formación profesional, ESO, Bacharelato e programas de garantía social. 3. INCOMPATIBILIDADES Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na partida 122-321-481-01 do orzamento provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A B C D E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 180,00 € 220,00 € 270,00 € 310,00 € 330,00 € Educación infantil, primaria 110,00 € 120,00 € 130,00 € 145,00 € 180,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e ensinanzas artísticas 110,00 € 120,00 € 130,00 € 145,00 € 180,00 € FP, ESO, Bacharelato e programas de garantía social 220,00 € 260,00 € 300,00 € 350,00 € 360,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades establecidas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS A- ESTUDOS DOS FUNCIONARIOS Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen os estudos obxecto destas BASES, en centros públicos, non percibirán axuda ningunha dado o carácter gratuíto destes. No caso de efectuarse en centros privados, a mesma porcentaxe equivalente dun centro público, aplicando a totalidade do importe establecido na táboa de módulos da base 4. B.- ESTUDOS DOS BENEFICIARIOS 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a) Aplicando a totalidade do importe establecido na táboa de módulos da base 4. 2) As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros que así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 26 de decembro de 2007 e o 31 de xaneiro de 2008, este incluído, debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia, Educación infantil, primaria, Ensinanzas Artísticas, ESO, Bacharelato, FP e programas de garantía social: - Xustificante de que está MATRICULADO no curso 2007 – 2008. En calquera dos supostos que se puidesen dar, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, no orzamento provincial do ano 2008, consignarase na partida 122.321.481.01, de axudas de estudos, a cantidade de 150.000,00 €. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.15694.- PLAN DE ACTUACIÓNS DIVERSAS EN CENTROS DE SERVIZO MUNICIPAIS - 2008 Resultando que a fin de dar continuidade ó traballo que se veu desenvolvendo nestes últimos anos en diferentes municipios da provincia coa colaboración do INEM e da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (actualmente Consellería de Traballo), esta Excma. Deputación Provincial en virtude das competencias que lle atribúe o articulo 36.1. d) da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, coa participación dos Concellos da provincia, previu poñer en marcha un “Plan de actuacións diversas en centros de servizos municipais” para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social. Resultando que este plan ten por obxecto a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, así como contribuír a paliar as carencias de medios humanos na execución de ditas obras ou servizos, mediante a contratación laboral de traballadores desempregados como medida de fomento de emprego. Resultando que no mesmo poderán participar todos os Concellos da provincia de Pontevedra que dispoñan de capacidade suficiente para poder levar a cabo as correspondentes obras ou servizos. Resultando que a Deputación Provincial financiará o 75 % do custo salarial total da man de obra a contratar, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, calculado polo vixente Convenio colectivo de persoal laboral da Deputación Provincial, con cargo ó crédito previsto nas partidas 08/122-121-141.04 e 08/122.121.160.04. Resultando que o Concello interesado deberá comprometerse a achegar o 25% restante e os medios materiais que sexan necesarios para a realización da obra ou servizo. Considerando que a selección dos traballadores a contratar levaráse a cabo a través das oficinas de emprego ou dos Centros asociados que colaboren con Servizo Galego de Colocación. Considerando que unha vez seleccionados os traballadores previstos para cada unha das ocupacións ofertadas, a Deputación Provincial procederá á súa contratación mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de CINCO MESES. Vistos os informes de Intervención de data 18 de decembro e de Asesoría Xurídica da mesma data, en virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 36.1.d) da Lei 57/2003, de 16 de decembro, e ó amparo do establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Plan de actuacións diversas en centros de servizos municipais”, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, por concorrencia competitiva e con arranxo ós criterios establecidos nas seguintes BASES, debéndose xerar crédito pola achega dos Concellos a medida que se reciban os compromisos de afrontar o 25%. Ditas bases son como seguen: “PLAN DE ACTUACIÓNS DIVERSAS EN CENTROS DE SERVIZOS MUNICIPAIS POR CONCORRENCIA COMPETITIVA BASES PRIMEIRA.- Obxecto. Este plan ten por obxecto a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, así como contribuír a paliar as carencias de medios humanos dos concellos, mediante a contratación laboral de traballadores desempregados. SEGUNDA.- Réxime Xurídico. Esta convocatoria axustarase ó disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e as bases de execución do orzamento provincial. TERCEIRA.- Beneficiarios. Neste plan poderán participar todos os concellos da provincia de Pontevedra que dispoñan de capacidade suficiente para executar as distintas obras ou servizos, quedando excluídos aqueles que non ingresaran nas arcas provinciais a achega do 25% dos custos salariais totais correspondentes ós traballadores contratados no ano 2007. CUARTA.- Requisitos das obras ou servizos. As obras ou servizos para desenvolver deberán ser de interese xeral e social, terán relación coas competencias municipais descritas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, do 2 de abril e poderán concretarse en calquera das seguintes actuacións: a) Obras destinadas á construción ou reparación de instalacións. b) Obras ou servizos de titularidade colectiva, tales como mellora de vivenda, vixilancia, revalorización de espazos públicos urbanos, protección e mantemento de zonas naturais, xestión de residuos, xestión de augas, etc. c) Obras ou servizos dirixidos a paliar ou reparar os danos causados con ocasión de temporais, inclemencias metereolóxicas ou calquera outro fenómeno da natureza. d) Aquelas outras obras ou servizos de recoñecido interese xeral ou social que poidan pedir os municipios e que redunden en beneficio dos cidadáns. QUINTA.- Financiamento. A Deputación de Pontevedra financiará o 75 % do custo da man de obra a contratar, salarios e cota empresarial á Seguridade Social calculados polo vixente convenio colectivo para persoal laboral da Deputación, segundo a actividade que se vaia desenvolver, ata esgotar o crédito previsto nas partidas 08/122-121-141.04 e 08/122-121-160-04, debendo o concello achegar o 25% restante e os medios materiais que sexan necesarios para executar a obra ou servizo. Neste sentido os concellos deberán comprometerse a ingresar na Tesourería desta Deputación o 25% do custo salarial total, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, segundo a valoración económica que figura no anexo I. SEXTA.- Presentación de instancias. As instancias deberán presentarse no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes, que en todo caso deberán ser subscritas polo representante legal do concello interesado, deberán ir xunto coa seguinte documentación: a) Memoria explicativa, na que conste a data de inicio. b) Orzamento da obra ou servizo a desenvolver. c) Compromiso de achegar o 25% do custo salarial total, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, segundo o convenio colectivo vixente, así como a parte correspondente da revisión salarial que lle afecte e se publique con posterioridade. d) Certificación de que o concello dispón de medios materiais suficientes para executar a obra ou servizo. SÉTIMA.-REQUISITOS E CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DAS OBRAS OU SERVIZOS De entre as obras ou servizos que cumpran os anteditos requisitos farase una selección co obxecto de efectuar a distribución do número total de traballadores a contratar por cada concello, que se levará a cabo tendo en conta os seguintes criterios: a) O interese xeral e social das actividades a desenvolver, que se valorará ata 20 puntos. b) A proposta de contratación de traballadores desempregados pertencentes a algún dos colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, que se valorará ata 10 puntos. c) O custo total do proxecto da obra ou servizo a realizar polos traballadores contratados, que se valorará ata 10 puntos. OITAVA.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN O procedemento que se ha de seguir para a determinación do número de traballadores a contratar por cada concello será de concorrencia competitiva. A instrución dos expedientes tramitarase no Servizo de Recursos Humanos e Formación. Revisada a documentación presentada por cada concello, remitiráselle á Comisión de Valoración para a súa avaliación e informe. Para estes efectos a comisión de valoración estará composta polos seguintes membros: - O deputado-delegado de persoal, presidente da Comisión de Réxime Interior e Persoal ou o deputado provincial no que delegue. - A xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación ou técnico en quen delegue. - Un xefe de Servizo de Intervención ou funcionario técnico en quen delegue. A comisión de valoración elevará a proposta de resolución á Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, a cal ditaminará sobre a proposta de concesión ou denegación do número de traballadores a contratar por cada concello. NOVENA.- Resolución: Dentro do mes seguinte á data en que finalice o prazo de presentación de instancias o presidente da Deputación ditará a resolución que proceda, de acordo co ditame da Comisión de Réxime Interior e Persoal, que lles será notificada ós concellos interesados. A resolución que poña fin ó expediente conterá, como mínimo, os seguintes datos: a) Denominación da obra ou servizo aprobado. b) Número de traballadores a contratar e categoría profesional. c) Custo salarial total e de seguridade social correspondente a ditos traballadores. d) Contía da achega que lle corresponde ó concello. e) Data de inicio da obra ou servizo. DÉCIMA.- Selección dos traballadores Os traballadores que sexan contratados para realizar as distintas obras ou servizos municipais deberán ser desempregados inscritos no INEM ou no Servizo Galego de Colocación. A Deputación solicitará os traballadores desempregados mediante a presentación da correspondente oferta nas oficinas de emprego ou ben nos centros asociados que colaboren co Servizo Galego de Colocación. UNDÉCIMA.- Contratación dos traballadores. Seleccionados os traballadores para cada unha das ocupacións ofertadas, a Deputación procederá á súa contratación mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó abeiro do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de CINCO MESES. DUODÉCIMA.- Seguimento e publicidade. No prazo dun mes, dende o remate da obra ou servizo, o concello remitiralle á Deputación unha memoria explicativa sobre as actuacións que se levaron a cabo e un certificado do secretario ou do interventor dos acordos de aprobación total dos gastos do proxecto. Para coñecemento público, no lugar onde se realicen as obras ou servizos ou, no seu caso, na sede do concello, deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no que conste o cofinanciamento por parte da Deputación de Pontevedra.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.15695.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Visto escritos de data 11 de decembro de 2.007, da Xefe do Servizo Acctal. de Cooperación e do Xefe do Servizo de Vías e Obras solicitan permiso e axuda económica para que os funcionarios Dna. Marina Piñeiro Novo e D. Eugenio José Marcote Carballo, poidan asistir en comisión de servizo e, representando a esta Excma. Deputación Provincial á “VIII Xornada sobre a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)” que terá lugar o próximo día 20 de decembro en Madrid; en virtude das facultades que lle confire o art. 61.12 do R.d. 2568/86 de 28 de novembro e art. 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 701,68 euros, analizada por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída día 19 posterior ás 14:00 h. e regreso día 21anterior ás 14:00 h.) MARINA PIÑEIRO NOVO: Desprazamentos: (Coche propio) Pontevedra- Madrid-Pontevedra…620 Km x 2 …............... 235,60€ Peaxe…………………………………………………... 30,00€ Aparcamento: .............................................................. 60,00€ Total Desprazamentos: ................ 325,60€ Dietas: Aloxamento: Día 19: Hotel…………………………….……………… 65,97 € Día 20: Hotel…………………………….……………… 65,97 € Manutención: Día 19: (½ manutención) Grupo II...................................... 18,70 € Día 20: (1 manutención) Grupo II........................................... 37,40 € Total Dietas:……….......... 188,04 € EUGENIO JOSÉ MARCOTE CARBALLO: Dietas: Aloxamento: Día 19: Hotel…………………………….……………… 65,97 € Día 20: Hotel…………………………….……………… 65,97 € Manutención: Día 19: (½ manutención) Grupo II...................................... 18,70 € Día 20: (1 manutención) Grupo II........................................... 37,40 € Total Dietas: …………….......... 188,04 € Ditas cantidades imputaránselle ás partidas de Cooperación 07/911.911.230.01 de Dietas por importe de 188,04€ e 07/911.911.231.01 de Desprazamentos por importe de 325,60€, e á partida de Vías e Obras 07/511.511.230.01 de Dietas por importe de 188,04€. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.15696.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación seis, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 7 de decembro presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obrigación de dous mil seiscentos cincuenta e cinco euros con setenta e seis céntimos (2.655,76 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto de obra da Piscina Municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre cooperación económica para financiar diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.15697.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA O CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº28/68, DENOMINADA “CASA CULTURAL DE RIBADETEA, 3ª FASE”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación un/final, do Concello de Ponteareas, á vista do informe de Intervención de data 12 de decembro presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obrigación de setenta mil trescentos trinta e tres euros (70.333,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo, para a obra nº 28/68, denominada “Casa cultural de Ribadetea, 3ª fase”, incluída no PAM/05”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.15698.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á FUNDACIÓN MARCO DE VIGO Visto o escrito da FUNDACIÓN MARCO de Vigo con domicilio social na Rúa Príncipe, 54, do concello de Vigo (36202) e CIF: G-36909885, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2007”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto, así como o recoñecemento da obrigación e a ordenación do pago da cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) para o citado fin, con cargo á partida 07/451.451.489.15 – RC nº 200700101976. O beneficiario deberá remitir unha vez recibido o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade da Fundación. Dito pago está condicionado á previa sinatura dun convenio coa Fundación Marco. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.15699.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE PONTEVEDRA Visto o escrito do OO.AA. PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS de Pontevedra con domicilio social en Rúa Alexandre Bóveda, s/n, do concello de Pontevedra (36005) e CIF: P-8690003-B, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2007”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto así como o recoñecemento da obrigación e a ordenación do pago da cantidade de sesenta mil douscentos euros (60.200,00 €) para o citado fin, con cargo á partida 07/451.451.462.00 – RC nº 200700086994. O beneficiario deberá remitir unha vez recibido o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Organismo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.15700.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE BAIONA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA “REDACCIÓN DO PEPCHAB (PLAN ESPECIAL PROTECCIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE BAIONA), INCLUÍDA NO PUG/2006 Vista a solicitude de prórroga do Concello de Baiona, para xustificar a subvención para “Redacción do PEPCHAB (Plan Especial Protección Conxunto Histórico Artístico de Baiona)”, incluída no PUG/2006, co núm. 2, subvencionada con 20.000,00 e, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.15701.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA “REDACCIÓN DO PXOM E CARTOGRAFÍA ANALÍTICA”, INCLUÍDA NO PUG/2006 Vista a solicitude de prórroga do Concello de Soutomaior, para xustificar a subvención para “Redacción do PXOM e Cartografía Analítica”, incluída no PUG/2006, co núm.28, subvencionada con 18.000,00 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 25.15702.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SILLEDA, PARA XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PSA/06 Vista a solicitude do concello de Silleda para xustificar diversas obras incluídas no PSA/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2008, con carácter improrrogable, das obras que a continuación se relacionan: Obra Núm. Plan Subvención Abastecemento de auga en Taboada, Margaride e Piñeiro 100 PSA/06 15.290,00 Abastecemento de auga en Corrospedriños, Mandúas e Cortegada 102 PSA/06 12.000,00 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 26.15703.- APROBACIÓN DA PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CAIXA GALICIA NO MARCO DO PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS O obxecto do presente convenio é definir os termos e condicións de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Caixa Galicia actuando no ámbito da súa obra benéfico-social, no marco do Programa Piloto de Microcréditos de forma que permita o financiamento daqueles proxectos viables que conduzan ó autoemprego e á creación de microempresas, promovidos por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías e avales. Serán considerados Beneficiarios Finais con carácter xeral as persoas pertencentes a colectivos vulnerables con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías ou avais. Terán a consideración de grupos beneficiarios sen carácter exhaustivo: os desempregados de longa duración ou persoas con emprego precario, mulleres con cargas familiares non compartidas, inmigrantes, emigrantes retornados, persoas discapacitadas sen recursos, ex-reclusos e ex– drogodependentes. Con data de 28 de outubro de 2005 a Xunta de Goberno aprobou fóra da orde do día e previa declaración de urxencia, borrador de convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixa Galicia para a canalización dos microcréditos de carácter social ós emprendedores dentro do ámbito do proxecto Cidade +. Posteriormente, con data de 3 de novembro de 2006 a Xunta de Goberno aprobou unha modificación do devandito convenio. Con data de 12 de decembro de 2006 a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixa Galicia asinaron o convenio establecendo na cláusula VIII do mesmo unha vixencia ata o 31 de decembro de 2007, podendo ser renovado por vontade expresa das partes por períodos anuais sucesivos. Para poder ser prorrogado é necesario asinar o Acordo de Renovación . Por todo o anteriormente exposto, e tras informe favorable do Secretario Xeral con data 18 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a prórroga do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Caixa Galicia. Dito acordo de prórroga é como segue: “ACORDO DE RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE CAIXA GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA En A Coruña, a ......... de ................... de .......... COMPARECEN Dunha parte: Don Rafael Louzán Abal, en nome e representación da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (en diante, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA), que actúa en calidade de Presidente, con C.I.F.:P3600000H e enderezo social na cidade de Pontevedra, Pazo Provincial, Avda. Montero Rios s/n. E doutra parte: Don Manuel Aguilar López, na súa calidade de Director de Obra Social, en nome e representación de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA actuando no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, con enderezo social en A Coruña, nos números 30-32 da Rúa Nova, atopándose inscrita no Rexistro Especial de Caixas Populares de Aforro de España co número 130, no Rexistro de Caixas de Aforro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia no libro cuxa rúbrica é "Caixa de Aforros de Galicia" e no censo de Entidades Xurídicas do Ministerio de Economía e Facenda con C.I.F. G-15028947 (en diante, CAIXA GALICIA). No concepto en que interveñen, ámbalas partes recoñécense, mutua e reciprocamente, a capacidade legal necesaria e representación bastante para este acto, e ó efecto, EXPOÑEN I. – O día 12 de decembro de 2006, CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, e a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, asinaron un convenio de colaboración para a execución do Programa Piloto de Microcréditos posto en marcha por CAIXA GALICIA, destinado a apoiar iniciativas de autoemprego e a creación de microempresas promovidas por colectivos con dificultades de acceso ó financiamento bancario. II.- Na cláusula VIII de dito convenio de colaboración, prevese que o mesmo poderá ser renovado por vontade expresa das partes e por períodos anuais sucesivos. III.- Ambas as partes manifestan que están plenamente de acordo en renovar o convenio de colaboración ó que se refiren os expositivos anteriores, polo que perfeccionan dito acordo no presente acto e de conformidade coas seguintes, CLÁUSULAS ÚNICA.- CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, e a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, levando a efecto a previsión contida na cláusula VIII do convenio de colaboración referido na parte expositiva do presente documento, acordan a súa renovación, nos mesmos termos e sen variación algunha, por un novo período anual que finalizará o día 31 de decembro, inclusive, do ano 2008. Así o conveñen e asinan as partes en dous orixinais, no lugar e data indicados no encabezamento. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CAIXA GALICIA D. Rafael Louzán Abal D. Manuel Aguilar López” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 27.15704.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DIPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE O ROSAL PARA EXECUTAR O PROXECTO DE TERMINACIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO AUDITORIO (2ª FASE) Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal, coa finalidade de rematar, na súa segunda fase, a reforma e ampliación do auditorio, o custo do cal se estima na cantidade de seiscentos corenta e dous mil euros (642.000,00 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención e o apartado segundo da base 16 de execución do orzamento para o ano 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de O Rosal para executar o proxecto de terminación de reforma e ampliación do auditorio (2ª fase). Así mesmo, facúltase o Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE O ROSAL PARA EXECUTAR O PROXECTO DE TERMINACIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO AUDITORIO (2ª FASE) No Concello de O Rosal, a xxxx de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Jesús María Fernández Portela, Alcalde-Presidente do Concello de O Rosal, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administación Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de O Rosal e a execución do proxecto de terminación da reforma e ampliación do auditorio de O Rosal na súa segunda fase. Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a SEISCENTOS CUARENTA E DOUS MIL EUROS (642.000,00 €).e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluído do convenio os honorarios correspondentes a redacción do Proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2007 2008 2009 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 195.391,31 € 136.773,91 € 117.234,78 € 449.400,00 € Concello de O Rosal 40.000,00 € 82.170,00 € 70.430,00 € 192.600,00 € Investimento total 642.000,00 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito publico, xerarán crédito nas partida 911.911.662.09 debendo ingresar a cantidade correspondente a anualidade 2007 antes de finalizar este ano. As cantidades das anualidades 2008 e 2009 deben ser ingresadas durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2007, con cargo a partida 07/911.911.662.09 do vixente orzamento provincial. Fináncianse con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros as anualidades dos anos 2008 e 2009. Quinta.- O Concello de O Rosal obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sexta.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de O Rosal, Asdo. D.Rafael Louzán Abal Asdo. D. Jesús María Fernández Portela” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 28.15705.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 3 LOTES DO CONCURSO CONVOCADO PARA O SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE Vista a proposta formulada polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de data 29 de novembro de 2007, para a contratación da ampliación de 3 lotes do concurso convocado para a subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2007, adxudicados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 27 de abril de 2007, con motivo de estar esgotándose os mesmos e diante da necesidade de continuar efectuando as análises que demándanlle que realice o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano en curso. Visto o documento Rc, expedido por Intervención de data 12/12/2007, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto previsto por importe global de 60.000,00 euros. Visto o informe favorable emitido polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 13/12/2007, para a ampliación de ditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do concurso do ano 2007, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes do Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente emitido por Interve

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición