Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-01-08_Ordinaria. Acta de sesión 2010/01/08_Ordinaria
Acta de sesión 2010/01/08_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-01-08_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/01/08_Ordinaria
Data(s) 2010-01-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día oito de xaneiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto Dna. María Jesús Torres Peón, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17596.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de decembro de 2009. 2.17597.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1)Devolución de garantía definitiva á empresa Grupisa Infraestructuras, S.A. A empresa Grupisa Infraestructuras, S.A., mediante escrito presentado diante desta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: -Material de sinalización e seguridade viaria diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2007. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de dous mil oitocentos oitenta euros (2.880,00 €), para responder do contrato “Material de sinalización e seguridade viaria diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2007” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/07/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700054881. 2)Devolución de garantías definitivas ó empresario Juan Antonio Pardo Otero . O empresario Juan Antonio Pardo Otero, mediante escrito presentado diante desta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Servizos de organización da Festa da Bicicleta 2009. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Servizo de Deportes e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do citado contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil setecentos setenta euros (1.770,00 €), para responder do contrato “Servizos de organización da Festa da Bicicleta 2009” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/04/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2009000031368, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3)Devolución de garantía definitiva á empresa Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto Puga, S.L. (VEICAR) A empresa Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto Puga, S.L. (VEICAR), mediante escrito presentado diante desta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Subministración de maquinaria para a recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Sr. Alcalde do Concello de Baiona e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de dez mil cincocentos trinta e catro euros con setenta e oito céntimos (10.534,78 €), para responder do contrato relativo ó “Subministración de maquinaria para a recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 12/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600107485, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.17598.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA A “CAMPO DEZA SCG”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A COOPERATIVAS-2008 PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 19/11/2008, no que se concede unha axuda para “Acondicionamento da nave almacén, mobiliario acorde coa actividade e local de reunión e reformas varias” a “Campo Deza, SCG”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CAMPO DEZA SCG (F-36047058) Axudas a cooperativas, SAT e OPP da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios 84.714,56 € 31.301,00 € 83.557,75 € 31.301,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CAMPO DEZA SCG F-36047058 Gresande 36529 Lalin 31.301,00 € Acondicionamento da nave almacén, mobiliario acorde coa actividade e local de reunión e reformas varias TOTAL 31.301,00 € 4.17599.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Á “ASOCIACIÓN REMADOIRA”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS-2007, PARA ADQUISICIÓN DE MADEIRA E FERRAMENTA Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 26/12/2007, no que se concede unha axuda para adquisición de madeira e ferramenta para reparacións á “Asociación Remadoira”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Asoc. Remadoira (G36936144) Castro Castriño, 25 36209 Vigo 2.048,63 € 1.024,31 € 2.376,41 € 1.024,31 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Asoc. Remadoira G36936144 Castro Castriño, 25 36209 Vigo 1.024,31 € TOTAL 1.024,31 € 5.17600.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Á “ASOCIACIÓN REMADOIRA”, DO PROGRAMA DE AXUDAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS-2007, PARA ADQUISICIÓN DE FINGUERS PARA AMARRE DE EMBARCACIÓNS Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 26/12/2007, no que se concede unha axuda para “Adquisición de finguers para amarre de embarcacións” á “Asociación Remadoira”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Asoc. Remadoira (G36936144) Castro Castriño, 25 36209 Vigo 13.728,75 € 6.864,00 € 15.925,35 € 6.846,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Asoc. Remadoira G36936144 Castro Castriño, 25 36209 Vigo 6.864,00 € TOTAL 6.864,00 € 6.17601.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME DE ARCADE”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008, PARA ADQUISICIÓN MOBILIARIO PARA O EDIFICIO SOCIAL Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de mobiliario para o edificio social” á “Confraría de pescadores Virxe do Carme de Arcade”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME (G36012821) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 2.436,00 € 1.218,00 € 2.436,00 € 1.218,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME G36012821 Peirao s/n, Arcade 36690 Soutomaior 1.218,00 € Adquisición de mobiliario para o edificio social TOTAL 1.218,00 € 7.17602.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME DE ARCADE”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008, PARA EQUIPAMENTO DA LONXA Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Equipamento da lonxa” á “Confraría de pescadores Virxe do Carme de Arcade”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME (G36012821) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 1.359,00 € 679,70 € 1.359,40 € 679,70 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME G36012821 Peirao s/n, Arcade 36690 Soutomaior 679,70 € Equipamento da lonxa TOTAL 679,70 € 8.17603.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA AXUDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME DE ARCADE”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008, PARA ADQUISICIÓN DE MOTOR DE EMBARCACIÓN Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de motor para embarcación de transporte e vixilancia” á “Confraría de pescadores Virxe do Carme de Arcade”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME (G36012821) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 8.187,28 € 4.093,64 € 4.740,00 € 2.370,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Xefe de Servizo de Medio Natural, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME G36012821 Peirao s/n, Arcade 36690 Soutomaior 2.370,00 € Adquisición de motor para embarcación de transporte e vixilancia TOTAL 2.370,00 € 9.17604.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.17605.- CONVOCATORIA E BASES DAS AXUDAS DE ESTUDOS 2009/2010 De conformidade co disposto no artigo 68 do V acordo regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar al bases da convocatoria para a concesión de axudas de estudos correspondentes ó ano 2009/2010, elaboradas pola comisión paritaria mixta en desenvolvemento do previsto no citado artigo 68 do V acordo regulador. Estas axudas concederanse con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.323.481.01 do orzamento provincial, e conforme á táboa de módulos que se estableceron en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas. As axudas destinadas o persoal de OO.AA imputaranse ó seu propio orzamento. A) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS 2009-2010 Segundo o establecido no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral desta Deputación, a Xunta de Goberno, en reunión celebrada o día 8 de xaneiro de 2010, a proposta da Comisión paritaria mixta, aproba a convocatoria de axudas de estudos para o curso 2009–2010, que se rexerá polas seguintes: “BASES” 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo da Deputación Provincial e Organismos Autónomos Museo Provincial, Turismo Rias Baixas, Escola de Canteiros e ORAL, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-Regulador e do I Convenio Colectivo. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismo europeos, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados. No caso de estudos tendentes a obter unha cualificación profesional directamente relacionada co posto de traballo desempeñado polo funcionario/a, terase en conta a estes efectos a especialización da materia e do curso, podendo ser organizado e impartido nestes casos por Colexios Oficiais, Asociacións Profesionais, e Fundacións. a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. d) Cursos de especialización ou perfeccionamento para os empregados que non estean incluídos no Plan de Formación Continua da Deputación, que teñan relación directa co desempeño do posto de traballo. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. No suposto de que a bolsa comprenda soamente a exención dos pagamentos de matrícula, terase dereito á axuda, descontando o seu custo. De igual modo, aqueles funcionarios ou traballadores exentos do pagamento de taxas, por ser un dos membros da súa familia funcionario do MEC ou da Xunta de Galicia, percibirán a diferenza existente entre a cantidade que lle corresponde pola axuda e o importe das taxas (neste caso deberase xustificar o importe dos pagamentos exentos). Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.323.481-01 do orzamento provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou másters en domicilio 391,40 € 442,90 € 473,80 € 525,30 € 561,35 € Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou másters fóra do domicilio 772,50 € 885,80 € 927,00 € 1.040,30 € 1.133,00 € Curso de Adaptación Pedagóxica, DEA e proxecto fin de carreira 164,80 € 175,10 € 195,70 € 206,00 € 216,30 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) 100,00 € ESTUDOS/GRUPOS Funcionarios A1 A2 C1 C2 E Cursos Medios, Superiores ou doutorado 90,00 € 100,00 € 110,00 € 120,00 € 130,00 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores (incluída a UNED) (cun máximo de 100,00 €) 20,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: A- Estudos dos Funcionarios: Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen estudos de grao medio ou superior, cursos de posgrao, cursos da escola de Idiomas, CAP, DEA, cursos da Universidade correspondentes a aulas de formación aberta ou que realicen másters, percibirán o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público, non estando suxeitos os límites previstos na táboa de módulos da base cuarta. Non obstante, as axudas por master non poderán superar a contía de 1.000,00 € (deberase achegar a totalidade dos pagamentos fraccionados). Gastos de Inscrición: Cando se trate de Cursos de Especialización, Xornadas ou Congresos, de contido directamente relacionado co posto de traballo desempeñado, e con independencia da súa tramitación ordinaria, de acordo coa a súa normativa específica, no que respecta ós gastos de inscrición, aboarase o importe completo, sempre que non supere os 500.00 € por solicitude/traballador/ano. Se a inscrición fose menor, aboarase a cantidade exacta, respectando sempre o límite anual fixado. B.- Estudos dos Beneficiarios: 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a. Aplicando a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, catro ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b. Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a tres nas ensinanzas non repetidas ou menos de 50 créditos nas repetidas. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros, se é fóra do concello. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro Xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 11 e 31 de xaneiro de 2010, este incluído, a excepción da solicitude de axudas para gastos de inscrición en Cursos, Xornadas, Seminarios… que poderán presentarse ó longo do ano, debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.): - Certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante, e do fillo/a beneficiario se é caso. b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou másters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do FUNCIONARIO, certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante, e do fillo/a beneficiario se é caso. c) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao, da Escola de Idiomas, da Universidade de aulas de formación aberta ou másters en domicilio: - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante, e do fillo/a beneficiario se é caso. d) Gastos de Inscrición. Copia do programa do Curso, Xornada ou Conferencia, lugar e data de celebración, e acordo polo que se concede permiso para asistencia ó mesmo. De non figurar o esixido nos apartados a) e b) no xustificante de pagamento, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación 921.323.481.01, do orzamento provincial. As axudas destinadas o persoal de OOAA imputaranse o seu propio orzamento. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” B) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS 2009-2010 De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, así como informe favorable da Comisión Paritaria Mixta, a Xunta de Goberno, en xuntanza celebrada o día 8 de xaneiro de 2010, acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de axudas de estudos non universitarios do ano 2009/2010, que se rexerá polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo da Deputación Provincial e Organismos Autónomos Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Escola de Canteiros e ORAL, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismos europeos, ou estudos realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) Escola oficial de idiomas e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. d) Formación profesional, ESO, Bacharelato e programas de garantía social. 3. INCOMPATIBILIDADES Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.323.481.01 do orzamento provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 185,40 € 226,60 € 278,10 € 319,30 € 339,90 € Educación infantil, primaria 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € ESO, cursos de acceso + 25 anos e programas de garantía social 226,60 € 267,80 € 309,00 € 345,05 € 370,80 € FP e Bacharelato e Ensinanzas artísticas (*) 231,00 € 273,00 € 315,00 € 351,75 € 378,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e outras ensinanzas artísticas 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € *Ensinanzas artísticas contempladas no artigo 45.2, b) e c) da lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos FP e Bacharelato (cun máximo de 150,00 €) 30,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS A- Estudos dos Funcionarios: Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen os estudos en centros públicos non percibirán ningunha axuda por seu carácter gratuíto. No caso de efectuarse en centros privados aplicarase a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4 segundo a porcentaxe equivalente dun centro público. B.- Estudos dos Beneficiarios: 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboarase a cantidade establecida no apartado 4 aplicando a totalidade do importe sinalado na táboa de módulos da base 4. 2) As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros que así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro Xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 11 ó 31 de xaneiro do 2010, este incluído, debendo achegar o xustificante de estar matriculado no curso 2009 – 2010 en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. En calquera dos supostos que se puidesen dar, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral as axudas de estudios imputaranse á aplicación 921.323.481.01 do orzamento provincial. As axudas destinadas o persoal de OOAA imputaranse o seu propio orzamento. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” 11.17606.- BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2009 Vista a proposta do Servizo de Deportes e Xuventude relativo ás Bases de concesión de premios a deportistas ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as citadas bases, e que son do seguinte teor: “BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2009 A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-femenino) polos méritos deportivos acadados no ano 2009. Primeira: Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma. Segunda: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais ou con cinco anos de residencia na provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs. Terceira: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 25 de xaneiro do 2010, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta. Cuarta: Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue. Vogais: Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva. Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. Un/unha representante das Federacións Deportivas. Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as. Quinta: Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións. Sexta: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ós que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2009, nomeando/a “Deportista provincial do ano”. Sétima: O Xurado designará “Un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. Oitava: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “Festa provincial do deporte”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.” 12.17607.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Lérez Ediciones, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formulou proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Lérez Ediciones, S.L.”, ó gozar de exclusividade para efectuar o mesmo. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 30 de decembro de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Lérez Ediciones, S.L. (C.I.F.- B-36.003.549) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 4 de xaneiro de 2010 e que a empresa, Lérez Ediciones, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 6.944,10 € depositados na Tesourería desta Deputación con data 07/01/2010 e número de operación 201000001601 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, coa excepción do lapso de tempo de quince días hábiles entre a adxudicación provisional e a adxudicación definitiva, faise necesario elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato para poder cumprir, dentro dos prazos fixados, os obxectivos previstos co mesmo, todo iso en base a que non se produciría ningún tipo de indefensión ó gozar a empresa adxudicataria de exclusividade para a súa realización. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2009, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Lérez Ediciones, S.L. (C.I.F.-B-36.003.549) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 138.881,90 € corresponden ó prezo do contrato e 22.221,10 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Espazo Nº P. Unitario IVE Importe TOTAL Exemplares suplemento 149.206 0,47 € 0,8 € 0,55 € 82.063,00 € Faldróns HQR. 10 297,93 € 47,67 € 345,60 € 3.456,00 € Anuncios publicitarios 10 855,17 € 136,82 € 992,00 € 9.920,00 € Publireportaxes d/p. 10 2.098,70 € 335,79 € 2.434,50 € 24.344,96 € Suplemento 120 aniversario 4 2.000,00 € 320,00 € 2.320,00 € 9.280,00 € PONTEVEDRA CONCELLO A CONCELLO Pontevedra 1 5.021,79 € 803,49 € 5.825,28 € 5.825,28 € Poio, Marín, Pontecaldelas, Sanxenxo. 4 2.510,90 € 401,74 € 2.912,64 € 11.650,56 € Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa. 5 1.673,93 € 267,83 € 1.941,76 € 9.708,80 € Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis. 5 836,97 € 133,92 € 970,88 € 4.854,40 € 2. O pagamento dos servizos obxecto desta contratación efectuaranse con cargo á partida 09/111.111.226.20 do orzamento provincial do exercicio de 2009. 13.17608.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 7.17536 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 23/12/09 Detectado un erro no acordo núm. 7.17536 adoptado pola Xunta de Goberno o día 23 de decembro de 2009, de conformidade co disposto no artigo 105.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Corrixir o erro no acordo núm. 7.17536 de xeito que: Onde di: Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 911.911.662.45 da anualidade 2010, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Debe dicir: Esta subvención será financiada con cargo á partida 942.942.652.45 da anualidade 2010, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. 14.17609.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota