ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2009/09/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-09-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/09/02_Ordinaria

  • Data(s) 2009-09-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dous de setembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17210.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de agosto de 2009. 2.17211.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA NÚM. 6/820 “INSTALACIÓN DE ESTACIÓN DEPURADORA NO NÚCLEO RURAL DE CARDECIDE”, INCLUÍDA NO PSA/2008 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada polo Concello de Cuntis, para xustificar a obra incluída no PSA/2008, co núm. 6/820, denominada “Instalación de estación depuradora no núcleo rural de Cardecide”, subvencionada con 32.557,33 euros. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 3.17212.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A.- Devolución de garantía definitiva á empresa Xuncoga, S.Coop.G. A empresa Xuncoga S. Coop. G., mediante escrito de data 2 de xuño de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder da asistencia técnica para a realización da tarefa de administración de sistemas na Deputación Provincial. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos pola Xefa de Servizo da Finca Mouriscade e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa Xuncoga S. Coop. G. (C.I.F. F- 36.334.092), a garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento oitenta e oito euros con oitenta e dous céntimos (1.188,82 €), para responder do contrato para “Execución do contrato do subministro de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 10 m3 de capacidade para o Concello de Baiona” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 31/03/2008, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600042762. B.- Devolución de garantía definitiva á empresa Belt Ibérica, S.A. A empresa Belt Ibérica, S.A., mediante escrito de data 14 de maio de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder da asistencia técnica para elaboración e implantación dun plan de autoprotección para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran sendos informes emitidos pola Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan non expediente e de conformidade co establecido non artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa Belt Ibérica, S.A. (C.I.F. A - 79.086.401), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO E CAUCIÓN, por importe de mil cento corenta e tres euros con noventa e dous céntimos (1.143,92 €), para responder do contrato para “Consultaría e asistencia técnica para elaboración e implantación dun plan de autoprotección para a Cidade Infantil «Príncipe Felipe»” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/09/2006, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600084224 sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e ou selo da empresa. C.- Devolución de garantía definitiva á empresa Eulen, S.A. A empresa Eulen, S.A., mediante escrito de data 24 de xullo de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder da revisión de prezos do contrato de servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran sendos informes emitidos pola Directora de Xestión da Cidade Infantil «Príncipe Felipe» e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa Eulen, S.A. (C.I.F. A - 28.517.308), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de catrocentos corenta euros con noventa e dous céntimos (440,92 €), para responder da “Revisión de prezos do contrato de servizo de limpeza da Cidade Infantil «Príncipe Felipe»” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/10/2007, segundo mandamento de ingreso número de operación 200700087383 sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e ou selo da empresa. 4.17213.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de agosto de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000979 e que contén vinte e nove facturas, sendo a primeira de Hermández Santo Domingo, Eloy, por importe de 2.456,88 € e a derradeira de Ramysan Restauración, S.L., por importe 406,60 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 37.230,13 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 37.230,13 € 5.17214.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.17215.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL, DA ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN E DA FINCA AREEIRO A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, cun orzamento total, polos dous anos iniciais, de 596.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 10 de xuño de 2009, aparecendo publicado no devandito suplemento o día 12 de xuño de 2009 (Anuncio de licitación 2009/S 111-160271), así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 129 de data 8 de xullo de 2009 e no Boletín Oficial do Estado número 152 do 24 de xuño de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 5 de agosto de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Limpiezas Cíes, S.L., Limpiadores Especialistas Integrados de Servicios y Mantenimiento Integral, S.L.; Valoriza Facilities, S.A.U.; Claro Sol, S.A.; Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa); Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.; Limpiezas San Froilán, S.L e Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. (SAMYL, S.L.), as cales foron admitidas a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Arquitectura. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Xefe da Sección de Mantemento do Pazo Provincial, con data 28 de agosto de 2009, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, CLARO SOL, S.A. (C.I.F.- A-36615763), motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a seguinte puntuación: Claro Sol, S.A. ……………..... 6,29 puntos Limpiadores Especialistas Integrados de Servicios de Mantenimiento Integral, S.L ……………..... 5,21 puntos Limpiezas San Froilán, S.L. ……………..... 5,17 puntos Valoriza Facilities, S.A.U. ……………..... 5,00 puntos Limpiezas Cíes, S.L. ……………..... 4,60 puntos Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. (SAMYL, S.L.) ……………..... 3,36 puntos Limpiezas del Noroeste, S.L. (LINORSA) ……………..... 3,03 puntos Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A. ……………..... 3,02 puntos Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, CLARO SOL, S.A. (C.I.F.: A-36615763), o procedemento aberto convocado para contratar o servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro, polo prezo reflectido na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: PREZO TOTAL DO CONTRATO (2 ANOS) A) Prezo contrato ………………………………… 461.373,44 euros B) IVE (16%) ………………………………… 73.819,75 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 535.193,19 euros PREZO ANUAL CONTRATO A) Prezo anual ………………………………… 230.686,72 euros B) IVE (16%) ………………………………… 36.909,88 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 267.596,60 euros Desagregación (Anual) Importe sen IVE IVE (16%) Total Limpeza Pazo Provincial 108.399,25 € 17.343,88 € 125.743,13 € Limpeza antiga sede Educación 84.641,63 € 13.542,66 € 98.184,29 € Limpeza Finca Areeiro 37.645,84 € 6.023,33 € 43.669,17 € PREZO MENSUAL DO CONTRATO A) Prezo mensual ………………………………… 19.223,89 euros B) IVE (16%) ………………………………… 3.075,82 euros TOTAL (A+B) ………………………………… 22.299,71 euros Desagregación(Mensual) Importe sen IVE IVE (16%) Total Limpeza Pazo Provincial 9.033,27 € 1.445,32 € 10.478,59 € Limpeza antiga sede Educación 7.053,47 € 1.128,56 € 8.182,03 € Limpeza Finca Areeiro 3.137,15 € 501,94 € 3.639,09 € Este contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor dende o día primeiro do mes seguinte ó da adxudicación definitiva, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato –incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos. 2. Conceder á empresa, CLARO SOL, S.A. (C.I.F.- A-36615763), en calidade de adxudicataria provisional deste procedemento aberto, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que lle concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 23.068,67€, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 7.17216.- RECTIFICACIÓN DO ERRO PADECIDO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 29/07/2009 RESPECTO Á CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Aprobada pola Xunta de Goberno do 29 de xullo de 2009, unha subvención por importe de 1.400,00 €, en favor da Asociación “Colectivo de Afectados de Fibromialgia”, para un proxecto de integración social; e constatado con posterioridade o erro na cualificación do proxecto para o que se solicitaba a subvención, así coma na contía da mesma, segundo informe da Traballadora Social emitido o 31/08/2009; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o erro padecido no acordo da Xunta de Goberno do 29/07/2009, no seguinte senso: Onde dicía: “…2º.- A concesión de tales subvencións cun importe total de 312.790,00 €…”. Debe dicir: “…2º.- A concesión de tales subvencións, cun importe total de 313.390,00 €…”. Así mesmo, no cadro do reparto das subvencións onde dicía: Pontevedra Asoc. Colec. Afectados de Fibromialgia “CAF”. Boas tardes afrontando Xuntos a fibromialxia 98 1.400,00 € 2.1 Debe dicir: Pontevedra Asoc. Colec. Afectados de Fibromialgia “CAF”. Información e apoio ós afectados de fibromialxia ou fatiga crónica. 2.000,00 € 4 8.17217.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición