Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-02-04_Ordinaria. Acta de sesión 2009/02/04_Ordinaria
Acta de sesión 2009/02/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-02-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/02/04_Ordinaria
Data(s) 2009-02-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día catro de febreiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16883.- ACTAS ANTERIORES A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 21 e 27 de xaneiro de 2009. 2.16884.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA “TERMINACIÓN E MELLORA DE SERVIZO E.P. 2303 GONDOMAR – VILAZA, E.P. 2106 PARADA–NIGRÁN, E.P. 3002–3003 MALVAS– PEXEGUEIRO, E.P. 2202 BAIONA- LOUREZA (BAIONA)” Vista a certificación núm. 1 – final relativa as obras da “Terminación e mellora de servizo E.P. 2303 Gondomar – Vilaza, E.P. 2106 Parada – Nigrán, E.P. 3002-3003 Malvas – Pexegueiro, E.P. 2202 Baiona – Loureza (Baiona)”, adxudicada no seu día a Empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 27 de xaneiro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 08/511.511-612.02.2008 (Deputación) 231.000,00 € SUBTOTAL ………. 231.000.00 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.693,71 € Control de calidade (1.5 %) 2.510,14 € Seguridade e Saúde (0.72%) 1.204,87 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……….. 220.591,28 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentarias correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 3.16885.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de DEUTSCHE BANK, por importe de dezaseis mil oitocentos dezaseis euros con cincuenta e un céntimos (16.816,51 €), para responder da obra “E.P. 0507 Valiñas- Portas (Barro- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/02/2003 con número de operación 200300008428, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de once mil novecentos vinte e tres euros con oitenta e catro céntimos (11.923,84 €), para responder das obras “E.P. 9502 Sisán-Ponte Estacas (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/01/2006 con número de operación 200600003415, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dous mil novecentos oitenta euros con oitenta céntimos (2.980,80 €), para responder das obras “E.P. 9502 Sisán-Ponte Estacas (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/11/2005 con número de operación 200500107730, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.16886.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada da comunicación do director xeral da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia, de data 22/01/2009, (rex. entrada 02083 de data 27/01/09), relativa ó “Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo hospital de Vigo”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.16887.- APROBACIÓN EXPEDIENTE PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS 2009 Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de contribuír ó benestar e mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, pretende levar a cabo o programa de Balnearios para o ano 2009, cuxo custo se estima na cantidade máxima de douscentos mil euros, 200.000 euros. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terá que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización do programa lúdico de balnearios para o ano 2009. O programa conta cun orzamento máximo de douscentos mil euros (200.000,00 €), sendo o tipo de licitación de cento corenta euros por persoa beneficiaria (140,00 €), IVE incluído (dos que 120,69 € corresponden ó prezo do contrato e 19,31 € ó IVE). O financiamento deste programa realizarase da seguinte forma: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 euros por persoas participante. • Os concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 32,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 56,00 euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 200.000,00 euros para financiar a parte do programa correspondente á Deputación de Pontevedra, con cargo á partida 09/313.313.227.09 do Orzamento Provincial do ano 2009. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E REALIZACIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS 2009. 1.- OBXECTO.- A xestión, organización e realización do Programa de Balnearios da Deputación para o ano 2009. Os servizos que deberá prestar a empresa adxudicataria, comprenden a xestión, organización e realización do citado programa, establecéndose con detalle no prego de prescricións técnicas as accións a desenvolver pola empresa adxudicataria. Os beneficiarios deberán ter opción de elixir entre tres balnearios ou talasos, pertencentes á Federación Galega de Balnearios da Provincia de Pontevedra, que teñan unha capacidade de entre 50 e 100 persoas. Esta institución non se compromete a contratar un número mínimo de prazas, xa que dependerá do número de solicitudes presentadas ó programa. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do programa financiarase da seguinte maneira: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 euros por persoa participante. • Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 32,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 56,00 euros. No caso de que a oferta por programa/persoa presentada polo adxudicatario sexa menor á estimada no tipo de licitación, reducirase no mesma porcentaxe a contía a achegar polo beneficiario do programa. A parte correspondente á Deputación de Pontevedra, douscentos mil euros (200.000,00 €), será financiado con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- A Deputación procederá ó pagamento da factura que presente a empresa adxudicataria unha vez se preste a conformidade por parte do Servizo de Acción Social. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do programa. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- Levarase a cabo en dúas quendas, un en primavera dende a sinatura do contrato ata o 30 de xuño e outro en outono durante os meses de setembro, outubro e novembro do ano 2009 nalgún dos balnearios ou talasos pertencentes á Federación Galega de Balnearios da Provincia de Pontevedra, cunha capacidade de entre 50 e 100 persoas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cento corenta euros/persoa (140,00 €), IVE incluído, dos que 120,69 euros corresponden ó prezo do contrato e 19,31 euros corresponden ó IVE. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento deste programa fíxase na cantidade máxima de douscentos mil euros (200.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como estipula o artigo 122.2 da LCSP. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Ós efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 10.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA E TECNICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E REALIZACIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS 2009 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Memoria dos balnearios ou talasos ofertados. 3.- Descrición do programa: Transporte, actividades, etc. 4.- Melloras ofertadas (Enumeradas e valoradas economicamente). Nota importante: Deberanse ofertar un mínimo de tres balnearios ou talasos pertencentes á Federación Galega de Balnearios da Provincia de Pontevedra, cunha capacidade de entre 50 e 100 persoas. Cada opción poderá ter un prezo diferente, sen que ningunha supere o tipo de licitación. Os beneficiarios poderán elixir, indistintamente, o balneario ou talaso dos tres ofertados polo adxudicatario que máis lles satisfaga. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E REALIZACIÓN DO PROGRAMA “BALNEARIOS 2009”. 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros terán que acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que será: Grupo U, Subgrupo 4, categoría B 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. De seguido, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios que servirán de base para a adxudicación, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: • Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. • Calidade dos balnearios ofertados, ata un máximo de 2 puntos. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 2 puntos. • Programa, ata un máximo de 1 punto. Valoraranse, entre outras, as seguintes melloras: -Entrega de material informativo sobre o Programa, adicional ó entregado pola Deputación de Pontevedra. -Entrega ós participantes de refrixerio para merenda (auga, zumes, bocadillos, froita, etc). -Entrega ós participantes de material con serigrafia da Deputación e do Programa. O apartado 1 será valorado aplicando a seguinte fórmula á media aritmética dos prezos dos balnearios ofertados polo licitador: 14.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, aviso previo ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e perdas sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don........., maior de idade, veciño de......., con domicilio en .......titular do DNI........., expedido en data........, actuando en nome propio ou en representación de .........con domicilio en ........, teléfono......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á “Xestión, organización e realización do programa de Balnearios 2009” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polos prezos que se indican de seguido: Balneario Prezo por persoa (sen IVE) IVE Prezo por persoa (IVE incl.) OPCIÓN 1 OPCIÓN 2 OPCIÓN 3 (Data e sinatura do propoñente)” 6.16888.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CRECENTE” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xaneiro do ano en curso, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Crecente para levar a cabo a obra de remodelación do pavillón polideportivo de Crecente, cun orzamento de 610.443,55 €, IVE incluído. Visto o proxecto redactado ó efecto e o informe emitido por Intervención relativo ó financiamento da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Rehabilitación e ampliación do pavillón polideportivo de Crecente”, por importe de 610.443,55 €, IVE incluído. A obra financiarase con cargo á partida 123.452-662.00 de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 Total Deputación 323.176,00 226.223,20 549.399,20 Concello 30.522,18 30.522,17 61.044,35 Total 353.698,18 256.745,37 610.443,55 En canto ás achegas da Deputación, na partida 09/123.452-662.00 existe consignación suficiente para facer fronte á anualidade de 2009. A anualidade de 2010 contabilizarase na partida correspondente do seu orzamento, quedando condicionada á súa aprobación. As achegas do Concello de Crecente xerarán crédito na referida partida. 7.16889.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “INSTALACIÓN ELÉCTRICA EN (L/ DE BARRO E SAN LORENZO-L/DE SORREGO) E.P. 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA (MORAÑA)” Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto da obra “Instalación eléctrica en (L/ de Barro e San Lorenzo-L/de Sorrego) E.P. 0018 Xeve-Amil-Espedrigueira (Moraña) (expte. D09/0006)”, por importe de sesenta e tres mil oitocentos doce euros con oitenta e sete céntimos (63.812,87 €) sendo cantidade correspondente ó IVE dez mil douscentos dez euros con seis céntimos (10.210,06 €). 8.16890.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “ACONDICIONAMENTO DE LÍMITE DE CALZADA E ADECUACIÓN DE SERVIZOS EN E.P. 2909, TRAMO ARCADE-VISO (REDONDELA-SOUTOMAIOR)” (EXPTE.D09/0008) Visto o proxecto, redactado polo Servizo de Infraestruturas, para o “Acondicionamento de límite de calzada e adecuación de servizos en E.P. 2909, tramo Arcade-Viso (Redondela-Soutomaior)” (Expte. D09/0008), cuxo importe ascende á suma de 220.881,92 €, IVE incluído, e que ten por obxecto o acondicionamento de peche de fincas e a adecuación de servizos na devandita estrada mediante movemento de terras e demolicións, encaixamento da explanada e formación de cunetas revestidas, así como a construción de muros de mampostería ciclópea. E, visto o informe emitido por Intervención, relativo á existencia de crédito adecuado e suficiente na partida 09/511.511-612.02 (documento RC 200900005587) para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto, así como iniciar o expediente para proceder á súa contratación. 9.16891.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE “E.P.8101 PORTAS-ROMAI (PORTAS)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de novembro de 2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “E.P. 8101 Portas – Romai (Portas)”, na suma de 360.976,13 €, IVE incluído. Mediante R.P. nº 17048/06 de 29 de novembro, adxudícase a Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra “E.P. 8101 Portas – Romai (Portas)” por un importe de 303.200,00 €. E, visto o proxecto modificado da devandita obra, redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que durante a execución das obras viuse a necesidade de introducir modificacións por consecuencias técnicas e obras de ensanche e mellora de firme etc., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de “E.P. 8101 Portas – Romai (Portas)” toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 10.16892.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA O ENSANCHE E MELLORA NA E.P. 8506 BAÑO (VALGA) Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga pretenden asinar un Convenio de colaboración coa finalidade de mellorar a estrada provincial Baño, con un custo total estimado na cantidade de cincocentos setenta e un mil trescentos cincuenta e tres euros con corenta e oito céntimos (571.353,48 €). O Sr. Secretario informa favorablemente o proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte o gasto da anualidade 2009, efectuándose a correspondente retención de crédito. As anualidades de 2010 e 2011 contabilizarase con cargo as partidas correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionada á aprobación dos mesmos. Tamén sinala neste informe que deberase acreditar na Deputación a plena dispoñibilidade de todas as achegas una vez aprobado o convenio e antes de aprobar o expediente de contratación. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Valga para o ensanche e mellora na E.P. 8506 Baño Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA O ENSANCHE E MELLORA NA E.P. 8506 BAÑO (VALGA) En Valga, a …... de xaneiro de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José María Bello Maneiro, Alcalde-Presidente do Concello de Valga, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Valga é a realización das obras de ensanche e mellora na E.P. 8506 Baño (Valga). SEGUNDA.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de cincocentos setenta e un mil trescentos cincuenta e tres euros con corenta e oito céntimos (571.353,48 €) e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do Convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. TERCEIRA.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 198.731,64 € 139.112,15 € 119.238,99 € 457.082,78 € Concello de Valga 49.682,91 € 34.778,04 € 29.809,75 € 114.270,70 € TOTAL 571.353,48 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 511.511.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As cantidades das anualidades 2010 e 2011 deben ser ingresadas durante o primeiro trimestre dos exercicios correspondentes, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. A baixa de adxudicación e calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción que o contrato inicial. CUARTA.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiada, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 511.511.612.02 do orzamento provincial. Financiarase con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros as anualidades dos anos 2010 e 2011. QUINTA.- O Concello de Valga obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A Entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. SEXTA.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. OITAVA.- O Convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, pola lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas, debendo adxudicarse as obras de acordo coa lei de Contratos do sector públicos e normas de desenvolvemento. En todo o no previsto nas normas anteriores se acudirá as normas de dereito privado. NOVENA.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. DECIMA.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste Convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello de Valga José María Bello Maneiro” 11.16893.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DAS NEVES PARA A EXECUCIÓN DA OBRA ENSANCHE E MELLORA E.P. ESTACIÓN AS NEVES A Deputación e o Concello das Neves formalizaron un convenio de colaboración para efectuar unha mellora nas condicións e na seguridade vial da EP estación das Neves, contando cun orzamento de 556.308,77 euros. Na cláusula sexta do devandito convenio recollíase que “calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o orzamento inicial da obra, asumirase polo Concello das Neves”. A Xunta de Goberno, en sesión de 20 de febreiro de 2008, adxudicou a obra referida no mencionado convenio á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. pola cantidade de 418.352,87 €, IVE incluído. Polo servizo de Vías e obras da Deputación redáctase un proxecto modificado para afrontar unha serie de necesidades novas e causas imprevistas, que incrementa o importe do contrato inicial en 83.660,38 €, e que foi aprobado pola Xunta de Goberno o 16 de xaneiro de 2008. Debido á actual situación económica, e á dificultade que ten o Concello das Neves para facer fronte a esta cantidade inicialmente non prevista e que resulta necesaria para executar a obra, e vista a existencia de crédito nesta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello das Neves para a execución da obra ensanche e melloras E.P. Estación As Neves, en seu cláusula sexta no seguinte sentido: “A Deputación de Pontevedra farase cargo do incremento económico que xurda de todo proxecto modificado que resulte necesario para executar a obra”. 12.16894.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA DE “ROTONDA EN VALIÑAS E.P.9407 GOULLA-PORRÁNS (BARRO) (EXPTE. D08/0075) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 12/11/2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Rotonda en Valiñas E.P. 9407 Goulla-Porráns (Barro)”, con orzamento de 69.154,63 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Construcciones Crespo, S.A., Transportes y Maquinaria C.P., S.L. e Construcións, Obras e Viais, S.A., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución da devandita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Construccións, Obras e Viais, S.A. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 03/02/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Rotonda en Valiñas E.P. 9407 Goulla-Porráns (Barro)” na suma de 59.482,76 €, máis 9.517,24 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 204,00 € e o 1,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 2.974,14 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. 13.16895.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUNHA MOTONIVELADORA PARA O PARQUE DE MAQUINARIA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 10 de decembro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dunha motoniveladora para o Parque de Maquinaria por importe de 220.000,00 euros, correspondendo 189.655,17 euros ó prezo do contrato e 30.344,83 ó IVE. Resultando que nos pregos que rexen esta contratación establécese que o contrato se financie mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 217.950,00 euros con cargo á partida 511.511.623.01 do orzamento provincial do ano 2008 e o resto cun pagamento en especie consistente na entrega dunha motoniveladora marca John Deere modelo JD 570 B, número de bastidor DW570BX519948, matrícula PO-35680-VE, valorada en 2.050,00 euros. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dunha motoniveladora para o Parque de Maquinaria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 248, de data 23 de decembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 12 de xaneiro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Comercial Custodio, S.L. e Gestruck, S.L., as cales foron admitidas a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2009 e en base ó informe emitido polo Sr. Xefe do Parque de Maquinaria, con data 2 de febreiro de 2009, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Comercial Custodio, S.L. motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a seguinte puntuación: Comercial Custodio, S.L………………………………. 9,661 Gestruck, S.L……………………………… …………. 0,909 Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) en onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar, provisionalmente, á empresa Comercial Custodio, S.L. (C.I.F. B-36.137.099), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha motoniveladora para o Parque de Maquinaria coas melloras, prazo de entrega e prezo reflectido na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo sen IVE 157.000,00 € B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) 25.120,00 € C) Valoración desbrozadoras usadas 3.480,00 € D) TOTAL OFERTADO (A+B-C) 178.640,00 € 2. Conceder á empresa, Comercial Custodio, S.L., en calidade de adxudicatario provisional deste procedemento aberto, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 7.850,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 14.16896.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO DE ENTRADA A FINCAS E ADECUACIÓN DE SERVIZOS E.P.2501 TRAMO SALCEDA-PICOÑA (SALCEDA DE CASELAS)” (EXPTE. D08/0102) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de decembro de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Acondicionamento de entrada a fincas e adecuación de servizos E.P. 2501 tramo Salceda-Picoña (Salceda de Caselas)”, con orzamento de 225.766,87 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Construcciones Eiriña, S.L., Imesapi, S.A. e Elsamex, S.A., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución da devandita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Construcciones Eiriña, S.L. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 03/02/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Construcciones Eiriña, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construcciones Eiriña, S.L. a obra de “Acondicionamento de entrada a fincas e adecuación de servizos E.P. 2501 tramo Salceda-Picoña (Salceda de Caselas)” (Expte. D08/0102) na suma de 194.612,16 €, máis 31.137,94 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 1.394,09 € e o 1,10 % do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 9.730,61 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. 15.16897.- PLAN PROVINCIAL DE FOMENTO DO EMPREGO EN PEQUENOS MUNICIPIOS A Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, vén reforzar e intensificar a través da modificación do artigo 36 da Lei 7/85, do 2 de abril, as funcións da provincia en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e da planificación estratéxica territorial, sen prexuízo das competencias das demais administracións públicas neste ámbito, o que enlaza co conxunto de actividades de recente importancia nos gobernos locais contemporáneos, nos que as Deputacións Provinciais xa se viñeron implicando de forma crecente nos últimos anos, tendo en conta que estas competencias resultan especialmente necesarias nas zonas rurais, onde a posta en práctica de políticas de desenvolvemento local están producindo excelentes resultados. Tal espírito colaborador xa encontraba acomodo legal nos artigos 31.2 da Lei 7/85, do 2 de abril e disposición final terceira do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril. Ademais, as actuais situacións de dificultades económicas e financeiras polas que atravesan os pequenos concellos da provincia, demandan unha actuación específica da Deputación para intentar frear, ou polo menos mitigar, os efectos da conxuntura económica sobre o mercado de traballo en relación coa súa empregabilidade. Por conseguinte, a fin de darlle continuidade ó traballo que se está a desenvolver nos últimos anos en diferentes municipios da provincia e considerando a necesidade de potenciar e conseguir un incremento sostible e intensivo do emprego, invertendo en recursos humanos e no desenvolvemento de políticas activas referidas ó mercado laboral, esta Deputación de Pontevedra, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 36.1. d) do citado texto legal, coa participación dos concellos da provincia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Plan Provincial de Fomento do Emprego en pequenos municipios 2009” destinado a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, que se rexerá polas seguintes: B A S E S PRIMEIRA.- Obxecto: Este plan ten por obxecto a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, así como paliar as carencias de medios humanos dos concellos de menos de 10.000 habitantes mediante a contratación laboral de traballadores desempregados. SEGUNDA.- Réxime xurídico: Esta convocatoria axustarase ó disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e as bases de execución do orzamento provincial. O procedemento a seguir será de concorrencia competitiva TERCEIRA.- Beneficiarios: Neste plan poderán participar os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 10.000 habitantes que dispoñan de capacidade suficiente para executar as distintas obras ou servizos, quedando excluídos aqueles que non ingresaran nas arcas provinciais a achega dos custos salariais totais correspondentes ós traballadores contratados en anos anteriores. CUARTA.- Requisitos das obras ou servizos: As obras ou servizos a desenvolver deberán ser de interese xeral e social e terán relación coas competencias municipais descritas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, do 2 de abril, podendo concretarse en calquera das seguintes actuacións: a) Obras destinadas á construción ou reparación de instalacións. b) Obras ou servizos de titularidade colectiva, tales como mellora de vivenda, vixilancia, revalorización de espazos públicos urbanos, protección e mantemento de zonas naturais, xestión de residuos, xestión de augas etc. c) Obras ou servizos dirixidos a paliar ou reparar os danos causados con ocasión de temporais, inclemencias metereolóxicas ou calquera outro fenómeno da natureza. d) Aquelas outras obras ou servizos de recoñecido interese xeral ou social que poidan pedir os municipios e que redunden en beneficio dos cidadáns. e) Traballos de carácter administrativo que deriven da xestión de determinados servizos municipais. As necesidades de contratación para realizaren ditas obras ou servizos deberán contemplar e adaptarse a cobertura dos seguintes postos de traballo: .- Operario- Peón, especificando o oficio que corresponda. .- Auxiliar Administrativo. QUINTA.- Financiamento: A Deputación de Pontevedra financiará o custo total da man de obra a contratar, salarios e cota empresarial á Seguridade Social calculados polo vixente convenio colectivo para persoal laboral da Deputación, que ascende a un total de 1.756.661,52 €, con cargo o crédito previsto nas partidas 122-121-141.04 e 122.121.160-04 do orzamento provincial para o ano 2009. Pola súa parte, o concello deberá proporcionar os medios materiais que fosen precisos para executar a obra ou servizo proposta. En todo caso, a posta en marcha desta iniciativa e a contratación do persoal atópase condicionada a aprobación ou dotación de crédito suficiente na citada partida do orzamento provincial do ano 2009. SEXTA.- Presentación de instancias: As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, no modelo oficial, que figura como anexo I desta Resolución, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes, que serán subscritas polo representante legal do concello interesado, deberán ir acompañadas da seguinte documentación: a) Memoria explicativa da obra ou servizo a desenvolver. Anexo II b) Certificación de que o concello dispón de medios materiais suficientes para executar a obra ou servizo. Anexo III SÉTIMA.- Traballadores a contratar: De entre as obras ou servizos que cumpran os anteditos requisitos farase a distribución do número total de traballadores a contratar de acordo co interesado, e tendo en conta que non poderá exceder de catro por concello a xornada completa, salvo que soliciten contratacións a tempo parcial do 50% da xornada laboral ordinaria, en cuxo caso aplicarase esta limitación proporcionalmente. OITAVA.- Procedemento de concesión: A instrución dos expedientes tramitarase no Servizo de Recursos Humanos e Formación. Revisada a documentación presentada por cada concello, remitiráselle á Comisión de Valoración para a súa avaliación e informe. Para estes efectos a comisión de valoración estará composta polos seguintes membros: o deputado-delegado de persoal, presidente da Comisión de Réxime Interior e Persoal ou deputado provincial no que delegue e dous funcionarios técnicos da Deputación Provincial. A comisión de valoración elevará o Presidente da Deputación a proposta de concesión ou denegación do número de traballadores a contratar por cada concello. NOVENA.- Resolución: Dentro do mes seguinte á data en que finalice o prazo de presentación de instancias o presidente da Deputación ditará a resolución que proceda, que lles será notificada ós concellos interesados. A resolución que poña fin ó expediente conterá, como mínimo, os seguintes datos: a) Denominación da obra ou servizo aprobado b) Número de traballadores a contratar e categoría profesional c) Data de inicio da obra ou servizo DÉCIMA.- Selección dos traballadores: A selección dos traballadores a contratar por cada concello efectuarase mediante convocatoria pública e conforme os principios de mérito e capacidade. A convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia, especificando o número e características dos postos de traballo ofertados, estando supeditada a súa contratación ó disposto na base quinta desta convocatoria. UNDÉCIMA.- Contratación dos traballadores: Seleccionados os traballadores para cada unha das ocupacións ofertadas, a Deputación procederá á súa contratación mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó abeiro do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de seis meses. DUODÉCIMA.- Seguimento e publicidade: No prazo dun mes, desde o remate da obra ou servizo, o concello remitiralle á Deputación unha memoria explicativa sobre as actuacións que se levaron a cabo. Para coñecemento público, no lugar onde se realicen as obras ou servizos ou, no seu caso, na sede do concello, deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no que conste o cofinanciamento por parte da Deputación de Pontevedra.” Os anexos son os que seguen: ANEXO I: Modelo de solicitude. ANEXO II: Memoria explicativa. ANEXO III: Certificación do concello. 16.16898.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota