Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-07-02_Ordinaria. Acta de sesión 2008/07/02_Ordinaria
Acta de sesión 2008/07/02_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-07-02_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/07/02_Ordinaria
Data(s) 2008-07-02 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día dous de xullo do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Vicesecretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16214.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: DAGO, S.A. (CIF A- 36.007.847) A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil setecentos vinte e catro euros con sesenta e tres céntimos (1.724,63€), para responder das obras de “Modificado EP 7204 Soutelo- Ratel (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/01/2007 con número de operación 200700002691, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESYCSA, EQUIPOS DE SEÑALIZACIÓN Y CONTROL, S.A. (CIF A- 15.032.725) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dous mil cento cincuenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (2.152,45 €), para responder da obra de “Sinalización semafórica de Avda. do Salnés, cruces 1 e 4 (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/04/2006 con número de operación 200600036293, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELSAMEX, S.A. (CIF A- 28.504.728) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil oitocentos sesenta euros (1.860,00 €), para responder da obra “Muros de contención e muro en Casa do Conde en EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/12/2006 con número de operación 200600105412, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (CIF B- 15.630.098) A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de dous mil trescentos tres euros con oitenta e seis céntimos (2.303,86 €), para responder da obra “Remate e acondicionamento exterior do pavillón municipal de Sisán (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/05/2004 con número de operación 200400036422, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de seis mil catrocentos dezaoito euros con oitenta e dous céntimos (6.418,82 €), para responder da obra “Beirarrúas e alumeado en San Bieito (Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2003 con número de operación 200300027989, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de trinta e cinco mil setecentos setenta e tres euros con vinte e sete céntimos (35.773,27 €), para responder da obra “Terminación EP 9214 Samieira- Busto (Sanxenxo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/12/2003 con número de operación 200300093123, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil trescentos oitenta euros (2.380,00 €), para responder da obra “Pavimentación capa de rodamento Avda. Camelias (Tramo comprendido entre Praza Independencia e Praza América (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/05/2005 con número de operación 200500049654, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL ATLÁNTICO, por importe de oitenta e cinco mil trescentos cincuenta e sete euros con vinte céntimos (85.357,20 €), para responder da obra “Urbanización e pavimentación tramo Mosteiro-Mourelle da EP Calvario-La Garrida”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/01/2005 con número de operación 200500002485, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de catro mil oitocentos setenta euros con tres céntimos (4.870,03 €), para responder das obras “EP 3202 Oia-Portela-Torroña (Oia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/10/2001 con número de operación 200100053216, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CALDEVERGAZO, S.L. (CIF B- 36.133.916) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil catrocentos trinta e seis euros (1.436,00 €), para responder das obras “Ampliación plataforma e construción de muros na EP Calvario-La Garrida- Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/03/2006 con número de operación 200300019260, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PÉREZ PORTELA, S.L. (CIF B- 36.239.861) A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de mil cincocentos vinte e seis euros con oitenta céntimos (1.526,80 €), para responder das obras “Reposición de servizos e urbanización da EP acceso a Arealonga- Redondela”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/01/2007 con número de operación 200700004463, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.- OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISÁN, S.L. (CIF G- 36.467.439) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de trece mil cento vinte e seis euros con dez céntimos (13.126,10 €), para responder da obra “Campo de fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/06/2004 con número de operación 200400041538, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A.- SEIXO, S.L. (CIF G- 36.430.940) A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de quince mil novecentos cincuenta e sete euros con catorce céntimos (15.957,14 €), para responder da obra “Obras de EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/03/2003 con número de operación 200300012222, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A.- SEIXO, S.L. (CIF G- 36.430.940) A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de sete mil novecentos setenta e oito euros con corenta e tres céntimos (7.978,43 €), para responder da obra “Obras de proxecto modificado núm. 1 de EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/08/2006 con número de operación 200600066440, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A.- SEIXO, S.L. (CIF G- 36.430.940) A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de vinte e tres mil novecentos trinta e cinco euros con setenta e un céntimos (23.935,71 €), para responder da obra “EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/03/2003 con número de operación 200300012221, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y CONSTRUCCIONES SEIXO, S.L. (CIF B- 36.290.963) A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dous mil trescentos noventa e catro euros con corenta céntimos (2.394,40 €), para responder da obra “Gabias e obras de fábrica en ponte de Ribadumia (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/12/2004 con número de operación 200400107791, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de cento cinco mil oitocentos noventa e catro euros (105.894,00 €), para responder da obra “Ensanche e mellora EP 9302 Xil-Covas (Meaño-Deputación)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/01/2007 con número de operación 200700002482, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder das obras “Acondicionamento acceso a Herville en Zamáns-Vigo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2006 con número de operación 200600058403, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dezaoito mil catrocentos euros con catro céntimos (18.400,04 €), para responder das obras “Humanización do entorno da área panorámica de Tui”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/10/2006 con número de operación 200600085688, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de cinco mil douscentos oitenta e oito euros con noventa e un céntimos (5.288,91 €), para responder da obra “EP 6306 Agolada-Cruces (Agolada-Cruces)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/09/2001 con número de operación 200100050173, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ARTES GRÁFICAS RODOPRINT, S.L. (CIF B- 36.336.493) A constituída en metálico, por importe de setecentos noventa euros con corenta céntimos (790,40 €), para responder do “Contrato de edición de 800 exemplares das catro obras musicais obrigatorias do VII Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/12/2007 con número de operación 200700106873, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DOCUMENTACIÓN E IMAGEN DEL NOROESTE, S.L. (CIF B- 36.399.087) A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de novecentos vinte e oito euros (928,00 €), para responder do “Contrato de subministro dunha fotocopiadora para a unidade de Conserxería”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/01/2007 con número de operación 200700002894, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONCEPCIÓN MARCOS RAMOS (CIF 35.464.667-R) A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e oito euros con oitenta e dous céntimos (1.198,82 €), para responder do “Contrato para organización dun encontro de internautas ou Lan Party”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/02/2008 con número de operación 200800012239, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CESPA, S.A. (CIF A- 82.741.067) A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cincocentos noventa e seis euros con catorce céntimos (596,14 €), para responder do “Contrato para responder do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva de papel, vidro e bolsa amarela nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe ano 2007”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/04/2007 con número de operación 200700029643, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CIENTISOL, S.L. (CIENYTECH) (CIF B-15.569.605) A constituída en metálico, por importe de dous mil trescentos vinte euros con corenta céntimos (2.320,40 €), para responder do “Contrato de subministro de diversos tipos de reactivos para a Finca Mouriscade, Lote 1”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/05/2007 con número de operación 200700040633, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ROSENBAUER ESPAÑOLA, S.A. (CIF A-28.859.833) A constituída en valores, mediante aval del SANTANDER C. HISPANO, por importe de catro mil setecentos noventa e tres euros con doce céntimos (4.793,12 €), para responder do contrato de “Subministro dunha autobomba para a loita contra incendios e salvamento”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/11/2004 con número de operación 200400084272, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 2.16215.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 8 DA OBRA “REFORMA E AMPLIACIÓN DO AUDITORIO DO ROSAL (O ROSAL) Vista a certificación núm. 8 relativa á obra da “Reforma e ampliación do Auditorio do Rosal (O Rosal)”, adxudicada no seu día a Empresa MOVEX VIAL, S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 19 de xuño e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: MOVEX VIAL, S.L. 08/911.911-662.09.2007 454.335,22 € (CIF. B-36.684.157) 08/911.911-662.09 (Deputación) SUBTOTAL ………. 454.335.22 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 13.165,32 € Control de calidade (4% PEM) 13.165,32 € Seguridade e saúde (0,5 % PEM) 1.645,67 € TOTAL DESCONTOS (Certf. 8) 27.976,31 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 426.358,91 € As retencións practicadas nas certificacións anteriores polo control de calidade da obra non foron as ofertadas no seu día pola empresa adxudicataria. O Servizo de Intervención constata que as retencións efectuadas nas certificacións 1 a 6 da obra ascenden a 2.895,12 € cando deberían ser de 12.532,86 €, e polo tanto procede regularizar esta situación descontando 9.637,74 € da presente certificación. Respecto á liquidación dos honorarios que se formulase pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto se trata da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 3.16216- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 16 DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm. 16 relativa á obra do “Campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 19 de xuño de 2008, e así mesmo de acordo coa Base 17ª de execución do presuposto provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. 08/451.452-662.02.2007 1.557.378,33 € (CIF. A-36.614.691) (Deputación) SUBTOTAL ……… 1.557.378.33 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 45.128,32 € Control de calidade (2% PEM) 22.564,16 € Seguridade e saúde (0,72% PEM) 8.123,10 € TOTAL DESCONTOS (Certf. 14) 75.815,58 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 1.481.562,75 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto se trata da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 4.16217.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS “NOVOS VALORES-2008” A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado seleccionador do Certame Novos Valores-2008 despois da reunión mantida o pasado día 24 de xuño e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DA EXPOSICIÓN NOVOS VALORES-2008 PARA A PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DE SEIS PREMIOS Reunido o Xurado Seleccionador da “Exposición Novos Valores-2008”, no Edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra o día 24 de xuño de 2008, ás 17:00h e composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura. Vogais: D. Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, D. Ignacio Barcía Rodríguez, decano da Facultade de Belas Artes; D. Manuel Rodríguez Moldes, en representación da Real Academia Galega de Belas Artes, D. Javier Pérez Buján, director da Fundación Laxeiro, Dª María Ronda Bautista López , premiada máis xove na edición “novos valores-2007”, Dª Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, Secretario; D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os seis premios por importe de seis mil euros (6.000,00€) cada un, previsto na base décima da convocatoria, de entre as obras seleccionadas os días 29 e 30 de maio pasados. Despois dun detallado estudo e deliberación das obras seleccionadas, o xurado acordou por unanimidade conceder e premiar as seguintes obras: MODALIDADE ESCULTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Juan Francisco Varela Martínez Tótem MODALIDADE DEBUXO AUTOR TÍTULO DA OBRA Tamara Feijoo Cid Gabinete de Curiosidades MODALIDADE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA José María Fernández Cárcamo S/T MODALIDADE AUDIOVISUAIS AUTOR TÍTULO DA OBRA María Vanesa Castro López Los Lolos Mega Mix MODALIDADE FOTOGRAFÍA AUTOR TÍTULO DA OBRA Sonia Tourón Estévez Acción como cuadro conceptual PREMIO JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ DE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Eduardo Manuel Outeiro Ferreño Los Jardines E non habendo máis asuntos que tratar e sendo as vinte horas e quince minutos do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe.” Ditos premios achegáranse con cargo á partida 08/451.451.481.01 do Presuposto provincial. ------ Folla: 5.16218.- CONVOCATORIA URXENTE PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN NO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Vista a proposta de data 14 de maio de 2008, presentada polo Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, na que solicita a convocatoria urxente de dúas bolsas de Licenciado/a Universitario/a en Historia, para a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos arquivos municipais da provincia, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas bolsas de Licenciado/a Universitario/a en Historia, para a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos arquivos municipais da provincia. O custo destas bolsas para o exercicio 2008 (previsión de inicio 01/09/2008), ascende a un total de 8.000,00 €, que se imputarán á partida orzamentaria 08/454-451-481.01. Ditas bases son do seguinte teor: BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADO/A UNIVERSITARIO/A EN HISTORIA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que lle confire o artigo 35.2.b) da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca dúas Bolsas de Licenciados/as Universitarios/as en Historia, consonte as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión, de dúas bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos arquivos municipais da provincia, e está destinada a Licenciados/asUniversitarios/as Historia. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes por beneficiario/a, que se imputará á partida 08/454-451-481.01 do presuposto provincial. O pagamento das bolsas ós/ás beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación do/a bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o/a bolseiro/a inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o/a solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do/a solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: -. Un Deputado provincial. -. O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. -. Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección dos/as bolseiros/as efectuarase mediante o sistema de Entrevista Persoal. A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela o Tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño das bolsas, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os/as aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, o Tribunal publicará no Taboleiro de Anuncios o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós/ás aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os/as adxudicatarios/as comezaron o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogados por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os/as beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer a labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro/a ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os/as candidatos/as poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Excma. Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma o non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS .- A convocatoria das bolsas e a selección do/a bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. ------ Folla: 6.16219.- ADXUDICACIÓN DE BOLSAS DE LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado/a Universitario/a, destinada a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes ou Licenciados/as en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fruticultura e Ornamentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e dúas Bolsas para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía, destinada a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Licenciados/as en Ciencias Biolóxicas ou Licenciados/as en Químicas, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 25 de abril de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas bolsas ós/ás aspirantes que obtiveron maior puntuación, de acordo co Baremo recollido na Cláusula Sexta da Convocatoria, e que se relacionan a continuación: • SECCIÓN DE FITOPATOLOXÍA: 1º.- DONA VANESA REDONDO FERNÁNDEZ …… 6,49 puntos. 2º.- D. JAVIER GAGO GARCÍA ………………….… 5,44 puntos. • SECCIÓN FRUTICULTURA E ORNAMENTAIS: 1º.- D. JOSÉ LUIS COUSELO BANDÍN ……………… 9,11 puntos. A dotación económica para cada unha das Bolsas propostas é de 1.000,00€/mes, con efectos 16 de xullo de 2008 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. A cantidade total ascende a 12.000,00 €, para o exercicio económico 2008, que se imputarán á partida 08/714.714.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e goce de estas Bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro/a ó citado Organismo. ------ Folla: 7.16220.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16221.- INTEGRACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ÓS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DA PROVINCIA (GDR) O programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 (PDR) elaborado pola nosa Comunidade Autónoma, foi aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión C (2008) 703, de 15 de febreiro. Os grupos de desenvolvemento rural (GDR), asociacións constituídas polos axentes públicos e privados dos diversos concellos que integran o ámbito de actuación dos mesmos son os responsables da elaboración e execución do programa de desenvolvemento rural, sendo pois, entidades colaboradoras na xestión do programa Leader. Actualmente definíronse 31 GDR ou áreas de actuación Leader para o período 2007-2013 e en relación con Pontevedra estes son: GDR-17: Arbo, Cañiza (A), Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas. GDR-18: Guarda (A), Oia, Rosal (O), Tomiño, Tui, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño (O), Redondela, Soutomaior, Vigo, Fornelos de Montes. GDR-19: Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Lama (A), Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa. GDR-20: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga, Cerdedo, Estrada (A), Forcarei. GDR-21: Cambados, Grove (O), Illa de Arousa (A), Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa. GDR-22: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces. Con fundamento no exposto e visto o proxecto de Estatutos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a integración desta Deputación, como sector público, ós seis GDR da provincia de Pontevedra e designar un representante en cada unha delas, sendo dita designación do seguinte teor: GDR 17.- D. Julio Alén Montes GDR 18.- D. Carlos Silva Mariño GDR 19.- D. José Enrique Sotelo Villar GDR 20.- D. José Silvestre Balseiros Guinarte GDR 21.- D. José Juan Durán Hermida GDR 22.- D. Xosé Crespo Iglesias ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16222.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “SINALIZACIÓN EP 8001 CALDAS- CARRACEDO- CATOIRA (CALDAS DE REIS- CATOIRA) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de xuño de 2008, prestouse aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Sinalización EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira)”, por un importe total de 207.001,29 euros, IVE incluído. Resultando que no citado acordo se establecía convidar a tres empresas para a presentación de ofertas, remitíndose dita invitación a BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L., COPUGA, S.L. e CONSATEL TUI, S.L., presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que ó non estar prevista nos pregos a constitución da Mesa de Contratación solicitouse ó Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas a elaboración dun informe valorando as ofertas presentadas polas empresas convidadas. Resultando que o Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas en informe de data 30 de xuño de 2008, unha vez valoradas as ofertas, cualifica como oferta economicamente máis vantaxosa a formulada pola empresa BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (CIF B-32204620) a obra “Sinalización EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, na cantidade de 167.563,97 €, máis 26.810,24 correspondente ó IVE, e que oferta un prazo de execución de catro meses. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 8.378,20 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16223.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “VARANDA, RECUPERACIÓN DE FIRME E CAPA DE RODAXE EN EP 9702 AS SINAS-VILANOVA (VILANOVA DE AROUSA) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18 de xuño de 2008, prestouse aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Varanda, recuperación de firme e capa de rodaxe en EP 9702 As Sinas-Vilanova (Vilanova de Arousa)”, por un importe total de 182.724,27euros, IVE incluído. Resultando que no citado acordo establecíase convidar a tres empresas para a presentación de ofertas, remitíndose dita invitación a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L., CONSTRUCIÓNS FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. e SERCOYSA PROXECTOS E OBRAS, S.A., presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que ó non estar prevista nos pregos a constitución da Mesa de Contratación solicitouse ó Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas a elaboración dun informe valorando as ofertas presentadas polas empresas convidadas. Resultando que o Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas en informe de data 30 de xuño de 2008, unha vez valoradas as ofertas, cualifica como oferta economicamente máis vantaxosa a formulada pola empresa PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B-36239945) a obra “Varanda, recuperación de firme e capa de rodaxe en EP 9702 As Sinas-Vilanova (Vilanova de Arousa)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, na cantidade de 152.522,92 €, máis 24.403,67 correspondente ó IVE, e que oferta un prazo de execución dun mes. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 7.626,15 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16224.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DA PRAZA DA INDEPENDENCIA (VIGO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 03/11/2006, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Pavimentación da Praza da Independencia (Vigo)” na suma de 144.402,40€. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 04/06/2008, polo que se aprobou o proxecto modificado por importe de 173.203,24 €, que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 28.800,84 €, e que foi redactado como consecuencia de que efectuada a comprobación do replanteo da obra constatouse, unha vez realizado un exhaustivo recoñecemento do entorno e un estudo das concas drenantes na praza, que para garantir o correcto funcionamento da drenaxe superficial a solución máis efectiva sería empregar un morteiro drenante a base de áridos e resinas sintéticas, que permita manter a drenaxe orixinal da praza, a través do material filtrante que se atopa entre as xuntas do adoquín. Visto o escrito da adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos do proxecto modificado. Visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral sobre o procedemento a utilizar para a adxudicación da obra. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.3 do TRLCAP, a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado de “Pavimentación da Praza da Independencia (Vigo)”, na suma de 28.800,84 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 08/911.911-662.00 (documento RC 200800051519). O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16225.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO COMPLEMENTARIO DE “ACONDICIONAMENTO DA TRAVESÍA AS EP 0005 E 0003 NAS RÚAS DE CAMPO SANTO E PINTOR LAXEIRO (PONTEVEDRA) Visto o convenio de colaboración subscrito, o día 13/05/2004, entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para a execución das obras de “Acondicionamento da Travesía ás EP 0005 e 0003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro” e “Acondicionamento dá travesía á EP 0007 rúas de Santa Margarida e da Pomba”, que foi aprobado pola Xunta de Goberno de 07/11/2003 e modificado pola de 26/03/2004, establecéndose na súa cláusula 6ª que “de producirse algún reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial das obras asumiranse os maiores custos ó 50 % o Concello e a Deputación. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 16/07/2004, polo que se adxudicou a CONSTRUCIONES CRESPO, S.A. a obra de “Acondicionamento da Travesía ás EP 0005 e 0003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro” na suma de 536.598,00 €. Visto o proxecto complementario ó de “Acondicionamento da Travesía ás EP 0005 e 0003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro”, redactado pola Oficina Técnica Municipal do Concello de Pontevedra e supervisado polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, cuxo importe ascende á suma de 65.598,40 €, e que ten por obxecto a supresión das liñas aéreas de telefonía substituíndoas por conducións subterráneas, así como a mellora das beirarrúas adxacentes ó Cemiterio de San Amaro, e que foi aprobado pola Xunta de Goberno de 11/06/2008. Visto o escrito da adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ás medicións e presuposto do proxecto complementario. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral sobre o procedemento proposto para a adxudicación da obra relativa ó proxecto complementario. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto por importe de 65.598,40 €. 2.- Adxudicar a CONSTRUCIONES CRESPO, S.A. a obra comprendida no proxecto complementario de “Acondicionamento travesía ás EP 0005 e 0003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro”, na suma de 65.598,40 €, IVE incluído, de acordo co establecido no art. 141.d) do R.d.l. 2/2000,de 16 de xuño, polo que se presta aprobación ó TRLCAP, dado que o proxecto complementario non supera o 20 % do prezo primitivo do contrato, que está composto na súa totalidade por unidades de obra do proxecto inicial e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra principal. A obra finánciase con cargo á partida 08/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial, debendo ingresar o Concello de Pontevedra a suma de 32.799,20 €, de acordo coa cláusula 6ª do referido convenio que establece que “de producirse algún reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial das obras asumiranse os maiores custos ó 50 % o Concello e a Deputación. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co establecido no TRLCAP toda vez que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16226.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE “URBANIZACIÓN SUBIDA A BAHÍÑA (BAIONA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 03/07/2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. a obra de “Urbanización subida a Bahíña (Baiona)” na suma de 816.399,15 €. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 14/05/2008, polo que se aprobou o proxecto modificado de dita obra por importe 979.677,42 €, que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 163.278,27 €, e que foi redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia da introdución dunha serie de modificacións, que afectan principalmente ó capítulo de demolicións e movementos de terras, así como ó de reposicións. Visto o escrito da adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ó proxecto modificado. Visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral sobre o procedemento a utilizar para a adxudicación da obra. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.3 do TRLCAP, a CONSTRUCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado de “Urbanización subida a Bahíña (Baiona)”, na suma de 163.278,27 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 08/511.511-612.02 (documento RC 200800040106). O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16227.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA “CONEXIÓN SANEAMENTO EP PORTELA- ERMELO (BUEU) Visto o escrito remitido a contratación, con data 19 de maio de 2008, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de “Conexión de saneamento EP 1306 Portela-Ermelo (Bueu)”, estimándose o custo máximo en 128.577,68 €, IVE incluído, que ten por obxecto a escavación e apertura dunha gabia para a colocación dun cano de PVC para a conexión da rede xeral de sumidoiro, e así permitir o saneamento desta zona. A Xunta de Goberno, en sesión de 11 de xuño de 2008, acordou aprobar o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC con número de operación 200800044546 polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerá no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, e que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do R.d.l. 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155. d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª.2, en onde figura que a autorización destes gastos é competencia da Presidencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da execución da obra “Conexión de saneamento EP 1306 Portela-Ermelo (Bueu)” por un importe de cento dez mil oitocentos corenta e dous euros con oitenta e tres céntimos (110.842,83 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de dezasete mil setecentos trinta e catro euros con oitenta e cinco céntimos (17.734,85 €). 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 128.577,68 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. 4. Convidaranse a participar neste procedemento a tres empresas que operen no ramo obxecto desta contratación, daráselle traslado desta resolución, acompañada dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, para que poidan presentar, no caso de estar interesados, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “CONEXIÓN SANEAMENTO EP 1306 PORTELA – ERMELO (BUEU)” 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Conexión saneamento EP 1306 Portela – Ermelo (Bueu)”. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de cento dez mil oitocentos corenta e dous euros con oitenta e tres céntimos (110.842,83 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de dezasete mil setecentos trinta e catro euros con oitenta e cinco céntimos (17.734,85 €). O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de SEIS MESES, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. En caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que conleva a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedaran clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contados dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratación@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “CONEXIÓN SANEAMENTO EP 1306 PORTELA – ERMELO (BUEU)” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvedade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano de contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresada con dous decimais e será aplicada sobre o presuposto de execución material da obra. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante da Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Os que acrediten a clasificación da empresa, se é o caso, ou xustifiquen os requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. Se a empresa se atopase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. Documentación acreditativa da solvencia técnica: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se xuntará a documentación acreditativa pertinente. 5.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores se realice mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- - Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato. - Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado
Ãrea de notas
Nota