Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-07-01_Ordinaria. Acta de sesión 2009/07/01_Ordinaria
Acta de sesión 2009/07/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-07-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/07/01_Ordinaria
Data(s) 2009-07-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día un de xullo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dona Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten as/os señoras/es deputadas/os D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva e D. Julio Alén Montes. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17039.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de xuño de 2009. 2.17040.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: REPSOL, COMERCIAL DE PRODUCTOS PETROLÍFEROS, S.A. (CIF A- 80.298.839) • A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER CH, por importe de nove mil douscentos euros (9.200,00€), para responder da “Subministración de gasóleo A para o abastecemento de máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2008 con número de operación 200800045720, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil dezasete euros con corenta e seis céntimos (1.017,46€), para responder da “Eliminación de carteis de obras de datas atrasadas zonas norte e sur (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/01/2008 con número de operación 200800003967, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L. (CIF B- 36.360.501) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil catrocentos noventa e un euros con oitenta e oito céntimos (1.491,88€), para responder da “Modificación de remate de pavillón municipal de Beiro (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/10/2007 con número de operación 200700079779, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.17041.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.17042.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2009 Á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de 85.500,00€, dentro do 80% da contía do programa destinado ó procedemento de concorrencia competitiva, así como a cantidade de 16.000,00€, dentro do 20% de libre disposición do Presidente, todas elas con cargo á partida 09/911.911.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2010, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES/2009 (PAM A/09) Partida 2009.911.911.46200 Importe 800.000,00 € REF. CIF CONCELLO DETALLE ORZTO. SOLICT. CONCEDIDO BA CONCEDIDO LD 2009000005 P3602000F Concello de Agolada Campionato galego de moto cross e quad cross 3.000,00 3.000,00 3.000,00 2009000014 P3600400J Concello de Bueu Entroido 2009 3.161,00 3.161,00 2.000,00 2009000071 P3601400I Concello de Crecente Bicentenario da Guerra da Independencia 1.500,00 1.500,00 1.500,00 2009000073 P3601400I Concello de Crecente Semana Cultural de Crecente 2.500,00 2.500,00 2.000,00 2009000074 P3601400I Concello de Crecente Festa do Pito 3.000,00 3.000,00 3.000,00 2009000075 P3601400I Concello de Crecente Segundo trofeo Concello de Crecente de Escolas BTT 4.500,00 4.500,00 4.500,00 2009000077 P3601500F Concello de Cuntis VIII Volta ciclista a Galicia 6.000,00 6.000,00 6.000,00 2009000083 P3601600D Concello de Dozón XV Festa da carne ó caldeiro 3.660,00 3.660,00 3.000,00 2009000084 P3601700B Concello de A Estrada Festa da Bicicleta 2.500,00 2.500,00 2.500,00 2009000085 P3601700B Concello de A Estrada Escolas Deportivas Municipais 2.000,00 2.000,00 2.000,00 2009000086 P3601700B Concello de A Estrada Torneo de tenis Concello da Estrada 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000092 P3601700B Concello de A Estrada Festa do año ó espeto 2.700,00 2.000,00 2.000,00 2009000106 P3602300J Concello de A Guarda Deporte na Praia 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000107 P3602300J Concello de A Guarda Deporte na Rúa 2.000,00 1.600,00 1.000,00 2009000119 P3602400H Concello de Lalín Actividades para a xuventude 1.613,00 1.613,00 1.000,00 2009000001 P3603000E Concello de Mondariz I Festival de primavera Mondariz 2009 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000003 P3603000E Concello de Mondariz Festival da Millaxe 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000136 P3603000E Concello de Mondariz Festa gastronómica da pata de Porco con Freixóns 6.000,00 6.000,00 4.000,00 2009000137 P3603000E Concello de Mondariz XXI Edición da Festa dos Cesteiros 3.000,00 3.000,00 2.000,00 2009000138 P3603000E Concello de Mondariz Fútbol Sala 2009 1.200,00 1.200,00 1.000,00 2009000140 P3603000E Concello de Mondariz Cabalgata de Reis 2009 1.845,00 1.500,00 1.000,00 2009000141 P3603100C Concello de Mondariz Balneario Concerto de Jazz 3.000,00 3.000,00 2.000,00 2009000142 P3603100C Concello de Mondariz Balneario Peregrinación ó Santuario da Franqueira 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000143 P3603100C Concello de Mondariz Balneario Campionato de Fútbol Sala 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000159 P3603400G Concello de As Neves Campionato de Fútbol As Neves 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000160 P3603400G Concello de As Neves Campionato de Fútbol Interparroquial 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000161 P3603400G Concello de As Neves Torneo Fútbol Sala Comarcal Estación-As Neves 1.800,00 1.800,00 1.000,00 2009000162 P3603400G Concello de As Neves Campionato de Badminton 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000172 P3603600B Concello de Oia Festa dos Reis 3.000,00 3.000,00 2.000,00 2009000173 P3603600B Concello de Oia V Subida Automobilística a Santa Mª de Oia 5.000,00 5.000,00 5.000,00 2009000174 P3603600B Concello de Oia Festa da Chourizada 1.997,34 1.997,34 1.000,00 2009000175 P3603600B Concello de Oia Festa do Cordeiro 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000176 P3603600B Concello de Oia Festa da 3ª Idade 8.014,95 8.014,95 8.000,00 2009000179 P3603600B Concello de Oia Fomento Deportivo 1.500,00 1.500,00 1.000,00 2009000183 P3603700J Concello de Pazos de Borbén Festa de Nadal 2009 3.500,00 3.500,00 3.500,00 2009000186 P3604100B Concello de Poio Semana Deportiva San Xoán 2009 2.200,00 2.200,00 1.000,00 2009000187 P3604100B Concello de Poio VI Torneo Fútbol-7 Alevín e Benxamín Concello de Poio 3.120,00 3.120,00 2.000,00 2009000209 P3604300H Concello de Ponte Caldelas I Programa Ponte en Movemento de Ximnasia para Maiores 3.500,00 3.500,00 1.000,00 2009000211 P3604300H Concello de Ponte Caldelas XLIII Edición da Festa da Troita de Ponte Caldelas 4.400,00 4.400,00 2.000,00 2009000654 P3604400F Concello de Pontecesures Festival Infantil "Día do Neno 2009" 3.944,00 3.500,00 3.000,00 2009000234 P3604600A Concello de Ribadumia Xornadas deportivas na Piscina Municipal 1.800,00 1.800,00 1.000,00 2009000236 P3604600A Concello de Ribadumia Torneo de Tenis 1.300,00 1.300,00 1.000,00 2009000259 P3604800G Concello de O Rosal Día Persoas Maiores 3.300,00 3.300,00 1.000,00 2009000261 P3604800G Concello de O Rosal Festa do Cabaqueiro 4.820,00 4.820,00 2.000,00 2009000262 P3604800G Concello de O Rosal Día das Letras Galegas 1.200,00 1.200,00 1.000,00 2009000310 G36579977 Concello de Vila de Cruces Programa Coñecendo aprendo 2009 3.000,00 3.000,00 2.500,00 2009000308 P3605800F Concello de Vilaboa Festa dos Reis 2009 1.344,00 1.344,00 1.000,00 2009000309 P3605800F Concello de Vilaboa Celebración do tradicional Entroido de Cobres 3.300,00 3.300,00 2.000,00 2009000336 P3600009I ELM de Bembrive - Vigo Certame de Rondallas 1.500,00 1.500,00 1.000,00 2009000334 P3600009I ELM de Bembrive - Vigo Ludoteca Artística 2009 8.304,00 5.152,00 5.000,00 85.500,00 € 16.000,00 € 5.17043.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS NOVOS VALORES-2009 A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado seleccionador do Certame Novos Valores 2009 despois da reunión mantida o pasado 29 de xuño que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DA EXPOSICIÓN NOVOS VALORES-2009 PARA A PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DOS SEIS PREMIOS Reunido o Xurado Seleccionador da “Exposición Novos Valores-2009”, no novo edificio do Museo Provincial de Pontevedra o día 29 de xuño de 2009, ás 19:30 horas e composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura. Vogais: D. Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, D. Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, catedrático da Facultade de Belas Artes; D. Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, D. Javier Blanco Lado, director da Fundación Feima, D. Xurxo Alonso García, artista premiado no certame “Novos valores”, Dona Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura; Secretario: D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión emitir o fallo para adxudicar os seis premios por importe de seis mil euros (6.000,00€) cada un, previsto na base décima da convocatoria, de entre as obras seleccionadas os días 11 e 12 de xuño pasado. Despois dun detallado estudo e deliberación das obras seleccionadas, o xurado acordou por unanimidade conceder e premiar as seguintes obras: MODALIDADE ESCULTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Manuel Mas Martín- Cortés Cosméticas del tiempo MODALIDADE DEBUXO AUTOR TÍTULO DA OBRA Miguel Cuba Taboada Illa de San Brandán (palimpsesto identitario) MODALIDADE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Joseba Muruzábal Pérez El Juancho y sus perros MODALIDADE AUDIOVISUAIS AUTOR TÍTULO DA OBRA Miguel Ángel Núñez Martínez No está bien visto, perder el tiempo, perder, la vida MODALIDADE FOTOGRAFÍA AUTOR TÍTULO DA OBRA Sheila Pazos Silva Hombres de asfalto PREMIO JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ DE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Iago Eireos Franco Señora Sapo E non habendo máis asuntos que tratar e sendo as vinte e unha horas e corenta minutos do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe.” Ditos premios achegaranse con cargo á partida 09/451.451.481.01 do orzamento provincial. 6.17044.- APROBACIÓN DO PROXECTO SEGURIDADE VIAL NA E.P. PEINADOR-LOUREDO (MOS) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 20/05/2009, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co concello de Mos para levar a cabo a execución da obra de seguridade vial en E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos), cun orzamento de 1.207.481,64 €. Redactado o proxecto relativo á dita obra, e á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Seguridade vial” na E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos) por importe de 1.207.481,64 €, IVE incluído. A obra financiarase conforme á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 150.000,00 450.000,00 305.611,23 905.611,23 Concello 50.000,00 150.000,00 101.870,41 301.870,41 Total 200.000,00 600.000,00 407.481,64 1.207.481,64 Na partida 09/511.511-612.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á anualidade de 2009. As anualidades de 2010 e 2011 contabilizaranse con cargo ás partidas correspondentes dos seus orzamentos quedando condicionadas á súa aprobación. 7.17045.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “HUMANIZACIÓN DA E.P. 2908 ARCADE-AMOEDO- TRAMO ROSALÍA DE CASTRO” (SOUTOMAIOR) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 17/06/2009, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co concello de Soutomaior para levar a cabo a execución da obra de “Humanización da E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro”, cun orzamento de 499.990,06 €. Redactado o proxecto relativo a dita obra, e á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro” por importe de 499.990,06 €, IVE incluído. A obra financiarase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 Total Deputación 150.000,00 199.990,06 349.990,06 Concello 100.000,00 50.000,00 150.000,00 Total 250.000,00 249.990,06 499.990,06 Na partida 09/511.511-612.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á anualidade de 2009. A anualidade de 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente do seu orzamento quedando condicionada á súa aprobación. 8.17046.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE DIVERSAS OBRAS (“MELLORA CAPA DE RODADURA EE.PP ZONA CENTRO” E “REHABILITACIÓN FIRMES EN ZONA NORTE” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 24/06/2009, prestou aprobación ós proxectos de “Mellora capa rodamento EE.PP. Zona Centro”, por importe de 877.068,48 €, máis 140.330,96€ correspondentes ó IVE, e de “Rehabilitación de firmes na Zona Norte” por importe de 704.909,46 € máis 112.785,51 € correspondentes ó IVE. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, das seguintes obras: 1.- “Mellora capa rodamento EE.PP. Zona Centro”, por importe de 877.068,48€, máis 140.330,96€ correspondentes ó IVE. 2.-“Rehabilitación de firmes na Zona Norte” por importe de 704.909,46 € máis 112.785,51 € correspondentes ó IVE. As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DE “DIVERSAS OBRAS”. CPV 45230000. 1.-OBXECTO.- As obras obxecto do expediente, cuxos proxectos foron aprobados pola Xunta de Goberno en sesión do 24 de xuño de 2009, teñen como finalidade a rehabilitación de firmes en estradas provinciais da zona Norte e a mellora da capa de rodamento en estradas da zona Centro. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.-ORZAMENTO.- As obras contan cos seguintes orzamentos. 1.- “Rehabilitación de firmes na zona Norte”, cun orzamento de 704.909,46 € máis 112.785,51 € correspondentes ó IVE. 2.- “Mellora capa de rodamento en EE.PP. da zona Centro”, cun orzamento de 877.068,48 € máis 140.330,96 € correspondentes ó IVE. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1.-Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: -A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. -Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. -Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2.-Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3.-IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.-FINANCIAMENTO.- As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de nove meses para a obra nº 1 e doce meses para a obra nº 2. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van a realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.-INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.-GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.-PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.– 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais a contar dende o día seguinte a publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. -Formalidades. - Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Nome do Licitador. -CIF. -Enderezo e teléfono de contacto. -Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). -Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A:documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra” (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que exercer a representación da unión temporal ante a Administración. 2.-Poder debidamente bastanteado. 3.-Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que será: Grupo G, Subgrupo 4, categoría d. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4.-Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra “ (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. -Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.-Memoria construtiva e programa de traballo. 3.-Melloras ofertadas. 4.-Memoria de seguridade e saúde. 5. -Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións ambientais (no seu caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra “ (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.-Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. O devandito modelo conterá a oferta económica realizada, o prazo de execución da obra e a porcentaxe de control de calidade ofertado. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar o control de calidade. Así mesmo, a dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.-MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Arquitecto Provincial. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 10.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliasen e ponderasen seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.-CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1. -Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. -Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. -Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. -Programa de actuacións medio ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debendo explicarse a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometesen a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunde nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar estas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.d. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra dos devanditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a análise destes en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos en obra. 5.-Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se presentará a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento de ditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que contemplarán os traballadores autorizados para o seu uso. 6.-Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´ s. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nesta. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se definirá como se verificará a utilización destes por parte dos traballadores. 7.-Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que fosen desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoña unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medio ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medio ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medio ambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE 1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1 S 014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme á certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se considera algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verquidos, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2. -Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. - Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.2.3.) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.-OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. - A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituída a garantía definitiva. 15.-FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE. - Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia abondo para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.-RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.-EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA. - As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste dese ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art.º 198.1 LCSP). 20.-CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; no caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.-RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.-XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.-LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fora favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, se aboará a cantidade debida ó contratista. 24.-GARANTÍA DA OBRA. - A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir ningunha cantidade por ampliación do prazo de garantía. 25.-DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, logo de aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que foran interpostas reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración dispoñerá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.-RÉXIME XURÍDICO. - En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.-XURISDICIÓN COMPETENTE. - As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional contenciosa-administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da dita Xurisdición. 29.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............, maior de idade, veciño de..........., con domicilio en...........titular do DNI............, expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa........... (C.I.F.- nº .............) e con domicilio en............, teléfono......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra) comprométese a executala polo prezo de ______ (en letra e número) euros, máis ______ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. -Prazo de execución: -% do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” 9.17047.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EP 8004 CALDAS–VILANOVIÑA (TRAMO CALDAS-PORTAS)” Resultando que o Pleno da Deputación Provincial, en sesión de 04/03/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Mellora da seguridade viaria EP 8004 Caldas-Vilanoviña (tramo Caldas-Portas)”, por importe de 248.242,53 €, máis 39.718,80 € correspondentes ó IVE. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da referida obra cun orzamento de licitación de 248.242,53€, máis 39.718,80€ correspondentes ó IVE. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E.P. 8004 CALDAS-VILANOVIÑA (TRAMO CALDAS-PORTAS)”. CPV 45230000. 1.-OBXECTO.- A obra obxecto do expediente, cuxo proxecto foi aprobado inicialmente polo Pleno de 04/03/2009, ten como finalidade a continuación do vial urbano de Caldas de Reis que ten un ancho entre aliñacións de 15 m. cumprindo o plan municipal. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.-ORZAMENTO.- A obra conta cun orzamento de 248.242,53 € máis 39.718,80 € correspondentes ó IVE. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1.-Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: -A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. -Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. -Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2.-Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3.-IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licencias, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.-FINANCIAMENTO.- As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de tres meses. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que considere o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e logo de petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.-INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.-GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.-PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais a contar dende o día seguinte a publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Nome do Licitador. -CIF. -Enderezo e teléfono de contacto. -Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). -Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra” (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.-Poder debidamente bastanteado. 3.-Clasificación empresarial: De acordo coa disposición adicional sexta do R.d. 9/2008, do 28 de novembro, do fondo de investimento local, non é esixible a clasificación empresarial toda vez que o orzamento da obra é inferior a 350.000,00 €. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4.-Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra”(especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. -Memoria construtiva e programa de traballo. 3. -Melloras ofertadas. 4. -Memoria de seguridade e saúde. 5. -Tecnoloxía de I+D+i e programa de actuacións medio ambientais (no seu caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra” (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1. -Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Dito modelo conterá a oferta económica realizada, o prazo de execución da obra e a porcentaxe de control de calidade ofertado. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar o control de calidade. Así mesmo, a dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.-MESA DE CONTRATACIÓN.-Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE:- O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 10.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliasen e ponderasen seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.-CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1. -Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. -Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. -Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. -Programa de actuacións medio ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debendo explicarse a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometese adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunde nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar estas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1.-Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2.-Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3.-Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.d. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra dos devanditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4.-Análise da proposta de información e estudo dos índices de siniestralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de siniestralidade, así como a análise destes en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como que se haberá de presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento de ditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que contemplarán os traballadores autorizados para o seu uso. 6.-Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nesta. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como definirase como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización destes por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que fosen desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoña unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medio ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental proposto. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medio ambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1 S 014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme á certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se considera algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verquidos, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. - Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte formula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.2.3.) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.-OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. – A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituída a garantía definitiva. 15.-FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE. – Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.-GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia abondo para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.-RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.-EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art.º 198.1 LCSP). 20.-CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridas na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra, no caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.-RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.-XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.-LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, se aboará a cantidade debida ó contratista. 24.-GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir ningunha cantidade por ampliación do prazo de garantía. 25.-DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, logo de aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración dispoñerá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.-XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional contenciosa-administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da dita Xurisdición. 29.-MODELO DE PROPOSICION.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación da empresa................................. (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra) comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. . Prazo de execución: . % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” 10.17048.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, PARA A ADXUDICACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO PERIÓDICO FARO DE VIGO O Xefe de Gabinete de Comunicación, a través de escrito de data 3 de xuño de 2009, no que figura o conforme do Vicepresidente Económico, solicita que se contrate coa empresa Faro de Vigo, S.A.U., a prestación de servizos de publicidade para realizar no periódico Faro de Vigo. Resultando que o custo deste servizo cífrase en 153.981,16 euros e que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 11/06/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, polo citado importe, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 23 de xuño de 2009. Resultando que con data 23 de xuño de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade no periódico Faro de Vigo. Resultando que con data 30 de xuño polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como de servizos ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación sobre a base do estipulado no artigo 154, d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa Faro de Vigo S.A.U. a única que goza de exclusividade para realizar este. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no periódico FARO DE VIGO por un importe total de cento cincuenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con dezaseis céntimos (153.981,16 €), IVE incluído, de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: EDICIÓN PREZO UNITARIO NÚMERO TOTAL AROUSA (10x5) 1.308,13 3 4.671,90 AROUSA (5x5) 482,00 3 1.721,44 AROUSA (sup 5x5) 354,68 1 422,24 MORRAZO (5x5) 511,56 1 609,00 DEZA (sup 5x5) 628,73 5 3.742,45 PONTEVEDRA (10x5) 1.125,43 2 2.679,60 PONTEVEDRA (3x5) 356,27 1 424,13 PONTEVEDRA (5x5) 547,18 8 2.211,30 PONTEVEDRA (sup 5x5) 354,68 3 1.266,72 VIGO (10x10) 13.446,72 1 16.008,00 VIGO (10x5) 5.845,21 9 62.627,24 VIGO (3x5) 1.534,68 1 1.827,00 VIGO (4x3) 818,50 2 1.948,80 VIGO (5x5) 2.246,16 9 24.065,94 VIGO (sup 10x5) 3.069,36 4 14.616,00 VIGO (sup 5x5) 1.274,63 8 12.139,40 TOTAL ……………………… 153.981,16 2.-Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3.-Autorizar o gasto por importe de 153.981,16 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade no periódico FARO DE VIGO mediante a solicitude da correspondente oferta, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PROXECTO DE PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE POR PARTE DE FARO DE VIGO, S.A. 1.-OBXECTO.- A contratación de servizos de publicidade coa empresa Faro de Vigo, S.A., para a realización dunha campaña publicitaria para a promoción das actuacións realizadas pola Deputación, en prol do desenvolvemento da Provincia e dos seus sectores máis representativos dende o punto de vista económica, comercial, empresarial, cultural, turístico, agrario e deportivo. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente Orzamento Provincial. 3.-ORZAMENTO.- Fíxase na cantidade global de 153.981,16 euros, IVE incluído, correspondendo 132.742,38 euros ó prezo do contrato e 21.238,78 euros ó IVE, de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: EDICIÓN PRECIO UNITARIO NÚMERO TOTAL AROUSA (10x5) 1.308,13 3 4.671,90 AROUSA (5x5) 482,00 3 1.721,44 AROUSA (sup 5x5) 354,68 1 422,24 MORRAZO (5x5) 511,56 1 609,00 DEZA (sup 5x5) 628,73 5 3.742,45 PONTEVEDRA (10x5) 1.125,43 2 2.679,60 PONTEVEDRA (3x5) 356,27 1 424,13 PONTEVEDRA (5x5) 547,18 8 2.211,30 PONTEVEDRA (sup 5x5) 354,68 3 1.266,72 VIGO (10x10) 13.446,72 1 16.008,00 VIGO (10x5) 5.845,21 9 62.627,24 VIGO (3x5) 1.534,68 1 1.827,00 VIGO (4x3) 818,50 2 1.948,80 VIGO (5x5) 2.246,16 9 24.065,94 VIGO (sup 10x5) 3.069,36 4 14.616,00 VIGO (sup 5x5) 1.274,63 8 12.139,40 TOTAL 153.981,16 4.-FORMA DE PAGAMENTO.- Será satisfeito ó adxudicatario contra presentación das facturas correspondentes, unha vez prestada a conformidade por esta Deputación. 5.-DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2009. 6.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. 7.-PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- De conformidade co art 20 da LCSP, os contratos comprendidos na categoría 13 do anexo II, referente, entre outros, ós contratos que teñan por obxecto os servizos de publicidade. Con tal motivo e dada a natureza específica deste contrato, adxudícase mediante procedemento negociado sen publicidade, aplicando o art 154, d) da LCSP, por razóns artísticas e técnicas da empresa FARO DE VIGO, S.A.U., ó ser dita empresa a única dotada dunha infraestrutura técnica capaz de realizar esta ampla campaña informativa. 8.-GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.-PRESENTACIÓN DA PROPOSICIÓN DA EMPRESA ADXUDICATARIA; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- Presentarase no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico á seguinte dirección: contratacion@depo.es; ou ben mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- A proposición presentarase en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE POR PARTE DE FARO DE VIGO, S.A. Deberá axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica. 2.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e,se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 3.-Certificado de clasificación: Grupo T, subgrupo 1, categoría A. Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 4.-Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 10.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose á empresa e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 11.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario terá que presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional terá que elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 12.-FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contados dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 13.-RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 14.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.-OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista se axusta ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, no seu caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados con ocasión da súa recepción. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 16.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts 206 e 284 da LCSP. 17.-RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto na Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo. (Data e sinatura do propoñente)” 11.17049.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “NAVE DE SERVIZOS PARA INSTALACIÓN DE KARTING EN FORCAREI” (EXPTE. D08/0070) A Xunta de Goberno, en sesión de 27 de maio de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Nave de Servizos para instalación de karting en Forcarei” á empresa Construcciones Abal, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Nave para instalación de karting en Forcarei”, efectuada, en sesión de 27 de maio do ano en curso, a favor de Construcciones Abal, S.A. na suma de 126.620,69 €, máis 20.739,31 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 500,00 € e o 0,50 % do orzamento de execución material para control de calidade. 12.17050.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN LOCALIA VIGO A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 20 de maio de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión Localia Vigo, por importe de 67.999,00 euros, correspondendo 58.619,83 euros ó prezo do contrato e 9.379,17 euros ó IVE. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da oferta á empresa, Utega, S.A. ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou esta no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 11 de xuño de 2009, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa invitada manifestando que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2009 e sobre a base do informe emitido polo Sr. Xefe del Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa Utega, S.A., ó cumprir dita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2009. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.-Adxudicar, provisionalmente, á empresa Unión de Televisiones Gallegas, S.A. (C.I.F.- A 15.766.256) o contrato para prestación de servizos de publicidade na canle de televisión Localia Vigo, por importe de 67.999,00 euros, correspondendo 58.619,83 euros ó prezo do contrato e 9.379,17 euros ó IVE de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Tipo de emisión Prezo unitario IVE Importe Total 100 spots publicitarios 210,00 € 33,60 € 243,60 € 24.360,00 € 10 programas especiais 2.270,00 € 363,20 € 2.633,20 € 26.332,00 € 2 programas especiais 900,10 € 144,00 € 1.044,00 € 10.440,00 € Resumen informacións prov. 5.919,83 € 947,17 € 6.867,00 € 6.867,00 € 2.-Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 2.930,99 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 13.17051.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 20 de maio de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade nas emisoras comarcais de Onda Cero na provincia de Pontevedra, así como nas revistas Destino Galicia e Navegando Galicia, por importe de 120.000,00 euros, correspondendo 103.448,28 euros ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da oferta á empresa, UNIPREX, S.A. ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou esta no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 29 de xuño de 2009, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa invitada manifestando que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2009 e en base do informe emitido polo Sr. Xefe del Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa Uniprex, S.A., ó cumprir dita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2009. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar, provisionalmente, á empresa Uniprex, S.A. (C.I.F.- A- 08.216.459) o contrato para prestación de servizos de publicidade nas emisoras comarcais de Onda Cero na provincia de Pontevedra, así como nas revistas Destino Galicia e Navegando Galicia, por importe de 120.000,00 euros, correspondendo 103.448,28 euros ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE., de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -108 Micros Vigo-Cangas-Baiona- Val Miñor 255,43 € 40,87 € 296,30 € 32.000,00 € -108 Micros Pontevedra-Sanxenxo-Arousa 111,75 € 17,88 € 129,63 € 14.000,00 € -108 Micros Porriño-Louriña-O Rosal. 87,80 € 14,05 € 101,85 € 11.000,00 € -108 Micros Lalín-Silleda-A Estrada…. 63,85 € 10,22 € 74,07 € 8.000,00 € -108 Micros Tui-Baixo Miño………… 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -108 Micros Ponteareas-Condado-Paradanta … 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -8 Programas especiales ………………. 1.293,10 € 206,90 € 1.500,00 € 12.000,00 € -54 Programas “La Diputación y tu”… 271,39 € 43,42 € 314,81 € 17.000,00 € -6 Inserciones Publicitarias…………… 1.120,69 € 179,31 € 1.300,00 € 7.800,00 € 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 5.172,41 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 14.17052.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO CORPORATIVO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTOS WIMAX RURAL A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20 de maio de 2009, prestou aprobación ó expediente relativo á contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de telecomunicacións de banda ancha en dous proxectos pilotos wimax rural. Establecéronse dous lotes; o lote 1, relativo ó proxecto piloto de frecuencia 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo, contando cun orzamento base de licitación de douscentos cinco mil cento setenta e dous euros con corenta e uns céntimos (205.172,41 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de trinta e dous mil oitocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove euros (32. 827,59 €). E o lote 2, relativo á rede de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo , polo mesmo orzamento base de licitación que o lote anterior. O anuncio da convocatoria pública de licitación foi publicado no BOP número 101, de data 29 de maio de 2009. Con data 17 de xuño de 2009, reuniuse a mesa de contratación para proceder a examinar a documentación e proposición das empresas presentadas ó Lote 1, R CABLE E TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A; e TAELPO, S. COOP. TELECOMUNICACIONES. Así mesmo, procedeuse á apertura de lote 2, sendo as seguintes empresas as que presentaron proposicións IBERBANDA, S.A.; e TAELPO, S. COOP. TELECOMUNICACIONES. Visto o informe técnico emitido polo responsable do servizo de novas tecnoloxías valorando as distintas ofertas presentadas e admitidas, e de acordo cos criterios que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento aberto, e vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.-Adxudicar provisionalmente: A) O LOTE 1, relativo ó proxecto piloto para probar tecnoloxía wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo, á empresa R CABLE E TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. (A-15.474.281) polo prezo de douscentos un mil catrocentos once euros con sesenta céntimos (201.411,60 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil douscentos vinte e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (32.225,85 €). B) O LOTE 2, relativo ó proxecto piloto para probar a tecnoloxía wimax na banda de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo á empresa IBERBANDA, S.A. (A-61.912.069) polo prezo de douscentos catro mil euros (204.000,00 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil seiscentos corenta euros (32.640,00 €). As adxudicacións a estas empresas están motivadas por obter a máxima puntuación en aplicación dos criterios de valoración recollidos no prego de condicións económico-administrativo, ademais de cumprir con todas as demais esixencias establecidas no procedemento aberto. Segundo.-Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar á corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. As empresas adxudicatarias deberán constituír as garantías definitivas na Caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, polos seguintes importes: LOTE IMPORTE 1 8.056,46 € 2 8.160,00 € Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, as cantidades que se determinan a continuación, en concepto de gastos de anuncio no BOP: EMPRESA IMPORTE R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A 70,12 € IBERBANDA, S.A 70,12 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 15.17053.- PETICIÓN DE CAMBIO DE TIPO DE VEHÍCULO OUTORGADO POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 24 do pasado mes de febreiro, acordou conceder ó Concello de Vilanova de Arousa unha axuda para a adquisición do vehículo Citröen Jumpy 120 Combi 8/9 p, por importe de 24.547,00 euros, dentro da convocatoria efectuada de acordo ó Convenio subscrito con Caixanova e Citröen España, S.A. O concello de Vilanova solicita, por circunstancias diversas, que se autorice o cambio de vehículo, en concreto por un Jumper HDI 120 Combi 33 L2H2 con aire acondicionado e 3º fila de asentos, por importe de 31.752,00 euros. En consecuencia a cantidade a abonar pola Entidade beneficiaria unha vez efectuado o desconto de Citroën será de 7.334,71 euros. Visto o informe do Servizo de Contratación, o cambio solicitado supón un incremento na achega da Deputación de 1.664,35 euros, existindo consignación orzamentaria para iso, ó non ter esgotado o crédito, como consecuencia da súa ampliación mediante a subscrición dunha addenda ó primitivo Convenio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder a petición formulada polo concello de Vilanova de Arousa no sentido de que a axuda que se concede é para o seguinte vehículo: - Citroën Jumper HDI 120 Combi 33 L2H2 con aire acondicionado e 3º fila de asentos, por importe de 31.752,00 €. -A cantidade a achegar polo Concello de Vilanova unha vez efectuado o desconto do 30,7 % será de 7.334,71 €. 16.17054.- AUTORIZACIÓN DOS CONTRATOS CON UNIÓN FENOSA COMERCIAL S.L., PARA A SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA EN DIVERSOS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Visto o informe dos xefes de mantemento do Pazo Provincial e da Cidade Infantil Príncipe Felipe, de data 10 de xuño do ano en curso, onde participan que os contratos de subministración de enerxía eléctrica dos distintos centros presentados pola empresa Unión Fenosa Comercial, S.L. son interesantes e beneficiosos para a Deputación de Pontevedra. Visto o informe de intervención, de data 25 de xuño de 2009, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e o disposto nos artigos 34-1, f e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 61 do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar os contratos con Unión Fenosa Comercial, S.L. para a subministración de enerxía eléctrica para diversos centros da Deputación de Pontevedra coa empresa Unión Fenosa Comercial, S.L. (C.I.F. B-82.207.275). Os contratos terán unha duración de doce meses a contar dende a data da sinatura do contrato, podendo resolverse con anterioridade se calquera das partes denuncia os mesmos cun mes de antelación ó seu remate. Esta Deputación de conformidade co previsto na Lei 54/1997 do Sector Eléctrico e R.d. 871/2007, iniciará o correspondente expediente de contratación para licitar, a maior brevidade posible, a subministración de enerxía eléctrica da Deputación e os seus organismos autónomos. Os contratos a subscribir comprenderán a subministración de enerxía eléctrica ós centros que a continuación se relacionan, coa súa respectiva oferta e partida á que se imputará o gasto: CENTRO NISS PREZO MEDIO OFERTADO PARTIDA PAZO PROVINCIAL 0104977353 10,5053 CTS/KWH 09/121.121.221.00 C.I.P.F. (ALUMEADO) 0104977359 10,6117 CTS/KWH 09/422.422.221.00 C.I.P.F. (FORZA) 0104977358 10,2771 CTS/KWH 09/422.422.221.00 FINCA MOURISCADE 0104977631 10,4602 CTS/KWH 09/712.712.221.00 A LANZADA 0104990017 10,9834 CTS/KWH 09/452.452.221.00 SOUTOMAIOR 0104979789 13,7079 CTS/KWH 09/453.453.221.00 PARQUE MAQUINARIA 4977365 13,3806 CTS/KWH 09/511.511.221.00 IMPRENTA 7220296 17,0945 CTS/KWH 09/463.463.221.00 POL. INDUSTRIAL LALIN 4977633 39,4225 CTS/KWH 09/511.511.221.00 A oferta da empresa Unión Fenosa Comercial, S.L., comprende a subministración de enerxía eléctrica en media tensión e instalación e aluguer dos equipos de medida. Así mesmo apróbase o gasto, cuxo pago será librado no seu día con cargo ás partidas 09/121.121.221.00, 09/422.422.221.00, 09/712.712.221.00, 09/452.452.221.00, 09/453.453.221.00, 09/511.511.221.00 e 09/463.463.221.00 do vixente Orzamento Provincial dependendo do centro que realice o consumo e de conformidade co prezo ofertado que se relaciona na táboa. 17.17055.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº12 DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. 2907 REDONDELA-CEPEDA (REDONDELA) Vista a certificación núm. 12 relativa o proxecto modificado nº 1 da obra “Mellora de trazado e pavimento E.P. 2907 Redondela – Cepeda (Redondela)” adxudicada no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES RAFER, S.L., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 19 de xuño e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES RAFER S.L. (CIF. B-36.052.702) 09/511.511-612.02.2008 09/511-511-612.02 (Deputación) 164.679,64 € SUBTOTAL ………. 164.679,64 € Taxa Técnicos Directores (4%) 4.771,94 € Control de calidade (0.5%) 596,49 € Seguridade e Saúde (0,72%) 858,95 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……………….. 158.452,26 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto se trata da prestación do Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos no funcionarios aboarase cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 18.17056.- DESESTIMACIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO CONTRA O DESAFIUZAMENTO DA VIVENDA DO BLOQUE F PISO TERCEIRO DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 13 de maio de 2009, adoptou o acordo de requirir a Dona Amparo González López, viúva de D. Emilio Cid Suárez para que procedera o desaloxo da vivenda do bloque F, piso terceiro, que lle foi concedida ó seu marido, non como inquilino senón no seu cargo de traballador da Imprenta Provincial. O requirimento efectúaselle ó terse extinguido a relación de emprego por xubilación, ó cumprir a idade regulamentaria con efectos de 13 de outubro de 2001. Contra este acordo interpón recurso de reposición en forma e prazo. Formula diversas alegacións contra o acordo que, ningunha delas, desvirtúa a resolución recorrida. En efecto analizaremos o fondo das razón expostas en cada unha delas: 1.- Na primeira alegación que formula manifesta que a vivenda lle foi adxudicada sen cortapisas, nin tempo determinado, nin circunstancia limitativa algunha, ó seu defunto esposo “y no por acto o resolución que lo vinculara a su puesto de trabajo en la Imprenta Provincial como se manifiesta en el acuerdo objeto del recurso”. É obvio que esta afirmación non se axusta a realidade dos feitos, a vivenda foille concedida, como xa puxo de manifesto en outras alegacións, ó chegar a un acordo verbal con esta Institución, no momento da contratación do seu esposo D. Emilio Cid Suárez, polo que ademais do seu salario se lle facilitaría unha vivenda familiar. E non podía ser doutra forma, posto que as vivendas de Principe Felipe só podían destinarse a residencia de Mestres ou Traballadores da Cidade Infantil. Fai referencia as alegacións efectuadas en febreiro de 2005, con ocasión doutra comunicación que se lle fixo, e que non tiveron resposta por parte da Administración, entendendo que se lle recoñecía o dereito a seguir residindo nela. A tolerancia en manter a ocupación da vivenda, unha vez extinguida a relación de servizos, non impide o desafiuzamento nin converte a relación en arrendaticia, segundo sentenza do Tribunal Supremo de 5 de xaneiro de 1990, nin a favor do titular nin dos seus familiares, (entre outras, Sentenza de 23 de novembro de 1993). En consecuencia a Administración non actuou en contra dos seus propios actos posto que non houbo resolución definitiva. 2.- Considera nas alegacións segunda e terceira, incorrecto o trámite para o desafiuzamento ó estimar que “se ha producido una usurpación de los bens y haberá que procurar su recuperación ante los tribunais ordinarios”. Indiscutiblemente, estamos ante casos completamente distintos. Os artigos 55 do Regulamento de Patrimonio das Administracións Publicas e o 70 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, fan referencia a procedementos para a recuperación de bens por usurpación, é dicir, sen que houbera un título de concesión previo. No caso que nos ocupa é de aplicación ó disposto no artigo 93, b) do Regulamento de Bens das Entidades Locais, no que se pon de manifesto que as Corporacións Locais que tiveran cedidas vivendas ó seu persoal, por razón dos servizos que prestan, darán por terminada a ocupación cando se teña extinguido a relación de emprego. O procedemento para a súa recuperación é o previsto nos artigos 130 e 131 da mencionada norma lexislativa. 3.- Nas súas alegacións cuarta e quinta, pon de manifesto a falta de competencia da Xunta de Goberno para a adopción do acordo e a falta de motivación da declaración da urxencia. Nada máis apartado da realidade. En efecto correspóndelle a este órgano a adopción do acordo, en virtude das facultades que ten delegadas polo Pleno, entre as que se atopan “o exercicio de accións administrativas e xudiciais”. En canto a motivación da urxencia, sinala o artigo 83 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, aprobado por Real Decreto 2568/86 de 28 de novembro que “os acordos que se adopten, en sesións ordinarias, sobre materias non incluídas na orde do día, debe efectuarse previa a declaración de urxencia polo órgano correspondente”, que foi o que ocorreu no presente caso, sen que se esixa motivación das razóns que xa se entenden implícitas. 4.- Alega así mesmo falta de motivación da resolución recorrida. Non se entende esta alegación, salvo que se actúe de mala fe, posto que está moi claro na resolución recorrida a causa pola que se leva a cabo o desafiuzamento da vivenda, que non é outra que a “extinción da relación de emprego por terse xubilado ó seu marido, por idade regulamentaria, con efectos de 13 de outubro de 2001, carecendo en consecuencia de título que acredite ó poder disfrutar da mesmas, ó desaparecer as causas que legalmente fundamentaban o seu dereito”. 5.- Nas tres últimas alegacións, sétima, oitava e novena manifesta a “inexistencia de interese lexítimo por encima do seu propio”, “agravio comparativo” e “ausencia de boa fe”. En canto a primeira, é de resaltar que fala do seu interese particular, pero a Administración está defendendo o interese xeral, que se concreta na recuperación dunha vivenda para destinala no seu futuro a outros fins sociais, e que neste momento está ocupada sen título que acredite esta ocupación. Sinala agravio comparativo, porque a outro inquilino déuselle de prazo ata o 31 de decembro de 2009. As mesmas circunstancias se lle ofreceron a ela, pero na súa petición quería que se deixase a vivenda ata o 31 de decembro do 2010, é dicir un ano máis que o anterior. Por tanto non hai agravio comparativo, senón non aceptación pola súa parte do prazo en que se lle outorgaba a prórroga. Por tanto, se alguén actuou de mala fe foi a propia interesada. A Administración deulle todas as facilidades, pero poñendo como límite o 31 de decembro de 2009, cousa que non aceptou, posto que pedía un ano máis de prórroga ó aceptado pola Administración. Á vista destes antecedentes e de conformidade co informe de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Desestimar o recurso de reposición formulado por Dona Amparo González López, viúva de D. Emilio Cid Suarez, contra o acordo da Xunta de Goberno de 13 de maio de 2009, ó non desvirtuar as alegacións formuladas as causas que motivaron o requirimento para que proceda o desaloxo e entrega das chaves da vivenda do bloque F , piso terceiro da Cidade Infantil Príncipe Felipe, que lle foi concedida ó seu marido, non como inquilino senón como traballador da Imprenta Provincial. 2.- Outorgarlle un prazo de cinco días hábiles para a entrega voluntaria das chaves da vivenda, na sede da Dirección de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe, da que se levantará acta ó efecto. 3.- De non proceder a entrega voluntaria das chaves no prazo indicado, procederase o lanzamento do inmoble, sinalándose para iso como data o día 14 de setembro de 2009. De conformidade co previsto no artigo 131 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño, os gastos a que de lugar o lanzamento e depósito dos bens serán por conta do desafiuzado. 19.17057.- CORRECCION DE ERRO NO ACORDO NUM. 14.17022 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 24/06/2009 Visto o acordo da Xunta de Goberno de data 24/06/2009 co número 14.17022 correspondente á reclamación de responsabilidade patrimonial de Dona Josefa Fernández Pintos por danos persoais a consecuencia dunha caída na beirarrúa que vai de Peitieiros a Gondomar, e detectado erro material no primeiro parágrafo da proposta, no sentido de que consta como data do accidente o 10/06/2009 cando en realidade debe constar 10/06/2008 procede a teor do artigo 105.2 da Lei 30/92 de 26 de novembro, corrixir o devandito erro material, téndose como data do accidente o 10/06/2008. En consecuencia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo no sentido antedito. 20.17058.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 30 de xuño de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000737 e que contén oitenta e dúas facturas, sendo a primeira de Hotel Bahía de Vigo, S.A., por importe de 9.630,00 € e a derradeira de Ramale Hostelería, S.L., por importe 4.560,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 138.269,10 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 138.269,10 € 21.17059.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental,
Ãrea de notas
Nota