ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2009/08/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-08-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/08/12_Ordinaria

  • Data(s) 2009-08-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día doce de agosto do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto Dª Mª Jesús Torres Peón, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal nin os señores deputados D. José Juan Durán Hermida e D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17170.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de agosto de 2009. 2.17171.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 15 de xullo de 2009, acordou a adxudicación provisional mediante procedemento aberto da organización e impartición dos cursos incluídos no Programa Social “ACTIVATE”, á empresa FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS S.L. (CIF B-36.477.677) polo prezo ofertado de 1.140,00 euros por curso (a razón de 38 €/hora), ata unha cantidade máxima de 87.600,00 euros. (Todas estas cantidades atópanse exentas do IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE). Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra, e que a empresa FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS S.L. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe 4.380,00 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 200900065960. Por todo iso unha vez cumprimentados os trámites e transcorrido o prazo esixidos no artigo 135 de la Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos del Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o contrato para a organización e impartición dos cursos incluídos no Programa Social “ACTIVATE”, á empresa FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS S.L. (CIF B-36.477.677) polo prezo ofertado de 1.140,00 euros por curso (a razón de 38 €/hora), ata unha cantidade máxima de 87.600,00 euros. (Todas estas cantidades atópanse exentas do IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE). 3.17172.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS As empresas Gabrat, S.L., Comercial Vazpe, S.L. e Galingenia, S.L., solicitan a devolución de garantías definitivas constituídas por importes de 1.199,07 €, 876,00 € e 3.276,00 €, para responder dos seguintes contratos: • Subministración de 219 colectores de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da Provincia de Pontevedra. • Subministración dun tractor para traballos de mantemento de campos de fútbol. • Consultaría e asistencia técnica para elaboración dun observatorio do comercio minorista dentro do Programa Celsius. Resultando que nos respectivos expedientes tramitados ó efecto figuran informes favorables emitidos polo Servizo de Intervención e polos responsables de verificar o cumprimento dos contratos adxudicados ás citadas empresas. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. De acordo cos informes favorables que constan nos respectivos expedientes e de conformidade co que se establece no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías definitivas: • Á empresa GABRAT, S.L (C.I.F. B - 36828325), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de mil cento noventa e nove euros con sete céntimos (1.199,07€), para responder da execución do contrato de subministración de 219 colectores de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da Provincia de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/11/2006, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600103504. • Á empresa COMERCIAL VAZPE, S.L (C.I.F. B - 36020196), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval da CAIXA, por importe de oitocentos setenta e seis euros (876,00€), para responder da execución do contrato de subministración dun tractor para traballos de mantemento de campos de fútbol e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/04/2008, segundo mandamento de ingreso número de operación 200800034079. • Á empresa GALINGENIA, S.L. (INGENIA CONSULTORES) (C.I.F. B - 36461887), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil douscentos setenta e seis euros (3.276,00€), para responder da execución do contrato de consultaría e asistencia técnica para elaboración dun observatorio do comercio minorista dentro do Programa Celsius e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/05/2006, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600046968. 4.17173.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS PARA O ANO 2009 Vistos os informes favorables emitidos polos Servizos de Intervención, Medio Natural e Asesoría Xurídica en relación ás Bases reguladoras das axudas económicas a Cooperativas da provincia de Pontevedra para o ano 2009, por un importe inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €), imputables á partida 09/711.711.789.00 dos vixentes orzamentos provinciais, segundo o documento de retención de crédito núm. 200900064524 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ditas Bases reguladoras pola contía inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €). Ditas Bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS – 2009 A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia do movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas a cooperativas, para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios para o ano 2009 e que se rexerán polas presentes bases. 1) OBXECTO E FINANCIAMENTO.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas económicas ás cooperativas da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación de Pontevedra, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 09/711.711.789.00, cun crédito inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €). 2) ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN.- 2.1) Serán obxecto de axuda os investimentos realizados polas cooperativas, para mellorar os servizos que presten ós seus socios (construcións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan investimentos, estudos técnicos, mobiliario, utilización das novas tecnoloxías e enerxías renovables e calquera outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados polos beneficiarios ós seus socios). 2.2) As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% do investimento realizado, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas para o mesmo investimento por outros organismos e que en ningún caso a súa concorrencia supere o custo do investimento realizado. 3) BENEFICIARIOS.- Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agraria da provincia de Pontevedra que reúna os seguintes requisitos: a) Estar legalmente constituídas. b) Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou sobre temas de interese para a provincia. 4) FORMULACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación ou na súa sede de Vigo, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e que serán publicados coas presentes bases no Boletín Oficial de Pontevedra. Achegarase a seguinte documentación: a) Solicitude asinada polo presidente da cooperativa ou representante legal e debidamente cumprimentada. b) Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da cooperativa ou agrupación beneficiaria. c) Copia cotexada do DNI do representante legal ou persoa que asina a solicitude. d) Copia cotexada dos estatutos da entidade. e) Memoria descritiva do investimento a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos, maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc. Nas obras achegarase o seu orzamento técnico coas unidades de obra desagregadas e o seu prezo unitario. f) Orzamento de gastos e ingresos, asinado e detallado, da actividade ou do investimento a realizar. g) Certificado do acordo do órgano competente da entidade beneficiaria no que se autorice a solicitar esta axuda. h) Contía da axuda solicitada, que non poderá superar o 50% do orzamento calculado de gastos. i) Declaración das axudas solicitadas e/ou obtidas a outras administracións públicas ou entidades privadas para esta finalidade e compromiso de comunicar á Deputación as que se soliciten e/ou obteñan nun futuro e a súa contía en relación co orzamento total dos investimentos a realizar. j) Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. k) Certificación do número de socios de cada cooperativa, a súa categoría e declaración de que desenvolve as súas actividades no ámbito da provincia ou que teñen interese para a provincia . l) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 €, no suposto de execución de obras, ou de 12.000,00 € no caso de subministro de bens de equipo, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (art. 31.3 Lei 38/2003). Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida. m) Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de mora. n) Declaración asinada do presidente ou o representante legal da cooperativa conforme non está incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co establecido no art. 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións. o) Compromiso de realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, conforme ó disposto no artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións. p) Compromiso de difundir o financiamento da Deputación de Pontevedra e facela constar en todo tipo de información que realice no desenvolvemento da actividade subvencionada. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para que solicite as certificación de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. A documentación que se presente será orixinal ou, no caso de ser fotocopia, deberá vir compulsada. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base así como o incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase ó interesado para que emende as faltas no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 42 da Lei 30/92. 5) PRAZO E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.- As axudas que se contemplan na presente convocatoria poderán solicitarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e durante 30 días naturais. As solicitudes irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra (tamén na súa sede de Vigo) ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A pesar do anterior, ó longo do exercicio orzamentario poderán presentarse solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais xustificadas adecuadamente e por escrito, non puideran presentarse no prazo sinalado no parágrafo anterior. Estas solicitudes, logo de que o xefe do Servizo Agrario emita un informe sobre a existencia das causas que dan lugar á súa presentación fóra de prazo, tramitaranse de acordo coas presentes bases, agás o cumprimento dos prazos e sempre e cando exista consignación orzamentaria. Neste senso, a Deputación de Pontevedra poderá reservar ata un 20% do crédito total para a súa concesión directa, tal e como se establece na base 25ª.3 das Bases de Execución do vixente orzamento provincial. 6) VALORACIÓN DAS SOLICITUDES.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva e avaliaranse por unha Comisión de Valoración que atenderá, para a súa adxudicación individualizada, ós seguintes criterios:  Número de socios da cooperativa (ata un máximo de 10 puntos).  Aforro e eficiencia enerxética e/ou instalacións de enerxías renovables (ata 10 puntos).  Adecuación dos investimentos ó interese provincial (ata 20 puntos).  Creación de postos de traballo (ata 10 puntos). 7) RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.- A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle ó Xefe do Servizo Agrario, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 24 da Lei xeral de subvencións. A Comisión de Valoración avaliará, conforme ós criterios indicados no apartado anterior cada unha das solicitudes. Esta Comisión estará composta da seguinte maneira: Presidente: O presidente da Comisión de Desenvolvemento Agrogandeiro ou o deputado en quen delegue Vogais: O enxeñeiro director do Servizo Agrario Un técnico do Servizo de Intervención Secretario: Un funcionario do Servizo Agrario, sen dereito a voto A Comisión poderá:  Acadar cantos informes estime necesarios para resolver.  Propoñer ó beneficiario a reformulación da solicitude.  Emitir un informe respecto das solicitudes de subvención. A proposta de concesión das axudas someterase ó ditame da Comisión Informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro. Finalmente, a proposta de resolución elevarase para a súa aprobación definitiva ó órgano competente segundo o disposto nas bases de execución do orzamento provincial do presente ano e a lexislación vixente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte ó remate do prazo para presentar a solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 8) MODIFICACIÓN.- Unha vez notificada a resolución de concesión e logo de que o beneficiario da subvención o solicite por escrito e razoadamente, acreditando as causas excepcionais ou imprevisibles que o motivan, poderán modificarse as condicións da resolución, nos termos recollidos no artigo 27 da Lei xeral de subvencións. Esta solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución polo órgano competente, despois da proposta previa da Comisión Avaliadora, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:  Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó inicial, manteranse as mesmas condicións da axuda concedida: coeficiente de financiamento, importe da axuda e orzamento subvencionado.  Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó inicial, a Comisión Avaliadora, logo do informe previo do Servizo Agrario, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 9) XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- 9.1.- Prazo de xustificación Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento, os beneficiarios deberán xustificalas en todo caso no prazo de seis meses a contar desde a notificación da concesión, se ben antes de que finalice o prazo poderase ampliar por solicitude razoada do interesado ou proposta xustificada da unidade xestora, nos termos previstos no artigo 49 da Lei 30/1992. 9.2.- Documentación xustificativa. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos. Para poder recibir a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando o número de unidade os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade, e que reúnan, ademais, os requisitos legais esixidos polo R.d. 1496/03 de 28 de novembro sobre confección de facturas (número de factura, datos referidos o expedidor e o destinatario da factura, concepto e prezo total con IVE, que estará detallado, incluído ou exento, o lugar e a data de emisión da factura, etc.). b) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame durante un prazo mínimo de 4 anos. c) Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. d) Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e unha declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. e) Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de mora, ou autorización para que a propia Deputación as solicite directamente. f) Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación de Pontevedra da actividade ou investimento subvencionado ou, se non é posible, declaración responsable do representante. 9.3.- Tramitación da xustificación. Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes do Servizo Agrario e da Intervención provincial, o órgano competente resolverá sobre o pagamento da axuda. No caso de que a documentación xustificativa non fose correcta ou suficiente, requirirase ó interesado para que emende as faltas nun prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte da notificación do requirimento. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:  No caso de que se xustifique o 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención  No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. O aboamento da subvención realizarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 10) RÉXIME SANCIONADOR.- Será de aplicación o réxime sancionador previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta. 11) ÓRGANO DE APROBACIÓN.- De acordo co establecido na base 16ª.2 das de execución do orzamento para o ano 2009 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 12) RECLAMACIÓNS.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contenciosos-Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998 (modificada pola Lei 19/2003) no prazo de dous meses. Así mesmo, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación, ou no seu caso da publicación no BOP, ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. 13) DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nas presentes bases contemplarase o establecido nas Bases de Execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), no seu Regulamento (BOE núm. 176, de 25/07/2006), na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación.” 5.17174.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á SOCIEDADE DE CAZA “SAN HUBERTO” PARA FINANCIAR A “II FASE DO PROXECTO DE CRIADEIRO DE COELLO-2008” Vista a Resolución Presidencial núm. 9274/08, no que se concede unha axuda para financiar a “II Fase do proxecto de criadeiro de coello - 2008” á Sociedade de Cazadores San Huberto. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Finalidade da axuda Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Sociedade de Caza San Huberto (G36055812) II Fase do proxecto de criadeiro de coello - 2008 13.111,38 € 10.000,00 € 13.111,39 € 10.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións Sociedade de Caza San Huberto (G36055812) Avda. da Coruña, 43 – baixo 36645 Valga 10.000,00 € II Fase do proxecto de criadeiro de coello - 2008 - TOTAL 10.000,00 € 6.17175.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á D.JAVIER SELEGANTE RODRÍGUEZ DO PROGRAMA DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL-2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 05/12/2007, no que se concede unha axuda para “adquisición de halador/GPS/plotter/VHF/sonda” a “Javier Selegante Rodríguez”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Javier Selegante Rodríguez (77005967N) Axudas á pesca costeira artesanal 2007 8.134,72 € 2.162,18 € 2.760,00 € 733,60 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións Javier Selegante Rodríguez (77005967N) Avda. Almirante Fontán, 13 – baixo esquerda 36300 Baiona 733,60 € Adquisición de halador – GPS – plotter – VHF - sonda Descóntase a cantidade proporcional ó investimento non xustificado TOTAL 733,60 € 7.17176.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN GREGORIO” DE RAXÓ, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA O ANO 2008 Dada conta da solicitude da Confraría de pescadores San Gregorio de Raxó, CIF núm. G36020261, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 30/12/2008 con cargo ó “Programa de axudas confrarías de pescadores – 2008”; visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 204, do 21/10/2008, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un prazo de tres meses a contar desde o remate do prazo inicial. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 8.17177.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.17178.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 11 de agosto de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000930 e que contén unha factura, de Acevedo López, Bernardo, por importe de 59.590,00 € e obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 68.440,00 € Descontos do IRPF 8.850,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 59.590,00 € 10.17179.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE BAIONA E CAIXANOVA PARA A O REMATE DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO CASA CARBAJAL COMO CASA DA NAVEGACIÓN Dada conta do proxecto de convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o concello de Baiona e Caixanova para o “Remate das obras de rehabilitación do edificio Casa Carbajal como Casa da Navegación”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica ente as distintas institucións, posibilitar a finalización das obras de rehabilitación e axardinamento do edificio emblemático Casa Carbajal, situado no entramado do casco vello da cidade de Baiona, segundo o orzamento presentado, ascende a cantidade de cento sesenta e nove mil douscentos setenta e nove euros con noventa e oito céntimos (169.279,98€). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Baiona e Caixanova para o “Remate das obras de rehabilitación do edificio Casa Carbajal como Casa da Navegación”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE BAIONA E CAIXANOVA PARA A O REMATE DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO CASA CARBAJAL COMO CASA DA NAVEGACIÓN En Pontevedra, a xx de xx de 2009 REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Jesús Vázquez Almuíña, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Baiona, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 61.1a) e 105.1a) da Lei 5/97 de 22 xullo, de Administración Local de Galicia. E doutra, D. Julio Fernández Gayoso, en nome e representación da entidade Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, e adiante Caixanova, CIF.:36.600.369 con domicilio social en Vigo Rúa García Barbón, 1-3, 36201. Todas as partes recoñécense lexitimación plena, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio, e para estes efectos, MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que, por outra banda, segundo dispoñen os artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Que a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia e cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica do seu territorio lle atribúe a lexislación vixente, o Concello de Baiona, e Caixanova, no desenvolvemento da súa obra social, amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida en que os seus orzamentos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación de servizos. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, todas as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Baiona e Caixanova é o “Remate das obras de rehabilitación do edificio Casa Carbajal como Casa da Navegación”, sito na Praza de Castro s/n-Baiona, cun custe de 169.279,98 €. Segunda.- O convenio para o “Remate das obras de rehabilitación do edificio Casa Carbajal como Casa da Navegación”, será financiado polas tres partes asinantes nas seguintes contías: Deputación Provincial Concello de Baiona Caixanova Total 78.626,00€ 78.653,98€ 12.000,00€ 169.279,98€ A achega da Deputación realizarase con cargo á partida 09/911.911.762.14 do vixente orzamento provincial. Terceira.- No “Proxecto modificado para o remate das obras de rehabilitación do edificio Casa Carbajal como Casa da Navegación” redactado por D. Jose Luis Domínguez González, con data 20 de xaneiro de 2009, descríbese o obxectivo da obra, as súas características técnicas e o seu alcanze; correspondéndolle ó Concello de Baiona a tramitación, adxudicación e execución da mesma seguindo o establecido na Lei 30/2007, de 30 de outubro, Contratos do Sector Público. Así mesmo, o concello de Baiona deberá obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. Durante a realización da obra e á finalización da mesma, poderase proceder a súa comprobación polos técnicos provinciais. O libramento da achega da Deputación poderase realizar mediante abonos parciais, ou ben, unha vez concluída a obra, previa xustificación dos gastos mediante certificacións técnicas, facturas e demais documentos de valor probatorio no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, acompañadas da certificación expedida polo Secretario relativa ó acordo de aprobación das mesmas. Así mesmo, rematadas todas as actuacións achegarase a acta de recepción. As certificacións, facturas e demais documentos xustificativos serán comprobados e informados polos técnicos provinciais. Cuarta.- O Concello de Baiona, como titular da obra prevista no proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da mesma, de modo que se atope en perfecto estado. Quinta.- O Concello de Baiona deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Sexta.- Calquera medida que o Concello de Baiona adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándolle traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Seguimento da que formen parte os asinantes ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Undécima.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, así como as que se aproben para o exercicio 2010. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Baiona Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Jesús Vázquez Almuíña” Por Caixanova Asdo. Julio Fernández Gayoso 11.17180.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA “MELLORA ZONA MAGDALENA E VARIANTE IGREXA NA E.P. 2502 CERQUIDO-RIBADELOURO Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art.º 6 e seguintes da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui pretenden asinar un Convenio de colaboración para urbanizar un tramo de estrada na zona Magdalena variante igrexa, na parroquia de Ribadelouro, xa que corresponde cun lugar moi poboado con casas a ambos os dous lados e cunha circulación de vehículos moi importante, resultando necesario urbanizalo e dotalo de beirarrúas. Dito proxecto ten un custo de catrocentos cinco mil catrocentos cincuenta e un euros con trinta céntimos (405.451,30 €). Con data 11 de agosto de 2009, polo Sr. Secretario da Corporación infórmase o proxecto do mencionado convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe, con data 12 de agosto do presente ano, onde se participa que existe crédito abondo para financiar a parte correspondente á Deputación que se estima nunha cantidade máxima de 123.398,24 € para o ano 2009, e que ira con cargo á partida 09/911.911.662.09 do vixente orzamento provincial. As demais cantidades irán con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros e en función ó seguinte cadro de financiamento: 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 123.398,24 € 86.378,74 € 74.038,92 283.815,90 € Concello de Tui 40.545,14 € 40.545,14 € 40.545,12 € 121.635,40 € Investimento total 405.451,30 € Así mesmo, o interventor sinala que a aprobación do convenio quedará condicionada a que antes de aprobar o expediente de contratación o concello de Tui deberá ingresar a cantidade correspondente á anualidade de 2009. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Tui para a realización da obra “Mellora zona Magdalena e variante igrexa na E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro”. Así mesmo, facúltase o Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA “MELLORA ZONA MAGDALENA E VARIANTE IGREXA NA E.P. 2502 CERQUIDO-RIBADELOURO”. No Concello de Tui, a ................. de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde-Presidente do Concello de Tui, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui é posibilitar a execución da obra “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro. Dita actuación urbaniza un tramo de estrada na zona Magdalena, na parroquia de Ribadelouro, xa que corresponde cun lugar moi poboado con casas a ambos lados e cunha circulación de vehículos moi importante, resultando necesario urbanizalo e dotalo de beirarrúas. Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de catrocentos cinco mil catrocentos cincuenta e un euros con trinta céntimos (405.451,30 €) e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 123.398,24 € 86.378,74 € 74.038,92 € 283.815,90 € Concello de Tui 40.545,14 € 40.545,14 € 40.545,12 € 121.635,40 € Investimento total 405.451,30 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, deben ser ingresadas en canto a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade da anualidade 2010 e 2011 debe ser ingresada durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. A baixa de adxudicación e calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a una modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción que o contrato inicial. Cuarta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiadas, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 09/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial. A anualidade de 2009 financiarase con cargo á partida correspondente do vixente orzamento provincial, e o resto de anualidades con cargo as correspondentes de exercicios futuros. Quinta.- O Concello de Tui obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sexta.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos servizos (eléctricos, sumidoiros, etc.) que comprendan as mesmas dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Tui, Asdo. Antonio Feliciano Fernández Rocha 12.17181.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE BANCADA NO CAMPO DE FÚTBOL DE ALDÁN (CANGAS)” (EXPTE.-D09/0041) A Xunta de Goberno, en sesión do 8 de xullo adxudicou provisionalmente a obra de “Construción de bancada no campo de fútbol de Aldán (Cangas)” (expte.- D09/0041) á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A. Concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. A adxudicataria provisional presentou a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra “Construción de bancada no campo de fútbol de Aldán (Cangas)”, efectuada, en sesión de 8 de xullo do ano en curso, a favor de Construcciones Obras y Viales, S.A. na suma de 199.700,00 € máis 31.952,00 € correspondentes o IVE. 13.17182.- CORRECIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 11.17049 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 1 DE XULLO DE 2009 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 1 de xullo de 2009, relativo á adxudicación definitiva da obra “Nave de servizos para instalación de karting en Forcarei” á empresa Construciones Abal, S.A., detectouse un erro tipográfico. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos nos seus actos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 1 de xullo de 2009 relativa á adxudicación definitiva da obra “Nave de servizos para a instalación de Karting en Forcarei” á empresa Construcciones Abal, S.A., no seguinte sentido: Onde di: “Na suma de 126.620,69 euros”. Debe dicir: “Na suma de 129.620,69 euros”. 14.17183.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, A Secretaria Acctal.,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición