ATOPO
Registros actuales: 1.625.388
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2008/03/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-03-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/03/26_Ordinaria

  • Data(s) 2008-03-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e seis de marzo do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15973.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de marzo de 2008. ------ Folla: 2.15974.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO CONCELLO DE BUEU PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS E MELLORA DE ACCESOS ÁS PRAIAS: AREA DE BON, MOURISCA E TUIA Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Bueu e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servizo Agrario, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga, ata o 30 de xuño do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para “Dotación de Servizos e mellora de accesos ás praias: Area de Bon, Mourisca e Tuia”, incluída nas Axudas para dotación de servizos básicos a praias-2007, por importe de trinta e dous mil euros (32.000,00 €). ------ Folla: 3.15975.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA E CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23/03/2007 PARA “EQUIPAMENTO DA PRAIA DE TERRÓN-PUNTA NOUXIDA” Vistos os informes de Intervención e da Técnica de Medio Ambiente así como os escritos de solicitude de prórroga e de cambio de aplicación de parte da subvención presentada polo Sr. Alcalde do Concello de Vilanova de Arousa en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 23/03/07, por importe de 15.000,00 euros, para “Equipamento da praia de Terrón-Punta Nouxida: duchas, bancos, pasarela de madeira, disuasores, cartel de sinalización e papeleiras”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o cambio de aplicación de parte da axuda económica para a obra “Equipamento da praia de Terrón-Punta Nouxida: duchas e mellora de iluminación da zona”, polo mesmo importe de 15.000,00 euros e unha prórroga para a xustificación da mesma ata o 31 de maio de 2008. ------ Folla: 4.15976.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CAMBADOS POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23/03/07 PARA “REXENERACIÓN DA PRAIA DE SAN SADURNIÑO, 6ª FASE” Vistos os informes de Intervención e da Técnica de Medio Ambiente así como o escrito de solicitude de cambio de aplicación da subvención presentado polo Sr. Alcalde do Concello de Cambados en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 23/03/07, por importe de 2.500,00 euros, para “Rexeneración da praia de San Sadurniño 6ª fase”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o cambio de aplicación da axuda económica para a obra “Rexeneración da praia de Saíñas”, polo mesmo importe de 2.500,00 euros. ------ Folla: 5.15977.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO EXERCICIO 2008 Retírase da orde do día pendente de informe expte. relativo á “Solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, relativa á achega desta Excma. Deputación Provincial ó presuposto do citado consorcio para gastos de funcionamento do primeiro trimestre do exercicio 2008”. ------ Folla: 6.15978.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 412/07 PROMOVIDOS POR DON ELISARDO ABALO BORRAZAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 8101 PORTAS-ROMAI Dada conta que con data 13 de marzo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza da data 7 de marzo anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm.412/07 promovidos por Don Elisardo Abalo Borrazas contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 5.520,00 €, por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 8101 Portas-Romai, o día 28 de abril de 2007, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 7.15979.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15980.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A “ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO”, ANO 2008 A Deputación de Pontevedra, consciente da problemática dos enfermos oncolóxicos en fase terminal, para os que non resulta posible ou conveniente o seu traslado a un Centro Sanitario, ou queren afrontar o final da súa enfermidade no seu domicilio; pretende un ano máis subscribir un Convenio de Colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, para mellorar a calidade de vida destes enfermos e das súas familias, cun importante apoio emocional para os mesmos, a través da Unidade Móbil de Coidados Paliativos, polo que á vista dos informes emitidos o 05/02/08 e 18/02/08, respectivamente, polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Española Contra o Cancro, para mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos, adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital Meixoeiro, cunha dotación económica de 24.000,00 euros, con cargo á partida 08/313.313.480.02 do vixente Presuposto provincial. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO. XUNTA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL. ANO 2008 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o …… de ……….. de 2008 pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, como Presidente, de conformidade coas competencias establecidas no art.34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril (LBRL), e Dna. Mª Josefa Crespo Amigo como Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, Junta Provincial de Pontevedra, en virtude do nomeamento acordado polo Consello Executivo da Asociación Española contra o Cancro na xuntanza celebrada en Madrid o 21 de xuño de 2002 e con CIF: G-28/197564. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de colaboración para o ano 2008 de acordo ós seguintes ANTECEDENTES A grave situación que presentan aqueles enfermos oncolóxicos en fase terminal para os que non resulta posible ou conveniente o seu internamento en hospitais, unida ós bos resultados obtidos neste senso a través da Unidade Móbil de Coidados Paliativos da Asociación Española Contra o Cancro, adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital Meixoeiro para a atención de enfermos terminais da Provincia, levan á Deputación de Pontevedra a continuar colaborando con dito Programa durante o ano 2008, acordando ámbalas dúas partes ó establecemento do presente CONVENIO coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. Colaborar coa a Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra para o mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital do Meixoeiro para a atención de enfermos de cancro en fase terminal. SEGUNDA. Ámbito de actuación. Ó ámbito de actuación será a Provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Institucións participantes. As Institución asinantes son a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e A.E.C.C. de Pontevedra que levarán a cabo de mutuo acordo o Programa da Unidade Móbil de Coidados Paliativos. CUARTA. Obrigacións das partes. A A.E.C.C. comprométese a remitir trimestralmente un informe sobre as actuacións levadas a cabo nese período de tempo e ó rematar a vixencia do convenio unha memoria que recolla todo o traballo realizado por dita Unidade e a xustificación do gasto correspondente. A Deputación realizará a supervisión xeral do Programa. QUINTA. Condicións e financiamento. A Excma. Deputación colaborará economicamente coa A.E.C.C., Xunta Provincial de Pontevedra, cunha axuda de VINTE E CATRO MIL EUROS (24.000,00 €) destinados o mantemento da citada Unidade móbil de Coidados Paliativos para enfermos terminais adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital Meixoeiro. Dita cantidade, consignada na partida 08/313.313.480.02 irase aboando conforme se vaian xustificando os gastos mediante facturas, que cumpran os requisitos legais, ata o total da axuda aprobada. Esta subvención será compatible con outras subvencións ou axudas a teor do disposto no artigo 65.3 do RLXS. SEXTA. Duración. A duración do Convenio de Colaboración establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. SÉTIMA. Causas de Resolución do Convenio. Serán causas de resolución do presente Convenio, tanto o incumprimento do seu contido por algunha das partes, como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. OITAVA. Publicidade. A Deputación conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. A Fundación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. NOVENA. Dereito Supletorio. En todo o non regulado neste Convenio axustarase ó previsto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e a Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común e demais lexislación aplicable. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación. O Presidente da Excma. Deputación A Presidenta da Asociación contra o Provincial de Pontevedra, Cancro de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Mª Josefa Crespo Amigo” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15981.- APROBACIÓN DO PROXECTO “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS, ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA EP-0019 FIGUEIRIDO-MARÍN (MARÍN) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/07/2007, polo que prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Marín, que foi subscrito entre ambas Institucións o día 10/08/2007, para a execución da obra “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, cun presuposto de 761.754,18 €. Redactado o proxecto relativo á referida obra, e emitido informe por Intervención no que se manifesta a existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto nas partidas 08/511.511-612.02, por importe de 487.522,68 €, e 08/511.511-612.02 por importe de 274.231,50 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)” cun presuposto de 761.754,18 €” e iniciar o expediente para a contratación da referida obra. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15982.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE BARREIRAS DE SEGURIDADE NA EP-8001 CARRACEDO-CATOIRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 13 de febreiro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, do subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, por un tipo máximo de licitación de 100.144,19 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, foi publicado no boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número, 33 de data 15 de febreiro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 26 de febreiro de 2008, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L.; POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A.; SINAIS ATLÁNTICOS, S.L.; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA); DÍEZ Y COMPAÑÍA, S.A.; IBÉRICA DE SINALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L. (IBERSEÑAL, S.L.) e TRAFIC-VIAL, S.L., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Servizo de Vías e Obras. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2008 formula proposta para que se lle adxudique o concurso á empresa, Barreras de Seguridad, S.L., por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe emitido polo Director de Infraestruturas, de data 25 de marzo de 2008, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 171 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de subministro. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar á empresa, BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (C.I.F.- B-32204620) , o concurso convocado para a contratación, por trámite de urxencia, do subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, polo prezo de oitenta e catro mil douscentos sesenta e dous euros con corenta céntimos (84.262,40 €), IVE incluído, e coas melloras ofertadas pola empresa. A adxudicación a favor de Barreras de Seguridad, S.L., motívase por resultar a empresa que presenta a oferta máis vantaxosa, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. O pagamento do prezo do subministro e instalación de barreiras de seguridade na estrada provincial 8001 Carracedo-Catoira, efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recepcionadas e instaladas as barreiras, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha garantía definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 3.370,50 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das garantías provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A garantía provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constitúa a garantía definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 127,66 euros, en concepto de gastos por inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15983.- ADXUDICACIÓN DA OBRA DE “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)” Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da obra de “Humanización da Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)” formulada pola mesa de contratación; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Humanización da Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)” na suma de 368.480,00 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 25.458,00 € e o 3 % o presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións cláusulas que rexeu no concurso, a cantidade de 384,29 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G.A. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15984.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 7) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número sete, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de vinte e cinco mil cincocentos noventa euros con corenta e seis céntimos (25.590,46 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15985.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 8) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número oito, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dez mil seiscentos sesenta e nove euros con noventa e sete céntimos (10.669,97 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15986.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 9) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número nove, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dezaoito mil novecentos vinte e dous euros con sesenta e nove céntimos (18.922,69 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15987.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 10) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número dez, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dezasete mil trescentos vinte e oito euros con oitenta e seis céntimos (17.328,86 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.15988.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 11) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número once, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de trinta e cinco mil douscentos sesenta e seis euros con setenta e catro céntimos (35.266,74 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.15989.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 12) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número doce, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de vinte e cinco mil cincocentos oito euros con setenta e nove céntimos (25.508,79 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911-911-762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.15990.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS EN VIRTUDE DO CONVENIO DO 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “PROXECTO E OBRA DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE CANGAS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO. (CERTIFICACIÓN Nº 13) Dada conta da solicitude de aboo da certificación número trece, do Concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 4 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dous mil novecentos cincuenta e un euros con dezasete céntimos (2.951,17 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.10.2006, para a obra denominada “Proxecto e obra da piscina cuberta municipal de Cangas”, incluída no Convenio sobre Cooperación económica para o financiamento de diversas obras. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.15991.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE ARBO DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008 NÚM.241/902 “ASFALTADO DISTINTOS CAMIÑOS DO CONCELLO”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 1/06/07 Vista a petición do concello de Arbo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº241/902 “Asfaltado distintos camiños do Concello”, incluída no PAM/2006/08, anualidade 2008 (Libre disposición), cunha subvención de 85.000,00 € para as obras nº308/1136 “Pavimentación en Churío (Sela) e Meixueiro en San Cristobal”, cunha subvención de 27.396,83 €; a nº309/1137 “Asfaltado de pistas en Pasatempo, Camiño Iglesia, Lamas en Canexa (Sela), Los Calvos (Arbo) e La Cruz (Mourentan)”, cunha subvención de 27.881,42 € e a nº310/1138 “Apertura e pavimentación en Fichua (Arbo), Teimende e Cartero (Cequeliños)”, cunha subvención de 29.721,72 €, quedando suxeitas ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº16.15189, de 1 de xuño de 2007. ------ Folla: 20.15992.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición