ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2008/05/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-05-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/05/28_Ordinaria

  • Data(s) 2008-05-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e oito de maio do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados Dona María Corina Porro Martínez e D. Severino Reguera Varela, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16084.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de maio de 2008. ------ Folla: 2.16085.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “CONTACTO COA NATUREZA, ANO 2008” (4º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 27 de febreiro de 2008, as Bases Reguladoras do Programa “Contacto coa Natureza” 2008, dirixido ós alumnos de 1º de Bacharelato dos Centros Públicos da nosa Provincia, constituíndo en pasar 5 días en hospedaxe rural, en pleno contacto coa natureza practicando deporte de aire libre, excursións, xogos de orientación, sendeirismo, etc. e á vista do informe de fiscalización emitido polo Sr. Interventor o 21/05/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do programa “Contacto coa Natureza” 2008, por un importe de 2.775,00 euros para un total de 37 alumnos/as (4º grupo), segundo o cadro que se xunta. SAÍDA COLEXIO CONCELLO ADHESIÓN Nº ALUMNOS TOTAL 30 xuño/ 4 xullo IES DE MOS MOS NON 37 2.775 TOTAL 37 2.775 ------ Folla: 3.16086.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS PARA OS “CULTIVOS BAIXO ABRIGO E Ó AIRE LIBRE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA/2008” Retírase da orde do día, pendente de mellor estudo, expediente relativo á “Aprobación das Bases de axudas para os Cultivos Baixo Abrigo e ó Aire Libre na provincia de Pontevedra”. ------ Folla: 4.16087.- APROBACIÓN DAS BASES DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN-2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases de “Premios Provinciais á Investigación-2008”, que son do seguinte teor: “CONVOCATORIA DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2008 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios Provinciais á Investigación 2008, que se rexerán polas seguintes B A S E S Primeira.- A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios: a) Un de 3.000 € para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000 € para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000 € para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 2.000 € para teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 2.000 € para teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 1.800 € para proxectos de fin de carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.800 € para teses de licenciatura (tesinas) ou proxectos de fin de carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais. As teses e proxectos presentados nos apartados d) e mais e) tiveron que ser defendidos nos anos 2006/07 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica. - Premios para xoves investigadores: a) Un de 2.000 € para traballos sobre Novas Tecnoloxías. b) Un de 2.000 € para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como xove investigador todo concursante que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos. Os citados premios financiaranse con cargo á partida 08/451.451.481.01 do vixente presuposto provincial. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor. As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 15 de novembro de 2008, especificando o premio ó que se opta. Cuarta.- Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario ou persoal laboral da Deputación de Pontevedra. Quinta.- A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: o titular da Deputación ou deputado en quen delegue. Vogais: o presidente da Comisión Informativa de Cultura. tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. un representante da UNED. un representante da Misión Biolóxica de Galicia. un representante da Real Academia Galega de Ciencias. tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: o titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia. Sexta.- O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Un exemplar de cada un dos traballos presentados quedará na Biblioteca de Inéditos desta Deputación de Pontevedra. Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. Oitava.- Os Premios Provinciais á Investigación 2008, entregaranse no marco dun acto institucional organizado pola Deputación de Pontevedra.” ------ Folla: 5.16088.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDE SALCEDA DE CASELAS 11/05/08 FESTA DA BICICLETA SALVATERRA DE MIÑO 14/06/08 FESTA DA BICICLETA PORTAS 15/06/08 FESTA DA BICICLETA TUI 21/06/08 FESTA DA BICICLETA VILABOA 22/06/08 FESTA DA BICICLETA MOS 29/06/08 FESTA DA BICICLETA MEIS 11/07/08 FESTA DA BICICLETA SANXENXO 13/07/08 FESTA DA BICICLETA CANGAS 13/07/08 MARCHA POPULAR CUNTIS 13/07/08 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ BALNEARIO 16/07/08 FESTA DA BICICLETA SOUTOMAIOR 19/07/08 FESTA DA BICICLETA CERDEDO 25/07/08 FESTA DA BICICLETA DOZÓN 26/07/08 FESTA DA BICICLETA MORAÑA 26/07/08 FESTA DA BICICLETA POIO 27/07/08 FESTA DA BICICLETA A LAMA 31/07/08 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 6.16089.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 5 DO PROXECTO MODIFICADO “E.P. 0506 CURRO - PORTELA (BARRO)” Vista a certificación núm. 5 relativa as obras do “Proxecto Modificado E.P. 0506 Curro-Portela (Barro)”, adxudicada no seu día a Empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 12 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 08/511.511-612.02.2002 08/511.511-612.02.2007 (Deputación) 294.472,43 € SUBTOTAL...................... 294.472,43 € Taxa Técnicos Directores 8.532,96 € Control de calidade 1.066,62 € Seguridade e saúde 1.066,62 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ................... 283.806,23 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedente en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obra do Estado”. A liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto non orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.16090.- APROBACIÓN DE PROXECTOS INCLUÍDOS EN PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 2008 Vistos os proxectos, redactados polo Servizo de Vías e Obras e que máis adiante se relacionan, de obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación 2008; e, vistos os informes emitidos por Intervención, nos que se pon de manifesto a existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/911.511-611.09, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ós seguintes proxectos: 1.- “Capa de rodadura e terminación E.P. 9407 Goulla-Porráns (Barro)” por importe de 130.000,00 €, IVE incluído. 2.- “Capa de rodadura e terminación E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meaño-Ribadumia)” por importe de 180.000,00 €, IVE incluído. 3.- “Capa de rodadura E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza (Cerdedo)” por importe de 200.000,00 €, IVE incluído. 4.- “Ensanche e mellora E.P. 7204 Soutelo-Ratel (Forcarei)” por importe de 180.000,00 €, IVE incluído) ------ Folla: 8.16091.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: D. ELOY FERNÁNDEZ VALDÉS MARTÍNEZ- ESTELLEZ (CIF 35.236.555- A) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de oitocentos cincuenta e oito euros con corenta céntimos (858,40€), para responder da “Asistencia técnica para a redacción do proxecto de pavillón municipal de Oia”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/08/2004 con número de operación 200400059465, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 9.16092.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO 2008 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, CIF: P-3600025-E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 166.070,44 € para gastos de funcionamento correspondentes ó primeiro e segundo trimestre do ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 166.070,44 €, como achega da Deputación ó Consorcio para o primeiro e segundo trimestre do ano 2008. 2.- Aprobar o pago de 166.070,44 € con cargo á partida 08/911.223.467.01 na que existe crédito reservado a tal fin mediante RC Nº 200800043541. ------ Folla: 10.16093.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO 2008 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, CIF: G- 36291334, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 93.224,29 € para gastos de funcionamento correspondentes ó primeiro trimestre do ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 93.224,29 €, como achega da Deputación ó Consorcio para o primeiro trimestre do ano 2008. 2.- Aprobar o pago de 93.224,29 € con cargo á partida 08/911.223.467.01 na que existe crédito reservado a tal fin mediante RC Nº 200800043068. ------ Folla: 11.16094.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16095.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE DE DESLINDE ENTRE OS TERMOS MUNICIPAIS DE CALDAS DE REIS E MORAÑA (PONTEVEDRA) QUE REMITE DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, pola que se remite expediente de deslinde entre os termos municipais de Caldas de Reis e Moraña (Pontevedra) e, Resultando que o expediente foi promovido polo Concello de Caldas de Reis. Resultando que o Director de Infraestruturas do Servizo de Vías e Obras, emite informe o día 22 de maio de 2008, no que manifesta que “...De acordo co disposto no parágrafo 3º do artigo 44 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e á vista da documentación que obra no expediente administrativo da súa razón, infórmase favorablemente a proposta de deslindamento definitivo formulada pola Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional –que establece como liña límite entre os termos municipais de Caldas de Reis e Moraña a definida pola acta de deslindamento de 1889– e proponse a adhesión a dita proposta, tendo en conta que é reiterada a xurisprudencia do Tribunal Supremo ó respecto ó sinalar que “... nos deslindamentos xurisdiccionais deben, ante todo, terse en conta os documentos que se refiran a deslindamentos anteriores practicados de conformidade entre os termos municipais interesados... ”. Considerando que o artigo 44 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece o procedemento a seguir nos casos de existencia de diverxencias entre os Concellos implicados en relación coa liña divisoria entre ambos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e remitir o acordo a Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16096.- CONVOCATORIA DUN CURSO DE ESPECIALIZACIÓN PARA O PERSOAL DE CONTROL E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” No marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas e dentro do Plan Agrupado de formación para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria do curso de Especialización para persoal de Control e Vixilancia da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, de 150 horas de duración, coa finalidade de preparar e dotar a este persoal da cualificación necesaria para poder acceder a postos de traballo de Oficial polo sistema de promoción interna. Ditas bases son do seguinte teor: “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. CONVOCATORIA CURSO “ESPECIALIZACIÓN PARA O PERSOAL DE CONTROL E VIXILANCIA” Dentro do Plan Agrupado de Formación Continua do ano 2007, a Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 16 de xaneiro de 2008, acordou aprobar a convocatoria do curso de “Especialización para o persoal de Control e Vixilancia”, que se rexerá polas seguintes: B A S E S Primeira.- Obxectivos: Capacitar o persoal de control e vixilancia da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” da Deputación de Pontevedra para desempeñar un posto de traballo de superior categoría profesional e maior responsabilidade. Segunda.- Programa: O territorio, a poboación e a organización municipal e provincial. Delitos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución. A detención: supostos. Dereitos dos detidos. Especial referencia ó habeas corpus e a asistencia letrada ó detido. O depósito de detidos. Delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual. O furto e o roubo. Formalidades da denuncia e os seus efectos. O atestado policial. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V “Das policías locais”. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estrutura, organización e actuación das policías locais. O regulamento de armas: as armas prohibidas. A tenencia ilícita de armas. Protocolo e cerimonial. Precedencia. Etiqueta e cortesía protocolaria. Actos oficiais de carácter xeral e especial. Organización de actos oficiais de carácter xeral e especial. Preparación de visitas oficiais. Entrevistas, visitas e actos, cortesía protocolaria. Visitas de autoridades. Mantemento básico e sistemas de seguridade de edificios e instalacións. Vixilancia e custodia interior de oficinas e despachos. Nocións básicas sobre máquinas reprodutoras, multicopistas, fotocopiadoras, encadernadoras e análogas. A comunicación humana: a linguaxe como medida de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Atención ó público. Os servizos de información administrativa. A notificación de actos administrativos. Dereitos dos cidadáns. A protección de datos de carácter persoal no ámbito das administracións públicas. Prevención de riscos laborais. Marco normativo. Medidas de prevención de riscos laborais. Seguridade e saúde no lugar de traballo. Protección e sinalización. Situacións de emerxencia. Terceira.- Destinatarios: Persoal funcionario de Control e Vixilancia da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” da Deputación de Pontevedra. Cuarta.- Lugar e Data das clases presenciais: Pontevedra. Do 16 de xuño ó 4 de xullo de 2008. Quinta.- Duración: O curso terá unha duración de 150 horas, sendo 50 horas presenciais e 100 na modalidade a distancia. Sexta.- Solicitudes: As persoas que desexen participar neste curso deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, anexo II, cuberto en todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Corporación provincial presentaranse a través do Rexistro Xeral deste organismo provincial ata o 10 de xuño de 2008. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en calquera outro curso este ano. Sétima.- Selección: os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios: a) Que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes no seu actual posto de traballo. b) A antigüidade. Oitava.- Modificacións: a Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. Novena.- Certificado de asistencia: Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16097.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO 2008 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: G-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 133.987,50 € para gastos de funcionamento correspondentes ó segundo trimestre do ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 133.987,50 €, como achega da Deputación ó Consorcio para o segundo trimestre do ano 2008. 2.- Aprobar o pago de 133.987,50 € con cargo á partida 08/911.223.467.01 na que existe crédito reservado a tal fin mediante RC Nº 200800028295. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16098.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE TUI NO PAM/06 PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº240/213 DENOMINADA “CONTENERIZACIÓN ENTERRADA NA RÚA ORDÓÑEZ” (certificación un/final) Dada conta da solicitude de aboo da certificación un/final do concello de Tui, á vista do informe de intervención da data 26 de maio de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de cincuenta e seis mil catrocentos sesenta e catro euros con setenta e catro céntimos (56.464,74 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito a favor do concello de Tui e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911-762.45.2006, como pago da subvención concedida ó mesmo, para a obra 240/213 denominada “Concentración enterrada na rúa Ordoñez” incluída no PAM/06. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16099.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE TUI NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº240/213 DENOMINADA “CONTENERIZACIÓN ENTERRADA NA RÚA ORDÓÑEZ (factura 07/34) Dada conta da solicitude de aboo da factura 07/34 pola realización da sondaxe arqueolóxica da obra denominada “Concentración enterrada na rúa Ordóñez”, no concello de Tui, á vista do informe de intervención da data 26 de maio de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de dous mil novecentos noventa e cinco euros con corenta e sete céntimos (2.995,47 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito a favor do concello de Tui e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911-762.45.2006, como pago da subvención concedida ó mesmo, para a obra 240/213 denominada “Concentración enterrada na rúa Ordoñez” incluída no PAM/06. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16100.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VIGO EN VIRTUDE DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE O CITADO CONCELLO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO DENOMINADO “COOPERACIÓN ECONÓMICA EN DETERMINADAS ACTUACIÓNS URBANAS A REALIZAR NA CIDADE DE VIGO” Dada conta da solicitude de aboo das xustificacións presentadas polo concello de Vigo, á vista do informe de Intervención de data 21 de maio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga dun millón trescentos noventa e tres mil novecentos trinta e nove euros con trinta e oito céntimos (1.393.939,38 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do concello de Vigo e declarar o aboo dita cantidade ó citado concello con cargo ó estado de gastos do vixente presuposto provincial e aplicación ás partidas que a continuación se detallan, como pago da subvención concedida en virtude do Convenio de Colaboración subscrito entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para o financiamento do investimento denominado “Cooperación económica en determinadas actuacións urbanas a realizar na cidade de Vigo”. ANUALIDADE PARTIDA EUROS 2006 08/911.911.762.12.2006 606.060,60 € 2007 08/911.911.762.12.2007 424.242,42 € 2008 08/911.911.762.12 363.636,36 € TOTAL 1.393.939,38 € - Recoñecer as obrigas de trescentos tres mil euros con trinta céntimos (303.030,30 €) e once mil douscentos vinte e un euros con setenta e un céntimos (11.221,71 €), respectivamente, a favor do concello de Vigo como pago da subvención concedida en virtude do convenio de colaboración subscrito entre o citado concello e a Deputación de Pontevedra para o financiamento do investimento denominado “Cooperación económica en determinadas actuación urbanas a realizar na cidade de Vigo” como ampliación ás partidas que a continuación se detallan quedando o aboo das mencionadas cantidades condicionadas á aprobación dos presupostos provinciais para os anos 2009 e 2010. ANUALIDADE PARTIDA EUROS 2009 09/911.911.762.12. 303.030,30 € 2010 10/911.911.762.12. 11.221,71 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.16101.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 28 de maio de 2008, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas que figuran coa referencia 2008/00000616 e que conten vinte e tres facturas, sendo a primeira de Arrobabc Sports, S.L. por importe de 3.670,67 € e a derradeira de Torrado Oliva, S.L. por importe de 2.127,44 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 69.964,43 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 69.964,43 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.16102.- APROBACIÓN DO PROXECTO COMPLEMENTARIO DA OBRA “DOTACIÓN DE PLUVIAIS, ALUMEADO E BEIRARRÚAS NA E.P. 9802 DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) A Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 23 de setembro de 2005 acordou adxudicar a obra “Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas na E.P. 9802 As Aceñas (Illa de Arousa)” a empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., na suma de 502.786,96, IVE añadido, ofertando un prazo de execución de dous meses e diversas melloras que figuran na oferta. O Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras D. Alfredo Montero Vaz, redacta un proxecto complementario debido ó estado non apto do colector de saneamento existente nos tramos edificables do marxe esquerdo da E.P. 9802 así como as condicións do terreo. Estas variacións supoñen un aumento do presuposto adicional líquido de 100.557,99 euros. Visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 08/511.511.612.02. Considerando que a iniciación do expediente tivo lugar antes da entrada en vigor da Lei 30/2007 do 30 de outubro LCSP, e que a disposición transitoria 1ª desta Lei establece que nestes expedientes rexerá a R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño. Polo exposto, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 08/511.511.612.02 e de conformidade co artigo 146.3 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto complementario da obra “Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas na E.P. 9802 das Aceñas (Illa de Arousa)”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.16103.- RECTIFICACIÓN DUN ERRO NO TEXTO DO ACORDO Nº 9.16030 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 7 de maio de 2008, no que se acordou aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Faro de Vigo, S.A.U. para o desenvolvemento de diversas actividades culturais na provincia de Pontevedra, observase un erro na cláusula sétima referente a súa vixencia. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o erro no texto do acordo nº 9.16030 no senso que se establece de seguido: - onde di: “Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009.” - debe dicir: “Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura terá vixencia ata o 31 de xuño de 2009.” Permanecerá invariable o resto do texto da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: 21.16104.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Carlos Cuadrado Romay ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición