ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2009/04/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-04-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/04/08_Ordinaria

  • Data(s) 2009-04-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asiste o señor deputado D. Julio Alén Montes. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16785.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de abril de 2009. 2.16786.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PAM/06-08, ANUALIDADES 2006 E 2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº92-91/679 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO CPI E DO CENTRO DE SAÚDE DE RODEIRO” Dada conta da solicitude de aboo das certificacións núm. un e dous presentadas polo Concello de Rodeiro, correspondentes ó investimento nº92-91/679, denominado “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro” incluído no PAM/06-08, anualidades 2006 e 2007, á vista do informe de intervención de data 16 de outubro de 2008 e o informe aclaratorio do citado Concello sobre o procedemento empregado na licitación da obra de data 30 de marzo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Recoñecer as obrigas, de dezaseis mil euros (16.000,00 €) e quince mil euros (15.000,00 €) seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor de dito Concello. • Declarar o aboo das cantidades de dezaseis mil euros (16.000,00€) e quince mil euros (15.000,00 €), respectivamente, con cargo ás partidas 09/911.911-742.45.2006 e 09/911.911.762.45.2007 como pago da subvención concedida ó Concello de Rodeiro para a realización da obra denominada “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro”, incluída no PAM/06-08, anualidades 2006 e 2007. 3.16787.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3.600.027-A, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 95.969,91 € para gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2009, e o informe de intervención de data 31 de marzo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.-Autorizar e recoñecer a obriga de 95.969,91€ pola Xunta de Goberno, como achega da Deputación, para o ano 2009, ó Consorcio para o Servizo contra incendios e salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña durante o primeiro trimestre. 2.-Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 95.969,91€ con cargo á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante R.C. nº 200900028575. 4.16788.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1-FINAL DA OBRA DENOMINADA “LIMPEZA, AGLOMERADO E SINALIZACIÓN E.P. AS LAMAS-MOIMENTA-VENTOSA (LALÍN-AGOLADA)”, INCLUÍDA NO PPC/2008, CO ORDINAL 98 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á certificación núm. un e final, a obra denominada “Limpeza, aglomerado e sinalización E.P. As Lamas-Moimenta-Ventosa (Lalín-Agolada)”, incluída no PPC/2008 co ordinal 98 e declarar de aboo a cantidade de douscentos vinte e sete mil trescentos vinte e seis euros con cincuenta e nove céntimos ( 227.326,59 €) que foi informada favorablemente por intervención , con cargo ó estado de gastos do vixente Orzamento e a teor da aplicación e detalle que continuación de sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 09/911-511-611.09.2008 (MAP) 113.663,30 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 09/911-511-611.09.2008 (Deputación) 113.663,29 TOTAL PARA PERCIBIR POLA EMPRESA 227.326,59 Descontos sobre o importe bruto da certificación Retención Taxa de dirección de obra id 6.587,27 Retención Control de calidade id 4.117,04 Retención Seguridade e Saúde id 1.185,71 Total de descontos 11.890,02 Importe neto para a empresa 215.436,57 Os honorarios correspondentes ós Técnicos funcionarios desta Deputación, ingresaranse na Rúbrica 4ª, Retencións do V.I.P., para aplicación da Lei 108/63. 5.16789.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA NO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 11 de febreiro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2009, ata a cantidade máxima de 230.000,00 €, IVE e impostos engadidos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria para o Parque de Maquinaria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 38 de data 25 de febreiro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 16 de marzo de 2009, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. e Cepsa Comercial Galicia, S.A., as cales foron admitidas a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 6 de abril de 2009 e en base do informe emitido polo Sr. Jefe del Parque de Maquinaria, con data 30 de marzo de 2009, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Cepsa Comercial Galicia, S.A. (C.I.F.- A-36.154.789), motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a seguinte puntuación: Cepsa Comercial Galicia, S.A.,…………………………………………. 7,160 Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.……………………… 2,149 Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, ou tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.-Adxudicar, provisionalmente, á empresa, Cepsa Comercial Galicia, S.A. (C.I.F.- A-36.154.789), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2009, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc.) de 0,04095 euros/litro, que será aplicable a fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVA, ata a cantidade máxima de douscentos trinta mil euros (230.000,00 €), sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: o valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) sobre a base da media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: impostos especiais. • I.V.M.H: imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: valor en cada momento. 2. Conceder á empresa, Cepsa Comercial Galicia, S.A., en calidade de adxudicatario provisional deste procedemento aberto, un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 9.913,79 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 6.16790.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009, por un importe máximo de 202.860,00 €, analizado en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Accións formativas On Line e a distancia 72.000,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra, Zona Sur e Semipresenciais 55.360,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés, e Zona Norte… 32.000,00 € LOTE Nº 4: Accións formativas Plan Unitario 43.500,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación por trámite de urxencia dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 13 de marzo de 2009, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Zona de Negocios Pontevedra, S.L. (Lote n.º 1); Centro de Formación Ica, S.L. (Lote nº1 ); Fundación de Estudios e Análises-Fesan (lotes núms. 1, 2, 3 e 4); Instituto de Formación Online, S.L.; Punto Emprego Galego, S.L.L., Recursos Galicia, S.L.; Instituto Madrileño de Formación; Centro de Negocios Pontevedra (lotes núms. 2, 3 e 4); Gestifor Galicia, S.L. (lotes núm. 2, 3 e 4); Formagal, Formación y Servicios (lotes núm. 2, 3 e 4); Inicia Formación y Consultoría, S.L. (lotes núms. 2, 3 e 4); Forama Consultores, S.L. (lote n.º 3); Enmacosa, S.A. (lote n.º 3); Executive Forum España, S.L. (lote n.º 4) e Centro de Formación Hermes, as cales foron admitidas, excepto a do Centro de Formación Hermes, a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación desta Deputación Provincial. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2009, formula proposta para adxudicar os lotes números 1, 2, 3 e 4 deste procedemento aberto ás empresas, Centro de Formación ICA , S.L. (C.I.F. B-36995934); Formagal, Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36477677); Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696) y Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), respectivamente. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2009 adxudicáronse provisionalmente os lotes números 1, 2, 3 e 4 deste procedemento aberto ás empresas, Centro de Formación ICA, S.L. (C.I.F. B-36995934); Formagal, Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36477677); Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696) e Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), respectivamente, motivando a adxudicación por resultar as ofertas máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes citados, ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos neste procedemento aberto. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación Provincial de Pontevedra o día 26 de marzo de 2009 e que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional destes contratos, dado que as empresas adxudicatarias presentaron a documentación requirida, entre as que se encontran as seguintes garantías definitivas: Lote Adxudicatario Garantía Nº Operación 1 Centro de Formación ICA, S.L. 3.060,00 200900028915 2 Formagal, Formación y Servicios, S.L. 2.491,20 200900029269 3 Forama Consultores, S.L. 1.440,00 200900028852 4 Gestifor Galicia, S.L. 1.957,50 200900029504 Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente, o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa Centro de Formación ICA, S.L. (C.I.F. B-36995934), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas “On Line” e a distancia do Plan Agrupado 2009, polo prezo de sesenta e un mil douscentos euros (61.200,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº Edicións Nº partici-pantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS A DISTANCIA LOTE 1 Axente de igualdade (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Orientador laboral (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Xestión da calidade na Admón. Pública (a distancia) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Formador de formadores (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € 24.225,00 € CURSOS ON LINE LOTE 1 PowerPoint 2007. Básico (e-learning) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Word 2007. Básico on line (ó learnnig) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Excell 2007. Básico on line (ó learning) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Access 2007. Básico on line (ó learning) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Inglés principiante on line (ó e-learning) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Maltrato infantil (on line) 1 15 50 85,00 € 4.250,00 € Lei de Protección de Datos (on line) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Lei de Dependencia (on line) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Escritura eficaz na Administración Pública (on line) 1 15 30 85,00 € 2.550,00 € 36.975,00 € TOTAL LOTE 1 61.200,00 € Estas actividades formativas encóntranse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 2. -Adxudicar definitivamente, o lote número 2 deste procedemento aberto á empresa, Formagal, Formación y Servizos, S.L. (C.I.F. B-36477677), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas da Zona Pontevedra, Zona Sur e Semipresenciais do Plan Agrupado 2009, polo prezo de corenta e nove mil oitocentos vinte e catro euros (49.824,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS ZONA PONTEVEDRA LOTE 2 Microsoft Word 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 3.600,00 € Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 3.600,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel medio 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Xardinería (C.I.Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € A administración electrónica: dinamización do servizo 1 25 16 144,00 € 2.304,00 € 16.704,00 € CURSOS ZONA SUR LOTE 2 Microsoft Word 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 2.144,00 € Información e atención ó público 1 25 15 144,00 € 3.600,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel básico 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Contratación administrativa 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € 15.840,00 € CURSOS SEMIPRESENCIAIS LOTE 2 As normas vixentes na lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas (semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € A administración de persoal (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Afiliación e cotización do persoal na Admón Local. (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Prevención de riscos laborais nas Administracións Públicas. Nivel básico (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € 17.280,00 € TOTAL LOTE 2 49.824,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas do IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 3.- Adxudicar definitivamente, o lote número 3 deste procedemento aberto á empresa, Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas da Zona do Salnés e da Zona Norte do Plan Agrupado 2009, polo prezo de vinte e oito mil oitocentos euros (28.800,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS ZONA NORTE LOTE 3 Microsoft Excel 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Microsoft Access 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel medio 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € 10.080,00 € CURSOS ZONA SALNÉS LOTE 3 Microsoft Word 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel básico 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Deseño e planificación de plans locais de igualdade 1 15 15 144,00 € 2.144,00 € Técnicas orzamentarias e contables 1 20 25 144,00 € 3.600,00 € Novas liñas de financiamento europeo 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Curso básico de información e procedementos catastrais 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € 18.720,00 € TOTAL LOTE 3 28.800,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 4.- Adxudicar definitivamente, o lote número 4 deste procedemento aberto á empresa, Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas incluídas no Plan Unitario 2009, polo prezo de trinta e nove mil cento cincuenta euros (39.150,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS PLAN UNITARIO LOTE 4 Internet e correo electrónico 1 15 15 144,00 € 2.160,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel superior 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Tramitación e xestión de proxectos europeos 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Conservación preventiva de fondos históricos e artísticos (Museo) 1 25 25 144,00 € 3.600,00 € Ferramentas para o diagnóstico dun menor en risco (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Xestión de Residuos nun laboratorio (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Manipulación de reactivos nun laboratorio (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Pautas de alimentación nunha explotación de vacún de leite (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Curso de Microscopía. Estación Fitopatolóxica Areeiro 1 20 20 164,70 € 3.294,00 € Árbores Monumentais da provincia de A Coruña (Estación Fitopatóxica Areeiro) 1 20 20 223,00 € 4.464,00 € Informática Básica. (Parque de Maquinaria) 1 20 20 144,00 € 2.880,00 € Intervención educativa e Plan de caso con nenos con necesidades educativas especiais (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Técnicas e recursos sobre a animación de grupos e a organización de actividades extraescolares (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € TOTAL LOTE 4 39.150,00 € Estas actividades formativas encóntranse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 5.- O pagamento das accións formativas incluídas nos números 1, 2, 3 e 4 deste procedemento aberto, aboaranse con cargo á partida 09/122.314.165.00, do presuposto prorrogado do 2008 ó 2009, unha vez realizadas estas e tras a presentación das correspondentes facturas. 6.- As empresas, Centro de Formación ICA, S.L. (C.I.F. B-36995934); Formagal, Formación y Servizos, S.L. (C.I.F. B-36477677); Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696) e Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), como adxudicatarias dos lotes números, 1, 2, 3 e 4, deberán aboar cada unha delas, na Caixa desta Deputación, a cantidade de 44,50 euros en concepto de gastos por inserción do anuncio relativo á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 7.16791.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO CORRESPONDENTE ÓS TRABALLOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS PILOTOS DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento de proxectos pilotos dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, por importe de 69.000,00 €, correspondendo 59.482,76 € ó prezo do contrato e 9.517,24 € ó IVE. Resultando que a través do citado acordo a Xunta de Goberno decidiu así mesmo iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude de ofertas ás empresas, Cerex, S.L.; Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. e Ednon, S.L., despois de presentar as empresas, Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. e Ednon, S.L, as correspondentes proposicións económicas no Rexistro Xeral desta Deputación, declinando a empresa Cerex, S.L., a presentación desta polas razóns expostas en escrito de data 13 de marzo de 2009. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2009 e sobre a base do informe emitido polo Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A., motivado todo iso por cumprir a devandita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado e por achegar a proposición máis vantaxosa. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 18 de marzo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. (C.I.F.- A-15545437), o contrato para efectuar os traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento de proxectos pilotos dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 20 de marzo de 2009 e que a empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 2.950,00€ depositada na Tesourería desta Deputación con data 26/03/2009 e número de operación 200900027573, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.-Adxudicar, definitivamente, á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. (C.I.F.- A-15545437), o procedemento negociado sen publicidade tramitado para contratar os traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento de proxectos pilotos dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra” polo prezo reflectido na proposición económica presentada pola devandita empresa, cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo sen IVE ……………………………………………. 59.000,00 € B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) ………………… 9.440,00 € C) TOTAL OFERTADO (A+B) ………………………….. 68.440,00 € 2.-Os traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento de proxectos pilotos dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra” realizaranse no prazo de cinco meses a contar dende o seguinte á formalización do contrato e o pagamento efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas con cargo á partida 09/911.521.227.06 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 8.16792.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2009” Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do 11 de marzo de 2009, mediante o que se acordou a adxudicación provisional mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “PENSA EN TI 2009”, ata unha cantidade máxima de 204.000,00 €, ás seguintes empresas: -Formagal Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36.477.677), as actividades das zonas 2 e 3 pola cantidade de mil cento vinte e oito euros (1.128,00€) por curso, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e sete euros con sesenta céntimos (37,60 €). -Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36.497.949) as actividades das zonas 1, 4 e 5 pola cantidade de mil cento vinte e oito euros (1.128,00 €) por curso, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e sete euros con sesenta céntimos (37,60 €). Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 12 de marzo de 2009, e que as empresas Formagal Formación y Servicios, S.L. e Gestifor Galicia, S.L. presentaron a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva polos seguintes importes: -Formagal, Formación y Servizos S.L., por importe de importe de 4.080,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 200900028587. -Gestifor Galicia S.L., por importe de 6.120,00 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 200900029162. Por todo iso unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente mediante procedemento aberto a organización e impartición das actividades do programa social “PENSA EN TI 2009”, ata unha cantidade máxima de 204.000,00 €, ás seguintes empresas: - Formagal Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36.477.677), as actividades das zonas 2 e 3 pola cantidade de mil cento vinte e oito euros (1.128,00€) por curso, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e sete euros con sesenta céntimos (37,60 €). -Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36.497.949) as actividades das zonas 1, 4 e 5 pola cantidade de mil cento vinte e oito euros (1.128,00 €) por curso, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e sete euros con sesenta céntimos (37,60 €). 9.16793.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2009” Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do 11 de marzo de 2009, mediante o que se acordou a adxudicación provisional mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “TI TAMEN CONTAS 2009”, ata unha cantidade máxima de 102.000,00 €, ás seguintes empresas: Lote 1, correspondente ás comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo, á empresa Xestión Cultural Aurea, S.L. (CIF B-36.394.203) pola cantidade de mil cen catro euros por curso (1.104,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e seis euros con oitenta céntimos (36,80 €). Lote 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño,a a empresa Xestión Cultural Aurea S.L. (CIF B-36.394.203) pola cantidade de mil cen catro euros por curso (1.104,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e seis euros con oitenta céntimos (36,80 €). Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 12 de marzo de 2009, e que a empresa Xestión Cultural Aurea S.L. presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 5.100,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con números de operación 200900028594 e 2009000597, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente mediante procedemento aberto a organización e impartición das actividades do programa social “TI TAMEN CONTAS 2009”, ata unha cantidade máxima de 102.000,00 €, ás seguintes empresas: Lote 1, correspondente ás comarcas de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo, á empresa Xestión Cultural Aurea S.L. (CIF B-36.394.203) pola cantidade de mil cen catro euros por curso (1.104,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e seis euros con oitenta céntimos (36,80 €). Lote 2, correspondente ás comarcas de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño, á empresa Xestión Cultural Aurea S.L. (CIF B-36.394.203) pola cantidade de mil cen catro euros por curso (1.104,00 €), exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE, en función dun prezo por hora de trinta e seis euros con oitenta céntimos (36,80 €). 10.16794.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de dous mil douscentos cincuenta e un euros con oitenta e sete céntimos (2.251,87 €), para responder da obra “Presuposto modificado de terminación E.P. 8004 Caldas- Vilanoviña (Tramo Meis- Vilanoviña) (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/01/2008 con número de operación 200800003166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de dez mil oitocentos corenta e un euros con cincuenta céntimos (10.841,50 €), para responder da obra “Terminación ensanche E.P. 9703 Vilanova- Pontearnelas- Tremoedo (Vilanova)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2006 con número de operación 200600049343, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil cento oitenta euros (2.180,00 €), para responder da obra “Beirarrúas e servizos E.P. 9501 Ribadumia- Grenla (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/01/2006 con número de operación 200600003791, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BARCLAYS BANK, por importe de dous mil trescentos seis euros con oitenta céntimos (2.306,80 €), para responder da obra “Canalizacións E.P. Vilariño- Hío (Cangas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/07/2005 con número de operación 200500067980, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de tres mil douscentos setenta e cinco euros con tres céntimos (3.275,03 €), para responder da obra “Presuposto modificado E.P. 0507 Valiñas- Portas (Barro- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/03/2007 con número de operación 200700016928, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS Y VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO ESPÍRITO SANTO, por importe de quince mil novecentos corenta e oito euros con sesenta e dous céntimos (15.948,62 €), para responder da obra “Mellora da seguridade viaria na estrada de Lois (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/09/2004 con número de operación 200400065275, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO ESPÍRITO SANTO, por importe de seis mil oitocentos noventa e un euros con vinte céntimos (6.891,20 €), para responder da obra “E.P. 6511 Bandeira- Piñeiro (Silleda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/09/2002 con número de operación 200200072884, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oito mil cento trinta e catro euros con cincuenta e dous céntimos (8.134,52€), para responder da obra “E.P. 6201 Rodeiro- Vilela (Rodeiro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/09/2002 con número de operación 200200072860, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de catro mil cento setenta e dous euros con corenta e sete céntimos (4.172,47 €), para responder da obra “Modificado nº 1 de instalación para karting”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/09/2006 con número de operación 200600081737, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de tres mil cincocentos trinta e catro euros con corenta céntimos (3.534,40€), para responder da obra “E.P. 6304 Orrea- Val- Brocos (Agolada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/11/2007 con número de operación 200700092382, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO GALLEGO, por importe de doce mil oitenta e seis euros con quince céntimos (12.086,15 €), para responder da obra “E.P. 7022 Codeseda- Sevil (A Estrada- Cuntis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/12/2002 con número de operación 200200102681, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dez mil setecentos oitenta e dous euros con setenta céntimos (10.782,70 €), para responder da obra “E.P. 7023 Riobó- Remesar (A Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/07/2003 con número de operación 200300049994, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de vinte mil seiscentos setenta e dous euros con oitenta e catro céntimos (20.672,84 €), para responder da obra “E.P. 6010 As Lamas- Moimenta- Ventosa (Lalín- Agolada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/07/2003 con número de operación 200300055595, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISÁN, S.L. (CIF B- 36.360.501) • A constituída en metálico, por importe de mil trescentos tres euros con oitenta céntimos (1.303,80 €), para responder da obra “Presuposto reformado de pavillón polideportivo cuberto do instituto Ramón Cabanillas (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/11/2000 con número de operación 200000060770. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de tres mil catrocentos euros (3.400,00 €), para responder da obra “Ensanche e mellora E.P. 9006 Bouza- O Facho (Castrelo) (Cambados)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/10/2006 con número de operación 200600085920, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. HERMANOS PICO YAÑEZ, S.L. (CIF B- 27.150.572) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de trinta e un mil novecentos catro euros con sesenta e tres céntimos (31.904,63 €), para responder da obra “E.P. 0505 Igrexa de Perdecanai (Barro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/12/2006 con número de operación 200600108519, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA DE AHORROS DEL MEDITERRANEO, por importe de mil novecentos setenta euros con vinte e oito céntimos (1.970,28 €), para responder da obra “Pasos peonís na estrada en Monteporreiro (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/09/2007 con número de operación 200700077676, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEX VIAL, S.L. (CIF B- 36.684.157) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil trescentos noventa e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (2.395,85 €), para responder da obra “Colector de pluviais na E.P. 1303 Banda do Río Portela (Bueu)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/09/2007 con número de operación 200700076338, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil dezanove euros con once céntimos (2.019,11 €), para responder da obra “Praza de Rodeiro E.P.6201 Rodeiro- Río (Rodeiro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/09/2006 con número de operación 200600082681, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. (CIF B- 36.117.356) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cincocentos trinta e oito euros con vinte e cinco céntimos (1.538,25 €), para responder da obra “Redistribución de locais situados na entreplanta lateral dereita do Pazo Provincial para establecemento do servizo de prevención de riscos laborais”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/09/2002 con número de operación 200200074626, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DRAGADOS, S.A. (CIF A- 15.139.314) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de mil novecentos oitenta e catro euros con noventa céntimos (1.984,90 €), para responder da obra “Instalación de liña de alimentación eléctrica para o Arquivo Provincial dende o transformador do Museo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/08/2007 con número de operación 200700068202, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSULTORA GALLEGA, S.A. (CIF B- 36.012.102) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de setecentos vinte e un euros con vinte e un céntimos (721,21 €), para responder da “Redacción do plan provincial de protección do Castelo de Soutomaior e o seu entorno ambiental”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/06/1989 con número de caixa 1761, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.16795.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16796.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “SEMANAS BRANCAS 2009” Aprobado por Xunta de Goberno de 10/12/08 as Bases Reguladoras do programa Semanas Brancas 2009, dirixido ós alumnos/as de 1º, 2º e 3º de centros públicos de Ensinanza Secundaria da nosa provincia e, adxudicada a asistencia técnica de tal programa a Viajes Marsáns, S.L. a razón de 290,00 €/praza subvencionando a Deputación a suma de 95,00 €/praza e os Concellos adheridos a suma de 35,00 €/praza, sendo a contía restante aboada polos participantes, a Xunta de Goberno queda enterada da participación no devandito programa de 1.125 alumnos/as, segundo o cadro que se xunta, cun gasto total por parte desta Deputación Provincial de 106.875,00 €. “SEMANAS BLANCAS” 2009 Concello Adhesión Colexio Nº Nenos/As BARRO SI IES “BARRO” 17 CALDAS DE REIS SI IES “ALFONSO VII” 16 CAMBADOS SI AYUNTAMIENTO 25 CANGAS NO IES “RODEIRA” 71 CANGAS NO IES “MARÍA SOLIÑO” 25 CANGAS NO IES “CARRASCO” 17 CANIZA, A SI CPI DA CAÑIZA 15 CRECENTE SI CPI DA CAÑIZA 2 ARBO SI IES PAZO DA MERCÉ 3 CATOIRA SI CPI “PROGRESO” 31 CERDEDO SI IES “CHANO PIÑEIRO” 4 FORCAREI SI IES “CHANO PIÑEIRO” 11 COTOBADE SI IES “COTOBADE” 16 ESTRADA, A NO IES “Nº 1” 18 GROVE, O SI IES “AS BIZOCAS” 35 LALÍN SI IES “LAXEIRO” 28 MEAÑO SI IES “MEAÑO” 34 MEIS SI IES MOSTEIRO 26 MOAÑA NO IES “AS BARXAS” 81 MOAÑA NO IES “PARALAIA” 30 MORAÑA SI CPI “SANTA LUCÍA” 23 MOS SI IES “MOS” 53 NEVES, AS SI IES “PAZO DA MERCÉ” 21 NIGRÁN SÍ IES “VAL MIÑOR” 35 PAZOS DE BORBÉN SI CPI “CURROS ENRÍQUEZ” 21 PONTEAREAS SI IES “VAL DO TEA” 18 PONTEVEDRA NO IES “SANCHEZ CANTÓN” 31 PORTAS SI CPI “DOMINGO FONTÁN” 16 PORRIÑO NO CPI DE RIBEIRA 37 ROSAL, O NO CPI “MANUEL SUÁREZ MAQUIEIRA” 47 SALVATERRA SI IES “SALVATERRA MIÑO” 20 SILLEDA SI IES “PINTOR COLMEIRO” 22 TOMIÑO SI IES “TOMIÑO” 40 VIGO NO IES “CARLOS CASARES” 38 VIGO NO IES“ÁLVARO QUNQUEIRO” 64 VIGO NO IES “SAN TOMÉ FREIXEIRO” 39 VIGO NO IES “CASTELAO” 25 VILANOVA SI IES “A BASELLA” 30 VILANOVA SI IES “FARO DAS LÚAS” 12 BUEU NO IES “ILLA DE ONS” 28 TOTAL: 1.125 niños/as 13.16797.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOC. REGO DA SALGOSA DE TOMIÑO PARA “OBRAS DE REHABILITACIÓN DO LOCAL SOCIAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE 23/07/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 23/07/2008 unha subvención a favor da Asoc. Rego da Salgosa con CIF: G- 36.571.651, do concello de Tomiño, por un importe de 4.090,00 € para “Obras de rehabilitación do local social”, con cargo á partida 09/451.451.789.04.2008, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 02/04/09, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2009, para a xustificación da citada subvención. 14.16798.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA “OBRAS DE CONSTRUCIÓN DA CUBERTA DO CENTRO CULTURAL DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN” NA XUNTA DE GOBERNO DE 23/07/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 23/07/2008 unha subvención a favor da Parroquia de San Martiño de Sobrán do Concello de Vilagarcía de Arousa por un importe de 8.181,00 € para “Obras de construción da cuberta do Centro Cultural de San Martiño de Sobrán”, con cargo á partida 09/451.451.789.04.2008, e recibido escrito da citada entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 01/04/09, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obra no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2009, para a xustificación da citada subvención. 15.16799.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN DO MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA, RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “CONSTRUCIÓN DE ESTRUTURA DE ACEIRO PARA ALMACÉN DE BARCOS”, APROBADAS Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 23/07/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 23/07/08 unha subvención a favor do Monte Real Club do Concello de Baiona, por un importe de 1.500,00 €, para “Construción de estrutura de aceiro para almacén de barcos”, con cargo á partida 08/451.451.789.04, e recibido escrito da citada entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 01/04/09, no que solicitan unha prórroga para súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de outubro de 2009, para a xustificación da citada subvención. 16.16800.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CLUB SOCIAL MOAÑA MAR, RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA Ó “II TROFEO XOIERÍA TERRA”, APROBADAS Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno de 17/09/08 as subvencións a favor do Club Social Moaña Mar do Concello de Moaña para a “II Trofeo Xoiería Terra” por un importe de 222,00 €, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 31/03/09 do citado club, renunciando á subvención concedida dado que non poden acreditar o gasto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 17.16801.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Ó “ATLÉTICO GRESANDE DO CONCELLO DE LALÍN PARA A COMPRA DE PORTERÍAS, REDES E BANDEIROLAS” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 08/06/07 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno na sesión do 08/06/07 ó Atlético Gresande do Concello de Lalín para a “Compra de porterías, redes e bandeirolas”, por un importe de 470,00 € con cargo á partida 09/451.452.789.00.2007, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, xa que a xustificación non se presenta dentro do prazo previsto na normativa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 470,00 €, con cargo á partida 09/451.452.789.00.2007 do vixente Orzamento provincial. 18.16802.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Ó “ATLETICO GRESANDE DO CONCELLO DE LALÍN PARA A MELLORA NA INSTALACIÓN ELÉCTRICA” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 01/06/07 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno na sesión do 01/06/07 ó Atlético Gresande do Concello de Lalín para a “Mellora na instalación eléctrica”, por un importe de 2.110,00 €, con cargo á partida 09/451.452.789.04.2007, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, xa que a xustificación non se presenta dentro do prazo previsto na normativa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 2.110,00 €, con cargo á partida 09/451.452.789.04.2007 do vixente Orzamento provincial. 19.16803.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 18 de marzo de 2009, acordou a adxudicación provisional mediante procedemento aberto da Xestión e Organización do Programa de Balnearios 2009, ata unha cantidade máxima de 200.000,00 €, á empresa Viajes Iberia S.A (CIF A-07001415), nos balnearios ou talasos que se indica e polos seguintes prezos: BALNEARIO OU TALASO Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa Balneario de Mondariz 97,67 € 113,30 € Balneario de La Toja 93,97 € 109,00 € Balneario de Cuntis 93,97 € 109,00 € Talaso Atlántico 77,59 € 90,00 € Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 18 de marzo de 2009, e que a empresa Viajes Iberia S.A. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva por importe 10.000,00 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 200900029334. Por todo iso unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente, mediante procedemento aberto, a Xestión e Organización do Programa de Balnearios 2009, ata unha cantidade máxima de 200.000,00 euros, á empresa Viajes Iberia S.A (CIF A-07001415), nos balnearios ou talasos que se indica e polos seguintes prezos: BALNEARIO OU TALASO Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa Balneario de Mondariz 97,67 € 113,30 € Balneario de La Toja 93,97 € 109,00 € Balneario de Cuntis 93,97 € 109,00 € Talaso AtlÁntico 77,59 € 90,00 € 20.16804.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “E.P. 1104 MOAÑA-COIRO (CANGAS-MOAÑA)” (EXPTE. D09/0040) Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “E.P. 1104 Moaña-Coiro (Cangas-Moaña)” (Expte. D09/0040), cuxo importe ascende á suma de 219.215,08 € (orzamento de 188.978,52 € máis 30.236,56 € correspondentes ó IVE), e que ten por obxecto a limpeza de cunetas e perfilado de paseos, a posta en rasante de pozos de rexistro, a mellora do firme e a sinalización horizontal e vertical. E á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 09/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto, así como iniciar o correspondente expediente para proceder á contratación da obra. 21.16805.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “PROTECIÓN VIAL PK 0+000 A 0+560 E.P. 2204 SABARÍS-BELESAR (BAIONA)” (EXPTE. D09/0039)” Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “Protección vial PK 0 +000 a 0 +560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)” (Expte. D09/0039), cuxo importe ascende á suma de 78.000,00 € (orzamento de 67.241,38 € máis 10.758,62 € correspondentes ó IVE), e que ten por obxecto a instalación de canalizacións de PVC, sumidoiros e arquetas, o repavimentado mediante baldosas de formigón e a sinalización e balizamento da vía. E á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 09/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto, así como iniciar o correspondente expediente para proceder á contratación da obra. 22.16806.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NAS SEGUINTES ESTRADAS: E.P. 1003 RODEIRA-BOUBETA, E.P. 1001 CANGAS COIRO –MAGDALENA (AVDA. DE LUGO-CANGAS)” Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado da obra “Mellora da seguridade víal nas seguintes estradas: E.P. 1003 Rodeira – Boubeta, E.P. 1001 Cangas – Coiro – Magdalena (Avda. de Lugo) Cangas”, por importe de noventa e nove mil cincocentos trinta e catro euros con dezaoito céntimos (99.534,18 €), IVE incluído. 23.16807.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1009 ACCESO A PRAIA DE MENDUIÑA (CANGAS)” (EXPTE. D09/0042) Redactándose polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “Ensanche e mellora E.P. 1009 acceso á praia de Menduíña (Cangas)” (Expte. D09/0042), cuxo importe ascende á suma de 203.900,39 € (orzamento de 175.776,20 € máis 28.124,19 € correspondentes ó IVE), que ten por obxecto o ensanche da explanación, con derrubamento e construción de muros e peches en nova aliñación, formación de paseos, cunetas e perfilado de taludes, drenaxe e formación de beirarrúas. E á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 09/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto, así como iniciar o correspondente expediente para proceder á contratación da obra. 24.16808.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “CONSTRUCIÓN DE BANCADA EN CAMPO DE FÚLTBOL DE ALDÁN (CANGAS)” (EXPTE. D09/0041) Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “Construción de bancada” no Campo de Fútbol de Aldán (Cangas)” (Expte. D09/0041), cuxo importe ascende á suma de 231.814,62 € (orzamento de 199.840,19 € máis 31.974,43 € correspondentes ó IVE). E á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 09/123.452-662.00 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto, así como iniciar o correspondente expediente para proceder á contratación da obra. 25.16809.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “AFIRMADO E.P. 1301 PORTELA-BELUSO (TRAMO PORTELA-POLÍGONO) (BUEU)” Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “Afirmado E.P. 1301 Portela-Beluso (tramo Portela-Polígono) (Bueu)”, cuxo importe ascende á suma de 70.800,50 € (orzamento de 61.034,91 € máis 9.765,59 € correspondentes ó IVE), que ten por obxecto a limpeza de cunetas e perfilado de paseos, a mellora do firme actual e a sinalización horizontal. E á vista do informe emitido por Intervención relativo a que no orzamento de 2009 figura a partida 09/511.511.612.02 dotada con crédito suficiente para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto, quedando condicionada a súa aprobación á do Orzamento Provincial de 2009. 26.16810.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO, ADOPTADO EN SESIÓN DO 23 DE DECEMBRO DE 2008, NO SENTIDO DE CAMBIAR A PARTIDA NA QUE SE IMPUTA O GASTO DO CONTRATO DO SEGURO DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL Por acordo da Xunta de Goberno, en sesión do 23 de decembro de 2008, adxudicouse o contrato de seguro responsabilidade civil patrimonial á empresa Mapfre Empresa, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. (A-28.204.006) polo prezo de cen corenta e cinco mil trescentos oitenta y seis euros con cincuenta y un céntimos (145.386,51 €), e por un período de dous anos, o que supón unha prima anual de setenta e dous mil seiscentos noventa e tres euros con vinte e cinco céntimos de euro (72.693,25 €). No informe de intervención, de data 18 de novembro de 2008, expoñíase que o financiamento do contrato quedaba condicionado á aprobación dos respectivos orzamentos. Como queira que o orzamento para o ano 2009 está prorrogado, na partida 09/123.453.224.01 non existe crédito abondo para este gasto. Considerando que, a administración ten a prerrogativa e o dereito de rectificar os seus acordos, de conformidade cos previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión do 23 de decembro de 2008, no sentido de cambiar a partida á que se imputa o gasto do contrato do seguro de responsabilidade patrimonial. Polo tanto rectifícase o mencionado acordo no seguinte sentido, onde di: “O contrato pagarase na súa anualidade do 2009 con cargo á partida 09/123.453.224.01 e a outra anualidade con cargo á correspondente.” Debe dicir: “O contrato pagarase na súa anualidade do 2009 con cargo á partida 09/511.511.224.08 e a outra anualidade con cargo á correspondente.” O resto do texto do acordo permanece inalterable. 27.16811.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición