ATOPO
Registros actuales: 1.625.388
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2008/08/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-08-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/08/06_Ordinaria

  • Data(s) 2008-08-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día seis de agosto do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16303.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de xullo de 2008. ------ Folla: 2.16304.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “MELLORA DO TRAZADO E PAVIMENTACIÓN E.P. 5106 COVELO- BARCIADEMERA (COVELO)” A Deputación de Pontevedra pretende mellorar o trazado e a pavimentación da E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo), procedendo posteriormente ó seu acondicionamento e sinalización horizontal, cuxo presuposto ascende á cantidade de 191.397,76 euros. Visto o informe favorable do proxecto emitido por intervención que acredita a existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto. Considerando o disposto na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto da obra “Mellora de trazado e pavimentación E.P. 5106 Covelo – Barciademera (Covelo)”, por importe de cento sesenta e catro mil novecentos noventa e oito euros con sete céntimos (164.998,07 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de vinte e seis mil trescentos noventa e nove euros con sesenta e nove céntimos (26.399,69 €). Así mesmo, tamén se acorda iniciar o pertinente expediente para proceder á súa contratación. ------ Folla: 3.16305.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión de data 27 de maio de 2005, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, á empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763), polo prezo anual ofertado de 108.000,00 euros, a razón de 9.000,00 euros/mes, con efectos dende o día 1 de xuño de 2005, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso das partes. Resultando que na cláusula segunda do contrato formalizado con data 20 de xullo de 2005, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista e que a primeira actualización terá lugar unha vez transcorra o primeiro ano de contrato e con efectos a partir de dita data. Resultando que de acordo coa citada cláusula, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 11 de agosto de 2006 accedeu á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC), ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2006 ó 31 de maio de 2007, ambos incluídos, á cantidade de 112.320,00 €, a razón de 9.360,00 euros/mes. Resultando que unha vez finalizada a duración inicial do contrato, a “Xunta de Goberno” na sesión do día 15 de xuño de 2007, acordou prorrogar por dous anos a duración do mesmo, con efectos dende o día 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2009, ambos incluídos. Resultando que a “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 19 de setembro de 2007 accedeu de nova á revisión de prezos do contrato, co incremento do 2,3% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2008, ambos incluídos, á cantidade de 114.903,36 €, a razón de 9.575,28 euros/mes. Resultando que a empresa CLARO SOL, S.A., mediante escrito de data 17 de xuño de 2008, solicita unha nova actualización do prezo do contrato que lle foi adxudicado para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial nun 4,6 % de acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC), correspondente ó período de maio de 2007 a maio de 2008. Resultando que o custo do contrato para o período do 1 de xuño de 2008 ó 31 de maio de 2009, coa revisión de prezos ó 4,6%, supón un incremento de 5.285,52 euros, quedando o prezo anual do mesmo cifrado en 120.188,88 euros, a razón de 10.015,74 euros mensuais. Considerando que a adxudicación do contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, efectuouse de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, vixente ata a entrada da nova Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Considerando que na disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, figura que os contratos administrativos adxudicados con anterioridade á entrada en vigor desta Lei rexeranse, no que fai ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas, pola normativa anterior e visto o informe emitido con data 29 de xullo de 2008, polo Servizo de Intervención, en relación a esta nova solicitude de revisión de prezos efectuada pola empresa Claro Sol, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Acceder á nova revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 4,6% sobre o prezo do mesmo, en concepto de variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xuño de 2008 ó 31 de maio de 2009, ambos incluídos, á cantidade de cento vinte mil cento oitenta e oito euros con oitenta e oito céntimos (120.188,88 €), a razón de 10.015,74 euros/mes, de acordo ó seguinte detalle: -Prezo actual do contrato (Importe anual).................................. 114.903,36 € -Importe anual do incremento do contrato nun 4,6 %.................... 5.285,52 € -Prezo anual revisado................................................................ 120.188,88 € -Prezo mensual revisado............................................................. 10.015,74 € O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 5.285,52 euros, correspondendo 3.083,22 euros ó período do 1 de xuño a 31 de decembro de 2008, cantidade que será librada con cargo á vinculación xurídica da partida 08/121.121.227.00 do vixente Presuposto Provincial (Rc número de operación 200800065123). Con respecto á cantidade que corresponde aboar pola anualidade de 2009 (meses de xaneiro a maio), por importe de 2.202,30 €, contabilizarase con cargo ó presuposto do devandito exercicio. A empresa Claro Sol, S.A. deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 211,42 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: 4.16306.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 22 DO PROXECTO MODIFICADO Nº 2 DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA” Vista a certificación núm. 22 relativa ás obras do “Proxecto modificado Nº 2 de infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética de acordo co proxecto técnico”, adxudicada no seu día á Empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 de xullo de 2008 así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2008, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A.36.008.886) 08/123.452-662.08.2007 08/123-452-662.08 (Deputación) 747.306,08 € SUBTOTAL ...………. 747.306.08 € Taxa Técnicos Directores (4%) 21.654,77 € Control de calidade (0.5%) 2.706,85 € Seguridade e Saúde (0.5%) 2.706,85 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ............... 720.237,61 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 5.16307.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (CIF B- 36.147.429) A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de mil setecentos oitenta e seis euros con noventa e sete céntimos (1.786,97 €), para responder da obra “E.P. 1203 Campo- Pardavila (Marín)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/09/2003 con número de operación 200300065115, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil trescentos noventa e un euros con oitenta céntimos (2.391,80 €), para responder das “Obras de fábrica E.P. 6101 Vidueiros- Amedo (Dozón)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2007 con número de operación 200700003265, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos noventa e un euros con corenta e catro céntimos (2.391,44 €), para responder da obra “Saneamento E.P. 6103 Santo Domingo- Sanguiñedo (Dozón)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2007 con número de operación 200700003266, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dez mil novecentos oitenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos (10.988,59 €), para responder das obras “Abastecemento, saneamento e pavimentación Avda. Peirao Besada en Lourido- San Salvador (Poio)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/10/2005 con número de operación 200500093538, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GERAL, por importe de dous mil cento noventa e seis euros con oitenta céntimos (2.196,80 €), para responder das obras “Proxecto modificado de abastecemento, saneamento e pavimentación Avda. Peirao Besada en Lourido- San Salvador (Poio)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2007 con número de operación 200700043323, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil novecentos oitenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (2.987,63 €), para responder das obras “Capa de rodamento E.P. 8403 Cuntis- Alto da Cruz, tramo E.P. 8404 Piñeiro- Arcos; C.N. Chapa- Carril (Cuntis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/04/2007 con número de operación 200700031318, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.16308.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, RELATIVA A ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTO DE FUNCIONAMENTO DO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO 2008 E PARA AFRONTAR O AUMENTO NO ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO ORIXINADO POLOS INCREMENTOS SALARIAIS DO PERSOAL, TRAS A ENTRADA EN VIGOR DA LEI 5/2007 DE 7 DE MAIO, DE EMERXENCIAS DE GALICIA Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña, CIF: P-3600027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 65.793,23 €, para gasto de funcionamento correspondentes ó segundo trimestre do ano 2008 e para afrontar o aumento no presuposto do citado Consorcio orixinado polos incrementos salariais do persoal tras a entrada en vigor da Lei 5/2007, de 3 de maio, de Emerxencias de Galicia, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 65.793,23 € como achega da Deputación ó Consorcio para o segundo trimestre do ano 2008. 2.- Dispoñer do gasto e recoñecer a obriga de 65.793,23 € con cargo á partida 08/911.223.467.01 na que existe crédito reservado a tal fin mediante RC nº 200800023990. ------ Folla: 7.16309.- AUTORIZACIÓN PARA EXECUTAR POR ADMINISTRACIÓN E APROBACIÓN DO NOVO ORZAMENTO DA OBRA MÚM. 155/624 “ACCESO A S.BERNABÉ, O VAL, O RÍO E O CAMPO”, DO CONCELLO DE CERDEDO, INCLUÍDA NO PAM/2006/08, ANUALIDADE 2008. Vista a petición do concello de Cerdedo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar a execución por administración e a modificación do presuposto polo mesmo importe que o anterior, da obra nº 155/624: “Acceso a S. Bernabé, O Val, O Río e o Campo”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, aprobada na Xunta de Goberno de 7 de abril de 2006, acordo nº 17.13887, dado que polo art. 24 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, se establece esta posibilidade. ------ Folla: 8.16310.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JUAN BENITO GONZÁLEZ MÁRQUEZ POR DANOS SUFRIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO VIAL QUE DISCORRE ENTRE LA ESCOLA DE TELECOMUNICACIÓNS E O EDIFICIO CACTI, DO CAMPUS UNIVERSITARIO DE VIGO, EN MARCONSENDE-LAGOAS, S/N (VIGO). Dada conta que con data de rexistro 14 de xuño de 2008 (rex. nº 023658) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. JUAN BENITO GONZALEZ MARQUEZ, con enderezo de notificacións en Avda. Florida, nº 32 – 1ª L (Vigo) por danos padecidos en vehículo matrícula 1419-FHX no vial que discorre entre la Escuela de Telecomunicaciones y el edificio del CACTI, del Campus Universitario de Vigo, en Marcosende- Lagoas, s/n (Vigo) e que cuantifica economicamente en 979,09 €. Resultando.- Que con data 21/07/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 28/07/2008 co seguinte contido: “... Pongo en su conocimiento que dicho vial “no es de titularidad provincial”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.16311.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16312.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 29 de xullo de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependentes desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran coa referencia 200800000882 e que conten seis facturas, sendo a primeira de Masalmasport., por importe de 5.167,80 € e a derradeira de Roberto Ledo Garrido, por importe de 3.030,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total ....................................... 37.378,04 € Descontos do IPRF ............................. 450,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido ........................................ 36.928,04 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16313.- INFORME EN RELACIÓN SOBRE DECISIÓN DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DAS MARXES DO RÍO UMIA E SENDA FLUVIAL EN RIBADUMIA (PONTEVEDRA), REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de data 23 de xuño de 2008, recibida nesta Deputación o día 3 de xullo de 2008 (nº rexistro entrada 026104), remitindo a documentación do proxecto de acondicionamento das marxes do río Umia e senda fluvial en Ribadumia (Pontevedra), ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 16 de xullo de 2008, no que textualmente di: “El proyecto de referencia se desarrolla, íntegramente en el Concello de Ribadumia. El área de actuación se encuentra en la parte suroeste del término municipal. El proyecto consiste en el acondicionamiento de una senda peatonal de 3 mts. de anchura que discurre a lo largo de 3,4 Kms. por la margen derecha del río Umia . En las zonas de marisma la senda se resuelve mediante una pasarela pilotada. El punto de inicio de la actuación (por el lado de aguas arriba), está situado aguas arriba del denominado “Ponte da Cova de Lobos”, en la carretera provincial E.P. 9506 Barrantes-Vilariño. El cruce de esta carretera provincial es la única afección de la actuación proyectada, sobre las vías provinciales. En relación con los impactos previsibles de la actuación, se considera que la misma no producirá impactos significativos sobre el medio ambiente. Al contrario, con la ejecución de la misma se pondrá en valor una zona de alto valor ambiental. Los impactos que se puedan producir por a ejecución de las obras, que en todo el casco serán de orden menor dada la naturaleza de las mismas, consideramos que se podrán subsanar con las medidas correctoras ya previstas. En relación con la afección a la vía provincial, la Diputación de Pontevedra tiene en marcha un proyecto de rehabilitación del puente de la E.P. 9506, sobre el río Umia, que en principio no presenta interferencia con la actuación prevista por el Ministerio. En base a los criterios indicados se informa favorablemente el expediente, considerando que con la aplicación de las medidas compensatorias previstas, no sería necesario el sometimiento del proyecto al procedimiento de impacto ambiental.” Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 30 de xullo de 2008, no que textualmente di: “Toda la superficie afectada por el proyecto pertenece al término municipal de Ribadumia. El proyecto consiste en el acondicionamiento de una senda peatonal de 3 m. de anchura que discurrirá a lo sargo de 3.400 m. por la margen derecha del río Umia. La obra proyectada consiste en la recuperación de un espacio ambiental degradado. Las únicas acciones que pueden proyectar algún tipo de afección sobre el medio ambiente son las correspondientes a la fase de ejecución de obras. Se trata de impactos poco significativos de forma que tanto las recomendaciones a la hora de desarrollar el proyecto incluidas en la memoria con las medidas correctoras propuestas en la misma se consideran suficientes y capaces de reducir esos impactos que por otra parte se pueden clasificar como compatibles. Teniendo en cuenta lo anteriormente expuesto se informa favorablemente el expediente”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16314.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAS SOBRE PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓN DA ZONA E69B, EN REVEL-VILALONGA, DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 8 de maio de 2008 (rexistro de entrada núm. 18711, de data 07/05/08), pola que se remite copia do Plan Especial de dotación e infraestruturas da zona E69B, en Revel-Vilalonga (Sanxenxo), a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 31 de xullo de 2008, no que manifesta, entre outros: “I.- ANTECEDENTES: El Concello de Sanxenxo solicita informe sobe el expediente de referencia con fecha 8 de mayo de 2008. En el presente informe se analiza el referido expediente en lo relativo a las infraestructuras varias titularidad de la Diputación Provincial. II.- DESCRIPCION DE LA ACTUACIÓN: La actuación planteada afecta a una bolsa de suelo lindante con la vía provincial E.P. 9209 denominada “ C-550-Iglesia Villalonga”. El plan especial plantea la conexión con la red exterior a través de la referida E.P. 9209. III.- INFORME Y CONCLUSIÓN La vía provincial E.P. 9209 se encuentra en una situación de conservación aceptable, disponiendo de una plataforma de unos 9 metros y de acera en ambos márgenes (en la zona en la que se plantea la conexión del viario planificado). La intersección de la referida E.P. 9209, con la vía autonómica PO-550, dispone de un carril central que facilita los movimientos. A la vista de la situación indicada, se informa favorablemente el expediente, haciendo constar que el proyecto de urbanización deberá plantear la conexión de la red viaria con la E.P 9209, ajustándose a las especificaciones de la instrucción de acceso a las carreteras convencionales de titularidad autonómica. El referido diseño de la conexión, deberá ser aprobado por este centro directivo, con anterioridad al inicio de las obras.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16315.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO- MEAÑO” A Xunta de Goberno, en sesión de 9 de xullo de 2008, aprobou un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño coa finalidade de dotar de beirarrúas e servizos a E.P. 9205 Sanxenxo – Meaño. De conformidade coa cláusula segunda do convenio, o Concello fíxose cargo da redacción do proxecto e dos gastos dos honorarios, sendo entregado na Deputación de Pontevedra, e supervisado de forma favorable polo seu servizo de Infraestruturas. Visto o informe favorable do proxecto emitido por intervención, e o documento Rc nº 200800066644 que acredita a existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto. Considerando o disposto na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto da obra “Dotación de beirarrúas e servizos na EP 9205 Sanxenxo-Meaño”, por importe de douscentos noventa e nove mil noventa e oito euros con corenta e un céntimos (299.098,41 €), mais o IVE de corenta e sete mil oitocentos cincuenta e cinco euros con setenta e catro céntimos (47.855,74 €). Así mesmo, tamén se acorda iniciar o pertinente expediente para proceder á súa contratación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16316.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “MELLORA NA CAPA DE RODAMENTO DA E.P. 2102 NIGRÁN- VINCIOS Visto o escrito remitido a contratación polo Servizo de Vías e Obras, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de mellora na capa de rodaxe da estrada EP 2102 (Nigrán-Vincios), estimándose o custo máximo en 231.914,94 euros, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de goberno, adoptado en sesión de 23 de Xullo de 2008, polo que se aprobou o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 08/511.511-612.02 (documento RC n° 200800066859). Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d)e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, a execución da obra mellora na capa de rodaxe da estrada EP 2102 (Nigrán-Vincios)”, cun tipo de licitación de cento noventa e nove mil novecentos vinte e seis euros con sesenta e sete céntimos (199.926,67 €), sendo o importe correspondente ó IVE de trinta e un mil novecentos oitenta e oito euros con vinte e sete céntimos (31.988,27 €). 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 231.914,94 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 (documento RC n° 200800066859) do vixente presuposto provincial. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para convidalas a presentar, no caso de estar interesados, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “MELLORA NA CAPA DE RODAXE DA EP 2102 NIGRÁN-VINCIOS “ CPV 45230000 1. OBXECTO A execución da obra “Mellora na capa de rodaxe da EP 2102 Nigrán-Vincios”. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2. ORZAMENTO A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de cento noventa e nove mil novecentos vinte e seis euros con sesenta e sete céntimos (199.926,67 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de trinta e un mil novecentos oitenta e oito euros con vinte e sete céntimos (31.988,27 €). O presuposto total estimado é de douscentos trinta e un mil novecentos catorce euros con noventa e catro céntimos (231.914,94 €), IVE incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.-FINANCIAMENTO O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto Provincial. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia será dun MES E MEDIO, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. As licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente á licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedaran clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (sede de Pontevedra ou Vigo) en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratación@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “MELLORA NA CAPA DE RODAXE DA EP 2102 NIGRÁN-VINCIOS” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o presuposto de execución material da obra. 2.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal diante da Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial: Grupo G Subgrupo 4 Categoría e Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 5.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9. ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 11.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 12.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 13.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada á Deputación ou allea a ela. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do presuposto do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material do presuposto de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en demora, teñen que ir acompañadas da xustificación da demora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.-RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción erguerase un acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe da dirección de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se deberan a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no que fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 26.-MÓDELO DE PROPOSICIÓN Don.............., maior de idade, veciño de..........., con domicilio en ............titular do DNI............., expedido en data.........., actuando en nome propio ou en representación da empresa .......... (C.I.F.- nº .......) e con domicilio en .........., teléfono............ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado a participar no procedemento negociado sen publicidade, para adxudicar o contrato correspondente á execución da obra: “MELLORA NA CAPA DE RODAXE DA EP 2102 NIGRÁN-VINCIOS”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e ó proxecto, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo de ............................euros, sen IVE, sendo o importe relativo ó IVE de___________________________euros (En letra e número). • Melloras ofertadas (Relacionar valoración económica conxunta). • Prazo de entrega (Indicar o mesmo): • % do control de calidade ofertado:” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16317.- ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “CONEXIÓN SANEAMENTO EN PORTELA- ERMELO (BUEU) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de agosto de 2008, prestouse aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Conexión saneamento EP Portela-Ermelo (Bueu)”por un importe total de 128.577,68 euros, IVE incluído. Resultando que no citado acordo establecíase convidar a tres empresas para a presentación de ofertas, remitíndose dita invitación a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L., CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. E SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A., presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas en informe de data 1 de agosto de 2008, unha vez valoradas as ofertas, cualifica como oferta economicamente máis vantaxosa a formulada pola empresa PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. Vista a proposta da mesa de contratación, de data 5 de agosto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B-36.239.945) a obra “Conexión saneamento EP Portela-Ermelo (Bueu)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, na cantidade de cento nove mil douscentos noventa e un euros con dous céntimos (109.291,02 €), mais a cantidade de dezasete mil catrocentos oitenta e seis euros con cincuenta e sete céntimos (17.486,57 €), ofertando un prazo de execución de catro meses. 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 5.464,55 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16318.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O MINISTERIO DE CULTURA PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO E A INSTALACIÓN DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, e a Deputación de Pontevedra formalizaron, con data 2 de decembro de 2003, un convenio de colaboración para a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Unha vez finalizadas as mencionadas obras, e en virtude do previsto nos artigos 44 e 46 da Constitución Española, que sinala que os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, e o enriquecemento do patrimonio histórico-artístico dos pobos de España, preténdese proceder ó equipamento e á instalación da colección permanente do Museo. Para esta finalidade preténdese articular outro convenio de colaboración, que constitúe o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, entre o Ministerio de Cultura e a Deputación Provincial de Pontevedra. Dito convenio contempla a achega por parte do Ministerio da cantidade de 500.000 € con cargo ó programa 333ª, concepto 765 recollido dentro dos presupostos xerais do Estado para o ano 2008, e pola súa parte, a Deputación comprométese á realización de todas as actuacións necesarias para a adquisición do equipamento e instalación da colección permanente do museo. Visto o informe sobre o convenio de colaboración emitido polo Sr. Secretario, e en virtude da competencias establecidas, e da lexislación vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ministerio de Cultura para o equipamento e a instalación da colección permanente do Museo de Pontevedra. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE CULTURA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ADQUISICIÓN DO EQUIPAMENTO E A INSTALACIÓN DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA Na de de 2008 REUNIDOS Polo Ministerio de Cultura. D.ª Mª Dolores Carrión Martín, Subsecretaria do Ministerio de Cultura, na súa condición de Presidenta da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, competente en virtude do art. 6 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o art. 4.2.d) do Real Decreto 1379/1 999, de 27 de agosto, de Regulación do Organismo Autónomo, e o art. 2.6 do Real Decreto 1132/2008, de 4 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Cultura. Pola deputación Provincial de Pontevedra: D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificado pola Lei 11/1999, de 21 de abril, e no artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. As partes, na representación que ostentan, recoñécense mutuamente a capacidade legal suficiente para a celebración do presente Convenio e, para tal efecto, EXPOÑEN I.- O 2 de decembro de 2003 formalizouse un Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Dito Convenio estivo vixente dende 2003 ata 2006. II - Finalizadas as obras de ampliación e rehabilitación do Museo, debe procederse ó seu equipamento e á instalación da colección permanente do Museo. Para iso, a Deputación de Pontevedra e a Dirección do Museo solicitaron á Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais a súa colaboración. III

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición