Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-10-07_Ordinaria. Acta de sesión 2009/10/07_Ordinaria
Acta de sesión 2009/10/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-10-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/10/07_Ordinaria
Data(s) 2009-10-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día sete de outubro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17291.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de setembro de 2009. 2.17292.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES SAN TELMO DE PONTEVEDRA”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS Á CONFRARÍAS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Reparar o edificio da sede social” á “Confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN TELMO (G36016962) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 17.519,71 € 8.579,85 € 17.519,71 € 8.759,85 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SAN TELMO G36016962 Rúa Ponte Nova, 31 – 1º 36001 Pontevedra 8.759,85 € Reparación do edificio social TOTAL 8.759,85 € 3.17293.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “REHABILITACIÓN DO AUDITORIO DE PONTEAREAS” A Xunta de Goberno, en sesión de 9 de setembro de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Rehabilitación do Auditorio de Ponteareas” á empresa Movex Vial, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Rehabilitación do Auditorio de Ponteareas”, efectuada, en sesión de 9 de setembro do ano en curso, a favor de Movex Vial, S.L. na suma de 1.061.907,32 €, máis 169.905,17 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de dezaseis meses, melloras valoradas en 148.463,64 € e o 3,00% do orzamento de execución material para control de calidade. 4.17294.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOAÑA, PARA XUSTIFICAR O INVESTIMENTO DA OBRA Nº21/1125 DENOMINADA “SANEAMENTO DE COSTA GRANDE”, INCLUÍDA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de Moaña solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 21/1125, denominado “Saneamento de Costa Grande”, incluído no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais/06-08, anualidade 2008, motivada pola demora na execución das obras por mor das reclamacións veciñais e a necesidade de obter as autorizacións pertinentes en determinados tramos por onde discorre a instalación do saneamento, e considerando que a base oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos rurais 2006-2008, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 22 de febreiro de 2006 e publicadas no BOP de data 3 de marzo de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 21/1125 denominada “Saneamento de Costa Grande”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2008, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 5.17295.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE TUI, PARA XUSTIFICAR O INVESTIMENTO DA OBRA Nº110/1153 DENOMINADO “SANEAMENTO FOXO-VAQUEIRO, EN REBORDÁNS”, INCLUÍDA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de Tui solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 110/1153, denominado “Saneamento Foxo-Vaqueiro, en Rebordáns”, incluído no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais/06-08, anualidade 2008, Libre Disposición, motivada polos retrasos na tramitación por mor da demora na obtención da licenza para a execución da citada obra ,e considerando que a base oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos rurais 2006-2008, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 22 de febreiro de 2006 e publicadas no BOP de data 3 de marzo de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 110/1153 denominada “Saneamento Foxo-Vaqueiro, Rebordáns”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2008, Libre Disposición ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 6.17296.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CRECENTE, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 290/1200 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA ÁREA RECREATIVA DE ALBEOS”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de Crecente solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 290/1200, denominado “Acondicionamento da area recreativa de Albeos”, incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2008, Libre Disposición, motivada polos retrasos na tramitación e execución da citada obra, e considerando que a base oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 290/1200 denominada “Acondicionamento da área recreativa de Albeos”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, libre disposición, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 7.17297.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.17298.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, CIF: P-3600027-E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 92.985,00 € para gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2009, e visto o informe de intervención de data 30 de setembro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 92.985,00 € como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, para o terceiro trimestre do ano 2009. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 92.985,00 € con aplicación á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900033130. 9.17299.- MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO EN BIOLOXÍA PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO Vista a proposta de data 17 de setembro de 2009, presentada polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que motiva a conveniencia de que a duración das Bolsas de Investigación na Estación Fitopatolóxica non debe ser inferior a un ano, prorrogable anualmente ata un máximo de catro anos, examinados os antecedentes que obran no expediente, ó abeiro do que se establece no artigo 105 a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar a Convocatoria e Bases da Bolsa de Licenciado Universitario en Ciencias Biolóxicas, con destino á estación Fitopatolóxica do Areeiro, para a realización de tarefas de diagnóstico Fitopatolóxico, concretamente a Cláusula Oitava, apartado a), relativa á duración, no sentido que onde di: “(…) a bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezará o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno (...)”. Debe dicir: “A Bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezará o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno”. 10.17300.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Mediante escrito de data 24 de xullo de 2009, número de Rexistro de entrada 28538, Dna. Mª del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos da Deputación Provincial de Pontevedra, expón que La Asociación Española de Especialistas en Medicina del Trabajo, organiza o “VII Congreso Español de Medicina y Enfermaría del Trabajo ”, que se celebrará en Sevilla os días 1, 2 e 3 de outubro de 2009”, que considera de gran interese para o desenvolvemento do traballo diario, tal e como se adxunta no programa, polo que solicita que se lle conceda permiso para asistir a dito Congreso, así como a axuda económica en concepto de inscrición, dietas, desprazamentos, autoestrada e aparcadoiro”. A solicitude non foi informada favorablemente polo Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. A estimación de gastos, que se acompaña a este informe como Anexo, ascende a un total de 1.759,49 €, desagregados en: - Gastos de Desprazamento en vehículo particular 527,76€. - Gastos Aloxamento e Manutención 556,73 € - Gastos de Inscrición 675,00 € Analizados os antecedentes que obran no expediente, procede informar o seguinte: Por Acordo número 9.14880 adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 09 de marzo de 2007 desenvólvese a “normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións”. O procedemento esixe ademais de solicitude do interesado, presentada con antelación suficiente, que o Servizo de Recursos Humanos solicite o visto e prace do Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación, así como informe do Xefe de Servizo de que se trate, no que se faga constar que a concesión da licenza non prexudicará o normal funcionamento do traballo no Servizo, se o interesado/a fixo uso de anteriores licenzas deste tipo, especificando claramente que incidencia pode ter o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario en orde a mellorar a formación do funcionario proposto, e o rendemento deste na función ou traballo que desempeña. Así mesmo, o Servizo de Recursos Humanos unirá ó expediente o informe sobre os antecedentes e supostos alegados, licenzas empregadas anteriormente, cumprimento das condicións esixidas e valoración económica das axudas interesadas. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que Dna. María del Carmen Crespo Blanco, asistiu, no exercicio 2008, ó XVII Congreso da Sociedade Española de Saúde Laboral na Administración Pública, celebrado en Gerona, durante os días 1, 2 e 3 de outubro de 2008. Por Acordo da Xunta de Goberno número 6.16281 de data 23 de xullo de 2008 acórdase por unanimidade conceder á interesada o permiso solicitado, así como unha axuda económica por importe total de 1.667,90 €. No suposto de que nos ocupa, se ben a solicitude é tramitada con antelación suficiente, a mesma non é conformada polo Vicepresidente encargado da supervisión e control de asistencia ós cursos de formación, debido á súa elevada contía (1.759,49€), razón pola cal non se tramitou o expediente relativo á axuda económica. O Servizo de Recursos Humanos e Formación púxose en contacto coa interesada co fin de poder modificar os termos da solicitude e así poder sufragar unha parte do importe, se ben a interesada manifestou que só aceptaría a axuda económica completa. De conformidade coa Exposición de Motivos da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en adiante (LEBEP), a formación articúlase como unha ferramenta válida para optimizar o elemento humano da organización en proveito da eficiencia na dación de servizos, co fin de motivar ós funcionarios públicos para obter eficiencia no seu traballo, facilitarlles a formación axeitada, posibilitarlles a promoción profesional, actuando para iso con criterios racionais e flexibles na xestión. O artigo 14.g de LEBEP recoñece como dereito propio dos empregados públicos: “á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades, preferentemente en horario laboral”. Todo iso non é incompatible cos criterios de racionalidade, eficacia e eficiencia cos que se terán de xestionar os recursos públicos. Partindo desta premisa, o Servizo de Recursos Humanos informa que tendo en conta que Dna. Mª del Carmen Crespo Blanco asistiu durante o exercicio anterior a un Congreso Médico fóra da Comunidade con contido similar para o que agora solicita permiso axuda económica, considerando que nestes momentos a actividade formativa solicitada non resulta de interese para esta Institución. Así mesmo, analizado o contido dos temas a abordar no devandito Congreso, resulta factible que se desenvolvan accións formativas específicas da mesma natureza na nosa Comunidade Autónoma, o que suporía un menor custo en formación para a Deputación. De acordo con todo o exposto, ó abeiro do que se establece nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 de 09 de marzo de 2007, e R.D. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar o permiso e a axuda económica solicitada por Dna. María del Carmen Crespo Blanco, para asistir ó VII Congreso Español de Medicina y Enfermaría del Trabajo, que se celebrará en Sevilla os días 1, 2 e 3 de outubro de 2009. 11.17301.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 6 de outubro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001108 e que contén trinta e sete facturas, sendo a primeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L., por importe de 4.763,39 € e a derradeira de Televisión da Mancomunidade do Salnés-Telesalnés, por importe de 1.426,80 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 122.850,83 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 122.850,83 € 12.17302.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A DIOCESE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE “REPARACIÓNS VARIAS NA IGREXA DO MOSTEIRO DA ARMENTEIRA” Un dos monumentos máis significativos da Provincia de Pontevedra é sen dúbida o Mosteiro Cisterciense de Santa María da Armenteira. Encravado na comarca do Salnés, foi fundado no século XII, segundo a tradición, polo monxe Ero. O Mosteiro destaca pola súa sinxeleza e austeridade, sendo neste momento un dos edificios que mellor reflicten o que podemos considerar románico-galego. Aínda que o estado xeral de conservación do inmoble pódese considerar satisfactorio, non obstante presenta, nestes momentos, unha serie de deficiencias importantes, que convén resolver canto antes para evitar danos que poidan ser irreversibles de non actuar de inmediato. A Igrexa non pode afrontar por si soa estas urxentes actuacións, solicitando axuda doutras Administracións para levalas a cabo. Esta Deputación, dada a urxencia dalgunhas obras a realizar, que afectan á fachada principal e ó rosetón, reparación de terrazas que meten humidades, etc. considera que hai que efectualas de inmediato, porque de pasar un inverno máis os danos serían moito maiores. A tal fin encargou un proxecto de actuación inmediata para levar a cabo estas obras indispensables, que foi encargado ó arquitecto D. Guillermo Fontoira Marzín por resolución de data 17 de xullo de 2009. Redactado o proxecto a contía de inversión ascende a 215.510,81 euros. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o día 11 do pasado mes de setembro, prestou aprobación a un expediente de modificación de créditos no que se prevé na partida 09/451.451.662.02, investimentos xestionados para entidades sen fin de lucro, a cantidade de 216.000,00 euros coa finalidade de levar a cabo reparacións no Mosteiro da Armenteira. Pois ben, para levar a cabo esta actuación é necesario a formulación dun Convenio de colaboración no que participan a Diocese de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial e o Concello de Meis. Vistos estes antecedentes, os informes de Secretaría e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Diocese de Santiago de Compostela e o concello de Meis para a realización do proxecto de “Reparacións varias na Igrexa do Mosteiro de Armenteira”, por un Importe de 215.510,81 euros, que é do seguinte teor: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A DIOCESE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE “REPARACIÓNS VARIAS NA IGREXA DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA” No Mosteiro da Armenteira, a de outubro de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/99, do 21 de abril, de modificación de aquela e o artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. O Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio, Arzobispo da Diocese de Santiago de Compostela, no nome e representación da mesma. D. José Luís Pérez Estévez, Alcalde-Presidente do Concello de Meis, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes recoñécense plena capacidade para levaren a diante o presente convenio e MANIFESTAN I.- No marco xurídico configurado pola vixente Constitución Española de 1978, a Lei de Liberdade Relixiosa, e pola lexislación vixente aplicable en materia de réxime local, a Deputación de Pontevedra, consciente dos intereses comúns na promoción dos servizos necesarios que cumpran cunha clara función social, especialmente nas zonas rurais con menos posibilidades económicas así como na conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio histórico da provincia, e sen prexuízo do carácter non confesional do Estado e as súas Institucións, considera conveniente establecer, mediante o presente convenio, as bases para unha máis eficaz e coordinada colaboración para o cumprimento destes fines. II- Un dos monumentos máis significativos da Provincia de Pontevedra é o Mosteiro Cirtenciense de Santa María de Armenteira. Encravado na comarca do Salnés, foi fundado no sec. XII, segundo a tradición, polo monxe Ero. O Mosteiro destaca pola súa sinxeleza e austeridade, sendo un dos edificios que mellor reflicten o que podemos considerar románico galego. E aínda que o estado xeral de conservación da igrexa do Mosteiro pódese considerar satisfactorio, non obstante presenta, nestes intres, unha serie de deficiencias importantes, que convén resolver canto antes para evitar danos que poidan ser irreversibles de non actuar de inmediato. A igrexa non pode afrontar por si soa estas urxentes actuacións, solicitando axuda de outras administracións para poder levalas a cabo. III.- Esta Deputación no seu afán de preservar para xeracións futuras, no mellor estado posible, os monumentos máis significativos da provincia ben colaborando de maneira eficaz na súa conservación. Dada a urxencia das obras a realizar que afectan a fachada principal e as bóvedas do cimborrio do prebisterio e dos cruceiros norte e sur, e rosetón da fachada principal, etc, encargou un proxecto de realización inmediata para poder levar a cabo estas urxentes actuacións. IV.- En virtude do exposto anteriormente a Deputación de Pontevedra, a Diocese de Santiago de Compostela e o Concello de Meis acordan subscribir o presente convenio de colaboración que se rexerá conforme as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio é regular as bases de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Diocese de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para a execución e desenvolvemento do proxecto de “Reparacións varias na Igrexa do Mosteiro de Armenteira”, cun orzamento de execución de 215.510,81 euros segundo o proxecto elaborado polo arquitecto D. Guillermo Fontoira Marzín. Segunda.- A execución das obras comprendidas neste proxecto, por un importe de 215.510,81 euros, será financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida 09/451.451.668.02 do vixente orzamento ordinario. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico de acordo coa lexislación vixente en materia de contratos das Administracións Públicas. Así mesmo, unha vez formalizado o convenio tramitará a pertinente autorización para a súa execución ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A Diocese de Santiago de Compostela poderá nomear un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- A Diocese de Santiago de Compostela autoriza a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, facilitando os accesos necesarios á Igrexa do Mosteiro para poder levar a cabo as mesmas. Así mesmo, levará a cabo o mantemento e conservación das reparacións efectuadas na Igrexa, unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción das mesmas. Quinta.- O Concello de Meis, municipio onde se atopa situado o Mosteiro de Armenteira, colaborará na realización deste proxecto de reparación no igrexario outorgando a correspondente licenza municipal. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscita a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación Provincial, o Arcebispo de Santiago de Compostela ou persoas en quen deleguen, que se reunirá dentro do prazo de 3 días a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do Organismo requirido. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que no se rematasen as obras obxecto do mesmo. Oitava.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Novena.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso–Administrativa, a falta de entendemento previo, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra O Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela O Alcalde-Presidente do Concello de Meis Asdo.Rafael Louzán Abal Asdo. Julián Barrio Barrio Asdo. José Luís Pérez Estévez” 13.17303.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 43 LOTES DE ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA O ANO 2009 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 16 de setembro de 2009, conformado polo Ilmo. Sr. Presidente, propón que se autorice a ampliación de 43 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do procedemento aberto do ano 2009, adxudicados pola Xunta de Goberno nas sesións ordinarias que tiveron lugar os días 21 de xaneiro de 2009 (Adxudicación provisional) e 11 de febreiro de 2009 (Adxudicación definitiva). O motivo para ampliar os lotes débese a que se están esgotando as cantidades adxudicadas no seu día e necesítase dispor da maquinaria de aluguer para poder continuar efectuando traballos de infraestruturas, bens naturais e outra obras que se lle demandan que realice o Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Resultando que nos pregos que rexeron este procedemento aberto, aprobados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 5 de novembro de 2008, figuraba na cláusula I, que os lotes podían ser ampliados sempre que existise consignación no Orzamento do exercicio de 2009 e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto. Resultando que para facer fronte ó pagamento das devanditas ampliacións que ascenden a un total de 569.712,30 euros para a ampliación dos 43 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, polo Servizo de Intervención con data 02/10/2009, foi expedido documento RC, número de operación 200900080399, certificando a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ós gastos indicados, con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02, do vixente Orzamento Provincial. Considerando que o artigo 272 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público permite a ampliación dos lotes ó non modificar o prezo de adxudicación do contrato inicial e que a Xunta de Goberno é o órgano competente para adxudicar a ampliación destes 43 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, ó ser o órgano que adxudicou o procedemento aberto de referencia. Visto o informe favorable emitido polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 2 de outubro de 2009, para a ampliación dos devanditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do procedemento aberto do ano 2009, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes do Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar a contratación da ampliación dos lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte que a continuación se relacionan, correspondentes ó procedemento aberto do ano 2009 e que foron adxudicados pola Xunta de Goberno nas sesións ordinarias celebradas os días 21 de xaneiro de 2009 (Adxudicación provisional) e 11 de febreiro de 2009 (Adxudicación definitiva), polas seguintes cantidades e ás empresas que se indican: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE Lote Adxudicatario H/KM Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 1 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Polo aluguer de motoniveladora de 125 C.V. 100 h 49,13 7,86 56,99 5.699,00 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Polo aluguer de motoniveladora de 125 C.V. 300 h 48,00 7,68 55,68 16.704,00 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J)Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 300 h 25,50 4,08 29,58 8.874,00 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 400 h 26,99 4,32 31,31 12.524,00 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518)Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 400 h 26,00 4,16 30,16 12.064,00 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784)Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 400 h 27,50 4,40 31,90 12.760,00 8 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 400 h 27,49 4,40 31,89 12.756,00 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 400 h 25,30 4,05 29,35 11.740,00 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649)Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 200 h 25,43 4,07 29,50 5.900,00 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 400 h 25,50 4,08 29,58 11.832,00 12 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 (con martelo) 550 h 31,85 5,10 36,95 20.322,50 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer de retro excavadora (1 m3 cazo) de 100 CV. 200 h 37,07 5,93 43,00 8.600,00 14 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer de retro excavadora (con martelo) de 150 CV. 100 h 48,75 7,80 56,55 5.655,00 15 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 95Km 160,00 25,60 185,60 17.632,00 16 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 155,17 24,83 180,00 18.000,00 18 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 185Km 190,00 30,40 220,40 40.774,00 19 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 190,00 30,40 220,40 22.040,00 20 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer ºe tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 150Km 179,00 28,64 207,64 31.146,00 21 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 179,00 28,64 207,64 20.764,00 22 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 55Km 181,00 28,96 209,96 11.547,80 23 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 181,00 28,96 209,96 20.996,00 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de pala de rodas (2 m3 cazo) de 130 CV. 480 h 34,48 5,52 40,00 19.200,00 27 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 500 h 30,17 4,83 35,00 17.500,00 28 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 400 h 30,17 4,83 35,00 14.000,00 29 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 400 h 30,60 4,90 35,50 14.200,00 30 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 350 h 32,75 5,24 37,99 13.296,50 31 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 400 h 31,50 5,04 36,54 14.616,00 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 300 h 27,99 4,48 32,47 9.741,00 33 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 350 h 28,44 4,55 32,99 11.546,50 34 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 200 h 28,27 4,52 32,79 6.558,00 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 300 h 28,50 4,56 33,06 9.918,00 36 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 350 h 28,50 4,56 33,06 11.571,00 37 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 200 h 28,43 4,55 32,98 6.596,00 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de cisterna asfáltica de 8 Tm. 300 h 32,99 5,28 38,27 11.481,00 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Polo aluguer de camión góndola de 40 Tm. 350 h 39,87 6,38 46,25 16.187,50 40 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (N.I.F.-.53112825-Y) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 100 h 38,50 6,16 44,66 4.466,00 41 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 100 h 38,36 6,14 44,50 4.450,00 42 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 150 h 38,50 6,16 44,66 6.699,00 43 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 200 h 38,50 6,16 44,66 8.932,00 44 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169)Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 300 h 38,70 6,19 44,89 13.467,00 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716)Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 150 h 38,71 6,19 44,90 6.735,00 46 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 350 h 38,75 6,20 44,95 15.732,50 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 100 h 38,70 6,19 44,89 4.489,00 TOTAL AMPLIACIÓN DE 43 LOTES DE ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE….. 569.712,30 Así mesmo, apróbase o gasto por importe global de 569.712,30 euros para facer fronte a ditas adxudicacións, con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00, 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02 do vixente Orzamento Provincial. Ditas ampliacións efectúanse conforme ó previsto nos pregos que rexen neste procedemento aberto, aprobados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 5 de novembro de 2008, para poder atender ás previsións de traballos a realizar durante o ano 2009, correspondentes a infraestruturas, bens naturais e outra obras. As empresas adxudicatarias deberán constituír as seguintes garantías definitivas: Lote Empresa Garantía Definitiva. 1 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) 245,65 € 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) 720,00 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) 382,50 € 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 539,80 € 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) 520,00 € 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 550,00 € 8 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 549,80 € 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) 506,00 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) 254,30 € 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) 510,00 € 12 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) 875,88 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) 370,70 € 14 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 243,75 € 15 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) 760,00 € 16 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) 775,85 € 18 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) 1.757,50 € 19 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L.(C.I.F.- B-36468239) 950,00 € 20 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) 1.342,50 € 21 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) 895,00 € 22 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) 497,75 € 23 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) 905,00 € 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 827,52 € 27 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 754,25 € 28 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) 603,40 € 29 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) 612,00 € 30 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) 573,13 € 31 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) 630,00 € 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 419,85 € 33 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 497,70 € 34 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) 282,70 € 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 427,50 € 36 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 498,75 € 37 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) 284,30 € 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 494,85 € 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) 697,73 € 40 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (N.I.F.-53112825-Y) 192,50 € 41 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) 191,80 € 42 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) 288,75 € 43 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 385,00 € 44 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) 580,50 € 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) 290,33 € 46 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) 678,13 € 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) 193,50 € Estas garantías definitivas constituiranse polas empresas adxudicatarias no prazo de quince días naturais contados dende a notificación do acordo de adxudicación e serán ingresadas na Tesourería desta Deputación, tendo en conta que no caso de non cumprirse este requisito, declararase resolto o contrato. 14.17304.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 8 DO PROXECTO COMPLEMENTARIO “RESTOS MURALLA AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA Vista a certificación núm. 8 relativa o proxecto complementario “Restos muralla ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día á Empresa Dragados, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 16 do mes de setembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 09/432.451-622.01.2007 09/432.451-622.01.2008 (Deputación) 293.082,63 € SUBTOTAL ………. 293.082.63 € Taxa Técnicos Directores (4%) 8.492,69 € Control de calidade (3%) 8.971,15 € Seguridade e Saúde (0%) 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR…….. 275.618,79 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 15.17305.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 9 DO PROXECTO COMPLEMENTARIO “RESTOS MURALLA AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA” Vista a certificación núm. 9 relativa ó proxecto complementario “Restos muralla ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día á Empresa Dragados, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 do mes de setembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 09/432.451-622.01.2008 09/432.451-622.01. (Deputación) 239.797,60 € SUBTOTAL 239.797.60 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.948,64 € Control de calidade (3%) 7.340,11 € Seguridade e Saúde (0%) 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 225.778,87 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.17306.- EXPEDIENTE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 17/2009 A Xefa do Servizo de Recursos Humanos mediante escrito de data 5 de outubro de 2009 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da partida 09/313.313.450.03 do vixente orzamento provincial, en 6.000,00 euros, ó obxecto de afrontar os gastos que se derivan da organización e impartición dunhas charlas informativas sobre a gripe A nos distintos concellos da provincia de Pontevedra, e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 6.000,00 euros, cuxo financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito da partida 09/122.121.120.01 polo citado importe. Visto o informe de Intervención, de data 5 de outubro de 2009, no que deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as partidas 09/122.121.120.01 e 09/313.313.450.03 e que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que na partida 09/122.121.120.01 cuxo crédito se minora en 6.000,00 euros, expediuse o correspondente documento RC, con número de operación 200900081214, por dito importe e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoais pertencentes a distintos centros xestores. De conformidade co que se dispón na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 17/2009 por importe total de 6.000,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos e Formación, minorando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO Código Denominación Importe 09/313.313.450.03 Convenios para programas de Acción Social … 6.000,00 € TOTAL............................... 6.000,00 € PARTIDA A MINORAR CRÉDITO Código Denominación Importe 09/122.121.120.01 Soldo (Recursos Humanos) ……………………. 6.000,00 € TOTAL......................................... 6.000,00 € 17.17307.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A., mediante escrito de data 22 de setembro de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder das obras de “Acondicionamento de garaxe para aulas no Centro de Formación Profesional Hogar Provincial-Pontevedra”. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran os informes pertinentes para proceder á devolución da garantía ó terse cumprido satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. En base ós informes que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa DECORACIÓN, INSTALACIÓN Y CONSTRUCCIONES, S.A. (DICSA) (C.I.F. A-30.011.047), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do Banco Santander, por importe de nove mil cincocentos vinte euros (9.520,00€), para responder da execución das obras de “Acondicionamento de garaxe para aulas no Centro de Formación Profesional Hogar Provincial-Pontevedra” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/10/2005, segundo mandamentos de ingreso número de operación 20050000910 e 20050000912. 18.17308.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota